DATOS &
INFORMES
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA
Web
consellodacultura.org
Twitter:
@consellocultura
Facebook:
facebook.com/consellocultura
Correo:
Telf: +34 981 95 72 02
21/10/2014
As ensinanzas do ámbito cultural en Galicia
Introdución
Este documento de traballo aborda información relativa ao ensino relacionado coas profesións culturais, seguindo a metodoloxía proposta polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte na súa estatística “Enseñanzas en el ámbito Cultural”. O informe recolle os seguintes tipos de ensinanzas:
- Ensinanzas artísticas do réxime especial: Música, Danza, Arte Dramática e Artes Plásticas e Deseño.
- Ensinanzas do réxime xeral: Bacharelato (modalidade Artes) e Formación Profesional do ámbito cultural (módulos de Artes gráficas, Comunicación, imaxe e son, Artes plásticas e deseño e Servizos socioculturais á comunidade, que comprenden Biblioteconomía, arquivística e documentación e Animación sociocultural).
- Ensino universitario: Biblioteconomía e Documentación, Belas Artes, Documentación, Historia e Ciencias da Música, Historia da Arte, Ciencias da Información, Comunicación Audiovisual, Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas.
- Formación Profesional Ocupacional do ámbito cultural: Programas de escolas taller, casas de oficios e talleres de emprego, e cursos de Formación Profesional Ocupacional, concretamente, Artesanía, Industrias gráficas, Información e manifestacións artísticas.
Principais conceptos:
Alumnado matriculado. Trátase de todo o alumnado matriculado nun curso académico nalgunha das ensinanzas do ámbito cultural, tanto se se matriculou para a realización dun curso completo dunha ensinanza ou se soamente cursa parte das súas materias.
Centros docentes. Considérase centro docente todo centro creado ou autorizado que imparte polo menos unha das ensinanzas no curso de referencia. Considérase que un centro imparte unha ensinanza cando ten alumnado matriculado no devandito ensino no curso de referencia.
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
exclusivamente en actividades complementarias extra curriculares que se realizan nos centros docentes con carácter voluntario, nin o persoal que intervén ocasionalmente nos centros docentes.
Programas de escolas taller e casas de oficio. Trátase de programas incluídos na Formación Profesional Ocupacional do servizos de emprego, cuxa finalidade é a inserción laboral de mozos desempregados menores de vinte e cinco anos, a través da súa formación, en alternancia coa práctica profesional.
Programas de talleres de emprego. Trátase de programas mixtos incluídos na Formación Profesional Ocupacional do servizos de emprego, que combinan accións de formación e de emprego, e van dirixidos a desempregados de 25 ou máis anos con especiais dificultades de inserción laboral.
Cursos de Formación Ocupacional. Integrados no Plan de Formación e Inserción Profesional, a súa finalidade é a formación dos traballadores para a súa adaptación a unha profesión ou actividade laboral determinada.
Os datos deste documento proceden da Estadística de las Enseñanzas no universitarias, que elabora a Oficina de Estatística do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, da Estadística de la Enseñanza Universitaria elaborada polo INE e da Estadística de la Formación Ocupacionaldo Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Así mesmo, recóllese información dunha explotación específica do Observatorio da Cultura Galega seguindo a metodoloxía do Ministerio de Cultura. O documento ofrece información de alumnado matriculado e alumnado que remata os estudos, segunda a titularidade do centro nas especialidades nas que cursan ou cursaron estudos, datos sobre o profesorado e sobre os centros.
A LOMCE, Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa (Ley Órganica 8/2013, que modifica a Ley 2/2006 do 3de maio) publicouse no BOE o mes de decembro do pasado ano 2013 e empezouse a aplicar en Galicia o pasado mes de setembro. O máis significativo, ademais dos cambios das materias e os horarios son contidos de ditas materias. Os borradores dos currículos de cada unha destas foron publicados polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, distribuídos por cursos, xunto cos criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe, co propósito de que cada comunidade autónoma complete o currículo básico. Así, distínguense as materias troncais, específicas e de libre configuración autonómica, en función da distribución das competencias que sobre estas teñen as administracións públicas.
O ensino de ámbito cultural vese afectado na medida na que está inmerso na estrutura educativa modificada pola LOMCE. Con todo, de xeito máis específico, a LOMCE establece expresamente e a todos os efectos a equivalencia dos títulos superiores de Música ou Danza, de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Artes Plásticas e de Deseño co título universitario de Grao.
No tocante á admisión nas universidades a LOMCE estipula:
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
- Dende FP de grao superior, ensinanzas artísticas superiores e ensinanzas deportivas superiores, as universidades poderán acordar a realización de todo o parte dos procedementos de admisión de xeito conxunto, así como o recoñecemento mutuo dos resultados.
De xeito transversal e que pode afectar ás ensinanzas de ámbito cultural, salientar que sumadas ás materias troncais, o alumnado deberá cursar Educación artística e tamén Lingua galega e literatura co mesmo tratamento que Lingua castelá e literatura. Neste novo currículo de Primaria apóstase tamén pola estabilidade nas materias artísticas, nas ramas de Música e Plástica. Nos catro cursos da ESO este tipo de materias impártense como materias específicas. É dicir, en 1º, 2º e 3º o alumnado podería elixir de entre 8 materias específicas un mínimo de 3 e un máximo de 6. No caso de 4º da ESO o número elixido sería o mesmo pero de entre 12 materias, e aplicaríanse tanto nas ensinanzas aplicadas como nas académicas. Entre 1º e 3º da ESO ofértanse materias como Música, Educación plástica, visual e audiovisual. En 4º amplíase a materias como Tecnoloxías da información e da comunicación, Artes escénicas e danza e Cultura científica.
Alumnado
Neste apartado analízanse os datos do alumnado matriculado en ensinanzas relacionadas coas profesións culturais. O ámbito educativo comprendido inclúe os alumnos de réxime xeral, réxime especial, ensino universitario e Formación Profesional para o emprego.
Dentro das ensinanzas artísticas de réxime especial recóllense neste documento de traballo catro tipos:
- Alumnado matriculado en ensinanzas regradas da Música. - Alumnado matriculado en ensinanzas regradas da Danza. - Alumnos matriculados en ensinanzas de Arte Dramática.
- Alumnos matriculados en ensinanzas das Artes Plásticas e Deseño.
Ademais estúdase o alumnado matriculado en: Artes do Bacharelato e ciclos formativos de Formación Profesional relacionados coas profesións culturais.
Os datos das ensinanzas artísticas de réxime especial e as de réxime xeral proveñen da Estadística de las Enseñanzas no universitarias, realizada pola Subdirección General de Estadística e Estudios del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte en colaboración coas comunidades autónomas.
Os resultados relativos ao ensino universitario obtéñense da Estadística de Estudiantes Universitarios elaborada pola Subdirección General de Coordinación y Seguimiento Universitario del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. A información da Formación Profesional para o emprego procede do Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Todas as fontes pertencen ao Plan Estadístico Nacional.
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
Alumnado matriculado en ensinanzas regradas da Música (ensinanzas artísticas de réxime especial). Serie temporal
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias.
Todo apunta a que no curso 2013-2014 suba o número de alumnos, segundo o avance publicado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, aínda que son datos que cómpre tratar con cautela pola súa provisionalidade.
A continuación analízanse as preferencias do alumnado segundo o tipo de ensinanza musical. Como se constataba na gráfica anterior, a tendencia alcista en número de matrículas é xeral tanto na comunidade galega coma no resto de España. Cómpre salientar que en Galicia este aumento dáse no grao medio e superior, con 3.445 e 621 alumnos respectivamente, no curso 2012-2013, algo que non sucede coas ensinanzas elementais que continúan a subir no resto do Estado, mentres que en Galicia diminúen.
Alumnado matriculado en ensinanzas regradas da Música (ensinanzas artísticas de réxime especial), segundo tipo de ensinanza
Total España Galicia
Porcentaxe galega
2008-2009
Total 88.734 8.117 9,1
Ensinanzas elementais 44.022 4.411 10,0
Ensinanzas profesionais/Grao medio 37.337 3.233 8,7
Estudos superiores/Grao superior 7.375 473 6,4
2009-2010
Total 89.180 7.925 8,9
Ensinanzas elementais 43.268 4.219 9,8
Ensinanzas profesionais/Grao medio 38.393 3.221 8,4
Estudos Superiores/Grao superior 7.519 485 6,5
2010-2011
Total 92.685 8.179 8,8
Ensinanzas elementais 44.783 4.302 9,6
Ensinanzas profesionais/Grao medio 40.346 3.318 8,2
Estudos superiores/Grao superior 7.556 559 7,4
7.200 7.400 7.600 7.800 8.000 8.200 8.400 8.600 8.800 9.000 9.200
84.000 86.000 88.000 90.000 92.000 94.000 96.000 98.000
2007-2008 2008-2009 2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
2011-2012
Total 94.422 8.185 8,7
Ensinanzas elementais 45.583 4.243 9,3
Ensinanzas profesionais/Grao medio 40.904 3.405 8,3
Estudos superiores/Grao superior 7.935 537 6,8
2012-2013
Total 95.877 8.158 8,5
Ensinanzas elementais 45.608 4.092 9,0
Ensinanzas profesionais/Grao medio 42.042 3.445 8,2
Estudos superiores/Grao superior 8.227 621 7,5
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias.
As ensinanzas regradas da Danza compórtanse de xeito similar ás da Música, cunha tendencia á alza tal e como mostra a seguinte táboa. Débese salientar que nesta disciplina a porcentaxe de mulleres supera o 90% en todos os cursos da serie temporal. No avance do ministerio para o curso 2013-2014 o aumento de matrículas en Danza continúa, tanto na comunidade galega, con case 20 alumnos máis, como no total España, que supera ao curso anterior en ao redor 220 matriculas.
Alumnado matriculado en ensinanzas regradas da Danza (ensinanzas artísticas de réxime especial). Serie temporal
2007-2008 2008-2009 2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013 Total
España 7.509 8.283 8.349 8.435 8.874 8.935
Galicia 264 297 272 295 327 343
Porcentaxe
galega 3,5 3,6 3,3 3,5 3,7 3.8
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias.
No que respecta ao alumnado matriculado en ensinanzas de Arte Dramática, constátase unha leve baixada de matrículas na comunidade galega, mentres que no total de España o aumento é constante nos últimos cinco cursos estudados. Máis da metade dos que optan por este tipo de ensinanza son mulleres, aínda que en Galicia a porcentaxe destas baixou 6 puntos porcentuais respecto ao curso anterior.
Alumnado matriculado en ensinanzas de Arte Dramática (ensinanzas artísticas de réxime especial), por sexo. Serie temporal
Total España Total Galicia
2008-2009 Total 1.872 114
Mulleres 61,2 66,7
2009-2010 Total 2.019 136
Mulleres 58,8 64,0
2010-2011 Total 2.092 161
Mulleres 58,2 62,7
2011-2012 Total 2.177 171
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
2012-2013 Total 2.221 163
Mulleres 58,6 54,6
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias.
Segundo o avance para 2013-2014 o número de matriculados en Arte Dramática baixaría moderadamente na comunidade galega e continuaría aumentando no total España.
O número de matriculas en ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño de grao medio en Galicia, amosa unha evidente tendencia á baixa nos últimos cinco cursos levados a estudo, a excepción do 2011-2012 no que se experimentaba un reponte significativo que como se observa na seguinte gráfica corríxese con 26 inscricións menos no curso posterior. Todo o contrario do que sucede co grao superior, que acumula curso tras curso un maior número de alumnos, ata acadar as 663 matrículas. A representatividade galega dentro do mapa estatal tamén deixa entrever esta realidade. O alumnado matriculado en Galicia en grao medio constitúe o 2,6% do total fronte ao 4,3% do que o fai en grao superior.
Evolución do número de matrículas en ensinanzas de réxime especial, en ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño segundo o grao en Galicia. Serie temporal
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias
A tendencia no total España é xustamente á inversa. Na táboa comparativa que se mostra a continuación, constátase como o número de matriculados en grao medio dos ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño aumenta cada curso superando por primeira vez dende o curso 2009-2010 as tres mil cincocentas matrículas (3.508 concretamente), mentres que no grao superior baixan ata acadar as 15.455 inscricións, o menor número de toda a serie temporal analizada.
Número de matrículas en ensinanzas de réxime especial, en ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño segundo o grao. Serie temporal
Grao Total España Galicia
2009-2010 Grao medio 3.275 97
Grao superior 15.936 625
97 83 118 92
90
625 623 616
637 663
0 100 200 300 400 500 600 700
2009
-2010
2010
-2011
2011
-2012
2012
-2013
2013
-2014
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
2010-2011 Grao medio 3.285 83
Grao superior 16.479 623
2011-2012 Grao medio 3.281 118
Grao superior 15.793 616
2012-2013 Grao medio 3.494 92
Grao superior 15.883 637
2013-2014 Grao medio 3.508 90
Grao superior 15.455 663
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias
Aínda que o avance do curso 2013-2014 achegado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte non ofrece polo momento datos desagregados por sexo, cómpre salientar a diferenza significativa entre a participación do alumnado feminino e masculino nos ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño dependendo do grao de estudo. Por isto, considérase interesante analizar este dato collendo como referente o curso anterior, 2012-2013. A tendencia tanto en Galicia como no resto do Estado é de maior número de homes no grao medio ca as mulleres e viceversa. É a primeira vez en Galicia que o alumnado masculino supera ao feminino neste tipo de ensinanzas, cun 64%.
Alumnado matriculado en ensinanzas de réxime especial, en ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño de grao medio en Galicia. Curso 2012-2013
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias
En cambio a preponderancia das mulleres permanece cando se trata dos estudos de Grao Superior como se indica na seguinte gráfica.
Homes 64% Mulleres
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
Alumnado matriculado en ensinanzas de réxime especial, en ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño de grao superior en Galicia. Curso 2012-2013
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias
A comunidade galega oferta un amplo abano de especialidades de estudos superiores de Artes Plásticas e Deseño, aínda que son dúas as que lideran as preferencias do alumnado: o Deseño e a Conservación e restauración de bens culturais. Centros como o Pablo Picasso da Coruña, Ramón Falcón de Lugo ou Antonio Faílde de Ourense nos que se imparte Deseño de interiores e Deseño gráfico dan conta da atracción do alumnado por estas especialidades en Galicia. O Deseño de moda, téxtil e de produtos correspóndelle ao Mestre Mateo de Santiago de Compostela, sen esquecer un dos centros galegos de referencia neste tipo de estudos: a Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra que oferta cursos de Pintura, Escultura e Arqueoloxía. Todos eles evidencian a diversidade nesta oferta educativa. Podemos ver os resultados da seguinte táboa.
Total alumnado matriculado en estudos superiores de Artes Plásticas e Deseño no curso 2013-2014. Comparativa España-Galicia
Total España Galicia
Conservación e restauración de bens culturais 744 100
Deseño 9.355 765
Cerámica 9
-Vidro -
-Artes plásticas (LOE) 387
-TOTAL 10.495 865
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias
A meirande parte do alumnado destas especialidades elixe os Ciclos Formativos das Ensinanzas Especiais de Artes Plásticas e Deseño, con 18.960 matrículas no conxunto de Estado (15.455 grao superior, 3.505 grao medio) e 735 no caso galego (663 alumnos grao superior, 90 grao medio), tal e como se describía ao principio do apartado.
Homes 39% Mulleres
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
A continuación exponse a través de dúas gráficas a evolución temporal do alumnado matriculado en estudos superiores de Deseño; e de Conservación e Restauración de Bens Culturais en Galicia, en comparativa co total de España. En ambos os dous casos a situación no pasado curso 2013-2014 é optimista para este tipo de ensinanzas que engrosaron un significativo aumento de inscricións tanto na comunidade galega como no conxunto do Estado.
A seguinte gráfica constata esta tendencia a alza en número de matrículas en estudos superiores de Deseño no territorio galego, cun aumento neste último curso de 143 alumnos máis que no curso anterior (total 765), e no global de España de 1.221 (total 9.355).
Evolución do alumnado matriculado en estudos superiores de Deseño
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias
Algo moi similar sucede cos estudos superiores de Conservación e Restauración. En Galicia matriculáronse o pasado curso máis do dobre de alumnos que no anterior (total 100) e 151 máis no conxunto estatal (total 744)
Evolución do alumnado matriculado en estudos superiores de Conservación e Restauración
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias
Hai que destacar tamén que dentro do réxime xeral atópanse ciclos formativos de formación profesional de grao medio e superior de Artes gráficas, Comunicación, imaxe e son e Servizos
6.430
6.824
8.134
8.134
9.355
706 570 622 622 765
2010-2011 2011-2012 2012-2013 2012-2013 2013-2014
Total España Galicia
667 652 635
593
744
67 56 59
49 100
2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013 2013-2014
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
socioculturais á comunidade. No curso 2012-2013 aínda había 701 alumnos en ciclos da antiga LOGSE en Galicia e 1.772 da LOE.
Atendendo á modalidade de Artes do Bacharelato, o número de matriculados aumentou de xeito sostido ao longo dos últimos cinco cursos, tanto en Galicia como no total España. Como se ve nas seguintes gráficas, o número de matrículas neste tipo de Bacharelato supón un escaso 4,1% do total matriculado, do que un 63% son mulleres.
Porcentaxe de alumnado galego respecto ao total España matriculado na modalidade de Artes do Bacharelato. Serie temporal
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias
Nesa mesma porcentaxe sitúanse tamén os ciclos formativos de Formación Profesional: un 4,1% de todos os matriculados o fan en ciclos relacionados coas profesións culturais, tal e como se amosa na táboa que vai a continuación.
Alumnado matriculado en ciclos formativos de Formación Profesional relacionados coas profesións culturais, segundo grao
España Galicia
2007-2008
Grao medio 5.103 460
Grao superior 13.188 816
% respecto ao total de FP 4,1 4,0
2008-2009
Grao medio 5.505 508
Grao superior 13.983 873
% respecto ao total de FP 4,1 4,2
2009-2010
Grao medio 5.811 517
Grao superior 15.219 870
% respecto ao total de FP 4,1 4,1
2010-2011
Grao medio 6.106 553
Grao superior 16.136 928
% respecto ao total de FP 4,0 4,1
2011-2012 Grao medio 6.369 571
2008-2009
2009-2010
2010-2011
2011-2012
2012-2013
TOTAL 23.543 26.432 29.150 30.663 31.597
Galicia 1.010 1.186 1.322 1.392 1.399
Porcentaxe galega 4,3 4,5 4,5 4,5 4,4
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
Grao superior 16.577 968
% respecto ao total de FP 3,9 4,1
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias
No que respecta ao ámbito universitario, o alumnado matriculado en Artes e Humanidades1 nas universidades galegas non baixou dos cinco mil dende o curso 2010-2011. Con todo, o volume total de matrículas foi diminuíndo sensiblemente ata o pasado curso 2013-2014, e de xeito sobranceiro no primeiro e segundo ciclo, por mor do Plan Bolonia. Aumenta, como se ve na táboa seguinte, o número de mestrados.
Matriculados en Artes e Humanidades nas universidades galegas
2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013 2013-2014
Grao 1.272 2.225 2.972 3.634 4.066
1º e 2º ciclo 3.381 2.604 1.877 1.095 460
Mestrado 306 490 428 494 561
Total 4.959 5.319 5.277 5.223 5.087
Fonte: Estadística de Universidades, Centros y Titulaciones. Curso 2013/2014
No curso 2012-2013 aumentaron en 230 os alumnos universitarios que remataron os seus estudos na modalidade de Artes e Humanidades. Trátase da suba máis importante de toda a serie temporal estudada.
Egresados en Artes e Humanidades nas universidades galegas
2008-2009 2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013
Grao - 70 86 84 343
1º e 2º ciclo 584 603 516 563 534
Mestrado 56 147 293 251 251
Total 640 820 895 898 1.128
Fonte: Estadística de Universidades, Centros y Titulaciones. Curso 2013/2014
A continuación amósanse o número de alumnos titulados nas áreas de Artes e Humanidades en Galicia segundo a universidade na que remataron os seus estudos. A Universidade de Santiago de Compostela con 491 títulos expedidos lidera os campus galegos. Séguena Vigo con 337 títulos, cunha posición moi destacada dos licenciados en Tradución e Interpretación (112 títulos) e Grao de Belas Artes (90 títulos) e por último A Coruña cun total de 49 titulados.
Alumnos titulados no curso 2012-2013 nas áreas de Artes e Humanidades. Universidade da Coruña
Graduado ou Graduada en Español: Estudios Lingüísticos y Literarios 6 Graduado ou Graduada en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios 4
Graduado ou Graduada en Humanidades 5
Graduado ou Graduada en Información e Documentación 1
Graduado ou Graduada en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios 13
1
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
Licenciado en Filoloxía Galega 3
Licenciado en Filoloxía Hispánica 5
Licenciado en Filoloxía Inglesa 6
Licenciado en Humanidades 6
Fonte: Estadística de Universidades, Centros y Titulaciones. Curso 2013/2014
Alumnos titulados no curso 2012-2013 nas áreas de Artes e Humanidades. Universidade de Santiago de Compostela
Graduado ou Graduada en Filoloxía Clásica 9
Graduado ou Graduada en Filosofía 4
Graduado ou Graduada en Historia del Arte 24
Graduado ou Graduada en Historia 48
Graduado ou Graduada en Lingua e Literatura Españolas 18 Graduado ou Graduada en Lingua e Literatura Galegas 12 Graduado ou Graduada en Lingua e Literatura Inglesas 19 Graduado ou Graduada en Lingua e Literatura Modernas 9
Licenciado en Filoloxía Alemá 4
Licenciado en Filoloxía Clásica 11
Licenciado en Filoloxía Francesa 17
Licenciado en Filoloxía Galega 16
Licenciado en Filoloxía Hispánica 29
Licenciado en Filoloxía Inglesa 30
Licenciado en Filoloxía Italiana 1
Licenciado en Filoloxía Portuguesa 2
Licenciado en Filoloxía Románica 10
Licenciado en Filosofía 20
Licenciado en Xeografía 11
Licenciado en Historia 105
Licenciado en Historia da Arte 82
Licenciado en Humanidades 10
Fonte: Estadística de Universidades, Centros y Titulaciones. Curso 2013/2014
Alumnos titulados no curso 2012-2013 nas áreas de Artes e Humanidades. Universidade de Vigo
Graduado ou Graduada en Belas Artes 90
Graduado ou Graduada en Ciencias da Linguaxe 15
Graduado ou Graduada en Xeografía e Historia 3
Graduado ou Graduada en Linguas Estranxeiras 10 Graduado ou Graduada en Tradución e Interpretación 53
Licenciado en Belas Artes 4
Licenciado en Filoloxía Galega 14
Licenciado en Filoloxía Hispánica 8
Licenciado en Filoloxía Inglesa 18
Licenciado en Historia 10
Licenciado en Tradución e Interpretación 112
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
Na seguinte táboa preséntanse os datos de oferta, demanda e matrícula dos tres campus galegos. Destaca o volume da oferta da Universidade da Coruña que dobra a demanda real do alumnado.
Oferta, demanda e matrícula en artes e humanidades por universidade. Oferta Demanda Matrícula
A Coruña 315 154 147
Santiago de Compostela 630 584 562
Vigo 395 517 405
Fonte: Estadística de Universidades, Centros y Titulaciones. Curso 2013/2014
Notas:
1.- "Oferta": Nas titulacións sen límite de prazas computouse a oferta no primeiro ano que figura na memoria de verificación do título.
2.- "Demanda": Pre inscritos en primeira opción
3.- "Matrícula": Matrícula total dos que acceden por pre inscrición.
En canto á mobilidade das ensinanzas artísticas, é dicir, as estadías do alumnado no estranxeiro, destaca o programa ERASMUS. Vai destinado a todos os participantes na universidade formal e non universitarios de ensino superior (incluíndo prácticas de estudantes en empresas transnacionais), así como dos establecementos e organizacións que ofrecen ou promoven esa educación e formación- ofrece axudas para promover a mobilidade de estudantes, profesores e outros funcionarios do ensino superior e promove actividades para mellorar os currículos e o intercambio de experiencias innovadoras nos sistemas de ensino superior da Unión Europea. As axudas destínanse fundamentalmente a cubrir parte dos gastos consecuencia da diferenza de custo de vida entre o país de orixe e destino.
Para efectos do ERASMUS, as ensinanzas artísticas en Galicia son:
- Ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. - Ensinanzas da Música.
- Ensinanzas superiores de Deseño.
- Ensinanzas superiores de Arte Dramática.
- Ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais. - Ensinanzas da Danza.
Tan só un 1,8% dos 1.863 alumnos ERASMUS de Galicia proceden das institucións artísticas, no último curso de estudo, 2011-2012, como se amosa na seguinte táboa.
Alumnos totais e procedentes de institucións artísticas de Galicia participantes no programa ERASMUS
2009-2010 2010-2011 2011-2012
Total 1.483 1.919 1.863
Institucións artísticas 19 31 34
Porcentaxe de estadías artísticas sobre o total de España 6,0% 6,3% 5,7%
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
Profesorado
Para este estudo téñense en conta os datos do profesorado de ensinanzas de réxime especial da Música, Danza, Artes Escénicas e Artes Plásticas e Deseño. Os datos globais de profesorado para Galicia e o total de España son os seguintes:
Profesorado de ensinanzas de réxime especial. Serie temporal
2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013 2013-2014 (*)
España Galicia España Galicia España Galicia España Galicia España Galicia
Ensinanzas da Arte
Dramática 537 38 550 38 581 40 580 42 593 46
Ensinanzas regradas da
Danza 1.074 34 1.060 34 1.123 42 1.047 36 1.200 40
Ensinanzas regradas da
Música 12.097 1.019 12.448 1.045 12.882 975 12.406 993 12.432 1.015
Ensinanzas das Artes Plásticas e
Deseño 4.207 168 4.316 185 4.358 181 4.244 174 3.998 192
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias
(*) Os datos do curso 2013-2014 son provisionais
A evolución temporal da cifra de profesorado de escolas de arte dramática é positiva no conxunto de España, tal como reflicten os datos da táboa. Nos últimos 5 cursos académicos o cadro de persoal docente destas escolas aumentou en 34 persoas. En Galicia, segundo estes datos, o curso 2013-2014 foi no que houbo un maior número de efectivos de toda a serie temporal, tendo en conta que os datos do último curso son provisionais. Agás no curso 2011-2012 no que diminuíu o número de docentes, o resto dos cursos académicos mantense ou aumenta.
Nas ensinanzas regradas de danza tamén se confirma o aumento do profesorado tanto no conxunto de España coma en Galicia. No último curso académico a cifra de docentes de danza aumentou en 126 no conxunto de España e en 6 en Galicia.
As ensinanzas regradas da música son as que acaparan o maior número de docentes de ensinanzas artísticas, tanto no total de España como en Galicia. Nesta comunidade autónoma supoñen o 78,5% dos docentes de ensinanzas artísticas, mentres que no conxunto de España supoñen un 68,2%.
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
En Galicia só existe un corpo de ensinanzas de réxime especial de profesores de música e artes escénicas que imparten as ensinanzas de música, danza e artes escénicas nos centros de ensino público de réxime especial, mentres que no conxunto de España, imparten tamén estas ensinanzas outros corpos e categorías de profesorado, mesmo do réxime xeral, como é o profesorado de ensinanza secundaria. Por outra banda, cómpre salientar que en Galicia o 62,3% do profesorado pertencente ao corpo de profesores de música e artes escénicas son homes. No tocante ás ensinanzas de artes plásticas e deseño, cómpre salientar que en Galicia todo o profesorado especializado pertence ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, non habendo mestres de taller, como noutras partes de España.
Atendendo ao profesorado de música, pódense analizar os datos segundo o tipo de centro (público o privado) e sexo.
Evolución de profesorado de música por tipo de centro. Cursos 2009-2010 a 2013-2014(*)
2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013 2013-2014
España Galicia España Galicia España Galicia España Galicia España Galicia
Total 12.097 1.019 12.448 1.045 12.882 975 12.406 993 12.432 1.015
Centros
públicos 10.364 871 10.649 897 10.975 845 10.384 862 10.198 878
Centros
privados 1.733 148 1.799 148 2.087 130 2.022 131 2.234 137
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no
universitarias
Un 82% do profesorado de música no conxunto de España e un 86,5% en Galicia exercen o ensino en centros públicos. Pero se ben en Galicia o profesorado de música en centros públicos aumenta nesta serie temporal en 26 efectivos, no conxunto do Estado a tendencia é inversa, xa que diminúe nun 7% con respecto ao curso 2012-2013 e acada a cifra máis baixa de toda a serie temporal.
Evolución de profesorado de música por sexo. Cursos 2009-2010 a 2012-2013
2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013
Galicia España Galicia España Galicia España Galicia España Galicia
Total 980 12.097 1.019 12.448 1.045 12.882 975 12.406 993
Homes 592 7.173 613 7.384 634 7.623 590 7.393 601
Mulleres 388 4.924 406 5.064 411 5.259 385 5.013 392
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias
A partir dos datos desta táboa constátase que aproximadamente un 60,5% do profesorado de escolas de centros de ensinanzas de música son homes fronte a un 39,5% de mulleres. Estas cifran non variaron practicamente nada no período estudado tanto en Galicia coma no conxunto do Estado.
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
Evolución de profesorado de danza por tipo de centro. Cursos 2009-2010 a 2013-2014(*)
2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013 2013-2014 (*) España Galicia España Galicia España Galicia España Galicia España Galicia
Total 1.074 34 1.060 34 1.123 42 1.065 36 1.200 40
Centros
públicos 789 26 819 27 860 31 812 30 860 32
Centros
privados 285 8 241 7 263 11 253 6 340 8
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no
universitarias
De acordo con estes datos, no conxunto de España aumenta o número de profesores nos centros públicos nun 8,6% nos seis últimos cursos académicos. En Galicia, aumenta esta cifra nun 18%, o cal significa 6 docentes máis no último curso académico con respecto ao curso 2009-2010. No tocante ao profesorado que ensina en centros privados, aumenta tanto no conxunto de España coma en Galicia.
Evolución de profesorado de danza por sexo. Cursos 2009-2010 a 2012-2013
2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013
Galicia España Galicia España Galicia España Galicia España Galicia
Total 35 1.074 34 1.060 34 1.123 42 1.065 36
Homes 19 314 9 306 7 309 13 291 9
Mulleres 16 760 25 754 27 814 29 756 27
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no
universitarias
Ao analizar os datos do profesorado de danza por sexo, obsérvase que máis do 75% son mulleres.
Por último, pódese afirmar que en Galicia o 100% do profesorado de arte dramática ensina en centros públicos e o número mantense estable, aínda que segundo os datos provisionais do último curso aumentaría a cifra en 4 docentes. No conxunto do Estado tamén creceu o número de profesores nos últimos cinco cursos, e con respecto ao tipo de centros obsérvase que o 21,1% do profesorado de arte dramática ensina en centros privados. Tendo en conta a variable de sexo, en Galicia a cifra de profesores e profesoras é practicamente a mesma en todos os cursos estudados, agás en dous nos que o número de profesoras de arte dramática supera ao de profesores. En contraste, no conxunto de España o número de profesores supera en todos os casos ao número de profesoras.
Centros
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
centros, incluso cun índice maior ao galego, así dun global de 1.573 centros o 72,6% son públicos e o 27,4% privados.
Na seguinte táboa especifícase o número de centros por titularidade en tipo de ensino que imparten no curso 2012-2013.
Centros de ensinanzas artísticas por titularidade e tipo de ensino. Curso 2012-2013
Centros de ensinanzas da Música Centros de Ensinanzas da Danza Escolas de Música e Danza (1) Escolas de Arte Dramática
Escolas de Artes Plásticas e Deseño
Total
España 410 65 959 16 123
Galicia 48 4 110 1 7
Centros públicos
España 280 29 722 11 100
Galicia 35 2 71 1 5
Centros Privados
España 130 36 237 5 23
Galicia 13 2 39 0 2
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Estadística de Enseñanzas no universitarias
Nota: 1.- En 'Escolas de Música e Danza' inclúense os centros que imparten ensinanzas non conducentes a títulos
con validez académica ou profesional, reguladas polas administracións educativas.
Os centros de ensinanzas da música son centros que imparten ensinanzas regradas conducentes aos títulos oficiais de grao elemental, grao profesional e grao superior. En Galicia existen un total de 48 centros, dos cales 35 son públicos e 13 privados.
No seguinte gráfico amósanse os distintos tipos de escolas de música e danza que existen en Galicia. As máis numerosas son as escolas municipais de música (72) que imparten ensinanzas non regradas pero que son de titularidade pública. Logo veñen os conservatorios de música e de danza, que son centros públicos que imparten ensinanzas regradas.
Centros de ensinanzas artísticas en Galicia en 2014
Conservatorios de Danza Centro autorizado de danza Centro autorizado de música Conservatorio de música Escola de danza privada Escolas de música privadas Escolas municipais de danza Escolas municipais de música Escolas de Arte
Dramática
Escolas de Artes Plásticas
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
Pódense obter tamén estes datos por provincias.
Centros que imparten ensinanzas artísticas en Galicia por provincias. Curso 2012-2013
Total Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Conservatorios de danza 2 1 1 0 0
Centros autorizados de danza 3 1 0 0 2
Centros autorizados de música 10 3 3 1 3
Conservatorios de música 36 12 4 7 13
Escolas de danza privada 10 3 0 1 6
Escolas de música privadas 32 9 3 3 17
Escolas municipais de danza 1 1 0 0 0
Escolas municipais de música 72 20 18 9 25
Escolas de arte dramática 1 0 0 0 1
Escolas de artes plásticas e deseño 7 2 1 1 2
Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Pontevedra é a provincia con máis centros de toda a comunidade galega, sobre todo polo número de escolas municipais de música, escolas privadas de música e mesmo conservatorios de música (13, un por riba da provincia da Coruña).
Gasto público
No tocante ao financiamento e gasto público en ensinanzas culturais, amósase a continuación a distribución deste segundo a natureza económica do gasto. Como se ve, os gastos de persoal absorben a meirande parte do desembolso, concretamente un 91,2%. Curiosamente, o pequeno aumento de profesorado constatado no apartado anterior non implica un incremento no gasto de persoal, máis ben ao contrario.
Gastos das ensinanzas especiais en Galicia (miles de euros)
2008 2009 2010 2011 2012
TOTAL 45.970 51.532 44.606 44.586 40.115
Capítulo I 39.329,9 42.596,7 38.621,8 39.563,5 36.576,5
Capítulo II 1.715,6 2.179,3 2.973,4 2.883,5 2.635,0
Capítulo IV 1.280,4 947,2 1.204,8 1.804,4 521,3
Capítulo VI 3.644,0 5.808,4 1.806,4 334,8 382,1
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deportes
Nota:
Capitulo I: Gastos de persoal
Capítulo II: Gastos correntes en bens e servizos Capitulo IV: Transferencias correntes
Capítulo VI: Investimentos reais
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
actualidade e que se estende a todo o conxunto das ensinanzas e como consecuencia tamén ás ensinanzas especiais, tal e como mostra a seguinte táboa.
Evolución do gasto das ensinanzas especiais e do total de ensinanzas en Galicia
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deportes
Conclusións
Este documento de estudo susténtase en tres piares fundamentais do ensino cultural en Galicia: alumnado, profesorado e centros educativos. Abórdanse tamén datos de financiamento e gasto público.
No que atinxe ao alumnado das ensinanzas culturais, constátase unha situación favorable tanto no de ensinanzas regradas da Música, como da Danza, cunha tendencia alcista sostible no tempo e unha presenza maioritaria de mulleres, que acada no caso da danza o 90% do total. No que respecta ao alumnado matriculado en ensinanzas de Arte Dramática, cómpre salientar a leve baixada de matrículas na comunidade galega, mentres que no total España o aumento é constante nos últimos cinco cursos estudados. Máis da metade dos que optan por este tipo de ensinanza son mulleres. O número de matriculados na modalidade de Artes do Bacharelato tamén aumentou de xeito sostido ao longo dos últimos cinco cursos, aínda que supón un escaso 4,1% do total matriculado, do que un 63% son mulleres.
No que respecta aos estudos universitarios nas áreas de Artes e Humanidades en Galicia, o campus compostelán lidera a entrega de títulos coa expedición de 491 en 2012-2013. Por outra banda, os participantes no programa ERASMUS en Galicia procedentes das institucións artísticas constitúen tan só o 1,8% dos 1.863 alumnos ERASMUS totais de Galicia no último curso de estudo, 2011-2012.
A evolución temporal da cifra de profesorado das escolas de Arte Dramática, ensinanzas regradas da Danza e da Música e das ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño experimenta o
1500 1700 1900 2100 2300 2500 2700
30 35 40 45 50 55
2008 2009 2010 2011 2012
DATOS & INFORMES
CONSELLO DA CULTURA
GALEGA
maior número de efectivos no curso 2013-2014, cunha porcentaxe de mulleres docentes do 42%.
Na actualidade en Galicia existen 170 centros que imparten ensinanzas artísticas da música, danza e arte dramática, dos cales 59 imparten ensinanzas regradas: 48 de música, 6 de artes plásticas e deseño, 4 de danza e 1 de arte dramática. O 67,1% destes centros son públicos.