• No se han encontrado resultados

PROGRAMAS DE DOUTORAMENTO MÁSTERES GRAOS INFORMACIÓN XERAL ÍNDICE

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "PROGRAMAS DE DOUTORAMENTO MÁSTERES GRAOS INFORMACIÓN XERAL ÍNDICE"

Copied!
65
0
0

Texto completo

(1)

ÍNDICE

INFORMACIÓN XERAL

Benvida do equipo decanal 5

Introdución 5

Reseña histórica da Facultade de Matemáticas 6

Enderezo, equipo de goberno, administración e servizos 8

Aulas do centro 9

Biblioteca 11

Departamentos adscritos á facultade 12

Outros centros adscritos á facultade 12

Profesorado 13

Órganos de goberno e comisións da facultade 19

Programas de mobilidade e prácticas en empresa 20

Normativas 21

Calendario académico do curso 2017/18 22

GRAOS

Grao en Matemáticas

- Información xeral 27

- Plan de estudos 30

- Distribución de materias por módulos 31

- Profesorado das materias 32

- Sistema Titorial, Aula de Matemáticas e Outras actividades 35

- Calendario de exames 36

Dobre Grao en Matemáticas e en Física

- Información xeral 39

- Plan de estudos 39

Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas

- Información xeral 42

- Plan de estudos 42

MÁSTERES

Máster en Matemática Industrial 47

Máster en Matemáticas 49

Máster en Técnicas Estatísticas 50

PROGRAMAS DE DOUTORAMENTO

En Estatística e Investigación Operativa 54

En Matemáticas 55

En Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas 55

(2)
(3)

Información xeral

INFORM ACIÓN XERAL

(4)
(5)

BENVIDA DO EQUIPO DECANAL

A Facultade de Matemáticas da USC somos todas as persoas que conformamos o estudantado de todos os títulos de grao, másteres e doutoramento, o persoal de administración e servizos (PAS) do Centro, o equipo docente que impartimos a docencia nos títulos, e os investigadores contratados nos proxectos que desenvolven o seu labor no Centro.

Ante o reto dun novo curso académico, que para a universidade é unha medida do paso do tempo, queremos darvos a benvida en primeiro lugar a todas e todos os novos estudantes que vos incorporades no curso 2017-2018 á Facultade de Matemáticas, tanto nos primeiros cursos de todos os títulos como a través dos programas de mobilidade. Aos estudantes que continuades os vosos estudos, ou seguides no centro iniciando os estudos de máster e doutoramento pedirémosvos que desde a vosa experiencia nos axudedes a continuar mellorando e aprendendo sempre dos erros.

Agradecemos a vosa aposta polo noso centro e agardamos que a vosa andaina pola facultade supoña un enriquecemento mutuo en coñecementos e vivencias no curso 2017-2018.

O recoñecemento nacional e internacional da Facultade de Matemáticas é froito dun traballo colectivo en moitos ámbitos, que tentaremos compartir con vos nas diferentes actividades que organizaremos ao longo do curso, ademais de todas as conectadas directamente coa programación docente. O labor de cada un de nós, cada día deste curso, é relevante para manter e incrementar este recoñecemento da sociedade á que nos debemos. Desde o equipo decanal aplaudiremos e apoiaremos todas as accións e iniciativas que nos axuden a mellorar.

Como anuncia a portada desta Guía, cuxo deseño agradecemos a nosa compañeira Elena Vázquez Abal, do Departamento de Matemáticas, este curso celebraremos que pasaron xa 60 anos desde a implantación dos estudos da Licenciatura en Matemáticas da USC, por iso contamos cunha reseña histórica que agradecemos ao noso compañeiro José Ángel Docobo Durántez, director do Observatorio de Astronomía da USC.

A elaboración dos contidos desta Guía foi posible grazas á colaboración de todo o profesorado e os membros do PAS. Agradecemos a todas e todos a vosa colaboración. Serán benvidos os comentarios e ideas sobre esta información, que nos servirán para actualizala e mellorala en vindeiras edicións.

A impresión da Guía é froito da xenerosidade de todos os patrocinadores que aparecen na mesma: AGAPEMA, BIOSTATECH, ENCIGA, ITMATI, MICROMEDIA SL, RSME, SGAPEIO. A todos eles, agradecémoslle o seu compromiso coa Facultade de Matemáticas. Agardamos que todas e todos poidamos anotar moitas tarefas superadas satisfactoriamente.

M. Elena Vázquez Cendón, decana. Rosana Rodríguez López, vicedecana. Beatriz Pateiro López, secretaria Santiago de Compostela, setembro de 2017

INTRODUCIÓN

Esta Guía da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela pretende informar da realidade da Facultade, difundir a súa oferta formativa e ofrecer información xeral de utilidade para o alumnado e profesorado: orientacións sobre o funcionamento da administración e servizos, plan de estudos, programación docente do curso, calendarios, datas de exames, regulamentos e normativas, programas de mobilidade, etc.

Este curso 2017/2018 ademais da titulación de Grao en Matemáticas (implantado no curso 2008/09), na Facultade impártese docencia conducente aos títulos de: Dobre Grao en Matemáticas e en Física, Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (ambos os dous implantados no curso 2015/16), Máster en Técnicas Estatísticas (implantado no curso 2007/08), Máster en Matemáticas (implantado no curso 2009/10) e Máster en Matemática Industrial (implantado no curso 2013/14).

Ademais desta Guía impresa, cuxo contido pode estar suxeito a modificacións ao longo do curso, a Facultade mantén unha vía directa de comunicación coa comunidade universitaria mediante a súa páxina web (http://www.usc.es/matematicas), twitter (@MatematicasUSC) e YouTube (Matemáticas USS) onde a información actualízase permanentemente, polo que se recomenda o uso habitual destes medios para evitar posibles prexuízos.

5

(6)

RESEÑA HISTÓRICA DA FACULTADE DE MATEMÁTICAS

A presenza e éxito da ensinanza das Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (USC), pode dicirse que tivo una traxectoria pendular dende a creación da primeira cátedra no 1751 ata a súa consolidación no 1957.

En efecto, os primeiros tempos non foron moi doados dado que a cátedra de Matemáticas fora adscrita a Facultade de Artes e pensada para formación fundamentalmente dos licenciados en Medicina. Non sendo daquela as Matemáticas una materia obrigatoria, tivo una baixa participación por parte do alumnado.

As cousas melloraron co novo plan de estudos do 1772, encargándose da súa ensinanza Luis Marcelino Pereira, quen foi profesor de José Rodríguez González, o matemático de Bermés, científico ilustre que pode ser considerado coma o primeiro gran matemático galego.

A revisión dos estudos universitarios que tivo lugar no 1807 favoreceu claramente o desenvolvemento das Matemáticas na USC, xa que logo para calquera carreira era necesario estudar as Matemáticas Elementais. Aínda mais, naquel intre creouse cun nivel superior a nova cátedra de Matemáticas Sublimes, que serviu para proxectar figuras emblemáticas coma a do propio Rodríguez e logo ó seu discípulo Domingo Fontán. Ambas as dúas cátedras, de Matemáticas Elementais e Matemáticas Sublimes perduraron ao longo do século XIX asociadas aos nomes de Cristóbal Pecul, Joaquín Patiño, Juan Antonio Mojón, José Vega, José Fernández Losada, Luis Pose Varela, aparte dos xa nomeados e distinguidos José Rodríguez e Domingo Fontán.

Outro paso positivo foi, sen dubida, a creación no 1857 da Facultade de Ciencias, na cal as Matemáticas gañaron protagonismo sobre todo grazas a nova materia de Complementos de Álxebra e Xeometría, cuxa cátedra foi ocupada por José Ramón de Luanco y Riego, recibíndo logo o seu encargo Manuel Ulloa Ibarzábal.

Desafortunadamente a Facultade de Ciencias foi suprimida no 1874.

Neste século XIX, compre destacar así mesmo o establecemento dos primeiros Institutos galegos de segundo ensino: Lugo (1842), Santiago de Compostela (1845), Pontevedra (1845), Ourense (1845), Monforte de Lemos (1848), e A Coruña (1865).

Outros centros nos que se cultivaron e ensinaron as Matemáticas en Galicia durante todo este tempo, foron a Academia de Gardas Mariñas en Ferrol (1776-1823), ó Real Consulado da Coruña (1785- ), o Real Colexio Militar de Santiago de Compostela (1811-1823), a Escola Naval Flotante (1869-1908), ademais das Escolas de Artes e Oficios (1876- ), Escolas Normais (1841- ), e as Sociedades Económicas de Amigos do País (1783- ), e xa mais tarde a Escola Superior de Industrias de Vigo (1901- ).

O esquecemento ao que estiveron sometidas as Matemáticas na Universidade de Compostela dende finais do século XIX ata ben entrado o Século XX, rachou coa creación de dúas importantes cátedras, a de Análise Matemática e mais a de Xeometría Analítica. A primeira foi ocupada por José María Orts Aracil e a segunda por Olegario Fernández Baños. O alto nivel acadado ca presenza destes dous profesores motivaron que se poderán cursar na USC os dous primeiros cursos de Ciencias Exactas (Matemáticas, hoxe en día).

O profesor Fernández Baños fixárase xa daquela na produción matemática e astronómica do presbítero lalinense Ramón María Aller Ulloa, quen tiña un Observatorio particular na súa vila natal cunha extraodinaria proxección científica, e chegouno a invítalo, sen éxito, a incorporarse coma axudante de clases prácticas.

No 1934 o traslado de Fernádez Baños á Universidad Central de Madrid permitiu a chegada, tras a correspondente oposición, dún novo catedrático de Xeometría, o profesor galego José Rodríguez Sanz. Débese a Rodríguez Sanz a creación do Seminario Matemático Durán Loriga (1935-1936) con cuxo nome homenaxeaba ao destacado matemático coruñés. Anos antes tíñase incorporado tamén á Facultade de Ciencias o padre José Cepeda Vidal coma auxiliar temporal nas ensinanzas de Matemáticas, sendo logo o Secretario do Seminario.

Nos nove meses de vida que tivo o Seminario, finiquitado involuntariamente en xullo de 1936, amosou una inusitada actividade. Hoxe en día, na biblioteca da nosa Facultade pódense consultar as oito obras que nel se publicaron.

Porén todas as ideas e proxectos que tiña en mente Rodríguez Sanz, coma a creación do Instituto Xurídico Matemático ou mesmo o Instituto de Química, non se puideron levar a cabo.

Rematada a Guerra Civil e falecidos Rodríguez Sanz e o padre Cepeda, o claustro de profesores de Matemáticas reducíase a Rafael Pavón, profesor auxiliar, e Arbalza Basoa, aínda que este último era especialista en Física e Meteoroloxía. Foi nestas circunstancias cando definitivamente Ramón María Aller acepta incorporase á docencia da

6

(7)

Alma Mater para facerse cargo das materias de Análise Matemática e Xeometría Analítica nos cursos intensivos que comezaron no 1939. Aos poucos, grazas as xestións do catedrático de Instituto, Enrique Vidal Abascal, discípulo e amigo do padre Aller,o Observatorio Astronómico de Lalín trasladouse a Compostela e, no ano 1945, Vidal, tentando resucitar o espírito do Seminario Matemático, crea no Observatorio a Sección de Astronomía Teórica e Matemática Durán Loriga.

De novo os matemáticos galegos tiñan un referente que servía como polo de atracción en torno as figuras de Aller e Vidal, e os seus resultados foron altamente satisfactorios. Así o demostra o gran número de publicacións realizadas, maioritariamente por Vidal Abascal e o catedrático de Instituto Eduardo García- Rodeja, pero tamén por outros coma o propio Ramón María Aller, Antonia Ferrín Moreiras, Rafael Cid, Jesús Costa, Juan Antonio Zaera, etc.

O plan de estudios do 1943 produciu outro retroceso nas Matemáticas, ficando relegadas aos dous primeiros cursos de Química, pero ca nota positiva das incorporacións de Vidal Abascal coma encargado de cátedra e a licenciada Antónia Ferrín Moreiras como axudante.

As acertadas xestións de Vidal Abascal, apoiadas por Aller Ulloa (catedrático de Astronomía) e Ferrín Moreiras, levaron, co esforzo dos tres, a que a Sección Durán Loriga fose o berce do que sería a Sección de Matemáticas na Facultade de Ciencias. Foi no curso académico 1957-1958 cando se iniciou a licenciatura de Matemáticas, cun reducido claustro de profesores pero cun gran entusiasmo e seguridade de que o que se estaba a facer ía ter importantes resultados no futuro, coma así foi.

No 1962, inaugurouse o edificio da Facultade de Ciencias (hoxe Facultade de Química) e alí trasladouse tamén a Sección de Matemáticas, constituída finalmente como Facultade en 1977, sendo o profesor Enrique Vidal Abascal o primeiro Decano.

Compre salientar que as/os primeiras licenciadas en Matemáticas pola USC (curso 1962-63) foron: María Paz Bujanda, María Jesús Cordón López, María del Carmen del Río Vázquez, María Dolores Prada Vicente, Lidia Rodríguez e José Manuel Amor Bouza.

Así mesmo, no 1963, Antonia Ferrín Moreiras, baixo a dirección de Ramón María Aller, converteuse na primeira doutora en Matemáticas da USC, ao tempo que o profesor Vidal promoveu e organizou en Santiago o primeiro congreso internacional de Matemáticas en España.

A Facultade trasladouse en 1983 á actual sede.

Neste ano 2017, cúmprense o 60º aniversario da creación dos estudos de Matemáticas, e o 40º aniversario de Matemáticas como Facultade da USC.

Fonte: AS MATEMÁTICAS E A ASTRONOMÍA EN GALICIA. Autores: Iván Fernández Pérez e José Ángel Docobo Durántez. Biblioteca de Divulgación. Serie Galicia. Nº 33 (2011). Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.

7

(8)

ENDEREZO DA FACULTADE DE MATEMÁTICAS

Avda. Lope Gómez de Marzoa, Campus Vida, s/n, 15782 Santiago de Compostela.

Teléfono: 881813130. Fax: 881813197 Correo electrónico: [email protected] web: www.usc.es/matematicas

Coordenadas GPS: + 42º 52’ 26”50; -8º 33’ 28”82

EQUIPO DE GOBERNO

Decana:

Mª Elena Vázquez Cendón

Teléfono: 881813131, Móbil: 600940163

Correo electrónico: [email protected] / [email protected] Vicedecana:

Rosana Rodríguez López

Teléfono: 881813116, Móbil: 600940117

Correo electrónico: [email protected]

Secretaria:

Beatriz Pateiro López

Teléfono: 881813225, Móbil: 600940113 Correo electrónico: [email protected]

ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

Unidade de apoio á xestión de centros e departamentos Eduarda González Ferreiro

Responsable da Unidade Apoio á Xestión de Centros e Departamentos

Teléfono: 881813133

Correo electrónico: [email protected] Rosa Mª Losada Luaces.

Secretaria do Decanato Teléfono: 881813130

Correo electrónico: [email protected] [email protected]

Antonia Domínguez Noya

Responsable de Asuntos Económicos Teléfono: 881813132

Correo electrónico: [email protected]

Mª Lucía Rodríguez Seoane Posto base

Teléfono: 881813397

Correo electrónico: [email protected]

Conserxería Albina Blanco Castro Carmen Trillo Sendón Victoria Vidal Ferro

Mª del Carmen Fernández Villamil Teléfono: 881813219

Correo electrónico: [email protected]

Biblioteca:

Ana I. Portugués del Río (Directora da Biblioteca) María López Giménez (Axudante da Biblioteca) Fernando Mata Rodríguez (Auxiliar de Biblioteca. Tarde) Ana Rodríguez Lorenzo (Auxiliar de Biblioteca. Mañá) Carmen Vázquez Castro (Auxiliar de Biblioteca. Tarde)

Teléfono: 881813127 (Préstamo), 881813352, 881813128 (Dirección) Correo electrónico: [email protected]

8

(9)

AULAS DO CENTRO

Aula Nome Localización Capacidade

(persoas)

Aula 1 Nivel 1 60

Aula 2 Antonio Valle Sánchez Nivel 2 140

Aula 3 Eduardo García-Rodeja Fernández Nivel 3 140

Aula 4 Ramiro Melendreras Gimeno Nivel 2 26

Aula 5 Antonia Ferrín Moreiras Nivel 2 49

Aula 6 Enrique Vidal Abascal Nivel 3 182

Aula 7 Nivel 4 42

Aula 8 Nivel 4 42

Aula 9 Nivel 4 42

Aula 10 Nivel 4 42

Aula Magna (*) Ramón María Aller Ulloa Nivel 3 209

Salón de Graos (**) Nivel 4 80

Todas as aulas desde a 1 á 10 dispoñen de: Ordenador con monitor, conexión a internet, canón de vídeo e pantalla.

Ademais a aula 4 dispón tamén dun sistema de videoconferencia.

(*) O equipamento desta aula é: Canón de vídeo e pantalla grande, conexión a Internet, megafonía con 4 micros fixos e 2 inalámbricos, reprodutor de DVD, encerado e sistema de videoconferencia.

(**) O equipamento deste salón é: Canón de vídeo, conexión a internet e pantalla.

Outro equipamento docente (previa reserva na conserxería):

- 2 ordenadores portátiles, 2 canóns de vídeo.

- Retroproxectores de transparencias.

- Canón de vídeo, conexión a Internet e sistema de videoconferencia localizado na Sala de Xuntas.

- Pantalla informativa

AULAS DE INFORMÁTICA

Aula Localización Postos de

traballo Equipamento Accesibilidade

Inf. 0 Nivel 1 19 equipos Sistema de videoconferencia, canón de vídeo e pantalla.

Actividades segundo dispoñibilidade da aula

Inf. 1 Nivel 3E 13 equipos Libre acceso

Inf. 2 Nivel 3E 26 equipos Canón de vídeo e pantalla. Actividades segundo dispoñibilidade da aula Inf. 3 Nivel 3E 24 equipos Canón de vídeo e pantalla. Actividades segundo

dispoñibilidade da aula Inf. 4 Nivel 3E 24 equipos Canón de vídeo e pantalla. Actividades segundo

dispoñibilidade da aula Inf. 5 Nivel 3E 22 equipos Sistema de videoconferencia,

canón de vídeo e pantalla. Actividades segundo dispoñibilidade da aula Todas as aulas están integradas na Rede de Aulas de Informática.

Horario de libre acceso (Inf. 1): horario de apertura do centro Horario de Inf. 2, fóra das actividades docentes, a determinar.

O resto das aulas están dispoñibles só en horario de actividades docentes

SERVIDORES

Ordenador Sist. operativo Memoria RAM Disco Duro

INTEL I7 UBUNTUSC 8 GB 6 TB

9

(10)

INFORMACIÓN SOBRE SOFTWARE INSTALADO NAS AULAS DE INFORMÁTICA

Os ordenadores da Facultade de Matemáticas dispoñen de dous sistemas operativos: Windows 7 e UBUNTU 16.04 LTS

Software instalado en Windows 7 7-ZIP 15.14

ActiveState PERL 5.16.3 Adobe Acrobat XI Pro

Adobe Flash Player 25.0.0.127 Adobe Shockwave 12.2.1r171 BioEdit 7.2.5

CDF Player Mathematica 10.4 Celestia 1.6.1

ChemDraw 16.0 Chrome 57.0.2987 Comsol 5.2 Concorde 1.1 CrystalDiskInfo 6.5.2 Emulador X Cygwin Firefox 52.0.1 Flux 12.2 Freecad 0.15 Freefem++ 3.51 GEOGEBRA 5.0.170.0 Gfortran 4.10.0 Junio 2014 GGT 2.0

Ghostscript 9.07 GIMP 2.8.10

Google Earth 7.1.1.1580

Google Toolbar Grafos 1.3.5

Gsview 5.0 (evaluación) gvSIG 2.3.0-2425-RC1 HWMonitor 1.28.0 Infrarecorder 0.53 Java 8u121 Kaspersky antivirus LibreOffice 5.1.1.3 Lindo 6.1 Lingo 14.0 Maple 17 Marc 2012 Matlab R2012a MaxFem 0.3.3 Maxima 5.37.2 MEGA 6.05

Microsoft Office 2010 Microsoft Project 2007 Microsoft SDK 2.0

Microsoft Silverlight 5.1.41212.0 Mike Zero 2016

MikTex 2.9 Mobaxterm 8.3

Nastran 2012.2 3264 Notepad++ 7.3.3 Octave 4.2.1 Patran 2012.2.1 Project Libre 1.6.2 PSPP 0.10.1 Putty beta 0.63 PythonXY 2.7.9.0 QuickTime 7.7.4 R 3.3.3 RStudio 1.0.136 SAGA-GIS 2.1.0 Scientific Workplace 5.5 Scratch 2.0

SPSS 20

StatGraphicsCenturion XVI.1.15 Stellarium 0.15.1

TeXStudio 2.9.4 Virtual Moon 6.0 VLC 2.2.0 Winscp 5.7.1 XFDTD 6.4 32 bits

Software instalado en UBUNTUSC (ademais do que xa ven incluido no DVD da distribución) Firefox 53.0.2

Chrome 49.0.26 Chromium 58.0.3029 LIBREOFFICE 5.3.3 Octave 4.0.0 Stellarium 0.14.3 Gfortran 5.4.0 Liblapack-dev 3.6.0

Libmotif-dev 2.3.4 Dislin fortran library 11.0-2 Matlab R2012a

Maple 17 Java 8 update 131 Netbeans 8.2 GNUPLOT 4.6.6-3 Gimp 2.8.16

R-Cran 3.4.0 RStudio 1.0.143 VLC 2.2.2

Salome-Meca 2016-LGPL-1 Máxima 5.32.1

Scilab 5.5.2

Debido ao alto custo e ao tempo de vida limitado das lámpadas dos canóns de video prégase non esquecer apagalos.

PERSOAL TÉCNICO

Nome Dirección correo-e: Extensión:

Técnico xestor de

sistemas: Manuel Seijas Rivas [email protected] 13221

10

(11)

BIBLIOTECA

Como servizo a comunidade universitaria oferta aos seus usuarios consulta en sala, préstamo a domicilio, intercampus e interbibliotecario, fotodocumentación, acceso á colección electrónica e información bibliográfica.

Nesta liña, a biblioteca proporciona tamén cursos de formación de usuarios a diferentes niveis sobre o funcionamento do servizo bibliotecario, sobre o uso e aproveitamento dos recursos documentais e informacionais, así como na orientación de ferramentas de valoración da produción científica.

Dispón de 256 postos de lectura divididos en dous andares, 3 PCs para o uso público e dous ordenadores portátiles que poden ser prestados e usados na sala. Todos os servizos funcionan ininterrompidamente no horario da biblioteca.

Desde setembro de 2011 a biblioteca mantén o blog Suma-Te que na actualidade conta ademais coa colaboración dos profesores da facultade na elaboración de entradas de interese para o alumnado. Pode seguirse na dirección sumatebib.wordpress.com. Igualmente todos os novos libros que se vaian adquirindo aparecerán no Pintest da biblioteca na dirección web https://pinterest.com/buscmat/.

Existen diferentes modalidades de préstamo en función do tipo de obras e dos usuarios. Os tipos máis habituais son os seguintes:

 Préstamo para investigación: 2 meses e con posibilidade de renovación.

 Préstamo para alumnado: 3 obras durante 10 días do fondo xeral e 5 obras durante 15 días do fondo de investigación.

A renovación das obras prestadas pódese facer a través da Web segundo o tipo de usuario. En canto as obras pertencentes as bibliotecas do Campus de Lugo tamén están dispoñibles para o préstamo sen custos para o usuario, sempre que non se trate de manuais de uso frecuente. Ademais a BUSC conta cunha plataforma de préstamo de libros electrónicos comprados pola USC para os seus usuarios. A plataforma chámase PRELO e o seu enderezo é: http://prelo.usc.es.

O horario habitual é de luns a venres no horario de apertura do centro.

Teléfonos : 881813128 (Dirección), 881813351 (Proceso Técnico), 881813127 (Préstamo) Correo electrónico da biblioteca: [email protected]

Web: http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca

BIBLIOTECA DO OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER

A Biblioteca do Observatorio Astronómico conta con mais de 1600 volumes de monografías e un importante fondo de revistas impresas con acceso electrónico na súa meirande parte. A colección desta biblioteca está constituída principalmente por fondos do ámbito da astronomía e astrofísica tanto de divulgación como de carácter científico.

Está atendida polo persoal da Biblioteca de Matemáticas os xoves no horario de mañá. Os fondos poden ser consultados unicamente na propia biblioteca do observatorio.

11

(12)

DEPARTAMENTOS ADSCRITOS Á FACULTADE DE MATEMÁTICAS

Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización

Director: Pedro Faraldo Roca Secretario: Rodrigo López Pouso.

Administrativo: Julia Aneiros Peña Teléfono: 881813160

Correo electrónico: [email protected]

Departamento de Matemáticas Director: Enrique Macías Virgós.

Secretaria: Ana Jeremías López.

Administrativo: Elena Pillado Vega.

Teléfono: 881813135 Correo electrónico:

[email protected]

Departamento de Matemática Aplicada:

Directora: Patricia Barral Rodiño Secretaria: Carmen Rodríguez Iglesias.

Administrativo: Manuel Porto Canosa.

Teléfono: 881813184

Correo electrónico: [email protected]

OUTROS CENTROS ADSCRITOS Á FACULTADE DE MATEMÁTICAS

Instituto de Matemáticas

http://www.usc.es/gl/institutos/matematicas/

Director: Alberto Cabada Fernández.

Secretaria: Mª del Carmen Carollo Limeres.

Administrativo: Manuel Porto Canosa.

Enderezo: Facultade de Matemáticas. Campus Vida 15782 Santiago.

Teléfono: 881813377

Observatorio Astronómico Ramón María Aller http://www.usc.es/astro/

Director: José Ángel Docobo Durántez.

Enderezo: Apdo. de correos 197. Avda. das Ciencias. Campus Vida. Santiago.

Teléfono: 881815027

Correo electrónico: [email protected]

12

(13)

PROFESORADO

DIRECTORIO TELEFÓNICO E DE DESPACHOS POR DEPARTAMENTOS O nº de teléfono de acceso externo é o composto por 8818+Extensión

(O enderezo electrónico dos profesores pódese consultar na páxina http://www.usc.es/gl/web/directorio.html) Departamento de Estatística,

Análise Matemática e Optimización

Extensión telefónica

Número despacho Área de Análise Mátemática

Cabada Fernández, Alberto 13206 530

Fernández Tojo, Fernando Adrián 13380 529

Figueroa Sestelo, Rubén 13231 550

López Pouso, Rodrigo 13166 538

Nieto Roig, Juan José 13177 525

Otero Espinar, Mª Victoria 13170 545

Otero Zarraquiños, Óscar A. 13173 542

Rodríguez López, Rosana 13368 528

Trinchet Soria, Rosa 13205 549

Área de Estatística e Investigación Operativa Carollo Limeres, Mª del Carmen 13203 556

Casares de Cal, Mª Ángeles 13183 451

Casas Méndez, Balbina Virginia 13180 448

Coladas Uría, Luis 13218 563

Crujeiras Casais, Rosa María 13212 559

Faraldo Roca, Pedro 13216 561

Febrero Bande, Manuel 13187 457

Fernández Sotelo, Mª Ángeles 13210 566

González Díaz, Julio 13207 564

González Manteiga, Wenceslao 13204 558

Pateiro López, Beatriz 13185 562

Prada Sánchez, José Manuel 13189 455

Rodríguez Casal, Alberto 13229 565

Sánchez Sellero, César Andrés 13208 453

Departamento de Matemáticas Extensión

telefónica Número despacho Área de Álxebra

Alonso Tarrío, Leovigildo 13159 512

Barja Pérez, Javier 13150 427

Fernández Rodríguez, Rosa Mª 13158 513 Fernández Vilaboa, José Manuel 13167 507

Franco Fernández, Leoncio 13163 514

Gago Couso, Felipe 13140 508

García Rodicio, Antonio 13144 517

13

(14)

Gómez Pardo, José Luis 13155 506

Jeremías López, Ana 13366 515

Ladra González, Manuel 13138 421

López López, Mª Purificación 13157 509

Majadas Soto, José Javier 13168 518

Pedreira Pérez, Manuel Ramón 13152 429

Rodríguez Fernández, Celso 13161 522

Rodríguez González, Nieves 13156 502

Vale Gonsalves, Mª Jesús 13164 521

Villanueva Nóvoa, Emilio 13172 519

Área de Xeometría e Topoloxía

Alcalde Cuesta, Fernando 13142 422

Álvarez López, Jesús Antonio 13149 426

Bonome Dopico, Agustín 13136 403

Carballés Vázquez, José Manuel 13146 409

Castro Bolaño, Regina Mª 13145 407

Díaz Ramos, José Carlos 13363 321

García Río, Eduardo 13211 423

Gómez Tato, Antonio Mariano 13151 428

Hervella Torrón, Luis Mª 13139 406

Macías Virgós, Enrique 13153 412

Masa Vázquez, Xosé Mª 13134 401

Oubiña Galiñanes, José Antonio 13141 408 Salgado Seco, Modesto Ramón 13154 413 Torres Lopera, Juan Francisco 13137 419

Vázquez Abal, Mª Elena 13143 424

Departamento de Matemática

Aplicada Extensión

telefónica Número despacho Área de Astronomía e Astrofísica

Docobo Durántez, José Ángel 15025/15027 Observatorio

Ling Ling, Josefina 15011 Observatorio

Tamazian, Vakhtang 15029 Observatorio

Área de Matemática Aplicada

Álvarez Dios, José Antonio 13353 452

Barral Rodiño, Patricia 13213 320

Bermúdez de Castro, Alfredo 13192 441 Ferrín González, José Luis 13191 454 Gómez Pedreira, Mª Dolores 13186 438

Irago Baúlde, Hipólito 13220 319

López Pouso, Óscar 13228 450

Mato Eiroa, Pilar 13181 436

Muñiz Castiñeira, Mª del Carmen 13354 433

14

(15)

Muñoz Sola, Rafael 13182 435 Pena Brage, Francisco José 13194 456 Quintela Estévez, Peregrina 13223 442

Rodríguez García, Jerónimo 13355 322

Rodríguez Iglesias, Carmen 13178 431 Salgado Rodríguez, Mª del Pilar 13198 323

Seoane Martínez, Mª Luisa 13230 437

Vázquez Cendón, Mª Elena 13196 446

Viaño Rey, Juan Manuel 13188 439

Outros espazos

Sala de Bolseiros Extensión telefónica

Sala I 13390

Sala II 13391

15

(16)

16

(17)

17

(18)

18

(19)

ÓR GA NO S DE GO BE RN O E COMISIÓ NS DA FA CU LT AD E DE MAT EM ÁT ICAS

As competencias e a composición de cada órgano e comisión pódese consultar na seguinte páxina Web: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/organizacion_facultade/

Comisión de Informática e Novas Tecnoloxías

DECA NO/ A

Vicedecano/a Secretario/a

XUN TA DE FACUL TAD E

Comisión PermanenteComisión de BibliotecaComisión de Docencia e Asuntos Académicos

Comisión de Economía Infraestruturas Administración e Servizos

COMISIÓN DE CALIDADE Comisión de Normalización Lingüística Comisións Académicas de Másteres Matemáticas Técnicas Estasticas Matemática Industial

19

(20)

PROGRAMAS DE MOBILIDADE

Os programas de mobilidade, tanto nacionais como internacionais, permiten ao alumnado da USC cursar parte dos seus estudos de Grao e Máster, noutra universidade. Para favorecer o intercambio de estudantes, consolidáronse relacións estables con organismos internacionais e institucións educativas de todo o mundo, das que a Facultade de Matemáticas tamén é partícipe. Para o curso 2017-2018 tense convenio ERASMUS con varios países europeos (ver táboa adxunta) e SICUE coas universidades españolas que imparten o Grao en Matemáticas.

Alemaña Bulgaria Francia Italia Noruega Polonia Portugal Reino Unido Rumania Reinisch-

Westfälische Technische, Hochschule Aachen

University of Rousse

Université Technologie de Compiègne

Universitá Degli Studi Della Calabria

Norges Teknisk- Naturvitenskaplige Universitet

Politechnika Gdanska

Univerisda de de Minho

University of

Southampton Universitätea Din Craiova

Universität

Trier Université du

Maine

Università Degli Studi Di Genova

Uniwersytet Lodzki

Universitatea Alexandru Ioan Cuza Université

des Sciences et des Technologies de Lille

Universitá Degli Studi Di L’Aquila

Maria Curie- Sklodowska University

Universitätea de Vest Din Timisoara

Université de Nimes

Universitá Degli Studi Di Roma “La Sapienza”

Université Pierre et Marie Curie (París VI) Université de Rennes I Máis información:

http://www.usc.es/gl/goberno/vrrelins/portal_internacional/movilidad.html

PRÁCTICAS EN EMPRESAS

O alumnado poderá obter recoñecemento académico de créditos optativos, pola realización de prácticas externas relacionadas co título. Para a mellora da empregabilidade dos titulados, a Facultade de Matemáticas propicia o establecemento de convenios para a realización de prácticas e xestiona a organización das mesmas como oferta académica complementaria na formación dos seus estudantes.

Na actualidade, ademais dos convenios xerais da USC, hai convenios específicos para a realización de prácticas polo alumnado da Facultade nas seguintes empresas/institucións: Advice, Training & Innovation in Biostatistics S. L.

(BIOSTATECH), Centro tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), Instituto Galego de Estatística (IGE), Instituto Nacional de Estatística (INE), Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), MeteoGalicia Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Real Sociedade Matemática Española (RSME),Servizo Galego de Saúde (SERGAS), Quorum S. L. e Archivo Histórico Diocesano.

Os estudantes tamén poderán propiciar a través das facultades e escolas da USC, do Consello Social ou de FEUGA, a oferta de prácticas nunha determinada empresa ou entidade, sempre que non exista convenio previo con ela, e para as cales terán prioridade.

Para mais información consultar as seguintes ligazóns:

http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/practicas_empresa/index.html http://www.usc.es/es/servizos/oiu/Practicas_en_empresas_estudantes.html

20

(21)

22

NORMATIVAS

Normativas Internas da Facultade de Matemáticas

- Regulamento de réxime interno da Facultade de Matemáticas.

- Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao (TFG) en Matemáticas.

- Normativa de asignación de lugares de traballo nas Salas de Bolseiras/os - Uso de taquillas.

Os textos completos das normativas así como os formularios correspondentes pódense atopar na seguinte dirección electrónica:

http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/normativas_documentos_impresos/index.html

Normativa Xeral da USC

- Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.

- Normativa de Permanencia nas Titulacións de Grao e Máster (Contén información sobre: tipos de matrícula, réxime de convocatorias, esgotamento de convocatorias, non presentados, progreso académico, etc.)

- Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior.

- Estatuto do Estudiantado da USC.

Os textos completos das normativas pódense atopar nas seguinte ligazón:

http://www.usc.es/gl/normativa/estudantes/index.html

- Normativa de Matrícula, elaboración e defensa dos traballos de fin de Grao e fin de Máster na USC.

- Resolucións reitorais sobre recoñecemento de créditos ao abeiro do artigo 12.8 do R. D. 1393-2007 como créditos optativos ou transversais nas titulacións de Grao.

- Normas de xestión académica.

Os textos completos das normativas pódense atopar na seguinte ligazón:

http://www.usc.es/gl/normativa/xestionacademica/index.html

Outras normativas ou acordos

O alumnado poderá consultar na páxina web na Universidade as normativas relativas aos estudos na USC.

- Convocatoria de matrícula do curso académico 2017-2018.

http://hdl.handle.net/10347/15578

- Instrución 1/2013, da secretaría xeral da universidade de Santiago de Compostela sobre aplicación das normas de permanencia a partir do curso 2013/14 e do regulamento de intercambios a efectos de matrícula.

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/secxeral/descargas/Instruccixn_1-2013_web.pdf - Estatutos da USC.

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/documentos/Estatutos_da_Universidade_de _Santiago_de_Compostela_-_DECRETO_14-

2014x_do_30_de_xaneirox_polo_que_se_aproban_os_estatutos_da_USC.pdf

21

(22)

CALENDARIO ACADÉMICO DO CURSO 2017/18

Aprobado polo Consello de Goberno o 5 de abril de 2017

- O curso académico 2017-2018 organizarase en dous períodos académicos e abarcará dende o día 1 de setembro de 2017 ao 31 de agosto de 2018, agás os días marcados como festivos ou non lectivos neste calendario.

- O calendario será único para os estudios adaptados ao EEES.

- O primeiro período para a impartición de docencia iniciarase o día 11 de setembro de 2017 e rematará o 18 de decembro de 2017. Os másteres oficiais poderán retrasar o comezo de curso ata o 25 de setembro.

- O segundo período para a impartición de docencia iniciarase o día 30 de xaneiro de 2018 e rematará o día 15 de maio de 2018.

-

Con independencia da data de defensa, a entrega dos TFG/TFM para defender no mes de setembro farase tendo como data limite o 31 de xullo de 2018.

- En consecuencia, o calendario de docencia, período de cualificacións e entrega de actas será o seguinte:

Primeiro período Inicio Fin

Período lectivo 11/09/2017 18/12/2017

Período de apertura de Actas 19/12/2017 31/01/2018

Defensa TFG/TFM 31/01/2018 23/02/2017

Período de apertura de Actas TFG/TFM 31/01/2018 12/03/2018

Segundo período Inicio Fin

Período lectivo 30/01/2018 15/05/2018

Período de apertura de Actas 16/05/2018 22/06/2018

Defensa TFG/TFM 22/06/2018 20/07/2018

Período de apertura de actas TFM/TFG 22/06/2018 27/07/2018

Período de apertura de actas segunda oportunidade do 1º e

2º semestre 26/06/2018 27/07/2018

Defensa TFM/TFG (Setembro) 04/09/2018 18/09/2018

Período de apertura de actas TFM/TFG 05/09/2018 28/09/2018

- As datas de realización dos exames da convocatoria extraordinaria de fin de carreira para as titulacións de Grao e Máster, así como a data límite de sinatura das actas, coincidirán coas previstas para a realización de exames e para a sinatura das actas do primeiro semestre.

- Os períodos de interrupción da actividade académica serán: a) dende o sábado 23 de decembro de 2017 ata o 7 de xaneiro de 2018 (ambos os dous incluídos); b) o luns e martes de Carnaval (12 e 13 de febreiro de 2018); e c) a Semana Santa, dende o 26 de marzo ao 30 de marzo de 2018 (ambos os dous incluídos) - Terá carácter festivo e, polo tanto, non lectivo, o luns 29 de xaneiro de 2018, día ao que se traslada a

festividade de Santo Tomé de Aquino, ademais dos días declarados festivos polo Estado, a Comunidade Autónoma e, en cada Campus, os correspondentes as festas locais.

22

(23)

24

- Finalmente, en cada centro, terá carácter non lectivo o día de celebración da súa festividade. A estes efectos, son festividades dos centros as seguintes:

 4 de outubro (S. Francisco de Asís). Facultade de Veterinaria

 18 de outubro (S. Lucas). Facultade de Medicina e Odontoloxía (Lic. en Medicina)

 15 de novembro (S. Alberte Magno). Facultade de Bioloxía, Física, Matemáticas, Química e Ciencias

 27 de novembro (S. Xosé de Calasanz). Facultade de Formación do Profesorado

 8 de decembro (Inmaculada). Facultade de Farmacia

 13 de decembro (Sta. Otilia). Facultade de Óptica e Optometría

 23 de xaneiro (S. Raimundo de Peñafort). Facultade de Dereito

 9 de febreiro (Sta. Apolonia). Facultade de Medicina e Odontoloxía (Lic. en Odontoloxía)

 24 de febreiro (Xoán Huarte de S. Xoán). Facultade de Psicoloxía

 8 de marzo (S. Xoán de Deus). Facultade de Enfermería

 9 de marzo (natalicio do Padre Sarmiento). Facultade de CC. da Educación

 19 de marzo (San José). Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.

 5 de abril (S. Vicente Ferrer). Facultade de CC. Económicas e Empresariais e Fac. de Administración e Dirección de Empresas

 15 de abril (natalicio de Leonardo da Vinci). Escola Técnica Superior de Enxeñaría

 22 de abril (Día da Terra). Escola Politécnica Superior

 26 de abril (S. Isidoro de Sevilla). Facultades de Filoloxía, Filosofía, Humanidades e Xeografía e Historia.

 1 de maio (Día do Traballo). Facultade de Relacións Laborais

 3 de maio (Día da Liberdade de Expresión). Facultade de Ciencias da Comunicación

- Coa finalidade de aproveitar ao máximo os días lectivos, se ditas festividades coinciden en martes ou xoves, celebraranse o luns ou venres máis próximos, e se cadraran en mércores trasladaranse ao venres.

As que coincidan en sábado, domingo ou festivo celebraranse o día lectivo anterior ou seguinte. (O día de S. Alberte Magno celebrarase o 17 DE NOVEMBRO)

- Considérase inhábil para a convocatoria dos órganos colexiados nos que participe o sector III (alumnado) do 24 de decembro de 2017 ao 31 de xaneiro do 2018, e do 1 ao 22 de xuño de 2018. Exceptuándose do anterior, a convocatoria dos órganos colexiados do goberno por motivos de urxencia e/ou gravidade.

- Os horarios das clases deben consultarse na páxina web da Facultade de Matemáticas, pois poden estar sometidos a pequenas modificacións puntuais (http://www.usc.es/matematicas)

23

(24)

Acordo sobre a regulación dunha oportunidade de recuperación para os planos de estudo en

(25)

26

Graos

GRAOS

(26)

GRAO EN MATEMÁTICAS

(27)

28

INFORMACIÓN XERAL

Graduado ou Graduada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela Centro: Facultade de Matemáticas.

Autorización: O Consello de Universidades do 28 de maio de 2008 verificou positivamente a proposta de Título de Grao en Matemáticas.

Rama: Ciencias (Código da Unesco de clasificación do títulos: ISCED 5A46).

Xustificación do título:

As matemáticas son parte esencial da formación de científicos e enxeñeiros. Nos últimos anos, ademais de notables avances disciplinares, incrementouse a súa achega a campos clásicos como a física e a enxeñaría e outros como a economía, as ciencias sociais ou a medicina. Esta situación fai previsible unha maior interacción entre o grao en matemáticas e estudos de postgrao noutros campos.

Alén do ámbito tradicional da docencia e a investigación, os estudos de matemáticas ofrecen unhas expectativas laborais de amplo espectro, sendo os máis destacados:

 Informática e telecomunicacións.

 Enxeñaría.

 Finanzas e banca.

 Administración de empresas.

 Calidade, Produción e I+D.

 Técnicos en marketing e comunicación.

Obxectivos:

- Formar graduados que coñezan a natureza, os métodos e os fins máis relevantes das distintas ramas das Matemáticas, posibilitando o seu acceso ao mercado de traballo en postos cun nivel medio-alto de responsabilidade ou continuar estudos posteriores cun alto nivel de autonomía en disciplinas científicas ou tecnolóxicas.

- Desenvolver no alumnado as capacidades analíticas e de abstracción, a intuición e o pensamento lóxico e rigoroso a través do estudo da Matemática.

- Transmitir ao alumnado unha visión das Matemáticas como parte integrante da educación e a cultura que lles permita recoñecer a súas presenza na natureza a través da ciencia, a tecnoloxía e a arte.

- Transmitir aos/ás estudantes o respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos dereitos humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

Competencias xerais:

- Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das Matemáticas.

- Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes para obter conclusións en problemas científicos, tecnolóxicos ou de outros ámbitos que requiran ferramentas matemáticas.

- Aplicar os coñecementos e capacidades adquiridas na formulación e resolución de problemas en contextos académicos e profesionais.

- Comunicar, por escrito e oralmente, coñecementos e ideas matemáticas.

- Aprender de forma autónoma novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.

Competencias específicas:

- Comprender e utilizar a linguaxe matemática.

- Coñecer demostracións rigorosas dalgúns teoremas clásicos.

- Saber abstraer as propiedades e feitos substanciais dun problema, distinguíndoas daqueloutras puramente circunstanciais.

- Propoñer, validar e interpretar modelos matemáticos de situacións reais sinxelas.

- Planificar e executar algoritmos e métodos matemáticos para resolver problemas.

- Utilizar aplicacións informáticas de análise estatística, cálculo numérico e simbólico, optimización e software científico, para experimentar en matemáticas e resolver problemas.

Tipo de Ensinanza: Presencial.

27

(28)

Número de prazas de novo ingreso: No actual curso académico 2017/2018 o límite de prazas é de 100.

Número mínimo de créditos europeos de matrícula por estudante, período lectivo e normas de permanencia:

Poden consultarse nas ligazóns das normativas citadas na páxina 21 desta guía.

Acceso e admisión de estudantes:

O acceso realizarase consonte ao art. 14 do RD 1393/2007 do 29 de outubro sobre Organizacións das ensinanzas universitarias oficiais, a este respecto será preciso estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente e a superación da proba habilítante segundo o art. 42 da LOU.

Non se establece ningunha formación previa específica para o ingreso no grao, con todo sería conveniente que o futuro alumnado de Grao en Matemáticas posúan unha formación de perfil científico-tecnolóxico. Sería recomendable asemade ter cursado materias de bioloxía, física e química. Sería desexábel que tivese as seguintes cualidades:

- Gusto por resolver problemas.

- Habilidade no cálculo.

- Rapidez mental.

- Visión xeométrica no espazo.

- Capacidade de razoamento lóxico.

Sistemas de apoio e acollida no centro:

Ademais da información que se pode obter na web da USC http://www.usc.es, no centro realizarase unha xornada especial a cargo do decanato o primeiro día do curso para explicar os detalles de funcionamento da Facultade (aulas de informática, préstamo bibliotecario, salas de estudo, etc), así como as orientacións xerais sobre o plan de estudo, matrícula, outra información de interese, etc.

Tamén é interesante que o alumnado consulte a paxina web propia do centro:

http://www.usc.es/matematicas

Transferencia e recoñecemento de créditos para titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES):

Será de aplicación o sistema aprobado pola USC e que se pode consultar na dirección:

http://www.usc.es/estaticos/normativa/pdf/normatransferrecocreditostituEEES.pdf Estrutura do título de Grao en Matemáticas:

O plan de estudos consta de 240 créditos, divididos en 4 cursos de 60 créditos cada un, que inclúen toda a formación teórica e práctica que o alumnado debe adquirir, coa seguinte distribución

Todas as materias son cuadrimestrais e de 6 ECTS, agás catro de 3º Curso que son de 4,5. Os 36 créditos optativos se obteñen por cursar materias de 6 créditos, elixidas entre 12 materias ofertadas en 4º curso, ou por recoñecemento de prácticas de empresa ou outras actividades.

Traballo de fin de grao:

Rexerase polo regulamento do Traballo Fin de Grao en Matemáticas da USC.

Consultar a seguinte dirección http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/traballo_fin_grao_TFG/index.html para mais información relativa ás convocatorias, tribunais, asignacións, modelos de memorias, etc.

Para poder formalizar a matrícula do TFG o alumnado poderá ter pendentes como máximo 75 créditos para completar os estudos excluídos os correspondentes ao TFG, e en calquera caso deberá reunir os requisitos que estableza a USC.

Recoñecemento de créditos optativos:

Poden obterse até un máximo de 18 créditos, dos 36 optativos por:

Tipo de Materia Créditos ECTS

Formación Básica (FB) 66

Obrigatorias (OB) 126

Optativas (OP) 36

Traballo Fin de Grao 12

Total 240

28

(29)

30

 Recoñecemento de prácticas externas: máx. de 6 créditos.

 Acreditación de competencias transversais e/ou participación en actividades: máximo 12 créditos.

Créditos ECTS:

O número de horas por crédito ECTS é de 25. Atendendo ás necesidades do ensino-aprendizaxe, adaptadas ao EEES, o traballo presencial na aula en cada materia está no contorno do 33% - 40% do total de horas de cada crédito ECTS, das que un 20% - 25 % son de titorías en grupo ou individualizadas. Este traballo presencial inclúe clases de teoría, clases prácticas, seminarios, titorías en grupo, titorías individuais e outras actividades. O resto supón traballo persoal do/a estudante, individual ou en grupo, que inclúe as horas de estudo, a busca a e síntese de información, a resolución de exercicios, a elaboración e redacción de traballos, a posta a punto de programas de ordenador, preparación de exames, exposicións, probas de control, etc.

Metodoloxía docente:

As actividades formativas na aula con presenza do profesorado clasifícanse segundo o tamaño do grupo e o tipo de docencia: Expositiva (80 alumnos/as), Interactiva (Seminario, 30 alumnos/as, Laboratorio, 20 alumnos/as), Titorias en grupos moi reducidos (10 alumnos/as)

 Docencia expositiva: clases presenciais que non aspiran a unha participación activa destacada dos/as estudantes, e que por tanto se poden impartir en grupos grandes. Lección impartida polo profesorado que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...)

 Docencia interactiva:

- Seminario. Clases de encerado en grupo reducido, clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, etc.

- Laboratorio. Clases en grupo reducido, onde o alumnado pode utilizar o computador en aula de informática ou prácticas de laboratorio (observatorio astronómico) ou ven recibir titorías sexa en encerado o con ordenador para levar a cabo actividades de proposición e supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría, problemas, exercicios, programas, lecturas ou outras tarefas propostas, presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos.

 Titorización presencial :

Titorías en grupos moi reducidos: Titorías programadas polo profesorado e coordinadas polo Centro.

En xeral, suporán para cada alumno/a 2 horas por cuadrimestre e materia.

Sistemas de avaliación:

En todas as materias do Grao a cualificación farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final. A avaliación continua farase por medio de controis escritos, traballos entregados, participación do alumnado na aula, titorías ou outros medios explicitados na programación da materia. A cualificación do alumno/a non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua, dándolle a esta última un peso non inferior ao 25%. O profesorado fixará na guía docente anual o peso concreto que outorgará á avaliación continua e ao exame final, respectando a regra anterior.

A Comisión de Docencia e Asuntos Académicos da Facultade de Matemáticas, na súa reunión do día 16 de xullo de 2009, acordou que só se poderán realizar probas parciais escritas nas materias de Grao nas datas establecidas polo Decanato e que se anunciarán debidamente en cada cuadrimestre. A posible realización das mesmas establecerase segundo acordo da Coordinadora de curso, tomado na súa primeira reunión que ten lugar a principios do curso académico.

29

(30)

PLAN DE ESTUDOS

FB = Formación básica OB = Obrigatoria OP = Optativa

PRIMEIRO CURSO

NOME Caract. Cuadrimestre Créditos

101 Elementos de Probabilidade e Estatística 103 Informática

105 Introdución á Análise Matemática

107 Linguaxe Matemática, Conxuntos e Números 109 Química Básica

FB FB FB FB FB

1º 1º 1º 1º 1º

6 6 6 6 6

102 Bioloxía Básica FB 2º 6

104 Continuidade e Derivabilidade de funcións dunha Variable Real FB 2º 6

106 Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial FB 2º 6

108 Integración de Funcións dunha Variable Real FB 2º 6

110 Topoloxía dos Espazos Euclidianos FB 2º 6

SEGUNDO CURSO

NOME Caract. Cuadrimestre Créditos

221 Álxebra Linear e Multilinear OB 1º 6

223 Cálculo Numérico nunha Variable OB 1º 6

225 Diferenciación de Funcións de Varias Variables Reais OB 1º 6

201 Física Básica FB 1º 6

227 Programación Linear e Enteira OB 1º 6

222 Análise Numérica Matricial OB 2º 6

224Curvas e Superficies OB 2º 6

229 Xeometría Linear OB 2º 6

226 Introdución ás ecuacións diferenciais ordinarias OB 2º 6

228 Series Funcionais e Integración de Riemann en Varias Variables Reais OB 2º 6

TERCEIRO CURSO

NOME Caract. Cuadrimestre Créditos

321 Cálculo Vectorial e Integración de Lebesgue OB 1º 6

322 Ecuacións Diferenciais Ordinarias OB 1º 4,5

326 Estruturas Alxébricas 324 Probabilidade e Estatística

328 Métodos Numéricos en Optimización e Ecuacións Diferenciais 330 Topoloxía Xeral

OB OB OB OB

1º 1º 1º 1º

6 6 6 4,5

323 Ecuacións Alxébricas OB 2º 6

325 Inferencia Estatística OB 2º 6

327 Teoría Global de Superficies OB 2º 6

329 Series de Fourier e Introdución ás Ecuacións en Derivadas Parciais. OB 2º 4,5

331 Topoloxía de Superficies OB 2º 4,5

30

(31)

32

CUARTO CURSO

NOME Caract. Cuadrimestre Créditos

421 Modelización Matemática OB 1º 6

422 Variable Complexa OB 1º 6

441 Códigos Correctores e Criptografía OP 1º 6

442 Análise Funcional en Espazos de Hilbert OP 1º 6

443 Fundamentos de Astronomía OP 1º 6

444 Modelos de Regresión e Análise Multivariante 446 Variedades diferenciables

448 Análise Numérica de Ecuacións en Derivadas Parciais

OP OP OP

1º 1º 1º

6 6 6

445 Taller de Simulación Numérica OP 2º 6

447 Álxebra, Números e Xeometría OP 2º 6

449 Ecuacións Diferenciais OP 2º 6

450 Historia da Matemática OP 2º 6

451 Teoría de Xogos OP 2º 6

452 Topoloxía Alxébrica OP 2º 6

423 Traballo Fin de Grao OB 2º 12

DISTRIBUCIÓN DE MATERIAS POR MÓDULOS

GRAO EN MATEMÁTICAS MÓDULOS FORMATIVOS

ASIGNATURA ECTS MÓDULO

Espazos vectoriais e cálculo matricial 6

Álxebra linear e multilinear 6

Xeometría linear 6

Introdución á análise matemática 6

Continuidade e derivabilidade de funcións dunha variable real 6

Integración de funcións dunha variable real 6

Variable complexa 6

Diferenciación de funcións de varias variables reais 6 Series funcionais e integración de Riemann en varias variables reais 6

Cálculo vectorial e integración de Lebesgue 6

Introdución ás ecuacións diferenciais ordinarias 6

Ecuacións diferenciais ordinarias 4,5

Series de Fourier e introdución ás ecuacións en derivadas parciais 4,5

Elementos de probabilidade e estatística 6

Probabilidade e estatística 6

Inferencia estatística 6

Programación linear e enteira 6

Estruturas alxébricas 6

Ecuacións alxébricas 6

Curvas e superficies 6

Teoría global de superficies 6

Cálculo numérico nunha variable 6

Análise numérica matricial 6

Métodos numéricos en optimización e ecuacións diferenciais 6

Topoloxía dos espazos euclidianos 6

Topoloxía xeral 4,5

Topoloxía de superficies 4,5

31

(32)

Modelización matemática 6 MODELIZACIÓN 6 ECTS

Linguaxe matemática, conxuntos e números 6

Química básica 6

Bioloxía básica 6

Física básica 6

Informática 6

Códigos Correctores e Criptografía 6

Análise Funcional en Espazos de Hilbert 6

Fundamentos de Astronomía 6

Modelos de Regresión e Análise Multivariante 6

Taller de Simulación Numérica 6

Variedades Diferenciables 6

Álxebra, Números e Xeometría 6

Análise Numérica de Ecuacións en Derivadas Parciais 6

Ecuacións Diferenciais 6

Historia da Matemática 6

Teoría de Xogos 6

Topoloxía Alxébrica 6

Traballo fin de Grao 12 Traballo fin de Grao

PROFESORADO DAS MATERIAS

PRIMEIRO CURSO

Materia Profesorado.

101 Elementos de Probabilidade e Estatística

Mª Ángeles Casares de Cal Manuel Febrero Bande Beatriz Pateiro López José Manuel Prada Sánchez 102 Bioloxía Básica

Antón Barreiro Iglesias Eva Mª Candal Suárez Otilia Reyes Ferreira

103 Informática Eva Cernadas García

Manuel Fernández Delgado 104 Continuidade e Derivabilidade de funcións dunha Variable Real Fernando Adrián Fernández Tojo

105 Introdución á Análise Matemática

Daniel Cao Labora Rubén Figueroa Sestelo Rodrigo López Pouso Rosa Mª Trinchet Soria

106 Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial

Rosa Mª Fernández Rodríguez José M. Fernández Vilaboa Felipe Gago Couso Purificación López López Nieves Rodríguez González

107 Linguaxe Matemática, Conxuntos e Números

Leovigildo Alonso Tarrío Antonio García Rodicio Ana Jeremías López José Javier Majadas Soto 108 Integración de Funcións dunha Variable Real Rubén Figueroa Sestelo

109 Química Básica Soledad García Tasende

Mª Angeles Sánchez González

110 Topoloxía dos Espazos Euclidianos

Fernando Alcalde Cuesta Jesús Antonio Álvarez López José Carlos Díaz Ramos José Antonio Oubiña Galiñanes

32

(33)

34

SEGUNDO CURSO

Materia Profesorado

201 Física Básica Pablo Alfonso del Pino González de la

Higuera

Manuel Vázquez Ramallo

221 Alxebra Linear e Multilinear Leoncio Franco Fernández

Manuel R. Pedreira Pérez

222 Análise Numérica Matricial José Luis Ferrín González

Hipólito Irago Baúlde Mª del Pilar Mato Eiroa

223 Cálculo Numérico nunha Variable José Antonio Álvarez Dios

Hipólito Irago Baúlde Carmen Rodríguez Iglesias

224 Curvas e Superficies Eduardo García Río

Luis Mª Hervella Torrón Javier Valle Regueiro 225 Diferenciación de Funcións de Varias Variables Reais Rubén Figueroa Sestelo

Rosana Rodríguez López 226 Introdución ás ecuacións diferenciais ordinarias Rosana Rodríguez López

227 Programación Linear e Enteira Balbina Casas Méndez

Julio González Díaz

Ángel Manuel González Rueda 228 Series Funcionais e Integración de Riemann en Varias Variables Reais Rosa Mª Trinchet Soria

229 Xeometría Linear Ana Jeremias López

Mª Jesus Vale Gonsalves

TERCEIRO CURSO

Materia Profesorado

321 Cálculo Vectorial e Integración de Lebesgue Alberto Cabada Fernández Lorena Saavedra López

322 Ecuacións Diferenciais Ordinarias Mª Victoria Otero Espinar

323 Ecuacións Alxébricas Ana Jeremias López

Purificación López López Nieves Rodríguez González

324 Probabilidade e Estatística Arís Fanjul Hevia

Wenceslao González Manteiga César Andrés Sánchez Sellero

325 Inferencia Estatística Alberto Rodríguez Casal

326 Estruturas Alxébricas Jesús Conde Lago

Rosa Mª Fernández Rodríguez Antonio García Rodicio 327 Teoría Global de Superficies

Carlos Luis Franco Sanmartín Mª Elena Vázquez Abal Antón Carlos Vázquez Martínez 328 Métodos Numéricos en Optimización e Ecuacións Diferenciais Jerónimo Rodríguez García

Mª Luisa Seoane Martínez 329 Series de Fourier e Introdución ás Ecuacións en Derivadas Parciais Rodrigo López Pouso

330 Topoloxía Xeral Xosé Mª Masa Vázquez

331 Topoloxía de Superficies José M. Carballés Vázquez

33

(34)

CUARTO CURSO

Materia Profesorado

421 Modelización Matemática Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela

Gonzalo Castiñeira Vega Rafael Muñoz Sola

422 Variable Complexa Jorge Losada Rodríguez

Juan José Nieto Roig 441 Códigos Correctores e Criptografía José Luis Gómez Pardo

Nieves Rodríguez González 442 Análise Funcional en Espazos de Hilbert Jorge Losada Rodríguez

Juan José Nieto Roig

443 Fundamentos de Astronomía José A. Docobo Durántez

Josefina F. Ling Ling

444 Modelos de Regresión e análise Multivariante Wenceslao González Manteiga César Andrés Sánchez Sellero 445 Taller de Simulación numérica Peregrina Quintela Estevez

446 Variedades Diferenciables José A. Oubiña Galiñanes

447 Álxebra, Números e Xeometría Leoncio Franco Fernández

José L. Gómez Pardo 448 Análise Numérica de Ecuacións en Derivadas Parciais José Luís Ferrín González

Oscar López Pouso

449 Ecuacións Diferenciais Alberto Cabada Fernández

Mª Victoria Otero Espinar

450 Historia da Matemática Leoncio Franco Fernández

Xosé Mª Masa Vázquez

451 Teoría de Xogos Balbina V. Casas Méndez

452 Topoloxía Alxébrica Jesus A. Álvarez López

Para información mais detallada ou posibles modificacións consultar a páxina web: http://www.usc.es/matematicas

34

(35)

36

SISTEMA TITORIAL

O Sistema Titorial do Grao en Matemáticas da USC comprende unha serie de actividades dedicadas á orientación dos estudantes no ámbito persoal, académico e profesional, cos seguintes obxectivos:

- Orientar, apoiar e asesorar ao alumnado no seu proceso formativo.

- Facilitar a integración do alumnado de novo ingreso.

- Informar ao alumnado sobre aspectos académicos e profesionais que lle permitan planificar o seu itinerario académico e o seu futuro profesional.

- Realizar un seguimento personalizado do alumnado.

- Animar ao alumnado á participación na vida da Facultade de Matemáticas e da Universidade de Santiago de Compostela.

- Identificar as dificultades de aprendizaxe e organizativas no Grao en Matemáticas, para poder analizalas e darlles solución.

Máis información:

http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/sistema_titorial/

AULA DE MATEMÁTICAS

A Aula de Matemáticas agrupa o conxunto de actividades formativas de apoio ao alumnado da Facultade. Este programa comprende conferencias, cursos e seminarios, algúns dos cales están adaptados ás necesidades formativas do noso alumnado. En concreto, temos unha serie de seminarios específicos para o alumnado de novo ingreso, coordinadas dende o Sistema Titorial, e outros cursos dirixidos ao alumnado que rematan os seus estudos.

Máis información:

http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/sistema_titorial/aula_matematicas.html

OUTRAS ACTIVIDADES

A Facultade de Matemáticas organiza ao longo do curso diversas actividades dirixidas ao seu alumnado e persoal.

Ademais dos seminarios e conferencias da Aula de Matemáticas e dos departamentos e centros vencellados á facultade, tamén se celebra unha Xornada de Novos Investigadores, en conmemoración do mes da ciencia, o concurso de vídeos curtos Explícoche Matemáticas 2.0 e cursos de verán.

A información sobre estas e outras actividades que se organicen ao longo do curso farase pública a través da páxina web do centro: http://www.usc.es/matematicas

35

(36)

CALENDARIO DE EXAMES

Recoméndase consultar periodicamente este calendario na páxina web da Facultade de Matemáticas, pois pode estar sometido a pequenas modificacións puntuais e corrección de erros (http://www.usc.es/matematicas).

PRIMEIRO CURSO

Código Materia Data Hora Aula Período

18/01/2018 09:00 - 14:00 6 1º

22/06/2018 10:00 - 14:00 6 1º

22/12/2017 09:00 - 14:00 Inf. 2 1º 28/06/2018 10:00 - 14:00 Inf. 2 1º

08/01/2018 09:00 - 14:00 6 1º

20/06/2018 10:00 - 14:00 6 1º

15/01/2018 09:00 - 14:00 6 1º

26/06/2018 10:00 - 14:00 6 1º

19/12/2017 09:00 - 14:00 6 1º

02/07/2018 10:00 - 14:00 6 1º

08/06/2018 09:00 - 14:00 6 2º

16/07/2018 10:00 - 14:00 6 2º

05/06/2018 09:00 - 14:00 6 2º

12/07/2018 10:00 - 14:00 6 2º

28/05/2018 09:00 - 14:00 6 2º

06/07/2018 10:00 - 14:00 6 2º

24/05/2018 09:00 - 14:00 6 2º

04/07/2018 10:00 - 14:00 6 2º

31/05/2018 09:00 - 14:00 6 2º

10/07/2018 10:00 - 14:00 6 2º

SEGUNDO CURSO

Código Materia Data Hora Aula Período

22/01/2018 09:00 - 14:00 6 1º 29/06/2018 10:00 - 14:00 6 1º 10/01/2018 09:00 - 14:00 6 1º 25/06/2018 10:00 - 14:00 6 1º 19/01/2018 09:00 - 14:00 6 1º 27/06/2018 10:00 - 14:00 6 1º 16/01/2018 09:00 - 14:00 6 1º 02/07/2018 16:00 - 20:00 6 1º 21/12/2017 09:00 - 14:00 6 1º 21/06/2018 10:00 - 14:00 6 1º 29/05/2018 09:00 - 14:00 6 2º 10/07/2018 16:00 - 20:00 6 2º 07/06/2018 09:00 - 14:00 6 2º 13/07/2018 10:00 - 14:00 6 2º 11/06/2018 09:00 - 14:00 6 2º 11/07/2018 10:00 - 14:00 6 2º 25/05/2018 09:00 - 14:00 6 2º 05/07/2018 10:00 - 14:00 6 2º 04/06/2018 09:00 - 14:00 6 2º 17/07/2018 10:00 - 14:00 6 2º

36

Referencias

Documento similar

Síntesis y estudio de nuevos fármacos para el tratamiento de la esquizofrenia Aguín Losada, Nerea.. Estudio de posible asociación entre el SNP rs16944 de la interlucina 1b (IL1b)

A Guía da Facultade de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela pretende informar do funcionamento da Facultade, difundir a súa oferta docente e asistencial

Na fase de anteproxecto do novo centro de ciencias da saúde e no de rehabilitación da Facultade de Medicina e Odontoloxía avaliaranse as necesidades docentes e

♦ Curso de Unidades Didácticas. Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago. Facultade de Psicoloxía. Santiago de

LUGAR DE REALIZACIÓN: Laboratorio nº 3, 2ª planta na Facultade de Química da Universidade de Vigo PROXECTO FORMATIVO.. OBXECTIVO

a) Ao alumnado que teña superado polo menos 60 créditos do plan de estudos da licenciatura que inclúan materias troncais e obrigatorias do primeiro curso recoñeceráselles o

b) O cumprimento dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e das normas que os desenvolvan... Son órganos de representación do persoal funcionario da Universi- dade

A Facultade de Química é o Centro da USC encargado da xestión e organización na Universidade de Santiago de Compostela dos estudos conducentes á obtención do título de Graduada/o