• No se han encontrado resultados

TítuloPlan de autoprotección da Facultade de Socioloxía

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2020

Share "TítuloPlan de autoprotección da Facultade de Socioloxía"

Copied!
21
0
0

Texto completo

(1)ANDAR 0.

(2)

(3) DEFICIENCIAS. FICHA Nº:. VALORACIÓN/RISCO. ANDAR: 0. 6. Propagación de incendios por medidas insuficientes. UBICACIÓN. MEDIO. LOCAL: TODOS OS QUE CONTAN CON EXTINTORES. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Os extintores do andar 0, tanto os de po coma os de CO2, están colocados de maneira que a parte superior queda a unha altura do chan que vai dende os 160 cm. aos 180 cm., todos por encima do máximo que establece a normativa.. NORMATIVA Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de Instalacións de Protección contra Incendios. No antedito regulamento establécese que os extintores portátiles irán colocados sobre soportes fixados a paramentos verticais, de modo que a parte superior do extintor quede situada entre 80 cm. e 120 cm. sobre o chan.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Colocar os extintores fixados ao paramento vertical de xeito que a parte superior quede a unha altura non inferior a 80 cm. e non superior a 120 cm. Recoméndase substituír os extintores de po colocados no laboratorio de post-produción, na aula Mac, nas aulas de informática e en xeral nas aulas con equipos informáticos, de vídeo e de son, por extintores de CO2 xa que, en caso de ter que usalos, os de po poden producir danos severos nos equipos..

(4) DEFICIENCIAS VALORACIÓN/RISCO. ANDAR: 0. FICHA Nº:. 7. Propagación de incendios por medidas insuficientes. UBICACIÓN. MEDIO. LOCAL: 01. USO: VESTÍBULO - CORREDORES. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Todas as bocas de incendio equipadas (BIE) do andar teñen a válvula de apertura manual a unha altura superior a 1,50 m sobre o nivel do chan. Ademais, ningunha das BIE conta co marcado CE que establece o regulamento.. NORMATIVA Regulamento de Instalacións de Protección contra Incendios aprobado polo Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, no cal se establece que: As BIE deberán montarse sobre un soporte ríxido, de forma que a boquilla e a válvula de apertura manual e o sistema de apertura do armario, se existen, estean situadas, como máximo, a 1,50 m. sobre o nivel do chan. - As BIE con mangueira semirríxida deberán levar o marcado CE, de conformidade coa norma UNE-EN 6711.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Reinstalar as BIE de tal xeito que a boquilla e válvula de apertura manual e o sistema de apertura do armario non se sitúen a máis de 1,50 m. sobre o nivel do chan. Comprobar se cumpre co estipulado na norma UNE-EN 671-1..

(5) DEFICIENCIAS. 8. FICHA Nº:. VALORACIÓN/RISCO. MEDIO. Propagación de incendios por medidas insuficientes.. UBICACIÓN ANDAR: 0. LOCAL: 01. USO: VESTÍBULO - CORREDORES. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA A boca de incendio equipada (BIE) ten o sistema de apertura do armario a unha altura de 1,65 m. sobre o nivel chan e a válvula de apertura manual a 1,85 m., incumprindo así a normativa vixente. Alén diso, neste punto non existe sinalización algunha de BIE nin extintor. Por outra parte, ningunha das BIE do edificio conta co marcado CE que establece o regulamento.. NORMATIVA Regulamento de Instalacións de Protección contra Incendios aprobado polo Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, no cal se establece que: As BIE con mangueira semirríxida deberán levar o marcado CE, de conformidade coa norma UNEEN 671-1. - As BIE deberán montarse sobre un soporte ríxido, de forma que a boquilla e a válvula de apertura manual e o sistema de apertura do armario, se existen, estean situadas, como máximo, a 1,50 m. sobre o nivel do chan.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Reinstalar a BIE de tal xeito que a boquilla e válvula de apertura manual e o sistema de apertura do armario non se sitúen a máis de 1,50 m. sobre o nivel do chan. Comprobar se cumpre co estipulado na norma UNE-EN 671-1..

(6) DEFICIENCIAS VALORACIÓN/RISCO. ANDAR: 0. FICHA Nº:. 9. Propagación de incendios por medidas insuficientes. UBICACIÓN. MEDIO. LOCAL: 01. USO: VESTÍBULO - CORREDORES. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Extintor obstaculizado pola colocación dun banco no corredor.. NORMATIVA Regulamento de Instalacións de Protección contra Incendios aprobado polo Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, no cal se establece que: - O emprazamento dos extintores permitirá que estes sexan facilmente visibles e accesibles.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Retirar o banco que dificulta o acceso ao extintor. Recoméndase marcar no chan, onde están os extintores, un perímetro de seguridade para evitar que se instale mobiliario que limite o seu acceso..

(7) DEFICIENCIAS VALORACIÓN/RISCO. ANDAR: 0. FICHA Nº:. 10. Propagación de incendios por medidas insuficientes. UBICACIÓN. MEDIO. LOCAL: 01. USO: VESTÍBULO - CORREDORES. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Extintor obstaculizado pola colocación dun contedor no corredor.. NORMATIVA Regulamento de Instalacións de Protección contra Incendios aprobado polo Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, no cal se establece que: - O emprazamento dos extintores permitirá que estes sexan facilmente visibles e accesibles.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Retirar o contedor que dificulta o acceso ao extintor. Recoméndase marcar no chan, onde están os extintores, un perímetro de seguridade para evitar que se instale mobiliario ou material que limite o seu acceso..

(8) DEFICIENCIAS VALORACIÓN/RISCO. ANDAR: 0. FICHA Nº:. 11. Propagación de incendios por medidas insuficientes. UBICACIÓN. MEDIO. LOCAL: 01. USO: VESTÍBULO - CORREDORES. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Extintor obstaculizado pola acumulación de cadeiras inservibles no corredor.. NORMATIVA Regulamento de Instalacións de Protección contra Incendios aprobado polo Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, no cal se establece que: - O emprazamento dos extintores permitirá que estes sexan facilmente visibles e accesibles.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Retirar o material que dificulta o acceso ao extintor. Recoméndase marcar no chan, onde están os extintores, un perímetro de seguridade para evitar que se instale mobiliario ou material que limite o seu acceso..

(9) DEFICIENCIAS. FICHA Nº:. VALORACIÓN/RISCO. 12. MEDIO. Contactos eléctricos.. UBICACIÓN ANDAR: 0. LOCAIS: 01, 19, 20, 21, 22. USOS: CORREDOR, AULAS, LABORATORIOS. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Non se dispón de sinalización do risco nos cadros eléctricos sinalados. Non se dispón de interruptores para apagar e acender as luces das zonas comúns do andar; débese facer accionando directamente os interruptores dos cadros eléctricos.. NORMATIVA O Real Decreto 485/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo establece no Artigo 4, Criterios para o emprego da sinalización: Sen prexuízo do disposto especificamente noutras normativas particulares, a sinalización de seguridade e saúde no traballo deberá utilizarse sempre que a análise dos riscos existentes, das situacións de emerxencia previsibles e das medidas preventivas adoptadas, poña de manifesto a necesidade de: Chamar a atención dos traballadores sobre a existencia de determinados riscos, prohibicións ou obrigacións.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Colocar sinalización de "Risco eléctrico" nas tapas dos cadros eléctricos que non a teñan. Recomendase instalar interruptores de luz nas zonas comúns do andar..

(10) DEFICIENCIAS VALORACIÓN/RISCO ANDAR: 0. FICHA Nº: MEDIO. 13 Caída de persoas ao mesmo nivel. UBICACIÓN LOCAIS: 20, 21, 28, 31, 32 USOS: LABORATORIOS. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Presenza de cableado eléctrico debaixo das mesas, na zona para os membros inferiores e en zonas de paso.. NORMATIVA O Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo establece no seu Anexo II Orde, limpeza e mantemento que: - As zonas de paso, saídas e vías de circulación dos lugares de traballo e, en especial as saídas e vías de circulación previstas para a evacuación en casos de emerxencia, deberán permanecer libres de obstáculos de forma que sexa posible utilizalas sen dificultades en todo momento.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Recoller os cables eléctricos dos diversos equipos e colocalos fóra do alcance dos membros inferiores e das zonas de paso..

(11) DEFICIENCIAS VALORACIÓN/RISCO ANDAR: 0. FICHA Nº: MEDIO. 14 Contactos eléctricos. UBICACIÓN LOCAIS: 20, 21, 28, 31, 32 USOS: LABORATORIOS. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Presenza de cableado eléctrico debaixo das mesas, na zona para os membros inferiores e en zonas de paso.. NORMATIVA O Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo establece no seu Anexo I Condicións xerais de seguridade nos lugares de traballo que: - Os traballadores deberán estar debidamente protexidos contra os riscos de accidente causados por contactos directos ou indirectos.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Os cables eléctricos deben protexerse mediante canalizacións de caucho duro ou plástico, cando estean depositados sobre o chan en zonas de tránsito ou de traballo..

(12) DEFICIENCIAS VALORACIÓN/RISCO ANDAR: 0. FICHA Nº: BAIXO. 15 Ambiente con iluminación insuficiente.. UBICACIÓN LOCAIS: 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 28, 29, 31, 32 USOS: AULAS, SEMINARIOS E LABORATORIOS. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Nas aulas, laboratorios e seminarios o nivel de iluminación está entre 200 e 300 lux.. NORMATIVA O Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo establece no seu Anexo IV Iluminación dos lugares de traballo establece que: Para zonas onde se executen traballos con esixencias visuais altas o nivel mínimo de iluminación é de 500 lux. Por outra parte a norma UNE –EN 12464-1: 2012. Iluminación. Iluminación dos lugares de traballo, estipula na súa Parte 1: Lugares de traballo en interiores que o nivel mínimo de iluminación é: 300 lux en aulas ordinarias e en aulas de prácticas de informática 500 lux en salas de lectura 500 lux en aulas de prácticas e laboratorios - 500 lux en salas de conferencias e reunións.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Aumentar a iluminación xeral das aulas ordinarias e das de informática ata polo menos 300 lux, e a das salas e laboratorios, para obter un nivel de iluminación nos postos de traballo de polo menos 500 lux. Como medida provisional mentres non se dispón dos niveis suficientes de iluminación xeral, dotar aos usuarios dos postos de lámpadas de mesa, sobre todo os que están lonxe das ventás..

(13) DEFICIENCIAS VALORACIÓN/RISCO ANDAR: 0. FICHA Nº: BAIXO. 16 Condicións ambientais desfavorables.. UBICACIÓN LOCAIS: 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 28, 29, 31, 32 USOS: AULAS, SEMINARIOS E LABORATORIOS. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Non se dispón de sistema de renovación de aire.. NORMATIVA O Real Decreto 238/2013, do 5 de abril, polo que se modifican determinados artigos e instrucións técnicas do Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo, establece que: - En oficinas, aulas de ensino e salas de lectura disporase dun sistema de ventilación para o aporte dun caudal de aire exterior de polo menos 12,5 dm3/s e persoa.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Instalar un sistema de renovación e ventilación de aire, que permita alcanzar o mínimo de calidade indicado no RITE para as aulas de ensino, 12,5 dm3/s por persoa..

(14) DEFICIENCIAS. FICHA Nº:. VALORACIÓN/RISCO. ALTO. 17 Evacuación dificultosa en caso de incendio.. UBICACIÓN ANDAR: 0. LOCAL: 29. ANDAR: 0. LOCAL: 31. USO: SEMINARIO 4. USO: LABORATORIO/AULA MAC. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Non se dispón de iluminación de emerxencia. NORMATIVA O Código Técnico da Edificación no Documento Básico de Seguridade de Utilización e Accesibilidade no apartado 4 Seguridade fronte ao risco causado por iluminación inadecuada, sinala que contarán con iluminación de emerxencia: Os percorridos desde todo orixe de evacuación. - Os locais que alberguen equipos xerais das instalacións de protección contra incendios e os de risco especial.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Revisar a instalación de iluminación de emerxencia e instalar luminarias de emerxencia en todos os lugares nos que un fallo da iluminación normal poida producir un risco para a seguridade dos traballadores, alumnos ou usuarios..

(15) DEFICIENCIAS VALORACIÓN/RISCO. FICHA Nº: ALTO. 18 Evacuación dificultosa en caso de incendio.. UBICACIÓN ANDAR: 0. LOCAL: 42. USO: CORREDOR. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Percorrido de evacuación obstaculizado pola presenza de mobiliario.. NORMATIVA O Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo establece no seu Anexo II Orde, limpeza e mantemento que: - As zonas de paso, saídas e vías de circulación dos lugares de traballo e, en especial as saídas e vías de circulación previstas para a evacuación en casos de emerxencia, deberán permanecer libres de obstáculos de forma que sexa posible utilizalas sen dificultades en todo momento.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Retirar o material que dificulta ou obstaculiza o paso a través do percorrido de evacuación..

(16) DEFICIENCIAS VALORACIÓN/RISCO. FICHA Nº:. 19. ALTO. Evacuación dificultosa en caso de incendio.. UBICACIÓN ANDAR: 0. SAÍDAS DE EMERXENCIA 1 E 2. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA As portas destas dúas saídas de emerxencia abren directamente sobre un chanzo. Ademais, debido a que o chanzo é do mesmo material e cor que o pavimento exterior, dende dentro non se aprecia facilmente.. NORMATIVA O Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo establece no seu Anexo II Orde, limpeza e mantemento que: As zonas de paso, saídas e vías de circulación dos lugares de traballo e, en especial as saídas e vías de circulación previstas para a evacuación en casos de emerxencia, deberán permanecer libres de obstáculos de forma que sexa posible utilizalas sen dificultades en todo momento. Por outra parte, o Código Técnico da Edificación no Documento Básico de Seguridade de Utilización e Accesibilidade sinala o seguinte: En zonas de circulación non se poderá dispoñer un chanzo illado, nin dous consecutivos, excepto nos accesos e nas saídas dos edificios, pero se a zona de circulación inclúe un itinerario accesible, o ou os chanzos non poderán dispoñerse no mesmo.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Retirar os chanzos e salvar o desnivel con ramplas..

(17) ANDAR 1.

(18)

(19) DEFICIENCIAS. FICHA Nº:. VALORACIÓN/RISCO. ANDAR: 1. 20. Propagación de incendios por medidas insuficientes. UBICACIÓN. MEDIO. LOCAL: TODOS OS QUE CONTAN CON EXTINTORES. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Os extintores do andar 1, tanto os de po coma os de CO2, están colocados de maneira que a parte superior queda a unha altura do chan que vai dende os 160 cm. aos 180 cm., todos por encima do máximo que establece a normativa.. NORMATIVA Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de Instalacións de Protección contra Incendios. No antedito regulamento establécese que os extintores portátiles irán colocados sobre soportes fixados a paramentos verticais, de modo que a parte superior do extintor quede situada entre 80 cm. e 120 cm. sobre o chan.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Colocar os extintores fixados ao paramento vertical de xeito que a parte superior quede a unha altura non inferior a 80 cm. e non superior a 120 cm. Recoméndase substituír os extintores de po colocados no laboratorio de post-produción, na aula mac, nas aulas de informática e en xeral nas aulas con equipos informáticos, de vídeo e de son, por extintores de CO2 xa que, en caso de ter que usalos, os de po poden producir danos severos nos equipos..

(20) DEFICIENCIAS. FICHA Nº:. VALORACIÓN/RISCO. ANDAR: 1. 21. Propagación de incendios por medidas insuficientes. UBICACIÓN. MEDIO. LOCAL: TODOS OS QUE CONTAN CON BOCAS DE INCENDIO EQUIPADAS. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Todas as bocas de incendio equipadas (BIE) do andar teñen a válvula de apertura manual a unha altura superior a 1,50 m sobre o nivel do chan. Ademais, ningunha das BIE conta co marcado CE que establece o regulamento.. NORMATIVA Regulamento de Instalacións de Protección contra Incendios aprobado polo Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, no cal se establece que: As BIE deberán montarse sobre un soporte ríxido, de forma que a boquilla e a válvula de apertura manual e o sistema de apertura do armario, se existen, estean situadas, como máximo, a 1,50 m. sobre o nivel do chan. - As BIE con mangueira semirríxida deberán levar o marcado CE, de conformidade coa norma UNE-EN 6711.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Reinstalar as BIE de tal xeito que a boquilla e válvula de apertura manual e o sistema de apertura do armario non se sitúen a máis de 1,50 m. sobre o nivel do chan. Comprobar se cumpre co estipulado na norma UNE-EN 671-1..

(21) DEFICIENCIAS VALORACIÓN/RISCO. ANDAR: 1. FICHA Nº:. 22. Propagación de incendios por medidas insuficientes. UBICACIÓN. MEDIO. LOCAL: 74. USO: VESTÍBULO - CORREDORES. FOTOGRAFÍA. CONDICIÓN ANÓMALA DETECTADA Extintor obstaculizado pola colocación dun banco e dun taboleiro de información no corredor. NORMATIVA Regulamento de Instalacións de Protección contra Incendios aprobado polo Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, no cal se establece que: - O emprazamento dos extintores permitirá que estes sexan facilmente visibles e accesibles.. MEDIDA CORRECTORA PROPOSTA Retirar o banco e o taboleiro informativo que dificultan o acceso ao extintor. Recoméndase marcar no chan, onde están os extintores, un perímetro de seguridade para evitar que se instale mobiliario que limite o seu acceso..

(22)

Referencias

Documento similar

Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Santiago de Compostela.. José María

salarial, sino que establece un máximo para el incremento salarial, y que además, en dicho precepto no se regula el máximo de los incrementos de salarios

Es cierto que los proyectos de investigación para los que la actora fue contratada temporalmente mediante los contratos temporales relacionados en el hecho probado tercero (folios 21

REAL DECRETO 598/2015, de 3 de xullo, polo que se modifican o Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención; o Real Decreto

REAL DECRETO 598/2015, de 3 de xullo, polo que se modifican o Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención; o Real Decreto

REAL DECRETO 2177/2004, de 12 de noviembre, por el que se modifica el RD 1215/1997, que establece las disposiciones mínimas de seguridad y salud para la utilización por

8. La coordinación, el impulso y el desarrollo del Campus de Lugo en materia de infraes- tructuras, sin perjuicio de que los actos ejecutivos derivados de su actuación correspondan

Comunicación presentada en las V Jornadas Interdisciplinares: Estudios de Género en el Aula: Historia, Cultura visual e Historia del Arte, Málaga, España.. ¿Qué sería de