Nome e apelidos ...……….
UNIDADE 5: OS SERES VIVOS
A - AS CONDICIÓNS PARA A VIDA
1 - Observa o seguinte esquema indica en que capas desenvólvese a vida na Terra.
Como se chama a capa formada polos seres vivos?
- Atmosfera (parte baixa), hidrosfera e codia (na superficie)
- Biosfera
2 –Nomea as 4 condicións da Terra que fan que sexa un planeta adecuado para a vida:
1- Temperatura media 15º 2-Auga estado líquido
3-Gases necesarios para a vida (O2 e CO2) 4- Soporte para os seres vivos
3 – Explica que 2 condicións axudan a ter unha temperatura media de 15 º C que fan que as temperaturas da Terra sexan suaves
- Distancia axeitada ao Sol: se estivéramos moi preto as temperaturas serían moi altas como en Mercurio e Venus sendo imposible a vida, e se estivéramos moi lonxe como en Marte as temperaturas serían moi baixas c a auga estaría conxelada.
- Efecto invernadoiro da atmosfera: axuda a reter o calor que chega do Sol evitando que escape ao espazo...
4 – Cal e o papel da atmosfera para o desenvolvemento da vida na Terra ( Función protectora, achega de gases e regulación temperatura)
- Función protectora contra as radiacións nocivas do Sol, especialmente a capa de ozono (O3)
- Achega os gases necesarios para a vida da Terra, o O2 para a respiración de moitos seres vivos (hai bacterias que poden vivir sen osíxeno) e o CO2 para a fotosíntese (bacterias, algas e plantas)
- Regula a temperatura mantendo valores constantes: o efecto invernadoiro evita que escape o calor do Sol cara o espazo durante a noite.
5 Cal pensas que é a principal causa de que non exista vida noutros planetas do sistema solar?
Auga en estado líquido
6 – Completa ou indica verdadeiro (V) ou falso (F) segundo corresponda:
1. A vida na Terra desenvólvese nunha delgada franxa que corresponde á parte
2. Dous gases responsables do efecto invernadoiro da Terra e polo tanto de ter unha temperatura media de 15º C son CO2 e H2O
3. A auga do planeta contribúe a que a temperatura da Terra non teña cambios bruscos, por iso dise que actúa de regulador térmico V
4. Ainda que o osíxeno (O2) é imprescindible para a respiración dos seres vivos, existen organismos como as bacterias que poden vivir sen a súa presenza. V 5. O gas necesario para a fotosíntese é CO2
6. O solo aporta ás plantas auga e sales minerais necesarias para a fotosíntese B – ASÍ SOMOS OS SERES VIVOS
7 - Indica que características comparten todos os seres vivos respecto:
- Composición química: formado por un tipo especial de moléculas, chamadas biomoléculas que poden ser orgánicas (Proteínas, hidratos de carbono, lípidos e ácidos nucleicos) ou inorgánicas (sales minerais e auga)
- Formados por: células
- Funcións vitais: nutrición , relación e reprodución
8 - Completa:
1. A materia do universo está formada por unhas unidades moi pequenas chamadas átomos A súa vez estes únense formando compostos máis complexos denominados moléculas as qiue forman parte dos seres vivos denomínanse biomoléculas, que poden ser de 2 tipos:
2. - Inorgánicas : atópanse tanto na materia viva como na inerte (non viva) . Son a. Auga
b. Sales minerais
3. - Orgánicas: atópanse en exclusiva nos seres vivos. Son:
a. Lípidos
b. Hidratos de carbono c. Ácidos nucleicos (ADN) d. Proteínas
9 - Nomea e explica en que consisten as tres funcións dos seres vivos
Nutrición: obter substancias do medio para obter enerxía e materia para o noso corpo Relación: percibir os cambios do ambiente (estímulos) e responder ante ela
Reprodución: capacidade dos seres vivos para xerar descendencia e perpetuar a especie
10 - Completa a seguinte táboa segundo os 2 tipos de nutrición Toman do
medio Precisan enerxía? Realizan transformación da materia?
Exemplos
AUTÓTROFA Nutrientes inorgánicos (auga, sales minerais)
Si .
Normalmente a solar na fotosíntese.
(hai bacterias que poden sacar a enerxía doutras fontes)
Si de inorgánica a orgánica
Plantas Algas Bacterias
HETERÓTROFA MATERIA ORGÁNICA:
outros seres vivos ou restos
non non Animais
Fungos Protozoos Bacterias
11 - En que consiste a fotosíntese? A que tipo de nutrición corresponde?
Transformación da materia inorgánica (auga, sales minerais e dióxido de carbono) en orgánica usando a enerxía solar
Corresponde á nutrición autótrofa
12 - Completa a seguinte táboa segundo os 2 tipos de reprodución Nº INDIVIDUOS Presenza de células
sexuais especializadas Exemplos
ASEXUAL 1 non Esgallos nas
plantas Bacterias Protozoos Algas Fungos
SEXUAL 2 Si, os gametos (óvulo
feminino e espermatozoide masculino)
Animais Plantas
(polinización das flores)
AS CÉLULAS E OS SEUS TIPOS 13 - Define que é unha célula:
É a unidade mínima de vida (realiza as 3 funcións vitais: relación , nutrición e reprodución) , son microscópicas non sendo visibles a simple vista
14 – Nomea as tres estruturas básicas dunha célula: indicando a súa función,
• Membrana plasmática: envoltura moi fina que rodea a célula e regula o intercambio de substancias co exterior
• Citoplasma: líquido espeso que enche o interior celulares
• Material xenético: substancia que controla o funcionamento celular 15 Completa os seguinte esquemas
Tipos de células
- Células moi sinxelas e pequenas
- O ADN disperso no citoplasma - Característico das bacterias
procariota
- Células mais complexas e grandes - O ADN dentro dun orgánulo, o núcleo - Característico do resto dos seres vivos
Nutrición autótrofa:
realizan a fotosíntese nos cloroplastos
Nutrición heterótrofa
eucariotas
vexetais animais
16 - Sinale cales das seguintes características son propias dunha célula procariota, eucariota ou ambas
PROCARIOTA EUCARIOTA AMBAS
ADN libre no citoplasma
x
Posúen membrana plasmática
x
Constitúen unicamente organismos
unicelulares
x
Posúen moitos tipos de orgánulos no
citoplasma
x
Posúen ribosomas
x
Posúen ADN
x
Poden construír organismos unicelulares ou
pluricelulares
x
Son características das bacterias
x
Poden posuír parede celular (Parede de
celulosa vexetal)
x
Son características de plantas, animais,
fungos, algas...
x
17 -Debuxa unha célula animal indicando no debuxo as seguintes estruturas e a súa función:
Membrana plasmática, citoplasma, núcleo , lisosomas, centriolos, mitocondrias e ribosomas
• Membrana plasmática: envoltura moi fina que rodea a célula e regula o intercambio de substancias co exterior
• Citoplasma: líquido espeso que enche o interior celular
• Núcleo: orgánulo limitado por unha membrana onde se atopa o material xenético que controla o funcionamento celular
• Lisosomas: orgánulo onde a célula dixire os nutrientes
• Centriolos: orgánulo que intervén na división celular e na formación de cilios e flaxelos
( filamentos responsables de movementos)
• Mitocondrias: orgánulo onde ten lugar a respiración celular mediante a cal a célula obtén enerxía
• Ribosomas: orgánulos onde a célula fabrica as proteínas
18 - Indica as principais diferenzas entre a célula animal e vexetal
A célula animal posúe:
- Centriolos: orgánulo que intervén na división celular e na formación de cilios e flaxelos ( filamentos responsables de movementos)
A célula vexetal posúe:
- Cloroplastos: onde realiza a fotosíntese - Grandes vacuolos onde almacena substancias
- Parede celular de celulosa: que da consistencia á célula
A CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS
19 - Axudado de internet, completa a seguinte táboa respecto os diversos taxóns de varias especies
Nome vulgar
Taxón Lobo
Reino Animalia
(Animal)
Vexetal
Filo Chordata
(Cordados)
Artrópodos
Clase Mammalia
(Mamíferos)
Cefalópodos
Orde Carnívora
(Carnívoros)
Familia Canidae
(Cánidos)
Xénero Canis
Especie Canis lupus
20 – Explica que é o nome científico. Que vantaxes aporta o seu uso?
O nome científico é o nome que os científicos asígnanlle a cada especie. Foi ideado no século XVIII por Carl von Linneo, e consta de dúas palabras: a primeira é o nome do xénero e a súa primeira letra escríbese con maiúscula; a segunda palabra vai sempre en minúscula. As dúas palabras xuntas constitúen o nome da especie. Por exemplo o lobo corresponde ao xénero Canis e á especie Canis lupus.
O nome vulgar das distintas especies pode variar dun lugar a outro, o nome científico ao ser igual en todas partes permite recoñecer a unha especie independentemente do idioma usado,así como saber con que xénero está emparentado.
21 - Que é a taxonomía?
É a ciencia que se encarga da clasificación dos seres vivos
22 - Que é unha especie?
É o conxunto de individuos con características similares que poden reproducirse entre si e dar descendentes fértiles.
Por exemplo o cabalo (Equus caballus)e o burro (Equus africanus) son considerados distintas especies xa que aínda que poden reproducirse entre si (orixinan a mula) está non é fértil e non pode ter descendencia.
NIVEIS DE ORGANIZACIÓN: Os cinco reinos
23 - Completa a seguinte táboa segundo a organización dos seres vivos Nº
Células
Funcioname nto das células
Tipo de
célula Exemplos
Unicelulares 1 Realiza
todas as funcións
Procariota ou
eucariota
Bacterias, Protozoos Algas microscópicas e fungos microscópicos (lévedos)
Pluricelulares Moitas Funcionan como un todo intregrado
Eucariota Algas macroscópicas Fungos
Animais e plantas
24 - Indica de mais sinxelo a complexo os diferentes niveis de organización das células dos seres pluricelulares
Tecidos --> Órganos --> .
25 - Completa a seguinte táboa sobre a clasificación dos seres vivos en 5 reinos 5 REINOS Moneras Protoctistas Fungos Plantas Animais
Tipo celular (eucariota/pro
cariota)
procariota eucariota eucariota eucariota eucariota Unicelulares /
pluricelulares
Unicelulares Unicelulares/
pluricelulares
Unicelulares/
pluricelulares
Pluricelulares Pluricelulares Presentan
tecidos?
Non Non Non Si Si
Tipo nutrición Autótrofa/
Heterótrofa
Autótrofa/
Heterótrofa
Heterótrofa Autótrofa Heterótrofa
Exemplos Bacterias Protozoos Algas
Cogomelos Mofos Lévedos(ferm
entos)
Árbores Fentos...
Insectos Mamíferos...
- Aparatos - Sistemas
RESUMO:
CARACTERÍSTICAS DOS SERES VIVOS
Os seres vivos teñen unha composición química similar, exclusiva da materia viva. Están formados por unidades estruturais e funcionais denominadas células Todos os seres vivos e realizan as tres funcións vitais nutrición, relación e reprodución
Os organismos segundo a forma de obtención das substancias que necesitan para vivir poden ser autótrofos: se fabrican a súa propia materia orgánica a partir da materia inorgánica e unha fonte de enerxía;
ou heterótrofos se toman a materia orgánica elaborada por outros seres vivos.
Na constitución dos seres vivos interveñen un tipo de moléculas chamadas biomoléculas. Que poden ser de 2 tipos: inorgánicas como auga e sales minerais e orgánicas como hidratos de carbono, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos.
A CÉLULA E ORGANIZACIÓN CELULAR
Todos os seres vivos están formados por células.
Todas as células comparten unha organización común na que destacan as seguintes estruturas:
• Membrana plasmática
• Citoplasma.
• Material xenético (ADN).
Dependendo de como se atope o material xenético no interior da célula distínguense 2 tipos celulares:
• Procariota co material xenético no citoplasma.
• Eucariota co material xenético dentro dun orgánulo chamado núcleo.
As células eucariotas a súa vez poden clasificarse en animais e vexetais.
Segundo o número de células os seres vivos poden ser unicelulares e pluricelulares. Nos organismos pluricelulares as células agrúpanse formando tecidos, órganos, aparatos ou sistemas
CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS
A ciencia encargada da clasificación dos seres vivos é a taxonomía, que agrupa os seres vivos en grupos xerarquizados que agrupan outros menores chamados taxóns, dos cales o mais amplo son os 5 reinos, que son:
Moneras..
Protoctistas
Fungos
Plantas
Animais