• No se han encontrado resultados

Convocatoria para a elaboración de ESENCIAIS USC

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Convocatoria para a elaboración de ESENCIAIS USC "

Copied!
5
0
0

Texto completo

(1)

Convocatoria para a elaboración de ESENCIAIS USC

Resolución reitoral pola que se promove, durante o presente ano 2021, a elaboración e edición de diversos títulos para a colección ESENCIAIS USC.

1 Obxecto da convocatoria e destinatarios

O Servizo de Normalización Lingüística, de acordo coa súa misión de dotar de soporte técnico o proceso de normalización lingüística na Universidade de Santiago de Compostela promove, durante o presente ano 2021, a elaboración e edición de diversos títulos para a colección ESENCIAIS USC.

A Vicerreitoría de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, a través do Servizo de Normalización Lingüística define esta convocatoria para apoiar e financiar a elaboración e edición de quince títulos para esta colección.

Poderán presentar propostas de ESENCIAIS USC persoal docente e investigador da USC a título individual ou en grupos de ata un máximo de tres. Tanto no caso individual como no de grupo cómpre que polo menos unha das persoas participantes sexa profesorado con vinculación permanente da Universidade de Santiago de Compostela. Cada autor ou grupo de autores poderá presentar un máximo de dúas propostas.

2 Tipoloxía dos proxectos que se vaian presentar

Os proxectos de ESENCIAIS USC que se presenten a esta convocatoria deberán dirixirse preferentemente a fornecer de maneira didáctica e resumida conceptos esenciais dunha materia ou grupos de materias dos primeiros cursos de graos universitarios.

Valorarase tamén que poidan ser utilizados en estudos de bacharelato.

Deberán axustarse a calquera dos tres tipos de documentos en función do volume de información que conteñan:

A) 1 lámina (2 caras) tamaño A4 – caracteres máximos 15 000 (menos se se prevén ilustracións)

(2)

B) 2 láminas, díptico, (4 caras) tamaño A4 – caracteres máximos 30 000 (menos se se prevén ilustracións)

C) 3 láminas, tríptico, (6 caras) tamaño A4 – caracteres máximos 45 000 (menos se se prevén ilustracións)

Calquera destes tres tipos poderá ser reproducido en tamaño A3 se as necesidades de visualización ou deseño así o aconsellan.

É posible consultar os títulos xa publicados desta colección na seguinte ligazón:

https://www.usc.gal/libros/gl/136-esenciais

(3)

3 Criterios xerais de valoración

As propostas de ESENCIAIS USC, redactados en lingua galega, deberán dirixirse preferentemente aos colectivos indicados no punto 2 desta convocatoria.

Os criterios que valorará a Comisión de Normalización Lingüística do Claustro de maneira favorable na selección das propostas serán:

• Impacto na comunidade universitaria.

• Implicación dos autores tanto no que toca ao contido como ao uso do galego na docencia segundo o POD e a guía docente da materia ou materias para a cal se presenta a proposta

• Coincidencia con actuacións de promoción do uso do galego que o SNL considere prioritarias.

• Impacto no ensino non universitario.

• Calidade científica ou académica da proposta

• Calidade lingüística da proposta

• Nivel de acabado da proposta

A Comisión de Normalización Lingüística do Claustro procurará tamén que os títulos seleccionados cubran, na medida do posible, as cinco grandes áreas de coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela, así como os estudos que se ofrecen tanto no campus de Santiago coma no de Lugo.

4 Prazo e forma de presentación das propostas

O prazo de presentación das propostas de ESENCIAIS USC comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e rematará o día 31 de marzo de 2021 ás 14 horas.

Aquelas propostas que se presenten con posterioridade á finalización deste prazo quedarán automaticamente excluídas.

Cada proposta debe incluír:

a) Un título e un subtítulo

b) Nome, apelidos e departamento(s) de pertenza do(s) autor(es)

c) Contido completo da proposta de ESENCIAIS USC ou ben un resumo que o describa da mellor maneira posible

d) Materia(s), curso(s) e grao(s) en que o contido sería utilizable.

e) Guía docente das materias para as que se propón f) Plan de difusión, visibilización e emprego docente.

Terase en conta que, de se incluír gráficos, fotografías ou calquera tipo de ilustracións estas deben ser ou ben de autoría propia, ou posuír licenza creative commons. En caso de que isto non sexa posible deberase sinalar a necesidade dun profesional da

(4)

Todas as propostas irán dirixidas ao Vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade co envío da documentación dirixida vía correo electrónico ([email protected] ) como Presidente da Comisión de Normalización Lingüística do Claustro.

5 Resolución da convocatoria, selección dos proxectos e calendario de traballo A Comisión de Normalización Lingüística do Claustro valorará todas as propostas presentadas e fará unha selección daquelas quince que considere máis axeitadas antes do 15 de abril de 2021. A súa decisión será inapelable.

A aqueles Esenciais de áreas de coñecemento abranguidas polas diversas Seccións da Real Academia Galega de Ciencias asignaráselles por parte deste organismo un colaborador que velará pola calidade científica do texto.

A relación de propostas aceptadas farase pública no web do Servizo de Normalización Lingüística e comunicaráselles persoalmente aos seus propoñentes.

Os ESENCIAIS USC seleccionados deberán estar redactados e listos para ser impresos antes do 31 de maio de 2021 de acordo coas especificacións da colección que se lle enviarán ás propostas seleccionadas.

O incumprimento de calquera dos prazos sinalados nesta base supoñerá a exclusión do título en cuestión.

6 Publicación

A Universidade de Santiago de Compostela, a través do seu Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, publicará na colección ESENCIAIS USC os quince títulos seleccionados ao longo do presente ano 2021.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021 O reitor

P.D. (R.R. do 28 de xuño do 2018 – DOG 29 de xuño)

O Vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade

Gumersindo Feijoo Costa

(5)

Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature

Asinante/Firmante/Signer: GUIMERSINDO FEIJOO COSTA, VICERREITOR DE PLANIFICACION TECNOLOXIAS E SUSTENTABILIDADE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 05/03/2021 21:59:34.

CSV: 459B-F787-4AEA-A6DA

Referencias

Documento similar

Esta parte da exposición pretende facer un percorrido histórico sobre a creación e a evolución dos estudos de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, desde a

Pola súa parte, o Servizo de Publicacións da Universidade de Salamanca editou en 2014 un novo número da revista académica Historia de la Educación coa temática da

Duplo R é un programa de dinamización lingüística do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo dirixido á mocidade co obxectivo de promover entre mozos e mozas o

CSIC, A FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR CETMAR, A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA USC, A UNIVERSIDADE DE VIGO UVIGO E A UNIVERSIDADE DA CORUÑA UDC PARA A REALIZACIÓN DO

Presentación XOSÉ RAMÓN FREIXEIRO MATO Director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña 17 Aínda que estas xornadas sobre Lingua e Usos que agora

Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) Universidade de Santiago de Compostela.. 29 de novembro

Milagros Fernández Pérez (Universidade de Santiago de Compostela) Presentación do libro Lingüística de corpus e adquisición

De conformidade co Regulamento UE 2016/679 e a Lei Orgánica 3/2018, os datos serán incorporados pola Universidade de Santiago de Compostela ao tratamento denominado “Xestión