• No se han encontrado resultados

Educación a distancia semipresencial

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2018

Share "Educación a distancia semipresencial"

Copied!
47
0
0

Texto completo

(1)

Educación secundaria

para persoas adultas

Páxina 1 de 47

Ámbito científico tecnolóxico

Educación a distancia semipresencial

Módulo 1

Unidade didáctica 3

Internet.

(2)

Páxina 2 de 47

Índice

1. Introdución...3

1.1 Descrición da unidade didáctica ... 3

1.2 Coñecementos previos ... 3

2. Secuencia de contidos e actividades ...5

2.1 Estrutura e funcionamento de Internet ... 5

2.1.1 Definición, enderezos e conexión a internet ...5

2.1.2 Páxinas web ...6

2.1.3 Manexo de buscadores: Google, Yahoo, etc. ...10

2.1.4 O correo electrónico (e-mail)...14

2.2 Ampliación dos naturais aos enteiros pola necesidade da utilización dos negativos ... 18

2.2.1 Representación e ordenación de números enteiros...18

2.3 Operacións cos enteiros ... 20

2.3.1 Sumas e restas de números enteiros...20

2.3.2 Sumas e restas de máis de dous números enteiros ...20

2.3.3 Multiplicación e división de números enteiros ...21

2.3.4 Potencias e raíces de números enteiros ...22

2.4 Xerarquía de operacións, propiedades das operacións e regras do uso das parénteses... 25

2.4.1 Operacións combinadas...25

2.5.1 Métodos de estudo da Terra ...26

2.5.2 Modelo xeoquímico ...26

2.5.3 Modelo xeodinámico ...27

3. Resumo de contidos ...29

4. Actividades complementarias...30

5. Exercicios de autoavaliación ...32

6. Solucionarios...36

6.1 Solucións das actividades propostas ... 36

6.2 Solucións das actividades complementarias... 39

6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación ... 42

7. Glosario...46

(3)

Páxina 3 de 47

1.

Introdución

1.1

Descrición da unidade didáctica

Internet é unha ferramenta que, día a día, se torna máis básica para intercambiar informa-ción. Coñecer, aínda que só sexa basicamente, como se pode presentar, acceder e utilizar a información é fundamental para mellorarmos a nosa visión do mundo. As páxinas web, o correo electrónico e todas as aplicacións que se atopan ao noso dispor na rede son elemen-tos de grande utilidade que non podemos descoñecer. Non abonda con sabermos da súa existencia; tamén é necesario aprendermos a manexar todos os recursos que a grande rede pon ao noso alcance.

Incorpóranse despois os números enteiros, a partir dos naturais, para comprender e ex-presar matematicamente aspectos relacionados con eles. Para iso estudaremos a represen-tación e a ordenación dos números enteiros, operacións cos enteiros e as operacións com-binadas.

Comezamos neste módulo I á describir as capas da Terra, comezando pola xeosfera, a parte sólida da Terra, estudando a súa estrutura interna e os métodos de estudo que se uti-lizan para saber a súa composición.

1.2

Coñecementos previos

Para un mellor aproveitamento deste tema cómpre coñecer o manexo básico do computa-dor e das aplicacións máis comunmente empregadas. Haberá que empregar un procesacomputa-dor de texto e deberán coñecerse as súas funcións máis básicas: copiar, cortar e pegar. Tamén será necesario saber como gardar ficheiros e acceder a eles. Será preciso, para unha parte das actividades propostas, traballar con equipamentos informáticos que dispoñan dunha conexión a internet.

Coñecer os números naturais, operacións de números naturais, criterios de divisibilida-de, múltiplos e divisores.

Localización da Terra dentro do Universo e do sistema solar. Estrutura do planeta terra dividida en capas.

1.3

Obxectivos didácticos

Coñecer o funcionamento de internet e os seus servizos. Crear un correo electrónico.

Utilizar as ferramentas que achega internet para a procura de información e comunica-ción entre usuarios.

Utilizar o Google Sky, ou similar, para iniciar unha visita á Terra.

Achar a necesidade de ampliar o conxunto dos naturais para cubrir a necesidade de uti-lizar os números negativos.

(4)

Páxina 4 de 47

Saber operar con números enteiros, utilizar a xerarquía de operacións e recoñecer a funcionalidade da utilización das parénteses.

Saber os métodos de estudo da estrutura interna da Terra. Identificar as partes que compoñen a xeosfera.

Saber diferenciar a codia, o manto e o núcleo da Terra.

(5)

Páxina 5 de 47

2.

Secuencia de contidos e actividades

2.1

Estrutura e funcionamento de Internet

2.1.1

Definición, enderezos e conexión a internet

Definición

Internet é un conxunto formado por milleiros de redes de todo o mundo que están conec-tadas entre si. O nome de Internet vén do inglés Interconected Networks (interconexión de redes). Cada rede conectada a internet ten, á vez, un feixe de equipamentos informáticos conectados entre eles.

Enderezos

A información móvese a moita velocidade entre os equipamentos. Cada equipamento co-nectado a internet está identificado por un enderezo (enderezo IP) formado por unha se-cuencia de catro números que están comprendidos, cada un deles, entre 0 e 255. Depen-dendo das condicións en que o equipamento se conecta á rede, este enderezo pode ser está-tico (sempre o mesmo) ou dinámico (varía cada vez que se establece a conexión).

Exemplo de enderezo IP: 69.52.180.1

Conexións

Para poder establecer a conexión dun equipamento a internet é preciso contratar unha co-nexión telefónica cunha compañía. Hai compañías que proporcionan este servizo de xeito gratuíto.

As conexións a internet poden ser diversas, e as diferenzas máis salientables radican na velocidade de transmisión de datos. Os tipos de conexión que se usan na actualidade son:

Liña telefónica normal: non se emprega demasiado, xa que resulta moi lenta e non permite o envío de paquetes de información grandes.

(6)

Páxina 6 de 47

Liña ADSL: alcanza velocidades de transmisión moi altas. É seguramente o tipo de conexión máis empregado. Proporciónano moitas compañías de telefonía. Abonda con ter unha liña telefónica e contratar o servizo con calquera das compañías que o ofrecen.

Conexión por cable: o sistema máis avanzado. Dispoñible só nalgúns lugares.

2.1.2

Páxinas web

Os servidores

Internet ofrece diversos sistemas de intercambio de información: páxinas web, correo elec-trónico, grupos de noticias, etc. Un dos medios de comunicación e de transmisión de in-formación en internet é o constituído polas chamadas páxinas web.

En internet a información está dispoñible en servidores, e cada servidor ten un nome, que se denomina enderezo URL (Uniform Resource Locator). Existe unha rede de servi-dores que ofrece información a todos os usuarios, é a chamada World Wide Web (www) (rede de tea de araña mundial). Os servidores son servidores web.

Para acceder a un servidor precisamos o seu enderezo. Nun servidor a información está estruturade en páxinas, as páxinas web. Unha páxina web está construída con hipertexto, é dicir, con conexións que levan a outras páxinas, imaxes, etc.

Navegadores

(7)

Páxina 7 de 47

Hai que localizar a icona no escritorio ou no menú de Inicio. Nos pasos sucesivos empre-gamos o navegador internet Explorer.

Para lanzar o navegador cómpre estar conectado a internet.

Para acceder a páxinas web das que se coñece o enderezo só é preciso escribir o nome completo da páxina na barra de enderezos do navegador.

Ao pasar o apuntador sobre determinados puntos dunha páxina web prodúcese un cam-bio na súa aparencia, xa que toma o aspecto dunha man, trátase dunha ligazón. Selec-cionándoa co botón esquerdo do rato podemos movernos a outra páxina que está ligada con aquela na que estamos.

As páxinas que se van abrindo sucesivamente poden ser visitadas sen volver a escribir o seu nome empregando os botóns de atrás e adiante.

Favoritos

(8)

Páxina 8 de 47 Opcións de internet

O navegador ten unha páxina de inicio que podemos cambiar por outra que prefiramos. Para isto é preciso modificar as opcións en Opcións de internet do propio navegador.

Copiar, pegar e gardar

(9)

Páxina 9 de 47

Cando a páxina web é moi grande pódese gardar e traballar con ela cando xa non se teña conexión a internet. Para gardar unha páxina web hai que elixir a opción do menú Fichei-ro e Gardar como. Cumprirá elixir o cartafol e o nome con que se queira gardar a páxina.

Actividades propostas

S1. Acceda a páxinas web das que coñeza o enderezo e navegue polas súas liga-zóns. Probe inicialmente con estas:

http://www.astromia.com/fotouniverso/index.htm

http://www.spitzer.caltech.edu/espanol/edu/askkids/index.shtml

http://cosmos.astro.uson.mx/planetas.htm

http://www.google.es/search?hl=es&q=astronomia&meta=

http://www.astrofotos.com.es/

http://www.solarviews.com/span/

http://museoprado.mcu.es

S2. Garde páxinas web do seu interese en Favoritos e acceda despois a elas direc-tamente, seleccionándoas co botón esquerdo do rato.

S3. Cambie a páxina de inicio do navegador e comprobe o seu funcionamento co-rrecto. Modifique o navegador para que empregue como páxina de inicio cada unha das sinaladas.

http://www.xunta.es

http://www.edu.xunta.es

http://www.google.es

S4. Garde algunha das páxinas web da actividade anterior.

(10)

Páxina 10 de 47

2.1.3

Manexo de buscadores: Google, Yahoo, etc.

Non sempre coñecemos o enderezo completo da páxina ou das páxinas web que conteñen a información que precisamos. Podemos buscar e identificar as páxinas que conteñen esa información empregando buscadores.

O manexo de buscadores é sinxelo e permite que, entre os millóns de páxinas dispoñi-bles en internet, filtremos aquelas que teñen a información que queremos. Hai moitos bus-cadores: Google, Yahoo, etc.

(11)

Páxina 11 de 47

Cantas máis palabras empreguemos para facer a procura máis refinada será esta. Os arti-gos, as preposicións, as conxuncións, etc. non se teñen en conta na busca. Só se terán en consideración cando vaian entre comiñas. Este é o sistema para buscar frases enteiras.

Ademais, Google permite empregar varios idiomas para facer buscas.

Procura de imaxes

(12)

Páxina 12 de 47

Para copiar unha imaxe dunha páxina web hai que colocar o apuntador sobre ela e, no bo-tón dereito do rato, elixir a opción Gardar imaxe como... A imaxe pódese gardar nun car-tafol do equipamento e posteriormente inserila nun documento de Word, ou vela con cal-quera das aplicacións de imaxe dispoñibles.

(13)

Páxina 13 de 47

Actividades propostas

S6. Empregue un buscador para atopar información sobre algúns temas que lle inte-resen, por exemplo, sobre astronomía. Velaquí algúns buscadores:

http://www.google.es

http://www.yahoo.es

http://www.ozu.es

http://www.lycos.es

http://www.altavista.es

S7. Empregue un buscador para achar información sobre algúns temas que sexan do seu interese. Por exemplo, busque información sobre:

A codia continental. A astenosfera.

S8. Procure imaxes sobre modelos da estrutura interna da Terra, refinando cada vez máis o sistema de busca. Comece por construír un documento de Word que con-teña as imaxes seguintes:

(14)

Páxina 14 de 47

2.1.4

O correo electrónico (e-mail)

O enderezo

Outra ferramenta moi empregada en internet e o correo electrónico.É un sistema moi rá-pido que permite o movemento de cantidades importantes de información. Permite anexar

ou xuntarficheiros de texto e gráficos.

Para empregar o correo electrónico temos que dispor dun provedor de correo que, pola súa vez, nos ha permitir empregar un enderezo de correo e un portal (páxina web) que dá acceso a un xestor de correo que permite o tráfico de mensaxes.

As mensaxes están no provedor ata que o usuario abre a súa conta e pasan ao seu com-putador. Os servidores de correo poden ser empresas informáticas, como Yahoo, Wana-doo, etc., organismos oficiais, como a Xunta, as universidades, empresas de acceso telefó-nico, etc.

Se non dispomos dun enderezo de correo podémolo conseguir de balde en calquera dos moitos servidores de internet: Hotmail, Yahoo, etc.

Os enderezos de correo electrónico gardan certo parecido cos das páxinas web. Constan de dúas partes:

(15)
(16)

Páxina 16 de 47 Xuntar ficheiros a mensaxes

O correo electrónico tamén se pode empregar para xuntar ficheiros. Isto é enviar, ademais do texto do correo, algún documento de texto, imaxe, etc., que teñamos previamente ela-borado.

O sistema é sinxelo. Na ventá en que escribimos o correo, eliximos a opción de xuntar. Abrirase outra ventá, onde procuraremos o ficheiro para xuntar, e entón seleccionarémolo.

(17)

Páxina 17 de 47

Actividades propostas

S9. Cree unha conta de correo electrónico en calquera dos servidores de internet coñecidos. Todas empregan criterios moi parecidos.

S10. Pídalle o enderezo de correo electrónico a un compañeiro e intercambie correos

con el.

S11. Envíe un correo co que xunte documentos de texto ou imaxes gardadas nas

(18)

Páxina 18 de 47

2.2

Ampliación dos naturais aos enteiros pola

necesi-dade da utilización dos negativos

Para expresarmos a posición dun obxecto respecto ao nivel do mar, estando por baixo da superficie, non abondarían os números naturais; precisariamos os números negativos.

Se estamos a oito graos centígrados + 8 Número natural

Temos un termómetro que nos marca a temperatura do

am-biente Se estamos a oito baixo cero

- 8 Número negativo

Chamaremos números negativos aos que están por debaixo de cero, van precedidos dun signo menos e, xunto cos naturais, forman o conxunto dos números enteiros.

Xa que logo, os números enteiros están formados por:

Enteiros negativos: -5, -4, -3, -2, -1 Enteiros positivos: +1, +2, +3, +4, +5

Numero 0

Diremos que -8 e +8 son números opostos. O valor absoluto a dun número enteiro a é o natural que resulta de quitarlle o signo.

2.2.1

Representación e ordenación de números enteiros

Para podermos ordenar enteiros temos que os comparar, de igual xeito que faciamos con naturais a < b sempre que aestea a esquerda de b na recta numérica.

Actividades resoltas

Dos números seguintes, indique o seu oposto.

-5 +5 -7 +7 -3 +3 -1 +1

+4 -4 +6 -6 +8 -8 +1 -1

Ordene de menor a maior os seguintes números:

(19)

Páxina 19 de 47

Actividades propostas

S12. Escribe o oposto de cada un dos seguintes números:

a) +13 b) -21 c) +1 d) 0 e)-8

S13. Ordene de maior a menor.

(20)

Páxina 20 de 47

2.3

Operacións cos enteiros

2.3.1

Sumas e restas de números enteiros

Os dous números levan o mesmo signo

Se me dan 4 e me dan 3, gaño 7 4 + 3 = + 7

Se me quitan 3 e me quitan 8, perdo 11 -3 – 8 = - 11

Os dous números teñen distinto signo

Se me quitan 2 e me dan 8, gaño 6 -2 + 8 = +6

Se me dan 4 e me quitan 9, perdo 5 4 – 9 = - 5

Actividade resolta

Realice as operacións seguintes:

– 4 + 6 = +2 5 + 7 = +12 6 – 4 = +2

– 8 + 7 = -1 – 2 – 4 = -6 7 – 9= -2

2.3.2

Sumas e restas de máis de dous números enteiros

Calculemos 3 – 8 + 6

(21)

Páxina 21 de 47 Regra dos signos para a suma e resta:

Se dous factores teñen igual signo, hai que sumalos e conservar o

signo que teñen. (+) + (+) = + (-) + (-) = +

Se dous factores teñen diferente signo, réstanse e escríbese o signo

do de maior valor absoluto (+) + (-) = + ou - (-) + (+) = + ou -

Actividade resolta

Realice as operacións seguintes:

– 4 + 6 – 8 + 7 = +1

5 + 7 – 2 – 4 = +6

6 – 4 + 7 – 9= 0

2.3.3

Multiplicación e división de números enteiros

Produto de dous números positivos

Se teño 3 ingresos de 5 euros e gaño 15 euros

(+5) + (+5) + (+5) = 5 + 5 + 5 = + 15 3 — (+5) = + 15

Produto dun numero positivo por outro negativo

Se me chegan 3 facturas de 5 euros e teño unha débeda de 15 euros

(-5) + (-5) + (-5) = - 5 - 5 - 5 = -15 3 — ( -5 ) = -15

Produto dun numero negativo por outro negativo

Se me anulan 3 ingresos de 5 euros, perdo 15 euros

- ( +5) – (+5) – (+5) =- 5 - 5 - 5 = -15 (-3) — (+5) = - 15

Produto de dous números negativos

Se me anulan 3 facturas de 5 euros, gaño 15 euros

(22)

Páxina 22 de 47

Pódese automatizar a multiplicación de enteiros, aplicando as regras dos signos, que lle permite obter o signo do produto directamente.

Se dous factores teñen igual signo, o resultado final é positivo (+) — (+) = + (-) — (-) = +

Se dous factores teñen diferente signo, o resultado final é negativo (+) — (-) = - (-) — (+) = -

División de números enteiros

Para dividirmos dous enteiros, o único que cómpre termos en conta é a regra dos signos, que funciona igual que para a multiplicación.

Se dous factores teñen igual signo, o resultado final é positivo (+) : (+) = + (-) : (-) = +

Se dous factores teñen diferente signo, o resultado final é negativo (+) : (-) = - (-) : (+) = -

(-12): (+4) = -3 (+8) : (-2) = + 4 (-6) : (-3) = +2 ( +4) : (+2) = +2

Actividade resolta

Realice as operacións seguintes:

(-3)—[(-15)+17] -6

4 56

− −

14 (-3)—2 -6

[(-5)-(-2)]—(-6) 18 (-7)—8 -56

6 12

− -2

2.3.4

Potencias e raíces de números enteiros

Potencias de números positivos

Unha potencia de base positiva é sempre un números enteiro:

( + 2)3 = (+2)—(+2)—(+2)= +8 (+4)2 = (+4)—(+4) = + 16

Potencias de números negativos

Unha potencia de base negativa terá un resultado positivo ou negativo dependendo do ex-poñente: se é par, o resultado será positivo; se é impar, o resultado será negativo.

Expoñente par Expoñente impar

(-2)0 = 1 (- 2)1 = -2

(23)

Páxina 23 de 47 Raíz cadrada dun numero enteiro

Lembre o significado da raíz cadrada e observe estes exemplos.

+3, xa que (+3) 2 = 9

=

+9

-3, xa que (-3) 2 = 9

12

+ Non ten solución enteira. O seu valor está entre +3 e +4, ou entre -4 e -3. Pódese buscar coa calculadora.

9

− Non existe, xa que o cadrado dun número nunca é negativo.

Actividades propostas

S14. Calcule:

(+3) – (+8) (-9) + ( -6) (-7) – (-7) + ( -7) ( -7)3

(+2)4 2516

S15. Nunha nave de conxelados, a temperatura na nave de envasamento é de 12º C,

e no interior do almacén frigorífico é de 15º C baixo cero. Cal é a diferenza de temperatura entre a nave e a cámara?

S16. Estude os movementos da conta e calcule o saldo que tiña o 6 de novembro,

sabendo que o 15 de outubro a pechou cun saldo de 250 euros.

Banco Científico e Tecnolóxico Extracto de movementos

Número de conta: _____________________________

Data D H Concepto

16 – X 150 Operación do caixeiro

25 – X 2 Devolución comisión

31 – X 1 284 Nómina

2 – XI 84 TVP

3 – XI 100 Operación do caixeiro

3 – XI 572 Operación de préstamo

5 – XI 65 Recibo da luz

S17. Calcule as seguintes sumas e restas de máis de dous números enteiros:

(24)

Páxina 24 de 47 (-8) – (-1) – (+3) + (–5) + (+9)

(+2) – (+12) + (–11) – (-15) – (–5)

S18. Calcule as seguintes multiplicación e divisións dos números enteiros.

[(+45) : (-15)] : (-3) 18 – 3 . ( 4 + 2 )

4 . ( 2 – 6 ) – 5 . ( 3 – 7) [(+81) : ( -3)] : [( +9) : (-3)]

(25)

Páxina 25 de 47

2.4

Xerarquía de operacións, propiedades das

opera-cións e regras do uso das parénteses

Nas operacións, os números enteiros adóitanse presentar entre parénteses. Debemos coñe-cer as regras para realizar correctamente estas operacións.

2.4.1

Operacións combinadas

Nas operacións con parénteses, teremos en conta esta orde:

As parénteses.

A multiplicación e a división, segundo aparecen. A suma e a resta, segundo aparecen.

Vexámolo coa expresión seguinte:

15 – 3 —[6 – (- 12): ( +4) ] = 15 – 3 — [6 – ( -3) ] = 15 – 3 — [+9] = 15 – 27 = -12

Actividade resolta

Calcule:

3—(3 – 5) -6

(- 4) — ( 6 – 10) 16

35 + 7—(6 – 11) 0

60 : ( 8 – 14) + 12 +2

( 9 – 13 – 6 + 9) — ( 5 – 11 + 7 – 4) (-1)—(-3)=3

– ( 8 + 3 – 10) —[(5 – 7) : ( 13 – 15)] -(1)—[(-2):(-2)]= - 1

( +12) – (+2) — [(-3) - (-8)] 10—5=50

Actividades propostas

S19. Calcule:

(35-15) : (5-8) (6-2-10) : (5-11)

[(-6) – (-3)] .

[

(+5)−(−2)

]

- 12 . 3 + 18 : (-12 : 6 + 8)

2 .

[

(−12+36):6+(8−5):(−3)

]

- 6

(26)

Páxina 26 de 47

2.5

A estrutura da Terra

2.5.1

Métodos de estudo da Terra

Non sabemos con precisión cómo é o interior da Terra. Os pozos máis profundos que pui-deron se perforados só teñen uns 13 km de profundidade. Esta cifra resulta insignificante se se compara cos máis de 6.000 km de profundidade que ten o noso planeta. Para coñecer a estrutura interna terrestre utilízanse varios métodos:

Métodos directos. O estudo das rochas da superficie terrestre ou a realización de son-daxes (escavacións de varios quilómetros de profundidade). Estes métodos permiten coñecer a composición e a estrutura dos materiais da Terra.

Métodos Indirectos. O estudo das ondas sísmicas, que se producen durante os terre-motos. As características desta ondas dan información sobre o tipo de material que van atopando ao seu paso.

A partir dos datos obtidos, os xeólogos deduciron que a Terra está formada por tres capas principais. Da máis externa á máis interna, estas tres capas reciben o nome de codia, man-to e núcleo. Vexamos os dous modelos da estrutura interna da Terra con base nestes datos.

2.5.2

Modelo xeoquímico

Todos os obxectos que nos rodean están formados por unha gran variedade de materiais. Estes poden ser de moitos tipos segundo a súa orixe, composición, elaboración, etc., aínda que todos teñen en común que, directa ou indirectamente, proceden da Terra.

A Terra está constituída por unha porción sólida, chamada

xeosfera, unha parte líquida ou hidrosfera, e outra gasosa ou

atmosfera, que envolve a Terra.

Segundo a composición dos materiais

Atendendo á composición dos materiais que a forman, a xeosfera está formada por tres grandes zonas que son as seguintes: codia, manto enúcleo.

(27)

Páxina 27 de 47

A codia representa o 1 % do volume e da masa da Terra e os seus compoñentes princi-pais son silicio, oxíxeno, aluminio, ferro, calcio, magnesio, sodio e potasio. A codia posúe á súa vez varias capas con características diferentes:

– Capa superficial: cun grosor entre 500 m e 1000 m. Está formada principalmente por unha delgada porción externa, chamada solo, e por rochas sedimentarias.

– Capa intermedia: que se corresponde coa codia continental, chamada así porque non existe debaixo dos océanos, soamente debaixo dos continentes. Ten un grosor medio variable entre 25 km e 70 km, e a súa densidade media é de 2,7 gr/cm3.

– Capa basáltica inferior: que é a propia codia oceánica e constitúe a base dos océa-nos. Ten un grosor comprendido entre 10 km e 20 km.

Manto. Está situado inmediatamente debaixo da codia oceánica, cun grosor duns 2.800 km. As rochas que o forman pódense desprazar lentamente unhas sobre outras. Aínda que representa o 83 % do volume total do planeta, está moi pouco estudado e case non se coñecen datos sobre a súa composición. Sábese que os materiais que o compoñen son máis densos que os da codia e menos que os do núcleo. Pénsase que está formado principalmente por silicio e magnesio, e por ferro e níquel en estado viscoso.

Núcleo. É a parte máis profunda da xeosfera. Nel distínguense o núcleo externo, par-cialmente fundido, duns 2000 km de grosor, cunha temperatura moi alta e formado por ferro, e o núcleo interno, en estado sólido, cun grosor de 1.500 km, ocupa un 16% do volume da Terra. Compóñeno materiais moi densos, cun 90 % de ferro e o resto níquel, e unha densidade próxima a 10 g/cm3. Crese que o magnetismo da Terra se asocia ao núcleo interno.

2.5.3

Modelo xeodinámico

Se analizamos a estrutura da xeosfera de acordo coa rixidez das rochas, temos as seguintes capas ou niveis en orde de profundidade:

Litosfera. Fórmana os primeiros 100 km e abrangue a codia terrestre e a parte máis ex-terna e sólida do manto. É ríxida, e rompe ao sometela a moita forza. Por extensión, identifícase a litosfera coa codia terrestre, chegando a seren termos sinónimos.

Astenosfera. Caracterízase pola plasticidade dos materiais e pola súa fluidez. Está si-tuada debaixo da litosfera. É unha capa plástica e de espesor variable entre 100 e 300 km nos lugares onde ha sido recoñecida, feito polo que algúns autores non a consideran como nivel universal. Permite o desprazamento horizontal das placas litosféricas ríxi-das, así como os movementos verticais de elevación e afundiomento de continentes.

Mesosfera. Está situada por debaixo da mesosfera ata uns 2.700 km de profundidade. É unha capa sólida da que non se coñece o seu estado de rixidez. A astenosfera e a me-sosfera forman parte do manto. A parte menos sólida do manto está constituída polo

magma, que é unha mestura de rochas en estado de fusión entre 700ºC e 1.500ºC, vapor de auga e outros gases e que ao movérense provocan a inestabilidade da codia terrestre e producen fendas, polas que sae ao exterior formando os volcáns.

(28)

Páxina 28 de 47

Actividades propostas

S20. Elabore un esquema coa estrutura da xeosfera segundo a composición e

segun-do a rixidez das capas que a compoñen.

S21. Explique as diferenzas existentes entre a codia continental e a codia oceánica.

S22. Complete a imaxe cos termos que identifican cada unha das partes da Terra:

Astenosfera

Manto superior

Núcleo externo

Codia oceánica

Núcleo

Núcleo interno

Litosfera

Codia

Codia continental

Manto inferior

(29)

Páxina 29 de 47

3.

Resumo de contidos

Internet

Internet é un conxunto formado por milleiros de redes de todo o mundo que están co-nectadas entre si.

Cando un equipamento informático se conecta a internet está identificado por un ende-rezo IP.

Para establecer unha conexión é preciso contratar o servizo cunha compañía telefónica. As páxinas web son un dos medios de transmisión de información en internet. Están en

servidores e pódese acceder a elas a través da rede.

Un navegador é unha aplicación que permite abrir páxinas web.

A información contida nas páxinas web pode ser gardada total ou parcialmente. Se é de interese unha parte do contido dunha páxina web, pódense empregar as ferramentas se-leccionar e copiar para, posteriormente, pegar nun documento de texto.

Un buscador é unha páxina web que funciona como un filtro e amosa as páxinas que atopa sobre o tema de interese. Exemplos de buscadores: Google, Yahoo, ...

Outra das formas de mover información en internet é o correo electrónico. Para poder empregar o correo electrónico é preciso contratar unha conta de correo con un provedor

deste servizo. Hai provedores que proporcionan este servizo de xeito gratuíto.

Números enteiros

Representación dos números enteiros.

Operación cos enteiros: suma, resta, multiplicación, división, potencias e raíces. Xerarquía de operacións: operacións combinadas.

Estrutura da Terra.

Métodos directos e indirectos do estudo da Terra. Modelo xeoquímico da Terra: codia, manto e núcleo.

Modelo xeodinámico da Terra: Litosfera, astenosfera, mesosfera e endosfera.

(30)

Páxina 30 de 47

4.

Actividades complementarias

S23. Vexa algunha simulación da estrutura interna da Terra. Na web pódense atopar

en varias páxinas. Pode comezar por esta:

[http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/]

[http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/4ESO/MedioNat ural1I/contenido1.htm]

S24. Vexa algunha simulación dos modelos xeodinámicos e xeoquímicos da Terra.

Na web pódense atopar en varias páxinas. Probe a comezar por esta:

[http://www.estrucplan.com.ar/producciones/entrega.asp?identrega=387]

S25. Acceda desde o seu computador a Google, e busque “estrutura interna da terra”,

na procura de imaxes, e seleccione dúas que representen o modelo xeoquímico e xeodinámido da Terra. Gárdeos no seu computador. Mándelle esas imaxes por correo electrónico a un amigo, xuntando o ficheiro anterior á mensaxe, e com-próbeo.

S26. Quite as parénteses:

+ (–5) – (–4) – (+6) – (+8) + (+12) + (–5)

[

−(−3)

]

[

+(−5)

]

[

−(+7)

]

S27. Calcule:

(–5)3

(–5)4

–54

(+5)3

S28. Calcule se existe:

81 - 100

81−100

81+144

(31)

Páxina 31 de 47

S29. Aristóteles, un dos filósofos máis influentes de todos os tempos, viviu entre os

anos 106 e 43 a.C. A que idad morreu? Cantos anos fai ?

S30. Cales son os métodos utilizados para coñecer a estrutura interna da Terra?

S31. Debuxe un esquema da Terra e sitúe nel as distintas capas que forma a

estrutu-ra interna da Terestrutu-ra.

S32. Explique o que é a Litosfera.

S33. Localice os erros que hai no seguinte texto:

“A codia é a capa intermedia da Terra. Os seus materiais atópanse en estado sóli-do. Existen dous tipos de codia:

A codia continental, que ten un grosor duns 7 Km e está constituída principal-mente por basalto.

A codia oceánica, que se atopa baixo os océanos, pode chegar aos 70 Km de grosor e está formada principalmente de granito".

S34. Efectúe as operacións seguintes:

(-7) + 24 14 + (-45) (-17) + (-34)

(-13) + 43 -16 + (-14) + (-5) +6 18 + (-32) + 13 + (-7)

10 + ( -6 +16) -12 + (12 + ( -8)) -8 + (5 – (-16))

S35. Realice as operacións segundo a súa xerarquía:

35 + (75 : 5) + (62 – 2 – 30) 22 + 18 : (36 : 6) + ( 35 : 7) -21: (-14 : 2) + ( -10 + 4) : 2

7 + 15: 3 – ( 15 – 6 x 2) 14 – ( 18 : (-2)) + 5 x (-7 – 2) : (-3)

S36. Calcule as operacións seguintes:

(9 + 2) . 4 – 7 : ( 5 – 12)=

-3 .

[

4+(−6)

]

- (-2) .

[

8−(+4):(−2)

]

=

– (8+3-10).

[

(5−7):(13−15)

]

=

5.

[

3+2.(2+5−3)

]

-10 . 2 : 4=

12:

[

6+(3−5+4).2−3.(6−9+8)+2

]

=

(32)

Páxina 32 de 47

5.

Exercicios de autoavaliación

1. Que é internet?

Un grupo de computadores que están nun aula de informática.

Unha rede wifi.

Unha rede que abrangue todos os computadores dun país.

Unha rede que conecta moitas redes do mundo.

2. A información móvese en internet de moitas formas...

Por carta.

Por medio de páxinas web.

Por medio de correo electrónico.

Por papel.

3. Un navegador é ...

Un visualizador de páxinas web.

Un mando a distancia.

Un antivirus para protexer o computador.

Un cliente de correo electrónico.

4. Se queremos atopar páxinas web das que non coñecemos o enderezo, sobre un tema de-terminado, podemos facelo cun...

Navegador.

Correo electrónico.

Buscador.

Computador pirata.

5. Que parte da Terra está en estado líquido?

Ningunha; toda a Terra é sólida.

(33)

Páxina 33 de 47

6. Para mandarmos un correo electrónico precisamos ...

O enderezo postal do destinatario.

O lugar en que se atopa o computador do remitente.

Que o noso computador e o do remitente estean conectados á rede.

O enderezo de correo electrónico do destinatario.

7. Onde se encontra a “Astenosfera”?

Debaixo da codia.

É unha parte do manto.

Correspóndese co núcleo externo.

8. En xeral, que parte da codia é a máis antiga:

Oceánica

Continental

Son da mesma idade, máis ou menos.

9. Quw parte da codia é a máis heteroxénea?

Oceánica.

Continental.

Da mesma idade, máis ou menos.

Depende da rexión xeolóxica á que nos refiramos.

10. Que parte da codia é a máis grosa?

Oceánica.

Continental.

Aproximadamente do mesmo grosor.

Nunhas zonas a oceánica e noutras a continental.

11. Cantas capas dinámicas comparten o manto?

1.

2.

3.

(34)

Páxina 34 de 47

12. Cando non coñecemos o enderezo dunha páxina web pero sabemos o tema de que trata, podemos atopalo empregando:

Un navegador, por exemplo o Google.

Un buscador, por exemplo o Explorer.

Un navegador, por exemplo o Explorer.

Un buscador, por exemplo o Google.

13. Litosfera defínese como:

Codia mais manto.

Codia mais manto superior ríxido.

Codia e núcleo.

Ningunha das afirmacións anteriores é correcta.

14. O magnetismo terrestre asóciase a:

Codia.

Manto.

Núcleo externo.

Núcleo interno.

15. O correo electrónico...

Permite mandar cartas con sobres especiais que chegan antes ao destino.

Permite o envío de información de xeito inmediato.

Funciona só a determinadas horas.

16. Calcule: (+5) .

[

(−4).(+3)

]

:

20

-50

-60

(35)

Páxina 35 de 47

17. Cal é o cubo de (-10):

100

-100

1000

-1000

18. Calcule 10 – (8+4)

7.

1.

-2.

2.

19. Calcule (-8) : (-1)

8.

-8.

9.

80.

20. Calcule (-5) .

[

(−5)+(+2)−(4+6−1)

]

.

40

60

(36)

Páxina 36 de 47

6.

Solucionarios

6.1

Solucións das actividades propostas

S1.

Abra un navegador (por exemplo, o Explorer) e escriba os enderezos das páxinas na barra de enderezos do navegador como se describe na imaxe da páxina dos na-vegadores.

S2.

Cando atope unha páxina web siga os pasos que se describen nas imaxes do apar-tado de navegadores.

S3.

Siga os pasos do apartado correspondente para facer que a páxina na que se inicie o navegador sexa unha das indicadas

S4.

Siga as indicacións do apartado copiar, pegar...

S5.

Siga as indicacións do apartado copiar, pegar...

S6.

Escriba o tema que lle interese na ventá de busca do buscador que elixa.

S7.

Escriba entre aspas as expresións que se indican, así o buscador tratará de locali-zar páxinas coa expresión completa “codia continental” e “astenosfera”. Lembre de todos os xeitos que o buscador non diferencia entre maiúsculas e minúsculas”.

S8.

Logo de realizar a procura das expresións indicadas, copiar texto e imaxes das pá-xinas atopadas, e pegar nun documento de texto (Word ou Oppen Office).

S9.

Siga as instrucións do apartado correspondente para crear unha conta de correo.

S10.

(37)

Páxina 37 de 47

S11.

Siga as instrucións do apartado correspondente e envíe un correo electrónico que xunte un ficheiro dos construídos nas actividades anteriores.

S12.

-13 +21 -1 0 ++8

S13.

0 < +2 < +4 < 5 < +8 < 9 -10 < -5 < -3 < -2 < -1 < 0

S14.

(+3) – (+8) = -5 (-9) + ( -6) = -15 (-7) – (-7) + ( -7) = -7 ( -7)3 = -343

(+2)4 = 16 25= 516 = non existe

S15.

27ºC

S16.

Data D H Concepto

16 – X 150 250-150=100 Operación do caixeiro

25 – X 100 + 2=102 Devolución comisión

31 – X 1 284+ 102=1386 Nómina

2 – XI 84 1386-84=1302 TVP

3 – XI 100 1302-100=1202 Operación do caixeiro

3 – XI 572 1202-572=630 Operación de préstamo

5 – XI 65 630-65=565 Recibo da luz

S17.

(38)

Páxina 38 de 47

S18.

1 0 4

Non ten solución enteira.

S19.

Non ten solución enteira: (20): (-3) 1

-21 -33 0 7

S20.

Segundo a composición: codia, manto e núcleo. Segundo a rixidez: litosfera, astenosfera e mesosfera.

S21.

Codia oceánica: menos grosor, máis nova, formada por materiais homoxéneos. Codia continental: máis grosor, máis vella, formada por materiais

heteroxéne-os.

(39)

Páxina 39 de 47

6.2

Solucións das actividades complementarias

S23.

Acceda á páxina.

S24.

Acceda á páxina.

S25.

Siga as instrucións.

S26.

-5 +4 -6 -8 +12 -5 -3 +5 +7.

S27.

-125 625 -625 125

S28.

-1

Non existe. 15

21.

S29.

(-43) – (-106) = -43 + 106 = 63

Aristóteles morreu aos 63 anos.

Se estivésemos en 2002, disto faría: 2002 - (-43) = 2.045 anos.

(40)

Páxina 40 de 47

S30.

Para coñecer a estrutura interna terrestre utilizanse varios métodos:

Métodos directos: o estudo das rochas da superficie terrestre ou a realización de sondaxes (escavacións de varios quilómetros de profundidade). Estes méto-dos permiten coñecer a composición e a estrutura méto-dos materiais da Terra.

Métodos indirectos: o estudo das ondas sísmicas que se producen durante os te-rremotos. As características desta ondas dan información sobre o tipo de mate-rial que van atopando ao seu paso.

A partir dos datos obtidos, os xeólogos deduciron que a Terra está formada por tres capas principais. Da máis externa á máis interna, estas tres capas reciben o nome de codia, manto e núcleo.

S31.

Traballo persoal. Utilizando o esquema do texto, debuxe dous esquemas da estru-tura interna da Terra, o modelo xeoquímico e o modelo xeodinámico

S32.

Litosfera. Fórmana os primeiros 100 km e abrangue a codia terrestre e a parte máis externa e sólida do manto. É ríxida, e rompe ao sometela a moita forza. Por extensión, identifícase a litosfera coa codia terrestre, chegando a seren termos si-nónimos.

S33.

“A codia é a capa superficialda Terra. Os seus materiais atópanse en estado sóli-do. Existen dous tipos de codia:

A codia continental, que ten un grosor duns 70 Km e está constituída princi-palmente por granito.

A codia oceánica, que se atopa baixo os océanos, pode chegar aos 7 Km de grosor e está formada principalmente de basalto.

S34.

(-7) + 24= 14 14 + (-45)= -31 (-17) + (-34)= -51

(-13) + 43= 30 -16 + (-14) + (-5) +6= -29 18 + (-32) + 13 + (-7)=-8

10 + ( -6 +16)=20 -12 + (12 + ( -8))= -8 -8 + (5 – (-16))= 13

S35.

35 + (75 : 5) + (62 – 2 – 30)=80 22 + 18 : (36 : 6) + ( 35 : 7)=30 -21: (-14 : 2) + ( -10 + 4) : 2=0

(41)

Páxina 41 de 47

S36.

(42)

Páxina 42 de 47

6.3

Solucións dos exercicios de autoavaliación

1. Que é internet?

Unha rede que conecta moitas redes do mundo.

2. A información móvese en internet de moitas formas...

Por medio de páxinas web.

3. Un navegador é ...

Un visualizador de páxinas web.

4. Se queremos atopar páxinas web das que non coñecemos o enderezo, sobre un tema de-terminado, podemos facelo cun...

Buscador.

5. Que parte da Terra está en estado líquido?

(43)

Páxina 43 de 47

6. Para mandar un correo electrónico precisamos ...

O enderezo de correo electrónico do destinatario.

7. Onde se atopa a astenosfera?

É unha parte do manto.

8. En xeral, que parte da codia é a máis antiga:

Continental.

9. Que parte da codia é a máis heteroxénea?

Continental.

10. Que parte da codia é a máis grosa?

Continental.

11. Cantas capas dinámicas comparten o manto?

3.

(44)

Páxina 44 de 47

12. Cando non coñecemos o enderezo dunha páxina web pero sabemos o tema de que trata, podemos atopalo empregando:

Un buscador, por exemplo o Google.

13. Litosfera defínese como:

Codia mais manto superior ríxido.

14. O magnetismo terrestre asóciase a:

Núcleo interno.

15. O correo electrónico...

Permite o envío de información de xeito inmediato.

16. Calcule: (+5) .

[

(−4).(+3)

]

:

-60.

(45)

Páxina 45 de 47

17. Cal é o cubo de (-10)?

-1.000.

18. Calcule 10 – (8+4):

-2.

19. Calcule (-8) : (-1).

8.

20. Calcule (-5) .

[

(−5)+(+2)−(4+6−1)

]

.

60.

(46)

Páxina 46 de 47

7.

Glosario

Anexar Xuntar ou engadir a outra cousa que se considera como principal.

Aplicación informá-tica

Tipo de programa informático, deseñado como unha ferramenta, que lle permite ao usuario realizar unha ou varias tarefas.

A

Astenosfera Capa da xeosfera situada por baixo da listosfera.

B

Baixar En informática, é un termo que se emprega para indicar a descarga de ficheiros, programas ou aplicacións dos servidores nos que se atopan en internet.

Cartafol En informática, é o lugar virtual en que se gardan ficheiros para unha mellor clasificación.

Configurar Darlle forma a algo. En informática, establecer as características dunha aplicación ou dun equipamento informático.

Contraer Diminuir o volume.

C

Copiar En informática, función de edición que permite gardar nunha memoria temporal un

obxecto, ou parte del, con posibilidade de ser pegado posteriormente noutro lugar.

Favoritos En internet, páxinas web nas que se entra a cotío.

F

Ficheiro En informática, lugar virtual no que se garda información (texto, imaxe, etc.).

H

Hipertexto

Texto empregado en soporte informático que permite o acceso secuencial a distintos documentos que están relacionados entre si. Pásase duns documentos a outros por medio de ligazóns.

I

Icona Símbolo que identifica un elemento informático: ficheiro, cartafol, aplicación, ...

Ligazón Referencia que permite pasar dun documento a outro nun hipertexto. Tamén se chama

hiperligazón.

L

Litosfera Códia mais manto superior ríxido.

Pegar En informática, inserir un obxecto previamente copiado (texto, imaxe, ...) dentro doutro.

P

Provedor Aquel que proporciona algo.

R

Refinado Máis fino, máis eficaz, máis axeitado ao que se busca.

S

Servidor En informática, equipamento informático que forma parte dunha rede e que proporciona

servizos a outros equipamentos denominados clientes.

T

Transmisión Envío de algo (neste caso datos) dun punto a outro dunha rede informática.

X

Xuntar Asociar a algo que se considera principal. Referido á informática, engadir a un correo

(47)

Páxina 47 de 47

8.

Bibliografía e recursos

Bibliografía

Libros para a educación secundaria a distancia de adultos. Ámbito tecnolóxico-matemático. Aplicacións da tecnoloxía informática. Unidades 1 e 2. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Aplicaiones Informáticas. La Enciclopedia del Estudante. V14. Santillana. El País. Ciencias da Natureza 1º ESO. Ed Casals. Atmos.2002

Ciencias da Natureza 1º ESO. Ed rodeira.2007

Ciencias da Natureza 1º ESO. Oxford educación. 2007 Ciencias da Natureza 1º ESO. Ed. Tambre. 2002 Matemáticas 1º,2º da ESO. Edicións SM.

Ligazóns de internet

Nestas ligazóns pode atopar trucos e información que pode consultar para mellorar a súa práctica.

[http://www.trucoswindows.net/Trucos-para-Windows-XP.html] [http://www.recursosticceducación.es]

[http://www.estrucplan.com.ar/producciones/entrega.asp?identrega=387] [http://www.aula matematica.com]

Referencias

Documento similar

14 HANS KELSEN, Teoría pura do direito, 1979; NORBERTO BOBBIO, Teoría do orde- namento jurídico, 1990; KARL ENGISCH, Jntroducáo ao pensamento jurídico, 1996; KARL LARENZ,

Se, nun principio, as empresas puideron considerar ignora-lo medio ambiente e buscar simplemente os beneficios no curto prazo, coas posibles consecuencias tanto económicas

O Campus do Mar, proxecto liderado pola Universidade de Vigo e no cal tamén participan as da Coruña e Santiago, xunto co CSIC, o Instituto Español de Oceanografía e outras

Nada hacía presagiar en el mes de octubre, cuando comenzábamos el curso académico del Aula Permanente de Formación Abierta de la Universidad de Granada (el “Aula de mayores”),

Tema 3.- Antoloxía de textos poéticos representativos (selección do profesor sobre autores do período).. Antoloxía de textos poéticos (selección do profesor sobre autores

Otra cita que Jacobs comenta es una de Simone Weil, en la que afirma que debe- mos intentar discernir lo eterno de todos los encuentros humanos y que, para ese objetivo, es útil la

Por lo anterior, el BLOG se transformó progresivamente en una plataforma de ensayo y experimentación para nuestro equipo de trabajo, espacio de actividad y encuentro entre

Para min e para o centro do que son director dende hai xa uns anos, un instituto pequeno dunha localidade de apenas 1.700 habitantes, é unha honra estar hoxe aquí representando