III FORO DE EMPREGO UNIVERSIDADE DE
SANTIAGO DE COMPOSTELA
24 e 25 de novembro: Campus de Santiago
Lugar de Celebración: Fac. de CC. Económicas e Empresariais
26 de novembro: Campus de Lugo
Lugar de Celebración: Facultade de Veterinaria
VICERREITORÍA DE COMUNIDADE UNIVERSITARIA E
COMPROMISO SOCIAL
Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega Casas Reais, 8. 15782-Santiago de Compostela Tfno.: 981 563 100 ext.: 12850 / 12851
Enderezo Electrónico: [email protected]
Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
III FORO DE EMPREGO
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
24, 25 e 26 de novembro de 2009
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
III FORO DE EMPREGO UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE
COMPOSTELA
24, 25 e 26 de novembro de 2009
Os días 24, 25 e 26 de novembro de 2009 terá lugar o III Foro de Emprego da Universidade de Santiago de Compostela, un magnífico lugar de encontro entre empresas, organismos públicos e estudantes de todas as titulacións.
Un ano máis, o Foro desenvolverase nos dous campus da USC: 24 e 25 de novembro na Facultade de CC. Económicas e Empresariais do Campus Norte de Santiago de Compostela e o día 26 de novembro na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo.
Un evento como este, é un espazo de encontro entre empresas ofertantes de emprego e estudantes de últimos cursos e recén titulados das universidades. Os visitantes, acuden á feira co seu CV, e co ánimo de falar cara a cara aos responsables de selección das empresas, sendo ésta unha grande oportunidade para eles de coñecer de primeira man o que as diversas firmas buscan nos candidatos.
A USC, comprometida co primeiro emprego dos seus egresados universitarios e coas súas saídas profesionais, decide crear un encontro aberto, destinado aos alumnos e titulados da Universidade de Santiago, así como ao resto de universitarios galegos, polo que durante os días 24, 25 e 26 de novembro de 2009, abrimos de novo as nosas portas para que empresas e institucións se acheguen a coñecer aos estudantes de maneira directa, contando cun posto dende o que recoller currículos e presentar aos visitantes as súas ofertas de emprego e prácticas.
Este encontro está destinado a todos os estudantes e titulados das titulacións impartidas na Universidade de Santiago de Compostela, así como doutras Universidades galegas.
Este foro de emprego está integrado no Tour del Empleo 2009 que, ao longo do presente ano recorre as mellores universidades do país, alcanzando a máis de 100.000 estudantes.
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do
Campus de Lugo
¿QUE OFRECEMOS Á SÚA EMPRESA?
O principal obxectivo é permitir ás empresas e institucións crear un espazo de encontro con miles de estudantes galegos de todas as titulacións de maneira que poidan contactar directamente con eles no propio campus, presentándolles os seus programas de emprego e prácticas.
Para iso, poñemos a súa disposición unha serie de servizos que lle permitirán realizar o seu labor promocional coa maior eficacia, e que prolongarán a súa participación neste foro máis alá dos dous días de duración do mesmo:
-
POSTO AMOBLADO
. A participación na feira, inclúe a entrega chave en man dun posto modular montado con antelación para que a súa empresa só teña que vestilo, optimizando o tempo que dedica a esta actividade. Igualmente, xestionamos o contacto coa súa axencia de comunicación e/ou empresa de montaxe. O tamaño do seu posto varía segundo a modalidade contratada.-
DÚAS PÁXINAS A COR DA GUÍA DE EMPRESAS
, que se entrega a todos os visitantes á feira, e que é unha ferramenta de grande utilidade que prolonga a súa presenza na feira, xa que os estudantes emprégana nos meses posteriores para remitir CVs ás empresas ou avaliar participar en programas de posgrao.-
ACCESO AOS CV EN LIÑA
durante dous meses, de maneira que pode buscar entre os miles de CVs que os visitantes introducen no portal de recollida de currículos da feira.-
PUBLICIDADE
en documentos promocionais e nas webs da feira e do Tour del Empleo, reflectindo a súa imaxe corporativa no material que se difunde polos campus, e ao que acceden miles de estudantes.- MICROSITE NA WEB. Se desexa dar máis presenza Web á súa empresa, pode contratar un microsite de maneira que os candidatos que visiten a web poidan acceder directamente a toda a súa información corporativa
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
A Universidade de Santiago, con máis de 500 anos de historia, é unha das universidades de referencia dentro do noso país, sendo das mellor valoradas entre as universidades españolas. Despois de 5 séculos segue mirando con decisión cara ao futuro, respetando o seu pasado, pero promovendo cada día novas iniciativas, poñendo o coñecemento e o seu liderato ao servizo da sociedade.
Na actualidade, entre os seus dous campus de Santiago e Lugo, os universitarios dispoñen de cerca de trinta centros, cerca de oitenta departamentos e máis de sesenta titulacións, ademais de numerosas instalacións como os institutos de investigación, residencias universitarias, instalacións deportivas ou culturais, bibliotecas,etc.
No Curso 2008/2009, a Universidade de Santiago conta con 30.000 alumnos (Campus de Santiago e de Lugo).
As titulacións da Universidade de Santiago divídense en: - Ciencias da Saúde
- Ciencias Experimentais - Ciencias Xurídicas e Sociais - Ensinanzas Técnicas - Humanidades
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
TITULACIÓNS DO CAMPUS DE SANTIAGO
Ciencias Sociais e Xurídicas Humanidades
Diplomatura en Educación Social Licenciatura en Filoloxía Alemá
Diplomatura en Relacións Laborais Licenciatura en Filoloxía Clásica
Diplomatura en Traballo Social Licenciatura en Filoloxía Francesa
Mestre. Esp. Educación Infantil Licenciatura en Filoloxía Galega
Mestre. Esp. Educación Musical Licenciatura en Filoloxía Hispánica
Mestre. Esp. Educación Primaria Licenciatura en Filoloxía Inglesa
Mestre. Esp. Educación Estranxeira Licenciatura en Filoloxía Italiana Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración Licenciatura en Filoloxía Portuguesa Licenciatura en Comunicación Audiovisual Licenciatura en Filoloxía Románica Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas Licenciatura en Filosofía
Licenciatura en Dereito Licenciatura en Xeografía
Licenciatura en Economía Licenciatura en Historia
Licenciatura en Pedagoxía Licenciatura en Historia da Arte
Licenciatura en Xornalismo Licenciatura en Psicoloxía Licenciatura en Psicopedagoxía Ciencias da Saúde Ciencias Experimentais Diplomatura en Enfermería
Diplomatura en Óptica e Optometría Licenciatura en Farmacia
Licenciatura en Bioloxía Licenciatura en Medicina
Licenciatura en Física Licenciatura en Odontoloxía
Licenciatura en Matemáticas Licenciatura en Química Ensinanzas Técnicas
Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas Enxeñaría Química
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do
Campus de Lugo
TITULACIÓNS DO CAMPUS DE LUGO
Ensinanzas Técnicas Ciencias Experimentais
Enxeñaría Técnica Agrícola. Esp. Explotacións Agropecuarias Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos Enxeñaría Técnica Agrícola. Esp. Hortofruticultura e Xardinaría Licenciatura en Química
Enxeñaría Técnica Agrícola. Esp. Industrias Agrarias e Alimentarias Enxeñaría Técnica Agrícola. Esp. Mecanización e Construcións Rurais
Enxeñaría Técnica en Obras Públicas. Esp. Transportes e Servizos Urbanos Ciencias da Saúde Enxeñaría Técnica en Topografía
Enxeñaría Técnica Forestal. Esp. Explotacións Forestais Diplomatura en Enfermería Enxeñaría Técnica Industrial. Esp. Química Industrial Licenciatura en Veterinaria Enxeñaría Agrónoma
Enxeñaría de Montes
Ciencias Sociais e Xurídicas
Diplomatura en Ciencias Empresariais Diplomatura en Relacións Laborais Mestre. Esp. Educación Física Mestre. Esp. Educación Infantil Mestre. Esp. Educación Primaria Mestre. Esp. Educación Estranxeira
Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas
Humanidades
Licenciatura en Filoloxía Hispánica Licenciatura en Humanidades
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO
Ciencias Sociais e Xurídicas Ciencias
Grao en Relacións Laborais e RRHH Grao en Bioloxía
Grao en Relacións Laborais e RRHH (Campus de Lugo) Grao en Física
Grao en Administración e Dirección de Empresas Grao en Matemáticas
Grao en Administración e Dirección de Empresas (Campus de Lugo) Grao en Química Grao en Ciencia Política e da Administración
Grao en Comunicación Audiovisual
Grao en Economía Ciencias da Saúde
Grao en Xornalismo
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio Grao en Enfermaría
Grao en Enfermaría (Campus de Lugo) Grao en Psicoloxía
Humanidades
Grao en Filoloxía Clásica
Grao en Filosofía
Grao en Lingua e Literatura Española Grao en Lingua e Literatura Galega Grao en Lingua e Literatura Inglesa Grao en Lingua e Literatura Modernas Grao en Historia
Grao en Historia da Arte Grao en Pedagoxía Grao en Educación Social Enxeñaría e Arquitectura Grao en Enxeñaría Informática
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do
Campus de Lugo
PROMOCIÓN DO FORO
Ademais da promoción nos 3 Campus da USC – Campus Norte e Sur de Santiago e Campus de Lugo - efectuarase tamén nas propias clases e mediante envíos personalizados de correos electrónicos dende a Universidade.
Para toda entidade participante neste foro, ofrecemos incluso a posibilidade de, sen custo extra ningún, realizar publicidade personalizada de dita empresa en aquelas Escolas ou Facultades nas que poidan estar máis interesadas.
Os canles principais de promoción serán os seguintes:
-- Correos electrónicos e cartas enviadas aos alumnos pola propia Universidade
− Cartelaría en todos os campus de Santiago: encartes publicitarios, posters nos tres campus da USC…
− Guía oficial de empresas distribuida gratuitamente entre todos os alumnos.
− Artigos en prensa local e nacional e en prensa universitaria
− Distribución da información a través do Gabinetes de Prensa da Universidade e links dende a páxina web
www.usc.es
− Mailing informativo a todos os usuarios de e-curricula.com (tanto universitarios como xa titulados)
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do
Campus de Lugo
EDICIÓN ANTERIOR. II FORO DE EMPREGO DA USC
Datas: 11, 12 e 13 de novembro de 2008
Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Campus Norte de Santiago de Compostela).
Facultade de Administración e Dirección de Empresas (Campus de Lugo)
Horario: de11.00h a 18.00h
Público asistente: 5.000 visitantes
Entidades participantes: 28
D.X. DE ORDENACIÓN E CALIDADE DO S.U.G.
CAIXANOVA
CONCELLO DE LUGO
FEUGA
CAIXA GALICIA
BANESTO
CONCELLO DE SANTIAGO
ALCOA
CONSELLERÍA DE TRABALLO (XUNTA DE GALICIA)
IGAPE
EVERIS
INFOEMPLEO
TECNOCOM
CEL
DELOITTE
DIGAMEL
GARRIGUES
D.X. DE PROMOCIÓN DE EMPREGO
PRICEWATERHOUSECOOPERS
INLUDES
FUNDACIÓN UNIVERSIDAD-EMPRESA
COREMAIN
KIABI
BANCO PASTOR
TRAGSA
INYCOM
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
RESUMO EN CIFRAS DO II FORO DE EMPREGO DA USC
PARTICIPACIÓN
Número de visitantes
4.200
Currícula On-line recollidos
600
Inscricións recollidas
441
Nº medio de asistentes por presentación
80
Entidades Participantes
28
Entidades captadas directamente pola Vicerreitoría de Comunidade
Universitaria e Compromiso Social
14
Persoas en proceso de selección ao remate do foro
54
MATERIAL PROMOCIONAL
Folletos Promocionais
10.000
Guía de Empresas
4.500
Cartelaría
1.000
PÁXINA WEB
www.forodeempregousc.com
Usuarios
27.757
Páxinas vistas
26.707
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
CÓMO PARTICIPAR NO III FORO DE EMPREGO DA USC
Se desexa que a súa empresa ou institución estea presente neste Foro de Emprego, tan só ten que elixir a modalidade de participación que prefira e poñerse en contacto con nós.
A.- Entidade Participante
- Stand amoblado de 6 m2 durante 2 días - 2 páxinas a cor da guía de empresas
- Espazo para entrevistas persoais con candidatos
- Acceso á base de datos de CV do Tour del Empleo Online
- Publicidade en documentos promocionais e nas webs da feira e do Tour del Empleo - Servizo gratuito de atención ao expositor (comida, e acceso á sala VIP)
B.- Entidade Promotora
- Stand amoblado de 12 m2 durante 2 días - Presentación da empresa/institución - 2 páxinas a cor da guía de empresas
- Espazo para entrevistas persoais con candidatos
- Acceso á base de datos de CV do Tour del Empleo Online
- Publicidade destacada nos documentos promocionais e nas webs da feira e do Tour del Empleo - Servizo gratuito de atención ao expositor (comida, e acceso á sala VIP)
C.- Entidade Patrocinadora
Aquelas entidades cunha vinculación especial co fomento do emprego universitario teñen a posibilidade de participar en calidade de Entidade Promotora e disfrutar de vantaxes adicionais, tales como:
- Stand amoblado de entre 16/20 m2
- Páxina extra na guía con entrevista sobre temas de emprego / formación
- Imaxe destacada como entidade patrocinadora en todos os documentos da feira: Cartelaría, folletos, guía de empresas, web, etc
- Participación na inauguración oficial do evento - Microsite na web do foro
*Estes prezos non inclúen IVE
PARTICIPANTE
1 día: 1500 €
2 días: 2500 €
3 días: 3500 €
PROMOTOR
1 día: 2200 €
2 días: 3700 €
3 días: 4.500 €
PATROCINADOR
C. de Santiago: 5200 €
C. de Lugo: 3250 €
Todos os días: 6500 €
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
D.- Entidade Colaboradora
Se vostede quere participar no III Foro de Emprego da USC como entidade colaboradora, ten esta opción: - Aparecer na guía de empresas con 2 páxinas a cor (o custo deste servizo é de 500 € + IVE)
Outros Xeitos de Colaborar
Se ningunha das modalidades ofrecidas encaixa coas súas necesidades, podemos ofrecerlle a posibilidade de dar difusión ás ofertas de traballo da súa empresa no stand que o SAEE vai ocupar no III Foro de Emprego da USC.
Se desexa que a súa empresa estea presente nesta feira de Emprego, é sinxelo. Tan só ten que:
1. Elixir a modalidade de participación que desexa en función dos servizos que inclúe cada unha delas e que lle mostramos a continuación.
2. Cubrir o formulario de inscrición que figura neste documento e envialo por fax aos Servizos de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE) da USC. Fax: 981 547 008
3. Poñerémonos en contacto con vostede para solicitarlle a información necesaria para el material impreso.
4. Se opta pola opción”Outros Xeitos de Colaborar”, non é necesario que envíe o formulario de participación, póñase directamente en contacto coa Área de Orientación Laboral-SAEE.
Para máis información:
Área de Orientación Laboral-SAEE
Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega
Casas Reais, 8. 15782-Santiago de Compostela
Tfno.: 981 563 100. Ext.: 12850 / 12851
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
SERVIZOS EXTRA
Microsite
Como empresa participante, vostede pode contratar un microsite no apartado de empresas destacadas na web oficial do III Foro de Emprego da Universidade de Santiago de Compostela: www.forodeempregousc.com
Elementos a destacar:
- Os candidatos poden enviar directamente o CV á súa empresa ou ser redireccionados ao portal de emprego do que dispoñan.
- Maior impacto visual para todos os visitantes que acceden á Web.
- Os usuarios poden acceder a un perfil da súa empresa con só visitar a web, o que maximiza o retorno da súa inversión.
Se a súa empresa desexa contratar esta modalidade, póñase en contacto con IMASTE no 91 536 05 03, xa que o número de microsites disponibles está limitado. O custo deste servizo é de 500 euros + IVE.
Carta de presentación de directivo de RRHH
Para as empresas participantes en calquera das modalidades, é posible contratar unha carta dun directivo da empresa que se incluirá na parte dianteira da guía. Esta carta, inclúe unha foto do directivo e un espazo de 2500 caracteres para que os estudantes poidan coñecer de primeira man qué significa traballar nunha determinada empresa ou en qué pode axudarlles unha entidade.
O custo deste servizo é de 500 euros + IVE.
Sección patrocinada na guía de empresas
Ofrecemos a posibilidade de patrocinar unha sección da guía de empresas. (Exemplo: Sección de consellos de emprego, cómo preparar unha entrevista de traballo, cómo redactar un currículo, etc.). Esta sección debe de ter como máximo 3.600 caracteres.
O custo deste servizo é de 1000 euros + IVE.
Contraportada da guía de empresas
Poden insertar un anuncio ou imaxe corporativa na contraportada da guía de empresas que se entregará de forma gratuita a todos os asistentes ao Foro. A contraportada é a parte máis visible e demandada da guía, polo que se a súa empresa desexa contratar este servizo comuníquenoslo canto antes.
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
C) NIVEL DE PARTICIPACIÓN:
1- Seleccione o seu nivel de participaciónPARTICIPANTE
CAMPUS SANTIAGO
PROMOTOR
CAMPUS LUGO
PATROCINADOR
OS DOUS CAMPUS
COLABORADOR
SERVIZOS EXTRA:
Microsite en web do foro
Carta directivo en guía
Sección patrocinada en guía
Contraportada guía de empresas
NÚMERO DE DÍAS:__________________________
E) FIRMA OU SELO DA EMPRESA
FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN NO III FORO DE EMPREGO DA USC
(Para remitir cumprimentado por fax ao 981 547 008)
A) DATOS DA EMPRESA / ENTIDADE (para facturación)
RAZÓN SOCIAL: CIF: DOMICILIO: CÓDIGO POSTAL: CIDADE: PROVINCIA:B) PERSOA ENCARGADA DA PARTICIPACIÓN (para contacto)
NOME: CARGO: TELÉFONO: FAX: E-MAIL:D) PROCEDIMENTO DE PAGO
O pago realizarase contra factura. Será emitida en canto recibamos este formulario completado e será enviada por defecto á persoa aquí designada como responsable. No caso de que a factura deba ser enviada a outra persoa, por favor indíquenolo aquí
NOME: DIRECCIÓN: TELÉFONO: E-MAIL :
EMITE NUMERO DE PEDIDO/ALTA DE PROVEEDOR: SI NON Indique o custo de dita participación tal e como aparece no dossier do Foro
I FORO DE EMPREGO DE LA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | www.tourdelempleo.com | [email protected]
Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo