2010
PROGRAMA DE ACTUACIÓNS
SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA S.A.
TURGALICIA
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN PRESIDENTE
D. Roberto Varela Fariña CONSELLEIRA DELEGADA
Dª. Mª Carmen Pardo López DIRECTORA XERENTE DE TURGALICIA
Dª Carmen Pita Urgoiti SECRETARIA DO CONSELLO
Dª María Cayetana Lado Castro-Rei MEMBROS DO CONSELLO
D. Francisco López Rodríguez D. José Luis Mira Lema
Dª María Angeles Antón Vilasánchez D. Manuel Vidal Martín
D. Ignacio Santos Cidrás
D. Joaquín Varela de Limia de Cominges D. José Luis Martínez Parra
D. Enrique Pena González D. Delfín Fidalgo Fernández D. Javier Fernández García D. José Magaz Ledo
D. José Manuel Rodríguez González Dª María Xosé Vega Buján
D. Benigno Miranda García Edita: TURGALICIA Tiraxe: 400 exemplares D.L.: C 4044-2009
Co obxectivo fundamental de procurar o desenvolvemento sostible do Turismo en Galicia e garantir o seu futuro como actividade económica de primeira orde para a Comunidade galega, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo elaborou o Plan de Acción do Turismo de Galicia, un documento marco deseñado a partir das inquedanzas, necesidades e expectativas do sector privado e dos axentes socioeconómi-cos do Turismo galego, que servirá como base para a plasmación das políticas, estratexias e actuacións no eido da ordenación e promoción turísticas a medio prazo.
Entre os grandes obxectivos deste plan, atópanse a desestacionalización da demanda, o incremento do gasto e do rendemento medio, o crecemento da demanda turística en Galicia e a elevación do nivel de competitividade do sector turístico.
Podemos citar como exemplos dos obxectivos específicos do Plan de Acción do Turismo de Galicia a accesibili-dade para o logro da mellora do Turismo para todos, o incremento da cota do Turismo internacional, a mellora da coordinación e cooperación entre os axentes do sector, o desenvolvemento dun modelo de sinalización, o in-cremento da calidade dos servizos, a dotación de ferramentas ao sector privado para a mellora da xestión interna dos establecementos, a maior profesionalización e a consolidación de subsectores específicos como o golf, o Tu-rismo Náutico, o termalismo ou o TuTu-rismo de Reunións.
Con estas premisas, a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, TURGALICIA, elaborou o seu Plan de promoción turística para o ano 2010. Este plan ten moi en conta a celebración do Xacobeo 2010, co obxecto de reforzar a posición de Galicia como destino turístico, pero tamén para sentar as bases de xeito que a promo-ción do Turismo galego non decaia ao remate do Ano Santo e, pola contra, en 2011 a marca turística Galicia sexa moito máis recoñecida e valorada nos mercados turísticos, tanto nacionais como internacionais.
Deste xeito, o plan de promoción da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia para o ano 2010 inci-dirá especialmente:
– Na Marca turística Galicia, e neste Programa de actuacións inclúese, entre outras, a creación da arquitectura da Marca, os seus usos e aplicacións, un Manual de Identidade Corporativa, así como unha gran campaña de comunicación e marketing.
– No apoio de promoción turística á celebración do gran evento Xacobeo 2010.
– No desenvolvemento dun programa de sensibilización e concienciación da cidadanía galega e os profesionais do sector turístico galego co obxecto de facelos partícipes da actividade turística en Galicia, e así valoren a importancia desta.
– TURGALICIA levará a cabo durante o ano 2010 un programa de promoción da gastronomía de Galicia, a través de diversas accións encamiñadas a difundir os nosos valores gastronómicos entre todo tipo de público.
– Na perfecta definición do apoio ás liñas aéreas que vehiculan pasaxeiros-turistas cara a Galicia, sobre todo desde o estranxeiro, co desenvolvemento de accións de promoción claras nos mercados emisores. Esta será a primeira vez que se acometerán estas accións, destinadas a estimular o destino Galicia nas áreas de influenza e nas cidades europeas desde onde partan as compañías de baixo custo con conexión directa á Comunidade galega.
– Na aposta fundamental polas novas tecnoloxías: renovación do portal do Turismo galego www.turgalicia.es para implementar a web 2.0 que facilitará a interactividade cos viaxeiros e usuarios de internet. Neste ámbito, tamén se renovará o Centro de chamadas e información turística e a Central de reservas de Turismo Rural. – No incremento notable do apoio á comercialización dos produtos turísticos galegos que permitan posicionar
de xeito directo os recursos e produtos turísticos galegos.
– A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia desenvolverá tamén o programa Turismo para
todos, un xeito de achegar a moitos colectivos específicos de galegos a nosa oferta e os nosos recursos
turísticos, a través de acordos con outros departamentos da Xunta de Galicia.
– No eido da colaboración transfronteiriza, TURGALICIA asinará un convenio coa Região de Turismo do Porto e Norte de Portugal para desenvolver accións conxuntas que poñan en valor á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como “UN DESTINO, DOUS PAÍSES”.
– Desenvolverá programas de cooperación internacional como a Ruta dos viños de Galicia e o Norte de
Portugal, a acción Viaxando por Besanas, ECA-IT.
– Desenvolverase tamén un Plan de Calidade Turística que ten como novidade o apoio da Administración para a certificación xeneralizada de todos os subsectores turísticos. Ademais os empresarios do sector turístico galego contarán coa axuda da Xunta de Galicia para a renovación das certificación Q, tamén en todos os subsectores turísticos. No ámbito da calidade na oferta e no destino, TURGALICIA apoiará ao longo do ano 2010 a constitución da Delegación Territorial do ICTE na Comunidade galega.
– Dentro da marca España Verde, realizaranse diversas accións de promoción turística conxunta.
A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia ponse así, un ano máis, a disposición da sociedade ga-lega e do sector turístico en particular para afrontar a campaña turística do ano 2010 e apoiar a construción e promoción do Turismo galego do futuro.
Promoción da marca
turística Galicia
1
1 ARQUITECTURA DA MARCA TURÍSTICA GALICIA
Apoio á promoción
e comercialización
do Xacobeo 2o1o
2
1 DIFUSIÓN DO XACOBEO 2010 E O CAMIÑO DE SANTIAGO ENTRE O PÚBLICO FINAL. PROMOCIÓNS ESPECÍFICAS NOS CENTROS COMERCIAIS DAS PRINCIPAIS CIDADES ESPAÑOLAS.
2 DIFUSIÓN DO XACOBEO 2010 E O CAMIÑO DE SANTIAGO ENTRE OS OPERADORES
TURÍSTICOS. CAMPAÑA DE PRESENTACIÓNS DA OFERTA TURÍSTICA GALEGA “BACKSTAGE DO CAMIÑO”.
Sensibilización e
concienciación da
poboación galega en
materia turística
3
1 CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E CONCIENCIACIÓN TURÍSTICA DA POBOACIÓN GALEGA A TRAVÉS DE DISTINTOS MEDIOS E SOPORTES.
2 PROGRAMA “ANFITRIÓNS DE GALICIA”.
3 PROMOCIÓN DOS CENTROS DE INTERPRETACIÓN DOS VALORES CULTURAIS E NATURAIS GALEGOS.
4 PROGRAMA “VENDE GALICIA” PARA TÉCNICOS E PERSOAL DE PROMOCIÓN LOCAL.
5 “GALICIA COMO A SENTES?. “ CAMPAÑA PARA A PARTICIPACIÓN DO PÚBLICO FINAL.
Programa de promoción
da gastronomía de
Galicia
4
1 PROMOCIÓN DE ACCIÓNS DE DIFUSIÓN DOS VALORES GASTRONÓMICOS GALEGOS ENTRE O PÚBLICO FINAL, INTERMEDIARIOS E PRESCRITORES DE OPINIÓN.
2 ACCIÓNS DE PROMOCIÓN NO EXTERIOR A TRAVÉS DOS PROFESIONAIS DA COCIÑA GALEGA. PREMIOS GASTRONÓMICOS.
3 PARTICIPACIÓN EN EVENTOS DIRIXIDOS A PÚBLICOS DE PRESTIXIO. “MILLÉSIME”.
4 PROGRAMA OUTONO GASTRONÓMICO EN TURISMO RURAL.
5 FOLLETO DE GASTRONOMÍA DE GALICIA.
6 TRADUCTOR GASTRONÓMICO.
7 FÓRUM GASTRONÓMICO DE SANTIAGO.
Apoio aos operadores
aéreos que conectan
con Galicia
5
1 CONVENIOS COS OPERADORES AÉREOS QUE VOAN CON GALICIA.
2 CAMPAÑAS DE PROMOCIÓN E PUBLICIDADE NOS MERCADOS EMISORES EUROPEOS DAS COMPAÑÍAS AÉREAS QUE OPERAN CON GALICIA.
1 Directa.
Reforzamento da
aplicación das novas
tecnoloxías
6
1 RENOVACIÓN DO PORTAL DO TURISMO GALEGO WWW. TURGALICIA.ES. IMPLEMENTACIÓN DA WEB 2.0.
2 ACTUALIZACIÓN DA CENTRAL DE RESERVAS DE TURISMO RURAL.
Promoción e comercialización
dos destinos e produtos
turísticos galegos
7
A DESTINOS
1. Programa “Un destino dous países”. Acordo coa Região de Turismo do Porto e Norte de Portugal, para desenvolvemento da Eurorrexión como destino conxunto.
2. Accións de cooperación internacional: programas SUDOE, Viaxando por Besanas, ECA-IT e POCTEP-Rutas dos viños de Galicia e o Norte de Portugal.
3. Accións de promoción en mercados exteriores específicos. 4. Accións de mercadotecnia en Portugal.
5. Novas candidaturas a fondos comunitarios: POCTEP, SUDOE e Cultura 2007-2013.
B PRODUTOS
B.1 TURISMO DE NEGOCIOS
1. Feiras do mercado de congresos, incentivo e reunións. 2. Workshops do mercado de congresos, incentivo e reunións.
3. Deseño e organización de viaxes de familiarización para a promoción do mercado galego. 4. Campaña de publicidade para a promoción do destino Galicia no mercado de congresos,
incentivos e reunións.
5. Accións de cooperación internacional. B.2 TURISMO DE GOLF
B.3 TURISMO IDIOMÁTICO
1. Deseño e organización de viaxes de familiarización para axentes especializados en Turismo Idiomático.
B.4 TURISMO CULTURAL
1. Creación do produto Vilas literarias.
2. Desenvolvemento dun proxecto de animación histórico-cultural no noso patrimonio monumental.
B.5 TURISMO RURAL, ACTIVO E DE NATUREZA
1. Calendario Días Verdes de Galicia/Días Verdes de Ouro. 2. Turismo Rural polos camiños de Santiago: Bono Iacobus. 3. Campaña de promoción do Turismo Rural en medios urbanos. 4. Promoción do Turismo Activo e de Natureza con Turismo Rural. 5. Publicidade específica da oferta de campamentos de Turismo de Galicia. 6. Turismo Ornitolóxico.
7. Implantación de centros BTT e coordinación da rede de centros (bicicleta de montaña). B.6 TURISMO DE AUGA
1. Patrocinio de eventos náuticos. 2. Plan Director de Turismo Náutico.
3. Apoio de promoción ao Turismo Mariñeiro. 4. Termalismo: integración do clúster da auga. 5. Apoio da promoción Balnearios no Camiño.
C DESTINOS E PRODUTOS
C.1 VIAXES DE FAMILIARIZACIÓN.
1. Deseño e organización de viaxes de familiarización para medios de comunicación do exterior.
2. Deseño e organización de viaxes de familiarización para operadores turísticos do exterior. C.2 FEIRAS DE TURISMO
1. FITUR-Madrid (Turismo xeral).
2. SEVATUR-San Sebastián (Turismo xeral). 3. Vigo Náutica Internacional-Vigo (Náutica). 4. TCV-Valencia (Turismo xeral).
5. FERANTUR-Sevilla (Turismo xeral e no espazo rural).
6. SITC-Barcelona (Turismo xeral). 7. Expovacaciones-Bilbao (Turismo xeral). 8. Naturiva-Madrid (Aventura e no espazo rural). 9. Caravaning-Barcelona (Cámping).
10. Salón Náutico de Barcelona (Náutica). 11. Termatalia-Ourense (Turismo de Saúde). 12. Expogalaecia-Vigo (Turismo xeral,
gastronomía e lecer).
13. Agrotur-Cornellà de Llobregat (Turismo no espazo rural).
14. Intur-Valladolid (Turismo de interior). 15. Tierra adentro-Jaén (Turismo xeral).
16. BTL-Lisboa (Turismo xeral). 17. CMT-Stuttgart (Turismo xeral). 18. Boot-Dusseldorf (Náutica). 19. BIT-Milán (Turismo xeral).
20. Salon des vacances-Bruxelas (Turismo xeral). 21. Vakantieveurs-Utrecht (Turismo xeral). 22. FIT-Bos Aires (Turismo xeral). 23. Festival Intercéltico de Lorient-Lorient
(Turismo xeral).
24. Salón Náutico de París-París (Náutica). 25. FREE-Munich (Cámping).
26. Thermalies-París (Turismo de Saúde). 27. Reise camping-Essen (Cámping). 28. WTM-Londres (Turismo xeral). 29. ITB-Berlín (Turismo xeral).
30. ABAV-Río de Xaneiro (Turismo xeral). 31. Luxury Travel Fair-Londres (Turismo de luxo).
C.3 PUBLICACIÓNS TURÍSTICAS E OUTROS ELEMENTOS DE PROMOCIÓN
1. Guía de hoteis e apartamentos turísticos. 2. Guía de campamentos turísticos. 3. Guías de Turismo Rural. 4. Guías de aloxamentos senlleiros.
5. Establecementos certificados coa marca Q. 6. Golf en Galicia.
7. Festas, feiras e romarías.
8. Sendas para descubrir un país (sendeirismo). 9. Rutas por Galicia.
10. Espazos naturais. 11. Actividades mariñas. 12. Turismo Activo.
13. Arquitectura contemporánea. 14. Centros históricos de Galicia.
15. Auga para os sentidos (Turismo de Saúde). 16. Instalacións náutico-deportivas.
17. Galicia, cidades para gozar, cidades para vivir. 18. Rías galegas.
19. Costa da Morte. 20. Mapa turístico.
21. Rueiros das cidades galegas.
22. Mapa turístico en block. 23. Ribeira Sacra.
24. Ferrol e Ortegal.
25. Guías informativas das cidades. 26. Camiño de Santiago.
27. Galería de arte (museos e centros culturais). 28. Folleto de presentación de Galicia.
29. Material promocional do programa Vende Galicia.
30. Libro de imaxe de Galicia. 31. Congresos e incentivos. 32. Terras de Pontevedra.
33. Carteis turísticos de promoción. 34. Escapadas por Galicia.
35. Audiovisuais, copias de vídeos e outros formatos.
36. Adquisición de fotografías. 37. Elementos de marchandising. 38. Agasallos institucionais. 39. Vende Galicia.
C.4 PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS 1. Boletín electrónico (semanal). 2. Noticias Turismo (mensual). 3. Turgalicia (cuadrimestral). 4. Memoria de actividade (anual).
C.5 INVENTARIO DE RECURSOS TURÍSTICOS PARA MATERIAL DE PROMOCIÓN 1. Recompilación de novos contidos e renovación dos existentes.
2. Tradución de contidos.
3. Reportaxes fotográficas de recursos. 4. Estudos piloto de desenvolvemento técnico.
Programa de
calidade turística
8
1 ACCIÓNS DE COLABORACIÓN COA MARCA GALICIA CALIDADE.
2 CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA MARCA DE CALIDADE.
3 CONVENIOS CON OUTROS ENTES.
4 PARTICIPACIÓN EN COMITÉS TÉCNICOS E ORGANIZACIÓN DE FOROS PARA A DIFUSIÓN DA CALIDADE.
5 ACCIÓNS DE PROMOCIÓN DA MARCA TURÍSTICA Q.
6 FORMACIÓN ESPECÍFICA AO SECTOR EN MATERIA DE XESTIÓN DE CALIDADE.
7 IMPLANTACIÓN DE MODELOS DE XESTIÓN DE CALIDADE NOS SERVIZOS TURÍSTICOS DA SECRETARÍA XERAL PARA O TURISMO.
8 FORMACIÓN DE CONSULTORES PARA A IMPLANTACIÓN DA NORMAS UNE.
9 ESTUDO SOBRE ACCESIBILIDADE.
Accións de promoción
coa marca
España Verde
9
1 XORNADAS DIRECTAS.
2 VIAXES DE FAMILIARIZACIÓN PARA XORNALISTAS E AXENTES TURÍSTICOS.
3 PLAN DE PARTICIPACIÓN EN FEIRAS INTERNACIONAIS DE TURISMO.
4 CAMPAÑA DE PUBLICIDADE DA MARCA ESPAÑA VERDE.