Curso 2018/2019
Dossier de prensa
1
Matemáticas celebra un congreso internacional en honor a Nieto Roig
Martes, 04 de setembro de 2018 El Correo Gallego
Ligazón:
• Nova no xornal El Correo Gallego
Dedícanlle un congreso matemático a Nieto Roig
Mércores, 05 de setembro de 2018 El Correo Gallego
Ligazón:
• Nova no xornal El Correo Gallego
Juan J. Nieto Roig - FOTO: ECG
2
Dedícanlle un congreso matemático a Nieto Roig
(Autoría: S.B)
A Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebra, desde hoxe e ata o venres, o Congreso International Conference in Nonlinear Analysis and Boundary Value Problems 2018, que reunirá a arredor de 135 persoas de 25 países.
Este evento está organizado polo Grupo de Ecuacións Diferenciais Non Lineares da USC e coordinado polo catedrático Alberto Cabada Fernández. Ademais de reunirse para tratar do máis novedoso en análise nonlinear, o congreso realízase en honor ao catedrático Juan José Nieto Roig, en ocasión do seu 60 aniversario.
Neste congreso daranse cita reputados expertos en análise non linear e problemas de contorno. Campo fundamental para o estudo da modelización matemática de fenómenos que xorden na natureza dentro de ámbitos como a física, a medicina ou a bioloxía.
3
Entrevista a Elena Vázquez Cendón en GCiencia
Luns, 10 de setembro de 2018 Revista GCiencia
Ligazón:
• Nova na revista GCiencia
Elena Vázquez Cendón, co mapa de Fontán. Foto: Anxo Iglesias.
“A Carta é coma un ‘Big data’ da Galicia de hai 200 anos”
(Autoría: Manuel Rey)
Unha das primeiras cousas que fixo Elena Vázquez Cendón ao tomar posesión como decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela foi colocar no seu despacho aCarta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán. Para ela é unha obra esencial na súa carreira, que transmite sempre que pode nas clases e nas charlas divulgativas que imparte. Porque o mapa foi tamén unha ferramenta científica que se seguiu empregando durante moitos anos para o desenvolvemento do territorio, a través das estradas, os camiño de ferro e outras infraestruturas que hoxe vertebran o país.
– Cando escoitou falar por primeira vez de Fontán?
4 – Unha das primeiras referencias que teño del foi cando souben que era un dos matemáticos que estaba no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago. É un sitio que ten moito sabor a saber, e os matemáticos temos a sensación de que somos unha porcentaxe moi pequena en moitos sitios. E ver que estaba alí, xunto ao matemático Rodríguez, pareceume algo moi valioso.
E despois, cando coñecín a existencia da Carta Xeométrica, eu que me adico á simulación en zonas costeiras, e que teño moi presente a importancia da xeometría do territorio, empapeime nela. E desde ese momento, Fontán acompañoume sempre;
sempre falo del nas charlas, nas clases, porque é moi importante contar que alguén fixo unha obra así aquí en Galicia.
– Conta moitas veces a importancia da Carta para que se desenvolveran infraestruturas que hoxe vertebran o territorio. Pode poñer algúns exemplos?
– Gonzalo Méndez, profesor da Universidade de Vigo e moi bo coñecedor da súa figura, sempre conta que Fontán pensou desde o comezo na Carta Xeométrica como o punto de partida para comunicar Galicia por estrada e por ferrocarril. E iso é máis admirable aínda, porque se demostra que pensou en Galicia non só como científico, senón como cidadán comprometido con ela. Non puxo lindeiros, senón que abriu camiños. E hai que pensar que partiu de cero, non había nada antes del.
Os primeiros trazados de ferrocarrís, nos que el mesmo participou, fixéronse sobre Fontán. E despois, todos os trazados de estradas – e moitas delas fixéronse no tempo no que a Carta tivo maior vixencia, ata mediados do século XX – seguen os camiños marcados por el.
E o que tamén descoñece moita xente é que en Galicia fomos pioneiros nisto; grazas a Fontán tivemos un adianto de moitas décadas respecto ao resto do Estado e a outros territorios, cunha innovación enorme. O propio Otero Pedrayo contaba que utilizaba o Fontán como a súa guía de viaxe para percorrer Galicia, polo preciso que era. Para min, a Carta é un gran ‘Big data’ da Galicia de hai 200 anos.
– Por que xorde precisamente aquí unha obra tan importante como a Carta?
5 – Polas mesmas razóns polas que xorden, en moitos casos, os grandes polos de coñecemento. Fontán foi un gran científico, pero tamén un moi bo estudante que tivo un gran mestre: Xosé Rodríguez. Rodríguez foi outro gran innovador, un visionario que se adicou a facer, que quixo e respectou moito a Galicia, pero que tamén aprendeu moito do que acontecía fóra. Estaba moi en contacto coa escola francesa e mesmo foi convidado polo zar de Rusia a dirixir o observatorio de San Petersburgo. E aí está a clave: non se trata só de mirar cara a adentro, senón tamén de ser permeable ao que vén de fóra.
E os dous viron que era importante saír, pero saír para volver, para aplicar o aprendido en Galicia. Rodríguez foi unha semente de coñecemento, e todo apunta a que retou dalgún xeito a Fontán a que fixese a triangulación de Galicia.
Hai tamén unha parte moi importante de querencia polo territorio, de implicación política, pero para facer, non para sacar partido. Lembro que nunha lección maxistral de apertura de curso, Enrique Vidal Abascal decidiu falar da importancia dos matemáticos no rexurdimento cultural de Galicia en vez de falar de xeometría diferencial, porque lle pareceu que iso era máis compartible e entendible.
E nisto Fontán foi un referente tamén. El sentiuse orgulloso de ter honrado a Galicia como deputado no Congreso, e de non ter mediado nin pedido emprego nin para el nin para ninguén. Era unha persoa cunha gran conciencia social, de servizo á sociedade.
– Como cambiou a historia de Galicia?
– As achegas que todos facemos pódense referenciar de moitos xeitos. E as referencias xeográficas, é dicir, vincular feitos a xeografías, fannos coñecer mellor moitas cousas.
Digamos que a Carta Xeométrica é o nivel 0 desde o que podemos construír moitos niveis novos.
Aínda que pensemos en global, temos que ter os pés na terra. E creo que Fontán nos puxo os pés na terra, fíxonos saber onde estabamos, para axudar a movernos. É como se nos dese unha aplicación moi moderna para conectarnos coa nosa contorna.
6 – Sendo tan relevante, por que non é tan célebre e coñecido como outros galegos ilustres?
– O que tamén dicía Vidal Abascal era que a universidade ten que achegar aos galegos unha maior conciencia da nosa personalidade como pobo e como cultura. E a veces o que pasa é que non estamos suficientemente orgullosos do que temos, e non estamos afeitos a aplaudir ás persoas que nos fixeron medrar.
Fontán resolveu problemas, máis ca crealos, e pode que por iso non ocupou titulares.
El tivo a humildade suficiente para non trazar fronteiras no mapa, demostrou que moitas fronteiras son mentais, que fan que a xente non recoñeza o suficiente o traballo que fan os outros.
Temos que valorar máis ás persoas que suman, e Fontán, neste senso, foi unha figura moi importante. Alguén pouco coñecido, pero moi recoñecido. A Domingo Fontán si que se lle recoñeceu o que fixo, pero en baixiño, e temos que ser altofalantes do seu traballo.
E máis hoxe en día, nun mundo tan dominado polas comunicacións, a trigonometría é algo esencial, o gran ‘para que’ das matemáticas.
7
13 de septiembre de 2018 Nace la Red Estratégica en Matemáticas para impulsar la investigación nacional
Xoves, 13 de setembro de 2018 Ligazón:
• Nace a Rede Estratéxica en Matemáticas para impulsar a investigación nacional
13 de septiembre de 2018 Nace la Red Estratégica en Matemáticas para impulsar la investigación nacional
13 Sep Nace la Red Estratégica en Matemáticas para impulsar la investigación nacional
Publicado enNoticias científicas porElena Portillo
Esta macroestructura reúne a cinco centros de investigación del País Vasco, Cataluña, Madrid y Andalucía y tres redes nacionales académicas y de industria.
Está financiada por el Ministerio de Economía y Empresa y cuenta con un presupuesto de 120 000€ para dos años, que destinará principalmente a cuantificar el impacto de la matemática en la economía y en la contribución científica española.
8 Además de potenciar la investigación en matemáticas, la Red se centrará en las relaciones de la disciplina con la industria y con la sociedad en general.
La Red Estratégica en Matemáticas (REM), financiada por el Ministerio de Economía y Empresa, surge con el objetivo de promover la investigación matemática, así como sus aplicaciones. “Esta ciencia desempeña un papel crucial en el avance tecnológico y en la mejora de las condiciones de vida”, asegura Tomás Chacón, director de la REM y director del Instituto de Matemáticas de la Universidad de Sevilla (IMUS), una de las instituciones que configuran la red. Además del IMUS, forman la REM la Barcelona Graduate School of Mathematics (BSGMath), el Centre de Recerca Matemàtica (CRM), el Basque Center for Applied Mathematics (BCAM), el Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT), la Red de Institutos Universitarios de Matemáticas (RedIUM), la Red Española Matemática-Industria (Math-in) y los Centros Públicos Españoles de Educación Superior.
Fundada en julio de 2017, la REM dará a conocer sus principales resultados durante este curso 2018-2019. Entre ellos estará la publicación en febrero de 2019 de dos macroestudios sobre el alcance de la investigación en matemáticas en España. El primer informe cuantificará el impacto científico de la investigación matemática en España durante la última década. El segundo, elaborado por la empresa AFI (Analistas Financieros Internacionales), tratará sobre el impacto en la economía y en el empleo de la transferencia de las matemáticas.
En varios países de Europa como Francia, Reino Unido y Países Bajos ya se han realizado estudios de este tipo que señalan el significativo efecto de las matemáticas en empleo y valor añadido, con contribuciones en el PIB entre un 10 y un 15%. En unos meses la REM ofrecerá los datos relativos al PIB español. “Es muy plausible que la implantación de la tecnología matemática en el sector productivo español produzca un aumento del PIB, hasta llegar a valores semejantes a los alcanzados en estos países”, asegura Peregrina Quintela, presidenta de la red Math-in y miembro del Comité de Dirección de REM. “Las matemáticas ayudan a las empresas de forma muy relevante en la toma de decisiones, mejora de procesos productivos y optimización de sus recursos”, afirma.
La REM pretende mejorar el posicionamiento estratégico de las matemáticas en España. Para ello, fomentará la colaboración entre los centros que conforman la Red;
la optimización de los resultados y recursos ya disponibles; la divulgación, como vía para mejorar la percepción social de la ciencia; y la internacionalización de la matemática española. Para ello, contará con un presupuesto de 120 000 euros hasta julio de 2019.
Transferencia y divulgación para transformar las matemáticas en un bien social
9 Además de la elaboración de los informes, la REM organizará varios eventos para fomentar la colaboración público-privada entre científicos e industria, identificar tecnologías matemáticas emergentes y detectar nuevas demandas por parte de la empresa. Uno de ellos son los llamados Study Groups with Industry, organizados en colaboración con la red Math-In. La edición 139 fue celebrada el pasado mes de julio en Santiago y las próximas, 147 y 150, tendrán lugar en 2019 en Santiago y Bilbao, respectivamente.
Otro de los formatos propuestos por la red son las Modelling Weeks. En estas reuniones, grupos de estudiantes de máster o doctorado, en colaboración con matemáticos más sénior, pasarán una semana trabajando en proyectos basados en problemas industriales. En 2019 Madrid y Sevilla acogerán varios encuentros nacionales de este tipo. Además, se organizarán talleres sobre transferencia de tecnología matemática dentro de diferentes congresos, principalmente en los impulsados por las sociedades científicas matemáticas.
Asimismo, para potenciar la internacionalización de la matemática española en el mundo, la REM apoyará las propuestas de proyectos europeos para la investigación dentro del programa H2020, a través de la organización de una jornada de encuentro entre investigadores y responsables de estos programas en el ámbito de las matemáticas de distintos centros de investigación, aún por anunciar. También dará soporte a eventos internacionales de investigación, formación y transferencia matemática, especialmente al International Congress on Industrial and Applied Mathematics (ICIAM2019). Este congreso, que se celebra cada cuatro años y es el más importante a nivel mundial en materia de matemática aplicada, tendrá lugar en Valencia en julio de 2019.
Otro de los propósitos de la REM es mejorar la percepción de esta ciencia en la sociedad, por lo que cuenta con un Comité de Divulgación para difundir la actividad y los resultados de la investigación matemática en España. “La matemática es un bien cultural, que debe ser compartido con todos los ciudadanos”, declara David Martín de Diego, investigador del ICMAT y miembro del Comité Directivo de la REM. “Además, para contar con el apoyo de la sociedad, tenemos que ser capaces de transmitirles la importancia de nuestro trabajo”, prosigue. Las noticias más relevantes ya se pueden leer en la página web de la REM, así como en su cuenta de Twitter:@REMatematicas.
La exitosa trayectoria de las matemáticas en España
Desde hace unas décadas, la investigación matemática española está experimentando un continuo progreso. La producción científica cuenta con una gran repercusión internacional, situándose en la octava posición mundial por número de citas.
10 La colaboración siempre ha sido uno de los pilares de su éxito. A día de hoy existen cuatro sociedades nacionales (Real Sociedad Matemáticas Española, Sociedad Catalana de Matemáticas, Sociedad Española de Matemática Aplicada y Sociedad Española de Investigación Operativa) que, unidas en 2006, trajeron a Madrid el congreso más importante para la comunidad matemática (el Congreso Internacional de Matemáticos). Siguiendo este impulso, el Ministerio de Educación y Ciencia financió un proyecto nacional de gran envergadura (i-MATH), en el que participaron la gran mayoría de los grupos de investigación españoles. En 2011 nació la iniciativa Matemática-Industria (Math-in), que supuso un gran esfuerzo de apertura por parte de los grupos de investigación en matemáticas hacia la sociedad y la industria.
La creación de la Red Estratégica de Matemáticas permite continuar la tradición de coordinación y consenso en torno a los ejes fundamentales de desarrollo científico y colaboración entre investigadores.
11
Precursores da enxeñaría biomédica (Faro de Vigo)
Martes, 18 de setembro de 2018 Ligazón:
• Nova no xornal Faro de Vigo
12
13
Elegir el futuro no es una ciencia exacta
Martes, 25 de setembro de 2018 La Opinión
14
Un videojuego para aprender ciencias de manera divertida
Mércores, 26 de setembro de 2018 El Correo Gallego
Ligazón:
• Nova no xornal El Correo Gallego
Un videojuego para aprender ciencias de manera divertida
Lo desarrollan en la Facultad de Matemáticas de la USC.
Se adaptará a todos los públicos
La razón por la que el actor Mario Casas parece tan atractivo basándose en la teoría de la evolución es una de las preguntas correspondientes a geometría que aparecerán en el videojuego que un equipo del departamento de Matemáticas de la Universidade de Santiago (USC) está desarrollando con la colaboración de profesorado de enseñanza secundaria.
La respuesta está entre las tres que ofrecen y sí, Mario Casas es atractivo, pero es debido a la simetría bilateral, que es la única que pueden poseer externamente los seres humanos. La intención del videojuego es acercar la ciencia a todo tipo de público para, de una manera amena, adquirir conocimientos.
El equipo que lo desarrolla tiene el apoyo de la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, que financia el proyecto MatHex (pero también FisiHex, BioHex o QuimiHex) juego, estrategia y conocimientos.
Su investigadora principal, la profesora Elena Vázquez Abal, explica que cada materia científica tendrá su propio vdeojuego, aunque en esta primera fase creativa se basan en las Matemáticas. Su dificultad será ajustable, es decir que se podrá adaptar a toda las edades, desde la infancia hasta la universidad o el público en general.
La base del juego consistirá en un tablero formado pro hexágonos, como en el clásico juego de mesa Hex, combinado con preguntas. Vázquez Abal asegura que uno de sus puntos fuertes es el tipo de preguntas, que "combinan de una forma amena y coloquial diversas temáticas (como Mario Casas para aprender geometría)". En el caso particular de las matemáticas, las cuestiones tratarán sobre geometría, operaciones, historia, arte o sentido común, además de un porcentaje dedicado a mujeres matemáticas.
15 La respuesta a cada pregunta va acompañada de una explicación, también con un lenguaje accesible para todos. Las preguntas y sus posibles respuestas se crean especialmente para el juego y son clasificadas de acuerdo a su nivel. La arquitectura del juego se planteó con el máximo nivel de flexibilidad posible, con idea de adaptarse a cualquier otra disciplina.
El equipo de este proyecto lo completan José Carlos Díaz Ramos y Víctor Sanmartín López, ambos del departamento de Matemáticas de la USC, y Esteban Calviño Louzao, profesor de enseñanza secundaria.
16
El Observatorio Ramón María Aller cumple 75 años
Xoves, 27 de setembro de 2018 La Voz de Galicia
17
75 años estudiando las estrellas
Luns, 08 de outubro de 2018 El Correo Gallego
Ligazón:
• Nova no xornal El Correo Gallego
18
O Día da Ciencia en Galicia recoñece o legado do humanista Domingo Fontán
Luns, 08 de outubro de 2018 El Correo Gallego
Ligazón:
• Nova no xornal El Correo Gallego
O Día da Ciencia en Galicia recoñece o legado do humanista Domingo Fontán
Durante o acto académico, que terá lugar en Santiago, celebrarase tamén a entrega do Premio Galicia de Xornalismo Científico a Manuel Vicente
O matemático Fontán ten un monumento na súa localidade natal, Portas - FOTO: F.S.
(Autoría: María Abascal)
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebra hoxe o Día da Ciencia en Galicia, que este ano homenaxea ao humanista e matemático Domingo Fontán, coincidindo co 230 aniversario do seu nacemento.
19 O acto académico aberto ao público que se celebra en Santiago ás 19.00 horas centra un programa de actividades coas que todos os galegos poderán achegarse á figura deste científico, o autor do primeiro mapa topográfico de Galicia -durante moito tempo o único do territorio español realizado con criterios científicos-.
Ás sete da tarde, as portas do Pazo de San Roque abriranse ao público para acoller o acto académico na honra de Domingo Fontán, presidido polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. O evento incluirá unha semblanza sobre Fontán titulada A obra científica de Domingo Fontán, a cargo de Francisco Díaz-Fierros, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola. Durante o acto terá lugar tamén a entrega do Premio Galicia de Xornalismo Científico, organizado pola RAGC coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).
El matemático Domingo Fontán protagoniza hoy el Día de la Ciencia en Galicia
Luns, 08 de outubro de 2018 El Faro de Vigo
El matemático Domingo Fontán protagoniza hoy el Día de la Ciencia en Galicia
Se cumplen 230 años del nacimiento del autor del primer mapa topográfico gallego
(Autoría: redacción Vigo)
La Real Academia Gallega de Ciencias (RAGC) celebra hoy el Día de la Ciencia en Galicia, que este año reconoce el legado del humanista y matemático Domingo Fontán, autor del primer mapa topográfico gallego, coincidiendo con el 230 aniversario de su nacimiento. El acto académico abierto al público que se celebrará en Santiago de Compostela se centra en actividades para acercar la figura del científico, autor de la Carta geométrica de Galicia, que fue durante años el único mapa topográfico existente en España con criterios científicos.
20 Retrato de Domingo Fontán.
Según informa la RAGC, a las siete de la tarde, las puertas del Pazo de San Roque, en Santiago, se abrirán al público para acoger el acto académico de honra a Fontán, presidido por el conselleiro de Economía, Empleo e Industria, Francisco Conde. El evento incluirá una semblanza sobre Fontán a cargo de Francisco Díaz-Fierros, catedrático de Edafología y Química Agrícola. Durante se hará entrega del Premio Galicia de Periodismo Científico, organizado por la RAGC con la colaboración de la Consellería de Economía, que será entregado al periodista de la Radio Galega Manuel Vicente. También en coincidencia con el Día de la ciencia, el Consello da Cultura Galega presentará en el colegio de Portas (Pontevedra), por ser la localidad natal de Fontán, la unidad didáctica elaborada en torno al científico gallego. Se trata de acercar a los escolares gallegos la obra de un matemático gallego, catedrático de Matemática, que desde 1817 a 1834 se dedicó a la primera carta geométrica de Galicia, que se utilizó como base cartográfica para proyectos de ferrocarril o carreteras.
21
Educación e Investigación, falas 2 ti?
El correo Gallego
Martes, 09 de outubro de 2018 Ligazón:
• Nova no xornal El Correo Gallego
Educación e Investigación, falas 2 ti?
MATEMÁTICAS, falas2 en galego? foi a mensaxe compartida ao comezo deste curso na Facultade de Matemáticas para fomentar o emprego da lingua propia da USC.
Conste entón a autoría da intersección que inspira o título de hoxe. O dobre significado de falar e facer levounos a poñer o expoñente 2. Estas cinco letras, en galego, permítenme interpelar ao receptor da mensaxe cunha potencia e desde a proximidade.
O título é a miña reacción ao discurso das persoas que falaron nas últimas datas sobre o potente binomio "educación e investigación", especialmente desde a política e os medios de comunicación. Empregar este binomio como arma, non como obxectivo do debate político, é para min falar sen facer e desafortunadamente produce como corolario unha desfeita do traballo de moitas persoas.
Agardo poder aplaudir a persoas dedicadas á política que a asuman como servizo, que sexan valentes para aceptar as propostas das que levan outras siglas nas papeletas dos votos, e que falen nos discursos de feitos. A democracia que temos é representativa, polo tanto non precisamos que acumulen papeles que non acrediten valores de coñecemento.
Mencionei tamén aos medios de comunicación como receptores da pregunta do título, xa que coa mar da política revolta, a gañancia de pescadores nos medios fai que se salte a veda da profesionalidade, que leva a falar sen facer o traballo previo. Ou facelo para pescar sen empregar as nasas reglamentarias esquilmando tanto os valores dos peixes pequenos, que se están a formar nos diferentes niveis educativos, como os dos inicios da investigación, e producindo mareas vermellas que desacreditan a calidade de todas as persoas que conformamos o sistema de docencia e investigación.
Neste punto quero salientar a miña discrepancia co titular e o artigo do 3 de setembro en EL CORREO GALLEGO relativo á USC. Sempre podemos facer mellor o noso traballo, e podemos falar nos erros cometidos, pero cuestionar a USC sen concretar e desde o anonimato, nin é científico nin valente. Felicitei ao compañeiro da Facultade de Bioloxía, Jaime Gómez Márquez, polo seu artigo do 5 de setembro, e a súa precisa e
22 elegante refutación, fixo que non me dese presa a escribir esta mandala e non duplicarei o que el xa argumentou.
Non podería falar de artigos e debates referidos a másteres e doutoramentos en diferentes medios se non falo dos feitos desde este xornal que me convida a participar, como a moitas persoas da USC, que sumamos aos nosos deberes dentro da mesma o compromiso de compartir feitos desde esta ventana que se nos ofrece.
Coñezo a moitas persoas que poderían respostar afirmativamente á pregunta do título sen faltarlle á semántica da potencia falas2, agardo que se sumen máis profesionais da política e do xornalismo para propiciar críticas con rigor que nos leven a construir e non a desfeitas que non deixen falar dos feitos importantes que tapan os debates mencionados.
Elena Vázquez Cendón. Profesora de Matemática Aplicada na USC
23
Éxito de participación no concurso audiovisual Explícoche Matemáticas 2.0
Xornal da USC
Mércores, 10 de outubro de 2018 Ligazón:
• Nova no Xornal da USC
Éxito de participación no concurso audiovisual Explícoche Matemáticas 2.0
Estudantes de Matemáticas da USC e dos IES Lamas de Abade (Santiago) e Escolas Proval (Nigrán) gañan esta sétima edición
Vídeos curtos en galego sobre calquera cuestión relacionada coas matemáticas. Ese é o requisito do concurso Explícoche Matemáticas 2.0 da USC, que xa vai pola sétima edición cada vez con maior éxito de participación e que acaba de resolver os gañadores de entre os 35 traballos presentados -6 na sección de universidade e 29 na de ensino secundario-.
Na categoría de 2º ciclo da ESO, bacharelato e Formación Profesional o premio foi para o vídeo Como calcular o tamaño da terra, de Aarón Vilariño Folgueiras, alumno de 4º da ESO do IES Lamas de Abade.
24 Xa na categoría de Universidade, os gañadores foron Diagramas de Voronói, de María Navarro Martínez e Iria Lago Portela, alumnas de grao de Matemáticas da USC e O problema do camiño máis rápido: a cicloide, de Jesús Conde Lago, alumno de doutoramento en Matemáticas da USC. Nesta última moxalidade de alumnado de mestrado ou doutoramento, o xurado acordou conceder un accésit ao vídeo O teorema da pizza, de Brais Prieto Moure, alumno de doutoramento en Ciencias da Comunicación da USC.
Por último, o vídeo mellor valorado polos internautas foi Buscando aproximacións do número Pi mediante o método de Arquímedes, de Clara Rey Barona e Laura Álvarez Barbosa, alumnas de 4º da ESO do IES Escolas Proval.
Canle de Youtube
Para tomar a súa decisión, o xurado tivo que realizar unha escolma previa de quince traballos que a Facultade de Matemáticas ten colgada na súa canle de Youtube.
Ademais dos premiados, alí poden verse os vídeos A división entre 0, un mundo máis alá do infinito de Adrián Pérez Courel; A sucesión de Fibonacci, de Carla Osorio López e Celia Ocampo Carrín; Buscando aproximacións do número Pi mediante o método de Montecarlo, de Clara Rey Barona e Laura Álvarez Barbosa; Derivación da Ecuación de Ondas, de Daniel Prol Cambados; Explicación dos produtos notables, de Ana Álvarez Amieiro; O número Pi na circunferencia, de Nerea Fernández Sousa, Nazaret Álvarez Agustiño e Naima Mera Villar; O potencial da música, de Gael Ferreiro García e Tania Rodríguez Martínez; Posición relativa dunha recta e un plano, de Claudia Cerezal Sabín, Elena Sánchez González e Eva Vizcaya Balbosa; Que é unha derivada?, de Victor López Pardo; e Teorema de Tales, de Uxía Castro Fernández.
O concurso está organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas co apoio do Servizo de Normalización Lingüística. O seu obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
Para participar en Explícoche Matemáticas 2.0 cómpre presentar vídeos en galego nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, ben desde un punto de vista formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación), ou ben, cun carácter divulgador, reflectindo como se utilizan as matemáticas na vida cotiá, na cultura, na arte ou na sociedade. Cunha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos, as pezas poderán utilizar calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.
25
La mejor de los mejores en la universidad
Mércoles, 24 de outubro El Correo Gallego
Ligazón:
• Nova no xornal El Correo Gallego
La USC logra la mejor nota en los premios fin de carrera
Érika Diz, licenciada en Matemáticas, obtuvo la calificación más alta de los 68 galardonados
(Autoría: Sabela Arias)
Érika Diz Pita, natural de Fene, consiguió la nota más alta
Érika Diz, licenciada en Matemáticas de la USC, acaba de conseguir la mejor nota en los premios fin de carrera que otorga la Xunta para el alumnado que terminó sus estudios en el año 2017. A sus 24 años, Érika, natural de Fene, tiene claro cuál va a ser su futuro: la docencia. "Me da igual si tengo que dar clases en la universidad o en educación secundaria, pero quiero enseñar, asegura Érika. "Por eso -explica- escogí Matemáticas". Antes de empezar en la facultad compostelana, probó un año en Arquitectura, en donde recaló tras superar la selectividad con un 13,55. "Pronto me di
26 cuenta de que no era lo mío", cuenta. Tras finalizar la carrera y un máster -este mismo año- hará la tesis y, después, se preparará para ser profesora. "Eso sí es lo mío", dice.
"Evidentemente a cualquiera le alegra el trabajo reconocido, pero yo no le doy tanta importancia a que haya tenido la mejor nota. Hay gente que ha tenido solo unas décimas menos. Eso es lo de menos", asegura pocas horas después de enterarse del reconocimiento recibido. ¿Y cuáles son las claves para obtener tan buenas notas?. "La verdad, no lo sé. No tengo claves. A mi lo que más me costó fue la parte teórica. La práctica no tanto, eso procuraba llevarlo al día", contesta.
Junto a Erika, otros 29 alumnos de la Universidad de Santiago se llevaron también premios de fin de carrera. El segundo con la mejor nota, Alipio Santiago Dacosta, también estudió -el grado de Filosofía en su caso- en la USC. El tercer puesto fue para Yosua Martínez Rodríguez, de la UDC. (Derecho).
La Consellería de Educación publicó ayer en el Diario Oficial de Galicia (DOG) la resolución de la convocatoria de los premios, que este año fueron 68, un 33 % más que el año anterior. La Xunta destinó a esta convocatoria 222.000 euros (cada premiados recibe tres). Por universidades, la que más galardonados cuenta es la de Santiago, con 30, seguida de la de Vigo (27) y de la de A Coruña (11). Del total de premiados, 46 son mujeres y 22 hombres.
Carreras con tres reconocimientos. En cuanto a las titulaciones que tuvieron más de un estudiante galardonado fueron, con tres premios cada una, Enfermería, Medicina, Derecho, Educación Infantil y Educación Primaria; y, con dos premios cada una, Administración y Dirección de Empresas y Relaciones Laborales y Recursos Humanos.
Por primera vez se concede este reconocimiento a dos personas que cursaron una simultaneidad de grados en la opción por la que optaron, en concreto en Derecho y Administración de Empresas (en la opción de Derecho) y en Turismo y Ciencias Empresariales (opción de Turismo).
27
Resoltos os XIV Premios á calidade lingüística dos TFG-PFC e TFM
Xornal da USC
Mércores, 31 de outubro de 2018 Ligazón:
• Nova no Xornal da USC
Resoltos os XIV Premios á calidade lingüística dos TFG-PFC e TFM
A Universidade de Santiago acaba de resolver os seus Premios á calidade lingüística, que pretenden fomentar entre o alumnado a cultura da calidade ligada ao uso do galego. Concretamente, incentiva nos estudantes o desenvolvemento dunha habilidade comunicativa como é a presentación axeitada dun traballo dende o punto de vista formal, o que abrangue aspectos lingüísticos, de estruturación da información, de redacción, de deseño ou a coherencia na nosa lingua.
Ao chamado da última convocatoria presentáronse 68 TFG (10 en Artes e Humanidades, 14 en Ciencias, 14 en Ciencias da Saúde, 22 en Ciencias Sociais e Xurídicas e 8 en Enxeñaría) e 35 TFM (7 en Artes e Humanidades, 3 en Ciencias, 4 en Ciencias da Saúde, 19 en Ciencias Sociais e Xurídicas e 3 en Enxeñaría e Arquitectura).
As habilidades comunicativas e a competencia lingüística en galego do estudantado da USC semellan moi satisfactorias á vista dos traballos presentados, que lle ocasionaron non poucas dificultades ao xurado para poder elixir os mellores e motivou que en varias categorías os premios se concedan ex-aequo mesmo entre tres traballos.
28 Premios aos TFG-PFC
Os premios para os TFG-PFC, dotados con 300 euros e diploma, foron para Interacción dixital rururbana. Nodos naturais, de Pablo Rey Fernández, de Enxeñaría Informática (Área de Enxeñaría), que lle dirixiron José Ángel Taboada González, José Ramón Ríos Viqueira e Roi Martínez Valladares; Como se mide o impacto económico dos incendios forestais, da estudante de Economía Alba Martínez Mirás, titorizado por María Loureiro García; e Febre no campo. Fútbol en Fene ata 1936, de Roque Sanfiz Arias, de Historia, con Miguel Cabo Villaverde como director.
Na área de Ciencias concedéronse ex-aequo a Aspectos topolóxicos do Teorema de Arzelà-Ascoli, do estudante de Matemáticas Marcos Tella Álvarez, dirixido por Fernando Adrián Fernández Tojo; Efectos do SOK1 na regulación da gliconeoxénese hepática, da alumna de Bioloxía Sara Vázquez Mera, con Celia María Pombo Ramos como titora; e a Introdución á integral de Henstock-Kurzweil, de Antía Álvarez Ares, tamén estudante de Matemáticas, que contou coa dirección de Fernando Adrián Fernández Tojo.
Na área de Ciencias da Saúde comparten o premio A acción colectiva no movemento estudantil. Potencia explicativa das variables psicosociais sobre a intención de participación no movemento estudantil, da estudante de Psicoloxía Clara González Fernández, titorizado por José Manuel Sabucedo Cameselle; e A síndrome de burnout en pais e nais de nenos con cancro, de Sara Martínez Ferreiro, do Grao en Enfermaría, un TFG dirixido por Silvia Novío Mallón.
Premios aos TFM
Os premios para os TFM, dotados con 500 euros e diploma, foron para Optimización da etapa de enriquecemento dun cultivo mixto para a produción de polihidroxialcanoatos a partir de augas de cocedoiro de mexillón, de Lucía Argiz Montes, do Mestrado de Enxeñaría Ambiental, titorizada por Anuska Mosquera Corral; Evolución dos textos iniciais nos manuais de galego desde a Transición ata a actualidade, de Raquel Vila Amado, do Mestrado de Profesorado de Educación Secundaria, con María López Sández como titora; Procesamento de palabras emocionais positivas e erros de concordancia de xénero: un estudo de potenciais evocados, de Jéssica Suárez Arufe, do Máster en Neurociencia, dirixida por Isabel Fraga Carou; e A representación das soldadeiras nas cantigas de escarnio galego-portuguesas, de Tania Vázquez García, do Mestrado en Estudos Medievais Interdisciplinares ‘Imaxes, Textos e Contextos’, dirixido por Esther Corral Díaz.
Nesta categoría, na área de Ciencias comparten o premio os traballos Contrastes de independencia para datos xenómicos de alta dimensión, de Fernando Castro Pardo, do Mestrado en Técnicas Estatísticas, un TFG dirixido por Wenceslao González Manteiga;
e Hipersuperficies con curvaturas principais constantes en variedades Kähler con curvatura seccional holomorfa constante, de Alberto Rodríguez Vázquez, do Mestrado
29 en Matemáticas, baixo a dirección de José Carlos Díaz Ramos e Miguel Domínguez Vázquez.
Os galardóns seranlles entregados oficialmente nun acto institucional a principios do vindeiro ano, onde tamén se fará entrega dos premios á calidade dos traballos académicos.
30
Unas jornadas explican las matemáticas en gallego de modo desenfadado
Mércores, 07 de novembro de 2018 La Voz de Galicia
31
Premian la excelencia de los alumnos de la USC en destinos internacionales
El Correo Gallego
Martes, 13 de novembro de 2018
32
A festividade de San Alberto Magno celébrase este ano en Matemáticas
Xornal Compostela 24horas Venres, 16 de novembro de 2018 Ligazón:
• Nova no xornal Compostela 24 horas
A festividade de San Alberto Magno celébrase este ano en Matemáticas
Na cerimonia, o profesor Antonio Gómez Tato impartirá a conferencia ‘Un matemático no mundo real’ e entregaranse os premios do concurso de fotografía ‘A Ciencia en Imaxe
As facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Química e Matemáticas celebran este venres neste último centro a súa festividade de San Alberte Magno, que presidirá ás 12.00 horas no Salón de Actos o reitor Antonio López.
Na cerimonia, o profesor Antonio Gómez Tato impartirá a conferencia ‘Un matemático no mundo real’ e entregaranse os premios do concurso de fotografía ‘A Ciencia en Imaxe’. Contarase ademais con intervencións musicais a cargo de Nuria González, Sabela Fernández e Pablo Rodríguez, compoñentes do trío de violíns da Orquestra da USC e estudantes dos graos en Matemáticas e Física.
33 Participarán no acto a decana da Facultade anfitrioa, Elena Vázquez Cendón; e os seus homólogos de Química, Pilar Bermejo; de Física, Elena López Lago; de Bioloxía, Antonio Segura, e de Ciencias, José Martínez Ageitos.
34
Matemáticas acolleu este ano a celebración da festividade do patrón de Ciencias, San Alberto Magno
Xornal da USC
Venres, 16 de novembro de 2018 Ligazón:
• Nova no xornal da USC
Matemáticas acolleu este ano a celebración da festividade do patrón de Ciencias, San Alberto Magno
De izquierda a derecha, Antonio Segura, Elena López, Elena Vázquez, Antonio López, Pilar Bermejo e José Martínez Ageitos. Foto: Servimav-USC
As facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Química e Matemáticas celebraron este venres neste último centro a festividade de San Alberte Magno, patrón destes centros, nunha sesión que presidiu no Salón de Actos o reitor Antonio López.
Na cerimonia, o profesor Antonio Gómez Tato impartiu a conferencia ‘Un matemático no mundo real’ e entregáronse os premios do concurso de fotografía ‘A Ciencia en Imaxe’. Ademais Nuria González, Sabela Fernández e Pablo Rodríguez, compoñentes do trío de violíns da Orquestra da USC e estudantes dos graos en Matemáticas e Física puxeron a nota musical ao evento.
35 Participaron no acto a decana da Facultade anfitrioa, Elena Vázquez Cendón; e os seus homólogos de Química, Pilar Bermejo; de Física, Elena López Lago; de Bioloxía, Antonio Segura, e de Ciencias, José Martínez Ageitos.
36
O alumno da USC Fernando Castro Prado recibiu o premio especial do xurado na convocatoria Arquímedes 2018
Xornal da USC
Venres, 30 de novembro de 2018 Ligazón:
• Nova no Xornal da USC
O alumno da USC Fernando Castro Prado recibiu o premio especial do xurado na convocatoria Arquímedes 2018
O estudante da USC Fernando Castro Prado recibiu o premio especial do xurado do XVII Certame Universitario Arquímedes que recoñece os mellores proxectos de investigación realizados por alumnado de grao e posgrao das universidades españolas.
37 Estes galardóns entregounos a Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades na Universidade Rey Juan Carlos.
O traballo de Fernando Castro, que recibe así un premio de 8.000 euros, corresponde ao seu traballo fin de máster ‘Contrastes de independencia para datos xenómicos de alta dimensión’, que foi titorizado polo profesor Wenceslao González Manteiga, do grupo Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións (MODESTYA) do Departamento de Estatística, Análise Matemático e Optimización (USC), e por Javier Costas Costas, investigador Miguel Servet do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago do grupo Xenética Psiquiátrica. Contou ademais coa colaboración de David Rodríguez Penas, tamén do grupo MODESTYA.
Nesta edición presentáronse 200 proxectos, dos que un 25% pertencen á área de Ciencias Sociais e Humanidades, un 20% a Enxeñería e Arquitectura, un 33% á área de Ciencias Biolóxicas e Biomédicas e o 22% a Ciencias Experimentais, Exactas e Ambientais. Estes traballos, que alcanzan unha excelente calidade científica, representan unha mostra significativa da calidade da investigación que se está levando a cabo nas universidades españolas. Os premios Arquímedes teñen unha dotación total de 104.500 euros, dos cales 100.000 son financiados polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Fernando Castro é egresado en Matemáticas pola USC e finalizou tamén na USC o mestrado en Técnicas Estatísticas. Na actualidade cursa o mestrado en Xenómica e Xenética. Foi ademais estudante da primeira promocion do programa de estímulo do talento matemático Estalmat-Galicia do que actualmente é docente e membro do seu comité organizador.
38
Nieto Roig contiúa en la lista de investigadores altamente citados
El Correo Gallego
Mércores, 5 de decembro de 2018
39
Entrevista a Miguel Ángel Herrero, explora el uso de algoritmos en la medicina.
Faro de Vigo
Domingo, 13 de xaneiro de 2019
40
41
Lembranzas do estudante Fernando Castro arredor de Michael Atiyah, ‘un matemático doutro tempo’
Xornal da USC
Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Ligazón:
• Nova no xornal da USC
Lembranzas do estudante Fernando Castro arredor de Michael Atiyah, ‘un matemático doutro tempo’
Atiyah e Fernando Castro no castelo de Heidelberg
O graduado en Matemáticas pola USC Fernando Castro Prado é, en palabras dun dos pais de internet, Vint Cerf, un “matemático impuro” que na actualidade estuda o Mestrado en Xenética e Xenómica da USC.
O pasado outono asistiu ao Heidelberg Laureate Forum (HLF), a versión matemática dos célebres Encontros de Lindau. Alí puido interactuar con 200 mozos de todo o
42 mundo e mais con 30 galardoados coa Medalla Fields e os premios Abel, Nobel e Turing, entre eles o recentemente falecido Sir Michael Francis Atiyah, un dos matemáticos máis importantes da segunda metade do XX, que visitou a USC en 2006 convidado polo Programa ConCiencia.
Profesor en Estalmat-Galicia, gañador do XVII Certame Universitario Arquímedes do Ministerio de Ciencia, presidente da asociación nacional de antigos participantes en olimpíadas científicas QuinteScience, Fernando Castro rende unha homenaxe ao profesor Atiyah no artigo ‘Un matemático doutro tempo’ no que relata as súas experiencias en Heidelberg.
43
Elena Vázquez Abal: «Imaxínate facer un exame que sexa divertido. Con MatHex pódese»
La Voz de Galicia Xoves, 31 de xaneiro Ligazón:
• Nova no xornal La Voz de Galicia
Elena Vázquez Abal: «Imaxínate facer un exame que sexa divertido. Con MatHex pódese»
A USC vén de poñer en liña un xogo de preguntas coas que aprender divertíndose
(Autoría: Tamara Montero)
Foto: Sandra Alonso
Non hai mellor xeito de aprender que pasándoo ben. Por iso, un equipo de docentes do departamento de Matemáticas da Universidade de Santiago, coa profesora Elena Vázquez Abal á fronte e en colaboración con profesorado de secundaria vén de pór en rede a versión de proba de MatHex, un xogo que ten como obxectivo achegar a ciencia a todo tipo de público.
44 -Como xurdiu a idea de facer este videoxogo?
-O grupo leva moito tempo traballando en divulgación e innovación educativa. Xa hai tempo que tiñamos a idea e este ano conseguimos financiamento da Fecyt e botámonos adiante.
-Como se escollen as preguntas? Porque hai algunhas que son bastante complicadas...
-[Ri] É que estades moi afeitos a xogar e gañar, e este é un xogo para xogar e para aprender. Sempre intentamos facer algo que puidera levar a cabo moito tipo de alumnado. Empezamos a traballar pensando nos alumnos da facultade, pero vimos que isto podía valer para moita xente. O tipo de preguntas que temos son de moitas clases. O único constante en todos os niveis é que hai preguntas sobre mulleres matemáticas. Hai preguntas que fixemos nós, outras que pedimos permiso para poder usar... Por exemplo, o xogo está tendo moita difusión en México porque pedimos autorización para utilizar preguntas do calendario matemático que fan en México na organización das olimpíadas matemáticas.
-O xogo ten tamén perspectiva de xénero, con cuestións sobre mulleres matemáticas.
-Si. Marta Macho é unha muller que se dedica ás matemática e ten un blog de divulgación de Mujeres con Ciencia. A información sacámola de aí e da cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco. Tamén hai preguntas sobre curiosidades matemáticas que están dispoñibles en DivulgaMat. E tamén colaboramos con profesorado de secundaria que fixeron un xogo de taboleiro e de aí tamén collemos preguntas.
-Cantas preguntas hai actualmente?
-Para cada tipo de xogo hai entre 60 e 90 preguntas, pero hai que meter moitas máis. É un proceso longo, porque ten que ter resposta múltiple. Ademais, se acertas dá máis información do que fixeches, pero se fallas tamén hai retroalimentación. Non di a resposta, porque o que se intenta é que o alumnado ou a persoa que entre intente buscar a resposta, pero si dá pistas.
-Fala de alumnado. Este xogo é para todo o mundo pero ten unha vertente educativa.
-A base do xogo é para calquera, cadaquén que se mida no nivel que se atreva. Pero fomos calibrando coa xente de programación que se pode usar como ferramenta nas aulas. Hai xeito de dar de alta a un docente, que poida meter os seus contidos nunha base de datos e utilizala só esa persoa. É un modo privado.
-Personalizar o xogo.
-Exacto. Dese xeito o xogo só funciona con esas preguntas e esas preguntas non van á base de datos pública. Imaxínate que queres facer por exemplo un exame divertido.
45 Con este xogo pódese, por exemplo xogando contra a máquina máis lista a ver cantas veces gañas. Pero aínda temos que buscar unha solución sobre como transmitirlle ao profesor, se non está presente, como se comportou o alumnado nesa proba.
-E ademais este é de matemáticas pero a idea é facelo de diferentes disciplinas.
-É que vale para calquera cousa: só hai que cambiar as preguntas por xeografía, por física... E xa tes o xogo. De feito, estamos traballando para testalo nas aulas, para que os profesores o utilicen, aínda que queremos que o teste canta máis xente mellor.
O proxecto. A base de MatHex é un taboleiro formado por hexágonos inspirado no clásico xogo de mesa HEX. Para avanzar polo taboleiro hai que acertar preguntas.
Como xogar. MatHex está dispoñible en versión beta no enderezo web https://mathex.games.
46
Un videojuego que enseña matemáticas
El Correo Gallego Xoves, 31 de xaneiro Ligazón:
• Nova no xornal El Correo Gallego
47
Un videojuego que enseña matemáticas
Un equipo de docentes de la USC creó MatHex, un juego de ordenador que quiere acercar la ciencia a todos. La versión de prueba está en la red de manera gratuita
(Autoría: Rosa Ríos)
El tópico al que tanto recurren los niños de que las matemáticas son difíciles y aburridas va a tener pronto acabará roto en añicos. Será así porque cuatro profesores de esa maltratada asignatura, que también se dedican a la innovación educativa y a la divulgación matemática, acaban de crear un videojuego que quiere acercar las matemáticas a todo tipo de público, combinando estrategia y conocimientos.
Se llama MatHex y la versión de prueba está en la red de manera gratuita (https://mathex.games) y sus creadores solicitan la colaboración de todos para probarlo y poder mejorarlo con las indicaciones de los participantes en un apartado de sugerencias en la misma web.
La base del videojuego es un tablero formado por hexágonos, inspirado en el clásico juego de mesa HEX creado por los matemáticos John Nash y Piet Hein, y se va avanzando en las baldosas si se responde correctamente a preguntas relacionadas con las matemáticas desde muchas ópticas, que pasan por la resolución de problemas, omo cuánto es 5 + 7, hasta cuestiones sobre historia, con una parte muy destacada dedicada a las mujeres matemáticas. Por ejemplo: Esta matemática nació en Hannover en 1750, fue astrónoma y descubrió varios cometas. ¿Quién es? Da varias opciones de respuesta, Agustina de Aragón, Caroline Herschel o Josefina Bonaparte. ¿Quién es?
También hay preguntas sobre lógica que llevan a los partipantes a terminar haciendo cálculos. Desde saber cuántas golosinas tiene que darle Juan a sus 5 amigas si tiene 58 hasta cuánto mide la cabeza y el cuerpo de un tiburón que alcanza 3 metros en total, pero la cabeza tiene dos metros menos que el cuerpo.
La respuesta a cada pregunta va acompañada de una explicación, siempre con un lenguaje accesible para todos. Las cuestiones y las posibles soluciones a las mismas se crean especialmente para el juego y su arquitectura se planteó con el máximo nivel de flexibilidad posible, con la idea de adaptarse a cualquier otra disciplina además de las matemáticas.
El objetivo de MatHex es completar un camino de baldosas que conecten con el lado opuesto del tablero. Para conquistar cada una habrá que responder correctamente la pregunta en el tiempo permitido. Si la repuesta no es correcta no se avanza. Gana el jugador que consiga que su avatar sea el primero en completar el camino entre los dos lados. Y aquí es donde también entra en juego la estrategia de poder ir cortándole el paso al contrario.
48 Tiene, además, la ventaja de que no ocupa espacio en el ordenador u otro dispositivo en el que se quiera utilizar porque no necesita instalación, ya que se juega desde el navegador web.
La versión beta, a la que se puede acceder ya de manera gratuita en su fase de prueba, irá ampliando en futuras ediciones las preguntas y los idiomas. Presenta cuatro niveles de dificultad -facilón, chungo, medio o pesadilla-, además de uno especial para niños de entre siete y diez años.
De momento están activos los modos Persona contra persona y Persona contra máquina -las máquinas tienen tres niveles de destreza-, pero próximamente se pondrá en marcha el modo online para jugar a distancia con el adversario.
La idea de los creadores es ir avanzando en el programa definitivo, mientras los participantes les envían sus sugerencias, que esperan tener en el mes de marzo.
"Tenemos la intención de que el juego se pueda usar en las aulas, donde el profesorado podrá incluir su propio conjunto de preguntas y jugar con el alumnado en clase", asegura María Elena Vázquez Abal, profesora de la USC y una de las creadoras del videojuego junto a José Carlos Díaz Ramos, investigador Ramón y Cajal de la USC;
Esteban Calviño Louzao, doctor en Matemáticas y profesor de Enseñanza Secundaria, y Víctor Sanmartín López, graduado y máster en Matemáticas de la USC.
Los cuatro son miembros del grupo de innovación docente GrlD-A/XD de la Universidade de Santiago de Compostela (USC), coordinado por María Elena Vázquez.
Estos cuatro apasionados de las matemáticas, que intentan contagiar su pasión de una manera divertida, contaron también con la colaboración de Chocosoft en el desarrollo y programación del juego y de Adumbro en el diseño gráfico y de la interfaz.
La financiación de MatHex llega de la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
49
Elena Vázquez Cendón: «Ser muller semella unha incógnita ao cadrado que hai que despexar»
La Voz de Galicia
Martes, 12 de febreiro de 2019 Ligazón:
•
Nova no xornal La Voz de GaliciaElena Vázquez Cendón: «Ser muller semella unha incógnita ao cadrado que hai que despexar»
A decana de Matemáticas e membro da Unidade de Muller e Ciencia afirma que houbo e hai moitas mulleres científicas, «o problema é que non se visibilizan»
(Autoría: Susana Luaña)
Foto: Paco Rodríguez
O de onte foi un día de vertixe para Elena Vázquez Cendón. Sono case todos, entre clases e obrigas pola súa condición de decana da Facultade de Matemáticas, pero desde o ano 2015, ademais, o 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e ela, como feminista, polo seu compromiso e porque forma parte da Unidade da Muller e a Ciencia, dependente da Secretaría Xeral da Igualdade, quixo estar alí en todas as frontes que a reclamaron. Entre elas, esta chamada de La Voz de
50 Galicia que atendeu, amable coma sempre, entre que saía de clase e emprendía rumbo a Pontevedra para participar nun dos moitos actos convocados por mor da xornada.
Pola mañá, xunto con outras científicas compostelás, estivera coa conselleira de Educación, Carmen Pomar, nun encontro con investigadoras no Cimus. Pomar Tojo, doutora en Psicoloxía e docente na USC, coñece ben o traballo que se está a facer en Santiago, de aí que fixera coincidir a visita co anuncio dun plan para evitar que as mulleres teñan que abandonar de forma prematura a investigación por non poder compatibilizala coa súa vida persoal e familiar. No colectivo de mulleres científicas hai quen avoga por que non computen as baixas maternais nos méritos das mulleres, para non quedar en desigualdade de oportunidades fronte aos homes, e hai quen cre que debe de ser o varón o que se implique e se faga cargo do fillo cando a nai se atopa nesas circunstancias. Elena Vázquez pensa que non son incompatibles e que as dúas medidas son necesarias: «Pódese ser nai en parella ou en solitario; por iso, tan positivo é que a muller poida coller a baixa e que non lle compute como que sexa o home quen a colla e que tampouco lle prexudique. Pero hai unha cuestión innegable, a da fisioloxía feminina, e ese tempo debería quedar excluído do cómputo».
Esa é unha das medidas polas que levan loitando as científicas que están nesa unidade da Xunta desde a súa creación, e nese aspecto cre a decana de Matemáticas que se ten avanzado moito. Pero queda moito por facer. Por exemplo, a cuestión da visibilidade.
Elena Vázquez incide en que non é certo que houbera ou haxa poucas mulleres que se dedican á ciencia, o que pasa é que non se sabe, que estiveron sempre nun segundo plano. Explícao con termos matemáticos: «Ser muller semella unha incógnita ao cadrado que hai que despexar», en referencia a ese dobre traballo que teñen que facer as mulleres para que se lles recoñezan os méritos. Por iso considera fundamentais as campañas de visibilización: «Cada vez que os medios de comunicación xuntan nun titular “muller” e “ciencia” dáse un paso importante». De aí a importancia de todas esas iniciativas que perseguen sacar do armario ás mulleres científicas do pasado, dar voz ás do presente e abrirlle o camiño ás do futuro.
Porque non todo está feito, e Elena Vázquez non deixa de chamar a atención sobre os perigos que axexan. Por exemplo, a diminución das mulleres nas carreiras tecnolóxicas e na informática, ou as voces que se están a escoitar sobre os supostos excesos das campañas feministas. E para isto non fai uso de termos matemáticos, chégalle cos lingüísticos: «A quen di que non é nin machista nin feminista eu diríalle que consulte o dicionario. En matemáticas sabemos que o primeiro que hai que ter claro é o concepto». (Primeira acepción de feminismo no dicionario da Real Academia Galega:
«Doutrina que defende a igualdade de dereitos entre o home e a muller»). Por iso advirte de quen pode crer que os seus privilexios corren perigo, ou de quen se acomoda pensando que todo está feito. Unha reflexión que trae a conto rende homenaxe ás que abriron camiños. E sobre todo, «darlle as grazas».
51
…Cuando la profesora Ferrín Moreiras estudiaba el firmamento con el catedrático Ramón María Aller
El Correo Gallego
Luns, 18 de febreiro de 2019
52
Continúa el ciclo de Cine Intercolegial
El Correo Gallego
Martes, 19 de febreiro de 2019
53
Erika Diz (Matemática): "Sorprende que en una carrera científica la mejor nota sea de una mujer"
Faro de Vigo
Luns, 04 de marzo de 2019
Erika Diz (Matemática): "Sorprende que en una carrera científica la mejor nota sea de una mujer"
"Quiero ser profesora. Y tengo igual de claro que no quiero irme de Galicia"
(Autoría: Selina Otero)
Foto: FdV
Erika Diz cursa en la actualidad el doctorado en la Universidade de Santiago (USC)
54 Antes de empezar Matemáticas estudió un año Arquitectura, pero no le gustó. Erika Diz (Fene, 1994) acaba de recibir el Premio Fin de Carrera (de los titulados en 2017). Y ella es la nota más alta de todos los galardonados: un 9,79 en el Grado de Matemáticas por la Universidade de Santiago (y un 9,975 en el máster que cursó después). Por cierto, de los 68 premiados en esta edición, casi un 70% mujeres.
-¿Cómo conseguiste esas notas en la carrera?
-Lo fundamental es estudiar, aunque lo fundamental debería ser aprender y no lo es.
Las notas reflejan lo que has hecho en unos cuantos exámenes concentrados en unas semanas. Durante el curso aprendes lentamente cosas que recuerdas mejor.
-¿Cómo estudiabas?
-En la época de exámenes mucho, todo el día, nunca toda la noche. El resto del curso, debido a las características de mi carrera, más que estudiar hacía ejercicios, problemas, que también requieren bastante tiempo.
-¿Te sorprende la reacción de otras personas por tu nota?
-No creo que la gente se sorprenda por ser joven. Sí que algunos se sorprenden de que en una carrera científica como matemáticas la mejor nota sea de una mujer. No sé si porque siguen creyendo que se nos deberían dar peor o porque creen que no hay muchas mujeres que estudiemos esto. Los que viven la realidad de la facultad no estarán nada sorprendidos.
-Matemáticas es una de las carreras científicas con mayor número de alumnas en comparación con otras y desde hace años...
-Sí. Creo que el número de chicos y de chicas estaba siempre bastante igualado.
-¿Tienes la sensación de que las alumnas sois "más aplicadas"?
-Eso es como una creencia general: las chicas más estudiosas, más trabajadoras, y los chicos más listos, y como todas las cosas que se dicen en general, es mentira. Tal vez somos más perfeccionistas y nos esforzamos más en hacerlo todo bien, en no fallar, pero de nuevo es algo muy general; al final todo depende de la persona, sea chico o chica.
-Sabes que en otras carreras técnicas escasean las alumnas. ¿Qué consejos les darías?
-El mejor consejo es que tienen que hacer lo que les guste y que tengan claro que ser chica no supone ninguna limitación, no son menos válidas, pueden hacer lo que quieran y llegar a donde se propongan.
-¿Crees que tenemos referentes suficientes en esta disciplina?
55 -Por supuesto que no. Si pienso en lo que estudié hasta Bachillerato, en qué nombres propios salían en matemáticas, creo que no se pasaba de Pitágoras, Bolzano, Gauss...
poco más. Hay dos cosas destacables: la primera que no se habla de matemáticos actuales, todas las referencias son históricas y es importante que se conozca que hay matemáticos en la actualidad, personas que están ahora mismo investigando en matemáticas, resolviendo problemas y colaborando en muchas otras disciplinas. El otro hecho importante es que las mujeres matemáticas existen, tanto en la historia como en la actualidad, así que también hay que hablar de ellas. También tienen que ser referentes.
-¿Qué es para ti ser matemática?
-Es pensar diferente sin darte cuenta, ver los problemas de otra forma, intentar entenderlo todo. A veces es excesivo. Cuando pregunto algo a mis amigas que estudian medicina e intentan explicármelo me dicen: "esto no puedes pensarlo como matemática"; a veces no puedes controlarlo todo como nos gustaría a los matemáticos.
-¿Qué crees que es para la sociedad? ¿Cómo os ven?
-Para muchos ser matemática es ser profesora de matemáticas. Además, sigue habiendo estereotipos. Un día teníamos una cena de la facultad y por la puerta se asomaron dos chicas de otra carrera y les escuché decir: "¿Estos son los de matemáticas? ¡Pero si parecen normales!". Así que la sociedad en general debería hacer lo mismo, asomarse un poco más a conocer a los matemáticos. Verán que no somos lo que esperan.
-Estás actualmente con el doctorado. ¿Tienes claro que quieres ser docente?
-Sí, tanto la docencia en la universidad como en secundaria me encantarían. Lo único que tengo igual de claro es que no quiero irme de Galicia, así que espero que se nos dé la oportunidad de hacerlo aquí.
-¿Te gusta mucho investigar?
-Investigar es aprender y si quieres enseñar no puedes dejar de aprender. En mi caso prefiero investigar sobre cuestiones que se apliquen a problemas reales, mi tesis trata sobre ecuaciones de Lotka-Volterra, que pueden modelizar la competición entre especies, problemas de economía o reacciones químicas, por ejemplo.
56
A Facultade compostelá de Matemáticas implícase no Día Pi
Xornal da USC
Mércores, 13 de marzo de 2019 Ligazón:
•
Nova no Xornal da USCA Facultade compostelá de Matemáticas implícase no Día Pi
Pilar e Jorge, da organización, co grupo 'As Veigas Casino'
Con motivo da celebración do Día Pi o 14 de marzo, a Asamblea Nacional de Estudiantes de Matemáticas (ANEM) organiza un concurso estatal para estudantes de grao, mestrado e doutoramento sobre coñecemento e habilidades matemáticas que se desenvolve este días de maneira simultánea en numerosas universidades españolas, entre elas a de Santiago de Compostela.
No caso da USC, a coordinación do evento recae na Facultade de Matemáticas e, en concreto, nos doutorandos da facultade Jorge Albella Martínez, Beatriz Álvarez Díaz, Daniel Cao Labora e Pilar Paéz Guillán.
Para fomentar a participación na actividade, dende a organización estatal outórganse diversos premios, aos que en Santiago hai que sumarlle outro consistente nun vale en xogos de enxeño ao equipo da USC que acade a maior puntuación.
57
A USC colabora na organización da fase final da Olimpíada Matemática Española en Ourense
Xornal da USC
Mércores, 20 de marzo de 2019 Ligazón:
• Nova no Xornal da USC
A USC colabora na organización da fase final da Olimpíada Matemática Española en Ourense
Disputarase este venres 22 e o sábado 23 coa maior participación de alumnas da súa historia
Olimpíada Matemática 2017
A USC colabora coa Real Sociedade Matemática Española (RSME) na organización das probas finais da fase nacional da LV Olimpíada Matemática Española (OME) que se celebrará entre o venres 22 e o sábado 23 en Ourense coa maior proporción de chicas rexistradas ata a actualidade. O profesor da Facultade de Matemáticas da USC Felipe Gago preside o comité organizador desta competición na que tomarán partido dez rapazas xunto outros 68 estudantes de Bacharelato e 4º da ESO, unha cifra que supera amplamente a participación do ano pasado (cando concorreran catro alumnas), ao tempo que eleva a representación feminina por riba do 10% do total. En opinión da presidenta da Comisión de Olimpíadas da RSME, María Gaspar, “esta barreira parecía