• No se han encontrado resultados

CONCELLO DE FOZ (LUGO)

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "CONCELLO DE FOZ (LUGO)"

Copied!
9
0
0

Texto completo

(1)
(2)

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Asunto: CONVOCATORIA E BASES PARA A SELECCION DE PERSOAL LABORAL PARA CUBRIR TEMPORALMENTE A PRAZA DE DIRECTOR DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL.

Características do proceso selectivo:

Praza que se convoca para cubrir temporalmente: Director da Escola de Música Municipal.

Estado actual: vacante.

Número de prazas: 1.

Modalidade contractual: contrato laboral temporal por obra o servizo.

Coste mensual: 2.662 euros.

Aos efectos de xustificar o cumprimento do artigo 21.2 da Lei 36/2014, de 26 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2015 emítese informe da Concellería de Cultura sobre a urxente e inaprazable necesidade de contratación e esencialidade do servizo.

En base a estas circunstancias e de acordo coas atribucións que me corresponden legalmente, esta Alcaldía, RESOLVE:

Primeiro.- Realizar unha convocatoria para a selección da praza de persoal laboral, denominada, DIRECTOR DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL. O contrato de traballo será laboral temporal, na modalidade de contrato de obra ou servizo. A duración deste contrato será de 12 meses, a xornada completa.

Segundo.- Aprobar as bases que rexerán esta convocatoria que se xuntan como anexo ao expediente.

Terceiro.- Darlle publicidade a esta convocatoria no diario o Progreso de Lugo e na páxina web:

www.concellodefoz.es.

Mandao e asinao, o Alcalde en funcións, Pedro José Fernández Manín, no concello de Foz, en data de sinatura, do que eu, como Secretario, asino no exercicio da función de fe pública, de acordo co art.

2 do Real Decreto 1174/1987, de 18 de setembro.

O Alcalde en funcións, O Secretario

Asdo. Pedro José Fernández Manín Asdo. Ricardo Fernández Fernández (Delegación realizada mediante Resolución de 28-8-2015)

DOCUMENTO ASINADO DIXITALMENTE

ANEXO

BASES PARA A SELECCION DE PERSOAL LABORAL PARA CUBRIR TEMPORALMENTE A PRAZA DE DIRECTOR DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL.

PRIMEIRA: OBXECTO DA CONVOCATORIA.

É obxecto da convocatoria a selección de persoal laboral para cubrir provisionalmente a praza de persoal laboral, denominada, DIRECTOR DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL, de grupo II, nivel 20 e dotada coas retribucións básicas correspondentes ao seu grupo de titulación e as complementarias asignadas ao posto de traballo ao que se adscribe a praza.

DECRET O

Número: 2015-0652 Data: 15/09/2015

(3)

A praza así cuberta deberase incluír necesariamente na primeira oferta de emprego público que se aprobe despois desta convocatoria.

O persoal laboral temporal finalizará o seu contrato cando a praza se seleccione e cubra por persoal laboral fixo.

Funcións:

- Coordinar a unidade de música municipal, coas obrigas que leva consigo.

- Coordinar e supervisar a actividade do persoal adscrito á unidade.

- Impartir ensinanzas musicais na escola de música municipal, como profesor de guitarra, especialidade máis demandada polos alumnos nos últimos anos.

- Calquera outra, correspondente á súa categoría e/ou subescala, e propia da área na que se integra.

SEGUNDA: REQUISITOS DOS ASPIRANTES

A) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do establecido no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (en diante EBEP), respecto dos nacionais dos Estados membros da Unión Europea e demais estranxeiros con residencia legal en España.

B) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

C) Ter cumprimentos 16 anos e non exceder no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa na data que finalice o prazo de admisión de instancias.

D) Estar en posesión das titulacións académicas oficiais seguintes ou ter satisfeito os dereitos para a expedición destes na data que finalice o prazo de admisión de instancia:

- Título Profesional de Música.

- Título de grado superior o equivalente na especialidade de GUITARRA.

E) Non ter sido separado do servizo de calquera das Administracións Publicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de postos nestas, conforme ao disposto no artigo 56 do EBEP.

Será aplicable o réxime de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas previsto na normativa vixente. Neste sentido, deberá presentarse declaración xurada de non estar incurso en incompatibilidade, de acordo co establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao servizo das Administracións Públicas, ou no caso de incorrer nalgunha incompatibilidade declaración xurada da actividade, horario e retribucións.

TERCEIRA: INSTANCIAS.

Os interesados deberán presentar solicitude de participación debidamente cumprida, no Rexistro Xeral deste Concello ou en calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, no prazo de CINCO DIAS HÁBILES a partir do día seguinte á publicación do Edicto de convocatoria na prensa local e na páxina web municipal www.concellodefoz.es. Ao mesmo tempo a citada convocatoria expoñerase no taboleiro de anuncios do Concello.

Achegarase á instancia inescusablemente a seguinte documentación:

- Fotocopia autenticada do D.N.I. (no seu defecto, resgardo do D.N.I. ou pasaporte).

- Fotocopia autenticada da titulación requirida para o acceso ao posto.

- Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais a considerar (orixinas o copia autenticada).

- Copia compulsada do resgardo que xustifique o pago ao Concello de Foz na conta do BBVA 01826219520000001281, a cantidade de 30,00 euros, en concepto de dereitos de exame, cantidade que unicamente será devolta se o aspirante resultase excluído por falta dos requisitos esixidos para tomar parte na convocatoria. A non presentación e pago da taxa por dereitos de participación nos procesos selectivos dentro do prazo de presentación de instancias, non poderá ser obxecto de subsanación, determinando a exclusión do aspirante.

DECRET O

Número: 2015-0652 Data: 15/09/2015

(4)

- Deberá presentarse declaración xurada de non estar incurso en incompatibilidade, de acordo co establecido Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas, ou no caso de incorrer en algunha incompatibilidade declaración xurada da actividade/es, horario e retribucións

Expirado o prazo de presentación de instancias a Alcaldía-Presidencia ditará Resolución no prazo máximo de dous días naturais, pola que se declarará aprobada a listaxe provisional de admitidos e excluídos con indicación, se é o caso, dos motivos de exclusión e o prazo para a corrección da documentación. No caso de non existir aspirantes excluídos, se poderá elevar a definitiva a listaxe provisional na mesma resolución, dando inicio ao proceso selectivo.

Aqueles méritos que non estean correctamente documentados ou non estean contemplados nas presentes bases, non serán tidos en conta polo tribunal de selección.

A experiencia profesional deberá acreditarse con certificados de empresa indicando posto e duración do contrato (orixinais ou fotocopia autenticada) ou contrato de traballo e tamén certificado da Seguridade Social (informe de vida laboral, orixinal ou fotocopia autenticada).

CUARTA: Admisión de aspirantes e normas xerais de desenrolo dos procesos selectivos.

- Se Publicará no taboleiro de edictos de Edictos da Casa Consistorial e na páxina web do Concello, www.concellodefoz.es, a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, a composición nominativa do tribunal cualificador cos titulares e suplentes e a convocatoria do tribunal para a baremo de méritos, así coma a convocatoria para a realización das probas comprendidas dentro da fase oposición.

- Normas xerais no desenvolvemento do proceso de selección:

 Baixo ningunha circunstancia se facilitará información telefónica sobre prazos de presentación de instancias, documentación, listaxes de admisión de aspirantes, cualificacións obtidas ou similares. O Concello unicamente facilitará datas de publicación de diarios e localización de documentos informativos no taboleiro de Edictos. Calquera outra cuestión ou incidencia relativa ao desenvolvemento do proceso selectivo será resolta polo tribunal cualificador designado para o proceso selectivo.

 A documentación acreditativa dos méritos deberá estar presentada no prazo máximo de presentación de instancias, non podendo, durante o prazo de subsanación de documentación, engadir como documentación de novos méritos non presentados en dito prazo.

 A experiencia profesional deberá acreditarse con copia do contrato ou certificado de empresa, máis o informe de vida laboral.

 En relación á experiencia formativa se considerará unicamente válida a emitida por centros oficiais e/ou homologados.

 Os aspirantes serán convocados en chamamento único, salvo casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados polo Tribunal con absoluta liberdade de criterio, e deberán ir provistos do DNI. A non presentación dun aspirante á proba práctica no momento de ser chamados determinará automaticamente o decaemento dos seus dereitos a participar no mesmo e quedando excluído, en consecuencia, do procedemento selectivo.

 A orde de actuación dos aspirantes nos exercicios que non se podan realizar conxuntamente será por orden alfabético.

QUINTA: TRIBUNAL DE SELECCIÓN

Para xulgar a convocatoria constituirase un Tribunal de Selección que quedará formado do seguinte xeito:

PRESIDENTE: un funcionario municipal de carreira ou persoal laboral fixo pertencente a igual ou superior categoría profesional á correspondente aos postos convocados desta ou outras Administracións Públicas.

DECRET O

Número: 2015-0652 Data: 15/09/2015

(5)

VOGAIS: tres vogais funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo en servizo activo pertencentes a igual categoría profesional á correspondente aos postos convocados desta ou outras Administracións Públicas.

SECRETARIO: un funcionario municipal de carreira desta Administracion Pública.

En caso de non poder asistir, os membros titulares do Tribunal de Selección poderán ser substituídos por persoal de igual categoría. En todo caso, titulares e suplentes deberán ter titulación igual ou superior á esixida para o posto a cubrir, debendo respectarse, na medida do posible, os principios de imparcialidade e profesionalidade e a paridade entre home e muller. En ningún caso, poderán formar parte da Comisión de Selección como titular ou suplente, persoal de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual.

SEXTA: PROCESO SELECTIVO.

Constará de tres fases: Concurso, Oposición e Entrevista.

1ª FASE: CONCURSO: consistirá na valoración dos méritos achegados e debidamente xustificados polos aspirantes, que non terá carácter eliminatoria e se puntuará conforme ao seguinte baremo:

MERITOS PUNTUACION ACREDITACION

1. Experiencia profesional por contratos de carácter administrativo, laboral ou funcionarial prestados nas Administracións Públicas en postos de DIRECTOR DE ESCOLAS DE MÚSICA MUNICIPAIS. Máximo de 4 puntos valorados da seguinte forma: 0,05 puntos por cada mes.

Unicamente se valorará a experiencia acreditada con Certificado de servizos prestados expedido polo Concello correspondente.

2. Experiencia profesional en empresas privadas en postos de DIRECTOR DE ESCOLAS DE MÚSICA. Máximo de 4 puntos valorados da seguinte forma: 0,02 puntos por cada mes.

3. Experiencia docente en centros educativos públicos. Máximo de 4 puntos valorados da seguinte forma: 0,02 puntos por cada mes.

4. Posuír o Título Superior de Música: 4 puntos.

Só se valorará a experiencia acreditada con Certificado de vida laboral e contrato laboral correspondente.

Só serán valorados os méritos acreditados con certificacións de organismos oficiais.

A puntuación máxima da Fase de Concurso será de 10 puntos.

2ª FASE: OPOSICION: constará da seguinte proba de carácter eliminatorio:

Consistirá na realización dunha proba práctica relacionada coa categoría profesional do posto a cubrir, de entre as materias relacionadas non anexo I desincre bases específicas dá convocatoria, que será determinada polo Tribunal de Selección inmediatamente antes da súa realización e se cualificará de 0 a 10 puntos, necesitando obter un mínimo de 5 puntos para superala.

Os puntos obtidos no concurso engadiranse, se é o caso, aos que se obteñan na oposición, constituíndo esta suma a cualificación da fase de concurso-oposición.

3ª FASE: ENTREVISTA OPTATIVA:

A súa realización será optativa a criterio da Comisión de Selección. En caso de realizarse consistirá nunha entrevista de carácter persoal-profesional cos aspirantes que tivesen superado a fase anterior, que será cualificada de 0 a 2 puntos, co fin de valorar a súa aptitude profesional, de maneira que poderá versar sobre todos aqueles aspectos que poidan afectar ao posto de traballo.

En caso de realizarse, a cualificación obtida na entrevista engadirase á obtida nas fases de concurso e oposición, constituíndo súmaas de todas elas a cualificación definitiva do proceso selectivo.

SÉTIMA: COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA.

DECRET O

Número: 2015-0652 Data: 15/09/2015

(6)

O coñecemento da lingua galega por parte dos/as concursantes, acreditarase mediante a presentación coa solicitude de participación da documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4, expedido polo órgano competente da Xunta de Galicia ou do seu equivalente.

Os/as concursantes que non acrediten a posesión do título establecido no parágrafo anterior, participarán nunha proba eliminatoria que se cualificará como apto ou non apto, destinada a avaliar un grao de coñecemento do galego equivalente ao conseguido coa obtención do Celga 4 ou equivalente.

OITAVA: RESOLUCIÓN.

O Tribunal fará público o aspirante seleccionado, non podendo ser superior o número de aspirantes propostos ao da praza a cubrir. Posteriormente elevarase o aspirante proposto ao Alcalde para que este proceda ao seu nomeamento na forma legalmente establecida.

O aspirante proposto presentará na Rexistro da Corporación no prazo de 5 días naturais dende que se faga pública a acta cos resultados, os documentos acreditativos esixidos.

Se no prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, o opositor proposto non presentase a documentación ou non reunise os requisitos esixidos, poderá ser nomeado e quedarán anuladas todas as actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que tivese podido incorrer por falsidade na instancia solicitando tomar parte no concurso-oposición.

Presentada a documentación, o Alcalde ditará resolución nomeando o aspirante proposto polo Tribunal Calificador.

NOVENA: INCIDENCIAS.

O Tribunal de Selección queda facultada para resolver as dúbidas e incidencias que se produzan en todo o non previsto nas presentes bases.

ANEXO I MATERIAS COMÚNS

Tema 1. - A Constitución Española de 1978. Estrutura e principios fundamentais, dereitos e deberes: a súa garantía e suspensión. Principios reitores da Política Social e Económica. O Tribunal Constitucional:

clases e efectos das sentenzas. Reforma Constitucional. A Coroa.

Tema 2. - As Cortes Xerais. Composición, atribucións e funcionamento. Elaboración das leis. Leis estatais e autonómicas. Relacións entre o Ordenamento estatal e os ordenamentos autonómicos. Os tratados internacionais, como normas de dereito interno, especial referencia aos tratados da CE.

Tema 3. - O Goberno e a Administración. Principios constitucionais da Administración. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. Órganos de control dependentes das Cortes: O Valedor do Pobo e o Tribunal de Contas. O poder xudicial.

Tema 4. - Organización territorial do estado. Principios xerais. As Comunidades Autónomas. Distribución de competencias. A Administración do Estado: organización central. O Estatuto de Autonomía de Galicia: aprobación e reforma. Estrutura e principios fundamentais.

Tema 5. – O réxime local español. A Administración Local na Constitución de 1978. O principio de autonomía: o seu significado e alcance. O réxime local español.A Administración Local na Constitución de 1978. O principio de autonomía: o seu significado e alcance.

Tema 6. – A organización municipal: principios fundamentais. Os órganos básicos: o Alcalde, Tenentes de Alcalde, pleno e comisión de goberno. Os órganos complementarios. O regulamento orgánico municipal. O estatuto dos membros das Corporacións Locais.

Tema 7. – Persoal ao servizo das entidades locais: equipos. Funcionarios de carreira de Administración Local. Funcionarios interinos. Persoal eventual e laboral. Oferta pública de emprego. Selección do persoal.

Tema 8.- Dereitos e deberes dos funcionarios. Réxime disciplinario. Responsabilidade civil e penal dos funcionarios. Réxime de incompatibilidades.

Tema 9. – O ordenamento xurídico administrativo: fontes. A constitución. Leis estatais e autonómicas:

clases. Outras disposicións normativas con forza de lei. O regulamento: concepto, natureza e clases.

Límites da potestade regulamentaria. Relacións entre o ordenamento xurídico estatal e os autonómicos. Principio de xerarquía e de competencia.

Tema 10. - O procedemento administrativo: concepto. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Os suxeitos. As fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación do procedemento

DECRET O

Número: 2015-0652 Data: 15/09/2015

(7)

administrativo. Responsabilidade da Administración. O uso oficial do galego.

TEMAS ESPECÍFICOS

1. A guitarra: antecedentes, evolución histórica dende a súa orixe ata os nosos días.

2. Principios físicos da produción do son nos instrumentos de curda.Peculiaridades derivadas do modo de produción do son.Fundamentos teóricos dos sons harmónicos.

3. Pulsación nas distintas zonas da corda e a súa relación co timbre.Armónicos naturais e artificiais e a súa didáctica.

4. O repertorio da vihuela: o seu estilo e notación.Tablaturas, criterios de transcrición e edición.

Características da interpretación guitarrística deste repertorio e problemas técnicos específicos.

5. O repertorio de guitarra renacentista, tablaturas: seu estilo e notación, criterios de transcrición e de edición. Características da interpretación guitarrística deste repertorio e problemas técnicos específicos.

6. O repertorio de laúde renacentista: o seu estilo e notación.Escolas nacionais.Tablaturas, criterios de transcrición e de edición. Características da interpretación guitarrística deste repertorio e problemas técnicos específicos.

7. O repertorio da guitarra barroca: o seu estilo e notación.Escolas nacionais.Tablaturas, criterios de transcrición e edición.

Características da interpretación guitarrística deste repertorio e problemas técnicos específicos.

8. Características referidas á evolución do estilo e da escritura instrumental, do repertorio para laúde no Barroco,Tabalturas, Transcrición, J.S. Bach..Características da interpretación guitarrística deste repertorio e problemas técnicos específicos.

9. Evolución do estilo na escritura e repertorio guitarristicos na segunda metade do S.XVIII.

Transcrición, interpretación e problemas técnicos específicos.

10. O repertorio guitarrístico Clásico - romántico.A escola de España e de fóra de España.

Interpretación e problemas técnicos específicos.

11. Segunda metade do S.XIX.Repertorio, interpretación, evolución do estilo e escritura instrumental.Problemas técnicos específicos.

12. Características do repertorio guitarrístico na primeira metade do S.XX, evolución do estilo, de a escritura instrumental.La figura de Andrés Segovia.

Interpretación e problemas técnicos específicos.

13. Características do repertorio guitarrístico na segunda metade do século XX. Novos recursos en o repertorio.Interpretación e problemas técnicos específicos.

14. A transcrición para a guitarra doutros instrumentos.Interpretación e problemas técnicos específicos.

15. Repertorio de música de cámara e repertorio con orquestra.Características da estrutura formal e interpretación nestas modalidades.

16. O instrumento como instrumento acompañante en vertentes populares e cultas.

Repertorio, interpretación.

17. Programación nos graos elemental e medio.Criterios didácticos para a selección de repertorio.

18. Desenvolvemento dunha unidade didáctica para o ensino no grao elemental.Orientación do traballo individual do alumno.

19. Desenvolvemento dunha unidade didáctica para o ensino no grao medio.

20. A análise como ferramenta fundamental para a clase de instrumento.

21. A audición: percepción, psicoloxía, memoria e análise. Anatomía e fisioloxía do oído.

22. A canción: aspectos analíticos e aspectos interpretativos. Tipos de cancións. A agrupación vocal.

23. .Acústica. Fundamentos físicos e a súa repercusión musical.

24. Os instrumentos como medio de expresión en xeral. Improvisación, xogos, danzas, cancións. Os instrumentos na aula: características e relación cos instrumentos profesionais.

25. Aplicacións da informática e a electrónica na música: á interpretación, á composición, á audición, á didáctica da linguaxe musical.

26. Música e movemento. Parámetros do movemento. O xesto na Música.

27. A Música, definicións. A música como ciencia, como arte e como linguaxe.

28. O ritmo. Pulso e métrica.

29. A melodía. Tema, motivo e deseño melódico. A articulación melódica.

30. Organización sonora. Tonalidade, modalidade, escalas, modos...

DECRET O

Número: 2015-0652 Data: 15/09/2015

(8)

31. A textura musical. Tipos e evolución a través da historia.

32. O Contrapunto. Diversas concepcións a través do tempo.

33. A harmonía. Diversas concepcións a través do tempo.

34. A notación musical: evolución histórica da notación. Dos pneumas ás notacións actuais.

35. A expresión musical. Agógica, dinámica e outras indicacións.

36. Procedementos compositivos fundamentais: repetición - Imitación - Variación - Desenvolvemento.

37. A Forma musical.

38. A improvisación como forma de expresión libre e como procedemento compositivo.

39. Música instrumental no Renacemento.

40. A Música do Renacemento en España.

41. A Música no Barroco. Estilos. Teoría musical. Organología.

42. Música vocal no Barroco.

43. Música instrumental no Barroco.

44. A música no século XVII en España.

45. Estilos preclásicos e Clasicismo. Características xerais. Organología.

46. Formas instrumentais preclásicas e clásicas.

47. Formas vocais preclásicas e clásicas.

48. A música no século XVIII en España.

49. A Música no Romanticismo. Etapas. Estética musical. Organología.

50. A Música instrumental no Romanticismo. Música de cámara, pianística e orquestral.

ANEXO II (modelo de instancia)

D./D.ª...

..., con DNI..., nado/-a ...(data nacemento), veciño/-a de..., con enderezo en...

teléfono...,

EXPÓN:

Que desexa ser admitido/-a ás probas selectivas de acceso para para cubrir a contratación laboral temporal de DIRECTOR DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE FOZ, de conformidade coas bases e convocatoria aprobadas.

Que coñece e acepta as bases que rexerán para a dita convocatoria, e declara que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos nestas.

Que non estou incurso/a en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade, nin padezo enfermidade ou defecto físico/psíquico que me impida o desempeño deste emprego.

Así mesmo, declaro que non estou separado/a do servizo de ningunha Administración Pública por expediente disciplinario, nin inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

Que achega coa solicitude a seguinte documentación ou xustificantes esixidos polas bases que rexen a convocatoria así como os xustificantes dos méritos alegados: (relación de documentación esixida e de méritos alegados):

Por tanto, SOLICITA:

Que se teña por presentada a correspondente solicitude no prazo establecido e se lle admita a tomar parte nas probas selectivas para o emprego anteriormente indicado.

Foz,... de ... de 2015

DECRET O

Número: 2015-0652 Data: 15/09/2015

(9)

(sinatura)

SR. ALCALDE – PRESIDENTE DO CONCELLO DE FOZ (LUGO)

DECRET O

Número: 2015-0652 Data: 15/09/2015

Referencias

Documento similar

El examen de la materia de Historia de acceso a la Universidad para mayores de 25 años consistirá en una prueba escrita, en cuya realización los aspirantes deberán

A comisión deberá elaborar unha relación de méritos valorables con cadansúa puntuación de referencia, que deberá establecerse tendo en conta o tipo de material de que

A comisión deberá elaborar unha relación de méritos valorables con cadansúa puntuación de referencia, que deberá establecerse tendo en conta o tipo de material de que

SEGUNDO.— En la demanda rectora del presente procedimiento se pretende en síntesis que se compute en la base reguladora de la prestación de jubilación los periodos consignados

O Servizo de Normalización Lingüística, de acordo coa súa misión de dotar de soporte técnico o proceso de normalización lingüística na Universidade de Santiago de

A comisión deberá elaborar unha relación de méritos valorables con cadansúa puntuación de referencia, que deberá establecerse tendo en conta o tipo de material de que

Se establecen las bases reguladoras del programa de fomento y consolidación del empleo a través del Programa I, para las pequeñas empresas de nueva creación, y el Programa II,

Convocatoria de ayudas públicas en régimen de concurrencia competitiva para proyectos de carácter no productivo de la medida 19 "LEADER" en el marco del Programa de