MEMORIA ANUAL DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS DA USC
ANO 1999
ÍNDICE
Introducción
I. Organización dos recursos preventivos 1. Servizo de prevención propio da USC
1.1. Dotación do servizo de prevención da USC 1.2. Funcións do servizo de prevención da USC 2. Servizo de prevención concertado
2.1. Dotación do servizo de prevención concertado 2.2. Funcións do servizo de prevención concertado
II. Actividades xerais do Servizo de Prevención de Riscos 1. Avaliacións de riscos
1.1. Avaliacións iniciais 1.2. Avaliacións específicas
1.2.1. Hixiene
1.2.2. Ergonomía e psicosocioloxía 2. Información e formación
2.1. Información
2.2. Cursos de formación impartidos 2.2.1. Campus de Santiago 2.2.2. Campus de Lugo 3. Medidas de control dos riscos 4. Protección radiolóxica
4.1. Vixilancia da radiación 4.2. Control
4.3. Documentación e arquivos
4.4. Planificación e seguemento das instalacións 4.5. Actividades de formación e información 5. Seguridade
5.1. Plans de autoprotección
5.1.1. Planificación de plans de autoprotección 5.1.2. Elaboración dos plans de autoprotección 5.1.3. Implantación dos plans de autoprotección 5.2. Instalacións e medios de seguridade
6. Seguemento da actividade preventiva 7. Accidentes de traballo
7.1. Investigación de accidentes 7.2. Estatística de accidentes
7.2.1. Clasificación dos accidentes 7.2.2. Evolución da sinistralidade 8. Vixilancia da saúde
8.1. Medicina preventiva 8.2. Asistencia médica
8.2.1. Asistencia 8.2.2. Controis 8.2.3. Tratamentos 8.3. Promoción da saúde
8.3.1. Vacinacións
8.3.2. Campañas de detección
8.4. Outras actividades da vixilancia da saúde 9. Xestión de residuos
9.1. Plan de xestión de residuos
9.2. Actividades de xestión de residuos 9.2.1. Documentación
9.2.1.1.Lexislación
9.2.1.2.Material bibligráfico 9.2.2. Xestión interna dos residuos
9.2.2.1.A USC productora de residuos perigosos
9.2.2.2.Inventariado, clasificación e agrupamento dos residuos 9.2.2.3.Almacenamento e etiquetado
9.2.2.4.Residuos biolóxicos
9.2.3. Xestión externa dos residuos almacenados 9.2.4. Outros residuos
9.2.4.1.Toners 9.2.4.2.Pilas 9.2.4.3.Vidro
9.3. Formación, información e asesoramento 10. Documentación
10.1. Procedementos
10.2. Normas e instruccións 11. Reunións
11.1. Reunións do Servizo de Prevención de Riscos 11.2. Reunións do Comité de Seguridade e Saúde
INTRODUCCIÓN
O Real Decreto 39/1997 que aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, no artigo 15, apartado 5, dispón que a empresa deberá elaborar anualmente e manter a disposición das autoridades laborais e sanitarias competentes a memoria anual do seu servizo de prevención.
Asemade, a Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, no artigo 39, apartado 2, letra d), dispón que o Comité de Seguridade e Saúde (en adiante CSS) está facultado para coñecer e informa-la memoria anual dos servizos de prevención.
De acordo coa normativa de aplicación vixente é obxecto da presente memoria:
Dar cumprimento ó disposto na Lei de Prevención de Riscos Laborais e no Regulamento dos Servizos de Prevención respecto da elaboración da memoria anual dos servizos de prevención
Recolle-la organización dos recursos preventivos da USC
Recolle-las actuacións máis relevantes levadas a cabo polo Servizo de Prevención de Riscos da USC (en adiante SPR) no ano 1999
Presentar ó CSS, para o seu coñecemento e informe, a memoria de actividades do SPR correspondente ó ano 1999.
Poñer a disposición das autoridades laborais e sanitarias competentes a memoria de actividades do SPR correspondente ó ano 1999.
I. ORGANIZACIÓN DOS RECURSOS
PREVENTIVOS
A Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e o R.D. 39/1997 do Regulamento dos Servizos de Prevención obrigan a deseñar, implantar e aplicar un Plan de Prevención de Riscos Laborais, que debe incluí-la asignación dos recursos necesarios para levar a cabo a actividade preventiva.
A USC é unha organización complexa que dispón dunha multiplicidade de centros e dependencias cunha localización xeográfica dispersa: varios campus situados en dúas cidades distintas. A USC conta cun elevado número de traballadores e traballadoras, pertencentes a colectivos diferenciados tanto na actividade desenvolvida como no réxime legal aplicable á súa relación contractual.
A complexidade da USC, desde o punto de vista da prevención de riscos laborais, evidénciase tamén na multiplicidade de factores de risco presentes, tanto nos seus centros de traballo como nas distintas actividades profesionais desenvolvidas.
Tendo en conta todo o anterior, dentro das posibilidades de organización preventiva que recolle a lexislación de aplicación e atendendo ó número de persoas que ocupa, a USC está obrigada a dotarse dun servizo de prevención propio.
Atendendo ademais á complexidade da estructura organizativa, actividades profesionais e factores de risco presentes nas distintas unidades e postos de traballo, faise necesario complementa-los recursos destinados pola propia USC á actividade preventiva coa aportación de persoal técnico e medios externos. Para iso a USC concertou no ano 1999 parte da súa actividade preventiva de asesoramento e apoio coa MUTUA UNIVERSAL.
1. SERVIZO DE PREVENCIÓN PROPIO DA USC
O SPR constitúe unha unidade organizativa específica dentro da estructura organizativa da USC. Os integrantes do SPR adícanse de xeito exclusivo á prevención de riscos laborais na USC.
O persoal técnico integrante do SPR realiza a súa actividade de xeito coordinado, particularmente en relación coas funcions relativas ó deseño preventivo dos postos de traballo, á identificación e avaliación de riscos, ós plans de prevención e ós plans de formación do persoal da USC. Deste xeito garántese a necesaria interdisciplinariedade entre as distintas áreas que compoñen o SPR.
1.1. DOTACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DA USC
O SPR dótase de persoal técnico con formación superior nas disciplinas de Seguridade e Medicina do Traballo.
Constituído o SPR, por imperativo do Real Decreto 39/1997 do Regulamento dos Servizos de Prevención, o Servizo de Medicina de Empresa, que xa viña funcionando con anterioridade, integrouse no SPR e pasou a denominarse Servizo de Vixilancia da Saúde.
Tamén se integran no SPR a Área de Seguridade, O Servizo de Protección Radiolóxica e a Unidade de Xestión de Residuos.
Ademais, o SPR completa a súa dotación con persoal que ten asignadas funcións, dispoñendo da capatición esixible para iso, de niveis superior, medio e básico.
En definitiva, a dotación do SPR é a reflectida no seguinte cadro:
COORDINACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS (1 Asesor para a Coordinación do SPR)
SEGURIDADE NO TRABALLO
VIXILANCIA DA SAÚDE
PROTECCIÓN RADIOLÓXICA
XESTIÓN DE RESIDUOS 1 Responsable do
Servizo
1 Directora do Servizo (médico do traballo)
1 Directora do Servizo de Radioisótopos
1 Responsable do Servizo
Unha médico Unha licenciada en
Química
Dúas diplomadas en enfermería
1 coordinador de seguridade
1 administrativa posto base
Ademais do persoal relacionado, o Servizo de Vixilancia da Saúde contou cos servixios dun auxiliar administrativo, con contrato temporal para informatización de todo o relativo ó Servizo.
O SPR conta coas instalacións e medios materiais precisos para realiza-las tarefas preventivas que lle corresponde desenvolver. En todo caso o concerto coa entidade contratada como servizo de prevención complementa, naqueles casos para o que resulta necesario, a dotación de medios materiais que se precisan para levar a cabo a actividade preventiva na USC.
Ademais do xa indicado, de acordo co esixido no artigo 15 do R.D. 39/1997 do Regulamento dos Servizos de Prevención, a actividade sanitaria conta para o desenvolvemento das súas funcións coa estructura e os medios axeitados, cumprindo tamén cos requisitos establecidos na normativa sanitaria de aplicación.
1.2. FUNCIÓNS DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DA USC
De acordo co recollido na Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e no R.D. 39/1997 do Regulamento dos Servizos de Prevención, o SPR proporciona o asesoramento e apoio que se precisa respecto de:
O deseño, implantación e aplicación dun Plan de Prevención de Riscos Laborais que inclúa a estructura organizativa, responsabilidades, funcións, recursos, procedementos, prácticas e procesos
O deseño, aplicación e coordinación dos plans e programas de actuación preventiva
A avaliación dos factores de risco que poidan afectar á seguridade e saúde do persoal da USC
A determinación das prioridades na adopción das medidas preventivas axeitadas e a vixilancia da súa eficacia
O seguemento das accións preventivas
A información e formación dos traballadores e traballadoras da USC
A prestación dos primeiros auxilios e plans de emerxencia
A vixilancia da saúde do persoal da USC en relación cos riscos derivados do traballo
O rexistro e estatísticas de accidentes de traballo
A xestión da documentación que se xere relacionada coa prevención de riscos laborais
O fomento dunha cultura preventiva e a promoción da prevención
Calquera outra función que poida ser encomendada e asumida en función da lexislación en materia de prevención de riscos laborais vixente e da política preventiva da USC
2. SERVIZO DE PREVENCIÓN CONCERTADO
Non sendo suficientes os recursos dos que dispón o SPR para atende-la actividade preventiva que reclama a diversidade e complexidade de lugares de traballo, actividades, organización productiva e factores de risco presentes, a USC recurre a concertar parte da actividade preventiva cunha entidade acreditada como servizo de prevención. No ano 1999 a USC concertou esta actividade preventiva coa MUTUA UNIVERSAL.
2.1. DOTACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN CONCERTADO
A USC concerta con MUTUA UNIVERSAL as disciplinas de Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía e, ademais, un apoio para a Área de Seguridade.
En definitiva, os recursos humanos que MUTUA UNIVERSAL aporta son os que se relacionan no seguinte cadro:
HIXIENE INDUSTRIAL 1 técnico superior
ERGONOMÍA 1 técnico superior DISCIPLINAS
CONCERTADAS
PSICOSOCIOLOXÍA 1 psicólogo
SEGURIDADE 2 técnicos superiores APOIO A SERVIZO DE
PREVENCIÓN PROPIO DA USC
PROTECCIÓN RADIOLÓXICA
1 técnica especialista en protección radiolóxica
A USC ten concertado por escrito, coa MUTUA UNIVERSAL, a prestación da actividade preventiva de acordo co disposto no artigo 20 do R.D. 39/1997 do Regulamento dos Servizos de Prevención.
Asemade, en relación co disposto no apartado 1 do artigo 33 da Lei 31/1995 e no apartado 2, do artigo 16 do R.D. 39/1997, a USC consultou á representación legal dos traballadores e traballadoras, con carácter previo, a decisión de concertar parte da súa actividade preventiva coa MUTUA UNIVERSAL.
2.2. FUNCIÓNS DO SERVIZO DE PREVENCIÓN CONCERTADO
De acordo co artigo 19 do R.D. 39/1997 do Regulamento dos Servizos de Prevención, as funcións a realizar polo persoal da entidade contratada como servizo de prevención serán as sinaladas no apartado 3 do artigo 31 da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, que xa foron descritas como funcións do SPR.
II. ACTIVIDADES XERAIS
DO SERVIZO DE PREVENCIÓN
Durante o ano 1999 o SPR planificou as súas distintas actividades preventivas, planificación que, con carácter previo á súa implantación, foi sometida a consulta do CSS.
Aínda que sexan imputables a cada área das indicadas con anterioridade as actividades específicas que lle son propias, a obrigada interdisciplinariedade que o SPR asume como sistemática do seu funcionamento, permite que a planificación sexa coparticipada e tanto esta como a implantación das distintas medidas obedeza a unha visión global e conxunta da prevención de riscos laborais na USC.
Sen pretender detallar moi polo miúdo as actividades que de xeito específico correspondería asignar a cada unha das áreas que compoñen o SPR, relaciónanse as actividades máis salientables levadas a cabo no ano 1999.
1. AVALIACIÓNS DE RISCOS
No ano 1999 realizáronse avaliacións iniciais de risco seguindo as fases e prioridades contempladas na planificación xeral de avaliacións iniciais de riscos elaborada polo SPR e sometida a consulta do CSS.
Como consecuencia de proposta derivada das avaliacións iniciais de risco, da obrigatoriedade de realizar controis periódicos ou outras causas que o fixeron necesario, realizáronse avaliacións ou estudios específicos en determinados postos de traballo nos que, pola especificidade das comprobacións, análises ou medicións a realizar, non se pudo determina-lo nivel de risco na avaliación inicial ou foron identificados con posterioridade á realización da avaliación inicial.
1.1. AVALIACIÓNS INICIAIS
No ano 1999 sometéronse a consulta de CSS as seguintes avaliacións iniciais:
Animalario Xeral
Área de apoio á investigacion agrobiolóxia (Facultade de Veterinaria)
Área de apoio á investigación físico-química e Tecnoloxía dos Alimentos (Lugo)
Aula Informática (Facultade de Física)
Finca de Prácticas (Escola Politécnica Superior)
Herbario (Facultade de Farmacia)
Imprenta Universitaria (Pavillón de Servizos)
Laboratorio de Espectrometría de Masas
Laboratorio de Física de Partículas (Facultade de Física)
Laboratorio de Prácticas de Anatomía (Facultade de Medicina)
Museo Luis Iglesias (Facultade de Química)
Oficial de Laboratorio de Química Orgánica (Facultade de Química)
Oficina de Aquitectura e Urbanismo (OAU)
Oficina de Xestión de Infraestructuras (OXI)
Piscina Universitaria
Pista de Tenis (posto de control)
Servizos Informáticos (SEIN-Pavillón de Servizos)
Servizo de Análise Elemental (Facultade de Química)
Servizo de Comunicacións (Pavillón de Servizos)
Servizo de Crioxenía (Facultade de Física)
Servizo de Difracción de Raios X (Pavillón de Servizos)
Servizo de Espectrometría Vibracional (Facultade de Farmacia)
Servizo de Microscopía Electrónica (Facultade de Bioloxía)
Servizo de Resonancia Magnética Nuclear (Facultade de Química)
Servizo de Soprado de Vidro
Técnico Especialista en Raios X (Facultade de Medicina)
1.2. AVALIACIÓNS ESPECÍFICAS
1.2.1. HIXIENE
CENTRO POSTO TRABALLO AVALIACIÓN
Facultade de Química Servizo de Espectrometría de Masas Medición de ruido
Facultade de Química Servizo de Análise Elemental Medición de iluminación
Piscina Medición de iluminación
Piscina Medición de cloro ambiental
Piscina Medición de cloro ambiental
Piscina Medición de ruido
1.2.2. ERGONOMÍA E PSICOSOCIOLOXÍA
CENTRO POSTO TRABALLO AVALIACIÓN
Imprenta Máquina OFSSET Manipulación de cargas
Área de Seguridade Vixiantes nocturnos Factores estresantes
Imprenta Informe de psicodiagnóstico
laboral Facultade de Física Responsable da Aula de
Informática
Pantallas de visualización de datos
2. INFORMACIÓN E FORMACIÓN
2.1. INFORMACIÓN
En cumprimento do artigo 18 da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, os traballadores e traballadoras deben recibir tódalas informacións necesarias referentes ós riscos para a súa seguridade e saúde, as medidas e actividades de protección e prevención aplicables ós devanditos riscos e as medidas de emerxencia a aplicar en caso de accidente.
Para facilita-lo cumprimento da obriga de información sobre os riscos detectados e as medidas de control dos riscos a adoptar, o SPR proporciona á USC a documentación necesaria para que os traballadores e traballadoras sexan axeitadamente informados polas persoas responsables dos distintos centros, servizos e distintas unidades nas que presta servizos o persoal da USC.
No ano 1999 o SPR procesou a documentación das avaliacións de riscos dos postos de traballo que se relacionan nas avaliacións realizadas durante o ano, para facilitar ás persoas con responsabilidade sobre eses postos a información ó persoal a seu cargo sobre os riscos presentes e medidas a aplicar.
A documentación acreditativa da información sobre o resultado das avaliacións realidadas transmitida ás persoas responsables dos distintos postos de traballo obxecto de avaliación está arquivada nos locais do SPR.
2.2. CURSOS DE FORMACIÓN IMPARTIDOS
2.2.1. CAMPUS DE SANTIAGO
CURSO HORAS PRAZAS ASISTENTES
Básico de ergonomía 20 25 11
Básico de ergonomía 20 25 12
Escola de lombo 13 15 0
Hixiene industrial: alteracións da saúde e a súa prevención
25 20 13
Seguridade e hixiene: primeiros auxilios 15 25 4
Seguridade e hixiene: primeiros auxilios 15 25 18
Seguridade en máquinas: riscos mecánicos e eléctricos
10 20 5
Selección e uso de equipos de protección individual
10 20 8
Uso de radioisótopos na investigación biolóxica:
medidas de protección
15 20 23
Xestión de residuos 10 20 12
SUBTOTAL SANTIAGO (10 cursos) 153 215 106
2.2.2. CAMPUS DE LUGO
CURSO HORAS PRAZAS ASISTENTES
Factores psicosociais e a súa incidencia no ámbito
laboral 12 30 25
Factores psicosociais e a súa incidencia no ámbito
laboral 12 30 9
Seguridade e hixiene: primeiros auxilios
15 25 19
Selección e uso de equipos de protección
individual 10 20 8
SUBTOTAL LUGO (4 cursos) 49 105 61
TOTAIS (14 cursos) 202 320 167
3. MEDIDAS DE CONTROL DOS RISCOS
As avaliacións de risco son informadas no CSS, no que tamén se consultan as medidas de control dos riscos detectados nas avaliacións e a planificación desas medidas. A posta en marcha das distintas medidas tendentes a eliminar ou reduci-los riscos detectados constitúe a actividade preventiva ordinaria que compete ó conxunto da estrutura orgánica da USC, en función da responsabilidade que as distintas persoas e órganos teñen en virtude da súa posición xerárquica.
Nesta actividade preventiva o SPR, ademais de executar e participar na aplicación das medidas que son da súa competencia, exerce as súas funcións de apoio e asesoramento para que se poidan levar a cabo as medidas propostas e as distintas persoas e órganos poidan cumprir coas súas responsabilidades e exerce-las súas competencias.
A aplicación das distintas medidas de protección e prevención lévanse a cabo priorizándose en función do resultado da valoración dos riscos e dos recursos dispoñibles. No momento da propia avaliación de riscos xa se propón a persoa responsable ou unidade á que compete a execución destas medidas e, posteriormente, detállase e infórmase a estas persoas e unidades sobre as medidas que lle corresponde aplicar.
Segundo as características das medidas de protección e prevención a aplicar corresponderá a súa execución a:
Oficina de Arquitectura e Urbanismo (OAU)
Oficina de Xestión de Infraestructuras (OXI)
Xerencia
Dirección do centro, servicio ou unidade á que pertence a avaliación
Persoa responsable directa do posto de traballo
SPR
Os propios traballadores e traballadoras
No transcurso do ano 1999 as medidas de control de riscos propostas nas avaliacións e informadas polo SPR foron as correspondentes ás avaliacións realizadas nese ano, que figuran relacionadas nesta memoria. O detalle sobre cada unha das medidas de control de riscos e persoa ou unidade que a executa figura na documentación relativa a cada unha das avaliacións de riscos arquivadas nos locais do SPR.
Asemade, figuran arquivadas nos locais do SPR, as comunicacións realizadas ás distintas persoas e unidades responsables de exectua-las medidas de control dos riscos avaliados.
Para complemento das avaliacións de riscos, prevención dos riscos hixiénicos e identificación de posibles causas de problemas de saúde, realizáronse enquisas hixiénicas para determina-los productos máis habituais de manexo nas seguintes dependencias:
Servizo de Xardinería
Imprenta
OAU (actividades de carpintería e pintura)
Departamento de Química Orgánica (Facultade de Química)
4. PROTECCIÓN RADIOLÓXICA
A USC integrou no Servizo de Prevención de Riscos o Servizo de Protección Radiolóxica, que ten como obxectivo a minimización dos riscos derivados da utilización de radiacións ionizantes e a optimización da protección radiolóxica do persoal exposto e usuarios da USC.
Para a consecución deses obxectivos, en 1999 realizáronse as actividades que se relacionan nas táboas que seguen:
4.1. VIXILANCIA DA RADIACIÓN
Solicitudes tramitadas: 142 Xestión do material
radioactivo
Solicitudes notificadas a supervisores: 142
Xestión interna: 103 Unidades contención de residuos
radioactivos sólidos xerados
Transferibles ENRESA: 37 Xestión interna: 17
Unidades contención de residuos radioactivos líquidos xerados
Transferibles ENRESA: 2 Xestión interna: 4
Unidades contención de residuos radioactivos mixtos xerados
Transferibles ENRESA: 25 Xestión interna: 98
Unidades contención de residuos radioactivos sólidos evacuados
Transferibles ENRESA: 16 Xestión interna: 9
Unidades contención de residuos radioactivos líquidos evacuados
Transferibles ENRESA: 1 Xestión interna: 4
Mantemento e
actualización do Plan de Residuos Radioactivos (CSN)
Unidades contención de residuos radioactivos mixtos evacuados
Transferibles ENRESA: 11
4.2. CONTROL
Puntos controlados: 1372 Niveis de radiación, contaminación
e descontaminación
Contaminados: 234 Calidade de equipos raios X con
fins médicos (RD 1976/1999)
Equipos: 30
Equipos controlados: 3 Hermeticidade de fontes
encapsuladas
Probas realizadas: 3 Equipos controlados: 3 Equipos nucleares de medida de
densidade e humidade de solos
Perfís radiolóxicos: 15 Equipos controlados: 3 Perfil radiolóxico e mecanismos de
seguridade de equipos de
difracción de raios X Perfís radiolóxico: 15 Controis
Hermeticidade fontes encapsuladas equipos cromatografía de gases
Equipos controlados: 1 Verificación dos sistemas de
detección de radiacións ionizantes
Equipos verificados (fixos e portátiles): 13
Persoal Controlado 147 Dosímetros remitidos: 1160 Control dosimétrico individual da
radiación externa e interna
Resultados notificados: 1156 Persoal nova incorporación Control dosimétrico
Historiais dosimétricos
Certificacións requeridas
4.3. DOCUMENTACIÓN E ARQUIVOS
Informes anuais: 4 Actas de inspección: 4 Documentación
Licencias: 15
Arquivos Material radioactivo existente
Residuos radioactivos
Persoal profesionalmente exposto Dosímetrico
Control de contaminación e incidencias Equipos detección de radiacións ionizantes Actividades do Servizo de Protección Radiolóxica
4.4. PLANIFICACIÓN E SEGUEMENTO DAS INSTALACIÓNS
Proposta das condicións de instalación de novas dependencias Definición das zonas controladas e vixiadas e
mantemento da sinalización
Zonas con significado radiolóxico: 59 Determinación da categoría do persoal
exposto
Usuarios do servicio: 147 Mantemento de instalacións radioactivas en
condicións de idoneidade
Estancias controladas: 55 Recepción de inspeccións e auditorías do
CSN
Inspeccións recibidas: 4 Relacións para solicitude e aportación de documentación
Asesoramento a titulares das instalacións
Supervisión do cumprimento da normativa legal de aplicación
4.5. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E INFORMACIÓN
Riscos laborais ós que están expostos Medidas de prevención a adoptar Métodos de traballo axeitados Contido das actividades de información e
formación para persoal exposto
Garantías dos controis dosimétricos e exames médicos
Documentación Rexistro documental da información
facilitada ó persoal Novos usuarios informados en 1999 22
3 cursos impartidos Cursos impartidos
1 curso de capacitación para dirixir
instalacións de radiodiagnóstico veterinario Seminarios Información ó persoal investigador usuario
das instalacións radiaoativas
Información en rede Páxina web do RIAIDT
5. SEGURIDADE
5.1. PLANS DE AUTOPROTECCIÓN
No ano 1999 elaborouse o plan de autoprotección da Facultade de Farmacia e impartironse os cursos de formación ós equipos de emerxencia.
O SPR tamén presentou a consulta do CSS a planificación a medio prazo para a elaboración de plans de autoprotección e a súa implantación.
5.1.1. PLANIFICACIÓN DE PLANS DE AUTOPROTECCIÓN
A proposta do SPR, o CSS aprobou acometer no ano 2000 a elaboración e implantación dos plans de autoprotección dos seguintes centros:
Colexio Maior Fonseca
Colexio Maior Rodríguez Cadarso
Colexio Maior San Clemente
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Facultade de Dereito
Facultade de Filoloxía
Facultade de Química
Residencia Universitaria Burgo das Nacións
Residencia Universitaria Monte da Condesa
Residencia Universitaria Xesús Bal e Gay
5.1.2. ELABORACIÓN DOS PLANS DE AUTOPROTECCIÓN
Cada plan de autoprotección elaborado contén a seguinte información
Documento de avaliación do risco de incendio no centro de traballo o Adecuación do edificio a NBE-CPI/96
o Accións correctoras dos riscos detectados
Avaliación específica de condicións de evacuación e compartimentación o Saídas exteriores
o Sectorización o Medidas correctoras
• Modificacións e reorganización de espacios
5.1.3. IMPLANTACIÓN DOS PLANS DE AUTOPROTECCIÓN
A implantación de cada un dos plans de autoprotección implica levar a cabo as seguintes actividades:
Elaboración do documento anteriormente sinalado
Constitución dos equipos de emerxencia
Charla xeral sobre o plan de autoprotección
Formación específica a integrantes de equipos o Evacuación
o Loita contra incendios o Primeiros auxilios
Realización dun simulacro
5.2. INSTALACIÓNS E MEDIOS DE SEGURIDADE
O mantemento das instalacións e medidos de seguridade requiren dun programa que garanta a súa adecuación, o cumprimento da normativa de aplicación e o control das distintas actuacións: da propia USC e das entidades acreditadas para a revisión e mantemento de determinados equipos.
Con ese obxectivo desde a Área de Seguridade xestiónase:
Control do mantemento de instalacións de seguridade o Bocas de incedio equipadas
o Extintores
o Hidrantes exteriores o Detección de incedios o Alarmas
o Protección contra intrusión o Detección de gases
Control do rexistro que xustifica a realización do mantemento preventivo
Sinalización
6. SEGEMENTO DA ACTIVIDADE PREVENTIVA
Ademais de efectua-las inspeccións de seguridade que procedan e planifica-la actualización das avaliacións iniciais de riscos, o SPR require das direccións dos centros e servizos, responsables de postos de traballo, OAU e OXI a confirmación de que as medidas foron efectivamente aplicadas.
As certificacións da execución das medidas de control dos riscos, así como as certificacións de que os responsables dos distintos centros teñen cumprido coas súas obrigas de información ó persoal a seu cargo sobre os riscos detectados e as medidas a aplicar, están arquivadas nos locais do SPR.
7. ACCIDENTES DE TRABALLO
No Servizo de Vixilancia da Saúde aténdese, en primeira instancia, ó persoal que sofre algún tipo de accidente de traballo. En caso de ser necesario, desde o Servizo de Vixilancia da Saúde envíase a persoa accidentada ó especialista que fora preciso.
Ademáis da notificación oficial de accidentes de traballo con baixa e da relación de accidentes sen baixa, procédese á súa investigación e control estatístico.
7.1. INVESTIGACIÓN DE ACCIDENTES
Para determina-las causas e propo-las medidas correctoras que se estimen máis oportunas, o Servizo de Vixilancia da Saúde encargouse da investigación dos accidentes e incidentes de traballo, correspondendo ó Servizo de Protección Radiolóxica a investigación dos incidentes referidos exclusivamente a niveis de referencia.
No ano 1999, os accidentes e incidentes rexistrados foron os que se detallan na seguinte táboa:
UNIDADE ENCARGADA DO SEU SEGUEMENTO
TIPO DE ACCIDENTE OU INCIDENTE
NÚMERO
No lugar de traballo 30
Servizo de Vixilancia da Saúde
In itínere 5
Subtotal 35
Servizo de Protección Radiolóxica Incidentes referidos exclusivamente a niveis de referencia
234
Total de accidentes e incidentes 269
7.2. ESTATÍSTICA DE ACCIDENTES
Cos datos dos accidentes lévase a cabo un control estatístico que, ademais da súa clasificación, permite observa-la evolución anual da sinistralidade na USC.
Sinalar neste apartado que os datos da sinistralidade laboral non coinciden co número de accidentes rexistrados como investigados debido a que o apartado de investigación inclúe incidentes e os accidentes sen baixa atendidos polo Servizo de Vixilancia da Saúde.
7.2.1. CLASIFICACIÓN DOS ACCIDENTES
Accidentes segundo a súa tipoloxía
Accidentes por sexo
No centro de traballo: 11
En Circulación 0
In Itinere 2
Enfermidade Profesional 0
Total 13
ACCIDENTES POR SEXO
MULLERES 62%
HOMES 38%
Accidentes por idades
Accidentes segundo o mes do ano
ACCIDENTES POR IDADE
35-45 23%
25-35 39%
45-55 15%
18-25 0%<18
>55 0%
23%
ACCIDENTABILIDADE POR MES
1 1 1 1
2
0
2 2
1 2
0 0
0 0,5 1 1,5 2 2,5
ENE FEB MAR ABR MAY JUN JUL AGO SEP OCT NOV DIC
Accidentes segundo o día da semana
Accidentes segundo a hora de traballo
ACCIDENTES POR DÍA DA SEMANA
0
5
4
2
1 1
0 0
1 2 3 4 5 6
Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Domingo
ACCIDENTES POR HORA DE TRABALLO
3
0
1 1
3
2
1
0 0
0 0,5 1 1,5 2 2,5 3 3,5
1ª 2ª 3ª 4ª 5ª 6ª 7ª 8ª Extras
Accidentes segundo a súa natureza
Accidentes segundo a localización da lesión
NATUREZA DO ACCIDENTE
1 1 1
2 1
7
0 2 4 6 8
Otros Traumatismos Lumbalgias Infartos Heridas Fracturas Exposiciones Esguinces Amputaciones
LOCALIZACIÓN DA LESIÓN
2 2
4 2
1 1 1
0 1 2 3 4 5
Otros Pies Piernas Manos Brazos Abdomen Tórax Ojos Cabeza
Causas dos accidentes
Axentes causantes dos accidentes
CAUSAS DE ACCIDENTABILIDADE
4 2
1
6
0 1 2 3 4 5 6 7
Otros Nocivas Golpes Exposiciones Esfuerzos Electrocuciones Desplomes Caídas Atrapamientos
AXENTES
3 3 1
4 1
1
0 1 2 3 4 5
Otros Vehículos Máquinas Lugares Herramientas Equipos Elevadores Alturas Agentes
7.2.2. EVOLUCIÓN DA SINISTRALIDADE
Número de baixas
Días de baixa
Nº DE BAIXAS
7 6
13
0 2 4 6 8 10 12 14
1997 1998 Periodo estudio
DÍAS DE BAIXA
660
378
880
0 100 200 300 400 500 600 700 800 900 1000
1997 1998 Periodo estudio
Nº DE DÍAS
Duración media das baixas:
Evolución do índice de incidencia
ÍNDICE INCIDENCIA
2,88
2,47
5,35
0,00 1,00 2,00 3,00 4,00 5,00 6,00
1997 1998 Periodo estudio
I.I.
DURACIÓN MEDIA 94,29
63,00 67,69
0,00 10,00 20,00 30,00 40,00 50,00 60,00 70,00 80,00 90,00 100,00
1997 1998 Periodo estudio
DÍAS
Evolución do índice de frecuencia
Evolución do índice de gravidade
ÍNDICE DE FRECUENCIA
1,64 1,41
3,06
0,00 0,50 1,00 1,50 2,00 2,50 3,00 3,50
1997 1998 Periodo estudio
I.F.
ÍNDICE DE GRAVIDADE
0,15
1,14
1,69
0,00 0,20 0,40 0,60 0,80 1,00 1,20 1,40 1,60 1,80
1997 1998 Periodo estudio
I.G.
8. VIXILANCIA DA SAÚDE
O Servizo de Vixilancia da Saúde valora a sáude do persoal da USC para detección precoz de posibles alteracións. Dado que a vixilancia da saúde realízase en función dos riscos laborais ós que o persoal está exposto, esa vixilancia permite tamén a identificación de riscos laborais ou inadecuacións das medidas de control aplicadas, así como a detección de persoas especialmente sensibles a determinados riscos.
Para cumprimento dos obxectivos sinalados, os recoñecementos médicos practicados son persoalizados. Isto implica a análise específica dos riscos e, cando se precise, a realización de analíticas específicas (control biolóxico) a todo o persoal exposto a axentes contaminantes físicos, químicos ou biolóxicos.
Con idéntico obxectivo preventivo estúdianse os accidentes de traballo para determina-las súas causas e propoñe-las medidas correctoras oportunas. Tamén se estudian as baixas por enfermidade común, co fin de valorar se a patoloxía que as provoca pode ter relación co traballo.
Entre a actividade preventiva do Servizo de Vixilancia da Saúde hai que sinala-las distintas campañas de vacinación, os estudios mediante enquisas que se realizan sobre distintos postos de traballo para determina-los efectos das condicións de traballo e as distintas actividades de educación sanitaria e promoción da saúde do persoal. Respecto das campañas de vacinación hai que facer constar que o Servizo de Vixilancia da Saúde está considerado como punto oficial de vacinación.
Ademais, desde o Servizo de Vixilancia da Saúde préstase atención ó persoal que presenta algunha doenza (atención de urxencias e outras patoloxías) e require dos seus servizos. Isto tamén permite a detección de calquera problema de saúde que poida ter relación co traballo.
Sinalar tamén que o Servizo de Vixilancia da Saúde analiza os resultados da vixilancia da saúde con criterios epidemiolóxicos e colabora co resto das áreas do SPR para avalia-la posible relación entre a exposición ós riscos laborais e os problemas de saúde.
Nas táboas que seguen relaciónanse as actividades xerais de vixilancia da saúde realizadas no ano 1999.
8.1. MEDICINA PREVENTIVA
Periódicos ordinarios: 585 A petición de empresa: 1 A petición propia: 12 Por retorno ó traballo: 0 Previos a ingreso ó traballo: 2 Recoñecementos médicos
Por especial toxicidade: 131 Despistaxe da tuberculose Probas de tuberculina: 19
8.2. ASISTENCIA MÉDICA
8.2.1. ASISTENCIA
Normais: 1418 Consultas
Urxentes: 216
No lugar de traballo: 30 In itínere: 5
Accidentes de traballo
Total persoal accidentado: 35
Nas instalacións do Servizo de Vixilancia da Saúde ou acudindo ós distintos centros da USC Asistencia de urxencia
A persoal da USC ou a outros usuarios da USC
8.2.2. CONTROIS
Sangue: 918 Ouriños: 427 Feces: 17
Microbiolóxico: 217 Análises
Toxicolóxico: 117
Tensión arterial Controis realizados: 1101
Pesos Controis realizados: 913
E.K.G. Controis realizados: 650
Audiometrías Controis realizados: 1
Espirometrías Controis realizados: 279
Radiografías Controis realizados: 10
Visión Controis realizados: 3297
Tensión ocular Controis realizados: 681
8.2.3. TRATAMENTOS
Inxectables: 54 Tapóns: 282 Tratamentos: 375 Primeiras curas: 150 Curas sucesivas: 92 Vendaxes: 40 Dietas: 212 Tratamentos
Exercicios: 143
Fisioterapía Sesións: 861
8.3. PROMOCIÓN DA SAÚDE
8.3.1. VACINACIÓNS
Primeira dose: 44 Segunda dose: 34 Terceira dose: 52 Revacinación: 28 Tétanos
Total: 158 Hepatite B: 24 Hepatite
Hepatite A: 1
Gripe: 270
TOTAL 453
Outras vacinas Rubeola, difteria....
8.3.2. CAMPAÑAS DE DETECCIÓN
Recoñecementos xinecolóxicos: 551 Ecografías xinecolóxicas: 260 Ecografías de mama: 6
Citoloxías xinecolóxicas: 525 Citoloxías mama: 4
Mamografías: 203 Patoloxía xinecolóxica e mamaria
Puncións mama: 4
Cancro de colon Determinación de sangue en feces: 285
Glaucoma Probas de tensión ocular: 681
Riscos cardiovasculares Con ocasión dos recoñecementos médicos Cancro de mama Con ocasión dos recoñecementos ou consultas
Próstata Proba PSA
8.4. OUTRAS ACTIVIDADES DA VIXILANCIA DA SAÚDE
A pacientes: 1611 A especialistas: 12 A médicos: 35 Sobre riscos: 117 Audiometrías: 1 Informes
HEM-CHECK: 285 Vacinas: 158 Certificados
Médicos: 28 Distribuídas: 6 Caixas de urxencia
Reposicións: 47
Asesoramento Viaxes a paises tropicais
Participación na impartición de cursos de prevención de riscos laborais da USC
Formación
Asistencia a cursos e xornadas
Muller e “burnout”: análise da relación entre traballodores e docentes da Universidade
Principais fontes de estrés e percepción do estado de saúde da muller no ámbito sanitario: un estudio descritivo Predictores da satisfacción laboral na muller que traballa no ámbito sanitario
Análise dos determinantes de estrés laboral e do
“burnout” nos docentes universitarios Congresos
(presentación de comunicacións)
“Burnout e variables ocupacionais
9. XESTIÓN DE RESIDUOS
O SPR constituíuse integrando o Plan de Recollida de Residuos Perigosos, que pasou a denominarse Unidade de Xestión de Residuos Perigosos, decidíndose ó longo de 1999 amplia-lo Plan de Xestión de Residuos á totalidade dos centros e Servizos da USC.
A USC tivo que inscribirse no Rexistro de Operadores de Substancias Susceptibles de Desvío para a Fabricación Ilícita de Drogas, diante da Delegación do Goberno na Comunidad Autónoma de Galicia, polo que ten asignado un número de rexistro, que obra en poder da Unidade de Xestión de Residuos. Calquera investigador que necesite adquirir alguna sustancia catalogada como susceptible de desvío para a fabricación ilícita de drogas, deberá presenta-lo número e/ou a copia da inscrición á casa comercial.
9.1. PLAN DE XESTIÓN DE RESIDUOS
Con anterioridade á constitución do SPR a USC decideu iniciar unha serie de accións co fin de elaborar e poñer en marcha un Plan de Recollida de Residuos Perigosos procedentes das actividades docentes e investigadoras realizadas nos seus centros.
Cara a implantación do Plan tivéronse contactos con outras universidades analizando os plans de que dispoñían en fase de elaboración ou desenvolvemento, tratando así de coñece-los problemas intrínsecos das instituciones académicas e as alternativas de xestión que tiñan adoptado.
Concretamente, estudiaronse os plans que poseen algunhas universidades americanas, como é o caso das universidades de Wisconsin e de Stanford, que dispoñen de plans moi avanzados de xestión e tratamento dos seus residuos, cunha experiencia duns quince anos, chegándose á conclusión de que estes plans non son totalmente aplicables ás instituciones académicas do noso entorno debido a que existen marcadas diferencias en canto á organización interna da universidade, ó grao de concienciación e, sobre todo, á diferente lexislación medioambiental.
Tamén se mantiveron contactos coa US-EPA (United States Environmental Protection Agency) para recabar información sobre as posibilidades de tratamento e xestión de residuos procedentes de instituciones académicas en USA.
Comprobouse que actualmente son varias as universidades españolas que dispoñen dun Plan de Xestión de Residuos en funcionamento, aínda que non plenamente desenvolvido. Estas universidades que dispoñen dun Proxecto de Plan de Xestión abordan como pilares básicos a segregación e almacenamento en varios grupos de residuos, que posteriormente son enviados a un xestor externo, non tendo aínda acadado unha correcta segregación dos residuos.
Asemade, contemplan unha optimización da xestión por canto pretenden conquerir unha menor xeración de residuos, ben a través de opcións de minimización, ben por técnicas de inertización ou desactivación.
Feita a análise dos plans anteriormente enumerados, obsérvase que o Plan que está realizando a USC ten moitos puntos en común con aqueles, se ben existen unhas marcadas diferencias en canto a infraestructuras, finanzamento e organización.
A USC tense plantexado un ambicioso Plan co que pretende conquerir unha xestión integral dos seus residuos, de tal xeito que compatibilice o desenvolvemento da investigación e a docencia co respecto polo medio ambiente, cun custo económico que poida ser asumible.
9.2. ACTIVIDADES DE XESTIÓN DE RESIDUOS
9.2.1. DOCUMENTACIÓN
9.2.1.1. Lexislación
O primeiro paso para elabora-lo Plan de Xestión de Residuos Perigosos foi realizar unha exhaustiva recopilación da lexislación existente en materia de residuos nos ámbitos local, autonómico, estatal e comunitario. Unha vez identificada a normativa de aplicación incorporouse a un arquivo que se actualiza periódicamente.
A crecente preocupación medioambiental ten motivado un rápido desenvolvemento da lexislación nos últimos anos, continuando a súa progresiva evolución, o que fai imprescindible a revisión periódica deste tipo de normativa. A tal efecto realizouse unha suscrición ó “Servizo de Actualización Lexislativa en Dereio do Medio Ambiente”. Asemade, a recente conexión a Internet permite unha revisión diaria de toda a lexislación nacional e autonómica en materia de medio ambiente e doutros aspectos que garden relación.
9.2.1.2. Material bibliográfico
Ademais da normativa de aplicación, que é a ferramenta básica para a elaboración do Plan de Xestión de Residuos, incorporouse un importante material bibliográfico: libros, publicacións periódicas, artígos de revistas especializadas, etc.
Tamén se dispón, en soporte informático, das “Fichas de Datos de Seguridad” (FDS) editadas por Merck, nas que se describen as normas de seguridade, almacenamento e manipulación de 10.000 sustancias ou preparados. É preciso indicar que nestes momentos as devanditas FDS non abarcan a totalidade dos productos utilizados na USC.
9.2.2. XESTIÓN INTENA DOS RESIDUOS
9.2.2.1. A USC productora de residuos perigosos
Debido a imperativos legais a USC ten solicitado do órgano competente da Xunta de Galicia a inscrición no Rexistro de Productores de Residuos Perigosos, estando na actualidad en trámite a súa concesión.
A USC como productora de residuos perigosos está obrigada, entre outras exigencias, a levar un rexistro dos residuos producidos e almacenados, así como a conservar durante cinco anos os documentos de aceptación dos residuos por parte do xestor externo e os documentos de control e seguemento dos residuos enviados.
9.2.2.2. Inventariado, clasificación e agrupamento dos residuos
En 1996 elaborouse un inventario dos residuos producidos nos laboratorios das facultades piloto obxecto do Plan de Xestión de Residuos. Posteriormente procedeuse ó seu estudio e tratamento informático para poder efectua-la clasificación e agrupamento de acordo coas disposicións legais e os requisitos do xestor comercial encargado da eliminación final dos mesmos.
Valéndose de visitas persoalizadas ós diferentes grupos de investigación recabouse información da situación e comunicáronse unhas normas elementais de segregación e agrupamento de residuos. Nunha segunda etapa realizouse unha retirada urxente dos residuos e reactivos obsoletos ou caducados almacenados nos propios laboratorios, formalizándose posteriormete sucesivas recollidas de residuos, observándose unha paulatina mellora na segregación dos mesmos.
9.2.2.3. Almacenamento e etiquetado
Os residuos retirados dos diferentes laboratorios son trasladados por un transportista contratado ó almacén de seguridade da Facultade de Química, onde se procede ó seu trasvase e agrupamento en recipentes axeitados para a súa almacenaxe e posterior traslado a un xestor externo. De xeito provisional suministráronse envases a algúns laboratorios para cubri-las súas necesidades de almacenamento temporais, de acordo co volumen de residuos xerados.
Unha vez no almacén, os residuos perigosos son clasificados, agrupados e depositados en contenedores acordes co tipo de residuo e aptos para o transporte. Estos contenedores e envases deben cumprir unha serie de requisitos impostos pola lexislación vixente en materia de transporte de mercadorías perigosas por estrada (ADR) e deben estar homologados diante do órgano correspondente da Administración Pública competente. Por este motivo, efectuouse unha compra de contenedores homologados de diferentes capacidades e características.
A Unidade de Xestión de Residuos Perigosos ten en marcha un sistema de etiquetado e unhas follas de entrega de residos perigosos a cumplimentar polo productor para subsanar ou minorar posibles deficiencias. Asemade, remitiranse circulares (posiblemente coleccionables) que recollan tódalas normas de agrupamento co fin de que os laboratorios dispoñan de toda a información.
9.2.2.4. Residuos biolóxicos
A xestión dos residuos biolóxicos estase a realizar internamente. Os laboratorios productores da maior parte destes residuos pertencen ás facultades de Farmacia e Bioloxía, tendo adquirido as devanditas facultades uns conxeladores nos que se almacenan os residuos biolóxicos. Na actualidade tamén se xestionan os residuos biolóxicos das escolas de Odontoloxía e Enfermería e Animalario Xeral.
9.2.3. XESTIÓN EXTERNA DOS RESIDUOS ALMACENADOS
Téñense realizado varios envíos coa empresa EKONOR, un deles no ano 1999. En cada un destes envios cumpriméntanse tódolos requisitos legais esixibles: envío de inventario detallado, estudio e aceptación por parte da empresa coa emisión de informe sobre condicións de aceptación, oferta económica e cumprimentación dos documentos de control e seguemento diante do organismo correspondente da Xunta de Galicia e o Ministerio de Medio Ambiente.
Os datos concretos do envio de residuos xestionados por EKONOR son os contidos na seguinte táboa:
RESIDUO NÚMERO ACEPTACIÓN Kgs.
Disolventes orgánicos halogenados A-01038074//001//01//10002 2.000
Disolventes orgánicos non haloxenados A-01038074//001//01//11002 3600
Residuos de laboratorio identificados A-01038074//001//01//24007 900
Envases vacíos de disolventes A-01038074//001//01//21006 350
TOTAL 6.850 Kg
9.2.4. OUTROS RESIDUOS
9.2.4.1. Toners
Conqueriuse que a empresa de informática SBF fixese unha recollida da gran cantidade de toners utizados en impresoras e fotocopiadoras de xeito totalmente gratuito. Téñense iniciado conversas con outra empresa, que está ultimando a autorización para a xestión de residuos diante da Consellería de Medio Ambiente, para que se faga cargo da reciclaxe deste tipo de residuos producidos no Campus de Santiago.
9.2.4.2. Pilas
Contactouse coa empresa PMA e co responsable de Medioambiente do Concello de Santiago de Compostela para realiza-la recollida de pilas na USC, tratándose en ámbo-los dous casos dun servizo gratuíto.
Estase agardando a que a USC asine un convenio co Concello de Santiago para a colocación de contenedores en puntos estratéxicos para a recollida dos diferentes centros e servizos da USC. Tamén se estudiará un proxecto similar para o Campus de Lugo.
9.2.4.3. Vidro
Estudiáronse as posibles opcións de eliminación deste residuo e chegouse á conclusión de que a reciclaxe é a opción máis interesante, tanto polas consideracións medioambientais como por tratarse dun servizo gratuíto.
Mantivéronse conversas con representantes da Consellería de Medio Ambiente e ECOVIDRIO para estudia-la posibilidade de que esta última poda xestiona-los residuos de vidro producidos pola USC. Para iso, ECOVIDRIO e a USC deberán asinar un convenio ou acordo posteriormente ó convenio que han de asinar ECOVIDRIO e o Concello de Santiago para a colocación de contenedores municipais para a recollida selectiva de vidro.
9.3. FORMACIÓN, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO
O persoal da Unidade de Xestión de Residuos Perigosos imparteu conferencias e charlas docentes sobre a laboura desenvolvida na xestión dos residuos xerados na USC e, dentro da asignatura de Seguridade e Hixiene impartida na Facultade de Química, impartíronse charlas sobre a xestión de residuos en instituciones académicas.
Tamén se participou en dous ciclos de conferencias dirixidos ó personal docente de instituciones de ensino medio, programados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, participando tamén en ciclos formativos realizados por institutos de ensino medio.
Na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo impartíuse un seminario dentro dun ciclo de conferencias dirixido a alumnos. Na actualidade estanse a impartir cursos dentro do Plan de Formación do SPR dirixidos ó Persoal de Administración e Servizos da USC, estando tamén previsto impartir tres novos seminarios, dirixidos a alumnos, na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo e nas facultades de Química e Farmacia do Campus de Santiago.
Cabe menciona-la interese dos medios de comunicación sobre o proxecto ambiental da USC.
Entre outros medios, “La Voz de Galicia” ten solicitado información, facilitándoselle un dossier ó respecto, sobre a xestión das pilas usadas en Galicia e “El Progreso” de Lugo ofreceuse a publicar e dar publicidade á laboura medioambiental desenvolvida pola USC.
Outras universidades (A Coruña e Vigo) teñen solicitado da USC información e/ou colaboración en relación coa xestión de residuos. Tamén se recibiron solicitudes de diferentes organismos públicos e privados de información sobre a xestión de residuos.
O persoal da Unidade de Xestión de Residuos Perigosos colaborou con otros servizos da USC en cuestións relacionadas coa xestión de residuos e atendeu diferentes consultas técnicas, elaborando algún protocolo de tratamento de residuos específicos a petición de investigadores.
10. DOCUMENTACIÓN
No ano 1999 sometéronse a consulta do CSS unha serie de documentos elaborados polo SPR, que tamén procedeu á xestión dos distintos rexistros derivados da actividade preventiva.
Cos procedementos aprobados trátase de sistematizar debidamente as prácticas e procesos das distintas actividades de prevención de riscos laborais conforme á lexislación de aplicación.
Respecto de determinadas actividades aprobáronse instruccións ou normas internas da USC, de obrigado cumprimento, por tratase de actividades de especial nivel de risco ou debido ás esixencias específicas das súas tarefas.
Nalgúns casos, as devanditas instruccións, aínda que relacionadas como tais, son auténticos manuais (primeiros auxilios) ou guias (pantallas de visualización de datos) cunha orientación instructiva.
Dentro das actividades de asesoramento e apoio que realiza o SPR inclúese a emisión de informes e información específica en materia de prevención de riscos laborais.
Para mellora da información o SPR puxo a disposición da comunidade universitaria a páxina web do Servizo.
10.1. PROCEDEMENTOS
Xestión dos equipos de protección individual
Coordinación de actividades empresariais
10.2. NORMAS E INSTRUCCIÓNS
Recomendacións para usuarios de pantallas de visualización de datos
Manual de primeiros auxilios
Instruccións a decanos e directores sobre a xestión de residuos nos laboratorios das facultades e escolas experimentais
Medidas de seguridade nos laboratorios
11. REUNIÓNS
A planificación da actividade preventiva e a implantación das medidas preventivas precisa dun traballo de elaboración conxunta e dunha continua posta en común e intercomunicación.
Aparte da utilización das distintas posibilidades de intercambio e comunicación das que se pode técnicamente dispoñer, está regulado e implatando un sistema de reunións que tamén contribúen a garantí-la interdisciplinariedade do funcionamento do SPR.
11.1. REUNIÓNS DO SPR
En cumprimento da lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais, as distintas áreas do SPR actúan de xeito interdisplinario. A interdisciplinariedade non se esgota no servicio de prevención propio da USC senón que tamén comprende o servizo concertado.
Para iso, garantindo a necesaria coordinación e integración do conxunto da actividade preventiva levada a cabo na USC, as persoas responsables das distintas áreas do SPR e o persoal técnico do servizo de prevencion concertado realizan reunións conxuntas.
Durante o ano 1999 celebráronse reunións do SPR os días
13 de xaneiro
22 de xaneiro
17 de febreiro
17 de marzo
23 de marzo
10 de xuño
30 de xullo
15 de setembro
27 de outubro
1 de decembro
11.2. REUNIÓNS DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE
As persoas responsables das distintas áreas que compoñen o SPR participan nas reunións do CSS, en calidade de representantes da USC ou de invitados.
O persoal técnico do servicio de prevención concertado tamén participa nas reunións do CSS da USC, en calidade de invitados, podendo así contar co seu informe e/ou asesoramento.