GUÍA DOCENTE
ANÁLISE DAS MANIFESTACIÓNS CULTURAIS NOS MEDIOS
GRAO DE CIENCIAS DA CULTURA E DIFUSIÓN CULTURAL
Coordinadora: Uxía Caride Blanco Código da materia: G5101441 Créditos: 4,5 ECTS
Curso: 2020/2021 Cuadrimestre: Primeiro
Área de coñecemento: Comunicación Audiovisual e Publicidade Departamento: Ciencias da Comunicación
Centro: Facultade de Humanidades de Lugo
ÍNDICE
1. Datos descritivos da materia 3
1.1. Características 3
1.2. Contextualización 4
2. Sentido da materia 5
3. Obxectivos 6
4. Competencias
4.1. Competencias básicas e xerais 4.2. Competencias transversais 4.3. Competencias específicas
7
5. Contidos
5.1. Temario
8
5.2. Estrutura detallada do temario para as sesións expositivas 9
6. Metodoloxía da ensinanza e organización da docencia 16
7. Avaliación 19
8. Bibliografía 21
1. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA
Código G5101441
Materia Análise das Manifestacións Culturais nos Medios (Formación Específica en Produción, Xestión e Difusión Cultural)
Titulación Grado en Ciencias de la Cultura y Difusión Cultural
Carácter OP
N.º de créditos ECTS 4.50
Convocatoria 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
Centro Facultade de Humanidades
1.1 Características
“Análise das manifestacións culturais nos medios” é unha materia incluída nos contidos optativos do Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural dentro da formación específica en Produción, Xestión e Difusión Cultural. No plan de estudos figura no cuarto curso e impártese no primeiro semestre. Contabiliza 4,5 ECTS no currículo académico do alumnado. As clases serán impartidas en lingua galega.
O obxectivo prioritario desta materia é que o alumnado afonde na análise crítica das manifestacións culturais nos medios, desenvolvendo ferramentas e habilidades que lle permitan construír un discurso argumentado e reflexivo sobre o papel que xogan os medios na cultura e viceversa.
1.2. Contextualización
A interrelación entre cultura e medios de comunicación prodúcese cando os medios audiovisuais adquiren carácter de consumo masivo e cando estes medios, ademais de ser transmisores de información, se converten en portadores de bens culturais. Neste contexto o xornalismo cultural ten unha gran responsabilidade na práctica informativa que se ocupa da difusión de cultura.
Esta correlación estreita e complexa require dunha análise que teña en conta estas circunstancias para achegar unha visión centrada no contexto histórico e social. Polo tanto, a materia iniciarase cunha breve aproximación teórica que permitirá situar o alumnado nas especificidades do funcionamento dos medios de comunicación de masas e os modos nos que os contidos culturais son
canalizados a través deles, así como das distintas teorías da comunicación e discusións teóricas.
Optarase pola Análise Crítica do discurso como método de achegamento aos contidos culturais nos medios de comunicación polo seu enfoque multidisciplinar considerando que constitúe a ferramenta metodolóxica máis axeitada para evidenciar as influencias e relacións de poder no tratamento da información por parte dos medios.
2. SENTIDO DA MATERIA
A materia Análise das manifestacións culturais nos medios intégrase no módulo de formación específica “Produción, Xestión e Difusión cultural” dentro do plan de estudos do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, e é impartida no cuarto e último curso, no primeiro semestre. Este feito fai que o alumnado chegue a esta materia con unha base de coñecementos e competencias xerais no campo das Humanidades, o que lle permitirá situar a análise abordada como parte dun proceso histórico e social no que se crean os medios de comunicación e evolucionan ata os nosos días.
A materia obrigatoria precedente de Socioloxía da Cultura, que se imparte no terceiro curso achégalle aos alumnos unha base de coñecementos arredor da complexidade da noción da cultura e as transformacións experimentadas por esta a partir do século XX, coa irrupción da chamada sociedade de masas e a aparición das Industrias Culturais. Por outra parte, terase en conta a presenza da materia obrigatoria Estrutura do Sistema Cultural de Galicia, de cuarto curso, segundo semestre, de maneira que esta sirva de complemento ao análise do sistema da comunicación que se pretende levar a cabo na materia de Análise das manifestacións culturais nos medios. Á hora de abordar esta materia tivéronse en conta os programas vixentes doutras materias para evitar duplicidades nos contidos.
O feito de que esta materia forme parte do módulo formativo de Produción, Xestión e Difusión Cultural marca e define a súa vertente na área de coñecemento de comunicación, entendendo as súas dimensións en relación coa cultura. Tratándose dunha materia de último curso resulta fundamental apoiar os contidos dunha forma práctica que permita ao alumnado achegarse á realidade do traballo, entroncando o coñecemento coa vida profesional á que terán que enfrontarse ao rematar o Grao.
3. OBXECTIVOS
1. Identificar o contexto e o lugar da información cultural.
2. Adquirir nocións editoriais para a comprensión das publicacións especializadas e a súa posición dentro do sistema de medios de comunicación.
3. Desenvolver capacidade de identificación crítica dos distintos formatos xornalísticos e da súa estrutura.
4. Competencia na elaboración de formatos de crítica cultural e outros xéneros de opinión.
5. Análise do discurso e da imaxe nos medios.
4. COMPETENCIAS
4.1. Competencias básicas e xerais
CG1- Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos na área das Humanidades e da Cultura como resultado da súa educación secundaria xeral, conseguidos tanto a través de libros de texto avanzados, como procedentes da vangarda destes dous campos de estudo;
[Que os estudantes posúan os coñecementos básicos relativos á área das Humanidades e da Cultura derivados da educación secundaria e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos mediante o contacto con textos especializados e achegamentos recentes].
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura.
CG3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos no Grao de Ciencias da Cultura e Difusión cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social,científica ou ética.
CG4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CG5 - Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía
4.2. Competencias transversais
CT1 - Capacidade de uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en situacións comunicativas diversas
CT2 - Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
CT3 - Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
4.3. Competencias específicas
CE7 - Coñecer o funcionamento das novas formas de acceder, apropiarse e transmitir información.
CE8 - Habilidade na xestión de comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario,musical e audiovisual.
CE9 - Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
5. CONTIDOS 5.1. Temario.
Os contidos da materia estrutúranse en cinco temas:
TEMA 1. A cultura nos medios e os medios como cultura. Relacións entre medios de comunicación e cultura desde múltiples vertentes: ideolóxicas, económicas e sociais.
TEMA 2. Información cultural nos medios. Seccións, áreas e contidos do xornalismo cultural.
TEMA 3. A cultura como especialidade nos medios de comunicación. Formas xornalísticas e medios especializados.
TEMA 4. Análise Crítica do discurso como método de achegamento aos contidos culturais nos medios de comunicación.
TEMA 5. Novos formatos para a comunicación cultural apoiados nas novas tecnoloxías e nos recursos online.
5.2. Estrutura detallada do temario para as sesións expositivas.
TEMA 1. A cultura nos medios e os medios como cultura.
OBXECTIVOS: Con este tema introdutorio faremos unha caracterización xeral dos medios de masas e do tratamento da cultura nos mesmos, poñendo o foco sobre as distintas dimensións que configuran a complexidade e funcionamento dos mesmos.
GUION:
1. Cultura e comunicación.
2. O dereito á cultura e a mediación cultural.
3. Definicións de cultura nos medios.
4. Cultura popular e de masas. Vínculos da industria cultural e os medios de comunicación de masas.
5. Discusións teóricas: apocalípticos e integrados.
6. A postverdade e as fake news.
7. Relación Medios-Poder.
Bibliografía básica
ABRUZZESE, A. (2004): “Cultura de Masas”. En CIC: Cuadernos de información y comunicación, Nº 9, Ejemplar dedicado a: Cultura de masas, 189-192.
BAUMAN, Z. (2010). Vida Líquida. Barcelona: Ediciones Paidós.
Bibliografía complementaria
AMORÓS GARCÍA, M.(2018). Fake News. La verdad de las noticias falsas. Barcelona:
Plataforma Actual.
CERTEAU, M. (2006) La invención de lo cotidiano. Tomo 1. Artes de hacer. México:
Universidad Iberoamericana.
DIJK, T. (2009) Discurso y poder. Barcelona: Gedisa.
ECO, U. (1973). Apocalípticos e integrados ante la cultura de masas (1a. ed.). Barcelona:
Lumen.
MUÑOZ LÓPEZ, B (2009): “Actualidad de la teoría crítica”. En Constelaciones: Revista de teoría crítica, ISSN-e 2172-9506, Vol. 1, 2009 , págs. 160-166.
TEMA 2. Información cultural nos medios.
OBXECTIVOS: Neste tema afondaremos no concepto do xornalista cultural e faremos unha retrospectiva histórica do que supuxo esta figura no tempo. Analizaremos a presenza da cultura nos medios e reflexionaremos sobre a situación actual do xornalismo, fondamente marcada pola precariedade nas condicións laborais e a velocidade imposta por unha sociedade que demanda un consumo inmediato e insaciable de acontecementos.
GUION:
1. Xornalismo cultural.
2. Funcións e ámbitos do xornalismo cultural.
3. A presenza cultural nos medios xeralistas.
4. Medios escritos, audiovisuais e dixitais. Seccións e áreas.
5. A precariedade na cultura.
Bibliografía básica:
ZAFRA, REMEDIOS (2017). Después del entusiasmo. Madrid: Anagrama.
Bibliografía complementaria:
CARRIÓN, R. (2015) Análisis de los usos y prácticas profesionales. Datos sobre las redes en los medios de comunicación y en las empresas e instituciones. Estudios sobre el mensaje periodístico. Vol. 21.
GARCÍA LEIVA, T. (2007) Las revistas culturales y su futuro digital. Madrid: Fundación Alternativas.
JIMÉNEZ, DAVID (2019). El director. Madrid: Libros K.O.
MARTINEZ ALBERTOS (1974) Redacción periodística. Barcelona: A.T.E.
PÉREZ DE SILVA, J y JIMÉNEZ HERVÁS, P (2002). La televisión contada con sencillez. Madrid: Maeva.
REY MORATÓ, F. (1998) El Naufragio del periodismo en la era de la televisión: la industria del "infoentretenimiento", de Aristóteles a Walt Disney. Madrid: Fragua.
TEMA 3. A cultura como especialidade nos medios de comunicación.
OBXECTIVOS: Este terceiro tema estará dedicado a afondar nos xéneros xornalísticos e na cultura como especialidade nos diferentes medios e soportes, atendendo especialmente á análise crítica do tratamento informativo.
GUION:
1. Xéneros especializados en cultura nos medios de comunicación.
2. As formas xornalísticas:
1. Xéneros informativos: noticia e entrevista.
2. Xéneros de opinión: editorial, columna e artigo.
3. Xéneros híbridos: reportaxe, crónica, crítica e ensaio.
3. Publicacións especializadas.
4. Revistas culturais, dixitais e formatos colaborativos.
5. Canles culturais de tv.
6. A radio temática cultural.
7. O documental.
8. O estado do xornalismo actual.
Bibliografía básica:
RODRÍGUEZ PASTORIZA, F (2006) Periodismo cultural. Madrid: Síntesis.
Bibliografía complementaria:
CHILLÓN, A (2009). Literatura y periodismo. Una tradición de relaciones promiscuas.
Barcelona: Universidad Autónoma de Barcelona.
ESTEVE RAMÍREZ, F. y FERNÁNDEZ DEL MORAL, J. (1999). Áreas de especialización periodística. Madrid: Editorial Fragua.
FISKE, J. (1987) Television culture. London : Routledge.
GOMIS, LORENZO (2008). Teoría de los géneros periodísticos. Barcelona: UOC Universidad Oberta de Catalunya.
LORENZO, M (2017). As políticas culturais en Galicia en Revista Grial, nº215.
LÓPEZ, X. (2004), “Información cultural: herramientas para comunicar cultura en un
escenario marcado por la sombra de la mercantilización mundial” en FERNANDEZ DEL MORAL (coord.). Periodismo Especializado, Barcelona : Ariel.
RODRÍGUEZ PASTORIZA, F (2003) Cultura y televisión: una relación de conflicto.
Barcelona, Gedisa.
TUBAU, I. (1982) Teoría y práctica del periodismo cultural. Barcelona: A.T.E.
RIVERA, J. (1995). El periodismo cultural. Buenos Aires: Paidós Estudios de Comunicación.
TEMA 4. Análise crítica do discurso.
OBXECTIVOS: A análise crítica do discurso é unha parte fundamental para afondar no sentido analítico e reflexivo da materia. Neste tema revisaremos os pasos para a análise dun discurso e a súa fundamentación.
GUION:
1. Discurso, ideoloxía e imaxe pública da cultura e os axentes nos medios.
2. Análise Crítica do Discurso como método de achegamento aos contidos culturais nos medios de comunicación.
1. Pasos metodolóxicos para analizar un discurso.
2. ACD aplicada aos contidos culturais nos medios de comunicación.
3. Análise do discurso televisivo.
3. Revisión Bibliográfica.
4. Normas de citación.
Bibliografía básica:
ARTAL, R..M. (coord.). (2012). Actúa. 12 llamadas a la acción frente a la crisis económica, política y social. Barcelona: Debate.
FAIRCLOUGH, N. (2003). “El ACD como método para la investigación en ciencias sociales”. En: Wodak, R. y Meyer, M. (eds.). Métodos de análisis crítico del discurso.
Barcelona: Gedisa, pp.143-178.
Bibliografía complementaria:
CRUZ PUERTO, M. (2016). El empoderamiento de las mujeres: una lucha por la justicia, la autonomía y el reconocimiento. En: La manzana de la discordia, enero -junio, 2016, Vol. 11, No. 1, pp. 73-82
DIJK, T. VAN. (2011). Sociedad y discurso. Barcelona: Gedisa.
FOUCAULT, M. (2005) El orden del discurso. Barcelona: Tusquets.
JENSEN E JANKOWSKI, EDS. (1993) Metodologías cualitativas de investigación en comunicación de masas. Barcelona: Bosch.
PATINO, BRUNO (2020). La civilización de la memoria de pez. Madrid: Alianza Editorial.
SAYAGO, S. (2007). La metodología de los estudios críticos del discurso. En: Santander, P.
(ed). Discurso y crítica social. Santiago: E.O.C, pp. 45-59.
TEMA 5. Novos formatos para a comunicación cultural.
OBXECTIVOS: Este último tema que pecha a materia pretende ser unha fiestra aberta ao futuro máis inmediato no ámbito da comunicación cultural co formato dixital como soporte e base do discurso. Analizaremos novas ferramentas e medios alternativos ás canles tradicionais de difusión cultural.
GUION:
1. A sobreprodución cultural e a resistencia crítica.
2. A era de internet e da cultura de rede.
3. A web 3.0.
4. Información cultural de proximidade.
5. Medios alternativos. Blogs, Booktubers e influencers.
6. Ferramentas dixitais de creación colectiva.
7. Copyright e copyleft.
Bibliografía básica:
ZAFRA, REMEDIOS (2015). Ojos y capital. Bilbao: Consonni.
Bibliografía complementaria:
BUSTAMANTE, FRANQUET et al. (2003). Alternativas en los medios de comunicación digitales. Barcelona: Gedisa.
CASACUBERTA, D. (2003) Creación colectiva. En Internet el creador es el público.
Barcelona: Gedisa.
GARCÍA CANCLINI, N. (2007) Lectores, espectadores e internautas. Barcelona: Gedisa PRENSKY, M. (2011). Enseñar a nativos digitales. Madrid: SM.
PUIG PUNYET, E. (2016). La gran adición. Barcelona: Arpa.
SCHNEIER, B (2019) Haz click aquí para matarlos a todos. Barcelona: Ediciones Temas de Hoy.
6. METODOLOXÍA DA ENSINANZA E ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA
Para o desenvolvemento da materia “Análise das manifestacións culturais nos medios”
combinaranse as clases teóricas e prácticas, seguindo dinámicas participativas que garantan a implicación do alumnado na adquisición de coñecementos. A distribución do programa levaranse adiante do seguinte xeito:
◦ Sesións expositivas: a docente exporá os contidos teóricos, motivando o diálogo co alumnado e proporá o debate arredor dos textos complementarios de lectura obrigatoria dispoñibles no campus virtual.
◦ Sesións de seminario: o alumnado analizará distintos contidos culturais nos medios de comunicación cada semana, tanto en grupo como de xeito individual. Nas sesións interactivas realizaremos actividades de traballo individual ou en grupo que propicien o desenvolvemento das competencias polas que o alumnado vai ser avaliado. O obxectivo destas sesións debe ser o de afianzar a comprensión dos contidos, resolvendo dúbidas, aplicando o aprendido á lectura e comentario de textos e realizando actividades prácticas de análise das manifestacións culturais nos medios.
◦ Traballo final. O alumnado, agrupado en equipos, elaborará un traballo de análise global.
Durante a última semana de clases presentarán ao resto do grupo os resultados.
◦ Visita dun xornalista cultural. O alumnado terá a posibilidade de coñecer a un profesional en activo que tratará de achegar a visión do día a día no traballo.
◦ Titorías: individuais ou en grupo, co obxectivo de resolver todas as dúbidas acercados conceptos teóricos ou acerca do desenvolvemento da materia que o alumnado non queira propor nas aulas.
Atendendo á distribución establecida na memoria da titulación, a carga horaria correspondente á materia organízase así:
Titorías: 4 horas Avaliación: 3 horas
Outras actividades: 2 horas
Traballo autónomo do alumnado: 67,5 horas
Deste xeito, os contidos teóricos e prácticos da materia distribúense de acordo á temporalización plasmada na seguinte táboa:
Sesións expositivas Seminarios
TEMA 1. A cultura nos medios e os medios como cultura.
Bases conceptuais: cultura e comunicación, mediación cultural e cultura nos medios.
(1h 30min)
Práctica Mediación Cultural (1h)
Cultura popular e de masas.
Vínculos da industria cultural e os medios de comunicación de masas. (1h)
Práctica Mass Media (1h)
Discusións teóricas:
apocalípticos e integrados (1h)
Foro de debate Apocalípticos e integrados. (1h)
A postverdade e as fake news.
Relación Medios-Poder (1h 30min)
Estudo de caso: Independencia nos medios. (2h)
TEMA 2: Información Cultural Funcións e ámbitos do xornalismo cultural (1h)
Estudo de caso: Misión da televisión (2h)
A presenza cultural nos medios
xeralistas (1h) Práctica Análise comparativa das seccións de cultura en diarios de información xeral (1h)
Medios escritos, audiovisuais e dixitais. Seccións e áreas.
(1h30) TEMA 3: A cultura como
especialidade nos medios de comunicación
As formas xornalísticas:
Xéneros informativos, de opinión e híbridos (1h30 min)
Práctica Análise de noticias (1h)
Publicacións especializadas. Práctica Democratizar a cultura
Revistas culturais, dixitais e formatos colaborativos (1h)
(1h)
Canles culturais de tv. A radio temática cultural e o documental (1h)
Foro de debate: o papel do ministro de Cultura (1h)
Estado do xornalismo actual.
Visita xornalista cultural (1h 30 min)
Test conceptual T3 (1h)
TEMA 4. Análise crítica do discurso.
Análise Crítica do Discurso como método de achegamento aos contidos culturais nos medios de comunicación. (1h 30 min)
Estudo de caso: Análise do discurso (4h)
Normas de citación e referenciación bibliográfica (1h)
TEMA 5. Novos formatos para a comunicación cultural
A era de internet e a cultura de rede na web 3.0 (1h)
Estudo de caso: Booktuber (1h)
Medios alternativos e ferramentas dixitais de creación colectiva (1h)
Análise de Redes e cultura (1h)
Cada actividade das sesións interactivas ten a súa rúbrica correspondente coa súa ponderación sobre o total que representa na parte práctica, tal e como aparece detallado no apartado de avaliación.
7. AVALIACIÓN
A avaliación da materia será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumnado e das súas actitudes.
Os instrumentos de avaliación e a súa distribución porcentual serán os seguintes:
a) Parte teórica (50%)
i) Participación activa nas clases. (10%)
ii) Exame (inclúe temario explicado e textos recomendados para lectura) (40%).
b) Parte práctica (50%)
i) Exercicios prácticos realizados durante os seminarios interactivos (30%) ii) Traballo grupal (elaboración e exposición) (20%)
Será necesario aprobar ambas partes, tanto teoría como práctica para superar a materia. De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
Será obrigatorio atender cando menos ao 80% das clases xa sexa de forma presencial ou en liña.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
Ponderacións da parte teórica
Ítem metodolóxico Ponderación
Participación activa nas clases 10 ptos
Exame final 40 ptos
Total 50 puntos (50 %)
50 puntos (50 %)
Ponderacións da parte práctica
Ítem metodolóxico Ponderación
Estudo de caso T1: Independencia nos medios 4
Foro de debate: Apocalípticos e Integrados (traballo aula) 3
Práctica Mediación Cultural (traballo aula) 3
Práctica Mass Media (traballo aula) 3
Estudo de caso T2: Misión da Televisión 4
Práctica Análise comparativa das seccións de cultura en diarios de
información xeral (traballo aula) 3
Análise de noticia T3 (traballo aula) 3
Práctica Democratizar a cultura (traballo aula) 3 Foro de debate: Entrevista ao ministro de Cultura e Deporte 2
Test conceptos 3T (traballo aula) 1
T4 Traballo Estudos de caso AD 15
T5 Estudo de caso: booktuber 3
Redes e cultura (traballo aula) 3
Total Avaliación Continua 50 puntos
(50 %)
Oportunidades: A avaliación será igual para a primeira e segunda oportunidade e para o alumnado repetidor. Polo tanto, o alumnado repetidor está obrigado a atender ás clases de novo. En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado coa profesora da materia.
8. BIBLIOGRAFÍA
ABRUZZESE, A. (2004): “Cultura de Masas”. En CIC: Cuadernos de información y comunicación, Nº 9, Ejemplar dedicado a: Cultura de masas, 189-192.
AGUADO TERRÓN, J.M (2004). Introducción a las teorías de la Comunicación y la Comunicación. Departamento de Información y Documentación. Facultad de Comunicación y
Documentación. Universidad de Murcia. Recuperado de
http://www.um.es/tic/Txtguia/TCtema1.pdf
AMORÓS GARCÍA, Marc (2018). Fake News. La verdad de las noticias falsas. Barcelona:
Plataforma Actual.
ARMAZAÑAS, Emy (1993) La acción de los gatekeepers ante los referentes. Revista Comunicación y sociedad. Recuperado de http://dadun.unav.edu/handle/10171/8063
ARTAL, R..M. (coord.). (2012). Actúa. 12 llamadas a la acción frente a la crisis económica, política y social. Barcelona: Debate.
BAUMAN, Z. (2010). Vida Líquida. Barcelona: Ediciones Paidós.
BARROSO, J. (2009). Realización de documentales y reportajes. Madrid: Síntesis
BOECHNER, ST. (ed.), (198) The Mediating Person: Bridges between cultures. Cambridge:
Schenkman.
BUSTAMANTE, FRANQUET et al. (2003). Alternativas en los medios de comunicación digitales.
Barcelona: Gedisa.
CARRIÓN, R. (2015) Análisis de los usos y prácticas profesionales. Datos sobre las redes en los medios de comunicación y en las empresas e instituciones. Estudios sobre el mensaje periodístico.
Vol. 21. Recuperado de http://revistas.ucm.es/index.php/ESMP/article/view/51134/47472
CASACUBERTA, D. (2003) Creación colectiva. En Internet el creador es el público. Barcelona:
Gedisa.
CASSANY D. (2006). Tras las Líneas. Sobre la escritura contemporánea. Barcelona: Anagrama, S.A.
CERTEAU, M. (2006) La invención de lo cotidiano. Tomo 1. Artes de hacer. México: Universidad Iberoamericana.
CHILLÓN, A (2009). Literatura y periodismo. Una tradición de relaciones promiscuas. Barcelona:
Universidad Autónoma de Barcelona.
CRUZ PUERTO, M. (2016). El empoderamiento de las mujeres: una lucha por la justicia, la autonomía y el reconocimiento. En: La manzana de la discordia, enero -junio, 2016, Vol. 11, No. 1, pp. 73-82
DÍAZ-PLAJA, Guillermo (1971). Gregorio Marañón: esquema del intelectual puro. Boletín de la Real Academia Española, ISSN 0210-4822, Tomo 51, Cuaderno 192, 1971, págs. 15-20
DIJK, T. (2009) Discurso y poder. Barcelona: Gedisa.
DIJK, T. VAN. (2011). Sociedad y discurso. Barcelona: Gedisa.
ECO, U. (1973). Apocalípticos e integrados ante la cultura de masas (1a. ed.). Barcelona: Lumen.
ESTEVE RAMÍREZ, F. y FERNÁNDEZ DEL MORAL, J. (1999). Áreas de especialización periodística. Madrid: Editorial Fragua.
FAIRCLOUGH, N. (2003). “El ACD como método para la investigación en ciencias sociales”. En:
Wodak, R. y Meyer, M. (eds.). Métodos de análisis crítico del discurso. Barcelona: Gedisa, pp.143- 178.
FAUS BELAU, Ángel, (1973) La radio: introducción al estudio de un medio desconocido. Madrid:
Guadiana Publicaciones.
FISKE, J. (1987) Television culture. London : Routledge.
FOUCAULT, M. (2005) El orden del discurso. Barcelona: Tusquets.
GARCÍA LEIVA, T. (2007) Las revistas culturales y su futuro digital. Madrid: Fundación Alternativas.
GARCÍA CANCLINI, N. (2007) Lectores, espectadores e internautas. Barcelona: Gedisa
GOMIS, LORENZO (2008). Teoría de los géneros periodísticos. Barcelona: UOC Universidad Oberta de Catalunya.
GOMIS, LORENZO (1991) Teoría del periodismo. Como se forma el presente. Barcelona: Paidós Comunicación.
JENSEN E JANKOWSKI, EDS. (1993) Metodologías cualitativas de investigación en comunicación de masas. Barcelona: Bosch.
JIMÉNEZ, DAVID (2019). El director. Madrid: Libros K.O.
LOBO, RAMÓN (2019). El día que murió Kapuchinsky. Madrid: Círculo de tiza.
LORENZO, M (2017). As políticas culturais en Galicia en Revista Grial, nº215.
LÓPEZ, X. (2004), “Información cultural: herramientas para comunicar cultura en un escenario marcado por la sombra de la mercantilización mundial” en FERNANDEZ DEL MORAL (coord.).
Periodismo Especializado, Barcelona : Ariel.
MARTÍN SERRANO, M. (1977). La mediación social. Madrid: Akal
MARTÍN SERRANO, M. (1978). Un método lógico para analizar el significado. Aplicación al estudio del lenguaje de la TV. Revista Española de Investigaciones Sociológicas, (2), 21-51.
MARTÍN SERRANO, M. (1979). Cultura en periodismo escrito y su relación con los demás medios.
MARTINEZ ALBERTOS (1974) Redacción periodística. Barcelona: A.T.E.
MOLES, ABRAHAM (1986) Théorie structurale de la communication et société. Communication et langages, n°67, 1er trimestre 1986. p. 116.
MUÑOZ LÓPEZ, B (2009): “Actualidad de la teoría crítica”. En Constelaciones: Revista de teoría crítica, ISSN-e 2172-9506, Vol. 1, 2009 , págs. 160-166.
PATINO, BRUNO (2020). La civilización de la memoria de pez. Madrid: Alianza Editorial.
PÉREZ DE SILVA, J y JIMÉNEZ HERVÁS, P (2002). La televisión contada con sencillez.
Madrid: Maeva.
PRENSKY, M. (2011). Enseñar a nativos digitales. Madrid: SM.
PUIG PUNYET, E. (2016). La gran adición. Barcelona: Arpa.
REY MORATÓ, F. (1998) El Naufragio del periodismo en la era de la televisión: la industria del
"infoentretenimiento", de Aristóteles a Walt Disney. Madrid: Fragua.
RIVERA, J. (1995). El periodismo cultural. Buenos Aires: Paidós Estudios de Comunicación.
RODRÍGUEZ PASTORIZA, F (2003) Cultura y televisión: una relación de conflicto. Barcelona, Gedisa.
RODRÍGUEZ PASTORIZA, F (2006) Periodismo cultural. Madrid: Síntesis.
SAYAGO, S. (2007). La metodología de los estudios críticos del discurso. En: Santander, P. (ed).
Discurso y crítica social. Santiago: E.O.C, pp. 45-59.
SCHNEIER, B (2019) Haz click aquí para matarlos a todos. Barcelona: Ediciones Temas de Hoy.
TAFT, R. (1981) The role and personality of the mediator, en: The Mediating Person: Bridges between cultures. Cambridge: Schenkman.
TUBAU, I. (1982) Teoría y práctica del periodismo cultural. Barcelona: A.T.E.
VILLA, M.J (1998). El periodismo cultural. Reflexiones y aproximaciones. Revista Latina de Comunicación Social número 6, de junio de 1998; La Laguna (Tenerife). Recuperado de https://www.ull.es/publicaciones/latina/a/83mjv.htm
WILLIAMS, Raymond (1975) Televisión: technology and cultural form. New York: Schocken Books.
ZAFRA, REMEDIOS (2017). Después del entusiasmo. Madrid: Anagrama.
ZAFRA, REMEDIOS (2015). Ojos y capital. Bilbao: Consonni.