HISTORIA DE ESPAÑA
. 2014Os seguintes documentos permiten abordar algúns aspectos da evolución social e a vida cotiá durante a ditadura franquista. Na túa redacción debes tratar as seguintes cuestións: trazos xerais da evolución socioeconómica; o papel da censura na represión das liberdades en diferentes ámbitos; a imposición excluínte da moral católica; a subordinación da muller, en situación de desigualdade legal. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.
Doc. 1.-O poeta Manuel María lembra os difíciles anos da posguerra en Outeiro de Rei (Lugo)
“Na posguerra inmediata comezaron a escasear os alimentos. Estaba racionado o azucre, o café, o aceite, o xabón, o pan e outras provisións. Había unhas cartillas, chamadas de “racionamento”, cuns cupos para controlar estes artigos. Con frecuencia tardaban moito en chegar ás tendas”.
Doc. 2.-A censura reprimía a liberdade de expresión en todos os ámbitos. Dous exemplos:
A) Instrucción de 1942:
“¡Atención censores! Todas as fotografías sobre campionatos de deportes da Sección Feminina, nas que as camaradas estean ensinando os xeonllos están prohibidas e por tanto deberán ser riscadas”.
B) Informe do censor sobre a obra de Ricardo Gullón “La poesía de Luis Cernuda” (1952):
“Exaltación dun autor (…) que combateu publicamente ao Réxime (…). Non se trata de riscaduras como as aconsellables nas páxinas 2, 20, 24, 25, 26, 27, 28, 30, 37 e 38, senón do problema de resolver sobre a apoloxía dunha figura e unha temática declaradamente inimiga dos principios relixiosos (…). É blasfematorio (…), é uranista (…) é roxo”.
Doc. 3.-Normas de modestia. Diocese de Málaga, 1943:
“11ª. Repróbase como práctica inmoral (…) que os noivos anden sós por lugares afastados, como tamén que se permitan actitudes e familiaridades impropias entre os que aínda non están unidos polo santo sacramento do matrimonio (…).
13ª. Os bailes modernos (…) constitúen, falando obxectivamente, pecado grave de luxuria ou polo menos de escándalo”.
Doc. 4.-Consellos da Sección Feminina para ser unha boa esposa (1953):
“Fai que se sinta ás súas anchas. Deixa que se acomode nunha cadeira de brazos ou se recoste no cuarto. Ten unha bebida quente lista para el (…). Arranxa a súa almofada e ofrece quitarlle os zapatos. Fala con voz doce e pracenteira”.
Doc. 5.-Código Civil (1958):
“Artigo 57. O marido ten que protexer a muller e esta tenlle que obedecer ao marido. Artigo 58. A muller está obrigada a seguir o marido onde este fixe a súa residencia. Artigo 59. O marido é o administrador único dos bens da sociedade conxugal”.
Doc. 6.-Variación dalgúns indicadores do nivel de benestar na década dos sesenta:
1960 1970
Renda por habitante (en dólares) 290 818
Taxa de analfabetismo (por 10 habitantes 11,2 5,7
Teléfonos (por 1.000 habitantes) 59 135
Televisores (por 1.000 habitantes) 5 70
Frigoríficos (produción por 1.000 habitantes) 1 25
Enerxía eléctrica (kWh por habitante e ano) 612 1.515
ORIENTACIÓNS
Durante os anos da ditadura franquista (1939-1975) a situación económica evolucionou desde o período da autarquía (doc.1) ao dun forte crecemento económico desde o inicio dos anos 60 (doc.6). Pero mentres este progreso provocaba os inevitables cambios na sociedade, o pensamento ideolóxico continuaba aferrado ás normas establecidas nos primeiros anos do réxime (doc.2, 3), e que estaban fortemente supeditadas ás directrices marcadas pola Igrexa católica, tal como se reflicte no papel asignado á muller e que mesmo se recolle na lexislación (doc.4, 5).
DOCUMENTOS CUESTIÓNS A DESENVOLVER
Doc. 1.-O poeta Manuel María lembra os difíciles anos da posguerra en Outeiro de Rei (Lugo)
* A penuria económica obrigou a establecer o racionamento dos alimentos e de determinadas materias primas durante a etapa da autarquía. O racionamento de alimentos durou ata 1952.
O racionamento:
o Comezou en 1939 e rematou en 1952.
o Finalidade: controlar a venda dos alimentos básicos para evitar maior desabastecemento.
o Tipos e evolución das cartillas.
o Obxectivos escasamente cumpridos porque se potenciou o mercado negro (estraerlo), non se mellorou a calidade dos produtos e paralizouse en gran medida a produción.
Doc. 2.-A censura reprimía a
liberdade de
* A ditadura franquista limitou os dereitos individuais, entre eles a liberdade de opinión e prensa.
expresión en todos os ámbitos. Dous exemplos
A censura
o Subordinación dos criterios a aplicar polos censores ás normas ditadas pola xerarquía católica.
o Análise concreto dos exemplos propostos: o corpo da muller como obxecto a ocultar. A eliminación de obras consideradas contrarias á moral católica polo seu contido político, sexual ou erótico.
o O papel da censura e a súa incidencia na información e na cultura. Penuria artística e cultural. Exilio de intelectuais.
Doc. 3.-Normas de modestia. Diócese de Málaga, 1943:
* O poder da Igrexa na represión e conformación da moral pública. O franquismo defendeu que a vida política, social e cultural estivese sometida ás directrices da igrexa católica como contrapartida á lexitimación que esta fixo do réxime ditatorial e ao apoio prestado durante a Guerra Civil. Imposición da moral católica
o A xerarquía eclesiástica impuxo, especialmente durante a década dos anos 40, unha estrita normativa sobre os usos e costumes dos españois. O seu
incumprimento podía ser penalizado con fortes multas e privación da liberdade.
o A evolución socioeconómica e a celebración do Concilio Vaticano II introduciron correntes de renovación que liberalizaron as normas e en 1967 foi aprobada a Lei de Liberdade relixiosa que permitía cultos non católicos.
Doc. 4.-Consellos da Sección Feminina para ser unha boa esposa (1953)
* A Sección Feminina e os valores do nacionalcatolicismo. A familia como base fundamental da sociedade baseada no matrimonio canónico indisoluble e na diferenciación de función.
Papel da muller na familia
o A Sección Feminina e o seu papel na educación das mulleres.
o A muller como obxecto político pasivo, relegada ao coidado da casa, dos fillos e o marido.
o A 3ullera o servizo do marido, ao que lle debe obediencia e coidados específicos.
o Os cambios económicos dos anos 60 matizaron moitos destes conceptos e foron relegando as
prácticas domésticas descritas no documento que, no entanto, seguían vixentes nos libros de texto e nas orientacións da educación das alumnas.
Doc. 5.-Código Civil (1958)
* A discriminación e a subordinación á que a Igrexa católica somete á muller convértese en lei no franquismo.
Discriminación e subordinación legal da muller o A muller sometida ao seu marido en todos os
ámbitos.
o A muller non pode tomar decisións sen contar co seu consentimento.
o O papel da muller na España franquista coincide coa valoración doutros fascismos, aínda que aquí coa matización do pensamento católico.
Doc. 6.-Variación dalgúns indicadores do nivel de benestar na década dos sesenta
*Evolución de índices de benestar na década dos anos 60, a década do milagre español, crecemento que arranca das
medidas liberalizadoras deseñadas no Plan de Estabilización de 1959.
Crecemento económico nos anos 60
o O crecemento foi moi elevado en case todos os sectores económicos.
o A espectacular elevación da renda por habitante incentivou o consumo e facilitou importantes cambios sociais que introduciron importantes modificacións nas estritas normas sociais de comportamento que rexían nos anos 40 e 50.
CONCLUSIÓNS
Entre os trazos que caracterizaron a ditadura franquista estaba o papel desempeñado polas normas ditadas pola igrexa católica e que serviron de base para a lexislación do período. O paso do tempo e a positiva evolución económica permitiron que a sociedade española fose abandonando as prácticas establecidas nos primeiros anos do réxime, aínda que se mantivesen ata o final do franquismo inalterables os principios establecidos nos seus inicios.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN/CORRECCIÓN
Con carácter xeral, e aínda que a cualificación sexa outorgada de maneira global (0-10), na avaliación teranse en conta os seguintes aspectos: presentación e comprensión xeral do tema abordado, elaboración persoal deste utilizando os documentos propostos e respondendo ás cuestións presentadas nas orientacións, e coñecementos específicos sobre os asuntos que deben ser tratados. Transversalmente, valorarase a capacidade do alumno/a de realizar unha redacción clara, coherente e con certo rigor conceptual. Como tema a desenvolver, diversos aspectos da situación socioeconómica e cultural durante o franquismo, atendendo aos asuntos tratados nos documentos e respondendo ás cuestións mencionadas nas orientacións:
-Liñas básicas da evolución económica, dende a miseria dos anos de posguerra ao crecemento económico dos anos sesenta.
-O papel da censura e a súa incidencia na información e na cultura. -O poder da Igrexa na represión e conformación da moral pública.