• No se han encontrado resultados

A situación en Galicia – Datos das pesqueiras

In document Libro 1.indb (página 57-62)

Especies vexetais

• ALGAS: información facilitada por Manuel García Tasende (Unidade Técnica de Pesca de Baixura, Consellería do Mar, Xunta de Galicia). Nos traballos de censo de especies realizados por esta persoa téñense detectadas a presenza de 12 especies de algas foráneas que atoparon nas augas do litoral de Galicia un ecosistema coas características físico-químicas axeitadas para o seu asentamento e posterior reprodución. Tal como se indicaba anteriormente, a súa introdución é probable que fose accidental como especie acompañante doutras introducións de especies ou como augas de lastre de barcos.

Deste grupo de algas son noticia dúas especies con aproveitamento distinto; así temos ao Sargassum muticum que a partir dos anos 80 comezou a súa penetración no ecosistema galego, promovendo unha proliferación que foi catalogada como de praga, e que segue presente nas nosas augas, aínda que deixou de ser nova (por certo para o seu crecemento retira CO2 da atmosfera) e xa parece que é un elemento máis no ecosistema das rías galegas (naturalizada?) aparecendo datos da súa explotación con fi ns comerciais.

Por outra banda, temos o caso da Undaria pinnatifi da (wakame), que a súa proliferación foi considerada como non desexada; pero que desde hai uns anos está sometida a unha explotación con fi ns comerciais e o seu aproveitamento permite que xa non teña tan mala prensa. Así nun artigo presentado o 29 de abril de 2010 o director do parque Illas Atlánticas sinalaba “é unha alga alóctona e non ten por que estar aquí”. Nese mesmo artigo o responsable do Laboratorio de Algas Marinas da Universidade de A Coruña, comentaba “que aquí, ha ocupado un nicho ecológico casi vacío. Convive con ella otra alga, pero aparece en otra época distinta, así que no se solapan.”, é máis engade o seguinte “Se trata de un vistante que se porta bien”, “al principio no tienen depredadores, pero poco a poco se integran en el ecosistema”.

Especies animais

• MOLUSCOS: en Galicia téñense censadas un total de 24 especies distintas de moluscos considerados foráneos, por non atoparse na bibliografía o noso litoral como zona de distribución. Dentro deste grupo podemos destacar os casos da ostra gigas (Crassotrea gigas) e da ameixa xaponesa (Ruditapes philipinarum); ámbalas dúas con explotación comercial en Galicia.

Ostra gigas (Crassotrea gigas): cando a principios dos anos 80 comeza a crise da explotación e cultivo en batea da ostra plana en Galicia, debido a un parasito introducido coa importación de partidas procedentes de Francia, comezouse a busca de especies alternativas para suplir os problemas da ostra galega. Mentres no país veciño se deu paso sen ambigüidades

XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas

á introdución da ostra gigas, en Galicia mantívose un debate sobre a conveniencia da súa introdución, a ocupación do nicho ecolóxico da ostra plana e a extinción dunha especie autóctona, etc. A pesar de todo este debate sucesivamente foi aparecendo nas nosas augas esta especie, encontrando un ecosistema axeitado para a súa reprodución e atopando un oco no mercado que permite o seu aproveitamento comercial.

A día de hoxe existen autorizacións para o cultivo de ostra gigas que declararon no ano 2009 un total de 579 toneladas e algún dos criadeiros de bivalvos emprazados en Galicia realizou experiencias de cultivo desta especie.

Ameixa xaponesa (Ruditapes philipinarum): o proceso de introdución da ameixa xaponesa foi paralelo, pero non polas mesmas causas, e tivo como referencia de novo a Francia. Os problemas de abastecer ao mercado de ameixa fi na levou aos produtores do país veciño a buscar unha especie mais resistente e con maior capacidade de produción, principalmente pola súa capacidade de soportar altas densidades de cultivo. A fi nais dos oitenta e principios do noventa a produción desta especie foi ameazada por unha enfermidade, que tamén se presentou en Galicia, posto que se estaba producindo a súa gradual introdución nas rías galegas. Sobre o ano 1987 o debate sobre a introdución desta especie era tan intenso que a administración autonómica chegou a publicar unha orde na que impedía a introdución desta especie no litoral de a Illa de Arousa, posteriormente derrogada para facilitar o seu aproveitamento. Segundo os datos que temos recollidos na consellería do Mar neste intre a ameixa xaponesa é a segunda especie de bivalvos en cantidades producidas representando a quinta parte do total dos bivalvos e xerando para o ano 2009 máis de trece millóns de euros .

Por certo, que o debate sobre a ocupación do nicho ecolóxico da ameixa fi na a día de hoxe está morto; anualmente as organizacións con marisqueo presentan os seus plans de explotación para a ameixa xaponesa e a súa extracción está admitida con normalidade polo sector.

Comentar que desde hai uns catro anos unha empresa de capital galego solicitou autorización para unha instalación de cultivo de orella de mar asiática. Estamos de novo ante unha introdución dunha especie que non pertence ao noso ecosistema, pero que atopa nas nosas augas un medio moi axeitado para a súa produción.

• PEIXES: información facilitada por Rafael Bañón Díaz (Unidade Técnica de Pesca de Baixura, Consellería do Mar, Xunta de Galicia).

En canto aos peixes, segundo os datos facilitados por Rafael Bañón, tense detectado a presenza dun total de 20 especies distintas nas costas de Galicia. Normalmente a presenza de estas especies foráneas pode ter dúas causas distintas: por introdución artifi cial intencionada ou non (accidental) ou por desprazamento natural, coñecido como especies inmigrantes.

A evolución pesqueira galega. Cambio climático?

En todos estes casos, o que hai que ter en conta é que o ecosistema litoral galego é de características moi similares ao das zonas de distribución destas especies o que permite unha adaptación ambiental case inmediata.

De todas estas especies, comercialmente explotable son o peixe porco Balistes capriscus, do que xa se teñen detectados exemplares desde os ano 40, a súa frecuencia nas capturas leva a que na actualidade sexa comercializado nas lonxas galegas, que no ano 2009 venderon 1.787 kilos.

Outra especie que está a alcanzar importancia comercial é o denominado xurelo francés, Trachurus picturatus, cun área de distribución no Atlántico oriental: sur do Golfo de Bizkaia ata o sur de Marrocos, incluíndo as Azores, Madeira e as Illas Canarias, polo que non é de estrañar a súa presenza nas costas de Galicia xa que se atopa nun ecosistema que lle é favorable. Sobre esta especie comezaron a terse datos no ano 2007 e as capturas estiveron por debaixo da 500 toneladas, cando da especie típica da frota galega o Trachurus trachurus, as capturas medias anuais superan as 20.000 toneladas .

Destaca a presenza da familia das Seriolas, que presentan un amplo mapa de distribución tanto no Atlántico como no Pacífi co; outra das especies de nova aparición que parece aumentar a súa abundancia é a “Choupa branca”, a súa coloración e morfoloxía é moi semellante á da choupa nativa polo que é moi probable que se comercialice conxuntamente pensando que son a mesma especie.

Para preparar este relatorio mantiven contacto cos acuarios de Galicia: Aquarium Finisterrae (A Coruña) e Acquariumgalicia (O Grove). En ámbolos dous casos teñen nas súas instalacións especies foráneas tanto de peixes osteictios como elasmobranquios. Do catálogo de especie que son manexadas nestas instalación non se ten detectada a presenza nas augas de Galicia.

Casos anómalos

En canto as noticias aparecidas na prensa de capturas excepcionais de especies foráneas, rapidamente se asimila a súa presenza co cambio climático. Desde o meu punto de vista a excepcionalidade de estas capturas, no xustifi ca relacionalas co cambio climático.

Como anécdota presento tres noticias aparecidas en prensa que son curiosas: en 2007 tivo lugar a captura en Portosín dun exemplar de “Anjova”, especie subtropical, e na nota de prensa fálase de que a causa podería deberse ao cambio climático, que non sei se leva implícito o aumento de temperatura das augas do noso litoral; por certo, unha das características físico-química do mar e a súa elevada calor específi ca o que permite absorber enerxía térmica, sen elevar a súa temperatura. Na diapositiva vese o seu mapa de distribución bioxeográfi ca, e non parece que poida ser raro atopar exemplares desta especie.

XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas

En 2009 apareceron dúas noticias da captura de dous bacalaos na costa das Illas de Ons, neste caso fálase de exemplares desorientados, non se fala de cambio climático, posto que as augas de distribución desta especie son bastante máis frías que as galegas.

Estes días pasados no mar Cantábrico tivo lugar a captura en pesca deportiva de dous exemplares de marlín, duns 60 kg de peso. A todos se nos veu á cabeza as augas de Florida e esas películas de documental sobre a captura destas grandes exemplares. Se un o pensa o pescador deportivo debe de ir provisto de material de pesca axeitado para estas capturas, polo tanto tiña previsto que podía capturar un destes exemplares e o mapa de distribución bioxeográfi ca o sitúa nas costas do cantábrico.

Como resumen de este relatorio, considero que se debe ter moito coidado coa información dos medios, prensa, internet, e as fontes de información deben ser serias, con estudios levados adiante durante longos períodos que dean consistencia aos datos a través de series históricas consolidadas que claramente demostren que a presenza das especies obxecto de estudo é debida a unha anomalía climática.

No quixera rematar este relatorio sen ler uns parágrafos interesantes:

“La Tierra herida” (Miguel Delibes de Castro): … el efecto invernadero de la atmósfera es natural e imprescindible para la vida en la Tierra tal y como la conocemos. En realidad, si quisiéramos hablar correctamente deberíamos referirnos, cada vez, al <<cambio climático o calentamiento global debido al incremento del efecto invernadero que se origina como consecuencia de las actividades humanas>>, pero es una frase demasiado larga, poco práctica para trabajar con ella.

E fi nalmente deixo este outro parágrafo para que o lean, e lles axude a refl exionar.

“El Clima. El calentamiento global y el futuro del planeta” (Manuel Toharia): La raíz de todos los problemas ambientales estriba en el tipo de desarrollo que se ha llevado durante los dos últimos siglos; un desarrollo que nos ha proporcionado a los ricos inimaginables cotas de bienestar y longevidad, pero que se ha hecho y se sigue haciendo, a costa de un consumo de recursos y unos impactos sobre el entorno absolutamente insostenibles. Debemos de dejar de ser, cuanto antes, una auténtica <<civilización del desperdicio>>.

XII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas

Dna. Covadonga Salgado Directora Intecmar. Xunta de Galicia

In document Libro 1.indb (página 57-62)