• No se han encontrado resultados

CONCELLOS CERVO. Anuncio

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "CONCELLOS CERVO. Anuncio"

Copied!
7
0
0

Texto completo

(1)

CONCELLOS

CERVO

Anuncio

COBRANZA

Por Resolución de Alcaldía de data 23 de xuño de 2016, aprobáronse os padróns correspondentes ás mensualidades de maio de 2016 das cotas de socio do C.D. Riocobo, das liquidacións do prezo público polo servizo de Axuda no Fogar, da Taxa pola prestación do servizo da Escola infantil Municipal e da Piscina Municipal así como o correspondente ás ensinanzas especiais en establecementos docentes das entidades locais, escolas deportivas municipais e os padróns correspondentes ás taxas polos Servizos de Abastecemento de Auga, Recollida de Lixo e Saneamento do 2º bimestre de 2016.

Por medio do presente edicto expóñense ao público os padróns, por un prazo de 15 días naturais, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de reclamacións. Contra os mesmos poderase interpoñer o recurso de reposición do artigo 14 do RD lexislativo 2/2004, de 5 de marzo no prazo de un mes dende a publicación deste anuncio, sendo o procedente no caso do canon da auga a reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Consellería de Facenda) no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación mediante o Padrón.

O prazo de ingreso en período voluntario abarcará dende o 8 de xullo ata o 12 de setembro de 2016. Unha vez transcorrido o mesmo sen ter efectuado o pago, este esixirase polo procedemento de constrinximento sobre o patrimonio do debedor. No caso do canon, esta falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

Formas de pagamento: Mediante domiciliación bancaria ou en calqueira oficina de Abanca, Banco Santander ou BBVA provistos do documento de ingreso que se lles remitirá ou poderán solicitar no Concello.

Cervo, 23 de xuño de 2016. O Alcalde; Alfonso Villares Bermúdez.

R. 1952

GUITIRIZ

Anuncio

DELEGACION DAS ATRIBUCIONS DE ALCALDIA

Por resolución de alcaldía do día 21/06/2016 delegouse no segundo tenente de alcalde, don Carlos Plácido Buján López, as atribucións de alcaldía entre os días 4 a 9 de xullo de 2016, ámbolos dous inclusive. No caso de ausencia do segundo tenente de alcalde, exercerá as atribucións de alcaldía o terceiro tenente de alcalde, don Pedro Pérez Fanego.

O que se publica de acordo co previsto no artigo 44.2 do RD 2568/1896, de 28 de novembro. Guitiriz, 22 de xuño de 2016.- A ALCALDESA, Regina Polín Rodríguez

(2)

LUGO

Anuncio

Por acordo da Xunta de Goberno Local número 14/409, adoptado na súa sesión do 22 de xuño de 2016 (que figura como anexo), aprobouse o cesamento do Xefe da Asesoría Xurídica, don Pablo López Paz e a encomenda das funcións propias deste órgano directivo a dona Ana Isabel Sáez Mancebo, o que se fai público para xeral coñecementeo coa publicación íntegra do devandito acordo.

Lugo, 27 de xuño de 2016.- A ALCALDESA, Lara Méndez López.

ANEXO

MIGUEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ, CONCELLEIRO SECRETARIO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO,

CERTIFICO:

Que a Xunta de Goberno Local, na sesión ORDINARIA celebrada o vinte e dous de xuño de dous mil dezaseis, adoptou o seguinte acordo:

14/409 CESAMENTO DO XEFE DA ASESORÍA XURÍDICA DON PABLO JOSÉ LÓPEZ PAZ.- Examinado o expediente tramitado para os efectos e vista a proposta da Alcaldía, do 17 de xuño de 2016, na parte expositiva do cal se fai constar:

“Visto o Decreto 26/2008, do 28 de febreiro, do Libro de resolucións da Alcaldía, polo que se dispuxo a creación dentro da Área de Goberno da Alcaldía do órgano directivo denominado Asesoría Xurídica, cuxo/a titular é o/a Xefe/a da Asesoría Xurídica, de conformidade co establecido no artigo 47 do Regulamento orgánico de goberno e administración de Concello de Lugo.

Así mesmo, a Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o día 17 de outubro de 2013 adoptou, entre outros, o acordo número 1/752, relativo ao nomeamento de DON PABLO JOSÉ LÓPEZ PAZ como Xefe da Asesoría Xurídica do Concello de Lugo, coa titularidade do dito órgano directivo e as funcións que se lle atribúen no Regulamento orgánico do goberno e administración do Concello.

Visto tamén o escrito presentado con data 15 de xuño de 2016 por DON PABLO JOSÉ LÓPEZ PAZ no que solicita para os efectos do disposto no artigo 129.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o cesamento como Asesor Xurídico desta entidade local, na vindeira sesión do órgano de goberno municipal.

E, de conformidade, co artigo 129 da Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local, o titular da Asesoría Xurídica será nomeado e separado pola Xunta de Goberno Local entre persoas que posúan o título de licenciado en dereito que teñan a condición de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter estatal, ou ben funcionarios de carreira da Administración do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, aos que se esixirá para o seu ingreso o título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.”

A Xunta de Goberno Local, no uso das súas atribucións, con base na referida proposta, e por unanimidade dos seguintes asistentes: Excma. Sra. D.ª LARA MÉNDEZ LÓPEZ, Alcaldesa Presidenta do Concello de Lugo (Grupo Municipal Socialista -GMS-); Ilma. Sra. D.ª ANA PRIETO NIETO, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Goberno de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico (GMS); Ilmo. Sr. D. MIGUEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Goberno de Medio Rural e Deportes (GMS); Ilma. Sra. D.ª MARÍA DEL CARMEN BASADRE VÁZQUEZ, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Goberno de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua (GMS); Ilma. Sra. D.ª ANA MARÍA GONZÁLEZ ABELLEIRA, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Goberno de Benestar Social, Igualdade e Inclusión (GMS) e o Ilmo. Sr. D. XOSÉ DANIEL PIÑEIRO VILLARES, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Goberno de Desenvolvemento Sostible e Persoal (GMS), ACORDA:

PRIMEIRO.- O cesamento de DON PABLO JOSÉ LÓPEZ PAZ como Xefe da Asesoría Xurídica, con efectos do 22 de xuño de 2016. Deberase ter en conta que ao longo do día de hoxe continuará ocupando este posto.

SEGUNDO.- Dispoñer a publicación deste acordo en legal forma, e deberá comunicárselles ao interesado, ao Xulgado e salas do Contencioso-Administrativo, co obxecto de que dispoñan o necesario de cara á representación e defensa xurídica deste Concello nos procedementos abertos, e aos servizos e dependencias municipais afectadas.

TERCEIRO.- Encomendarlle a dona Ana Sáez Mancebo as funcións propias da Asesoría Xurídica recollidas na Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, así como as do artigo 51 do Regulamento orgánico municipal de goberno e administración do Concello de Lugo, mentres estea vacante o posto Directivo de Xefe/a da Asesoría Xurídica.

E para que así conste no expediente, coa expresa advertencia prevista no artigo 206 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais de que a acta da sesión na que foi adoptado o acordo transcrito aínda non foi aprobada, e a reserva dos termos que resulten da aprobación desta, expídese esta certificación de orde da Excma. Sra. Alcaldesa, dona Lara Méndez López, coa súa sinatura e a do Secretario da Xunta de Goberno Local, don Miguel Fernández Méndez.

(3)

R. 1953

MONTERROSO

Anuncio

Quedando definitivamente aprobado polo Pleno desta Corporación o expediente de modificación de créditos número 07 de 2016, dentro do vixente Orzamento municipal, por acordo adoptado en sesión celebrada o día 26 de maio de 2016 polo importe de vinte e un mil catrocentos euros (21.400,00), de acordo co preceptuado e en cumprimento ó disposto no artigo 177.2 en relación co 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 05 de marzo de 2004, faise público que, despois de dito expediente, o resumo por capítulos do Estado de Gastos, do referido Orzamento queda da siguiente forma:

Cap. 1.- Gastos de persoal……….………... 1.412.329,94 Euros. Cap. 2.- Gastos correntes en bens e servicos……... 794.479,82 Cap. 3.- Gastos Financeiros………... 2.000,00 Cap. 4.- Transferencias correntes ………... 87.688,84 Cap. 6.- Investimentos reais ………...…… 218.795,03 Cap. 7.- Transferencias de capital ………...… 0,00 Cap. 8.- Variación de activos financeiros …………...…… 0,00 Cap. 9.- Variación de pasivos financeiros ………...…….. 39.161,36 SUMA TOTAL ……….2.554.454,99 euros O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

Monterroso, 27 de xuño de 2016.- O ALCALDE-PRESIDENTE, Jesús Otero Calvo

R. 1960

Anuncio Contas Municipais

Formulada e rendida a conta xeral desta Corporación correspondente ó exercicio 2015, integrada polas contas e estados a que fai referencia o artigo 209 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ó público cos documentos que a xustifican, na Secretaría deste Concello, por quince días hábiles, contados a partir do seguinte á inserción deste anuncio no BOP, co obxecto de que os interesados poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que estimen pertinentes, durante o devandito prazo de exposición e oito días máis, de conformidade co disposto na normativa vixente.

Monterroso, 27 de xuño de 2016.- O Alcalde-Presidente, Jesús Otero Calvo

R. 1961

O PÁRAMO

Anuncio

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, DURANTE O ANO 2016, MEDIANTE A ACTUACIÓN DUNHA BRIGADA DE CINCO COMPOÑENTES NO CONCELLO DO PÁRAMO.

Por Decreto de alcaldía de 29 de xuño de 2016, aprobouse a convocatoria para a selección e contratación de persoal laboral temporal, para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, durante o ano 2016, mediante a actuación dunha brigada de cinco compoñentes (1 Xefe de brigada, 1 Peón condutor e 4 Peóns de brigada) no Concello do Páramo.

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo convocado, deberán presentar unha instancia segundo o modelo incluído nas bases dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello do Páramo, na que manifestarán, ademáis dos datos persoais, que reúnen todos e cada un dos requisitos da presente convocatoria.

O prazo de presentación de instancias será de dez (10) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario O Progreso de Lugo e no Boletín Oficial da Provincia.

(4)

As instancias deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello do Páramo ou mediante algunha das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Púbicas e do Procedemento Administrativo Común.

A solicitude irá acompañada da documentación prevista nas bases.

As bases publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello do Páramo, e na páxina web www.concellodeparamo.es

O Páramo, 29 de xuño de 2016.- O Alcalde, P.D. A 1ª Tte. Alcalde (Decreto 23/05/2016), Begoña González López

R. 1966

A PONTENOVA

Anuncio

Expediente nº 151/2016

ANUNCIO DE APROBACIÓN DEFINITIVA DOS ORZAMENTOS XERAIS 2016

Definitivamente aprobados os presupostos deste Concello para o exercicio 2016 polo Pleno desta corporación, mediante acordo acadado na sesión extraordinaria de data 30 de maio de 2016 ao non se presentaren reclamacións no prazo de exposición ao público, en cumprimento do que dispón o artigo 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, faise público que o devandito Presuposto ascende, tanto en Gastos como en Ingresos, á contía de UN MILLÓN NOVECENTOS QUINCE MIL SEISCENTOS CATORCE EUROS CON SETENTA E TRES CÉNTIMOS (1.915.614,73 €) correspondendo a cada capítulo as cantidades que se relacionan segundo o seguinte detalle:

RESUME POR CAPÍTULOS

INGRESOS

Capítulos Denominación euros

A) OPERACIONS CORRENTES

1.- Impostos directos 424.488,94

2.- Impostos indirectos 11.539,59

3.- Taxas e outros ingresos 314.485,07

4.- Transferencias correntes 1.065.817,48

5.- Ingresos patrimoniais 11.170,24

B) OPERACIONS DE CAPITAL

6.- Alleamento de inversións reais 0,00

7.- Transferencias de capital 88.113,41

8.- Activos financeiros 0,00

9.- Pasivos financeiros 0,00

TOTAL INGRESOS 1.915.614,73

GASTOS

Capítulos Denominación euros

A) OPERACIONS CORRENTES

1.- Gastos de persoal 1.007.514,30

2.- Gastos en bens correntes e de servizos 602.726,86

3.- Gastos financeiros 5.500,00

4.- Transferencias correntes 63.849,61

5.- Fondo de continxencia e outros imprev 0,00 B) OPERACIONS DE CAPITAL.

6.- Inversións reais 151.674,52

(5)

8.- Activos financeiros 0,00

9.- Pasivos financeiros 84.349,44

TOTAL GASTOS 1.915.614,73

Na referida sesión, acordouse aprobar o cadro de postos de traballo desta Mancomunidade que, de acordo co que preceptúa o art. 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1.986, de 18 de abril, se reproducen a continuación:

A) FUNCIONARIOS DE CARREIRA

DENOMINACIÓN Nº.PRAZAS GRUPO NIVEL C.D. C.ESPECÍFICO SECRETARIO-INTERVENTOR - HAB. NACIONAL 1 A1/A2 26 21.068,54 € TÉCNICO ÁREA ECONÓMICA - ADMÓN. ESP. 1 A2 22 3.274,44 € ARQUITECTO (XORNADA REDUCIDA) 1 A1 22 2.763,48 € ADMINISTRATIVO - ADMÓN. XERAL 1 C1 20 3.274,44 €

TOTAL FUNCIONARIOS DE CARREIRA CATRO (4) B) PERSOAL LABORAL FIXO

DENOMINACION Nº PRAZAS CUSTO ANUAL €

A) ADMINISTRACIÓN XERAL

ADMINISTRATIVO 1 22.831,04

B) URBANISMO, OBRAS, SERVIZOS E VIVENDA a) ACCESO A NÚCLEOS DE POBOACIÓN

CHOFER - CONDUCTOR - OF. 1ª – MECÁNICO (CAPATAZ) 1 29.263,06 CHOFER - CONDUCTOR - OF. 1 (CAPATAZ ADXUNTO 1 24.447,68

OPERARIO SERVICIOS MÚLTIPLES 1 16.946,42

OPERARIO SERVICIOS MÚLTIPLES 2 15.841,68

ENCARGADO DE ALMACÉN E SUBMINISTROS 1 18.930,08

OPERARIO 1 15.266,52

CHÓFER MOTONIVELADORA 1 5.299,96

b) SERVIZO PREVENCIÓN E EXTINCION DE INCENDIOS

CHÓFER DE DESBROZADORA 1 18.950,36

c)SERVIZO RECOLLIDA DE LIXO

CHOFER - CONDUCTOR - OF. 1ª – OPERARIO 1 15.495,84 C) SERVIZOS SOCIAIS

a) TRABALLADOR SOCIAL

TRABALLADORA SOCIAL 1 26.182,76

b) AUXILIAR ADMINISTRATIVO

AUXILIAR ADMINISTRATIVO(1/2 xornada) 1 9.349,80

c) AXUDA NO FOGAR

AUXILIAR AXUDA NO FOGAR BASICA X.C. (INDEFINIDO) 1 15.990,48 AUXILIAR AXUDA NO FOGAR DEPENDENTES X.C. (INDEF) 1 15.990,48 AUXILIAR AXUDA NO FOGAR DEPENDENTES X.C. (INDEF) 1 15.990,48 AUXILIAR AXUDA FOGAR DEPENDENTES X.C.(INTERINO) 3 15.990,48 AUXILIAR AXUDA FOGAR DEPENDENTES X.C.(INTERINO) 3 15.990,48 AUXILIAR AXUDA FOGAR DEPENDENTES X.½.(INTERINO) 1 10.049,77 D) SERVIZO FOMENTO DO EMPREGO

TÉC. LOCAL EMPREGO -PREV. RISCOS LABORAIS 1 7.257,59 E) EDUCACIÓN – CULTURA – INF.XUV.-INF.XERAL

(6)

AUXILIAR BIBLIOTECA -I. XUVENIL E XERAL 1 16.048,22 b) ADMINISTRACIÓN XERAL DE EDUCACIÓN

ORDENANZA VIXILANTE CONSERXE (INDEFINIDO) 1 14.564,40 F) SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE EDUCACIÓN ESCOLA DE MÚSICA

DIRECTOR E.M. PROFESOR ACORDEÓN E LING MUS 1 21.531,72

PROFESOR 2 6.460,96

PROFESOR 1 11.647,08

PROFESOR 1 9.591,66

TOTAL PERS. LABORAL FIXO (31)

C) PERSONAL LABORAL DE DURACION DETERMINADA

DENOMINACION Nº PRAZAS CUSTO ANUAL €

A) PROTECCIÓN CIVIL

PROGRAMA COOPERACIÓN 2016

RETRIBUCIÓNS G.E.S. (12 PEÓNS) 251.421,28

TOTAL PERS. LAB. DURACION DET. VINTE (12)

D) FUNCIONARIOS DE EMPREGO EVENTUAL NEGATIVO.---

A Pontenova, a 29 de xuño de 2016.- O alcalde, DARIO CAMPOS CONDE

R. 1963

SAMOS

Anuncio

Para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, xunto se remite ANUNCIO de BASES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN POR CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE DE UN/UNHA COIDADORA DAS VIVENDAS COMUNITARIAS EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL XORNADA COMPLETA, acompañado do correspondente boletín de pago.

O día 21 de xuño de 2016 remítese ó correo electrónico boletí[email protected]., dende a dirección [email protected]

Samos a 21 de xuño de 2016.- O Alcalde, Julio Gallego Moure

R. 1940

Anuncio

Para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, xunto se remite ANUNCIO de BASES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN POR CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE DE UN/UNHA AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR PARA ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL A MEDIA XORNADA, acompañado do correspondente boletín de pago.

O día 21 de xuño de 2016 remítese ó correo electrónico boletí[email protected]., dende a dirección [email protected]

Samos a 21 de xuño de 2016.- O Alcalde, Julio Gallego Moure

R. 1941

MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE

CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO CANTÁBRICO. COMISARÍA DE AUGAS

Anuncio Expediente número: A/27/20973.

(7)

Peticionario: Longino Fernández Osorio. Nombre del río o corriente: Rego do Foro. Caudal solicitado: 0,3 l/seg.

Punto de emplazamiento: Vilaselle (Esperela). Término Municipal y Provincia: Baleira (Lugo).

Destino: Uso doméstico sin consumo humano, uso ganadero y riego. BREVE DESCRIPCION DE LAS OBRAS:

Canal de derivación y arqueta de captación y conducción por tubería enterrada de 32 mm de diámetro hasta depósito.

Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contado a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Baleira, o en la Confederación Hidrográfica del Cantábrico (Comisaría de Aguas, Plaza de España nº 2, -33071-OVIEDO), donde estará de manifiesto el expediente.

Oviedo, 22 de junio de 2016.

EL TITULADO SUPERIOR DE GESTIÓN Y SERVICIOS COMUNES. Pedro Granda Rodríguez.

R. 1924

CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL. COMISARÍA DE AUGAS

Anuncio A/27/25793

En esta Confederación Hidrográfica se ha formulado la siguiente petición: EXPEDIENTE: A/27/25793

NOMBRE DEL PETICIONARIO: Emilio Iglesia Regueiro DESTINO DEL APROVECHAMIENTO: Fines etnográficos

CAUDAL DE AGUA SOLICITADO: 405,59 litros por segundo durante todo el año CORRIENTE DE DONDE SE PRETENDE DERIVAR EL AGUA: Río Pequeno

TÉRMINO MUNICIPAL EN QUE RADICAN LAS OBRAS: A Pastoriza (Lugo)

De conformidad con el Artº. 105 del Reglamento de Dominio Público Hidráulico aprobado por Real Decreto 849/1986 de 11 de abril, se abre el plazo de UN MES, a contar desde la publicación de este anuncio en el Boletín Oficial de la Provincia, para que el peticionario presente en esta Confederación Hidrográfica su petición concreta y el proyecto debidamente precintado, conforme a las prescripciones del Artº. 106 de dicho texto admitiéndose también, durante este plazo otras peticiones que tengan el mismo objeto que aquella o sean incompatibles con la misma.

Se denegará la tramitación posterior de toda solicitud que suponga una utilización de caudal superior al doble del que figura más arriba, sin perjuicio de que, quien lo pretenda pueda, dentro del plazo señalado en este anuncio, remitir su petición en la forma prevista en el Artº. 104 del citado Reglamento, en la que se solicitará la paralización del tramite de la que es objeto de esta publicación, debiendo acompañar a la misma el resguardo acreditativo del ingreso en la Caja General de Depósitos de una fianza por la cantidad de 2.000 Euros para responder de la presentación del documento técnico.

El desprecintado de los documentos técnicos, a que se refiere el Artº. 107 del citado Reglamento, se realizará en las Oficinas de la Comisaría de Aguas de esta Confederación Hidrográfica, (C/ Progreso nº 6 – Ourense), a las DOCE (12) HORAS del primer día hábil después de los seis días de la conclusión del plazo de presentación de peticiones.

Del pago de este anuncio responde el peticionario.

Lugo, 21 de junio de 2016.- EL JEFE DE SERVICIO, Manuel Rodríguez López

R. 1954

Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 05.07.2016 08:00:00 CEST

Razón:

Localización: España

Signature Not Verified

Referencias

Documento similar

Fala, aqui, certamente, a figura trágica de Antígona, que age de acordo com o dever supremo para com o irmão; mas fala também, de acordo com certos comentários, o próprio

Reitor, profesor Senén Barro Ameneiro, acompañado do presidente do Consello Social da USC don Manuel Puga Pereira; o vicedecano da Facultade de Medicina don Joaquín

Aínda que ningún deles supón máis dun 10% do presuposto, que é a proporción establecida pola Xunta de Goberno, a proposta da Comisión de Biblioteca Universitaria, para que

Durante o ano 2016 realizaron prácticas de empresa na Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con”, dentro do Convenio específico para o desenvolvemento da formación en centros

a) A elección do/da decano/a e, de ser o caso, a súa revogación mediante unha moción de censura construtiva. c) A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e

A Guía da Facultade de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela pretende informar do funcionamento da Facultade, difundir a súa oferta docente e asistencial

Proposta de acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela de 20 de decembro de 2019, de modificación da Relación de Postos de Traballo do Persoal Docente

Por aplicación do apartado SEXTO da Convocatoria de Eleccións por acordo da Comisión Electoral Central do 15 de novembro de 2016, enténdese que as persoas candidatas