• No se han encontrado resultados

ÓPTICA- A LUZ Problemas PAAU

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "ÓPTICA- A LUZ Problemas PAAU"

Copied!
16
0
0

Texto completo

(1)

ÓPTICA- A LUZ Problemas PAAU XUÑO-97

CUESTION 3. opA

Un raio luminoso que viaxa por un medio no que o índice de refracción é n, incide con certo ángulo sobre a superficie de separación dun segundo medio de índice n’ (n`>n). Respecto do ángulo de incidencia, o de refracción será: a) igual, b) maior, c) menor.

CUESTION PRACTICA. opB

Fai un esquema da práctica de óptica, situando o obxecto, a lente e a imaxe, debuxando a marcha dos raios.

SETEMBRO-97

CUESTION 3. opB

Nunha lente converxente, os raios que saen do foco obxecto: a) converxen no foco imaxe; b) emerxen paralelos, c) non se desvían.

XUÑO-98 --- SETEMBRO-98

CUESTION 3. opA

O atravesar unha lente delgada, un raio paralelo o eixe óptico. a) non se desvía; b) desvíase sempre, c) desvíase ou non dependendo do tipo de lente.

CUESTION PRACTICA. opB

Na práctica de óptica, ¿púidose e cómo determina-la distancia focal da lente? XUÑO-99

CUESTION PRÁCTICA

Nunha lente converxente, un obxecto atópase a unha distancia s maior que o dobre da focal (2f). Fai un esquema da marcha dos raios e explica qué clase de imaxe se forma (real ou virtual, dereita ou invertida) e qué ocorre co aumento.

SETEMBRO-99

CUESTION 3. opA

Cando se observa en dirección casi perpendicular un obxecto no fondo dun río a profundidade aparente observada: a) é maior ca real; b) menor ca real, c) igual á real.

XUÑO-00

CUESTION PRACTICA. opB

¿Qué clases de imaxes se forman nunha lente converxente si o obxecto se atopa a unha distancia inferior á focal?, ¿e si se atopa na focal?. Debuxa a marcha dos raios.

SETEMBRO- 00

CUESTION PRÁCTICA. opA

Cunha lente converxente deséxase formar unha imaxe virtual, dereita e aumentada. ¿Onde debe colocarse o obxecto?. Fai un esquema da práctica.

XUÑO-01

CUESTION PRACTICA. opA

Cunha lente converxente debuxa a marcha dos raios e o tipo de imaxe en cada un destes dous casos: a) si a distancia obxecto s e igual ó dobre da focal (2f); b) si a distancia obxecto é igual a focal (f).

SETEMBRO-01

CUESTION PRACTICA. opA

(2)

XUÑO-02

CUESTION PRÁCTICA. opA

Na práctica da lente converxente debuxa a marcha dos raios e o tipo de imaxe formada dun obxecto cando:

a) se sitúa entre o foco e o centro óptico; b) se sitúa no foco.

PROBLEMA 2. OpB

Un espello esférico forma unha imaxe virtual, dereita e de tamaño dobre co obxecto cando este está situado verticalmente sobre o eixe óptico e a 10 cm do espello. Calcula:

a) A posición da imaxe; SOL. s’= 20 cm.

b) O radio de curvatura do espello. Debuxa a marcha dos raios. SOL. r= -40 cm SETEMBRO-02

CUESTION 3. opA

Un raio luminoso que viaxa por un medio do que o índice de refracción é n1, incide con certo ántulo sobre

a superficie de separación dun segundo medio de índice de refracción n2 (n1>n2). Respecto do ángulo de

incidencia, o de refracción será: a) igual, b) maior; c) menor. CUESTION PRÁCTICA. opA

Nunha lente converxente, se se coloca un obxecto entre o foco e a lente, ¿cómo é a imaxe?. (Debuxa a marcha dos raios)

CUESTION 1 opB

Nun espello esférico convexo a imaxe que se forma dun obxecto é:

a) real invertida e de maior tamaño có obxecto, b) virtual dereita e de menor tamaño có obxecto; c) virtual dereita e de maior tamaño có obxecto.

XUÑO-03

CUESTION 3. opA

Nas lentes diverxentes a imaxe sempre é:

a) Dereita, maior e real; b) Dereita, menor e virtual; c) Dereita, menor e real. PROBLEMA 2. op B

Un obxecto de 3 cm de altura sitúase a 75 cm e verticalmente sobre o eixe dunha lente delgada converxente de 25 cm de distancia focal. Calcula:

a) A posición da imaxe; SOL. s’= 37,5 cm b) O tamaño da imaxe. SOL. y’= -1,5 cm (Fai un debuxo do problema)

SETEMBRO-03

CUESTION 1. opA

Cando se observa o fondo dun río en dirección casi perpendicular, a profundidade real con relación a aparente é:

a) Maior; b) Menor; c) A mesma. (Dato nauga>naire)

PROBLEMA 2. opB

O ángulo límite vidro-auga é de 60 º (na= 1,33). Un raio de luz que se propaga no vidro incide sobre a

superficie de separación cun ángulo de 45 º refractándose dentro da auga. Calcula: a) O índice de refracción do vidro;

b) O ángulo de refracción na auga. CUESTION PRACTICA. opB

¿Qué clase de imaxes se forman nunha lente converxente si o obxecto se atopa a unha distancia superior ó dobre da distancia focal?. Fai unha representación gráfica.

XUÑO-04

CUESTION 3. opA

Tres cores da luz visible, o azul, o amarelo e o vermello, coinciden en que:

a)posúen a mesma enerxía; b) posúen a mesma lonxitude de onda; c) propáganse no baleiro coa mesma velocidade.

(3)

CUESTION PRÁCTICA. opA

Na práctica da lente converxente explica si hai algunha posición do obxecto para a que a imaxe sexa virtual e dereita, e outra para a que a imaxe sexa real e invertida e do mesmo tamaño co obxecto. CUESTION 1. opB

O ángulo límite na refracción auga/aire é de 48,61º. Si se posúe outro medio no que a velocidade da luz sexa vmedio= 0,878 vauga, o novo ángulo límite (medio/aire) será:

a) maior; b) menor; c) non se modifica. SETEMBRO-04

PROBLEMA 2. opA

Un obxecto de 5 cm de altura, está situado a unha distancia x do vértice dun espello esférico cóncavo, de 1m de radio de curvatura; calcula a posición e tamaño da imaxe:

a) si x= 75 cm. SOL. s’= -150 cm; y’= -10 cm b) si x= 25 cm. SOL. y’= 50 cm; y’= 10 cm (nos dous casos debuxa a marcha dos raios) CUESTION 3. opA

A luz xerada polo Sol:

a) está formada por ondas electromagnéticas de diferentes lonxitudes de onda, b) son ondas que se propagan no baleiro a diferentes velocidades; c) son fotóns da mesma enerxía.

CUESTION 3. opB

Dous espellos planos están colocados perpendicularmente entre sí. Un raio de luz que se despraza nun terceiro plano perpendicular ósdous, reflíctese sucesivamente nos dous espellos; o raio reflectido no segundo espello, con respecto ó raio orixinal:

a) é perpendicular; b) é paralelo; c) depende do ángulo de incidencia. XUÑO-05

CUESTION PRÁCTICA. opA

Disponse dun proxector cunha lente delgada converxente, e deséxase proxectar unha transparencia de xeito que a imaxe sexa real e invertida e maior co obxecto. Explica cómo facelo; (fai un debuxo mostrando a traxectoria dos raios).

CUESTION 3. opB

Si o índice de refracción do diamante é 2,52 e o do vidro 1,27: a) a luz propágase con maior velocidade no diamante, b) o ángulo límite entre o diamante e o aire é menor que entre o vidro e o aire, c) cando a luz pasa de diamante a vidro o ángulo de incidencia e maior que o ángulo de refracción.

SETEMBRO-05

PROBLEMA 2. opA

Un espello esférico cóncavo ten un radio de curvatura de 0,5 m. Determina analítica e graficamente a posición e o aumento da imaxe dun obxecto de 5 cm de altura situado en dúas posicións diferentes

a) a 1 m do espello; SOL. s’= - 1/3 m; A = -1/3

b) a 0,30 m do espello. SOL. s’= - 1,5 m; A = - 5 CUESTION 2. opB

Cando a luz incide na superficie de separación de dous medios cun ángulo igual ó ángulo límite eso significa que: a) o ángulo de incidencia e o de refracción son complementarios; b) non se observa raio refractado; c) o ángulo de incidencia é maior que o de refracción.

CUESTION PRÁCTICA. OpB

Na práctica da lente converxente, fai un esquema da montaxe experimental seguida no laboratorio, explicando brevemente a misión de cada un dos elementos empregados.

XUÑO-06

PROBLEMA 2. op A.

Dado un espello esférico de 50 cm de radio e un obxecto de 5 cm de altura situados obre o eixe óptico a unha distancia de 30 cm do espello, calcula analítica e graficamente a posición e tamaño da imaxe:

a) Se o espello é cóncavo; SOL. s’= - 150 cm; y’= -25 cm b) Se o espello é convexo. SOL. s’= 13,6 cm; y’= 2,3cm CUESTION 3. op A.

Cando a luz atravesa a zona de separación de dous medios, experimenta: a) difracción, b) refracción, c) polarización.

CUESTION 3 op. B.

Nas lentes diverxentes a imaxe sempre é: a) dereita, menor e virtual; b) dereita, maior e real; c) dereita, menor e real

(4)

SETEMBRO-06

PROBLEMA 2. op A.

Un obxecto de 3 cm de altura colócase a 20 cm dunha lente delgada de 15 cm de focal;: calcula analítica e graficamente a posición e tamaño da imaxe;

a) se a lente é converxente; SOL. s’= 60 cm; y’= - 9 cm b) se a lente é diverxente. SOL. s’= - 8,6 cm; y’= 1,3 cm CUESTION 2. op A.

Na polarización lineal da luz: a) modificase a frecuencia da onda, b) o campo eléctrico oscila sempre nun mesmo plano, c) non se transporta enerxía.

CUESTION 2. op B.

A imaxe formada nos espellos é: a) real se o espello é convexo, b) virtual se o espello é cóncavo e a distancia obxecto é menor que a focal, c) real se o espello é plano.

CUESTION PRÁCTICA. op B.

Disponse dunha lente delgada converxente, describe brevemente un procedemento para coñecer o valor da súa focal.

XUÑO-07

CUESTIÓN 1

Se se desexa formar unha imaxe virtual, dereita e de menor tamaño que o obxecto, débese utilizar: a) un espello cóncavo; b) unha lente converxente; c) unha lente diverxente

CUESTIÓN 2

Unha onda electromagnética que se atopa cun obstáculo de tamaño semellante á súa lonxitude de onda: a) forma nunha pantalla, colocada detrás do obstáculo, zonas claras e escuras; b) polarízase e o seu

campo eléctrico oscila sempre no mesmo plano, c) reflíctese no obstáculo. SETEMBRO-07

CUESTIÓN 1

Cando un raio de luz incide nun medio de menor índice de refracción, o raio refractado a) varía a súa frecuencia; b) achégase á normal; c) pode non existir raio refractado CUESTIÓN 1

Se un feixe de luz láser incide sobre un obxecto de pequeno tamaño (da orde da súa lonxitude de onda): a) detrás do obxecto hai sempre escuridade; b) hai zonas de luz detrás do obxecto, c) reflíctese

cara o medio de incidencia XUÑO-08

1. Un obxecto de 3 cm está situado a 8 cm dun espello esférico cóncavo e produce unha imaxe a 10 cm á dereita do espello:

a) Calcula a distancia focal. SOL. f = -40 cm

b) Debuxa a marcha dos raios e obtén o tamaño da imaxe. SOL y’= 3,75 cm c) En qué posición do eixe hai que colocar o obxecto para que non forme imaxe?

2. Un obxecto de 3 cm de altura sitúase a 75 cm dunha lente delgada converxente e produce unha imaxe a 37,5 cm á dereita da lente:

a) Calcula a distancia focal. SOL. f = -25 cm

b) Debuxa a marcha dos raios e obtén o tamaño da imaxe. SOL. y’= -1,5 cm c) En qué posición do eixe hai que colocar o obxecto para que non forme imaxe. SETEMBRO-08

1. Si con un espello se quere obter unha imaxe maior co obxecto, habrá que emplear un espello: a) plano; b) cóncavo; c) convexo.

3. Un raio de luz incide desde o aire (n=1) sobre unha lámina de vidrio de índice de refracción n = 1,5. O ángulo límite para a reflexión total deste raio é: a) 41,8 º; b) 90º; c) non existe.

XUÑO-09

1. Unha onda luminosa: a) Non se pode polarizar;

b) A súa velocidade de propagación é inversamente proporcional ó índice de refracción do medio c) Pode non ser electromagnética.

2. Para obter unha imaxe virtual, dereita e de maior tamaño que o obxecto, úsase; a) Unha lente diverxente; b) Unha lente converxente; c) Un espello cóncavo.

(5)

SETEMBRO-09

1. Un obxecto de 1,5 cm de altura está situado a 15 cm dun espello esférico convexo de raio 20 cm, determina a posición, tamaño e natureza da imaxe:

a) Graficamente.

b) Analiticamente. SOL. Posición da imaxe: 6 cm; Tamaño da imaxe: 0,6 cm c) ¿Pódense obter imaxes reais cun espello convexo?

2. Un obxecto de 1,5 cm de altura sitúase a 15 cm dunha lente diverxente que ten unha focal de 10 cm; determina a posición, tamaño e natureza da imaxe:

a) Graficamente.

b) Analiticamente.SOL. Posición da imaxe: - 6 cm; Tamaño da imaxe: 0,6 cm c) ¿Pódense obter imaxes reais cunha lente diverxente?

XUÑO-10 OP A.

CUESTION C.3.

A luz visible abarca un rango de frecuencias que van desde (aproximadamente) 4,3·1014Hz (vermello) ate 7,5·1014Hz (ultravioleta); cál das seguintes afirmacións é correcta: a) a luz vermella ten menor lonxitude de onda que a ultravioleta; b) a ultravioleta é a mais enerxética do espectro visible; c) ambas aumentan a lonxitude de onda nun medio con maior índice de refracción co aire.

PRÁCTICA

Na práctica da lente converxente, debuxa a marchados raios si o obxecto se coloca:a) no foco, b) entre o foco e o centro óptico da lente.

OP. B

CUESTION C.2.

Si con un instrumento óptico se forma unha imaxe virtual, dereita e de maior tamaño que o obxecto, trátase de: a) unha lente diverxente; b) un espello convexo; c) unha lente converxente

SETEMBRO-10 OP. A

CUESTION C.1

Cando un raio de luz monocromático pasa dende o aire á auga (nagua = 4/3), prodúcese un cambio: a) na

frecuencia; b) na lonxitude de onda; c) na enerxía. CUESTION C.2.

No fondo duna piscina hai un foco de luz. Observando a superficie da auga veríase luz: a) en toda a piscina; b) só no punto enriba do foco; c) nun círculo de raio R arredor do punto enriba do foco

CUESTION C.4

Cun banco óptico de lonxitude l, obsérvase que a imaxe producida por unha lente converxente é sempre virtual. Explica qué ocorre.

(6)

ÓPTICA- A LUZ

PROBLEMAS

1.- Un raio luminoso incide na superficie dun bloque de vidrio cun ángulo de incidencia de

50º. Calcular as direccións dos raios:

a) reflectido

b) refractado

DATO: O índice de refracción do vidrio é 1’50

SOLUCIÓN

a) O raio reflectido forma coa normal un ángulo de 50º, igual ó de incidencia i

b) O raio refractado formará coa normal un ángulo r

Como o índice de refracción respecto do aire n = n

vidro

/n

aire

= sen i /sen r

1’5 = sen 50º/ sen r

sen r = 0’511  r = 30’7º

2.- Un espello esférico cóncavo ten un radio de curvatura de 1’5 m. Determinar:

a) a posición da imaxe dun obxeto situado diante do espello a unha distancia de 1 m.

b) a altura da imaxe, dun obxeto real de 10 cm de altura.

SOLUCIÓN

A distancia focal é igual a mitade do radio de curvatura do espello f = R/2 ;

como o espello é cóncavo, o seu radio de curvatura é negativo

f = - 1’5 m/2 = - 0’75 m

a) A posición da imaxe obtémola a partir da ecuación fundamental dos

espellos esféricos:

1/s’ + 1/s = 1/f ; 1/s’ + 1/(-1) = 1/( - 0’75)  s’ = - 3 m

(7)

b) O tamaño da imaxe obtémolo a partir da ecuación do aumento lateral:

M

L

= y’ / y = - s’ / s ; y’ / 0’1 = - (- 3) / (- 1)  y’ = - 0’3 m

Como y’ é negativa, a imaxe é invertida e, neste caso de maior tamaño que o

obxecto.

3.- Un obxecto de 6 cm de altura está situada a unha distancia de 30 cm dun espello esférico

convexo de 40 cm de radio. Determinar:

a) a posición da imaxe.

b) o tamaño da imaxe.

SOLUCIÓN

0’4 /2 = 0’2 m = f

a) 1/ s’ + 1/(-0’3) = 1 / 0’2  s’ = 0’12 m  a imaxe é virtual xa que s’ é

positivo

b) y’ / 0’06 = - (0’12) / (- 0’3) = 0’024 m  a imaxe é dereita, xa que y’ é

positivo, é de menor tamaño

4.- Un obxecto de 4 cm de altura, está situado 20 cm diante dunha lente delgada converxente

de distancia focal 12 cm. Determinar:

a) a posición da imaxe.

b) o tamaño da imaxe.

SOLUCIÓN

a) A posición da imaxe calculámola a partir da ecuación fundamental das

lentes delgadas

1/s’ - 1/s = 1/f’  1/s’ – 1/(-0’2) = 1/0’12  s’ = 0’3 m

a imaxe é real xa que s’ é positiva

b) O tamaño da imaxe obténse aplicando a ecuación do aumento lateral da

lente M

L

= y’ / y = s’ / s

y’ / 0’04 = 0’3 / (- 0’2)  y’ = - 0’06 m

(8)

5.- En qué posicións se poderá colocar unha lente converxente de + 15 cm de distancia focal

imaxe, para obte-la imaxe dun obxecto sobre unha pantalla situada a 80 cm de él.

SOLUCIÓN

A suma dos valores absolutos de s e s’ será 80 cm; tendo en conta que s’ e

positivo s negativo, teremos que s’ = 0’8 + s

Aplicando a ecuación das lentes

1/(0’8 + s) - 1/s = 1/ 0’15  s

2

+ 0’8 s + 0’12 = 0

s = - 0’2 m y s = - 0’6 m

As dúas posicións son a 20 cm e 60 cm do obxecto

6.- a) ¿Cal é a potencia dun sistema formado por unha lente converxente de 2 dioptrìas e

outra diverxente de 4’5 dioptrías?

b) ¿Cal é a distancia focal do sistema?

SOLUCIÓN

a) P = P

1

+ P

2

= 2 + (- 4’5) = - 2’5 dioptrías

b) P = 1/ f’  f’ = 1/ (- 2’5) = - 0’4 m

CUESTIÓNS

1.- A teoría ondulatoria de Huygens sobre a natureza da luz vén confirmada polos

fenómenos:

a. Reflexión e formación de sombras.

b. Refracción e interferencias.

c. Efecto fotoeléctrico e efecto Compton.

SOL.: b

Huygens explicou a reflexión e a refracción da luz a partir da consideración de

que no foco luminoso se orixina unha fronte de ondas que se propaga polo

(9)

espacio. A enerxía estaría distribuída uniformemente por todo o frente de

ondas.

2.- Cando un raio de luz pasa do aire a auga, non cambia a:

a. Velocidade de propagación.

b. Frecuencia.

c. Lonxitude de onda.

SOL.: b

Cando un raio de luz cambia de medio, está a modifica-la súa velocidade de

propagación xa que se altera a súa lonxitude de onda. A frecuencia non cambia

porque o foco emisor é o mesmo, e a frecuencia depende dese foco emisor. No

paso do aire á auga prodúcese un cambio nas características do medio de

propagación, polo tanto, do espacio e nas características espaciais da onda,

pero non nas temporais. As características exclusivamente temporais dunha

onda son frecuencia e período.

3.- Para afeitarse, unha persoa precisa ve-la súa imaxe dereita e do maior tamaño

posible.¿Que clase de espello debe usar?

a. Plano.

b. Cóncavo.

c. Convexo

SOL.: b

Deberá empregar un espello que permita a obtención de imaxes aumentadas,

de aí que o espello deba ser cóncavo, colocándose entre o foco e o punto O.

Dita construcción corresponde a unha distancia entre obxecto e espello inferior

á distancia focal

4.- Cando a luz pasa dun medio a outro de distinto índice de refracción, o ángulo de

refracción é:

a. Sempre maior que o de incidencia.

b. Sempre menor que o de incidencia.

c. Depende dos índices de refracción.

(10)

SOL.: c

Aplicando a 2ª lei de Snell: n

1

.sen

1

= n

2

sen

2

=> n

1

/ n

2

= sen

2

/sen

1

A relación entre os ángulos dependerá da relación dos índices de refracción.

5.- Nas lentes diverxentes a imaxe sempre é:

a) Dereita, menor e virtual.

b) Dereita, maior e real.

c) Dereita, menor e real.

SOL.: a

Dacordo coa representación gráfica:

6.- Nas lentes converxentes a imaxe é:

a. Dereita, menor e virtual.

b. Dereita maior e real.

c. Depende da posición do obxecto.

SOL.: c

Dependerá da posición relativa do obxecto respecto do foco e do centro da

lente.

(11)

Depende da posición do obxecto, xa que se está máis separado da lente que 2

veces a distancia focal, terá unha imaxe real, invertida e menor. Cunha

separación igual a 2f, a imaxe será real, invertida e do mesmo tamaño. Se está

situado entre f e 2f, a imaxe será real, invertida e maior. Para distancias

menores, a imaxe é virtual, dereita e maior.

7.- Dispomos dun espello convexo de radio de curvatura 1 m. ¿Como é a imaxe dun obxecto

real?.

a. Real, invertida e de menor tamaño.

b. Virtual, invertida e de maior tamaño.

c. Virtual, dereita e de menor tamaño.

SOL.: c

De acordo coa marcha dos raios:

8.- O efecto fotoeléctrico, ¿que tipo de característica da luz pon de manifesto ?

a. O seu carácter corpuscular.

b. O seu carácter ondulatorio.

c. Ningún dos dous.

SOL.: a

Manifesta o carácter corpuscular ó actuar os raios de luz como partículas

(fotóns) que impactan de xeito cuantizado contra os electróns. Segundo a

teoría fotónica de Einstein, que permite explica-lo efecto fotoeléctrico, a luz é

un fluxo contínuo de partículas, sen masa en repouso, chamadas fotóns, cunha

enerxía relacionada coa frecuencia segundo E= h



9. ¿De que depende a emisión de fotoelectróns nunha célula fotoeléctrica?.

a. Da intensidade da luz incidente.

b. Da frecuencia da luz incidente.

c. Da distancia entre os electrodos.

SOL.: b

A emisión de fotoelectróns dependerá de que a enerxía dos fotóns incidentes

sexa superior a un valor umbral carácterístico para cada metal. Dita enerxía

depende da frecuencia segundo a ecuación de Planck: E= h

.

(12)

A emisión ou non de electróns depende da frecuencia da luz incidente, isto é,

da enerxía de cada raio dos que impacta. Só unha vez cumprido un mínimo de

enerxía por raio, extraeránse máis electróns canto máis intensidade de luz se

dispoña.

10. Ó colocar un obxecto a 15 cm de distancia dunha lente converxente de 30 cm de distancia

focal. A imaxe formada é:

a. Real, invertida e aumentada.

b. Virtual, dereita e aumentada.

c. Real, dereita e reducida.

SOL.: b

Facendo a marcha dos raios correspondente resultará que a imaxe será virtual,

dereita e aumentada.

11. Nos autobuses urbanos colócase un espello sobre a porta para que o conductor poida

observa-lo interior do autobús na súa totalidade. ¿Como é o espello?.

a. Cóncavo.

b. Convexo.

c. Plano.

SOL. b.

(13)

A solución é escollida de tal xeito que en calquera caso, a imaxe dun obxecto

se vexa na área espellada, para o que é necesario reduci-lo tamaño da imaxe

respecto do obxecto, cousa que se consegue cos espellos convexos.

12.- As gafas de corrección da miopía usan lentes que son:

a. Converxentes.

b. Diverxentes.

c. Doutro tipo.

SOL.: b

As lentes de corrección da miopía úsanse para que unha imaxe que se forma

adiantada se forme máis atrás no ollo, evitando forza-lo mesmo e a mala

visión en caso de non poder forzalo de xeito suficiente. Para isto necesitan

facer diverxe-los raios de luz que inciden nelas.

13.- Queremos facer pasar un raio de luz a través dun vidro, de xeito que non se desvíe. Terá

que ser:

a. Unha lente plana paralela, en calquera posición.

b. Non se pode facer.

c. Calquera lente, atravesándoa polo eixe óptico.

SOL.: c

Toda lente, ó ser atravesada por un raio no seu eixe óptico, non o desvía, pois

implica que as superficies que ten que atravesar son perpendiculares ó raio

incidente.

14.- Unha lámpada está acendida nun flexo que ten unha pantalla reflectora en forma de

pirámide de cono truncada. A razón é:

a. Iluminar por igual en toda a superficie.

b. Concentrar a maior potencia luminosa posible sobre a superficie iluminada.

c. Evitar deslumbramentos.

SOL.: b

A pantalla reflicte parte da luz que, doutro xeito, sería inservible para o uso

que se lle quere dar, concentrándoa sobre a superficie iluminada e aumentando

a intensidade luminosa nela. O apartado c tamén é certo, se ben parte do

malestar visual deste tipo ten outras causas, como o reflexo no papel, por

exemplo.

15.- Dous raios de luz inicialmente paralelos, crúzanse despois de atravesar unha lente. Eso

pode darse en caso de que teñamos:

(14)

a. Unha lente de vidro cóncava en aire.

b. Un oco cóncavo cheo de aire no interior dunha masa de vidro.

c. Necesariamente con outra disposición diferente das anteriores.

SOL: b

Cando os índices de refracción da lente e o medio "externo" de transmisión

intercambian os seus valores, o efecto que produce tamén se invirte. Estamos

afeitos a ter lentes de vidro actuando no aire, e en tal caso actuarán como

lentes diverxentes. Pero, se o índice de refracción interior é menor que o

exterior, entón o efecto é o contrario: son lentes converxentes.

16.- O ángulo formado polo raio incidente e o reflectido nun espello é

. Se o espello rota un

ángulo

nun eixe perpendicular ó formado polos dous raios anteriores, o novo ángulo que

formarán entre eles é:

a)



b)



2

c)



SOL.: b

Cando o espello rota, varía o ángulo de incidencia no mesmo valor que o

ángulo de xiro. Como na reflexión se cumpre que o ángulo de incidencia e o

de reflexión son iguais, a separación entre ambos varía ese mesmo valor dúas

veces.

A ter en conta que se o ángulo é en sentido contrario, poden "cambiarse de

lado" os raios incidente e reflectido, así como se o ángulo de incidencia

chegara a 90º, entón xa non incidiría e polo tanto non se reflectiría.

(15)
(16)

Referencias

Documento similar

Para seleccionar a cámara principal ou outra fonte de vídeo do sitio local ou remoto, como cámaras de documentos, portátiles, videocasetes ou reprodutores de DVD, pódese empregar

SEGUNDO.— En la demanda rectora del presente procedimiento se pretende en síntesis que se compute en la base reguladora de la prestación de jubilación los periodos consignados

Vista parcial de la foto anterior, donde se pueden observar los niveles cuarciticos inter- calados

dente: algunas decían que doña Leonor, "con muy grand rescelo e miedo que avía del rey don Pedro que nueva- mente regnaba, e de la reyna doña María, su madre del dicho rey,

Entre nosotros anda un escritor de cosas de filología, paisano de Costa, que no deja de tener ingenio y garbo; pero cuyas obras tienen de todo menos de ciencia, y aun

De Beers (ordinarias). Central Spining Powrodiíik. Mavo, en Bilbao. Junio, en Newcastle pai-a Barcelona. Julio,'en ,\rgel para Cardiff. Noviembre, de Newport para Génova,

merece, aunque es corto premio,' efta cadena. Quien duda.' ; Mese.Vivas mas años que un cuervo. Si ay conocimiento en tí. proprio , que de mi.. Pocas veces vi hablar poco

signe antropólogo, trazó un admi- rable cuadro del estado de los eo nocimientos acerca de orígenes y evolución del hombre americano y de lo.9 pueblos de aquel' conti nente, y