• No se han encontrado resultados

MEMORIA DE CREACIÓN DA ESCOLA DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL DA USC (EDIUS) E DE SUPRESIÓN DAS CATRO ESCOLAS CREADAS POLO DECRETO 91/2017

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "MEMORIA DE CREACIÓN DA ESCOLA DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL DA USC (EDIUS) E DE SUPRESIÓN DAS CATRO ESCOLAS CREADAS POLO DECRETO 91/2017 "

Copied!
31
0
0

Texto completo

(1)

MEMORIA DE CREACIÓN DA ESCOLA DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL DA USC (EDIUS) E DE SUPRESIÓN DAS CATRO ESCOLAS CREADAS POLO DECRETO 91/2017

1. Antecedentes

No Consello de Goberno do 26 de xullo de 2016 aprobouse a creación do Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC (CIEDUS) como centro de xestión e coordinación dos estudos de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Doutra banda, aprobouse a segregación da Escola de Doutoramento Internacional da USC, creada no Decreto 95/2013 do 13 de xuño, en catro novas escolas tendo en conta as grandes áreas de coñecemento da universidade.

Esta estrutura fíxose efectiva polo Decreto 91/2017, do 21 de setembro, polo que se crean na USC a Escola de Doutoramento Internacional (EDI) en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas; a Escola de Doutoramento Internacional Campus Terra; a Escola de Doutoramento Internacional en Ciencias da Saúde e a Escola de Doutoramento Internacional en Ciencias e Tecnoloxía, e se dispón a supresión da Escola de Doutoramento Internacional da USC, creada polo Decreto 95/2013, do 13 de xuño.

Por outra banda, o Claustro Universitario da USC na súa sesión do 29 de novembro de 2018, acordou a aprobación das Liñas Xerais da Programación Plurianual para o período 2019-2022 nas que se recolle a necesidade de evolucionar cara a existencia dunha única unidade centralizada para a coordinación e xestión dos estudos de doutoramento, isto é, cara a unha única Escola de Doutoramento Internacional. Esta Escola debe ter en conta as distintas especificidades e características das grandes áreas de coñecemento, pero sen perder a unidade de criterios e actuacións en temas e cuestións académicos que lles afectan por igual a todas as escolas existentes actualmente. Ao mesmo tempo, a nova Escola debe atender á mellora interdisciplinaria e a comunicación entre os distintos ámbitos de coñecemento, posibilitando en paralelo unha simplificación da organización académica (órganos unipersoais e colexiados) e dos procesos administrativos asociados á súa xestión.

2. Xustificación da conveniencia científica, social, económica e cultural da proposta Para o proceso de creación dunha única Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela (EDIUS), consecuencia da unificación e, polo tanto, conseguinte desaparición das catro escolas de doutoramento internacionais (EDIs) temáticas existentes -a EDI en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas;

a EDI do Campus Terra; a EDI en Ciencias da Saúde e a EDI en Ciencias e Tecnoloxía-

(2)

contouse coas aportacións e informes favorables das catro escolas de doutoramento actuais e máis do CIEDUS, e oíronse aos departamentos e ás coordinadoras e coordinadores e outros membros dos programas de doutoramento da USC, que tiveron a oportunidade de achegar tamén as súas opinións e suxestións antes de someter a documentación a súa aprobación no Consello de Goberno da Universidade.

A presente proposta de creación dunha única Escola de Doutoramento na USC persegue:

• Mellorar a relación recíproca entre os distintos ámbitos do coñecemento mantendo un grao óptimo de especialización temática baixo unha única estrutura académica e administrativa, o que debe redundar nun mellor desenvolvemento da formación e da investigación científica interdisciplinaria que facilite a interacción entre os investigadores dos distintos ámbitos de coñecemento, co conseguinte efecto beneficioso tanto para o sector produtivo, ao proporcionarlle persoal altamente formado, como para a propia sociedade, beneficiaria final da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Neste senso, o fluxo de información e interacción entre as actuais EDIs foi máis ben escaso, actuando como órganos estancos tanto a nivel académico como administrativo o que se traduciu, por exemplo, na ausencia de planificación de actividades conxuntas de formación e de fomento da colaboración científica interdisciplinaria entre as escolas; nunha sectorización excesiva das discusións científico-técnicas e de planificación relativas aos estudos de doutoramento, perdéndose a visión xeral dos mesmos; nunha escasa discusión e elaboración dos códigos éticos e de boas prácticas das teses e da súa dirección, etc.

• Simplificar a estrutura académica, os trámites administrativos e os custos asociados ao funcionamento dos estudos de doutoramento. Coa estrutura actual xerouse unha organización sumamente complexa na que se inclúe un Consello de Coordinación dos Estudos de Doutoramento, catro comités de dirección das escolas de doutoramento, e catro comisións académicas das escolas, o que supón unha media de 10 reunións de órganos colexiados de doutoramento ao mes, co conseguinte incremento da carga administrativa para organizar e xestionar estes órganos . Ademais, isto implica un importante custo de tempo e dedicación ao persoal académico pola asistencia a un número elevado importante de reunións, gran parte delas para asuntos rutineiros de xestión das escolas. Finalmente, a estrutura actual complica de forma moi importante os procesos de xestión da calidade que se deben poñer en marcha ao longo dos próximos meses.

• Unificar procedementos administrativos e criterios académicos dos estudos de doutoramento. No tempo que levan as distintas escolas en funcionamento producíronse interpretacións dispares da normativa dos estudos de doutoramento;

(3)

do mesmo xeito, producíronse certas diferencias nos requisitos, contidos e criterios de calidade mínimos esixibles das teses propostas para a súa defensa, así como os que deben cumprir os propios directores de tese.

• Mellorar a visibilidade dos estudos de doutoramento a través dunha única Escola de Doutoramento como referente académico e administrativo, o que facilita difundir as actividades formativas e da investigación científica desenvolvida nos estudos de doutoramento, e resaltar a súa extraordinaria importancia cara á sociedade, o que constitúe unha mellora na cultura das persoas.

• Constituírse no referente organizativo da estratexia da Universidade para potenciar os estudos de doutoramento e superar o seu estancamento actual, a través dunha actualización da oferta académica dos estudos de doutoramento; dunha planificación e temporalización axeitada das actividades formativas ofertadas ás doutorandas e doutorandos; dunha integración e simbiose real das liñas de investigación estratéxicas da universidade cos estudos de doutoramento; dun incremento da internacionalización mediante á apertura dos estudos de doutoramento a novos países e zonas xeográficas (sueste asiático e China, Oriente Medio, Norte de África; Centro Europa e Europa oriental, etc.) e o reforzo dos lazos con aqueles cos que tradicionalmente a USC mantivo intensas cooperacións (Ibero América, Portugal, Europa occidental); e do reforzo dos servizos administrativos de xestión do doutoramento. A estrutura actual non foi acompañada dunha estratexia de planificación, desenvolvemento e de actuación de cada Escola temática, nin dunha estrutura administrativa reforzada e necesaria para o seu desenvolvemento.

• Adaptar a estrutura académica de doutoramento da USC á realidade nacional. A práctica totalidade das universidades españolas apostaron por realizar a xestión académica e administrativa dos estudos de doutoramento baixo a estrutura dunha única Escola de Doutoramento agás:

 Universidade de Granada, con 3 EDIs: Escola de Doutoramento de Ciencias da Saúde; Escola de Doutoramento de Ciencias, Tecnoloxías e Enxeñarías; Escola de Doutoramento de Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas.

 Universidade de Cádiz con 2 EDIs: Escola de Doutoramento da Universidade de Cádiz, e Escola Internacional de Doutoramento en Estudos do Mar –escola interuniversitaria con outras universidades andaluzas, baixo análise actualmente cara a decidir a súa extinción.

 Universidade de Córdoba con 2 EDIs: Escola de Doutoramento da Universidade de Córdoba, ED-UCO, e a Escola internacional de

(4)

Doutoramento en Agroalimentación, eidA3 –escola temática no eido das ciencias agro alimentarias.

 Universidade de Sevilla con 2 EDIs: Escola de Doutoramento da Universidade de Sevilla, e unha segunda Escola asociada ao seu Campus de Excelencia Internacional (Andalucía Tech. xunto coa Universidade de Málaga).

A misión da EDIUS é, polo tanto, constituírse no modelo organizativo académico e administrativo para o desenvolvemento dos estudos e os programas de doutoramento da USC. Por iso, será o centro encargado da organización e xestión dos estudos de doutoramento, e nela integraranse todos os programas de doutoramento da USC que sexan verificados e aprobados conforme á lexislación vixente. Os programas quedarán asociados a unha das catro seccións descritas no Anexo A da presente Memoria.

Co obxectivo de aliñar estes estudos coas estratexias de formación e investigación da USC, a EDIUS promoverá a máxima calidade e internacionalización dos seus programas de doutoramento, facilitará a coordinación de todas as actividades relacionadas cos mesmos, e realizará a súa xestión administrativa de forma eficiente.

Ademais, A EDIUS planificará a necesaria oferta de actividades de formación e desenvolvemento dos estudantes de doutoramento, a promoción e divulgación da investigación científica e dos estudos de doutoramento na sociedade, e o desenvolvemento de estratexias de fomento da colaboración intra e interuniversitaria, facendo especial fincapé na internacionalización da mesma. En particular, a creación da EDIUS pretende:

a) Crear un espazo físico e virtual interdisciplinario para a realización de actividades formativas, de divulgación científica, e de transferencia do coñecemento, tanto entre estudantes, docentes e persoal investigador, como de cara á sociedade.

b) Servir de nexo entre a comunidade científica galega, española e internacional a través da organización de actividades e programas de cooperación científicos.

c) Favorecer e impulsar a actividade interdisciplinaria entre os grandes ámbitos do coñecemento científico.

d) Impulsar a internacionalización dos estudos e programas de doutoramento mediante a captación de estudantes doutros países tanto comunitarios como extra comunitarios, e o intercambio e mobilidade de doutorandos, docentes e persoal investigador co obxectivo principal de potenciar novas redes de comunicación e colaboración entre os grupos de investigación.

Outros retos da EDIUS, neste caso asociados aos programa de doutoramento que conforman a oferta académica da USC, son:

(5)

a) Promover unha oferta formativa de doutoramento de calidade, con programas atractivos e interdisciplinarios, que permitan acadar unha formación aos doutorandos de calidade e excelencia mediante o emprego óptimo dos recursos humanos e materiais cos que conta a Universidade.

b) Potenciar programas de doutoramento conxunto que proveñan de convocatorias específicas por concorrencia competitiva, particularmente a nivel internacional.

c) Promover relacións e alianzas mediante convenios con outras institucións nacionais e estranxeiras, públicas e privadas, nun contorno de colaboración científica e de innovación para o desenvolvemento dos programas de doutoramento.

3. Estrutura da EDIUS

A EDIUS crearase a partir da integración das catro EDIs temáticas existentes actualmente na USC, que proceden a súa extinción, e contará de partida cos medios materiais e humanos actualmente dispoñibles no CIEDUS, que procederá tamén á súa extinción.

A EDIUS asumirá a xestión administrativa e a coordinación dos estudos de doutoramento, que eran competencia do CIEDUS, e a coordinación académica dos programas de doutoramento das anteriores EDIs. Para manter as especificidades propias das distintas áreas de coñecemento, a Escola estará organiza da en catro seccións que agruparán en catro as cinco grandes áreas de coñecemento da seguinte forma:

 Artes e Humanidades,

 Ciencias Sociais e Xurídicas

 Ciencias da Saúde

 Ciencias e Enxeñarías

No goberno e xestión da EDIUS participarán órganos colexiados e individuais. Tal e como establece o artigo 120 dos Estatutos da USC, os órganos de goberno da EDIUS son:

 Comité de Dirección.

 A directora ou director.

 A secretaria ou secretario.

Ademais, a EDIUS contará:

 Cunha subdirectora ou subdirector por cada unha das catro seccións.

(6)

 Cunha Comisión de Calidade da Escola.

 Cunhas comisións delegadas do Comité de Dirección:

- A Comisión Executiva da Escola.

- Catro comisións sectoriais, unha por cada sección da Escola.

 Cun órgano de asesoramento externo a EDIUS:

- O Comité Consultivo.

Tanto as competencias de todos eles como os criterios e requisitos para a elección dos seus membros recóllense no Regulamento de réxime interno da EDIUS.

A Escola contará tamén cun Código de Boas Prácticas que deberán subscribir todos os integrantes da mesma e cun Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) para propiciar a mellora continua nos procesos e procedementos relativos aos estudos de doutoramento.

4. RECURSOS HUMANOS, MATERIAIS, E ECONÓMICOS.

Os recursos humanos, materiais e económicos cos que contará a EDIUS especifícanse de forma detallada no Anexo B da presente Memoria. En particular, xa que na EDIUS intégranse todos os programas de doutoramento existentes, serán membros desta: as doutorandas e doutorandos matriculados na USC e o persoal docente e investigador que forme parte dos programas de doutoramento; o persoal de administración e servizos adscrito á EDIUS; e os membros dos distintos órganos de goberno en que se organiza a estrutura da EDIUS.

Para a posta en marcha da EDIUS non é necesario nunha primeira fase a dotación de novos recursos humanos para a xestión administrativa da mesma, xa que contará co persoal de administración e servizos dependente ata o de agora do CIEDUS.

Para desempeñar a xestión académica da EDIUS, esta deberá dotarse cun persoal de dirección que, en conxunto, será máis reducido que na estrutura organizativa actual. Tal como se indicou no punto 5, a EDIUS contará cun director ou directora, catro subdirectores ou subdirectoras e un secretario ou secretaria de Escola en substitución do director do CIEDUS, e dos catros directores e catro secretarios das EDIs actuais.

Desta maneira, estímase unha redución de máis dun 30% dos gastos asociados a complementos por cargos académicos, que se indica na seguinte Táboa:

(7)

Táboa 1: Comparativa dos gastos por complementos retributivos por cargo académico entre a estrutura organizativa actual e a nova proposta.

Cargo Complemento

económico/mes (euros)

Gasto anual (euros)

Cargo Complemento

económico proposto/mes

(euros)

Gasto anual (euros)

Director/a CIEDUS

533,00 7462 Director/a EDIUS

533,00 7462 Director/a EDI-

Ciencias e Enxeñaría

385,68 5399,92 Subdirector/a da Sección Ciencias e Enxeñarías

287,63 4026,82

Director/a EDI- Ciencias da

Saúde

385,68 5399,92 Subdirector/a da Sección Ciencias da

Saúde

287,63 4026,82

Director/a EDI- Campus Terra

385,68 5399,92 Subdirector/a da Sección

Artes e Humanidades

287,63 4026,82

Director/a EDI- Artes e Humanidades,

Ciencias Sociais e Xurídicas

385,68 5399,92 Subdirector/a da Sección

Ciencias Sociais e Xurídicas

287,63 4026,82

Secretario/a EDI-Ciencias e

Enxeñaría

207,33 2902,62 Secretario/a EDIUS

287,63 4026,82

Secretario/a EDI-Ciencias da Saúde

207,33 2902,62

Secretario/a EDI-Campus

Terra

207,33 2902,62

Secretario/a EDI- Artes e Humanidades,

Ciencias Sociais e Xurídicas

207,33 2902,62

TOTAL TOTAL

40670,56 27596,10

A estrutura actual na que se organizan as escolas de doutoramento tamén precisaría da incorporación dun ou máis coordinadores de calidade das escolas para encargarse da xestión dos procesos de seguimento e acreditación dos programas de doutoramento pertencentes a elas. Estes coordinadores son cargos académicos que implican unha redución de docencia e que, en determinadas áreas de coñecemento, pode supoñer a necesidade de contratar a un profesor ou profesora (sen cuantificar) de modo que se puideran aplicar os correspondentes descontos docentes por cargo de xestión e que a

(8)

docencia se poida impartir axeitadamente. Na nova estrutura organizativa proposta, as competencias e tarefas asociadas coa coordinación de calidade serán desenvolvidas polos subdirectores da EDIUS.

En canto ás necesidades materiais, o persoal de dirección da EDIUS deberá dispoñer da infraestrutura e medios necesarios para o desenvolvemento das súas funcións, os cales serán os dispoñibles previamente no CIEDUS e que se incorporarán á EDIUS.

4.1 Destino dos recursos humanos e materias afectos aos centros que se vaian extinguir, de acordo coa lexislación aplicable.

A Escola de Doutoramento Internacional en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas; a Escola de Doutoramento Internacional Campus Terra; a Escola de Doutoramento Internacional en Ciencias da Saúde; a Escola de Doutoramento Internacional en Ciencias e Tecnoloxía integraranse na EDIUS e procederán á súa extinción, ao igual que o Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC (CIEDUS).

As catro EDIs non dispoñen de recursos humanos (asignados na Relación de postos de traballo da Universidade, RPT) nin de medios materiais propios, xa que se viñan apoiando nos correspondentes ao CIEDUS.

Os medios materiais e humanos do CIEDUS pasan a integrarse na EDIUS para o seu funcionamento académico e administrativo, como se comentou con anterioridade. En particular, para a disposición dos medios humanos procederase á modificación da RPT da Universidade.

5. Situación actual dos estudos de doutoramento e previsións

A situación actual dos estudos de doutoramento e as previsións da súa evolución móstranse de xeito detallado no Anexo C da presente Memoria.

Brevemente, destácase que nos últimos cursos académicos o número de estudantes matriculados mantívose estable no intervalo dos ca. 2750-3000 estudantes de doutoramento, o que confirma o efecto de atracción que ten a USC grazas ao seu prestixio académico e científico e a formación científico-técnica de alta calidade proporcionada. Este período de estabilidade na matrícula nos estudos de doutoramento da USC, ademais, prodúcese:

(9)

i) Nun contexto económico de pos-crise económica que facilita paulatinamente a incorporación ao mercado laboral dos estudantes que finalizan os seus estudos de grao e/ou máster e que exerce, de facto, un efecto competidor coa decisión de realizar un doutoramento.

ii) Nun contexto social de crise demográfica e onde as tres universidades galegas ofertan estudos de doutoramento.

Malia este escenario adverso, a estabilidade dos datos de matrícula nos estudos de doutoramento evidencia que estes aínda se consideran unha importante inversión en formación de alto nivel. Esta consideración social pode explicarse en función dunha taxa de desemprego inferior e unhas condicións laborais bastante mellores entre as tituladas e titulados universitarios que acadan o título de doutora e doutor.

Finalmente, pode ser esperable un paulatino incremento do número de estudantes de doutoramento que cursarán o seus estudos na USC no futuro como consecuencia das perspectivas de incremento na cohorte de poboación susceptible, en maior grao, de realizar estudos de doutoramento (entre os 25 e 29 anos de idade) segundo reflicten os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).

(10)

ANEXOS

ANEXO A

ESTRUTURA ACADÉMICA: PROGRAMAS DE DOUTORAMENTO E ACTIVIDADES FORMATIVAS

As escolas de doutoramento son unidades destinadas a organizar e impartir as ensinanzas e actividades propias dos estudos de doutoramento.

No seu ámbito de actuación, son responsables dos programas de doutoramento así como da oferta e xestión doutras actividades abertas de formación en investigación.

1. Programas de doutoramento

A EDIUS integrará a todos os programas de doutoramento da USC que sexan verificados e aprobados conforme á lexislación vixente.

A Escola de Doutoramento Internacional da USC, EDIUS, será a unidade encargada da organización dos estudos de doutoramento impartidos actualmente na USC, que con correspondencia ás catro seccións nas que se configura a Escola quedarían distribuídos da seguinte maneira:

Sección de Arte e Humanidades.

1. Programa de Doutoramento en Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe (Interuniversitario)

2. Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e da Cultura

3. Programa de Doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura (Interuniversitario)

4. Programa de Doutoramento en Estudos Medievais 5. Programa de Doutoramento en Filosofía

6. Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea (Interuniversitario) 7. Programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte 8. Programa de Doutoramento en Lingüística

9. Programa de Doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia (Interuniversitario) 10. Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural (Interuniversitario)

11. Programa de Doutoramento en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia (Interuniversitario)

(11)

Sección de Ciencias Sociais e Xurídicas

1. Programa de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial (Interuniversitario)

2. Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea 3. Programa de Doutoramento en Dereito

4. Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde (Interuniversitario)

5. Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica

6. Programa de Doutoramento en Economía e Empresa 7. Programa de Doutoramento en Educación

8. Programa de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación (Interuniversitario)

9. Programa de Doutoramento en Marketing Político, Actores, e Institucións nas Sociedades Contemporáneas

10. Programa de Doutoramento en Procesos Psicolóxicos e Comportamento Social 11. Programa de Doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario

Sección de Ciencias e Enxeñarías

1. Programa de Doutoramento en Ciencias e Enxeñaría: Biodiversidade e Conservación do Medio Natural

2. Programa de Doutoramento en Ciencia de Materiais

3. Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química (Interuniversitario) 4. Programa de Doutoramento en Ciencias Agrícolas e Medioambientais (Interuniversitario)

5. Programa de Doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión (Interuniversitario)

6. Programa de Doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética

7. Programa de Doutoramento en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil 8. Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental

9. Programa de Doutoramento en Enxeñaría Termodinámica de Fluídos (Interuniversitario)

10. Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa (Interuniversitario)

11. Programa de Doutoramento en Investigación Agraria e Forestal (Interuniversitario)

(12)

12. Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información (Interuniversitario)

13. Programa de Doutoramento en Física Nuclear e de Partículas

14. Programa de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión (Interuniversitario) 15. Programa de Doutoramento en Matemáticas

16. Programa de Doutoramento en Medio Ambiente e Recursos Naturais

17. Programa de Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas (Interuniversitario)

18. Programa de Doutoramento en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio Sección de Ciencias da Saúde

1. Programa de Doutoramento en Avances e Novas Estratexias en Ciencias Forenses

2. Programa de Doutoramento en Avances en Bioloxía Microbiana e Parasitaria 3. Programa de Doutoramento en Ciencias da Visión (Interuniversitario)

4. Programa de Doutoramento en Ciencias Odontolóxicas

5. Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía (Interuniversitario) 6. Programa de Doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública

7. Programa de Doutoramento en Inhibición de Receptores de Adhesión Plaquetaria en Trombose (TAPAS) (Interuniversitario)

8. Programa de Doutoramento en Innovación en Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias

9. Programa de Doutoramento en Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias

10. Programa de Doutoramento en Investigación Clínica en Medicina

11. Programa de Doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos

12. Programa de Doutoramento en Medicina e Sanidade Veterinaria 13. Programa de Doutoramento en Medicina Molecular

14. Programa de Doutoramento en Nanomedicina (Interuniversitario)

15. Programa de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica (Interuniversitario)

2. Actividades formativas

As actividades formativas, tanto de carácter transversal como de carácter específico para cada programa de doutoramento, teñen como finalidade ofrecer ás doutorandas e doutorandos unha formación complementaria a súa actividade investigadora, de xeito que o alumnado fortaleza competencias e habilidades tales como a comprensión das

(13)

metodoloxías e técnicas de investigación, os procesos de documentación científica, e técnicas e métodos de comunicación científica e redacción de traballos de investigación, entre outras. A promoción destas actividades por parte da USC persegue, por unha banda, proporcionar estas competencias aos estudantes de doutoramento, tal e como se establece no RD 99/2011 polo que se regulan os estudos de doutoramento, e cumprir as accións de mellora propostas pola USC dentro do selo europeo de calidade HRS4R, pola outra.

Un dos obxectivos da nova EDIUS é a planificación, xestión e promoción das actividades formativas no ámbito dos estudos de doutoramento coa finalidade de crear una oferta estable, de calidade, transversal e interdisciplinaria, para o que se dispón, ademais dos docentes e investigadores dos programas de doutoramento, coa colaboración dos centro singulares e institutos de investigación, como o Centro de Investigación e Transferencia de Tecnoloxía, a Biblioteca Universitaria, o Servizo de Normalización Lingüística, a Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC), a Oficina de Orientación Laboral, etc.

Estas actividades formativas non se restrinxen unicamente ao deseño e implantación de cursos formativos, senón que tamén comprenden actividades como conferencias e seminarios, escolas de verán, encontros da mocidade investigadora, concurso de teses en 3 minutos, e outras que poidan deseñarse e programarse..

Para desenvolver todo o relacionado con estas actividades e para potenciar as relacións mutuas entre os programas de doutoramento, os estudantes e os grupos de investigación, e a transferencia de coñecementos á sociedade, a EDIUS dispón dunhas infraestruturas que polo seu carácter singular e innovador permitirán considerala como un punto de encontro para a difusión da investigación e da formación doutoral.

(14)

ANEXO B

RECURSOS HUMANOS, MATERIAIS, E ECONÓMICOS.

1. Infraestruturas da EDIUS

Administrativamente a EDIUS estará situada nas dependencias do actual Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados, situado no Edificio Vivendas dos Catedráticos no Campus Vida da USC. A EDIUS contará ademais, coa infraestrutura actualmente dispoñible do antigo Centro de Estudos Avanzados – Casa de Europa e no Campus de Lugo disporá dun punto de apoio e xestión ao doutoramento no Edificio CACTUS (Centro de apoio científico-tecnolóxico)-Praza Pío XII.

A EDIUS conta nestes espazos con tres salas de reunións e dous equipos de videoconferencia para dar soporte ás reunións dos distintos órganos colexiados da Escola, dos programas de doutoramento, á defensa de teses e á formación e actividades formativas dos estudos de doutoramento.

2. Medios humanos propios da EDIUS

A Escola contará con recursos humanos e materiais propios que lle permiten o cumprimento dos seus obxectivos, incluíndo persoal de administración e servizos propio. Os coordinadores dos programas de doutoramento contan tamén co apoio do persoal de administración e servizos dos centros onde se desenvolven os estudos de doutoramento do seu ámbito.

Xa que na EDIUS se integran todos os programas de doutoramento impartidos na USC, son membros desta:

1. O persoal docente e investigador que forme parte dos programas de doutoramento adscritos á Escola.

2. Os doutorandos e doutorandas matriculados na USC nos programas de doutoramento da EDIUS, que se considerarán investigadores en formación vinculados á Escola.

3. O persoal de administración e servizos adscrito á EDIUS.

4. Os membros dos distintos órganos de dirección en que se organiza e estrutura da EDIUS.

(15)

3. Medios humanos e materiais cos que conta a USC ao servizo da EDIUS

A EDIUS conta, ademais das infraestrutura xerais da USC, con outros medios materiais e humanos compartidos con distintos servizos da universidade. Polo seu carácter docente e pola súa dependencia orgánica, a actividade da EDIUS está directamente relacionada cos servizos dependentes da Vicerreitoría con competencias en titulacións; por estar implicada na formación do persoal investigador, a actividade da EDIUS está tamén relacionada coa Vicerreitoría con competencias en investigación e innovación; polo seu carácter internacional e de internacionalización, está vinculada coa Vicerreitoría con competencias en internacionalización; e, finalmente, no relativo aos procesos administrativos relacionados cos estudos de doutoramento, coa Secretaría Xeral da Universidade.

En particular, a Escola, contará co apoio dos seguintes servizos:

 Servizos de investigación: todas as facultades, escolas, institutos de investigación e centros singulares onde se desenvolven actividades formativas de doutoramento dos programas adscritos á Escola.

 Servizos de xestión: todos os servizos de ámbito académico, especialmente o Servizo de Xestión Académica e o Servizo de Xestión e Programación da Oferta Académica (SXOPRA) e a Unidade de Xestión Académica (UXA); os servizos relacionados coa internacionalización e a mobilidade de estudantes como o Servizo de Relacións Exteriores (SRE); os servizos relacionados coa calidade, especialmente a Área de Calidade e Mellora dos Procedementos (ACMP).

 Servizos de apoio á docencia e á investigación, especialmente a Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT).

4. Recursos económicos

A Escola financiarase a través dos recursos da Universidade de Santiago de Compostela, de acordo co que se determine no seu orzamento. Ademais, a EDIUS poderá concorrer a convocatorias competitivas e establecer convenios con outras institucións, nacionais e/ou internacionais, públicas ou privadas, para captar recursos dirixidos ao exercicio das súas funcións. Así, outras posibles fontes de financiamento son:

• Estatais e autonómicas: Ministerio de Educación a través de proxectos tipo Campus de Excelencia Internacional, de financiamento para as escolas de doutoramento/

programas de doutoramento...

• Convocatorias no ámbito internacional: Accións Marie Sklodowska-Curie,...

• Proxectos de investigación dos grupos e liñas de investigación que financian os gastos experimentais das teses de doutoramento.

(16)

ANEXO C

SITUACIÓN ACTUAL DOS ESTUDOS DE DOUTORAMENTO E PREVISIÓNS.

1. Oferta de estudos de doutoramento:

A Universidade de Santiago de Compostela oferta actualmente 56 programas de doutoramento, dos cales 24 son interuniversitarios e 5 deles de carácter internacional.

Do total de programas interuniversitarios ofertados 14 son coordinados pola USC. Por outra banda, 13 programas de doutoramento son ofertados conxuntamente coas outras Universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) (3 coa Universidade de Vigo, 3 coa de A Coruña, e 7 coas dúas). A USC é a coordinadora de 11 destes programas conxuntos.

A distribución da oferta académica de doutoramento por seccións e grandes áreas de coñecemento é a seguinte:

Táboa 2: Distribución da oferta de programas de doutoramento regulados ao abeiro do RD 99/2011 por grandes áreas e seccións no curso académico 2018-2019.

SECCIÓNS Total

Artes e Humanidades 11

CC. Sociais e Xurídicas 11

Ciencias da Saúde 15

Ciencias e Enxeñaría 19

Total xeral 56

GRAN ÁREA Total

Artes e Humanidades 11

CC. Sociais e Xurídicas 11

Ciencias da Saúde 15

Ciencias 12

Enxeñaría e Arquitectura 7

Total xeral 56

Da Táboa anterior obsérvase que a oferta académica de doutoramento da USC é completa e homoxénea no senso de que abarca tódolos ámbitos de coñecemento, poñendo a disposición dos futuros estudantes de doutoramento todo o saber docente e investigador xerado e acumulado nesta institución cinco veces centenaria. Non obstante, ante as demandas e necesidades do tecido produtivo e a evolución tecnolóxica e social faise necesario unha nova revisión e actualización da oferta dos programas de doutoramento para adaptala aínda máis ás necesidades da sociedade e

(17)

das empresas da Comunidade Autónoma, co obxectivo de que os nosos titulados posúan a máis alta cualificación e poidan transferir e poñer ao servizo da sociedade os seus coñecementos.

2. Matrícula nos programas de doutoramento da USC

Os cambios da normativa estatal relativa aos estudos de doutoramento implicaron a convivencia nun mesmo curso académico de doutorandos e doutorandas matriculados en programas de doutoramento regulados por distintos reais decretos (RD 778/1998, RD 1393/2007 e RD 99/2011), o que ten o seu reflexo nos datos referentes á súa matrícula. Como se pode ver na Táboa 3 e na Figura 1, nos últimos cursos académicos o número de estudantes matriculados mantívose no intervalo dos 2750-3000, o que confirma o efecto de atracción que ten a USC grazas ao seu prestixio académico e científico e a formación científico-técnica de alta calidade proporcionada.

Táboa 3: Número de estudantes matriculados en programas de doutoramento nos últimos 6 cursos académicos na USC.

Curso académico

PD Anteriores RD 99/2011

PD RD 99/2011

Total

2013/14 2234 605 2839

2014/15 1865 1163 3028

2015/16 696 2161 2857

2016/17 281 2620 2901

2017/18 0 2762 2762

2018/19 0 2755 2755

Este período de estabilidade na matrícula no estudos de doutoramento da USC prodúcese:

i) Nun contexto de pos-crise económica que facilita a incorporación ao mercado laboral dos estudantes que finalizan os seus estudos de grao e/ou máster e que exerce, de facto, un efecto competidor coa decisión de realizar un doutoramento, como así o reflicte o lixeiro descenso observado no número de estudantes que efectúan a súa primeira matrícula no doutoramento nos dous últimos anos (ver Táboa 4).

ii) Nun contexto social de crise demográfica e, en particular, de descenso da poboación galega de entre os 25 e 29 anos de idade nos últimos anos (Táboa

(18)

5), nunha comunidade ademais onde as súas tres universidades ofertan estudos de doutoramento.

Figura 1: Evolución da matrícula nos programas de doutoramento da USC nos últimos 6 cursos académicos.

Paga a pena comentar que o lixeiro descenso observado no número de doutorandos matriculados entre os cursos 2016/17 e 2017/18 pode non só orixinarse pola lixeira redución de estudantes matriculados por primeira vez no doutoramento, senón tamén polo importante incremento de defensas de tese no curso académico 2016/2017. Estas defensas producíronse como consecuencia da extinción dos programas de doutoramento regulados polos RD 778/1998 e RD 1393/2007 (ver Figura 3).

Táboa 4: Estudantes de doutoramento matriculados por primeira vez nos programas de doutoramento da USC nos últimos cursos académicos.

Curso académico

Poboación

2014/15 629 2015/16 622 2016/17 608 2017/18 557 2018/19 489

0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500

2013/14 2014/15 2015/16 2016/17 2017/18 2018/19

Evolución matrícula

PD Anteriores RD 99/2011 PD RD99/2011

(19)

Táboa 5: Evolución da poboación galega cohorte 25-29 anos no período 2010-2018.

Ano Poboación 2010 185.617 2011 175.107 2012 164.662 2013 155.401 2014 146.545 2015 139.476 2016 133.441 2017 129.123 2018 125.854

A pesar do estancamento observado nos datos de matrícula durante os últimos anos, a USC mantén unha posición de moita relevancia no panorama nacional, xa que é a sétima universidade española por número de estudantes matriculados en programas de doutoramento (Táboa 6). Isto indica que o doutoramento na USC se considera un importante investimento, probablemente relacionado co feito de que tanto a taxa de desemprego como as condicións laborais son bastante mellores entre os nosos titulados universitarios que acadan o título de doutor.

Táboa 6: Estudantes de doutoramento matriculados nas universidades españolas no curso académico 2017/2018.

Universidade

Doutorandos

matriculados Universidade

Doutorandos

matriculados Universidade

Doutorandos matriculados

A Coruña 1.101 Huelva 515

Politécnica de

Madrid 1.989

Alcalá 1.335 Illas Baleares 836

Politécnica de

Valencia 2.168

Alacante 1.518 Xaén 565

Pompeu

Fabra 1.219

Almería 825

Jaume I de

Castellón 716

Pública de

Navarra 352

Autónoma de

Barcelona 2.351 La Laguna 877

Rey Juan

Carlos 964

Autónoma de

Madrid 3.736 La Rioja 255 Rovira i Virgili 1.009

Barcelona 3.799

Las Palmas de

Gran Canaria 644 Salamanca 2.334

Burgos 366 León 520

Santiago de

Compostela 2.762

Cádiz 912 Lleida 429 Sevilla 2.754

(20)

Cantabria 577 Málaga 1.498 Valencia 4.151 Carlos III de

Madrid 1.131

Miguel

Hernández 534 Valladolid 1.419

Castilla-La

Mancha 1.467 Murcia 2.163 Vigo 1.289

Complutense

de Madrid 5.893 Oviedo 1.607 Zaragoza 1.957

Córdoba 1.525

Pablo de

Olavide 853

Nacional de Educación a

Distancia 1.978

Extremadura 918 País Vasco 3.642

Internacional

de Andalucía 21

Gerona 587

Politécnica de

Cartagena 290

Internacional Menéndez

Pelayo 21

Granada 3.050

Politécnica de

Cataluña 1.881

Datos tomados da plataforma EDUCAbase. Ministerio de Educación e Formación Profesional, e Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Por outra banda, os datos da matrícula agrupados nas catro seccións nas que se divide a EDIUS, correspondentes aos distintos grandes ámbitos de coñecemento, amosan que a distribución de estudantes de doutoramento permanece estable e é homoxénea entre estes, indicativo da estabilidade da oferta académica e da capacidade de atracción de estudantes (ver Figura 2 e Táboa 7).

Ciencias da Saúde Ciencias e Enxeñaría C. Sociais e Xurídicas Artes e Humanidades

27%

27% 24%

22%

2013/14

(21)

Figura 2: Porcentaxes da distribución dos estudantes de doutoramento matriculados na USC por seccións da futura EDIUS nos últimos cinco cursos académicos.

Táboa 7: Distribución dos estudantes de doutoramento matriculados na USC por seccións da futura EDIUS nos últimos cinco cursos académicos.

CURSO ACADÉMICO

SECCIÓNS 2013/14 2014/15 2015/16 2016/17 2017/18 Ciencias da

Saúde 782 813 778 813 820

Ciencias e Enxeñaría

669 737 714 723 680

C. Sociais e

Xurídicas 769 818 754 723 658

Artes e

Humanidades 619 660 611 642 597

totais 2839 3028 2857 2901 2755

27%

27% 24%

22%

2014/15

27%

27% 25%

21%

2015/16

28%

25% 25%

22%

2016/17

30%

25%

24%

21%

2017/18

(22)

3. Defensa de teses de doutoramento

A evolución das teses lidas na USC no período comprendido entre os cursos académicos 2009/10 e 2017/18 amósase na Figura 3. Apréciase que o número de teses defendidas permanece estable no tempo, manténdose entre as ca. 215 e as 290 por curso académico. A única singularidade obsérvase no curso académico 2016/2017 no que se duplica o número de teses lidas alcanzando as 524 defensas , seguido con un descenso nos dous seguintes cursos académicos. Este aumento tan significativo no ano 2016 prodúcese como consecuencia da data límite establecida para a lectura das teses dos alumnos matriculados nos programas de doutoramento anteriores á entrada en vigor do RD 99/2011.

Figura 3: Evolución das teses de doutoramento defendidas na USC nos últimos nove cursos académicos.

Obsérvase un pequeno estancamento no número de teses de doutoramento defendidas na USC nos últimos anos en comparación con outras universidades públicas españolas, nas que a evolución observada é dun crecemento máis ou menos sostido como, por exemplo, sucede nas universidades de A Coruña, Autónoma de Barcelona, de Barcelona, Cádiz, Extremadura, Granada, Málaga, Murcia, País Vasco, Politécnica de Madrid, Politécnica de Valencia, Sevilla, Valencia, entre outras (Táboa 8).

Ademais, a razón entre o número de teses defendidas en relación ao número total de estudantes matriculados é algo inferior na USC comparado con outras universidades españolas como, por exemplo, Alcalá, Autónoma de Barcelona, de Barcelona, Complutense de Madrid, Córdoba, Extremadura, Granada, Málaga, Murcia, País Vasco, Politécnica de Madrid, Politécnica de Valencia, ou Valencia, entre outras. Aínda que os datos amosados poden non ser completamente homoxéneos e estar influenciados, por exemplo, polas diferenzas de criterio seguidos polas universidades para a defensa das

224 230 276 287

237 264 524

277 215

Número de teses presentadas

Curso académico

Evolución teses

(23)

teses de doutoramento pertencentes aos RD 778/1998 e RD 1393/2007 e as teses en réxime de co-tutela, si que é algo a destacar que universidades cun menor número de estudantes de doutoramento matriculados acaden un número de defensas de teses de doutoramento que se aproxima aos da USC. Este feito pode estar relacionado cuns maiores tempos de realización das teses na nosa universidade ao abeiro, sobre todo, dos antigos reais decretos de doutoramento, nun maior número de estudantes con matrícula a tempo parcial, e/ou nunha maior taxa de abandono.

Táboa 8: Evolución das teses de doutoramento defendidas nas universidades españolas nos últimos anos.

Universidade 2017 2016 2015 2014 2013 2012 2011 2010 2009

A Coruña 171 152 224 120 130 106 110 90 96

Alcalá 450 162 163 165 161 131 138 132 132

Alacant 231 353 220 137 153 157 150 139 149

Almería 91 90 83 71 91 56 67 56 48

Autónoma de

Barcelona 837 1.046 852 704 637 668 511 511 477 Autónoma de

Madrid 1.041 655 602 633 559 532 434 478 460

Barcelona 994 1.048 850 744 695 664 603 532 517

Burgos 55 104 88 41 30 39 38 33 31

Cádiz 244 244 112 135 148 100 87 90 94

Cantabria 163 224 118 92 109 80 83 93 65

Carlos III de

Madrid 176 226 166 160 105 121 104 110 94

Castilla-La

Mancha 114 250 178 158 178 194 118 141 126

Complutense

de Madrid 1.263 2.046 1.421 806 847 752 745 773 705

Córdoba 181 261 151 159 187 182 135 97 147

Extremadura 311 286 181 147 133 150 153 107 95

Girona 96 115 102 106 86 93 77 43 44

Granada 680 652 515 458 426 552 486 451 377

Huelva 93 112 65 71 62 65 50 42 43

Illes Baleares 102 130 81 75 66 98 64 58 61

Jaén 124 113 81 72 74 56 87 67 58

Jaume I 190 161 122 93 82 80 71 78 46

La Laguna 229 338 170 132 116 106 94 119 113

La Rioja 44 43 83 41 52 39 28 28 22

(24)

Las Palmas de

Gran Canaria 99 441 161 85 124 88 78 81 73

León 105 209 101 90 87 92 98 95 86

Lleida 129 102 81 83 82 93 65 47 50

Málaga 361 532 285 218 255 227 203 189 145

Miguel

Hernández 300 113 192 135 70 96 74 71 77

Murcia 405 470 427 262 234 223 198 183 178

Oviedo 300 292 402 233 197 206 177 142 171

Pablo de

Olavide 129 164 99 83 75 64 62 51 66

País Vasco 624 526 412 480 360 344 306 314 292 Politécnica de

Cartagena 68 52 57 38 31 44 21 29 35

Politécnica de

Catalunya 337 510 390 355 343 355 307 279 261 Politécnica de

Madrid 398 718 443 297 299 254 215 228 178

Politécnica de

Valencia 428 628 454 273 286 293 271 254 231

Pompeu

Fabra 213 299 188 186 164 145 143 109 102

Pública de

Navarra 118 60 67 51 51 42 48 28 45

Rey Juan

Carlos 287 206 173 145 133 165 134 105 84

Rovira i Virgili 244 223 195 178 195 139 145 139 92 Salamanca 361 540 354 293 280 269 268 238 230 Santiago de

Compostela 283 428 320 240 293 300 238 214 215

Sevilla 769 769 485 472 388 384 401 334 285

Valencia 715 865 558 396 376 323 287 283 317 Valladolid 153 407 270 189 216 206 149 130 141

Vigo 183 263 276 116 139 142 144 128 115

Zaragoza 337 695 382 326 313 267 260 232 225

Nacional de Educación a Distancia

(UNED) 175 407 271 167 153 154 136 163 134

(25)

Internacional de Andalucía

(UNIA) . 16 4 7 9 7 136 163 134

Internacional Menéndez Pelayo

(UIMP) 11 11 2 6 5 5 0

Datos tomados da plataforma EDUCAbase. Ministerio de Educación e Formación Profesional, e Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Por outra banda, a distribución das teses lidas nas catro seccións propostas na nova estrutura da EDIUS incide na necesidade de respectar as especificacións propias das mesmas e dotalas dun apoio específico a través dos subdirectores e as comisións sectoriais, tal e como se reflicte na Táboa 9 e as súas porcentaxes na Figura 4.

Táboa 9: Distribución das teses defendidas na USC por sección nos cinco últimos cursos académicos.

Seccións Teses

defendidas

2014/2015 Artes e Humanidades 53 Ciencias Sociais e Xurídicas 60

Ciencias da Saúde 77

Ciencias e Enxeñaría 74

2015/2016 Artes e Humanidades 84 Ciencias Sociais e Xurídicas 119

Ciencias da Saúde 181

Ciencias e Enxeñaría 140

2016/2017 Artes e Humanidades 42 Ciencias Sociais e Xurídicas 58

Ciencias da Saúde 79

Ciencias e Enxeñaría 98

2017/2018 Artes e Humanidades 25 Ciencias Sociais e Xurídicas 40

Ciencias da Saúde 66

Ciencias e Enxeñaría 84

2018/2019 Artes e Humanidades 26 Ciencias Sociais e Xurídicas 33

Ciencias da Saúde 42

Ciencias e Enxeñaría 61

(26)

*O número de teses defendidas no curso académico 2018/2019 abarca dende o 01/09/2018 ao 31/03/2019.

Aínda que o número e porcentaxe de estudantes de doutoramento englobados nas distintas seccións da EDIUS é bastante similar e mantense estable no tempo, como se comentou anteriormente, obsérvase que tanto o número total como a porcentaxe de estudantes de Ciencias e Enxeñaría e Ciencias da Saúde que finalizan o seu doutoramento -coa defensa da súa tese, é lixeiramente superior ás das seccións de Ciencias Sociais e Xurídicas e de Artes e Humanidades. Son varias as razóns que conflúen e poden explicar esta tendencia:

i. Un importante número de estudantes a tempo parcial nestas últimas áreas. O número de estudantes a tempo parcial, isto é, que compatibilizan os estudos de doutoramento coa súa actividade laboral, situouse no intervalo do 30-33% do total de alumnos matriculados nos últimos catro cursos académicos nas seccións de Ciencias Sociais e Xurídicas e Arte e Humanidades, sendo esta porcentaxe sensiblemente superior ao dos estudantes de programas de doutoramento de Ciencias e Enxeñarías, e similar aos dos alumnos de Ciencias da Saúde (moitos dos estudantes con dedicación a tempo parcial deste último grande ámbito de coñecemento desempeñan un traballo asistencial en hospitais). Esta modalidade leva implícita un adiamento das defensa das teses pola maior duración dos estudos de doutoramento, e conta cunha maior taxa de abandono pola dificultade de compatibilizar o doutoramento co exercicio da profesión.

ii. Un maior número de estudantes de doutoramento estranxeiros en Ciencias Sociais e Xurídicas, Artes e Humanidades (preto do 60% do total de alumnos estranxeiros matriculados nos últimos catro cursos académicos), dos cales un importante número desenvolve gran parte da tese de doutoramento na súa universidade de orixe en réxime de co-tutela, cunha supervisión a distancia polo titor/director(es) da USC, e compatibilízana con actividades académicas e docentes nas devanditas universidades de orixe. Esta casuística dificulta as tarefas de seguimento efectivo dos progresos dos estudantes e o cumprimento da temporalización dos plan de investigacións, o que incide directamente no incremento de tempo de lectura da tese, como se reflicte na lixeira redución da porcentaxe nos dous últimos anos nas tese lidas ao abeiro do RD 99/2011 (Figura 4). Asemade, algunhas da teses desenvolvidas baixo o esquema anterior son tamén lidas nos países de orixe dos estudantes, polo que non son computadas como defendidas na USC a pesares de que o alumno está matriculado na nosa universidade.

(27)

Figura 4: Porcentaxes da distribución de teses de doutoramento defendidas por seccións da futura EDIUS nos últimos cursos académicos.

iii. O avellentamento do profesorado universitario e a imposibilidade da correcta reposición do mesmo tras a súa xubilación de diversas áreas de coñecemento en Ciencias Sociais e Xurídicas, Artes e Humanidades. Isto implica unha progresiva perda de dinamismo investigador e de desenvolvemento axeitado das liñas de investigación existentes e de iniciación doutras novas, para as que a formación doutoral é un dos pilares. Tamén dificulta, en ocasións, a dispoñibilidade de titores e directores de teses para os estudantes aceptados nos programas de doutoramento destas áreas de coñecemento. Ademais, o profesorado de Ciencias Sociais e Xurídicas e Artes e Humanidades presenta, en xeral, unhas cargas lectivas bastante elevadas, e ten máis dificultades para a súa renovación mediante convocatorias competitivas de atracción de persoal docente e investigador de talento e excelencia que no caso das seccións de Ciencias da

20%

23%

29%

28%

Curso 2014/15

16%

23%

34%

27%

Curso 2015/16

15%

21%

29%

35%

Curso 2016/17

12%

18%

31%

39%

Curso 2017/18

Artes e Humanidades Ciencias Sociais e Xurídicas Ciencias da Saúde

Ciencias e Enxeñería

(28)

Saúde e de Ciencias e Enxeñarías. Isto supón un freo ao desenvolvemento de novas liñas de investigación, e á captación de recursos económicos adicionais.

4. Prioridade da internacionalización da USC.

Unha das prioridades da USC é trasladar e conxuntar a importante internacionalización xa existente nas súas actividades científico-tecnolóxicas e nos seus grupos de investigación á súa oferta de programas de doutoramento mediante accións de colaboración con outras universidades e co fortalecementos da captación de estudantes estranxeiros.

Neste senso, a USC está a facer un esforzo importante:

 Na captación de alumnado estranxeiro. Na Figura 5 amósase a evolución do número de estudantes estranxeiros de doutoramento nos últimos cursos académicos, con porcentaxes sempre superiores ao 20% do total dos estudantes de doutoramento matriculados na USC.

 Na progresiva internacionalización da súa oferta, con cinco programas de doutoramento interuniversitarios de carácter internacional.

Figura 5: Evolución do número de estudantes estranxeiros de doutoramento nos últimos cursos académicos.

Débese salientar que dous destes programas son resultado da consecución por parte da USC de financiamento europeo ao concorrer ás convocatorias Erasmus Mundus, e Accións Marie Curie (Programa Marco Horizonte 2020):

0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500

2013/2014

2014/2015

2015/2016

2016/2017

2017/2018 Evolución doutorandos estranxeiros

Alumnos nacionais Alumnos estranxeiros

24

22 20,5 21,1

22,7 2013/2014

2014/2015 2015/2016 2016/2017 2017/2018

(29)

- Programa de Doutoramento Erasmus Mundus en Nanomedicina e Innovación Farmacéutica (NANOFAR). Participan, xunto coa USC, as universidades europeas de:

o The University of Nottingham (Reino Unido).

o Université Catholique de Louvain (Bélgica).

o Université D'Angers (Francia).

o Université de Liège (Bélgica).

o Université de Nantes (Francia).

- Programa de Doutoramento Europeo Conxunto Marie Sklodowska-Curie en Inhibición de Receptores de Adhesión Plaquetaria na Trombose (TAPAS).

Participan, xunto á USC, as universidades europeas de:

o Bayerische Julius-Maximilians-Universität Würzburg (Alemaña).

o The University of Reading (Reino Unido).

o Universiteit Maastricht (Países Baixos).

o University of Birmingham (Reino Unido).

Neste curso académico 2019/20 tamén bota a andar un novo Programa de Doutoramento Europeo Conxunto Marie Sklodowska-Curie. Trátase de NOWELTIES,

“Joint PhD Laboratory for New Materials and Inventive Water Treatment Technologies. Harnessing resources effectively through innovation”, no que investigadores de todo o mundo participarán no desenvolvemento de tecnoloxías de tratamento da auga destinadas a previr contaminantes e optimizar a súa recuperación.

Xunto coa USC, participan neste proxecto as universidades de Girona, Munich, Aachen, Zagreb, Belgrado e Ferrara.

5. Beneficios derivados da creación da EDIUS. Previsión razoada do número de estudantes.

Dos datos mostrados nos apartados anteriores apréciase nos últimos anos un certo estancamento tanto na matrícula como no número de teses defendidas, iso si, dentro dun contexto marcada pola última crise económica que non permitiu desenvolver de forma axeitada as accións precisas para potenciar os estudos de doutoramento. Non obstante, o volume de estudantes matriculados (tanto de primeira matrícula como totais) e de teses defendidas parecen sufrir un certo estancamento, e a razón entre as teses defendidas respecto ao número de estudantes de doutoramento totais matriculados é algo inferior ao doutras universidades españolas, particularmente as máis relevantes que teñen os seus estudos de doutoramento organizados nunha única Escola, unidade organizativa académica e administrativa elixida para unha integración

(30)

da diversidade de campos de coñecemento, que incentive e promova a visibilidade e internacionalización dos estudos de doutoramento.

É necesario, pois, aplicar o conxunto de medidas e actuacións necesarias para mellorar os nosos resultados recollidos na planificación estratéxica institucional de cara a reforzar os estudos de doutoramento na USC e mellorar a súa visibilidade no panorama nacional e internacional de cara a non ceder a situación de privilexio que a nosa Universidade aínda posúe nun contorno cada vez máis competitivo. E todo este procedemento debe realizarse de acordo os mecanismos recollidos nun sistema de garantía de calidade, de moi difícil implantación na estrutura organizativa actual de varias escolas de doutoramento pola súa complexidade organizativa.

Ademais, a creación dun único centro específico que se encargue de xestionar a oferta de actividades de formación e desenvolvemento dos estudantes de doutoramento debe supoñer unha mellora na calidade das ensinanzas de doutoramento que a USC oferta grazas a un importante fomento dos aspectos interdisciplinarios entre distintos campos de coñecemento a través de liñas de investigación e actividades formativas de doutoramento conxunto e de carácter transversal, unha mellora na visibilidade da diversidade da oferta académica dos estudos de doutoramento tendo á EDIUS como referente académico e administrativo único, e a potenciación da internacionalización dos programas de doutoramento e as súas actividades formativas e liñas de investigación asociadas. Todo isto, sen dúbida, redundará nun incremento da matrícula de tutela académica e, eventualmente, no aumento do número de teses de doutoramento defendidas por curso.

Finalmente, paga a pena comentar que malia o descenso de poboación rexistrado nos pasados anos na cohorte susceptible de cursar o doutoramento (na franxa dos 25-29 anos, ver Táboa 5), o número de matriculados no doutoramento na USC tense mantido bastante estable ao longo dos últimos anos (ver Táboa 3), como se comentou anteriormente. Neste senso, prevese que non só continúe a devandita tendencia senón que se espera que este número se vexa incrementado a través das accións institucionais a desenvolver no marco das Liñas Xerais da Programación Plurianual 2019-2022 da USC, que teñen como obxectivo mellorar a oferta académica do doutoramento e incrementar aínda máis a súa calidade e diversidade atendendo en paralelo ás necesidades do tecido produtivo, mellorar a visibilidade e difusión da oferta de doutoramento, e estimular a captación de novos doutorandos a nivel nacional e internacional.

Por outra banda, as proxeccións de crecemento demográfico de cara aos próximos 10 anos por parte do Instituto Galego de Estatística (IGE) indican un incremento da poboación na cohorte de 25-29 anos a partires do ano 2025, o que debería levar

(31)

aparellado tamén un certo aumento na matrícula universitaria de doutoramento (Táboa 10).

Táboa 10: Proxección da evolución da poboación galega cohorte 25-29 anos no período 2019-2031.

Ano Poboación 2019 123.814 2020 120.796 2021 118.220 2022 115.795 2023 113.719 2024 111.940 2025 112.133 2026 113.363 2027 114.811 2028 115.836 2029 117.783 2030 119.619 2031 121.101

Referencias

Documento similar

Titulacións de 1º ciclo Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública Diploma en Empresas Hostaleiras Titulacións de 2º ciclo Gran Diploma de Xestión e Dirección

a) Elixir á persoa titular da dirección e, de ser o caso, proceder a súa remoción. b) Aprobar o Regulamento de réxime interno, que deberá ser ratificado polo Consello de

Comunicación presentada en las V Jornadas Interdisciplinares: Estudios de Género en el Aula: Historia, Cultura visual e Historia del Arte, Málaga, España.. ¿Qué sería de

Investigadores: Edelmiro López Iglesias,Departamento de Economía Aplicada /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Bernardo Valdés Pazos, Departamento de Economía

Ares Fernández, Universidade de Santiago de Compostela / IDEGA; Manuel Febrero Bande, Universidade de Santiago de Compostela; Wenceslao González Manteiga, Universidade de Santiago

El contar con el financiamiento institucional a través de las cátedras ha significado para los grupos de profesores, el poder centrarse en estudios sobre áreas de interés

Proxecto de investigación financiado polo Museo das peregrinacións-Xunta de Galicia cun prazo de execución de dous meses (novembro-decembro 2006) RESUMO: Traballos de

O Documento de Personalización recolle unha relación detallada dos criterios de reparto empregados para aqueles casos nos que non se puideron relacionar os custos con