• No se han encontrado resultados

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO"

Copied!
52
0
0

Texto completo

(1)

XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

AUGAS DE GALICIA – SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO

Anuncio

O Servizo de Infraestruturas Agrarias solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.55718

Autorización para a execución de obras (tres canles de drenaxe situadas nas parroquias de Lagoa, San Pedro de Mor e Carballido) en relación co proxecto da “2ª fase da rede de camiños secundarios, entradas a fincas e outras obras inherentes á zona de concentración parcelaria Val de Alfoz”, na zona de policía do río Ouro e na zona de policía do rego de Adelán, nas parroquias de San Pedro de Mor, Carballido e Lagoa, no concello de Alfoz (Lugo).

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Alfoz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.

Lugo, 20 de abril de 2017.- A xefa do servizo territorial, Mª Carmen Quintero Serrano

R. 1210

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ÁREA DE CULTURA – CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO

Anuncio

Bases convocatoria do programa “PROMOCIÓN DA ARTESANÍA”, ano 2017 de solicitudes de cursos e demostracións por parte de concellos e asociacións sen ánimo de lucro, e modelos de solicitude, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno da Excma. Deputación Provincial de Lugo na súa sesión do día 5 de maio de 2017.

BASES DA CONVOCATORIA DO PROGRAMA PROMOCIÓN DA ARTESANÍA ANUALIDADE 2017

A Área de Cultura, Turismo, Patrimonio Histórico e Artesanía e Deseño a través do Centro de Artesanía e Deseño, ten entre as súas competencias as de contribuír á difusión, promoción e coñecemento da artesanía en todas as súas vertentes e á realización de actividades, accións e desenvolvemento de iniciativas de difusión e extensión á sociedade de todas aquelas manifestacións e creacións que engloba o amplo concepto de “artesanía”, entendido como accións inseridas dentro da bagaxe cultural dun pobo e da súa cultura tradicional, nas súas diferentes perspectivas e interpretacións, vinculadas ao devir histórico do pobo galego na súa caracterización pasada e na súa aposta de futuro e que forman parte do noso patrimonio cultural.

A Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través do Centro de Artesanía e Deseño, impulsa así o programa PROMOCIÓN DA ARTESANÍA ano 2017, na liña de promover o achegamento da poboación en xeral a actividades relacionadas coa artesanía dentro das súas múltiples perspectivas, dirixido a asociacións sen ánimo de lucro e concellos, e así mesmo artesáns e artesás, que poderán solicitar acollérense a este programa.

1.- OBXECTO

Constitúe o obxecto destas bases a ordenación do procedemento de participación de concellos, e entidades sen ánimo de lucro da provincia de Lugo, e así mesmo da participación de artesáns e artesás da provincia de

(2)

Lugo, para se acolleren ao programa PROMOCIÓN DA ARTESANÍA, ano 2017 do Centrad da Área de Cultura da Deputación de Lugo, de cursos e demostracións no campo da artesanía.

*Demostración: no ámbito desta convocatoria, entenderase por demostración aquela actividade ou acción a desenvolver en feiras, festas e outros eventos públicos expresamente relacionados e vinculados coa promoción e/ou difusión da artesanía e/ou promoción económica, e destinada a promover a percepción por parte do público en xeral dun determinado labor artesanal, dos materiais utilizados e de calquera outro elemento vinculado a esa disciplina.

Quedan expresamente excluídas da anterior consideración as festas patronais.

En calquera caso, a Área de Cultura e Turismo a través do Centrad poderá requirir do solicitante a documentación e/ou declaracións que considere precisas que permitan valorar e determinar a relación do evento/feira ou festa coa promoción e/ou difusión da artesanía e/ou promoción económica, de acordo coas circunstancias indicadas anteriormente.

Ao tratarse de actividades de natureza artesanal e artística, organizados por promotores alleos á Deputación de Lugo, considérase que non resultaría o máis conveniente establecer un procedemento de concorrencia competitiva para a selección dos beneficiarios, ante a dificultade que podería ofrecer á hora de tratar de obxectivar os criterios de selección. Por tal motivo, e aplicando analoxicamente o disposto no artigo 22.2 c) da Lei xeral de subvencións, establécese un procedemento de concorrencia pública, pero de carácter non competitivo, no que se seleccionarán aos beneficiarios do programa atendendo á orde de presentación no rexistro ata esgotar o orzamento asignado

2. BENEFICIARIOS E PARTICIPANTES 2.1 BENEFICIARIOS

Este Programa vai dirixido tanto aos Concellos como ás entidades sen ánimo de lucro da provincia, que estean xuridicamente constituídas, e que teñan entre as súas finalidades a promoción e a difusión da cultura galega.

A Área de Cultura e Turismo, a través do Centrad, asumirá unicamente o pagamento dos custos derivados do artesán/artesá que desenvolva o curso ou demostración. Calquera outro gasto derivado do deseño, execución e desenvolvemento do curso ou demostración será por conta da entidade ou concello solicitante.

Quedan excluídos deste programa as administracións locais de concellos maiores de 20.000 habitantes. Os cursos e demostracións deberán estar abertos a toda a poboación e ser de carácter gratuíto.

Quedan así mesmo excluídos deste programa, aquelas asociacións de carácter relixioso, político, militar, e en xeral, que sexan corporativas restritivas, dado que o seu fin non e a promoción da acción para a poboación xeral, senón exclusivamente entre o colectivo dos seus asociados/as e das súas familias (dado que non se trata de asociacións e colectivos abertos a poboación en xeral, senón a membros, familiares e persoas xurídicas vinculadas a un colectivo concreto).

Así mesmo e de acordo coa lexislación vixente en materia de igualdade entre homes e mulleres e de protección contra a violencia de xénero, quedan excluídas do programa aquelas actividades e accións que inclúan tácita ou implicitamente contidos ou publicidade sexista e que se poidan considerar discriminatorias, vexatorias ou que xustifiquen, banalicen ou inciten á desigualdade de xéneros ou á violencia de xénero.

2.2 ARTESÁNS/ÁS PARTICIPANTES

Así mesmo, o Programa PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017 está destinado á participación (previa solicitude de inclusión dentro da listaxe de artesáns/artesás participantes) dos artesáns e artesás das distintas disciplinas incluídas na presente convocatoria e que estean en posesión da respectiva carta

de artesán/artesá para a respectiva disciplina, empadroados no ano 2017 nalgún dos concellos da provincia de Lugo e que cumpran cos requisitos establecidos na presente convocatoria.

3.- DISCIPLINAS

En base aos datos fornecidos no desenvolvemento de cursos e demostracións dentro da planificación anual da actividade do Centrad, e para os efectos da execución e desenvolvemento do presente programa establécense as seguintes tipoloxías de cursos e demostracións en base á relación de actividades artesanais incluídas na ORDE do 2 de xuño de 2014 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (Diario Oficial de Galicia número 185, do 24 de setembro).

DISCIPLINAS

TRAXE TRADICIONAL POPULAR: CORTE E CONFECCIÓN RELACIONADO CO TRAXE TRADICIONAL COIRO

(3)

ENCAIXE DE PALILLOS

CESTARIA * necesario unha aula con auga CESTARÍA: CESTARÍA DE RECICLAXE FOTOGRAFIA (proceso non automatizado) INSTRUMENTOS MUSICAIS

TALLA DE MADEIRA

TORNARÍA: TORNEADO EN MADEIRA * Imprescindible un torno TECIDOS: TEAR DE ALTO LIZO * Imprescindible ter tear alto lizo TECIDOS: TEAR DE BAIXO LIZO

OLARIA TRADICIONAL *Imprescindible forno e auga CANTARÍA

ENCADERNACIÓN

PINTURAS E REVESTIMENTOS DECORATIVOS PAPEL: PAPEL ARTESANAL

ESCENOGRAFÍA: ESCENOGRAFÍAS E ATREZOS EN POREXPÁN, CARTÓN PEDRA REFUGALLOS XOGUETES: MONICREQUES

CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DE CADA CURSO

TRAXE TRADICIONAL: CORTE E CONFECCIÓN RELACIONADO CO TRAXE TRADICIONAL a) Aprendizaxe e reprodución de patróns

b) Levar o patrón á tea, ganduxar e preparalo para a súa posterior confección c) Confección da peza elixida

COIRO

a) Diferentes tipos de coiro e as súas propiedades

b) Coñecemento das ferramentas básicas para traballar o coiro

c) Patronaxe como base da creación dunha peza, (exercicios prácticos) d) Como se corta o coiro

ENCAIXE DE PALILLOS

a) Confección dunha almofada para preparación do encaixe de palillos b) Encher palillos

c) Preparar picado

d) Parte teórica e explicativa do traballo CESTÁRÍA * necesario unha aula con auga

a) Coñecemento de fibras de orixe vexetal (vimbia, xunco, papiro?) e de orixe animal ou cabelo humano b) Coñecemento das ferramentas básicas

c) Elaboración de diferentes pezas a elección do docente de varias formas e tamaños CESTÁRÍA: CETARÍA DE RECICLAXE

a) Elaboración de pezas empregando técnicas tradicionais de cestaría con materiais de reciclaxe como papel, cartón, teas

FOTOGRAFÍA (proceso non automatizado)

* o alumno, de ser o caso, achegará cámara de fotos

b) Funcionamento dunha cámara fotográfica. A lente e o seu uso, o histograma, enfoque e modos de programa.

c) Como se utiliza a iluminación con luz do día ou flash d) Creación de fondos para a fotografía de produtos

(4)

e) O encadre e bases de composición

f) Cada alumno realizará as súas propias fotografías de pezas usando a súa propia cámara. INSTRUMENTOS MUSICAIS

a) Explicación e orixe do instrumento para realizar b) Coñecemento das distintas partes que o conforman c) Montaxe, ensamblado e encolado do mesmo d) Acabado tradicional con produtos naturais TALLA DE MADEIRA

 Coñecemento das gubias como ferramenta principal e sistema de afiado das diferentes ferramentas  Partindo dun apuntamento do mestre; execución, desbaste, perfilado, modelado e acabado dunha ou

varias pezas

 Acabado tradicional das pezas

TORNARÍA: TORNEADO EN MADEIRA * Imprescindible un torno  Coñecemento das madeiras básicas para tornaría

 Coñecemento das ferramentas de torneiro e usos

 Deseños das formas e maneiras de desbaste,acabado e pulido  Desenvolvemento dunha peza

TECIDOS: TEAR DE ALTO LIZO * Imprescindible ter tear alto lizo

 Coñecemento deste tipo de tear montando unha urdidura que se entrelazará para poder tecer  Faranse os tecidos aprendendo diversos puntos para facer unha peza de tea, tapiz, etc

TECIDOS: TEAR DE BAIXO LIZO  Partes que conforman o tear

 Elaboración do proxecto da peza que se pretende tecer,a elección do docente  Aprender a facer unha urdidura para despois levala ao tear

 Tecer a peza utilizando distintos puntos de tecido OLARÍA: OLARÍA TRADICIONAL *Imprescindible forno e auga

 Coñecemento da olaría facendo unha breve introdución da súa implantación  Coñecemento do barro da zona e o proceso de preparación do mesmo  Aprendizaxe das técnicas de elaboración de pezas

 Prácticas de decoración e acabado das pezas  Cocción das pezas,se é posible en forno tradicional

 Presentación das pezas rematadas (sacar as pezas do forno e valorar o resultado) CANTARÍA

 Coñecemento e manexo de distintos tipos de ferramentas.  Ferramentas mecánicas ( amoladoras, punteiros ..).

 Confección de modelos con distintos materiais e realizar debuxos a distintas escalas  Trazado sobre a pedra

ENCADERNACIÓN

 Encadernación de libros

 Confección e costura desde as follas en branco

 Libros con estrutura de pasta para decoracións contemporáneas  Tapas ríxidas de madeira gravada

(5)

 Álbums de fotos

PINTURAS E REVESTIMENTOS DECORATIVOS

 Utilizaranse diferentes técnicas: “decoupage”, estarcido, pan de ouro ou prata, pátinas.

 Observando os diferentes efectos decorativos sobre obxectos de madeira e cristal; pode ser desde un marco de fotos, un espello, unha caixa de madeira ou un pequeno moble ata un tarro ou unha botella de cristal. O obxecto para decorar traerao o alumno..

Decoupage:Transferencia de imaxes sobre madeira ou vidro, con acabado envellecido

Estarcido (Stencil) sobre madeira con diferentes modelos xa creadas ou que nós mesmos crearemos. PAPEL: PAPEL ARTESANAL

 Fabricación de papel artesanal partindo de diversas fibras vexetais como algodón,liño,gampi,..  Diferentes técnicas para conseguir papeis de uso para caligrafía, gravado, impresión

 Papeis artísticos

ESCENOGRAFÍA: ESCENOGRAFÍAS E ATREZOS EN POREXPÁN, CARTÓN PEDRA E REFUGALLOS

 Sinxelas técnicas decorativas utilizando o porixpán como elemento principal para construír algún obxecto artístico

 Desde compañías de teatro que queiran facer os seus propios decorados, a comerciantes que pretendan darlle un toque especial ó seu establecemento, asociacións que traballen en torno á recreación histórica e busquen ou ambientación ideal.

XOGUETES: MONICREQUES

 Elaboración de monicreques e pequenos bonecos utilizando material de refugallo,  Indicacións e preelaboración dun monicreque ambulante

DEMOSTRACIÓNS

A listaxe de disciplinas de demostracións que se poderán solicitar é a que seguir se indica:  Coiro  Olaría  Cestaría  Cantaría  Forxa  Talla de madeira  Torno  Tear

 Creación de espectáculos de monicreques

4.- DURACIÓN E IMPORTES POR CURSO E DEMOSTRACIÓN

En base aos datos fornecidos no desenvolvemento de cursos e demostracións dentro das planificacións anuais da actividade do Centrad, tanto no relativo aos importes satisfeitos como na duración de cursos e demostracións, e para os efectos da execución e desenvolvemento do presente programa, establécense os seguintes criterios:

DURACIÓN:

A duración total de cada un dos cursos será de 25 horas. A duración total de cada demostración será de 4 horas. IMPORTES:

O importe establecido para o custo do respectivo artesán/á de cada CURSO para os efectos da presente convocatoria será de: 700,00€

O importe establecido para o custo do respectivo artesán/á de cada DEMOSTRACIÓN para os efectos da presente convocatoria será de: 300,00 €

(6)

5.- CONDICIÓNS

A Deputación de Lugo comprométese a aboar a porcentaxe do 100 % dos custos derivados exclusivamente do artesán/artesá que desenvolva cada un dos cursos/demostracións desenvoltas e, en todo caso, sempre que se acredite a realización da acción, aínda no caso de que puidese haber algún incumprimento de carácter formal por parte da entidade/concello solicitante da acción.

Se por calquera causa imputable, -ben ao solicitante, ben ao artesán/a- , o curso ou demostración non se puidese desenvolver na súa totalidade, o custo final será proporcional ás horas efectivamente desenvoltas.

Igualmente correspóndelle á Deputación solucionar canto inconveniente puidera xurdir para o desenvolvemento do programa.

Será competencia da Deputación de Lugo distribuír a programación das accións, tomando como base as datas reflectidas nas solicitudes formuladas, pero de acordo coas circunstancias derivadas do deseño e tramitación da convocatoria .

Tanto artesáns e artesás que soliciten participar no programa como entidades e concellos solicitantes da acción a desenvolver, deberán comprometerse a procurar a visualización do apoio do Centrad na execución da actividade.

Con ese obxectivo, os artesáns/ás solicitantes asumen o compromiso de portar algún elemento na súa indumentaria de traballo durante a realización da demostración e/ou curso no que figure o logo do Centrad-Área de Cultura e Turismo. O referido elemento fornecerao o Centro de Artesanía e Deseño.

6.- CONCELLOS OU ENTIDADES SOLICITANTES DA ACCIÓN

Con carácter xeral, dentro da presente convocatoria, os solicitantes só poderán optar a e solicitar como máximo 2 accións (dúas).

Cada petición deberá realizarse na súa correspondente solicitude individual, achegando respectivamente a documentación reflectida nesta convocatoria.

O citado número máximo de solicitudes (dúas accións) poderán incluír calquera das actividades (curso/demostración) reflectidas nesta convocatoria.

Con carácter específico, no caso das demostracións, determínase que -nas condicións establecidas no Punto 1 da presente convocatoria-, e para os efectos de aplicación do número máximo establecido (2 accións), deberán cumprirse os seguintes requisitos:

a) Máximo dúas (2) solicitudes de demostracións por solicitante, que poderán corresponder a 1 ou 2 eventos, feiras ou festas distintas.

b) Dentro dun mesmo evento, feira ou festa, só se poderá solicitar como máximo 1 (unha) demostración por xornada.

OBRIGAS

a) Organizar as accións velando polo seu correcto desenvolvemento.

b) Utilizar o idioma galego nos carteis anunciadores e en toda a propaganda que se faga do evento.

c) Contar co seguro de responsabilidade civil e danos a terceiros correspondente para o curso ou demostración solicitado.

Facer publicidade e distribuír os carteis anunciadores de que a acción pertence ao Programa de Promoción da Artesanía 2017 onde aparecerá o logo da Deputación de Lugo. En toda a publicidade que se faga do evento deberá aparecer o logo do Centrad-Área de Cultura da Deputación de Lugo (cuñas radiofónicas, anuncios prensa, cartelería…).

d) Esta poderá, se o considera necesario, solicitar a xustificación da devandita publicidade.

e) Non se poderá facer ningunha modificación na acción (data/hora ou artesán/artesá asignado) sen autorización expresa da Deputación, polo que se xorde calquera tipo de inconveniente deberán poñerse en contacto coa área de Cultura a través do Centrad

FAX: 982 219 014

E-MAIL: [email protected] TELÉFONO: 982 21 00 66

f) Achegar a documentación reflectida nesta convocatoria e calquera outra que se lles solicite para a acreditación das circunstancias da solicitude e realización da actividade.

g) En ningún caso os beneficiarios das accións poderán elixir o artesán/artesá.

h) O curso ou demostración deberá desenvolverse en local público. O local previsto deberá indicarse expresamente na respectiva solicitude.

(7)

O Centrad e a Deputación de Lugo quedan eximidas de calquera responsabilidade derivada da celebración e desenvolvemento do curso ou demostración acollida ao presente programa.

A entidade ou concello solicitante, ao se adherir a este programa, autoriza á Deputación a publicar os datos relativos ao curso ou demostración, co fin de difundilos a través da páxina web co mesmo fin.

A Área de Cultura a través do Centrad resérvase o dereito de anular ou cancelar a participación no programa da entidade ou concello solicitante de se constatar o incumprimento dalgunha das condicións establecidas nas presentes bases.

Á hora de realizaren as solicitudes, tanto concellos como asociacións sen ánimo de lucro deberán ter en conta as necesidades e características do local ou espazo nos que prevén desenvolver a acción, tipoloxía do curso ou demostración e tipoloxía dos participantes.

Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación esixida requirirase á entidade interesada para que, nun prazo máximo e improrrogable de dez (10) días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos coa advertencia de que, se non o fixer, considerarase desistida da súa petición, previa resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

7.- MODELOS DE SOLICITUDES E PRAZOS DE PRESENTACIÓN PARA CONCELLOS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

Prazo de presentación de solicitudes para concellos e entidades solicitantes:15 días naturais desde a publicación no BOP da presente convocatoria en calquera dos rexistros autorizados.

Todas aquelas solicitudes que sexan rexistradas despois da data serán desestimadas por atoparse fóra de prazo.

a) ANEXO I: SOLICITUDE DE CURSO Presentar a solicitude, debidamente cumprimentada, na que deberá figurar obrigatoriamente un enderezo de correo electrónico no que se comunicará se se concede a acción. Calquera comunicación entre o CENTRAD e os participantes farase prioritariamente por correo electrónico.

b) ANEXO II: SOLICITUDE DE DEMOSTRACIÓN Presentar a solicitude, debidamente cumprimentada, na que deberá figurar obrigatoriamente un enderezo de correo electrónico no que se comunicará se se concede a acción. Calquera comunicación entre a Deputación e os participantes farase prioritariamente por correo electrónico.

c) ANEXO II-A: DECLARACIÓN DE SER ORGANIZADOR OU CO-ORGANIZADOR DA ACTIVIDADE, a cubrir só en caso de solicitar unha demostración.

ANEXO III ACEPTACIÓN DA ACTIVIDADE. Unha vez comunicada a concesión da acción por parte da Deputación, os beneficiarios terán un prazo de 3 días para enviar a aceptación ou renuncia da acción. O prazo contará a partir do momento en que o solicitante reciba o correo electrónico de concesión de acción, podendo remitirse os referidos Anexos por correo electrónico,

d) ANEXO IV RENUNCIA DA ACTIVIDADE. Unha vez comunicada a concesión da acción por parte da Deputación, os beneficiarios terán un prazo de 3 días para enviar á Deputación a renuncia da acción. O prazo contará a partir do momento en que o solicitante reciba o correo electrónico de concesión de acción, podendo remitirse os referidos Anexos por correo electrónico,

e) ANEXO V COMPROMISO DE ACEPTACIÓN DAS OBRIGAS ESTABLECIDAS NA CONVOCATORIA.

f) ANEXO VI ORZAMENTO DE INGRESOS E GASTOS . Presentarase un orzamento estimado dos ingresos e gastos do curso/demostración que se vai celebrar.

g) ANEXO VII DECLARACIÓN XURADA DE SEGURO DE RESPONSABILIDAD CIVIL

h) ANEXO VIII CERTIFICADO DE REALIZACIÓN DE CURSO/DEMOSTRACIÓN. Unha vez rematada á acción os Concellos e entidades solicitantes deberán facer chegar declaración de remate de actividade no prazo de 10 días desde a celebración da mesma.

i) ANEXO IX AUTORIZACIÓN PARA RECIBIR A TRAVÉS DE CORREO ELECTRÓNICO COMUNICACIÓNS RELATIVAS AO PROGRAMA.

As solicitudes deberanse formular seguindo o modelo que se facilitará no Rexistro xeral da Deputación, na sede do Centrad ou na súa páxina web (www.centrad.org)

Deberanse cubrir todos os apartados da solicitude co fin de acreditar os fins, características, lugar de celebración e aceptación por parte dos solicitantes dos compromisos inherentes á solicitude.

Deberá presentarse unha solicitude individual por cada curso ou demostración que se solicite. A SOLICITUDE DEBERÁ IR ACOMPAÑADA DA SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:

(8)

- No caso de entidades sen ánimo de lucro, copia dos estatutos nos que se acredite a cobertura da actuación solicitada dentro dos seus obxectivos e declaración responsable do compromiso de contar coa póliza do seguro de responsabilidade civil e danos a terceiros de cobertura da actividade. Deberá achegarse unha copia do recibo de pagamento como mínimo con 2 días de antelación á data de realización da actividade prevista.

- Declaración responsábel de asunción por parte dos solicitantes das obrigas establecidas nestas bases e da asunción por parte do/da solicitante das responsabilidades con terceiros.

Seráde aplicación a lexislación vixente de cumprimento das obrigas das administracións públicas galegas de fomento e normalización do idioma galego, e nomeadamente a ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo .

8.- ARTESÁNS/ARTESÁS PARTICIPANTES NO PROGRAMA

Poderán participar (previa solicitude de inclusión) os/as artesáns das distintas disciplinas incluídas nas presentes bases, que estean en posesión da correspondente carta de artesán/á, empadroados nalgún concello da provincia de Lugo e que cumpran todos os requisitos que figuran na presente convocatoria. A asignación de cursos e demostracións a cada artesán/á realizarase de acordo coas respectivas disciplinas e solicitudes formuladas por concellos e asociacións e de xeito alternativo, é dicir, por quenda sucesiva segundo a asignación inmediatamente anterior, en base ao seu posto na listaxe de artesáns/ás solicitantes de acordo coa data de presentación da respectiva solicitude de artesán /a.

OBRIGAS

a) Realizar as accións nos lugares, días e horas asinados pola Deputación de Lugo. b) Expedir as respectivas facturas da acción realizada.

c) Usar o idioma galego nas presentacións das accións.

d) Os artesáns/artesás deberán contar, no seu caso, cos seguros de responsabilidade civil pertinentes para a realización das accións. A Deputación queda exenta de calquera responsabilidade derivada deste programa incluídas as situacións que se poidan producir non só durante a propia acción, senón tamén no desprazamento previo e posterior as accións por parte dos grupos participantes neste programa. e) Non se poderá facer ningunha modificación na acción, polo que se xurde calquera tipo de inconveniente

deberán poñerse en contacto coa Área de Cultura a través do Centrad

f) En ningún caso os artesáns/artesás participantes no Programa elixen o lugar ou data da acción. MODELOS DE SOLICITUDE, DOCUMENTACIÓN E PRAZOS DE PRESENTACIÓN

Prazo de presentación de solicitudes de inclusión na listaxe de artesáns/artesás participantes:15 días naturais desde a publicación no BOP da presente convocatoria en calquera dos rexistros autorizados.

ANEXOS RELATIVOS A ARTESÁNS/ÁS

a. ANEXO X. A CUBRIR POLO ARTESÁN/Á SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA

b. ANEXO XI. A CUBRIR POLO ARTESÁN/Á DECLARACIÓN RESPONSABLE DE ESTAR AO CORRENTE NO CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E DA SEGURIDADE SOCIAL IMPOSTAS POLAS DISPOSICIÓNS VIXENTES E DE NON SE ATOPAR INCURSOS NAS PROHIBICIÓNS DE CONTRATAR ÁS QUE SE REFIRE O ARTIGO 49 DA LCSP.

c. ANEXO XII. AUTORIZACIÓN PARA RECIBIR A TRAVÉS DE CORREO ELECTRÓNICO COMUNICACIÓNS RELATIVAS AO PROGRAMA

Acompañados da seguinte documentación: a) Fotocopia do NIF/CIF.

b) Certificado de empadroamento nalgún dos Concellos da provincia de Lugo no ano 2017. c) Documento emitido pola entidade bancaria do número de conta

d) Copia da respectiva carta de cada artesán/artesá da disciplina ou disciplinas para as que presenta solicitude de participación.

e) Copia de certificado de estar de alta no epígrafe correspondente do imposto de actividades económicas.

9. ORZAMENTO

A contía consignada para o programa Promoción da Artesanía para a anualidade 2017 é de 35.000,00 mil euros (35.000,00 €), dividida nas seguintes liñas.

a) Liña A) Cursos: 22.000,00 € (vinte e dous mil euros) a) Liña B) Demostracións: 13.000,00 € (trece mil euros)

(9)

10.- RENUNCIAS

De producirse a renuncia por parte da asociación ou concello solicitante do curso ou demostración solicitada, unha vez asignado o respectivo artesán/á e aceptada expresamente a acción concedida, procederase á anulación inmediata de tal acción, con comunicación a este último de tal circunstancia, sen que en ningún caso proceda o pagamento previsto nestas bases, nin en ningún caso a substitución por outra acción.

O artesán/a afectado pasará a optar de xeito automático á seguinte asignación de acordo co seu posto na listaxe de artesáns/artesás participantes.

Tal renuncia, de non producirse por causas de forza maior, implicará como penalización a prohibición expresa do solicitante de acceder a outro curso o demostración dentro da anualidade 2017 e no seu caso, da anualidade 2018.

De producirse a renuncia por parte do artesán/á unha vez asignado ao respectivo curso ou demostración, procederase á anulación inmediata da acción solicitada de que se trate, con comunicación á asociación ou concello solicitante de tal circunstancia, sen que proceda, por tanto, o pagamento previsto nestas bases nin en ningún caso a substitución por outra acción.

Tal renuncia, de non producirse por causas de forza maior, implicará como penalización, o paso do artesán/artesá ao último posto da listaxe de artesáns/artesás participantes

Lugo, 5 de maio de 2017.- O Presidente, Darío Campos Conde. O secretario xeral, Cristobal Víctor Fraga Bermejo

(10)

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE CURSO DENTRO DO PROGRAMA PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017 D./Dª

DNI Nº , con domicilio para os efectos de notificación en

____________________________________________________________________ , teléfono de contacto ( fixo)___________ móbil _________________ e correo electrónico _____________________________, na condición de _____________________________do concello/asociación __________________________________________________________

SOLICITO: CURSO

( Indicar as disciplinas artesanais de preferencia. Máximo 4) 1.

2. 3. 4.

( Facer constar a previsible data/s da acción solicitada ):____________________

Non se poderá modificar a data e lugar do curso/demostración asignada sen a autorización expresa do Centrad.

En ……….. a ……….. de ……….. 20……. ( sinatura)

(11)

ANEXO II

INSTANCIA DE SOLICITUDE DEDEMOSTRACION DENTRO DO PROGRAMA PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017 D./Dª

DNI Nº , con domicilio para os efectos de notificación en

____________________________________________________________________ , teléfono de contacto ( fixo)___________ móbil _________________ e correo electrónico _____________________, na condición de______________________ do concello/asociación __________________________________________________________

SOLICITO: DEMOSTRACIÓN

( Indicar as disciplinas artesanais de preferencia. Máximo 4) 1.

2. 3. 4.

( Facer constar a previsible data/s da acción solicitada ):____________________

Non se poderá modificar a data e lugar do curso/demostración asignada sen a autorización expresa do Centrad.

En ……….. a ……….. de ……….. 20……. ( sinatura)

(12)

ANEXO II.A

( Cubrir só en caso de solicitar unha demostración ) DECLARACIÓN DE ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADE

Don/ Dona , con

DNI nº como presidente ou representante da Asociación / Concello

DECLARO

Que a Asociación ou Concello que represento é o organizador ou coorganizador do evento (nome

do evento ou celebración asociado á demostración) _______________________________________________________, a celebrar en

_______________________, o día/días___________________de___________________de 2017.

, a de de 2017

O Alcalde- Presidente/a O/A Presidente

(13)

ANEXO III

ACEPTACIÓN DE ACCIÓN CONCEDIDA DENTRO DO PROGRAMA PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017

D./ Dª , con DNI nº

como Alcalde/Alcaldesa do Concello / Presidente/a da Asociación de ___________________

ACEPTO :

A CONCESIÓN DO CURSO/ DEMOSTRACIÓN ( táchese o que non proceda) do Centrad/ Área de Cultura da

Deputación Provincial de Lugo para a/as data/s , na

localidade de , pertencente ó Concello de

e dentro do Programa PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017.

En, a de de 20

( Sinatura)

O Alcalde/Alcaldesa O Presidente/a

(14)

ANEXO IV

RENUNCIA Á ACCIÓN CONCEDIDA DENTRO DO PROGRAMA PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017

D./ Dª , con DNI nº

como Alcalde/Alcaldesa do Concello / Presidente/a da Asociación de ___________________

RENUNCIO:

Á CONCESIÓN DO CURSO/ DEMOSTRACIÓN ( táchese o que non proceda) do Centrad/ Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo para a/as data/s , na

localidade de , pertencente ó Concello de __________________dentro do Programa PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017.

En, a de de 20

(15)

ANEXO V

COMPROMISO DE ACEPTACIÓN DE OBRIGAS

D./Dª con

DNI nº , con domicilio para os efectos de notificación en

no Concello de con teléfono de contacto

e correo electrónico , na condición de

representante ( nome da Asociación ou Concello ) FAGO CONSTAR:

Que acepta e asume expresamente todas as obrigas e condicións establecidas na presente convocatoria.

E para que así conste, asino en a de de 20 Asdo:

(16)

ANEXO VI

PROGRAMA PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017

ORZAMENTO DE INGRESOS E GASTOS PARA A CELEBRACIÓN DA ACCIÓN ………

INGRESOS GASTOS

TOTAL INGRESOS: TOTAL GASTOS:

En , a de de 201

O Alcalde – Alcaldesa O/A Presidente

(17)

ANEXO VII

DECLARACIÓN XURADA PROGRAMA PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017

Don/ Dona ……….., con DNI nº ………. como representante da Asociación / Concello ………... con CIF ……….. ,

DECLARA que conta cos seguros e/ ou asume a contratación do seguro de responsabilidade civil e danos a terceiros correspondente para a súa participación no programa PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017 mediante o desenvolvemento do curso demostración solicitado/a, asumindo, así mesmo, as responsabilidades derivadas do incumprimento de calquera das circunstancias vinculadas ao desenvolvemento e realización da actividade solicitada, segundo as bases do citado programa.

……….. a ………. de ………. de 2017 O Alcalde – Alcaldesa

O/A Presidente

(18)

ANEXO VIII

CERTIFICADO / DECLARACIÓN RESPONSABLE DE REALIZACIÓN DE CURSO/ DEMOSTRACIÓN A CUBRIR POLO BENEFICIARIO DA ACCIÓN

Don/ Dona ……….., con DNI nº ………. como representante da Asociación / Concello ………... con CIF ……….. ,

CERTIFICO/ DECLARO:

Que o Artesán/Artesá/ Empresa ____

desenvolveu de maneira satisfactoria a súa acción ( indicar curso/ demostración e disciplina) entro do programa PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017 na/s data/s

, en horario de _______,

na localidade de pertencente ó Concello de

.

Que o curso/demostración se desenvolveu de xeito público e con carácter gratuíto.

En, a de de 20

(19)

ANEXO IX

AUTORIZACIÓN PARA RECIBIR A TRAVÉS DE CORREO ELECTRÓNICO COMUNICACIÓNS RELATIVAS AO PROGRAMA PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017

D./Dª , con DNI nº ,

como Alcalde/Alcaldesa do Concello de

D./Dª , con DNI nº ,

como presidente da Asociación de

Autorizo expresamente para recibir a través de correo electrónico que se indica ………..as comunicacións de ser o caso, de aviso do inicio do prazo de emenda de deficiencias materiais na documentación administrativa presentada e de calquera outra que motive a tramitación e resolución das solicitudes.

En, a de de 20

(20)

ANEXOS ARTESÁNS/ÁS ANEXO X

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE INCLUSIÓN DENTRO DO PROGRAMA PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017 D./Dª

……….……….……… DNI Nº ………. , con domicilio para os efectos de notificación en ……….……….. , teléfono de contacto ( fixo) ……….móbil ………. e correo electrónico ………. , na condición de representante/interesado (táchese o que non proceda)

SOLICITO:

A inclusión dentro do programa PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017 do:

a) Artesán individual (PERSOA FÍSICA) (Nome e NIF)_________________________ Indique nome e DNI do artesán/á que se propón e disciplina/s:

……….………. ……….……….

b) Empresa (PERSOA XURÍDICA) (Nome e CIF………. Indique nome e DNI do artesán/á que se propón e disciplina:

……….………. ……….………. En ……….. a ……….. de ……….. 20……. ( sinatura)

(21)

ANEXOS ARTESÁNS/ÁS ANEXO XI

DECLARACIÓN RESPONSABLE D./Dª

……….……….DNI Nº

………, con domicilio para os efectos de notificación en , teléfono de contacto (

fixo……… móbil ………e correo electrónico

_________________________________, En nome propio En representación de ………CIF……….. Rúa/Praza………...Nº... Poboación………CP... DECLARO RESPONSABLEMENTE:

Estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes.

Que nin o asinante da declaración nin, no seu caso, a persoa física/xurídica á que represento, se atopan incursos nas prohibicións de contratar ás que se refire o artigo 60 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

En ……….. a ……….. de ……….. 20……. ( sinatura)

(22)

ANEXOS ARTESÁNS ANEXO XII

AUTORIZACIÓN PARA RECIBIR A TRAVÉS DE CORREO ELECTRÓNICO COMUNICACIÓNS RELATIVAS AO PROGRAMA PROMOCIÓN DA ARTESANÍA 2017

D.……….……….………DNI Nº……… na condición de representante/interesado (táchese o que non proceda

Autorizo expresamente para recibir a través de correo electrónico que se indica ………..as comunicacións de ser o caso, de aviso do inicio do prazo de emenda de deficiencias materiais na documentación administrativa presentada e de calquera outra que motive a tramitación e resolución das solicitudes.

En, a de de 20

(23)

R. 1247

CONCELLOS

BARREIROS

Anuncio

Por Resolución da alcaldía de data 12 de abril de 2017, aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro, lixo e Canon de auga da Xunta, correspondente ao 1º bimestre do exercicio 2017, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido na Secretaría do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario dende o día 17 de abril ata o 17 de maio de 2017.

Contra o acto de aprobación do padrón e da liquidación de tributos municipais incorporada a este, poderase formular recurso de reposición ante esta Alcaldía, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.

A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a exixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.

Barreiros, 12 de abril de 2017.- O alcalde, Jose Alfonso Fuente Parga

R. 1211

CHANTADA

Anuncio

Por Resolución da Alcaldía de 28/04/2017, aprobaronse as bases da convocatoria de selección de persoal laboral do “Programa Depuemprego”, dentro do Convenio de colaboración coa Deputación provincial de Lugo, que se transcriben a continuación:

“BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A CONTRATACIÓN POR UN PERÍODO DE 5 MESES, DENDE O 01 DE XUÑO Ó 31 DE OUTUBRO DE 2017 A 1 PEÓN ESPECIALISTA PARA PISÓN 1 PEÓN PARA GRAVILLAR E UN PEÓN PARA RIEGO ASFALTICO 1 PALISTA, 1 ALBAÑIL E 1 CONDUCTOR PARA CAMIÓN E 1 CONDUCTOR PARA CAMIÓN CON CUBA.

BASES XERAIS PRIMEIRO.- OBXECTO DAS BASES XERAIS.

As presentes bases teñen por obxecto establecer as normas e procedemento xenérico para a selección de persoal laboral temporal no Concello de Chantada.

O persoal seleccionado prestará servizos, de carácter temporal, no Concello de Chantada, sendo o seu cometido levar a cabo as tarefas propias de cada posto ou calquera outra que lle poida encomendar a Alcaldía ou as concellerías delegadas, que garden relación cos postos a desempeñar.

As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, así como no Taboleiro de edictos de Edictos da Casa Consistorial e na páxina web municipal: www.concellodechantada.org.

Estas Bases son Xerais, polo cal acudiráse a cada convocatoria concreta e específica regulada a través das Bases Epecíficas.

SEGUNDO.- NORMAS DE APLICACIÓN.

Serán de aplicación a Lei 7/85, de 2 de abril, Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, o Real Decreto Lexislativo 781/86, de 18 de abril, por o que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réximen local, o Real Decreto 861/86, de 25 de abril, por o que se regula o réximen de retribucións dos

(24)

funcionarios da Administración Local, o Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o proceso de selección dos funcionarios da administración local, a Lei 30/84, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, en aqueles preceptos que manteñan a súa vixencia, o Real Decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público, o Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Lei 2/2015, de 29 de abril de emprego público de Galicia, e a Lei 53/1984, de 26 de diciembre, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas. E de forma supletoria, serán de aplicación o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración xeral do estado e provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios da administración xeral do estado, así como demáis normativa de aplicación.

TERCEIRO.- REQUISITOS XERAIS QUE DEBEN CUMPRIR OS ASPIRANTES. Para formar parte nas probas de selección, será necesario:

A) Ter nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.

Poden acceder ao emprego público como persoal laboral en igualdade de condicións coas persoas de nacionalidade española:

-

As persoas que posúan a nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea.

-

As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.

-

As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores de devandita idade dependentes.

-

As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores de devandita idade dependentes.

-

As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

B) Estar en posesión da titulación de esixida en cada caso para cada praza nos termos sinalados nas Bases Específicas.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

C) Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa fose separada ou inhabilitada.

No caso do persoal laboral, non ser despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía.

No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

D) Ter cumpridos o dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

E) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

F) Posuír coñecemento do idioma galego, que se acreditará mediante o exixido para cada praza nas Bases Específicas.

G) Cumprir, no momento da formalización do contrato laboral temporal, os requisitos esixidos na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

Os/As aspirantes que viñeran desempeñando unha actividade pública ou privada, deberán solicitar o recoñecemento de compatibilidade inmediatamente despois de efectuar a formalización do pertinente contrato de traballo temporal.

(25)

De non ser compatible a actividade que viñeran desenvolvendo coa relación laboral que comeza no Concello de Chantada, os/as aspirantes seleccionados/as comprométense a renunciar ao correspondente posto/emprego convocado.

H) Os aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacitados, cando esta proceda, deberán ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, e deberán expresalo no formulario de solicitude de participación no proceso selectivo.

CUARTO.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Os/As interesados/as dirixirán as solicitudes, no modelo oficial que se publica como Anexo destas bases e que tamén se facilitará nas Oficinas administrativas do Concello de Chantada e na súa páxina Web, ao Sr.Alcalde do Concello de Chantada, requirindo tomar parte nas correspondentes probas de selección, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais e nas bases epecíficas para a praza que se opte, ao Sr. Alcalde-Presidente deste Concello.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

As solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello, e se fagan a través doutros medios sinalados na Lei 39/2015, deberán comunicalo mediante fax ao núm. 982.462 102, remitindo copia anexa da solicitude de participación no proceso selectivo. Serán excluídas todas aquelas solicitudes que non remitiran este avance ao fax citado.

O prazo de presentación será de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

A solicitude de participación no proceso selectivo, deberá ser cumprimentada debidamente polos aspirantes. Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose inhábil o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

QUINTO.- DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACOMPAÑAR NECESARIAMENTE Á SOLICITUDE. 5.1.- COPIA COTEXADA DO DNI OU PASAPORTE.

Ademais, os/as aspirantes estranxeiros/as, deberán presentar documentos que acrediten que son nacionais da Unión Europea ou dalgúns dos Estados aos cales, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexan de aplicación a libre circulación de traballadores.

5.2.- COPIA COTEXADA DA TITULACIÓN ESIXIDA EN CADA POSTO CONCRETO.

5.3.- COPIA COTEXADA DO TÍTULO DE GALEGO ESIXIDO EN CADA POSTO CONCRETO. 5.4.- COPIA COTEXADA DO CARNÉ DE CONDUCIR, DE SER NECESARIO.

5.5.- DECLARACIÓN RESPONSABLE SEGUNDO O ANEXO.

5.6.- DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS MÉRITOS ALEGADOS PARA A FASE DE CONCURSO (VIDA LABORAL, CONTRATOS, CERTIFICADOS DE EMPRESA, CURSOS..) DEBIDAMENTE COTEXADA.

Deberase acompañar á solicitude, as xustificacións documentais dos méritos que desexen alegar en relación co posto/emprego ao que se opte, mediante:

-

Certificacións de servizos prestados, expedida polo organismo oficial no que se prestaron, informe de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social ao que deberá achegarse contrato/s de traballo inscrito/s no SPEE (Servizo Público de Emprego Estatal).

Non se valorarán os méritos que non estean acreditados documentalmente ou que, a xuízo do Tribunal de selección, non estean suficientemente acreditados.

Os méritos aos que se fai referencia no/s baremo/s incluídos nas Bases Específicas deberán posuírse na data de remate do prazo de presentación de instancias, computándose en calquera caso ata a citada data.

5.7.- OS ASPIRANTES CON DISCAPACIDADE DEBERÁN FACELO CONSTAR NA SOLICITUDE, CO FIN DE FACER AS ADAPTACIÓNS DE TEMPO E MEDIOS NECESARIOS, PARA GARANTIR A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES CO RESTO DOS ASPIRANTES. Os interesdados deberán formular petición expresa de participar no proceso de selección polo turno de discapacidade (cando este estivese previsto) debendo aportar o dictame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de calificación do grado de discapacidade, acreditando a/s deficiencia/s que deran orixe ó grado de discapacidade reconocido, a efectos de que o tribunal poida valorar a procedencia ou non da concesión da adaptación solicitada.

SEXTO.- TRIBUNAL DE SELECCIÓN.

Dacordo co establecido no artigo 59 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, en relación co artigo 60 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, os órganos de selección serán colexiados e a súa composición

(26)

deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e de paridade entre mulleres e homes no conxunto das convocatorias da oferta de emprego público respectiva.

En ningún caso poden formar parte dos órganos de selección o persoal de elección ou de designación política, persoal funcionario interino ou laboral temporal, o persoal eventual, nin as persoas que no cinco anos anteriores á publicación da convocatoria realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas ou colaborasen durante ese período con centros de preparación de opositores.

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

A composición do Tribunal será predominantemente técnica e os vogais deberán posuír titulación ou especialización iguais ou superiores ás esixidas para o acceso ás prazas convocadas; e estará constituído por:

1) Presidente: Un funcionario ou persoal laboral fixo dunha administración. 2) Secretario: Un funcionario da Corporación, que actuará con voz e sen voto. 3) Tres Vogais: Entre funcionarios ou persoal laboral fixo dunha administración.

Os órganos de selección actúan con plena autonomía no exercicio da súa discrecionalidade técnica e os seus membros son persoalmente responsables da trasparencia e obxectividade do procedemento, da confidencialidade das probas e do estrito cumprimento das bases da convocatoria e dos prazos establecidos para o desenvolvemento do proceso selectivo. As dúbidas ou reclamacións que poidan orixinarse coa interpretación da aplicación das bases da presente convocatoria, así como o que deba facerse nos casos non previstos, serán resoltas polo Tribunal, por maioría.

O tribunal poderá dispor a incorporación, ós seus traballos, de asesores especialistas, quenes se limitarán ó exercizo das súas especialidades técnicas, que serán a única base da súa colaboración co órgano de decisión e que actuarán por tanto con voz pero sen voto.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo ó señor alcalde, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/15, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas.

O/A presidente/a do tribunal poderá requirir ós membros do mesmo, declaración expresa de non atoparse incursos en causa de abstención nas circunstancias previstas nos citados artigos da Lei 40/15. Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no presente parágrafo.

O tribunal non poderá actuar ou constituírse sen a presenza polo menos de tres dos seus membros con dereito a voto, sendo imprescindible en todo caso a asistencia do/a presidente/ e do/a secretario/a. O tribunal actuará con suxeición ás bases de convocatoria, quedando facultado para resolver cantas cuestións se susciten na súa interpretación.

O Tribunal de selección constituirase na data que designe o Sr. Alcalde. Na sesión constitutiva adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

PAGAMENTO DE ASISTENCIAS E GASTOS DE DESPRAZAMENTO DOS MEMBROS DO TRIBUNAL.

Os membros do Tribunal de selección, así como os asesores ou colaboradores que puideran incorporarse a este, so terán dereito, pola súa concorrencia ás distintas sesión que se produzcan en distintos días, a percibir as axudas de custo por asistencia de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sempre e cando exista una proba no proceso de selección.

SÉPTIMO.- SISTEMA DE SELECCIÓN E AVALIACIÓN DE MÉRITOS.

O sistema de selección será o de concurso-oposición, e constará de dúas fases:

FASE DE OPOSICIÓN:

A fase de oposición será previa á do concurso.

Consistirá na realización dunha proba teórica e /ou práctica de carácter obrigatorio e eliminatorio acordes coa praza.

A puntuación total de cada aspirante virá determinada pola suma dos puntos acadados nas dúas fases. No caso de empate nas puntuacións atenderase, en primeiro lugar, a quen obtivese a maior puntuación no exercicio de carácter práctico. De persistir o empate resolverase por sorteo realizado polo Tribunal de selección en presencia dos aspirantes afectados

Os aspirantes serán convocados en chamamento único, sendo excluídos da oposición quen non comparezan, salvo causa de forza maior debidamente acreditada e libremente apreciada polo Tribunal.

En calquera momento o Tribunal poderá requirir aos opositores para que acrediten a súa personalidade. Os candidatos deberán acudir provistos do NIF ou, na súa falta, pasaporte ou carné de conducir.

(27)

FASE DE CONCURSO.

Esta fase será posterior á de oposición, e, non tendo carácter eliminatorio, os puntos obtidos na mesma non poderán terse en conta para supera-los exercicios da fase de oposición.

O Tribunal non poderá avaliar o non alegado e acreditado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presenta-las solicitudes ás probas selectivas.

No concurso avaliaranse os méritos establecidos para cada posto en concreto.

Só aos aspirantes que superen a oposición valoraráselles na fase de concurso os méritos que aleguen e xustifiquen documentalmente.

Para valora-los méritos será necesario que se presenten documentos xustificativos dos mesmos; en ningún caso se terán en conta os méritos que non estean debidamente xustificados.

OITAVO.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución no prazo máximo de 2 días hábiles, coa lista provisional de admitidos e excluídos. En devandita resolución, que se publicará no Taboleiro de edictos do Concello e na páxina web do Concello de Chantada o, farase constar a causa da exclusión e concederase un prazo de tres días hábiles para que polos interesados póidanse formular reclamacións ou emendar os defectos que motiven a exclusión (non para alegar novos méritos non alegados até entón).

Finalizado o prazo de reclamacións e emendas, e resoltas as mesmas, a Autoridade ou órgano convocante elevará a definitivas as listas de admitidos e excluídos mediante Resolución que se publicará igualmente no Taboleiro de edictos do Concello e na páxina web do Concello de Chantada. Dita publicación servirá de notificación a efectos de impugnacións e recursos. Na mesma resolución indicarase a data, lugar e hora de comezo do primeiro exercicio.

Ademais farase constar cos resultados de cada un dos exercicios, os sucesivos chamamentos e convocatorias, e en definitiva calquera decisión que adopte o Tribunal de selección e que deba coñecer o persoal aspirante até a finalización das probas selectivas ou, no seu caso, a fase de concurso, exporanse nos locais onde se celebrou o exercicio anterior ou nos que se sinalen no último anuncio, bastando dita exposición, na data que se inicie, como notificación para todos os efectos.

Todas as notificacións que se realicen respecto ó presente procedemento de selección, levaranse a cabo exclusivamente, de acordo co establecido no art. 45 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administración publicas, a través de publicacións no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello de Chantada.

NOVENO.- RELACIÓN DE APROBADOS E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS. Concluídas as probas, elevarase ao órgano competente proposta de candidatos. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.

O/A aspirante proposto/a presentará no Rexistro Xeral do Concello de Chantada a seguinte documentación:

-

Fotocopia do DNI, que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa.

-

Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto.

-

Declaración xurada de non ter sido separados/as do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.

-

Copia autenticada ou fotocopia (que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa)

do título académico esixido ou certificación académica dos estudios realizados.

-

Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria.

O prazo de presentación será de 2 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no taboleiro de edictos, prazo que non poderá ser obxeto de ampliación en ningún caso.

DÉCIMO.- BOLSA DE TRABALLO

Os aspirantes que teñan superado a fase de oposición pero que non contaron coas mellores puntuacións logo da suma das obtidas na fase de concurso e na fase de oposición e polo tanto non foron seleccionados para as prazas ofertados pasaran a formar unha lista de reserva por orde de puntuación para cubrir eventuais vacantes dos seleccionados durante o período subvencionado que nunca se estenderá mais aló do 31 de outubro de 2017.

O integrante da bolsa que obteña un contrato de traballo co Concello causará baixa na bolsa, e unha vez que finalice o seu contrato de traballo co Concello volverá causar alta na bolsa de emprego no posto da mesma que lle corresponda en relación cos puntos obtidos.

(28)

A renuncia a un posto de traballo ofertado suporá o pase do aspirante ao último lugar da bolsa de emprego, salvo que concorra unha das seguintes circunstancias:

-

Parto, baixa por maternidade ou situacións asimiladas.

-

Enfermidade grave que impida a asistencia ao traballo, sempre que se acredite debidamente.

-

Exercicio de cargo público representativo que imposibilite a asistencia ao traballo.

UNDÉCIMO.- PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

Reservarase unha cota do sete por cento das vacantes para ser cubertas entre persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no apartado 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas.

A reserva do sete por cento realizarase de maneira que, polo menos, o dous por cento das prazas ofertadas o sexa para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e o resto das prazas ofertadas o sexa para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Cada Administración Pública adoptará as medidas precisas para establecer as adaptacións e axustes razoables de tempos e medios no proceso selectivo e, unha vez superado devandito proceso, as adaptacións no posto de traballo ás necesidades das persoas con discapacidade.

DUODÉCIMO.- RECURSOS.

As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Así mesmo, a Xurisdición competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a Xurisdición Social.

Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpor polo interesados recurso de reposición no prazo dun mes ante a Alcaldía, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo ou, a partir do día seguinte ao de publicación do seu anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

No non previsto nas bases será de aplicación a Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local; o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril; e no Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro e os pactos de aplicación ao Persoal Funcionario e Convenio Colectivo do Persoal do Concello, así como as normas aplicables ao persoal laboral contidas no Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro e na Lei 2/2015, de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.

ANEXO I TEMARIO

TEMA 1.- Breve idea da Constitución Española de 1978. Estrutura. Principios Xerais. Dereitos e Deberes Fundamentais.

TEMA 2.- Breve idea do Estatuto de Autonomía de Galicia.

TEMA 2.- Organización Municipal: Alcalde, Pleno e Xunta de Goberno Local. TEMA 3.- Diferentes materiais e ferramentas en construcción.

TEMA 4.- Elementos da construcción: Muros Tabiques, paredes. TEMA 5.- Demolicións.

TEMA 6.- Reparación de baches en pistas. Materiais e ferramentas a empregar. TEMA 7.- Reparación de camiños. Materiais e ferramentas a empregar. TEMA 8.- Desbroce en pistas e camiños. Materiais e ferramentas a empregar.

TEMA 9.- Conceptos básicos acerca de la identificación de diferentes vías: Locales, provinciales, autonómicas y estatales.

TEMA 10.- Conceptos básicos sobre pavimentación de vías públicas.

ANEXO II. BASES ESPECÍFICAS DOS POSTOS/EMPREGOS DENOMINADOS 1 PRAZA DE PEÓN ESPECIALISTA PARA PISÓN; 1 PRAZA DE PEÓN ESPECIALISTA PLARA GRAVILLAR E 1 PRAZA DE PEÓN ESPECIALISTA PARA

RIEGO ASFÁLTICO.

1.- Obxecto da convocatoria: é obxecto das presentes bases a contratación de 1 PRAZA DE PEÓN ESPECIALISTA PARA PISÓN; 1 PRAZA DE PEÓN ESPECIALISTA PLARA GRAVILLAR E 1 PRAZA DE PEÓN ESPECIALISTA PARA RIEGO. do Concello de Chantada, persoal laboral temporal, mediante concurso-oposición, no marco do

Referencias

Documento similar

Polo anterior, esta opción pode dar lugar a nesgos perceptuais (e, xa que lo- go, a problemas de xeneralización) ao pousar a medición das variables sobre as ca- pacidades cognitivas

• As notas ao pé diferénciase do texto principal polo tamaño da letra, como xa dixemos, mais tamén poderemos inserir unha liña na súa parte superior que divida a zona da nota ao

En cumprimento do acordo sexto do Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia en relación co disposto no artigo 81.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21

Polo que respecta á parte cualitativa do estudo (táboa 1), preténdese identificar os factores clave do colectivo LGTB e da modalidade de turismo obxecto de estu- do, que doutro

Os indicadores dan conta de como os esforzos na dirección de lograr unha maior circularidade están estancados, coma se a economía tivese chegado ao seu máximo de

Ademais do catálogo de procedementos, de acordo coa lei 11/2007, a Sede Electrónica ten que permitir a posibilidade de presentar calquera solicitude, comunicación ou

Dado que a materia alterna unha perspectiva cronolóxica con unha outra perspectiva diatópica, xa que atende aos varios sistemas literarios de lingua portuguesa, esta unidade

Polo que respecta aos datos de Galicia a nivel provincial, tanto Lugo coma Ou- rense presentan as maiores ratios en relación co número e co gasto en prestacións de protección