III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2011 pola que se adxudican as axudas da Orde do 14 de novembro de 2011 pola que se convocan as axudas corres-pondentes ás prórrogas que se inician no ano 2011 dos programas Isidro Par-ga Pondal (adxudicación do ano 2008) e Isabel Barreto (adxudicación do ano 2009), correspondentes a contratos de investigación en centros de investigación alleos ao Sistema Universitario de Galicia (SUG), ao abeiro das accións financia-bles polo FSE de formación de investigadores, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015.
A Orde da Consellería de Economía e Industria do 14 de novembro de 2011 (DOG n.º 221, do 18 de novembro), aproba as bases e convoca, nos seus anexos I e II, as axu-das correspondentes ás prórrogas que se inician no ano 2011 dos programas Isidro Parga Pondal, adxudicación do ano 2008, e Isabel Barreto, adxudicación do ano 2009, ao abeiro
das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan Galego de In -vestigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 para o ano 2011.
No artigo 2 do anexo I da mencionada orde de convocatoria determinábanse os requisi-tos que deberían cumprir os solicitantes da prórroga das axudas concedidas para a contra-tación de doutores do Programa Isidro Parga Pondal, adxudicación do ano 2008.
No artigo 2 do anexo II da mencionada orde de convocatoria determinábanse os re-quisitos que deberían cumprir os solicitantes da prórroga das axudas concedidas para a incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i do Programa Isabel Barreto, adxudicación do ano 2009.
A comisión de selección establecida no artigo 9 das bases xerais da dita Orde do 14 de novembro de 2011, na súa reunión do día 13 de decembro de 2011, tendo en conta os criterios de selección establecidos nas bases da convocatoria (artigo 7 do anexo I e artigo 7 do anexo II) e os créditos dispoñibles, acordou:
1. Propoñer a concesión dunha prórroga de dous anos de duración das axudas co-rrespondentes ao Programa Isidro Parga Pondal-2008 (anexo I da orde de convocatoria), adxudicadas pola Resolución do 5 de decembro de 2008 (DOG do 18 de decembro) aos seis solicitantes que se relacionan no anexo I desta resolución.
2. Propoñer a denegación da prórroga aos dous solicitantes do Programa Isidro Parga Pondal 2008 que se relacionan no anexo II desta resolución.
3. Propoñer a concesión dunha prórroga de dous anos de duración das axudas corres-pondentes ao Programa Isabel Barreto 2009 (anexo II da orde de convocatoria) adxudica-das pola Resolución do 30 de decembro de 2009 (DOG do 13 de xaneiro) aos 16 solicitan-tes que se relacionan no anexo III desta resolución.
Na súa virtude, e atendendo esta proposta da comisión de selección esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Concederlles as axudas correspondentes ás entidades que contraten os seis candidatos seleccionados do Programa Isidro Parga Pondal-2008, que se relacionan no anexo I desta resolución.
Segundo. Denegar as axudas correspondentes ás entidades dos dous candidatos do
Programa Isidro Parga Pondal 2008, que se relacionan no anexo II desta resolución.
Terceiro. As seis axudas Parga Pondal concedidas financiaranse con cargo ás aplica -cións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2011, 2012, 2013 e 2014 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribu-ción, considerando como data de inicio dos contratos o 29 de decembro de 2011 e a súa duración de dous anos:
Aplicación
orzamentaria beneficiarioOrganismo prazasN.º Ano 2011 Ano 2012 Ano 2013 Ano 2014 Total 08.02.561A.440.0 CSIC 2 551,61 62.700,00 68.400,00 5.148,39 136.800,00 Total 2 551,61 62.700,00 68.400,00 5.148,39 136.800,00 08.02.561A.443.2 CESGA 1 275,81 31.350,00 34.200,00 2.574,19 68,400,00 Total 1 275,81 31.350,00 34.200,00 2.574,19 68,400,00 08.02.561A.480.1 FCHUVI 2 551,61 62.700,00 68.400,00 5.148,39 136.800,00 FBCHUAC 1 275,81 31.350,00 34.200,00 2.574,19 68.400,00 Total 3 827,42 94.050,00 102.600,00 7.722,58 205.200,00 Total xeral 6 1.654,84 188.100,00 205.200,00 15.445,16 410.400,00
Cuarto. Concederlles as axudas correspondentes ás entidades que contraten aos 16 tecnólogos acreditados do Programa Isabel Barreto 2009, cuxas prazas se relacionan no anexo III desta proposta de resolución.
Quinto. As axudas correspondentes aos 16 contratos Isabel Barreto financiaranse con
cargo ás aplicacións dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2012, 2013 e 2014 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución, considerando como data de inicio dos contratos o 1 de xaneiro de 2012 e a súa duración de dous anos:
Aplicación
orzamentaria beneficiarioOrganismo prazasNº
Crédito Anualidades
Total euros Ano 2012 Ano 2013 Ano 2014
08.02.561A.440.0 CSIC-IIM 1 26.995,83 29.450,00 2.454,17 58.900,00 CSIC-IEGPS 1 26.995,83 29.450,00 2.454,17 58.900,00 INGACAL-CIAM 1 31.350,00 34.200,00 2.850,00 68.400,00 Total 3 85.341,66 93.100,00 7.758,34 186.200,00 08.02.561A.443.2 Cesga 1 20.900,00 22.800,00 1.900,00 45.600,00 Citic 1 20.900,00 22.800,00 1.900,00 45.600,00 Fundación para o Fomento da Calidade Industrial 2 47.895,83 52.250,00 4.354,16 104.499,99 FPMX 1 26.995,83 29.450,00 2.454,17 58.900,00 Cetmar 1 26.995,83 29.450,00 2.454,17 58.900,00 Total 6 143.687,49 156.750,00 13.062,50 313.499,99 08.02.561A.480.1 AIMEN 1 31.350,00 34.200,00 2.850,00 68.400,00 CTAG 1 26.995,83 29.450,00 2.454,17 58.900,00 CHUAC 1 26.995,83 29.450,00 2.454,17 58.900,00 CHUS 1 26.995,83 29.450,00 2.454,17 58.900,00 CHUVI 1 26.995,83 29.450,00 2.454,17 58.900,00 CT Lácteo 1 26.995,83 29.450,00 2.454,17 58.900,00 Gradiant 1 26.995,83 29.450,00 2.454,17 58.900,00 Total 7 193.324,98 210.900,00 17.575,02 421.800,00 Total 16 422.354,13 460.750,00 38.395,86 921.499,99
Sexto. Formalización das correspondentes prórrogas.
1. Publicada a resolución no DOG, as institucións e entidades beneficiarias procede -rán á contratación dos investigadores e dos tecnólogos seleccionados para os seus
orga-nismos mediante a formalización da prórroga dos correspondentes contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo. Na prórroga dos contratos deberá facerse referencia expresa:
a) Ao seu financiamento con cargo aos programas: prórroga do Programa Isidro Parga
Pondal, nova adxudicación 2008; ou prórroga do Programa Isabel Barreto, adxudicación do ano 2009, segundo corresponda.
b) A data de inicio e duración da correspondente prórroga, así como a retribución bruta anual.
Sétimo. O pagamento das axudas pola Consellería de Economía e Industria ás institu
-cións ou entidades beneficiarias realizarase do xeito indicado no anexo correspondente a
cada programa de axudas (anexo I e II da orde de convocatoria).
Oitavo. Todas as solicitudes para as que se propón o seu financiamento cumpren os
requisitos establecidos nas correspondentes bases da convocatoria.
Noveno. A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas
na Orde de convocatoria do 14 de novembro de 2011 (DOG n.º 221, do 18 de novembro) suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.
Décimo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados po-derán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta
re-solución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente, recurso contencioso-administrativo
perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,
no prazo de dous meses contados desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.
P.D. (Orde 30.4.2009, DOG n.º 87, do 6 de maio)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria ANEXO I
Prórroga do Programa Isidro Parga Pondal 2008 concedidas
Exp. 1.º apelido 2.º apelido Nome NIF Centro
4 Boso Alonso Susana 76720543H CSIC
5 Ordás López Bernardo 44076033Y CSIC
6 González López del Castillo Iván 34889239X CESGA 1 Figueroa Conde-Valvís Angélica 52988974X FCHUAC
2 Ribeiro Sandro José X8818631V FCHUVI
3 Spuch Calvar Carlos 36137057D FCHUVI
ANEXO II
Solicitudes de prórroga Isidro Parga Pondal denegadas
Exp. 1.º apelido 2.º apelido Nome NIF Centro
8 Magadán Mompo Susana 36098183M IEO
7 Atanassova Miroslava X8126175E ANFACO
ANEXO III
Prórrogas do Programa Isabel Barreto 2009 concedidas
Aplicación orzamentaria: 08.02.561A.440.0
OPIS: CSIC - INGACAL
Exp. 1.º apelido 2.º apelido Nome NIF Organismo Titulación 1 Criado Boado Felipe 32443314C CSIC IEG Padre Sarmiento L 8 González Castro Carmen 35319177D CSIC II Mariñas L 13 Castro Insua Juan Fernando 32751605L INGACAL Dr
Aplicación orzamentaria: 08.02.561A.443.2
Centros dependentes de fundacións públicas
Exp. 1.º apelido 2.º apelido Nome NIF Organismo Titulación 4 López Cabido José Ignacio 35440445K CESGA FP
9 Rueda Crespo Paloma 35259976X CETMAR L
2 Gulías Fernández Víctor Manuel 76717057M CITIC DPL 11 Toca Carús Covadonga 32634329C FFCI-CIS D&T L+DPL 10 Antuña Álvarez José Higinio 9396660X FFCI – LOMG L
6 Loidi Fernández de
Troconiz Lourdes 15239465X FPGMX L
Aplicación orzamentaria: 08.02.561A.480.1
Institucións sen fin de lucro
Exp. 1.º apelido 2.º apelido Nome NIF Organismo Titulación 4 López Cabido José Ignacio 35440445K CESGA FP
9 Rueda Crespo Paloma 35259976X CETMAR L
2 Gulías Fernández Víctor Manuel 76717057M CITIC DPL 11 Toca Carús Covadonga 32634329C FFCI-CIS D&T L+DPL 10 Antuña Álvarez José Higinio 9396660X FFCI – LOMG L
6 Loidi Fernández de
Troconiz Lourdes 15239465X FPGMX L
3 Pérez González Fernando 36080476P GRADIANT L