ÍNDICE
1. Presentación do centro ... 2
2. Política de calidade do centro ... 9
3. Estrutura para o desenvolvemento do SGIC ... 11
4. Mapa de procesos ... 18
5. Indicadores ... 21
Este capítulo ten por obxecto a exposición dos estudos que son impartidos na Facultade de Filosofía da USC, así como da estrutura organizativa deste centro, do persoal académico e de apoio, dos regulamentos e normas e outros aspectos que resultan relevantes a efectos para a implantación do seu SGIC.
1.2.1
PRESENTACIÓNNo conxunto do territorio galego existe unha única facultade adicada íntegramente ao ensino desta disciplina, a Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. Os estudos de Filosofía nesta Universidade comezaran no curso 1973-74 no seo da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación, con título independente a partir de inicios dos 90.
Posteriormente, a Facultade de Filosofía xurdíu como consecuencia do desdobramento da mencionada Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación e comezou a súa andaina no curso 1996-97. A partir do curso 2009-10 comenzaron a impartirse as titulaciones de grao e máster adaptadas a Boloña.
No curso 2005-06 produciuse o traslado do enderezo da Facultade, que anteriormente se atopaba no último edificio do Campus Sur, á Praza de Mazarelos no casco vello de Santiago de Compostela. Esta localización céntrica contribúe á dinamización da vida académica e cultural da Facultade.
PRESENTACIÓN DO CENTRO
1.1. OBXECTO
Os títulos que na actualidade se atopan vencellados á Facultade de Filosofía son os seguintes:
• Grao en Filosofía
• Máster en Filosofía: Coñecemento e cidadanía.
• Máster en Filosofía: Cuestións Actuais (en extinción con dereito a exame e defensa de TFM).
• Máster Interuniversitario en Lóxica e Filosofía da Ciencia (3ª edición) (en extinción con dereito a exame e defensa TFM).
• Contamos así mesmo con estudos de doutoramento conforme aos seguintes programas:
Doutoramento en Filosofía conforme á oferta de estudos do RD 99/2011, curso 2014/15.
Doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia (2ª edición).
1.2.2
ORGANIGRAMAA Facultade de Filosofía é dirixida polo Equipo Decanal. Este leva adiante, a súa xestión ordinaria e se encarga da execución dos acordos tomados para a axeitada marcha da actividade da Facultade.
A súa acción está rexida pola Normativa da USC e polo Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Filosofía.
A Equipa Decanal asume as seguintes funcións, que reparte entre os seus membros como se detalla abaixo, salvo que ocasionalmente se decida algo diferente:
• Decana/o: Leva adiante a representación pública da Facultade de Filosofía; a coordinación do conxunto dos órganos da Facultade, a xestión ordinaria do centro e a súa dirección, é o Responsable Académico de Mobilidade e ten ao seu cargo o conxunto de responsabilidades directivas non asignadas á/ao
Vicedecana/o e á Secretaria/o.
• Vicedecana/o: ten o cargo de Responsable de Calidade do Centro, é tamén o responsable de sostenibilidade do centro e a sustitución das funcións da/o Decana/o cando sexa requerido.
• Secretaria/o: é a persoa responsable de dar fe dos actos e acordos dos órganos de goberno do centro, da expedición das certificacións dos acordos; é responsable da elaboración dos horarios das materias e os calendarios de exames, e así mesmo de velar pola apertura e peche das actas de avaliación en tempo e forma.
A maneira na que se estructura a dirección e toma de decisións do Equipo Decanal e dos demais órganos da facultade (identificados no seguinte punto) pode ser representada de maneira visual no organigrama gráfico da Facultade de Filosofía que se reproduce a continuación:
1.2.3
ÓRGANOS DE GOBERNO. COMISIÓNS. DEPARTAMENTOS IMPLICADOS NA DOCENCIAOs órganos de goberno, comisións e departamentos que actúan na Facultade de Filosofía son os que se detallan a continuación:
Xunta de Facultade
É o órgano colexiado de goberno da Facultade, e como tal, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito desta, e supervisa a actividade dos seus órganos de dirección e xestión.
A súa composición é a seguinte:
• A/o decana/o
• A/o vicedecana/o
• A/o secretaria/o
• A/o Reponsable de Unidade do Centro
• Todo o profesorado con vinculación permanente á USC con docencia no centro
• Unha representación do resto do PDI, que non exceda do 10 % do total da Xunta
• Unha representación do estudiantado do 32 %.
• Unha representación do PAS censado en el centro, nunha proporción do 7 % da Xunta, cun mínimo de dous
Da Xunta de Facultade emanan as seguintes comisións:
*Comisión Permanente
Está subordinada á Xunta de Facultade como unha comisión delegada: a Xunta delega nesta algunhas de súas competencias, debendo informarse das súas actuacións na Xunta que segue a estas. Os seus acordos poden ser modificados, ratificados ou anulados polo pleno de da Xunta. Está composta como segue:
• O/a decano/a
• O/a vicedecano/a
• O/a secretario/a
• O/a Responsable de Unidade do Centro
• Unha representación proporcional dos distintos sectores integrantes da Xunta, que incluirá
o ao/á director/a e o/a secretario/a do departamento;
o 2 estudantes de 1º e 2º ciclo;
o 1 estudantes de 3º ciclo;
o 1 axudantes e bolseiros/as; e
*Comisión de título
Establécense para cada un dos títulos oficiais impartidos na Facultade.
A comisión de título deberá informar das súas actuacións na Xunta de Facultade seguinte as súas reunións. Os seus acordos poden ser modificados, ratificados ou
anulados polo pleno da Xunta de Facultade.
A súa composición detállase mais abaixo no punto 3.4.4 “Comisión/s de título/s”.
As competencias da comisión de título de Grao en Filosofía serán asumidas pola comisión de calidade do Centro.
*Comisións Delegadas da Xunta de Facultade
Son comisiones estables de asesoramento, que actúan por delegación da Xunta de Facultade. A súa función é emitir informes, coordinar, estudar e elaborar propostas de carácter operativo sobre os asuntos que lles fosen encomendados polo Regulamento ou os órganos competentes de goberno da Facultade. Están subordinadas á Xunta de Facultade.
*Comisión de Docencia e Investigación
*Comisión de Validacións
*Comisión de Asuntos Económicos
*Comisión de Normalización Lingüística
*Comisión de Horarios
*Comisión de Igualdade de Xénero
*Comisión Cultural
*Comisión de Calidade
As comisións anteriores na súa composición axustaranse as directrices recollidas no regulamento de réxime interno da Facultade de Filosofía: http://www.usc.es/gl/centros/filosofia/normativa.html
A Xunta de Facultade e as comisións indicadas arriba réxense pola normativa da USC e polo Regulamento de réxime interno da Facultade de Filosofía.
*Comisión da Biblioteca
A súa composición e funcións veñen fixadas polo Regulamento da Biblioteca da USC. Actúa na Facultade en coordinación co Decanato e o Departamento de Filosofía e Antropoloxía. Para alén da normativa da USC, rixe nesta comisión o Regulamento da Biblioteca Universitaria da USC.
*Consello do Departamento de Filosofía e Antropoloxía
Ríxese pola normativa da USC.
1.2.4
REGULAMENTOS E NORMASOs regulamentos e normas de carácter interno da Facultade de Filosofía, aos que hai que atender para o desenvolvemento do SGIC son os seguintes:
• O Regulamento de réxime interno da Facultade de Filosofía. • A Memoria do título de Grao en Filosofía da USC.
• A Memoria do título do Máster en Filosofía: Coñecemento e cidadanía
No punto 3.3. “Documentación de referencia” atópanse as ligazóns aos documentos deste regulamento e memorias.
1.2.5
DATOS DE IDENTIFICACIÓNOs datos de identificación relativos á Facultade de Filosofía son os que se indican na táboa seguinte:
RAZÓN SOCIAL Universidade de Santiago de Compostela, Colexio de San Xerome, Praza. do Obradoiro s/n. 15782 Santiago de Compostela
DOMICILIO SOCIAL:
Praza de Mazarelos
15782 Santiago de Compostela
C. I. F. (DA USC) Q1518001A
E-MAIL [email protected] TELÉFONO 981521500 981563100 extensión 12509 881812509 TELEFAX 981547019
A Facultade de Filosofía desenvolve a súa política de calidade a través do seu plan estratéxico, a súa programación plurianual e o plan anual de melloras, que se elaborarán e aprobarán de acordo co establecido no proceso PE-01, Política e Obxectivos de Calidade do centro.
Para evidenciar o compromiso da dirección con esa política de calidade, cada equipo directivo, por medio do decano/a, subscribirá o documento que se achega, o cal será divulgado polos medios de información pública correspondentes.
A Facultade de Filosofía é consciente da importancia que ten a calidade no contexto universitario para garantir programas formativos que dean resposta ás demandas de excelencia no contexto universitario.
Tomando como referencia a política de calidade da USC (enmarcada dentro do despregamento do seu Plan Estratéxico e o Plan de Calidade) a Facultade elabora a súa política marcándose como principal obxectivo desta o desenvolvemento de programas formativos que estean avalados por unha xestión de calidade como elemento clave e estratéxico para establecer un compromiso de máxima eficacia cos nosos grupos de interese.
Esta Facultade quere ser recoñecida no contexto universitario e social por desenvolver programas formativos que garanten a mellor e máis adecuada formación para os seus estudantes, que dan resposta ás demandas do mercado laboral, tecnolóxico e investigador, que garanten as condicións de desenvolvemento profesional axeitadas ao seu persoal docente, investigador e de servizos e que rende contas do investimento e optimización dos seus recursos.
Esta Facultade dirixe os seus esforzos cara á plena consecución da satisfacción das necesidades e expectativas de todos os seus grupos de interese e co fin de satisfacelos, comprométese a empregar todos os recursos técnicos, económicos e humanos á súa disposición; sempre dentro do estrito cumprimento dos requisitos legais aplicables, tanto a nivel autonómico como estatal e europeo.
Por todo iso, esta Facultade adquire o firme compromiso de garantir a calidade e establece a súa política baixo estes principios:
• Responsabilidade: proporcionar unha formación dirixida cara á excelencia garantindo unha oferta académica acorde coas necesidades e expectativas dos nosos usuarios e da sociedade en xeral.
• Optimización dos recursos: tendo en conta que os recursos materiais e humanos son sempre escasos -asumida a “excelencia” como obxectivo primordial- e máis aínda nos graves tempos de crise que estamos a vivir, a optimización dos recursos efectivamente dispoñibles constitúe unha fundamental esixencia imposta polo máis elemental sentido da moral pública.
• Integración, participación e igualdade: esta facultade establece como un dos principios claves da súa política que todas as necesidades dos seus grupos de interese sexan atendidas e que todos participen no desenvolvemento da Facultade de Filosofía,a través das vías establecidas para iso, garantindo a accesibilidade, a participación e a igualdade.
• Orientación ao alumno: este Centro garante no seu programa formativo a orientación ao alumno entendendo que é o principal receptor deste.
• Excelencia: o traballo da Facultade de Filosofía realízase tendo como meta alcanzar a excelencia que marcan os principais modelos de calidade universitaria e as principais Escolas e Facultades recoñecidas.
• Transparencia: Esta Facultade basea a xestión do seu programa formativo na transparencia nos seus resultados e na difusión destes aos seus grupos de interese.
A dirección da Facultade adquire o compromiso permanente coa mellora continua do seu programa formativo, para o cal o/a decano/a subscribe este documento de política de calidade o día ____________________
O obxecto deste capítulo é indicar a estrutura que a Facultade de Filosofía estableceu para lograr o desenvolvemento e cumprimento dos obxectivos marcados no seu Sistema de Garantía Interna da Calidade.
O ámbito de aplicación do SGIC na Facultade de Filosofía ten en conta a totalidade das titulacións impartidas nela, que, como se indicou arriba, na actualidade (durante o curso 2016-2017) son os seguintes:
• Grao en Filosofía
• Máster en Filosofía. Coñecemento e Cidadanía • Máster en Filosofía: Cuestións Actuais, en extinción.
• Máster Interuniversitario en Lóxica e Filosofía da Ciencia (3ª edición), en extinción.
• Programas de Doutoramento en Filosofía e Doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia.
• Normativa xeral estatal, autonómica e da USC. • O Manual do SGIC
• O Manual de Procesos e Procedementos.
• A Memoria do título de Grao en Filosofía da USC, que se atopa na seguinte ligazón:
ESTRUTURA PARA O DESENVOLVEMENTO DO SGIC
3.1. OBXECTO
3.2. ÁMBITO DE APLICACIÓN
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/G5031_F ilosofia_x2009_10x.pdf
• A Memoria do título do Máster en Filosofía: Coñecemento e cidadanía da USC, que se atopa na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/gl/centros/filosofia/titulacions.html?plan=16756&estudio=16 757&codEstudio=16103&valor=9
• O informe final da ANECA previo á verificación, con alegacións, que se atopa nesta ligazón:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/filosofia/descargas/Informe_f inal_Aneca_previo_verificacixn_con_alegacixns.pdf
• O Regulamento e Réxime Interno da Facultade de Filosofía, que se atopa aquí:
http://www.usc.es/gl/centros/filosofia/normativa/centros.html?cod=165
Non se inclúe nesta relación a documentación relativa a titulacións en extinción.
3.4.1.
EQUIPO DE DIRECCIÓNO equipo de dirección (ED) do Centro, e en particular o/a seu/súa Decano/a como principal responsable, actúa como corresponde á dirección de calquera organización comprometida co desenvolvemento, establecemento, revisión e mellora dun sistema de xestión da calidade.
Respecto ao SGIC, as funcións principais son as seguintes:
• Asinar e difundir a política e obxectivos de calidade do Centro.
• Liderar o desenvolvemento, a implantación, revisión e mellora do SGIC do Centro.
• Nomear ao Responsable de Calidade do Centro, sempre que o considere oportuno.
• Propoñer á Xunta de Facultade para a súa aprobación a composición da Comisión de Calidade do Centro e, no seu caso, as das comisións das titulacións de grao.
• Garantir o bo funcionamento do SGIC do Centro.
• Informar a todo o persoal do Centro do SGIC e dos cambios que nel se realicen.
• Garantir que todo o persoal do Centro teña acceso aos documentos do SGIC que lles sexan de aplicación.
• Informar á Xunta de Centro dos traballos e acordos da Comisión de Calidade.
• Presentar á Xunta de Centro, para a súa aprobación, a Memoria de Calidade do centro (Informe de seguimento do SGIC, proposta do plan de melloras anual do centro e Informes de seguimento dos títulos).
3.4.2.
COMISIÓN DE CALIDADE DO CENTRO (CCC)A Comisión de Calidade do Centro (CCC) é un órgano que participa nas tarefas de planificación, desenvolvemento e seguimento do SGIC do Centro, actuando ademais como medio de difusión interna do Sistema de Calidade e dos seus logros.
MEMBROS DA CCC
A CCC reunirase como mínimo dúas veces ao semestre e todos as veces que sexa necesario para desenvolver as súas tarefas, levantará acta de cada unha das sesións e fará públicas as análises e as decisións tomadas no seo desta.
A Comisión de Calidade da Facultade tamen asume as funcións propias da Comisión do Grao en Filosofía.
Funcións referidas a calidade:
- Decano/a do Centro (presidente/a)
- Responsable de Calidade do Centro (RCC)
- Coordinadores/as de Titulación/s
- Director/a do Departamento de Filosofía e Antropoloxía
- 1 membro do PAS (Responsable de Unidade ou persoa que designe o Decano/a do Centro)
- 3 alumnos/as (2 de Grao e 1 de Máster)
- Outros membros que propoña o/a Decano/a ou os/as coordinadores/as de títulos
- Deberá engadirse un membro das áreas de coñecemento que non se atopen representadas como resultado da composición anterior
• Realizar o deseño, a implantación, o seguimento e mellora do SGIC no Centro.
• Elaborar a Memoria de Calidade do Centro que englobará distintos informes e memorias:
Proposta do plan de melloras do centro para o curso seguinte que recollerá as propostas de mellora dos Títulos derivadas dos seus informes de seguimento.
Informe do seguimento da implantación do SGIC e as súas propostas de mellora.
Informes de seguimento dos Títulos.
Funcións referidas a titulación de Grao:
• Analizar a información proporcionada polo/a coordinador/a do Título e RCC para levar a cabo o seguimento do Título.
• Realizar un informe dos resultados do título e as propostas de mellora (Informe de seguimento do título) e, cando sexa necesario, facer proposta de modificación ou suspensión deste.
3.4.3.
RESPONSABLE DE CALIDADE DO CENTRO (RCC)O Decano/a do Centro asume persoalmente as funcións relacionadas a continuación ou ben poderá nomear a un/ha Responsable de Calidade do Centro (RCC) entre os membros do equipo de dirección. Na Facultade de Filosofía o procedemento común é que o Decano nomee ao Vicedecano como RCC. Con independencia doutras funcións que se lle asignen no momento do seu nomeamento, as funcións básicas do RCC poden concretarse en:
• Trasladar á CCC e á/s Comisión/s de Título/s a información sobre resultados de aprendizaxe, inserción laboral, satisfacción dos grupos de interese, así como de calquera outra relacionada con resultados que poida afectar á calidade da formación.
• Realizar propostas á CCC para mellorar o SGIC no Centro.
• Ser o interlocutor/a coa Área de Calidade e mellora dos procedementos da Vicerreitoría con competencias en calidade e planificación. Atender as indicacións e requirimentos dados pola Vicerreitoría de Calidade para implantar os axustes e melloras do SGIC nos Centros aprobados pola Comisión de Calidade Delegada do Consello de Goberno.
• Dirixir a elaboración da Memoria de Calidade do Centro.
3.4.5
COMISIÓN/S DE TÍTULO/SNa Facultade de Filosofía a Comisión Académica de Máster asume as funcións da Comisión de Título de Máster.
MEMBROS DA COMISIÓN DE TÍTULO do Máster en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía.
- Decano/a do Centro (presidente/a)
- Coordinador/a do Máster
- Responsable de Unidade
- 8 representantes do PDI
- 2 representantes dos/as alumnos/as
Entre as súas funcións cabe destacar as seguintes:
• Analizar a información proporcionada polo/a Coordinador/a do Título e RCC para levar a cabo o seguimento do Título.
Realizar un informe dos resultados do título e as propostas de mellora (Informe de seguimento do Título) e, cando sexa necesario, facer proposta de modificación ou suspensión deste.
3.4.6
COORDINADOR/A DE TÍTULO (CT)Entre as súas funcións en relación co SGIC cabe destacar as seguintes:
• Velar para que os procedementos relativos á titulación sexan realizados segundo as directrices establecidas polo SGIC.
• Velar pola implantación das melloras da titulación aprobadas.
• Recompilar, xunto co RCC, todos os datos necesarios para que a Comisión de Calidade do Centro/Comisión Título poida realizar as diferentes análises de seguimento do título, establecer plans de mellora ou de modificación do Título. • O/a coordinador/a do grao deberá organizar e coordinar, para o seu estudo e
aprobación pola Comisión de Calidade do Centro, as tarefas de: elaboración dos informes de seguimento do título, a valoración da súa eficacia e a elaboración da proposta do plan de melloras do grao.
• O/a coordinador/a de Máster, será o responsable da comisión do título de Máster, e deberá presentar á Comisión de Calidade do Centro os informes de seguimento do título, informándoa das actuacións da Comisión de Título de Máster: seguimento do Título, valoración da súa eficacia e proposta do plan de melloras.
O SGIC concrétase nos 22 procesos, completados por varios procedementos auxiliares, definidos no SGIC marco, sen variacións adoptadas no centro. O desenvolvemento de cada proceso/procedemento contense no manual de procesos do SGIC marco da Universidade así como na aplicación informática de soporte ao Sistema de garantía de calidade do Centro.
Os procesos e, os procedementos máis importantes asociados a eles, son os seguintes:
DE PLANIFICACIÓN
PE-01 Política e obxectivos de calidade do centro
PE-02 Creación do Comité Consultivo e canalización da súa actuación
DE DESEÑO E REVISIÓN DA OFERTA
PC-01G Deseño da oferta académica de Graos PC-01M Deseño da oferta académica de Máster PC-02 Revisión da oferta
PC-03 Supresión dun título
DE PLANIFICACIÓN DAS ENSINANZAS
PC-04 Planificación das ensinanzas
P01-PC-04 Elaboración PDA do centro
P02-PC-04 Elaboración de horarios e calendarios de exames P03-PC-04 Elaboración e aprobación do POD dos departamentos P04-PC-04 Programación das materias
DE ACCIÓN DOCENTE
PC-05 Captación de estudantesPC-06 Titoría e orientación ao estudante PC-07 Coordinación da actividade docente
PC-08 Programas de mobilidade de estudantes PC-09 Xestión de prácticas externas
PC-10 Realización traballo fin de Grao/Máster PC-11 Avaliación do aprendizaxe
P01-PS-01 Procedemento para a avaliación da actividade docente
DE XESTIÓN DE RECURSOS DE APOIO
PS-01 Xestión dos recursos humanos PS-02 Xestión dos recursos materiais PS-03 Xestión dos servizos
PS-04 Control dos documentos e dos rexistros
DE MEDICIÓN, ANÁLISE E MELLORA
PM-01 Medición, análise e mellora
S01-PM-01 Seguimento e acreditación do título PM-02 Medición da satisfacción dos grupos de interese
P01-PM-02 Procedemento para a medición da satisfacción dos estudantes coa docencia
PM-03 Xestión das incidencias (SQR)
DE INFORMACIÓN PÚBLICA
O seguinte gráfico recolle o mapa de procesos integrados no SGIC e as súas relacións:
De acordo co proceso de medición, análise e mellora (código PM-01) do manual de procesos e procedementos do SGIC da USC, á Área de Calidade e Mellora dos Procedementos (ACMP), a partir da experiencia previa e da opinión dos diferentes centros, decide os resultados a medir para avaliar a eficacia do plan de estudos de cada unha das titulacións e Centros da USC.
Dende á Area definiranse anualmente os indicadores e informes a empregar. A lista de indicadores e informes será remitida aos centros e estará dispoñible no documento F01-PM-01 Táboa de indicadores e informes do SGIC da USC.
O SGIC marco establece, en relación con cada proceso, as evidencias requiridas. En moitos casos, tales evidencias son as que se derivan da xestión. A continuación recóllense aquelas evidencias que son especificamente requiridas pola implantación do SGIC, para as cales se indica o formato ao que han de axustarse
CÓDIGO DO PROCES
O
PROCESO DO
SGIC EVIDENCIA FORMATO
PE-01
Determinación da política e os obxectivos de calidade do centro
Plan estratéxico do centro F01-PE-01 Plan estratéxico do centro Programación Plurianual do centro F02-PE-01 Programación Plurianual do centro Plan anual de melloras do
centro
F03-PE-01 Plan anual de melloras do centro PS-04 Control dos documentos e dos rexistros Documentación xenérica do SGIC F01-PS-04 Formato de proceso/procedemento F02-PS-04 Formato de manual do sistema
INDICADORES
CÓDIGO DO PROCES
O
PROCESO DO
SGIC EVIDENCIA FORMATO
Documentación específica do SGIC de centro F03-PS-04 Formato de manual simplificado do SGIC Listado de documentación en vigor F04-PS-04 Listado de documentación en vigor PM-01 Medición, análise e mellora Táboa de indicadores e informes F01-PM-01 Táboa de indicadores e informes Informe de seguimento do SGIC/Resultados do sistema (Memoria de calidade do centro) F04-PM- Memoria de Calidade Proposta do Plan de melloras
anual do centro (Memoria de calidade do
centro)
F03-PE-01 Plan anual de melloras do centro S01-PM-01 Seguimento/acredi tación do título Informe de seguimento do título (Memoria de calidade do centro) Formato do Informe de seguimento do título proporcionado pola ACSUG Historial de revisións
Versión Data Modificación realizada
00 22-maio-2013 Versión inicial
01 03-outubro-2014 Modificación indicadores
02 21-decembro-2016
Fusíon comisións calidade e grao. Outras pequenas modificacións para axustar o SGIC a normativa