• No se han encontrado resultados

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA"

Copied!
80
0
0

Texto completo

(1)

BOLETÍN OFICIAL DO

PARLAMENTO DE GALICIA

X lexislatura Número 207 8 de novembro de 2017 Fascículo 3

(2)

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios

1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

ı

19524 - 557 (10/PRE-000444)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodil Fernández, Olalla e 5 máis

Sobre o protocolo que está a seguir o Sergas na actualidade en relación coa interrupción voluntaria do embarazo e as actuacións levadas a cabo e previstas respecto da sentenza ditada polo Xulgado número 2 de Lugo referida á denuncia presentada por unha muller da Mariña, así como os casos

denunciados na Coruña e Ferrol 61940

ı

19521 - 7194 (10/PRE-001011)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Presas Bergantiños, Noa e 5 máis

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir a consolidación, conservación e ac-cesibilidade da torre medieval de Sande, no concello de Cartelle, o seu réxime patrimonial actual e as súas previsións respecto do requirimento de responsabilidades polo seu estado, así como a avaliación da idoneidade de planificar traballos para a súa restauración, conservación e posta en valor 61942

ı

19522 - 7193 (10/PRE-002788)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Presas Bergantiños, Noa e 5 máis

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir a consolidación, conservación e

accesibilidade da torre medieval de Sande, no concello de Cartelle 61944

ı

19443 - 7944 (10/PRE-002871)

Grupo Parlamentario de En Marea Sánchez García, Antón

Sobre as previsións do Goberno galego en relación coa execución da vía de alta capacidade Tui-A

Guarda 61946

ı

19442 - 7945 (10/PRE-003816)

Grupo Parlamentario de En Marea Sánchez García, Antón

Sobre as previsións do Goberno galego en relación coa execución da vía de alta capacidade Tui-A Guarda, así como a valoración para o tramo central comprendido entre Goián e Areas doutras

al-ternativas diferentes ás do proxecto de construción do ano 2011 61948

ı

19523 - 7192 (10/PRE-004023)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Presas Bergantiños, Noa e 5 máis

(3)

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir a consolidación, conservación e ac-cesibilidade da torre medieval de Sande, no concello de Cartelle, o seu réxime patrimonial actual e as súas previsións respecto do requirimento de responsabilidades polo seu estado, así como a avaliación da idoneidade de planificar traballos para a súa restauración, conservación e posta en valor 61950

ı

19520 - 14339 (10/PRE-004838)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Presas Bergantiños, Noa e 5 máis

Sobre que medidas tomou ou vai tomar o Goberno galego ante o incumprimento, por parte do

Es-tado español, da lexislación en materia de toponimia 61953

ı

19567 - 16125 (10/PRE-004934)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Presas Bergantiños, Noa e 5 máis

Sobre a opinión do Goberno galego e as actuacións previstas en relación co posible impacto do

desenvolvemento do proxecto integrador da estación intermodal de Ourense 61956

ı

19441 - 16517 (10/PRE-004947)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Toja Suárez, María Dolores e 2 máis

Sobre as medidas que vai adoptar Goberno galego e o prazo que ten previsto para resolver os pro-blemas de seguridade existentes na estrada AC-418, que discorre entre Carballo e Buño, tras os

arranxos levados a cabo nela 61959

ı

19566 - 16679 (10/PRE-004955)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis

Sobre a opinión do Goberno galego referida á incidencia dos desprazamentos alternativos aos ve-hículos na preservación do medio ambiente e a loita contra o cambio climático, o prazo previsto para o inicio da segunda fase da Estratexia de mobilidade alternativa a nivel local na comarca de

Pontevedra e a dispoñibilidade dos proxectos construtivos da segunda fase 61961

ı

19561 - 16732 (10/PRE-004963)

Grupo Parlamentario de En Marea Casal Vidal, Francisco

Sobre os datos referidos ao grao de execución orzamentaria actual das partidas correspondentes ao tícket eléctrico, destinado a axudar as familias ao pagamento das facturas da luz, así como os referidos ás axudas urxentes de tipo social para evitar cortes na subministración de luz e gas a

con-secuencia do non pagamento de recibos 61964

ı

19552 - 16893 (10/PRE-004973)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Álvarez Martínez, Luis Manuel e 2 máis

Sobre a valoración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria referida á ac-tuación da Xefatura Territorial de Pontevedra en relación cos problemas que está a ocasionar a

praga de ratas detectada no CPI da Cañiza, e as medidas previstas ao respecto 61966

61929 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA X lexislatura. Número 207. 8 de novembro de 2017

(4)

ı

19519 - 16905 (10/PRE-004976)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis

Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para arranxar o problema de precariedade existente na prestación de asistencia sanitaria no Centro de Saúde de Carral, así como a súa opinión respecto do cumprimento dos compromisos adquiridos para esta lexislatura en relación co medio rural

61968

ı

19551 - 16915 (10/PRE-004978)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel

Sobre a situación actual do monumento de Santalla de Bóveda, as actuacións levadas a cabo e pre-vistas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para mellorar o seu estado de conservación e o cumprimento do Acordo parlamentario do 19 de maio de 1016 referido á exe-cución dun plan conxunto para a súa investigación, rehabilitación, conservación e posta en valor,

así como o alcance e método de difusión dos folletos informativos ao respecto 61971

ı

19440 - 17265 (10/PRE-005038)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Pérez Seco, José Manuel e Losada Álvarez, Abel Fermín

Sobre o número de vivendas de uso turístico existentes en cada un dos concellos de Galicia dende a entrada en vigor do Decreto 12/2017, así como a posición do Goberno galego en relación co re-curso contencioso-administrativo presentado ao respecto pola Comisión Nacional dos Mercados e

a Competencia 61973

ı

19518 - 17546 (10/PRE-005055)

Grupo Parlamentario de En Marea

Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles

Sobre as razóns da modificación que se está a levar a cabo no trazado do Camiño Inglés a Santiago de Compostela ao seu paso polo concello de Cabanas, a opinión do Goberno galego en relación co incremento da perigosidade que supón para os peregrinos e a realización dalgunha valoración

res-pecto do seu impacto económico na hostalaría local 61976

ı

19439 - 17589 (10/PRE-005062)

Grupo Parlamentario de En Marea

Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David

Sobre as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia dende o mes de xaneiro de 2017 para garantir-lles un acceso á auga suficiente ás familias e negocios en situación de risco pola seca, así como a súa avaliación en relación cos custos desta para a gandaría, a agricultura e os ecosistemas61978

ı

19438 - 17661 (10/PRE-005065)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Pérez Seco, José Manuel e 2 máis

Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dalgún programa operativo no ámbito da educación para darlles unha maior visibilidade ás mulleres no medio rural e os datos referidos ás medidas desenvolvidas nos concellos para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o establecemento dalgún módulo en materia de

(5)

dade nos programas especializados de formación agraria e/ou nas escolas dese medio e a dispo-ñibilidade de indicadores estatísticos que midan a súa contribución á economía rural 61980

ı

19517 - 17706 (10/PRE-005073)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodil Fernández, Olalla e 5 máis

Sobre a opinión do Goberno galego en relación co estado de deterioración que presenta a torre de Caldaloba, en Cospeito, os contactos mantidos ao respecto co Concello e a Dirección Xeral do Pa-trimonio e as medidas adoptadas ou previstas para garantir a súa conservación, así como a actua-ción que está a levar a cabo en relaactua-ción cos bens patrimoniais de propiedade privada que contan con algunha figura de recoñecemento ou protección cando non están ben conservados ou corren

risco de desaparecer 61982

ı

19516 - 17827 (10/PRE-005082)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Torrado Quintela, Julio e 2 máis

Sobre os datos referidos á cobertura da praza de facultativo suprimida no Centro de Saúde de Sou-telo de Montes e o número de emerxencias atendidas nel entre o 1 de xullo e o 15 de setembro, así como o de cartillas asignadas a ese centro e a ratio que está a considerar a Xunta de Galicia

para o seu cadro de persoal 61984

ı

19437 - 17903 (10/PRE-005084)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Torrado Quintela, Julio e Toja Suárez, María Dolores

Sobre a opinión da Consellería do Mar referida ás causas da perda de produtividade marisqueira

na ría de Arousa e as medidas previstas ao respecto 61987

ı

19550 - 17980 (10/PRE-005089)

Grupo Parlamentario de En Marea Vázquez Verao, Paula e 2 máis

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para o reforzo da atención sanitaria no Courel 61989

ı

19436 - 18016 (10/PRE-005094)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Torrado Quintela, Julio e 2 máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da realización dalgunha xestión co Goberno mu-nicipal de Ordes para a inclusión no novo PXOM da habilitación do terreo anexo ao PAC como es-pazo para o helicóptero de emerxencias, as razóns da retirada do heliporto do centro de saúde dos planos do novo planeamento e a súa opinión en relación coa situación en que se atopa o transporte

sanitario para a veciñanza afectada na zona 61992

ı

19560 - 18036 (10/PRE-005096)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodil Fernández, Olalla e 5 máis

Sobre as razóns do Goberno galego para a apertura dun expediente sancionador á radio comuni-taria da Coruña Cuac FM, a posible incidencia da exclusión deste tipo de radios no último concurso

61931 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA X lexislatura. Número 207. 8 de novembro de 2017

(6)

público de licenzas e as medidas previstas para o cumprimento da lexislación vixente, así como as

recomendacións da defensora do pobo ao respecto 61994

ı

19559 - 18198 (10/PRE-005103)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rivas Cruz, José Luis e 5 máis

Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dalgún proxecto de restauración dos terreos e augas afectadas pola antiga explotación mineira de Touro, a súa opinión referida á viabilidade medioam-biental do actual proxecto de reapertura da mina e a súa información en relación cos expedientes sancionadores abertos á empresa solicitante noutras explotacións mineiras da súa titularidade por reiterados incumprimentos das condicións da concesión, así como as medidas que vai adoptar para

evitar estes incumprimentos, no caso da autorización do proxecto 61997

ı

19549 - 18309 (10/PRE-005116)

Grupo Parlamentario de En Marea Solla Fernández, Eva

Sobre o destino previsto pola Xunta de Galicia para o antigo Hospital do Rebullón, a realización dal-gún estudo para a recuperación do edificio e as súas intencións respecto da consignación dalgunha partida orzamentaria para ese fin, así como a existencia dalgún convenio para o seu uso 61999

ı

19558 - 18385 (10/PRE-005120)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Toja Suárez, María Dolores e 2 máis

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para solucionar a situación en que se atopa o Servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Carballo a consecuencia do número de pacientes que

lle corresponde a cada un dos facultativos 62001

ı

19557 - 18517 (10/PRE-005132)

Grupo Parlamentario de En Marea Solla Fernández, Eva

Sobre as razóns da demora na reapertura das unidades de oncoloxía e de cirurxía plástica, así como das camas pechadas durante o verán, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, as actua-cións previstas pola Xunta de Galicia en relación cos datos das listas de espera na sanidade pública galega e o tipo de solución que vai procurar para reducir os tempos das listas de espera de

trau-matoloxía nese centro 62003

3. Administración do Parlamento de Galicia

3.2. Recursos humanos

ı

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 6 de novembro de 2017, polo que se crea a escala

técnica de tecnoloxías da información 61938

(7)

1. Procedementos parlamentarios

1.4. Procedementos de información 1.4.5. Respostas a preguntas

A Mesa do Parlamento, na súa reunión do día 6 de novembro de 2017, tivo coñecemento das res-postas da Xunta de Galicia ás seguintes preguntas con resposta escrita:

- 19524 - 557 (10/PRE-000444)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodil Fernández, Olalla e 5 máis

Sobre o protocolo que está a seguir o Sergas na actualidade en relación coa interrupción voluntaria do embarazo e as actuacións levadas a cabo e previstas respecto da sentenza ditada polo Xulgado número 2 de Lugo referida á denuncia presentada por unha muller da Mariña, así como os casos denunciados na Coruña e Ferrol

- 19521 - 7194 (10/PRE-001011)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Presas Bergantiños, Noa e 5 máis

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir a consolidación, conservación e accesibilidade da torre medieval de Sande, no concello de Cartelle, o seu réxime patrimonial actual e as súas previsións respecto do requirimento de responsabilidades polo seu estado, así como a avaliación da idoneidade de planificar traballos para a súa restauración, conservación e posta en valor

- 19522 - 7193 (10/PRE-002788)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Presas Bergantiños, Noa e 5 máis

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir a consolidación, conservación e accesibilidade da torre medieval de Sande, no concello de Cartelle

- 19443 - 7944 (10/PRE-002871) Grupo Parlamentario de En Marea Sánchez García, Antón

Sobre as previsións do Goberno galego en relación coa execución da vía de alta capacidade Tui-A Guarda

- 19442 - 7945 (10/PRE-003816) Grupo Parlamentario de En Marea Sánchez García, Antón

Sobre as previsións do Goberno galego en relación coa execución da vía de alta capacidade Tui-A Guarda, así como a valoración para o tramo central comprendido entre Goián e Areas doutras al-ternativas diferentes ás do proxecto de construción do ano 2011

- 19523 - 7192 (10/PRE-004023)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

61933 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA X lexislatura. Número 207. 8 de novembro de 2017

(8)

Presas Bergantiños, Noa e 5 máis

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir a consolidación, conservación e accesibilidade da torre medieval de Sande, no concello de Cartelle, o seu réxime patrimonial actual e as súas previsións respecto do requirimento de responsabilidades polo seu estado, así como a avaliación da idoneidade de planificar traballos para a súa restauración, conservación e posta en valor

- 19520 - 14339 (10/PRE-004838)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Presas Bergantiños, Noa e 5 máis

Sobre que medidas tomou ou vai tomar o Goberno galego ante o incumprimento, por parte do Es-tado español, da lexislación en materia de toponimia

- 19567 - 16125 (10/PRE-004934)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Presas Bergantiños, Noa e 5 máis

Sobre a opinión do Goberno galego e as actuacións previstas en relación co posible impacto do desenvolvemento do proxecto integrador da estación intermodal de Ourense

- 19441 - 16517 (10/PRE-004947)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Toja Suárez, María Dolores e 2 máis

Sobre as medidas que vai adoptar Goberno galego e o prazo que ten previsto para resolver os pro-blemas de seguridade existentes na estrada AC-418, que discorre entre Carballo e Buño, tras os arranxos levados a cabo nela

- 19566 - 16679 (10/PRE-004955)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis

Sobre a opinión do Goberno galego referida á incidencia dos desprazamentos alternativos aos ve-hículos na preservación do medio ambiente e a loita contra o cambio climático, o prazo previsto para o inicio da segunda fase da Estratexia de mobilidade alternativa a nivel local na comarca de Pontevedra e a dispoñibilidade dos proxectos construtivos da segunda fase

- 19561 - 16732 (10/PRE-004963) Grupo Parlamentario de En Marea Casal Vidal, Francisco

Sobre os datos referidos ao grao de execución orzamentaria actual das partidas correspondentes ao tícket eléctrico, destinado a axudar as familias ao pagamento das facturas da luz, así como os referidos ás axudas urxentes de tipo social para evitar cortes na subministración de luz e gas a con-secuencia do non pagamento de recibos

- 19552 - 16893 (10/PRE-004973)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Álvarez Martínez, Luis Manuel e 2 máis

(9)

Sobre a valoración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria referida á ac-tuación da Xefatura Territorial de Pontevedra en relación cos problemas que está a ocasionar a praga de ratas detectada no CPI da Cañiza, e as medidas previstas ao respecto

- 19519 - 16905 (10/PRE-004976)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis

Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para arranxar o problema de precariedade existente na prestación de asistencia sanitaria no Centro de Saúde de Carral, así como a súa opinión respecto do cumprimento dos compromisos adquiridos para esta lexislatura en relación co medio rural - 19551 - 16915 (10/PRE-004978)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel

Sobre a situación actual do monumento de Santalla de Bóveda, as actuacións levadas a cabo e pre-vistas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para mellorar o seu estado de conservación e o cumprimento do Acordo parlamentario do 19 de maio de 1016 referido á exe-cución dun plan conxunto para a súa investigación, rehabilitación, conservación e posta en valor, así como o alcance e método de difusión dos folletos informativos ao respecto

- 19440 - 17265 (10/PRE-005038)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Pérez Seco, José Manuel e Losada Álvarez, Abel Fermín

Sobre o número de vivendas de uso turístico existentes en cada un dos concellos de Galicia dende a entrada en vigor do Decreto 12/2017, así como a posición do Goberno galego en relación co re-curso contencioso-administrativo presentado ao respecto pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia

- 19518 - 17546 (10/PRE-005055) Grupo Parlamentario de En Marea

Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles

Sobre as razóns da modificación que se está a levar a cabo no trazado do Camiño Inglés a Santiago de Compostela ao seu paso polo concello de Cabanas, a opinión do Goberno galego en relación co incremento da perigosidade que supón para os peregrinos e a realización dalgunha valoración res-pecto do seu impacto económico na hostalaría local

- 19439 - 17589 (10/PRE-005062) Grupo Parlamentario de En Marea

Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David

Sobre as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia dende o mes de xaneiro de 2017 para garantir-lles un acceso á auga suficiente ás familias e negocios en situación de risco pola seca, así como a súa avaliación en relación cos custos desta para a gandaría, a agricultura e os ecosistemas

- 19438 - 17661 (10/PRE-005065)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Pérez Seco, José Manuel e 2 máis

61935 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA X lexislatura. Número 207. 8 de novembro de 2017

(10)

Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dalgún programa operativo no ámbito da educación para darlles unha maior visibilidade ás mulleres no medio rural e os datos referidos ás medidas desenvolvidas nos concellos para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o establecemento dalgún módulo en materia de igual-dade nos programas especializados de formación agraria e/ou nas escolas dese medio e a dispo-ñibilidade de indicadores estatísticos que midan a súa contribución á economía rural

- 19517 - 17706 (10/PRE-005073)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodil Fernández, Olalla e 5 máis

Sobre a opinión do Goberno galego en relación co estado de deterioración que presenta a torre de Cal-daloba, en Cospeito, os contactos mantidos ao respecto co Concello e a Dirección Xeral do Patrimonio e as medidas adoptadas ou previstas para garantir a súa conservación, así como a actuación que está a levar a cabo en relación cos bens patrimoniais de propiedade privada que contan con algunha figura de recoñecemento ou protección cando non están ben conservados ou corren risco de desaparecer - 19516 - 17827 (10/PRE-005082)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Torrado Quintela, Julio e 2 máis

Sobre os datos referidos á cobertura da praza de facultativo suprimida no Centro de Saúde de Sou-telo de Montes e o número de emerxencias atendidas nel entre o 1 de xullo e o 15 de setembro, así como o de cartillas asignadas a ese centro e a ratio que está a considerar a Xunta de Galicia para o seu cadro de persoal

- 19437 - 17903 (10/PRE-005084)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Torrado Quintela, Julio e Toja Suárez, María Dolores

Sobre a opinión da Consellería do Mar referida ás causas da perda de produtividade marisqueira na ría de Arousa e as medidas previstas ao respecto

- 19550 - 17980 (10/PRE-005089) Grupo Parlamentario de En Marea Vázquez Verao, Paula e 2 máis

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para o reforzo da atención sanitaria no Courel - 19436 - 18016 (10/PRE-005094)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Torrado Quintela, Julio e 2 máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da realización dalgunha xestión co Goberno mu-nicipal de Ordes para a inclusión no novo PXOM da habilitación do terreo anexo ao PAC como es-pazo para o helicóptero de emerxencias, as razóns da retirada do heliporto do centro de saúde dos planos do novo planeamento e a súa opinión en relación coa situación en que se atopa o transporte sanitario para a veciñanza afectada na zona

- 19560 - 18036 (10/PRE-005096)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

(11)

Rodil Fernández, Olalla e 5 máis

Sobre as razóns do Goberno galego para a apertura dun expediente sancionador á radio comuni-taria da Coruña Cuac FM, a posible incidencia da exclusión deste tipo de radios no último concurso público de licenzas e as medidas previstas para o cumprimento da lexislación vixente, así como as recomendacións da defensora do pobo ao respecto

- 19559 - 18198 (10/PRE-005103)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rivas Cruz, José Luis e 5 máis

Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dalgún proxecto de restauración dos terreos e augas afectadas pola antiga explotación mineira de Touro, a súa opinión referida á viabilidade medioam-biental do actual proxecto de reapertura da mina e a súa información en relación cos expedientes sancionadores abertos á empresa solicitante noutras explotacións mineiras da súa titularidade por reiterados incumprimentos das condicións da concesión, así como as medidas que vai adoptar para evitar estes incumprimentos, no caso da autorización do proxecto

- 19549 - 18309 (10/PRE-005116) Grupo Parlamentario de En Marea Solla Fernández, Eva

Sobre o destino previsto pola Xunta de Galicia para o antigo Hospital do Rebullón, a realización dalgún estudo para a recuperación do edificio e as súas intencións respecto da consignación dalgunha partida orzamentaria para ese fin, así como a existencia dalgún convenio para o seu uso

- 19558 - 18385 (10/PRE-005120)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Toja Suárez, María Dolores e 2 máis

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para solucionar a situación en que se atopa o Servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Carballo a consecuencia do número de pacientes que lle corresponde a cada un dos facultativos

- 19557 - 18517 (10/PRE-005132) Grupo Parlamentario de En Marea Solla Fernández, Eva

Sobre as razóns da demora na reapertura das unidades de oncoloxía e de cirurxía plástica, así como das camas pechadas durante o verán, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, as actua-cións previstas pola Xunta de Galicia en relación cos datos das listas de espera na sanidade pública galega e o tipo de solución que vai procurar para reducir os tempos das listas de espera de trau-matoloxía nese centro

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017 Diego Calvo Pouso

Vicepresidente 1º

61937 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA X lexislatura. Número 207. 8 de novembro de 2017

(12)

3. Administración do Parlamento de Galicia

3.2. Recursos humanos

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 6 de novembro de 2017, polo que se crea a escala técnica de tecnoloxías da información

Ao abeiro do disposto no artigo 22.2 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia creouse por disposición administrativa, en virtude do acordo da Mesa da Cámara do 13 de xuño de 2017, a es-cala técnica de tecnoloxías da información (BOPG núm. 129, do 15 de xuño de 2017).

Porén, faise necesario modificar o punto relativo ás titulacións exixidas para ingresar na escala ao ter sido estimado o recurso de reposición presentado polo Colegio Oficial de Ingenieros de

Teleco-municación contra o acordo da Mesa da Cámara do 24 de xullo de 2017, polo que se anuncia a

con-vocatoria de probas selectivas para ingresar en dúas prazas da escala técnica de tecnoloxías da información do Parlamento de Galicia e se aproban as súas bases (DOG 158, do 22 de agosto de 2017) e que, consecuentemente, quedaron sen efecto.

Polo exposto, coa finalidade de que a regulación da dita escala figure nunha única norma e, polo tanto, para salvagardar a seguridade xurídica, derrógase a vixente disposición administrativa de creación da escala técnica de tecnoloxías da información, que queda substituída por esta.

A Mesa da Cámara é o órgano institucional colexiado que, baixo a dirección da Presidencia, dirixe a Administración da Cámara e ten competencia para ditar disposicións administrativas [art. 1 do Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 657, do 10 de xuño de 2016)].

Polo anterior, a Mesa do Parlamento, ao abeiro do establecido no artigo 22.3 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia e no artigo 17 a) do Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia, na súa sesión do 6 de novembro de 2017, dispón: Artigo 1. Creación da escala técnica de tecnoloxías da información

Créase a escala técnica de tecnoloxías da información, que se integra no corpo de xestión do Par-lamento de Galicia previsto no artigo 21.c) do Estatuto de persoal do ParPar-lamento de Galicia. Artigo 2. Grupo de clasificación profesional

A escala técnica de tecnoloxías da información clasifícase no grupo B dos previstos no artigo 20 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia.

Artigo 3. Titulacións exixidas para ingresar na escala

Para ingresar na escala técnica de tecnoloxías da información será preciso estar en posesión dal-gunha das titulacións universitarias seguintes: diplomado ou graduado nunha titulación de cal-quera rama.

(13)

Artigo 4. Funcións

Á escala técnica de tecnoloxías da información correspóndenlle as funcións de apoio técnico e xes-tión dos sistemas informáticos e audiovisuais e das redes de comunicación do Parlamento de Ga-licia.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Queda derrogado o acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 13 de xuño de 2017 polo que se crea a escala técnica de tecnoloxías da información (BOPG núm. 129, do 15 de xuño de 2017). Disposición derradeira primeira. Dereito supletorio

En todo o non previsto nesta disposición administrativa aplicarase supletoriamente o Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta disposición administrativa entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín

Ofi-cial do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017 Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente

61939 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA X lexislatura. Número 207. 8 de novembro de 2017

(14)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 557, formulada polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa de dona Olalla Rodil Fernández e outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “o protocolo que está a seguir o Sergas na actualidade en relación coa interrupción voluntaria do embarazo e as actuacións levadas a cabo e previstas respecto da sentenza ditada polo Xulgado número 2 de Lugo referida á denuncia presentada por unha muller da Mariña, así como os casos denunciados na Coruña e Ferrol”, (publicada no BOPG número 11, do 10 de novembro de 2016), convertida en pregunta con resposta escrita por finalización do período de sesións setembro-decembro de 2016, teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Sanidade, que ten o seguinte contido:

“O obxectivo do SERGAS sempre é garantir a calidade asistencial na prestación dos servizos sanitarios cos medios ao seu alcance. No caso das IVES, o SERGAS establece os circuítos asistenciais que garanten o cumprimento da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo (LO 2/2010, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo)

Este procedemento, como calquera outro da asistencia sanitaria do SERGAS, está en constante proceso de revisión e avaliación, para mellorar todas aquelas disfuncións que se poidan presentar.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 1 de 1 Nº Saída Data 2017/1520683 27/10/2017 20:10 CVE-PREPAR: ca4f0a20-ec20-b6d8-6722-0c509cc60069

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las 27/10/2017 20:10:43

(15)

Asinado dixitalmente por:

(16)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta escrita número: 7194 formulada polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa de don Xosé Luis Bará Torres e outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir a consolidación, conservación e accesibilidade da torre medieval de Sande, no concello de Cartelle, o seu réxime patrimonial actual e as súas previsións respecto do requirimento de responsabilidades polo seu estado, así como a avaliación da idoneidade de planificar traballos para a súa restauración, conservación e posta en valor”, (publicada no BOPG número 97 do 6 de abril de 2017), teño a honra de trasladarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten o seguinte contido:

“A Xunta non é propietaria do ben e polo tanto, non pode ser responsable da súa rehabilitación e conservación, sendo o seu único papel o de velar polo seu cumprimento por parte dos propietarios e facilitar apoio técnico, e así aparece establecido na lexislación vixente.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural pode requerir aos propietarios a adopción das medidas necesarias para o cumprimento das obrigas de conservación e protección para asegurar a súa integridade e evitar a súa perda, destrución ou deterioro, pero nunca actuar con cartos públicos en bens de carácter privado.

Ter en conta que a expropiación forzosa require dunha xustificación do interese público e social do ben.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García-Señoráns Álvarez Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 1 de 1 Nº Saída Data 2017/1520680 27/10/2017 20:10 CVE-PREPAR: 7071e3e6-08d4-f685-f4e8-ac2fc72075a6

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las 27/10/2017 20:10:13

(17)

Asinado dixitalmente por:

(18)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Pleno número 7193, formulada polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa de don Xosé Luis Bará Torres e outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir a consolidación, conservación e accesibilidade da torre medieval de Sande, no concello de Cartelle”, (publicada no BOPG número 97 do 6 de abril de 2017), convertida en pregunta con resposta escrita por finalización do período de sesións xaneiro-xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten o seguinte contido:

“A Xunta non é propietaria do ben e polo tanto, non pode ser responsable da súa rehabilitación e conservación, sendo o seu único papel o de velar polo seu cumprimento por parte dos propietarios e facilitar apoio técnico, e así aparece establecido na lexislación vixente.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural pode requerir aos propietarios a adopción das medidas necesarias para o cumprimento das obrigas de conservación e protección para asegurar a súa integridade e evitar a súa perda, destrución ou deterioro, pero nunca actuar con cartos públicos en bens de carácter privado.

Ter en conta que a expropiación forzosa require dunha xustificación do interese público e social do ben.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez Sr. presidente do Parlamento de Galicia

páxina 1 de 1 Nº Saída Data 2017/1520681 27/10/2017 20:10 CVE-PREPAR: f4b56010-eac0-b367-5270-8528c0fa3af4

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las 27/10/2017 20:10:23

(19)

Asinado dixitalmente por:

(20)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta escrita número: 7944 formulada polo Grupo Parlamentario de En Marea, a iniciativa de don Antón Sánchez García, sobre “as previsións do Goberno galego en relación coa execución da vía de alta capacidade Tui-A Guarda”, (publicada no BOPG número 106 do 27 de abril de 2017), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que ten o seguinte contido:

“A información que demanda esta iniciativa foi ofrecida polo director da Axencia Galega de Infraestruturas en resposta á pregunta oral en Comisión número 14645, de similar contido e formulada polo mesmo grupo parlamentario, que foi incluída na orde do día da Comisión 2ª celebrada o 19 de outubro 2017.

Na súa resposta, o director da Axencia Galega de Infraestruturas avanzou que en próximas datas se mantería unha reunión de traballo cos alcaldes do Baixo Miño e cos axentes implicados ao obxecto de abordar o desenvolvemento desta infraestrutura estratéxica para a comarca. Esta xuntanza tivo lugar o día 24 de outubro e nela reafirmouse o compromiso do Goberno galego coa VAP Tui-A Guarda, co inicio das expropiacións do enlace de Areas en vindeiras semanas e unha planificación viable para os treitos restantes.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García-Señoráns Álvarez Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 1 de 1 Nº Saída Data 2017/1513359 26/10/2017 15:22 CVE-PREPAR: e866e4b0-8a83-2ae4-3f63-98305050a5f1

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las 26/10/2017 15:22:13

(21)

Asinado dixitalmente por:

(22)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 7945, formulada polo Grupo Parlamentario de En Marea, a iniciativa de don Antón Sánchez García, sobre “as previsións do Goberno galego en relación coa execución da vía de alta capacidade Tui-A Guarda, así como a valoración para o tramo central comprendido entre Goián e Areas doutras alternativas diferentes ás do proxecto de construción do ano 2011”, (publicada no BOPG número 105 do 26 de abril de 2017), convertida en pregunta con resposta escrita por finalización do período de sesións xaneiro-xullo de 2017, teño a honra de trasladarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que ten o seguinte contido:

“A información que demanda esta iniciativa foi ofrecida polo director da Axencia Galega de Infraestruturas en resposta á pregunta oral en Comisión número 14645, de similar contido e formulada polo mesmo grupo parlamentario, que foi incluída na orde do día da Comisión 2ª celebrada o 19 de outubro 2017.

Na súa resposta, o director da Axencia Galega de Infraestruturas avanzou que en próximas datas se mantería unha reunión de traballo cos alcaldes do Baixo Miño e cos axentes implicados ao obxecto de abordar o desenvolvemento desta infraestrutura estratéxica para a comarca. Esta xuntanza tivo lugar o día 24 de outubro e nela reafirmouse o compromiso do Goberno galego coa VAP Tui-A Guarda, co inicio das expropiacións do enlace de Areas en vindeiras semanas e unha planificación viable para os treitos restantes.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez Sr. presidente do Parlamento de Galicia

páxina 1 de 1 Nº Saída Data 2017/1513357 26/10/2017 15:21 CVE-PREPAR: dd399f84-b4f1-f6e7-3970-23241e7028e6

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las 26/10/2017 15:22:01

(23)

Asinado dixitalmente por:

(24)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta oral en Comisión número 7192, formulada polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa de don Xosé Luis Bará Torres e outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir a consolidación, conservación e accesibilidade da torre medieval de Sande, no concello de Cartelle, o seu réxime patrimonial actual e as súas previsións respecto do requirimento de responsabilidades polo seu estado, así como a avaliación da idoneidade de planificar traballos para a súa restauración, conservación e posta en valor”, (publicada no BOPG número 97 do 6 de abril de 2017), convertida en pregunta con resposta escrita por finalización do período de sesións xaneiro-xullo de 2017, teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten o seguinte contido:

“A Xunta non é propietaria do ben e polo tanto, non pode ser responsable da súa rehabilitación e conservación, sendo o seu único papel o de velar polo seu cumprimento por parte dos propietarios e facilitar apoio técnico, e así aparece establecido na lexislación vixente.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural pode requerir aos propietarios a adopción das medidas necesarias para o cumprimento das obrigas de conservación e protección para asegurar a súa integridade e evitar a súa perda, destrución ou deterioro, pero nunca actuar con cartos públicos en bens de carácter privado.

páxina 1 de 2 Nº Saída Data 2017/1520682 27/10/2017 20:10 CVE-PREPAR: 5417b028-a1b2-5602-f755-020672905fa0

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las 27/10/2017 20:10:33

(25)

Ter en conta que a expropiación forzosa require dunha xustificación do interese público e social do ben.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García–Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

páxina 2 de 2

(26)

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 27/10/2017 20:10:33

(27)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta escrita número: 14339 formulada polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa de don Xosé Luis Bará Torres e outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “que medidas tomou ou vai tomar o goberno galego diante do incumprimento sistemático por parte do Estado español da lexislación en materia de toponimia”, (publicada no BOPG número 168 do 4 de setembro de 2017), teño a honra de trasladarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten o seguinte contido:

“A inclusión da toponimia na Lei 10/2015, do 26 de maio, para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial, aprobada o ano pasado polo Congreso dos Deputados, supuxo un éxito notable no nivel de recoñecemento e protección específica que aspira a obter a toponimia, e que Galicia afondou coa aprobación da súa propia lei de patrimonio, onde se lle reserva un lugar de especial relevancia. Organismos como a Real Academia Galega teñen expresado a súa satisfacción ante dito recoñecemento, que xa solicitaran no seu momento ao ter coñecemento da tramitación do proxecto de lei correspondente, afirmando que a aprobación desta norma ‘garante a defensa institucional dun valor particularmente sensible e valioso para a nosa cultura: a toponimia, os nomes dos lugares.’

Consciente de todo isto, e en exercicio das funcións que ten encomendadas na defensa do patrimonio toponímico galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística tramita todos os anos as queixas que os cidadáns lle fan chegar co obxecto de rectificar todos aqueles erros que infrinxan a lexislación en vigor e contribúan a deturpar os nomes de carácter xeográfico ou topográfico propios de Galicia. A tal fin, esta Secretaría Xeral diríxese ás autoridades pertinentes informándoas acerca da lexislación vixente en materia toponímica e poñendo á súa disposición os servizos que a administración autonómica ofrece para facilitar a difusión e emprego dos topónimos na súa versión correcta, legal e xenuína. No referente ao seu uso

Páxina 1 de 2

Rexistro electrónico da Xunta de Galicia PR RWEB01 Nº Saída Data 2017/1520679 27/10/2017 20:09 CVE-PREPAR: 981f36a0-6b69-bbf3-3567-1e6fdca61af0

(28)

este código de actuación, coa mesma dilixencia que adoita aplicar ao resto de casos.” O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García-Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 2 de 2

CVE-PREPAR: 981f36a0-6b69-bbf3-3567-1e6fdca61af0

(29)

Asinado dixitalmente por:

(30)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta escrita número: 16125, formulada polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa de don Xosé Luis Bará Torres e outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “a opinión e actuacións previstas polo Goberno galego en relación co posible impacto do desenvolvemento do Proxecto integrador da estación intermodal de Ourense”, (publicada no BOPG número 178 do 20 de setembro de 2017), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que ten o seguinte contido:

“A execución da Estación Intermodal de Ourense e o seu contorno urbano acordouse mediante a firma dun Convenio Marco de colaboración asinado o 22 de xuño de 2016 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e a entidade pública empresarial ADIF–Alta Velocidade. As actuacións son: a nova estación de autobuses, un novo aparcamento subterráneo, as que afectan á actual estación de ferrocarril e actuacións de permeabilidade transversal urbana.

Ademais, a Comisión de Seguimento do Convenio determinou a tramitación destas actuacións pola Lei 3/2016, do 1 de marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese.

A tramitación seguida estase a realizar sempre de acordo a esta lei. Realizouse a información pública pertinente e solicitáronse os informes preceptivos de acordo á lexislación sectorial aplicable, formando o proxecto parte dun procedemento aberto e transparente para o público. A creación dunha estación intermodal en Ourense garante a mobilidade desde un enfoque integral e accesible para todos os usuarios do transporte público de viaxeiros en autobús e en ferrocarril, todo isto derivado das actuacións que se realizarán para favorecer a chegada da alta velocidade a Galicia.

Ademais, co obxecto de evitar que as vías do ferrocarril se convertan nunha barreira para o desenvolvemento da cidade e, en concreto, dos barrios da Ponte e do Vinteún, prevese unha

Páxina 1 de 2 Nº Saída Data 2017/1537348 02/11/2017 09:48 CVE-PREPAR: 505325e2-9bc1-3ca1-97b3-b7a38f8ae802

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las 02/11/2017 09:48:24

(31)

serie de actuacións que melloran a permeabilidade transversal: pasarela peonil de conexión urbana; vial rodado de conexión; lousa de cubrición sobre vías, sobre a que se proxecta unha nova praza pública.

O conxunto de actuacións intégranse e reordenan unha zona da cidade que actualmente está divida e empregada integramente para dar un servizo ferroviario.

No que respecta á fronte da estación de autobuses, darase continuidade entre a nova praza pública e o centro de saúde deixando só un acceso á terminal e posibilitando o cambio de sentido na estación, polo que o paso peonil entre as infraestruturas realízase a través dunha zona verde e sen interferencias co tráfico rodado. A incidencia sobre o tráfico será mínima. A calidade urbana da actual estación de ferrocarrís mellora, non só acusticamente (ao trocar o aparcadoiro de superficie por un subterráneo), senón tamén ao pór en valor o actual edificio.” O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García-Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 2 de 2

(32)

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 02/11/2017 9:48:24

(33)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta escrita número: 16517 formulada polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Raúl Fernández Fernández e outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “as medidas que vai adoptar e o prazo previsto polo Goberno galego para resolver os problemas de seguridade existentes na estrada AC-418 que discorre entre Carballo e Buño tralos arranxos levados a cabo nela”, (publicada no BOPG número 178 do 20 de setembro de 2017), teño a honra de trasladarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que ten o seguinte contido:

“A actuación de reforzo de firme localizado na estrada AC-418 está incluída no proxecto ‘Reforzo de firme localizado nas estradas AC-413, AC-418, AC-419, AC-421, AC-422, AC-423, AC-424, AC-429, AC-432, AC-433, AC-440, AC-441, AC-445, AC-455 e AC-552, entre outras’. Os criterios de actuación na AC-418 son os mesmos que no resto de estradas do proxecto. Os ensaios de control de calidade realizados durante a execución das obras foron satisfactorios, non tendo detectado ningún incumprimento de deslizamento. Durante a execución das obras houbo algún punto onde a reparación quedou sensiblemente por encima do nivel do firme existente, polo que se decidiu arranxalo.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García-Señoráns Álvarez Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 1 de 1

Rexistro electrónico da Xunta de Galicia PR RWEB01 Nº Saída Data 2017/1513355 26/10/2017 15:21 CVE-PREPAR: df99ea92-f9f1-1bb5-bd88-e070a9b403c4

(34)

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 26/10/2017 15:21:50

(35)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta escrita número: 16679, formulada polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Raúl Fernández Fernández e outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “a opinión do Goberno galego referida á incidencia dos desprazamentos alternativos aos vehículos na preservación do medio ambiente e a loita contra o cambio climático, o prazo previsto para o inicio da segunda fase da estratexia de mobilidade alternativa a nivel local na comarca de Pontevedra e a dispoñibilidade dos proxectos construtivos da segunda fase”, (publicada no BOPG número 184 do 29 de setembro de 2017), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que ten o seguinte contido:

“A maioría dos desprazamentos que realiza a diario a poboación galega ten arredor de 7 quilómetros de lonxitude. O Goberno galego considera suficientemente demostrado que os modos de transporte non motorizados son os máis eficientes para cubrir estas distancias, e que do seu uso se derivan beneficios en moi diversas áreas: mobilidade, calidade do aire, saúde, igualdade, benestar, economía, patrimonio e urbanismo. Por esta razón a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) elaborou no ano 2016 a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, dirixida a fomentar a mobilidade alternativa a nivel local, cotián e a escala comarcal, e desenvolvida a través do Plan de Sendas de Galicia.

Para desenvolver a segunda fase da Estratexia en materia de mobilidade alternativa contratáronse estudos de identificación e priorización de itinerarios peonís e ciclistas en catro comarcas: O Morrazo, Pontevedra, Lugo e Ourense.

No caso da comarca de Pontevedra, o 80% da poboación concéntrase nos concellos costeiros de Pontevedra e Poio. É precisamente nesta zona litoral, cunha maior densidade e importancia das estradas autonómicas, onde se identifican e priorizan a maior parte das sendas.

Así, o 23 de xuño de 2017 a Axencia Galega de Infraestruturas publicou no Diario Oficial de Galicia o anuncio de licitación do contrato de servizo para a redacción do proxecto construtivo: ‘Itinerarios peonís e ciclistas na comarca de Pontevedra e concellos limítrofes’, cun orzamento

Páxina 1 de 2

Rexistro electrónico da Xunta de Galicia PR RWEB01 Nº Saída Data 2017/1537344 02/11/2017 09:48 CVE-PREPAR: 67412b24-34e0-8c37-7a91-c7713a31d980

(36)

2017, o seu prazo de execución é de doce meses e suporá a redacción dos seguintes proxectos construtivos:

-Itinerario peonil e ciclista na PO-308. Treito: Fontenla-Combarro, no Concello de Poio.

-Itinerario peonil e ciclista na PO-308. Treito: Combarro-Chancelas-Samieira, no Concello de Poio.

-Itinerario peonil e ciclista na PO-309, treito Portosanto; e na PO-303, treito Tarrío, no Concello de Poio.

-Itinerario peonil e ciclista na PO-531. Treito O Freixo, no Concello de Pontevedra.

-Itinerario peonil e ciclista na PO-531. Treito: A Devesa-Bretoña, no Concello de Pontevedra. -Itinerario peonil e ciclista na PO-223. Treito: A Piolla-O Couso-O Sobral, no Concello de Pontevedra.

-Itinerario peonil e ciclista na PO-542. Treito: Pazos, no Concello de Pontevedra.

-Itinerario peonil e ciclista na PO-225. Treito: Alba-San Caetano, no Concello de Pontevedra.” O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García-Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 2 de 2

CVE-PREPAR: 67412b24-34e0-8c37-7a91-c7713a31d980

(37)

Asinado dixitalmente por:

(38)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta escrita número: 16732, formulada polo Grupo Parlamentario de En Marea, a iniciativa de don Francisco Casal Vidal, sobre “os datos referidos ao grao de execución orzamentaria actual das partidas correspondentes ao tícket eléctrico, destinado a axudar as familias ao pagamento das facturas da luz, así como ás axudas urxentes de tipo social para evitar cortes na subministración de luz e gas, a consecuencia do impago de recibo”, (publicada no BOPG número 184 do 29 de setembro de 2017), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, que ten o seguinte contido:

“Esta pregunta foi atendida na intervención do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, con motivo do debate da pregunta 16734 que tivo lugar na sesión plenaria do 18 de outubro de 2017.

O arquivo audiovisual pode consultarse no seguinte enderezo de Internet:

http://mediateca.parlamentodegalicia.gal/library/items/pleno-2017-10-18?part=d29e9aca-b48f-4a8f-8451-90163ae69769&start=6365.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García-Señoráns Álvarez Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 1 de 1 Nº Saída Data 2017/1532898 31/10/2017 13:58 CVE-PREPAR: 0d739d59-9c14-bb30-b127-132c904b1d38

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las 31/10/2017 13:59:01

(39)

Asinado dixitalmente por:

(40)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta escrita número: 16893, formulada polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Luis Manuel Álvarez Martínez e outros/as deputados do mesmo grupo, sobre “a valoración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria referida á actuación da Xefatura Territorial de Pontevedra en relación cos problemas que está a ocasionar a praga de ratas detectada no CPI da Cañiza, e as medidas previstas ao respecto”, (publicada no BOPG número 184 do 29 de setembro de 2017), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten o seguinte contido: “A información que demanda esta iniciativa xa foi facilitada no Parlamento -na sesión da Comisión 4ª do 11.10.2017 ao darlle resposta á pregunta 17026 sobre o mesmo tema.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García-Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 1 de 1 Nº Saída Data 2017/1529325 31/10/2017 09:38 CVE-PREPAR: 0f2fd452-eeb3-3016-0f32-5b0bf44866e3

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las 31/10/2017 09:39:00

(41)

Asinado dixitalmente por:

(42)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta escrita número: 16905, formulada polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de dona Noela Blanco Rodríguez e outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “o prazo previsto polo Goberno galego para arranxar o problema de precariedade existente na prestación de asistencia sanitaria no Centro de Saúde de Carral, así como a súa opinión respecto do cumprimento dos compromisos adquiridos para esta lexislatura en relación co medio rural”, (publicada no BOPG número 184 do 29 de setembro de 2017), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Sanidade, que ten o seguinte contido:

“A asistencia sanitaria no Concello de Carral cumpre rigorosamente as normas que regulan a ordenación de recursos de atención primaria e atención urxente extrahospitalaria en Galicia. O centro de saúde de Carral, xunto co centro de saúde do Temple e o centro de saúde de Cambre, constitúense nun Servizo de Atención Primaria (SAP Cambre-Carral), que presta asistencia sanitaria a 30.000 usuarios e conta con dotación e recursos de atención primaria, pediatría, fisioterapia, matrona e traballo social nos centros adscritos a ese servizo, próximos á poboación atendida segundo un criterio de accesibilidade.

O número de cidadáns atendidos no centro de saúde de Carral é de 5.537, poboación que nos últimos anos non só non ten experimentado crecemento, senón que a tendencia é á diminución de cidadáns con dereito á prestación de atención sanitaria polo Servizo Galego de Saúde, que son todos os residentes no Concello que teñan rexistro e Tarxeta Sanitaria.

Respecto ao número de profesionais do centro de saúde de Carral, hai unha dotación de catro facultativos/as, dos cales tres son de medicina de familia e un de pediatría, tres profesionais de enfermaría de atención primaria, unha matrona e dous traballadores/as de función administrativa. Os ratios de poboación atendida por profesional non acadan un volume suficiente para a creación dunha cuarta praza de médico de familia, tendo en conta ademais que non hai tendencia nin previsión de crecemento de poboación. Non hai demoras para a consulta nin de medicina de familia nin de pediatría neste intre.

Páxina 1 de 2 Nº Saída Data 2017/1520678 27/10/2017 20:09 CVE-PREPAR: bfc73044-4a01-bbd1-5fd0-fcef0fc4ae75

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las 27/10/2017 20:09:43

(43)

Respecto á atención urxente, a creación dos Puntos de Atención Continuada (PAC) e con eles as gardas de presenza física de equipos asistenciais expertos, con dotación para a atención da poboación segundo un axuste de isócronas e proximidade que permiten garantir que poidan dispoñer dos recursos, ten suposto un enorme avance na atención urxente.

No SAP de Cambre-Carral está en funcionamento un PAC dotado cun médico e unha enfermeira de luns a venres en horario de atención continuada e reforzado as fins de semana na quenda diúrna con dous médicos e dúas enfermeiras. A maior abundamento, a proximidade do concello coa cidade da Coruña, permite a atención directa polos recursos de atención urxente e de emerxencias do 061 de soporte vital avanzado en caso de ser preciso.

A atención primaria en Galicia e particularmente na Area Sanitaria da Coruña proporciona servizos cuns elevados estándares de calidade, que se cumpren no concello de Carral tanto na Unidade de Atención Primaria coma no Servizo de Atención Primaria de Cambre-Carral.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García-Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 2 de 2

(44)

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 27/10/2017 20:09:43

(45)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta escrita número: 16915, formulada polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Luis Manuel Álvarez Martínez e dona María de la Concepción Burgo López, sobre “a situación actual do monumento de Santa Eulalia de Bóveda, as actuacións levadas a cabo e previstas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para mellorar o seu estado de conservación e o cumprimento do acordo parlamentario do 19 de maio de 1016 referido á execución dun plan conxunto para a súa investigación, rehabilitación, conservación e posta en valor, así como o alcance e método de difusión dos folletos informativos ao respecto”, (publicada no BOPG número 184 do 29 de setembro de 2017), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten o seguinte contido:

“A información que demanda esta iniciativa xa foi facilitada no Parlamento -na sesión da Comisión 4ª do 11.10.2017 ao darlle resposta á pregunta 3189 sobre o mesmo tema e formulada polos/as mesmos/as deputados/as.”

O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2017 A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García-Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

Páxina 1 de 1

Rexistro electrónico da Xunta de Galicia PR RWEB01 Nº Saída Data 2017/1529323 31/10/2017 09:38 CVE-PREPAR: f4027f96-d977-5555-2195-3b7f746137f1

(46)

DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 31/10/2017 9:38:49

(47)

RS/ms

En relación coa pregunta con resposta escrita número: 17265, formulada polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Abel Fermín Losada Álvarez e don José Manuel Pérez Seco, sobre “o número de vivendas de uso turístico existentes en cada un dos concellos de Galicia dende a entrada en vigor do Decreto 12/2017, así como a posición do Goberno galego en relación co recurso contencioso-administrativo presentado ao respecto pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia”, (publicada no BOPG número 188 do 6 de outubro de 2017), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Axencia de Turismo de Galicia, que ten o seguinte contido: “Desde a súa entrada en vigor, o 10 de maio deste mesmo ano, o decreto de vivendas de uso turístico está a demostrar a súa boa acollida na sociedade galega, funcionando de xeito moi positivo e acadando nestes primeiros meses máis de 4.500 solicitudes presentadas para comezar a operar.

En canto ao número de vivendas de uso turístico rexistradas, cos primeiros rexistros efectuados o Goberno galego constata que este tipo de aloxamentos son un perfil repartido por toda Galicia, especialmente nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde teñen presenza en oito de cada 10 concellos.

Territorialmente concéntranse fundamentalmente nos municipios do litoral, destacando a Ría de Arousa, Mariña lucense ou Costa da Morte. Desde o punto de vista municipal, sobresaen localidades como Sanxenxo, que rexistra unha de cada cinco vivendas e unha de cada catro prazas do total de Galicia. Tamén é salientable a súa presenza nas localidades lucenses de Barreiros ou Foz.

En definitiva, esta radiografía inicial revela que o decreto de vivendas de uso turístico levado a cabo polo Goberno galego está a fortalecer e tamén a incrementar a oferta de aloxamento dispoñible en Galicia, especialmente nas zonas alonxadas das grandes cidades, ligadas á maior presenza doutro tipo de aloxamentos.

Páxina 1 de 2

Rexistro electrónico da Xunta de Galicia PR RWEB01 Nº Saída Data 2017/1513353 26/10/2017 15:21 CVE-PREPAR: 9ee41079-17f0-1c72-b247-30ee0b3dc4d6

Referencias

Documento similar

Neste curso a CNL, xunto co técnico encargado da Área de Terminoloxía, rematou a elaboración do Vocabulario de Química (galego-español-inglés). A súa presentación pública

En cumprimento do acordo sexto do Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia en relación co disposto no artigo 81.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21

Nada hacía presagiar en el mes de octubre, cuando comenzábamos el curso académico del Aula Permanente de Formación Abierta de la Universidad de Granada (el “Aula de mayores”),

Este curso conta co cofinanciamento do Concello de Ribeira, do Grupo LoMonaco, da Asociación Española de Psicología Conductual (AEPC), do Consello Oficial de Psicoloxía de Galicia,

Axencia para a Calidade do Sistema Universtiario de Galicia (ACSUG) Documentación do programa de seguimento e acreditación de títulos

Este trabajo pretende aproximar el cálculo d e la infiltración d e lluvia útil me- diante la aplicación del método de Thornthwaite utilizando datos d e temperatura

ensinanzas de 1.º e 2.º ciclo Licenciado en Belas Artes Licenciado en Filoloxía Alemá Licenciado en Filoloxía Árabe * Licenciado en Filoloxía catalá * Licenciado en

Polo que respecta aos datos de Galicia a nivel provincial, tanto Lugo coma Ou- rense presentan as maiores ratios en relación co número e co gasto en prestacións de protección