1
PROTOCOLOS DE SEGURIDADE ESTABLECIDOS NA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA (BUSC) CO APOIO DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE
RISCOS DA USC (SPR)
REVISION 15 SETEMBRO 2020
Os servizos presenciais que se prestarán na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela (BUSC) realizaranse en todos os seus puntos de servizo, atendendo ás Condicións aprobadas de acceso e uso da Biblioteca Universitaria, derivadas da adaptación ao marco establecido na RESOLUCIÓN REITORAL DO 2 DE SETEMBRO DE 2020 POLA QUE SE DISPOÑEN MEDIDAS FRONTE Á COVID-19 PARA O INICIO DO CURSO 2020-2021. Na paxina web da BUSC atoparase a información actualizada para cada punto de servizo, especificándose as limitacións de acceso e aforo que correspondan en cada un deles.
No que atinxe á ATENCIÓN AO PUBLICO:
- Garantirase que a atención se realice gardando sempre a distancia mínima de 1.5 metros.
- As persoas usuarias levaran máscara hixiénica durante todo o tempo que estean na biblioteca.
- Non se permite o uso compartido de obxectos (bolígrafos, etc.). En caso contrario, débese proceder á desinfección inmediatamente despois do seu uso.
- Cómpre a limpeza e desinfección das mans e superficies de traballo despois de atención a cada persoa citada.
- Non se debe tocar a cara antes de lavar e desinfectar as mans.
- A persoa ou persoas que atendan ao público protexeranse, preferentemente, mediante colocación de anteparos de metacrilato ou similares. No seu defecto establecerase o sistema necesario para garantir a separación mínima de 1.5 metros, por medio de sinalización horizontal ou instalación de barreiras físicas de separación. Será obrigatorio o uso de máscara para todas as persoas que compartan espazo aínda que se manteña a distancia de seguridade.
- O aforo máximo do local onde se preste atención ao público deberá permitir cumprir co requisito de distancia de seguridade de 1,5 metros entre persoas.
- De ser preciso, habilitaranse mecanismos de control de acceso nas entradas do local de atención ao público, de xeito que se garanta en todo momento respectar a distancia de seguridade de 1,5 metros entre persoas.
2
- De ser preciso, aplicaranse medidas para organizar as persoas que agarden no exterior do local de atención ao público, debendo gardar todas elas a distancia de seguridade de 1.5 metros.
- De ser preciso, para cumprimento destas medidas, ademais da persoa ou persoas que presten a atención ao público, contarase coa colaboración de persoal para informar e ordenar a entrada, saída e espera das persoas usuarias.
- De ser o caso, colocaranse obstáculos que impidan acceso de usuarios/as a zonas non habilitadas para a súa circulación.
- Os usuarios/as respectarán en todo momento a distancia de seguridade.
Poderá colocarse sinalización no chan para marcar a distancia e dirixir aos usuarios aos postos de atención.
- Poñerase a disposición dos usuarios/as dispensadores de solucións hidroalcohólicas ou desinfectantes.
- Informarase aos usuarios/as das medidas de prevención fronte ao COVID-19 adoptadas dentro das instalacións e dos protocolos establecidos para prestación de servizos, así como da obriga de colaborar no seu cumprimento.
MEDIDAS ESPECÍFICAS NA PRESTACIÓN DALGÚNS SERVIZOS
1. Acceso á biblioteca
As persoas usuarias que desexen facer uso dos servizos presencias da BUSC deberán rexistrarse no mostrador do punto de servizo empregando para iso a TUI ou a carta de usuario.
2. Préstamo nos mostradores
Na zona de atención ao usuario/a, o espazo terá marcas no chan indicando a distancia mínima de seguridade entre o mostrador e o/a usuario/a (1.5 metros). Haberá dispensadores de xel, panos dun só uso para os usuarios/as e papeleiras con tapa e pedal.
Despois de cada transacción (préstamo e/ou devolución), a persoa que estea atendendo o mostrador utilizará un desinfectante sobre a superficie (vale calquera dos desinfectantes con actividade virucida do mercado sempre autorizados e rexistrados e, para o seu uso, respectaranse as indicacións da etiqueta). Así mesmo o persoal de atención ao publico terá que desinfectarse as mans con xel sanitizante despois de cada transacción.
3. Lectura en sala
Cada punto de servizo da BUSC determinará o aforo máximo dispoñible para postos de lectura en sala. Para o establecemento deste aforo haberá que atender ao establecido ao respecto na GUIA DE ACTUACIÓN
3
FRONTE Á COVID-19 PARA CENTROS E PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL (4. Distancia de seguridade entre persoas) e ter en conta as indicacións das autoridades sanitarias.
A asignación de postos farase por orde de chegada. Os usuarios deben ter a TUI ou carta de lector/a. As persoas usuarias deben comunicar que deixan o posto, para que este poda ser reutilizado. As bibliotecas poñerán ao dispor dos usuarios/as kits de autolimpeza para á limpeza de asento e mesa do posto de lectura.
Para consultar o fondo bibliográfico, as persoas usuarias terán xel hidroalcohólico ao seu dispor que deberán empregar para lavar as mans antes e despois do uso.
4. Portátiles e uso de ordenadores
Os portátiles poderán prestarse coas condicións anteriores ao Covid-19, pero debese asegurar a limpeza e desinfección dos equipos unha vez devoltos.
Os equipos informáticos das bibliotecas ao dispor dos usuarios/as poderán empregarse, sempre que se respecten as medidas de seguridade relativas á distancia (1.5 m) e haxa normas de hixiene para quen as utilice (limpeza das mans antes e despois do uso con xel sanitizante). As bibliotecas poñerán ao dispor dos usuarios/as kits de autolimpeza.
5. Sala de investigadores da Biblioteca Xeral
O aforo estará limitado para manter a distancia de 1.5 metros entre persoas. Recomendase empregar o correo electrónico para solicitar previamente os fondos e reservar unha cita.
Os/as usuarios/as deberán empregar máscaras empregar xel hidroalcóhólico antes e despois da utilización dos exemplares.
Adicionalmente pode ser aconsellable con algúns exemplares o emprego dunha luva de algodón.
MEDIDAS XENÉRICAS DE PROTECCIÓN PARA TODO O PERSOAL DA BUSC
- Manter a distancia de seguridade mínima de 1.5 metros.
- É obrigatorio o uso de máscara, aínda que se garde a distancia de seguridade, para todas as persoas que compartan espazo.
- Evitar o saúdo con contacto físico. Non dar a man.
4
- Lavado frecuente das mans con auga e xabón durante un mínimo de 40 segundos antes de entrar nos lugares de traballo e ao saír.
- Lavado reiterado das mans despois de contacto con obxectos e superficies.
- Poden utilizarse preparados/solucións de base alcohólica. Se as mans están sucias/contaminadas deben lavarse con auga e xabón antes de usar estes produtos.
- Taparse a boca e o nariz cun pano dun só uso ou, no seu defecto, coa parte interior do cóbado, ao tusir ou esbirrar. Os panos e resto de material dun só uso depositaranse na bolsa de lixo que se habilite a tal efecto
- Minimizar o contacto das mans coa boca, ollos e nariz a menos que se lavaran previamente.
- Evitar compartir obxectos, materiais ou utensilios de traballo.
- Os utensilios e material a utilizar deben desinfectarse previamente.
- Evitar os desprazamentos entre edificios e centros de traballo e permanecer no seu lugar de traballo.
- Reforzar as medidas de hixiene persoal en ambientes de traballo e en calquera escenario de exposición.
MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA O PERSOAL DA BUSC
1. Recepción de pedidos, paquetaría, correos
Os despachos que recepcionen paquetaría e correos deben dispoñer de dosificadores con produto desinfectante mencionado no punto 1 e bolsas grandes para gardar os envases dun só uso.
Os paquetes, correo, etc., poden levarse aos despachos de destino e deben ser desinfectados por fóra antes de abrilos: como se indicaba no punto 1 as embalaxes serán desinfectadas convenientemente empregando dilucións de lixivia (1:50) preparada recentemente ou calquera dos desinfectantes con actividade virucida do mercado sempre autorizados e rexistrados. Para o seu uso, respectaranse as indicacións da etiqueta.
No caso dos paquetes de libros, desinfectarase a caixa na que veñan, antes de retirar o contido. Sempre se deben empregar máscaras e lavar as mans con solucións hidroalcohólicas. Se os libros veñen empaquetados individualmente, procederemos de novo a desinfectar ese plástico/embalaxe que os recobre e, a continuación, xa podemos procesalos.
O correo debe igualmente desinfectarse por fóra antes de poder abrilo.
5
2. Catalogación e proceso técnico dos exemplares
A manipulación se realiza coas debidas garantías de utilización de máscara e lavado/desinfección de mans, antes e despois da tarefa. No caso de que se utilicen luvas, serán para uso exclusivo nesta tarefa e procederase igualmente ao posterior lavado de mans.
3. Uso de fondos bibliográficos polo persoal da Biblioteca
O persoal da BUSC pode necesitar consultar fondos dos depósitos para o traballo (comprobacións, correccións). Na Biblioteca Xeral acostumábase a facer estas comprobacións in situ.
Aconsella se evitar, na medida do posíbel, o tránsito entre dependencias e garantir que a manipulación de libros e materiais se realice polo menor número de traballadores/as posible.
Por iso, no caso de comprobacións puntuais cómpre que as faga o persoal que estea nos depósitos.
No caso dun uso máis demorado, os fondos que se precisen se servirán na mesa/despacho da persoa que as solicite.
4. Procedemento para o correo entre centros (préstamo intercentros)
Para a carga/descarga determinaranse lugares específicos para depositar os envíos, para evitar contacto entre persoas e manter a distancia de seguridade
Os fondos que vaian ser enviados ás diferentes bibliotecas deben ser manipulados con máscaras e con limpeza das mans con xel, para ser introducidos a continuación nas bolsas que se empregaban para os envíos.
Unha vez en destino, esta bolsa será desinfectada por fóra, antes de sacar os libros coas mesmas garantías de manexo que na biblioteca de orixe (limpeza de mans e máscaras). Estes libros estarían en condicións de ser servidos ao usuario/a que os demandou.
Rematada a tarefa (tanto e orixe como en destino), no caso de empregar luvas , estas depositaranse na papeleira de lixo habilitada ao efecto para material dun só uso e procederase ao posterior lavado/desinfección das mans.
6
5. Procedemento para preparar préstamos (coller libro no deposito, manipulacións)
Como norma xeral, o manexo dos libros e outros fondos que se van poñer ao dispor dos usuarios debe realizarse sempre con máscaras e lavado de mans.
É importante lavar as mans con frecuencia. Rematada a tarefa, no caso de empregar luvas, estas depositaranse na papeleira de lixo habilitada ao efecto para material dun só uso e procederase ao posterior lavado/desinfección das mans.
6. Ventilación
É recomendable a máxima ventilación nos espazos nos que haxa afluencia de usuarios: antes, durante e despois da prestación do servizo.
Estes protocolos están suxeitos ás actualizacións que requiran as posibles revisións da normativa e documentación técnica de referencia en relación coa COVID-19. Para todo o que poida non estar recollido nestes protocolos será de aplicación a Guía da USC:
https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/Guia-para-persoal-da- USC.pdf
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2020