• No se han encontrado resultados

Nº 76

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Nº 76"

Copied!
10
0
0

Texto completo

(1)

Nome e apelidos: José María Irazusta Méndez.

DNI: 32758641-V.

Posto de traballo: xefatura de grupo dirección asistencial.

Nome e apelidos: Pedro A. Pazos Maneiro.

DNI: 52497359-C.

competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o director xerente da XAP de Pontevedra

ACORDA:

Primeiro.-Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de diversos postos de xefatura de persoal de xestión e servizos anunciado pola Resolución do 5 de marzo de 2009 (DOG nº 54, do 18 de marzo).

Segundo.-Unha vez analizadas todas as solicitudes presentadas e comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da convocatoria (Resolución do 5 de marzo de 2009, DOG nº 54, do 18 de marzo), nomear nos postos que se indican as persoas citadas no anexo I desta resolución.

Terceiro.-O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto.-A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase, por praza desempeñada a efectivamen- te ocupada, con independencia de que sexa en con- dición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorro- gados polo órgano convocante.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situa- ción polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto.-Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novem- bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alza- da ante a División de Recursos Humanos e Desenvolve- mento Profesional do Sergas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Pontevedra, 15 de abril de 2009.

Antonio Ángel Regueiro Martínez Director xerente de Atención Primaria

ANEXO

Posto de traballo: xefatura de servizo de servizos xerais e mantemento.

Nome e apelidos: Julio Gamallo Iglesias.

DNI: 35234514-D.

Posto de traballo: xefatura de servizo de xestión econó- mica.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resolución do 31 de marzo de 2009 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza de técnico superior de investigación, do grupo I, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decem- bro, de universidades, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir unha praza de técnico superior de inves- tigación do grupo I, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes bases da convo- catoria:

Primeira.-Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza de técnico superior de investigación do grupo I, do convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008) pola quenda de promoción inter- na e pola quenda de acceso libre.

1.2. Os procesos de selección de promoción inter- na e libre realizaranse separadamente, e será en pri- meiro lugar o de promoción interna. De non cubrir- se a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre.

1.3. Os aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso.

1.4. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustarase ao que se especifica no ane- xo I desta convocatoria.

1.5. A adxudicación da praza ao aspirante que supere o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida sumando ambas as dúas fases.

1.6. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

1.7. Estas probas selectivas axustaranse ao dispos- to na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público; na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función públi- ca; no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, da función pública de Galicia; no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o

(2)

Regulamento xeral de ingreso de persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos fun- cionarios civís da Administración xeral do Estado;

no Decreto 95/1991, do 20 de marzo; nos estatutos da USC, aprobados polo Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro, da Xunta de Galicia; no Convenio colectivo do persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008); na Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro) sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea; na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa inte- gración social (BOE do 12 de xaneiro), modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro (BOE do 23 de decembro), e nas bases desta convocatoria.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contra- to, os seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dalgún dos demais esta- dos membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado ao cal, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacio- nais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, e o dos nacionais dalgún estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sem- pre que non estean separados de dereito. Así mes- mo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Quen non sendo español nin nacional dun estado membro da Unión Europea, se encontre en España en situación de legalidade, sendo titular dun docu- mento que o habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral.

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter a idade de xubilación.

c) Estar en posesión do título de grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente. No caso de que o aspirante posúa unha titulación aca- démica estranxeira, para poder participar no proce- so selectivo, terá que ter homologado previamente o título de acordo co previsto na lexislación española.

d) Será requisito indispensable para o ingreso, ter acreditada a aptitude médica para o desempeño.

Para estes efectos o aspirante declarará ao cubrir a

solicitude de participación no proceso selectivo, que nesa data posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto e que non padece enfermidade física nin psíquica que lle impida realizar o traballo propio da categoría a que pretende incorporarse.

e) Non ter sido separado do servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expe- diente disciplinario, nin estar inhabilitado por sen- tenza firme para o exercicio da función pública.

f) Non estar sancionado coa suspensión do dereito a concorrer a probas selectivas, segundo o artigo 70 do Convenio colectivo para persoal laboral da USC.

g) Aboar as taxas por dereitos de exame, agás o previsto no punto 3.4.2. desta convocatoria para os discapacitados, para os membros de familias nume- rosas e para os demandantes de emprego.

2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ade- mais, os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de persoal laboral fixo da USC.

b) Estar prestando servizos con carácter definitivo ou en adscrición provisional.

c) Pertencer a unha categoría distinta que a da praza ofertada nesta convocatoria.

d) Ter unha antigüidade efectiva de, polo menos, seis meses como persoal laboral fixo na categoría á que pertenzan o último día do prazo de presentación de solicitudes.

Terceira.-Solicitudes.

3.1. Quen desexe participar nestas probas selecti- vas deberá solicitalo ao reitor da USC en instancia segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais conta- dos a partir do seguinte ao da publicación do anun- cio desta convocatoria no BOE.

Os aspirantes deberán facer constar na súa solici- tude a quenda pola que se inscriben, libre ou promo- ción interna, segundo corresponda.

A instancia presentarase acompañada da seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI ou pasaporte.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán pre- sentar:

-Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo.

-Declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

(3)

-De conformidade co disposto na base 6.5 da con- vocatoria, os aspirantes que estean exentos da reali- zación da proba previa de acreditación do coñece- mento do castelán, xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada dos diplomas de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) ou equivalente.

De non achegar esta certificación, non poderán ser declarados exentos, polo que deberán realizar a pro- ba a que se refire a base 6.5.

Os antigos diplomas de español nos seus niveis intermedio e superior serán equivalentes, para todos os efectos, aos diplomas previstos no Real decre- to 264/2008, nos seguintes termos:

a) O diploma de español (nivel intermedio) será equivalente ao diploma de español (nivel B2).

b) O diploma de español (nivel superior) será equi- valente ao diploma de español (nivel C2).

3.2. A documentación xustificativa dos méritos que se valoran na fase de concurso, será achegada no momento de presentar a solicitude, e non serán valorados méritos que non se atopen suficientemen- te acreditados documentalmente, nin os presentados fóra do prazo establecido para a presentación de solicitudes. A acreditación farase da seguinte maneira:

3.2.1. Certificación acreditativa dos servizos pres- tados, na cal conste a categoría e os períodos en que se prestaron, expedida pola unidade de persoal da Administración pública correspondente. Así mesmo, deberase indicar na epígrafe correspondente da soli- citude, se os servizos foron prestados na USC ou noutras administracións públicas.

3.2.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de for- mación e cualificación profesional.

3.2.3. A certificación acreditativa dos extremos indicados nos anteriores puntos 3.2.1. e 3.2.2. (cer- tificaranse os cursos que constan no expediente) expedirase de oficio para os aspirantes que presten ou prestasen servizos na USC e engadirase á solici- tude do aspirante.

3.2.4. Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presen- tación de solicitudes.

3.2.5. En calquera momento a Universidade pode- rá requirir dos aspirantes os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.

3.3. A presentación de solicitudes e da documen- tación indicada nos puntos anteriores farase no rexistro xeral da Universidade, situado na Reitoría da USC (Colexio de San Xerome, praza do Obradoi- ro s/n, Santiago de Compostela), no rexistro do Cam- pus de Lugo, situado no edificio de Servizos Admi- nistrativos e Biblioteca Intercentros (avda. Bernar- dino Pardo Ouro, polígono de Fingoi, 27002 Lugo) ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.4. Os dereitos de exame serán de 40,74 € que se ingresarán na conta de Caixa Galicia Oposicións número: 2091-0388-90-3110000646. Para realizar o ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.

En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.4.1. Serán excluídos todos aqueles aspirantes que non aboen os dereitos de exame dentro do prazo habilitado para a presentación de instancias, e non se concederá prazo ningún adicional para o abo- amento destes.

3.4.2. Estarán exentos do pagamento da taxa por dereitos de exame aqueles que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Tamén estarán exentos do pagamento, as persoas que sexan membros de familias numerosas clasifica- das na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50% da taxa, os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas cir- cunstancias deberán ser acreditadas documental- mente xunto coa solicitude, presentando copia orixi- nal ou compulsada da cualificación da minusvalidez ou do carné de familia numerosa, segundo corres- ponda.

Tamén estarán exentas as persoas que figuren como demandantes de emprego durante o prazo, polo menos, dun mes anterior á data de publicación des- ta convocatoria. Para o goce da exención será requi- sito que non rexeitasen, no prazo de que se trate, oferta de emprego adecuado nin se negasen a parti- cipar, agás causa xustificada, en accións de promo- ción, formación ou reconversión profesional e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómpu- to mensual, ao salario mínimo interprofesional.

A certificación relativa á condición de demandan- te de emprego, cos requisitos sinalados, solicitarase na oficina dos servizos públicos de emprego. A acre- ditación das rendas realizarase mediante unha declaración xurada ou promesa escrita do solicitan- te. Ambos os dous documentos deberán acompañar a solicitude.

3.4.3. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame aos aspirantes que sexan excluí- dos por causas non imputables a eles. Para tal efec- to o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer constar a entidade bancaria e o número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

3.5. Co fin de garantir a participación en condi- cións de igualdade, aquelas persoas cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% indicarán na

(4)

súa solicitude as necesidades de adaptacións espe- cíficas e o seu motivo.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitu- des, o reitor da USC ditará resolución pola que se declara aprobada a listaxe provisional de admitidos e excluídos. Na dita resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o lugar en que se atopa exposta ao público a listaxe completa de aspirantes admitidos e excluídos, na que constará o nome e apelidos dos excluídos, o número de DNI, así como as causas que motivaran a exclusión e o prazo para reparalas.

4.2. Os aspirantes excluídos ou que non figuren na relación de admitidos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión.

4.3. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xus- tificando o dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da reali- zación das probas.

4.4. Na resolución que aprobe a listaxe definitiva, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indi- carase o día, a hora e o lugar de realización do pri- meiro exercicio. Esta resolución esgotará a vía admi- nistrativa, e poderase interpoñer contra ela recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xuris- dición contencioso-administrativa, ou recurso potes- tativo de reposición diante do reitor no prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.5. O feito de figurar na listaxe de persoas admi- tidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión dos requisitos exixidos, que terán que acreditarse, no seu momento, de acordo co previsto na base 9 desta convocatoria.

Quinta.-Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 114/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Admi- nistración autonómica de Galicia.

O procedemento de actuación do tribunal axusta- rase en todo momento ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminis- tracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.2. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da USC.

5.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ao reitor da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das adminis- tracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos ante- riores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tri- bunal declaración escrita expresa de non estaren incursos nas circunstancias previstas no dito artigo.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os mem- bros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.4. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que vaian substituír os que teñan perdida a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.3.

5.5. Logo da convocatoria do presidente, constitui- rase o tribunal, coa asistencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na dita sesión, o tribunal acordará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.6. A partir da súa constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.7. Dentro da fase de oposición o tribunal resol- verá todas as dúbidas que puidesen xurdir na apli- cación destas normas así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.8. O órgano convocante, por proposta do tribu- nal, poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas correspon- dentes aos exercicios que coide pertinentes, limitán- dose os ditos asesores a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. Os devanditos asesores deberán posuír titulación de igual ou supe- rior nivel á exixida nesta convocatoria. O nomea- mento dos asesores farase público, e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación, ao igual que aos restantes membros do tribunal.

Así mesmo, o tribunal poderá dispoñer a incorpo- ración con carácter temporal doutros funcionarios para colaborar no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4º do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

5.9. O tribunal adoptará as medidas precisas para que os aspirantes a que se refire o punto 3.5. parti- cipen en condicións de igualdade. Para tal efecto, o órgano de selección poderá requirir, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administra-

(5)

ción laboral, sanitaria ou de órganos competentes da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar. Para os efectos de valorar a procedencia da concesión das adaptacións solicitadas, requirirase do candidato o correspondente certificado ou información adicio- nal. A adaptación non se outorgará de forma automá- tica, senón unicamente naqueles casos en que a dis- capacidade garde relación directa coa proba que se vai realizar.

5.10. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corri- xidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes.

O tribunal excluirá aqueles opositores que consig- nen o seu nome nas follas de exame trazos, marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

5.11. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron as probas selectivas un número supe- rior de aspirantes que o da praza convocada. Cal- quera proposta de aprobados que contraveña o esta- blecido será nula de pleno dereito.

Sexta.-Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra D, de confor- midade co establecido na Resolución do 29 de xaneiro de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para que acrediten a súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, e serán excluídos da oposición os que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e conside- rados polo tribunal.

6.4. A publicación dos sucesivos anuncios de rea- lización dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se fixese o primeiro deles así como na Reitoría da universidade, ou por calquera outro medio que se considere conveniente para asegurar a súa máxima divulgación, cunha antelación de, polo menos, vinte e catro horas á sinalada para a súa ini- ciación.

6.5. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñece- mento do castelán mediante a realización dunha pro- ba, na que se comprobará que posúen un nivel axei- tado de comprensión e expresión oral e escrita nes- ta lingua.

O contido desta proba axustarase ao disposto no artigo 3 do Real decreto 1137/2002, do 31 de outu- bro (BOE do 8 de novembro), para acreditar o nivel de competencia lingüística do diploma de español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualifi- carase de apto ou non apto; sendo necesario obter a valoración de apto para pasar a realizar os exercicios

da fase de oposición. Quedan eximidos de realizar esta proba os aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estaren en posesión do diplo- ma de español como lingua estranxeira, (nivel B2 ou nivel C2) e os estranxeiros nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español. De non achegaren esta documentación, non poderán ser declarados exentos, debendo, en consecuencia, realizar a proba descrita no parágrafo anterior.

6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes carece dos requisitos exixidos por esta convocatoria, logo da audiencia ao interesado, debe- rá propoñer a súa exclusión ao reitor da USC, comu- nicándolle tamén as inexactitudes e falsidades for- muladas polo aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.

Contra a exclusión do aspirante, poderá interporse recurso ante a mesma autoridade indicada no pará- grafo anterior, no prazo dun mes contado a partir da notificación da súa exclusión.

Sétima.-Listaxe de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará públicos, no lugar ou lugares de realización dos respectivos exer- cicios e naqueloutros que coide oportunos, a rela- ción dos aspirantes que teñan superado cada un deles, con indicación da puntuación obtida e do documento nacional de identidade.

7.2. Os aspirantes disporán de 3 días hábiles, con- tados a partir do día seguinte ao da realización de cada exercicio, para presentar reclamacións ás pre- guntas formuladas polo tribunal no correspondente exercicio.

7.3. Así mesmo, os aspirantes disporán de 7 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións do exercicio corres- pondente, para presentar reclamacións ás cualifica- cións.

7.4. A listaxe, coa valoración de méritos da fase de concurso, farase pública unha vez realizado o derra- deiro exercicio da fase de oposición.

7.5. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntua- cións correspondentes á fase de oposición máis a obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. No caso de empate, a orde de prelación será a seguinte: maior puntuación na fase de oposición, maior puntuación na fase de coñece- mentos específicos, maior idade e orde alfabética.

7.6. O tribunal fará pública, para cada quenda de acceso, a listaxe dos aspirantes que, segundo a orde da puntuación total acadada por cada un deles, fosen seleccionados, e que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ao da pra- za convocada. A dita relación, que será elevada polo tribunal ao reitor da universidade xunto coa propos- ta de contratación a favor do aspirante que figure

(6)

nela, será publicada no taboleiro de anuncios da Reitoría.

Oitava.-Listaxe de espera.

8.1. Elaboraranse listaxes de espera, tanto para promoción interna como para acceso libre, cos aspi- rantes que superen algún exercicio da fase de oposi- ción.

Para estes efectos, e co fin de determinar a opción por campus, os aspirantes presentarán a solicitude que figura como anexo V desta convocatoria, xunto coa solicitude de admisión as probas selectivas.

Novena.-Presentación de documentos.

9.1. No prazo de 20 días naturais, contados a par- tir do seguinte a aquel en que se fixese pública a relación definitiva de aprobados na Reitoría da uni- versidade, o aspirante que figure nela deberá pre- sentar no Servizo de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, rúa Nova, 6, Santiago de Compostela) a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI ou do documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Documento que acredite, de ser o caso, a resi- dencia legal en España.

c) Fotocopia compulsada do título exixido.

d) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non acharse inhabilita- do para o exercicio das funcións públicas, nin reali- zar actividade ou actividades suxeitas a incompati- bilidades. Os aspirantes de nacionalidade non espa- ñola deberán acreditar que non están sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

e) Certificado médico oficial acreditativo de que posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto e que non padece enfermi- dade física nin psíquica que lle impida realizar o traballo propio da categoría a que pretende incorpo- rarse.

9.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustifica- da, de presentar os documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condi- cións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

9.3. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requi- sitos sinalados na base 2, non poderá ser contratado como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

Décima.-Contratación como persoal laboral fixo.

10.1. Concluído o proceso selectivo, o aspirante que o superase, será contratado como persoal labo- ral fixo. A contratación efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de

publicación da resolución no Diario Oficial de Gali- cia.

10.2. O período de proba será de seis meses, durante os que o traballador terá os dereitos e obri- gas correspondentes ao posto de traballo que desem- peñe, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de cal- quera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable ao aspirante que con anterioridade estivese desenvolvendo funcións similares na USC.

Décimo primeira.-Adxudicación de posto de traballo.

11.1. O persoal con discapacidade igual ou supe- rior ao 33 por cento poderá pedir a adaptación do posto de traballo correspondente. A solicitude debe- rá ir acompañada dun informe expedido polo órgano competente na materia, que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuídas o posto.

Décimo segunda.-Norma derradeira.

Contra esta resolución, que esgota a vía adminis- trativa, poderá interpoñer recurso contencioso-admi- nistrativo perante a Sala do Contencioso-Adminis- trativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguin- te ao da súa publicación, de conformidade cos arti- gos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdición contencioso- administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolu- ción expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí- dico das administracións públicas e do procedemen- to administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2009.

Senén Barro Ameneiro

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela ANEXO I

Denominacion da praza: técnico superior de investigación Procedemento de selección

O sistema de selección será o de concurso-oposi- ción e constará das seguintes fases:

1ª fase: coñecementos específicos, de carácter eli- minatorio, para quendas de promoción interna e acceso libre. Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 120 preguntas tipo test con 3 respostas alternativas das que só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes

(7)

á fase de coñecementos específicos que figura no programa.

O tempo de duración será de 2 horas.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo do 60% do total das respostas correctas.

De conformidade co disposto no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función públi- ca de Galicia, este exercicio deberá realizarse exclu- sivamente en lingua galega.

Segundo exercicio: proba práctica consistente na adquisición e procesamento dun experimento dunha mostra proposta polo tribunal.

A proba consistirá en:

-Realizar de forma práctica o experimento nun espectrómetro de RMN coa mostra que se propoña.

-Optimizar os parámetros de adquisición do expe- rimento.

-Unha vez completada a adquisición dos datos do espectro, realizar un procesamento destes para obter o mellor espectro posible.

O tempo para a realización deste exercicio será dunha hora e trinta minutos.

A puntuación deste exercicio será de 0 a 30 pun- tos, e será necesario para superalo obter un mínimo de 15 puntos.

2ª fase: coñecementos non específicos:

Quenda de promoción interna.

Proba de lingua: de carácter obrigatorio e non eli- minatoria. Consistirá na tradución, sen dicionario, dun texto do castelán para o galego e doutro do gale- go para o castelán, elixido por sorteo entre tres pro- postos polo tribunal.

O tempo de realización deste exercicio será dunha hora, e valorarase de 0 a 5 puntos.

Quenda de acceso libre.

Terá carácter obrigatorio e non eliminatorio, cons- tará de dúas partes:

Primeira parte: consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 30 preguntas tipo test, con 3 respostas alternativas das que só unha será a correc- ta, propostas polo tribunal e correspondentes á par- te de coñecementos non específicos do programa.

A duración desta parte será de 40 minutos e valo- rarase de 0 a 5 puntos.

Segunda parte: proba de lingua. Consistirá na tra- dución, sen dicionario, dun texto do castelán para o galego e doutro do galego para o castelán, elixido por sorteo entre tres propostos polo tribunal.

O tempo de realización deste exercicio será dunha hora, e valorarase de 0 a 5 puntos.

Antes de cada exercicio, o tribunal deberá ter aprobados os criterios de avaliación e corrección e publicaraos antes da realización do exercicio. Cando as probas sexan tipo test, tanto para quenda de pro- moción interna como de acceso libre, en ningún caso as respostas incorrectas puntuarán negativamente.

Os aspirantes deberán presentarse para a realiza- ción de cada exercicio co DNI ou documento fide- digno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tri- bunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

3ª fase: concurso:

Quenda de promoción interna: máximo 35 puntos.

Experiencia:

* Na mesma categoría ou categoría equivalente nas administracións públicas, valorarase ata un máximo de 20 puntos, a razón de 0,40 puntos/mes.

Non se valorará o tempo traballado en categoría superior por atribución temporal de funcións.

* Experiencia noutra categoría nas administra- cións públicas: valorarase ata un máximo de 10 pun- tos, 0,08 puntos/mes.

Formación: valoraranse cursos de formación e per- feccionamento dispensados por centros e organismos oficiais ou debidamente homologados e que estean directamente relacionados co contido da praza, ata un máximo de 5 puntos, do seguinte xeito:

* Cursos de formación recibidos:

-Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora de duración do curso.

-Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora de dura- ción do curso.

* Cursos de formación impartidos: 0,03 pun- tos/hora.

* Cursos de formación de lingua galega recibidos:

-Curso de iniciación da lingua galega ou Celga 3:

0,01 puntos/hora.

-Curso de perfeccionamento da lingua galega ou Celga 4: 0,02 puntos/hora.

-Curso de linguaxe administrativa básico: 0,02 pun- tos/hora.

-Curso de linguaxe administrativa medio: 0,025 pun- tos/hora.

-Curso de linguaxe administrativa superior: 0,03 pun- tos/hora.

* Cursos de formación de lingua galega imparti- dos: 0,03 puntos/hora.

No caso de posuír os cursos de iniciación da lin- gua galega ou Celga 3 e perfeccionamento de lingua galega ou Celga 4, só puntuará o de perfeccionamen- to ou Celga 4. No caso de teren feitos varios niveis

(8)

do cursos de linguaxe administrativa só se valorará o de maior nivel.

Nos cursos en que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

Quenda de acceso libre: máximo 30 puntos.

Experiencia: máximo 25 puntos.

* Experiencia na mesma categoría ou categoría equivalente na USC, valorarase a razón de 0,40 pun- tos/mes.

* Experiencia na mesma categoría ou categoría equivalente noutras administracións públicas, valo- rarase a 0,10 puntos/mes.

* Experiencia noutras categorías da USC, valora- rase a 0,10 puntos/mes.

Formación: valorarase igual que para promoción interna, ata un máximo de 5 puntos.

Para a valoración da experiencia acreditada en categorías equivalentes noutras administracións públicas prevista na fase de concurso, e para a bare- mación das listaxes de espera, as dúbidas que xur- dan serán resoltas por unha comisión composta por dous representantes da Xerencia e dous en repre- sentación do Comité Intercentros. Esta comisión intervirá por petición do tribunal ou da unidade encargada da baremación das listaxes e poderá soli- citar información complementaria aos aspirantes en relación coas funcións e tarefas das categorías en cuestión, co fin de adoptar os acordos que procedan.

ANEXO II

Denominación da praza: técnico superior de investigación Programa

Primeira fase: coñecementos específicos:

1. Coñecementos avanzados de informática: proce- samento de textos, tratamento de sinais dixitaliza- dos, paquetes estatísticos e bases de datos.

2. Material electrónico, mecánico e de vidro de uso xeral nun laboratorio instrumental. Características.

Manipulación. Limpeza.

3. Servizos xerais de apoio á investigación. Aspec- tos que debe abranguer a oferta dun servizo xeral.

4. Aspectos máis importantes do manexo de mos- tras nun servizo xeral. Clasificación das mostras en función do seu risco.

5. Criterios para o seguimento da utilización dun equipo de servizos xerais. Procesamento de datos dun servizo xeral.

6. Criterios que hai que seguir nas boas prácticas de laboratorio.

7. Conceptos avanzados das técnicas espectroscó- picas, na determinación estrutural: resonancia mag- nética nuclear.

8. Aplicación de técnicas espectroscópicas á determinación da composición, estrutura e a dinámi- ca de compostos moleculares orgánicos, inorgánicos, biolóxicos e macromoleculares e de materiais sóli- dos e líquidos, e imaxe por resonancia magnética.

9. Ferramentas informáticas de adquisición e pro- cesamento de datos espectroscópicos.

10. Espectrómetros de RMN: descrición, uso, mantemento e aspectos prácticos.

11. Técnicas avanzadas de purificación e de pre- paración de mostras para a súa determinación por técnicas espectroscópicas.

12. Conceptos avanzados e aplicacións de croma- tografía líquida de alta resolución.

13. Conexión de técnicas de separación a técnicas espectroscópicas: HPLC-RMN.

14. Manipulación de gases inertes e inflamables a alta presión. Manipulación de líquidos crioxénicos.

15. Directiva 2004/40/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 29 de abril de 2004, sobre as dis- posicións mínimas de seguridade e de saúde relati- vas a exposición dos traballadores aos riscos deriva- dos dos axentes físicos (campos electromagnéticos) (décimo oitava directiva específica de acordo co número 1º do artigo 16 da Directiva 89/391/CEE).

Segunda fase: coñecementos non específicos:

1. A Constitución de 1978: estrutura e contido.

2. O acto administrativo: concepto, clases e ele- mentos. Requisitos e eficacia dos actos administra- tivos. Motivación e notificación, nulidade e anulabi- lidade dos actos administrativos.

3. O procedemento administrativo común. Inicia- ción, ordenación, instrución e terminación. A revi- sión dos actos en vía administrativa: revisión de ofi- cio. O silencio administrativo.

4. Os recursos administrativos.

5. Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballa- dores: dereitos e deberes laborais básicos. Clasifica- ción profesional e promoción no traballo. Mobilida- de funcional e xeográfica. Dos dereitos de represen- tación colectiva e de reunión dos traballadores na empresa. Da negociación dos convenios colectivos.

6. A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, e a Lei 4/2007, do 12 de abril, de universidades.

7. Dereitos e deberes lingüísticos na USC.

8. Creación e réxime xurídico das universidades públicas.

9. A Universidade de Santiago de Compostela (USC). Réxime económico e financeiro.

10. Órganos de goberno unipersoais e colexiados da USC. Clases e réxime xurídico do PAS.

11. Convenio colectivo do persoal laboral da USC.

(9)

ANEXO IV (POR TRIPLICADO) UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA SOLICITUDE DE ADMISIÓN A PROBAS SELECTIVAS PARA PERSOAL LABORAL 1. CONVOCATORIA 1.1. DENOMINACIÓN DAS PRAZAS CONVOCADAS Técnico superior de investigación

1.2. DATA DA PUBLICACIÓN ANUNCIO BOE: 1.3. SISTEMA DE ACCESO LIBRE PROMOCIÓN INTERNA 1.6. TAXAS Importe dereitos de exame 40,74 Exención de taxas discapacitado Exención de taxas desempregado Exención de taxas familia numerosa especial Bonificación 50% familia numerosa xeral

1.4. GRAO DE MINUSVALIDEZ ---------------%

1.5. RESERVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE SI NON 1.7. NO CASO DE MINUSVALIDEZ, ADAPTACIÓN QUE SOLICITA E MOTIVO: 2. DATOS PERSOAIS 2.1. NIF 2.2. PRIMEIRO APELIDO 2.3. SEGUNDO APELIDO 2.4. NOME 2.5. DATA DE NACEMENTO Día Mes Ano ~ ~ ~

2.6. PROVINCIA DE NACEMENTO 2.7. LOCALIDADE DE NACEMENTO2.8. TELÉFONO/CORREO ELECTRÓNICO 2.9. ENDEREZO 2.10. CÓDIGO POSTAL 2.11. MUNICIPIO2.12. PROVINCIA2.13. NACIONALIDADE 3. TÍTULOS ACADÉMICOS OFICIAIS EXIXIDOS NA CONVOCATORIA 4. SERVIZOS PRESTADOS SERVIZOS PRESTADOS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO: SI NON SERVIZOS PRESTADOS NOUTRAS ADMINISTRACNS PÚBLICAS: SI NON De proceder o reintegro de oficio dos dereitos de exame, transferiranse á seguinte conta: DATOS BANCARIOS (imprescindible cubrir os 20 díxitos) NOME ENTIDADE BANCARIA CÓD. BANCO CÓD. SUCURSAL D.C. NÚMERO DE CONTA LOCALIDADE BANCO OFICINA OU SUCURSAL CÓDIGO POSTAL Se non figurasen estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame. Quen asina abaixo solicita ser admitido/a ás probas selectivas a que se refire esta instancia e DECLARA que son certos os datos consignados nela, e que reúne as condicións exixidas para o ingreso na función pública e as especialmente sinaladas por esta convocatoria, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude. , de de 2009. (Sinatura) Este formulario non é válido sen o selo ou impresión mecánica da entidade bancaria. Ingreso na conta nº 2091-0388-90-3110000646. CAIXA GALICIA. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

12. A calidade na universidade española. Organis- mos que xestionan a mellora da calidade nas univer- sidades. Instrumentos utilizados para a xestión, mellora e avaliación da calidade universitaria: con- ceptos básicos.

13. A Declaración de Boloña. Integración do Siste- ma Universitario Español no Espazo Europeo de Educación Superior. O sistema de transferencia de créditos (ECTS). Principais elementos do crédito ECTS e a súa diferenza co actual sistema español. Os créditos ECTS e as cualificacións. Situación actual na Unión Europea en relación co crédito europeo.

14. Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas.

Nota: as referencias normativas deste programa poden verse afectadas polas modificacións que se produzan ata a data do exame.

ANEXO III

Denominación da praza: técnico superior de investigación Tribunal titular:

Presidente:

-Pedro García Moreno, xerente da USC.

Vogais:

-Francisco Javier Sardina López, catedrático de universidade do Departamento de Química Orgánica da USC.

-Beatriz Barral Montaña, persoal laboral do gru- po III da USC.

-Elena Pérez Carrillo, persoal laboral do grupo II da USC.

Secretario:

-José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actua- rá con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidente:

-Dulce María García Mella, vicexerenta da USC.

Vogais:

-Emilio Quiñoá Cabana, catedrático de universi- dade do Departamento de Química Orgánica da USC.

-Antonio González Gómez, persoal laboral do gru- po IV 1 da USC.

-Luis Llamas Sáiz, persoal laboral do grupo I da USC.

Secretaria:

-María Olga Pulleiro Rodríguez, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC, que actua- rá con voz e voto.

(10)

ANEXO V

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA LISTAXE DE ESPERA DERIVADA DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO POR RESOLUCIÓN REITORAL DO 31 DE MARZO DE 2009

1. DENOMINACIÓN DA LISTAXE DE ESPERA DERIVADA DE PROCESO SELECTIVO:

TÉCNICO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓN

ACCESO LIBRE

PROMOCIÓN INTERNA

2. OPCIÓN PARA CONTRATOS DE TRABALLO POR CAMPUS:

Marque cun X o recadro da súa opción

Campus Compostela Campus Lugo Campus Compostela e Lugo

3. DATOS PERSOAIS

3.1. NIF 3.2. PRIMEIRO APELIDO 3.3. SEGUNDO APELIDO 3.4. NOME

3.5. TELÉFONO 3.6. CORREO ELECTRÓNICO:

3.7. ENDEREZO

3.8. CÓDIGO POSTAL 3.9. MUNICIPIO 3.10. PROVINCIA

………., ……….. de ……… de 2009.

(Sinatura)

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO

CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

Edicto (4064/2009).

Por este edicto faise saber que, en providencia ditada no día da data por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador José Martín Guimaraens Martínez, en nome e represen- tación de Blanca Rodilla del Barrio, Blanca del Barrio Beloso, Ramón Rodilla del Barrio, Manuel Rodilla del Barrio, Javier Rodilla del Barrio, con- tra resolución do Ministerio de Fomento do 11 de outubro de 2007 (BOE do 27 de novembro) que

aprobou o proxecto de seguridade viaria, duplica- ción de calzada e ordenación de accesos N-VI, p.k.

586+200 ao 587+700. Tramo O Carballo-San Pedro de Nós, A Coruña. Clave 33-LC-3480 e contra silencio administrativo do recurso de alzada.

Recurso número: procedemento ordinario 4064/2009.

A publicación deste anuncio serviralles de empra- zamento ás persoas que non foron emprazadas per- soalmente e que teñan un dereito ou interese lexíti- mo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. De o faceren con posterioridade, serán consideradas parte para os trá- mites non precluídos.

A Coruña, 13 de marzo de 2009.

José Antonio Gallego García Secretario

Referencias

Documento similar

— Un/ha funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo do Concello de Marín ou de calquera outro Concello ou Administración Pública, pertencente a un corpo, escala ou

O pasado 19 de decembro de 2013 a Xerencia da USC presentounos unha proposta para a regularizar a contratación do persoal con cargo a actividades de I+D+i nesta

Durante o ano 2013, o persoal da Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” para cubrir as necesidades docentes e investigadoras demandadas, fixo 67 saídas ao campo en quendas de