• No se han encontrado resultados

Xosé María Álvarez Blázquez e a arqueoloxía de resistencia

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2020

Share "Xosé María Álvarez Blázquez e a arqueoloxía de resistencia"

Copied!
12
0
0

Texto completo

(1)

Carlos García Martínez

Museo do Pobo Galego

Fernando Acuña Castroviejo

Universidade de Santiago

Afable, cabal e franco, de conversa cativadora, dono de variados e amplos saberes, atal os dun humanista; esta foi a impresión primeira que nos causou Xosé María Álva-rez Blázquez. En pouco tempo soubemos da súa xenerosidade, do circio compromiso con Galiza e da súa cordial amizade coa que tivo a ben honrarnos.

Aínda que un de nós (FAC) sabía do noso autor dende 1967 por ter frecuentado a almoneda Monterrey, na viguesa rúa de Pi y Margall, a nosa presentación formal ocorreu á altura da primavera de 1968, no que fora Hospital Real de Peregrinos, de Santiago, na grande e cívica homenaxe que se lle tributou a D. Ramón Otero Pedrayo co gallo do seu oitenta aniversario. Fora naquel acto de afirmación galeguista, no que participaría a intelectualidade do país e representacións doutros varios, entre os que destacaba Portu-gal, onde, e pola mediación de Fermín Bouza Brey, coñecemos a moitos dos asistentes, entre eles, Xosé María Álvarez Blázquez. Naquela patriótica xuntanza teriamos un adianto do seu compromiso ao responsabilizarse da edición do orixinal de Xosé Ramón e Fernández-Oxea, Santa Marta de Moreiras, monografía dunha parroquia ourensán (1925--1935), que o autor non conseguira publicar pese a varias tentativas. Para as cuartillas orixinais e os deseños, amarelecidos xa polo tempo, concluía o ir e vir na procura da súa impresión. Coa axuda dalgúns galegos da emigración, o Álvarez Blázquez editor tiraría do prelo o libro escasamente un ano despois, en febreiro de 1969, baixo o carimbo de Edicións Castrelos e do seu persoal coidado, como figura no colofón.

(2)

clasificación, emprego e interpretación; e ao cabo, senlleira, a cista de Atios, nas súas queridas gándaras de Budiño, correspondente a unha das facies culturais da nosa prehis-toria máis descoñecida, xácigo que fornecera interesante enxoval, e que viu a luz en 1970 (Álvarez Blázquez, Acuña Castroviejo, García Martínez, 1970). De par, o labor nas institucións, na fundación e inicial andaina do Museo do Pobo Galego, do que foi Vice-presidente, ou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, tentando proseguir no ronsel marcado polo Seminario de Estudos Galegos.

Xosé María Álvarez Blázquez non chegou a formar parte desta última institución, que tanto e ben fixo pola definición e modernización de Galiza, pese a que denantes do alzamento, que ignominiosamente acabaría co centro, xa tiña publicado un breve arti-go arqueolóxico sobre do castro da Guía, en Tui, na revista Tudedo Instituto desta vila (Álvarez Blázquez, 1935), realizando algunhas prospeccións, como as do castro de Cabe-za de Francos, na vila natal en 1933 e a do castro de San Xoán de Baión, en Arousa, en 1934, cuxos textos redactados en 1948 e 1934, respectivamente, permaneceron inéditos até este ano conmemorativo (Álvarez Blázquez, en Méndez Quintas, 2008: 245-252 e 209-218). Mención especial débese facer da recadádiva de útiles paleolíticos e mesolíti-cos na comarca de Tui, baixo a dirección de D. Manuel Fernández Costas, útiles desti-nados ao museo escolar que se instalara no Instituto de 2º Ensino. Pero se ben non ingre-sou no SEG, o seu traballo inscríbese na tradición que caracterizou a moitos dos homes que o integraron: levar a termo o seu labor abranguendo varios eidos do saber e que Otero Pedrayo xustificaba, por razón do momento e da precariedade da investigación precedente, na premente necesidade de estudar e desvelar a formación histórica de Gali-za e a súa identidade, como elementos chave para toda reivindicación. A esta tarefa dedicou o seu afán aquel centro benemérito e nesta liña o fixo o noso autor, quen habe-ría traballar na arqueoloxía, historia, etnografía, biblioloxía, e tamén destacadamente na creación literaria e no activismo cultural, igual que non poucos ilustres membros do Seminario. O polígrafo que foi Filgueira Valverde, conspicuo representante desta tradi-ción, fixo un acaído retrato:

Xosé María Álvarez Blázquez o mesmo andaba a excavar unha estación paleolítica ou unha cista do Bronce, que salvaba do lume un arquivo, descubría un inédito trascen-dente, rexía unha librería, montaba unha editorial, dirixía unha colleita de publica-cións para o pobo como non houbo outra, escribía o guión dun filme, estrenaba unha peza de teatro, lanzaba unha fermosa novela, daba unha lección maxistral, xogaba cos nenos, parolaba con todos e cantaba na liña da nosa máis inxel tradición lírica, tan afeito ó trato cos poetas dos “Cancioneiros” que podía compor “cantigas de amigo” que graves eruditos tomaban por auténticos froitos de medievo (Filgueira Valverde 1987: 397).

(3)

Desta poliédrica actividade é a materia arqueolóxica a que aquí nos interesa. A súa inclinación por esta comezou axiña, segundo todas as referencias, cando mociño. No libro referido, dise que aquela disciplina fora “unha paixón que prendeu nel nos días da adolescencia tudense” (Álvarez Cáccamo, 2008: 17), paixón que non habería deixalo até a morte. As propias palabras do autor, que naquel se recollen, son esclarecedoras: “O gusto polo primitivo, a simpatía por todo o balbuciente, por todo o que comeza” (Álva-rez Cáccamo, 2008: 176), contribúe a comprender ese afecto pola prehistoria e as arque-oloxías, pola orixe das culturas, das antergas amosas da actividade do home nesta terra. O que era algo inherente á súa personalidade, adquire logo unha dimensión de compro-miso que encontra un campo de traballo idóneo nese estudo das orixes e formación da realidade galega e do noso ser como pobo. En palabras de Álvarez Cáccamo, “Esa pul-sión de regreso á semente nace da necesidade temperamental e política de camiñar na procura das raíces de nós, do ser de Galiza, da matriz que nos explica e xustifica” (2008: 177).

(4)

Xosé María Álvarez Blázquez, como a maior parte dos homes que levaron até os anos sesenta do século pasado o peso do labor arqueolóxico en Galiza, non foi un profesional desta ciencia. A súa formación será a dun autodidacta, que a partir dos primeiros anos da década dos corenta se integra no grupo de investigadores, moitos deles procedentes do Seminario de Estudos Galegos, e que dende o compromiso co país han continuar nuns tempos de opresión a vizosa laboría desenvolvida ao longo do primeiro terzo do século XX, que fora tan violentamente interrompido pola guerra.

Fóra dos traballos da súa adolescencia, algúns deles xa mencionados, será xa andados os anos corenta do século pasado cando a súa tarefa arqueolóxica atinxa un especial rele-vo. Por este tempo debeu estreitar a relación cos estudosos que denantes da conflagra-ción salientaran neste eido, como López Cuevillas e Bouza Brey, e tamén Lorenzo Fer-nández e Fraguas Fraguas, quen pese ás pexas e os riscos existentes, retomaran paseniño o traballo coutado en 1936. A este núcleo hai que engadir os nomes de Taboada Chivi-te, Ferro Couselo e Chamoso Lamas, así como os de Monteagudo García, Sobrino Lorenzo-Ruza ou García Alén (Alfredo) e o propio Álvarez Blázquez, que se irán incor-porando ao longo da década dos corenta e comezos dos cincuenta.

O ermo cultural que se instala logo da guerra e a represión que se exerce marcarán esta nova andaina no proceso de restauración da identidade de Galiza. Esta situación afectará tamén á arqueoloxía, que debe ser caracterizada por eses anos como unha arque-oloxía de resistencia. Desaparecido o Seminario de Estudos Galegos, a institución que abeirara e impulsara todo o frutífero traballo feito na preguerra, unha Universidade na que a arqueoloxía como disciplina académica non contaba (Armada Pita, 2003-2005) e as propias circunstancias persoais dalgúns dos seus investigadores, que haberían aturar represalias e o exilio interior, deseñaban un escenario no que o seu estudo se facía difi-cultoso e nada favorable dende unha perspectiva galeguista (García Martínez, 2007: 53). O desmantelamento do SEG suporá, de par da perda de vidas, a represión e estraña-mento de moitos dos seus membros e a paralización de todo un intento de moderniza-ción do país, no que a investigamoderniza-ción ocupaba lugar fundamental. Tallábase tamén unha forma de traballo interdisciplinaria, innovadora, en equipo, que comezaba a dar exce-lentes resultados, e perdíanse as magníficas relacións establecidas con diversas universi-dades e centros científicos da península e doutros países europeos, tan imprescindibles para a actualización do coñecemento. O campo dos estudos de prehistoria e arqueoloxía tivo na institución un lugar preponderante e abríronse novas perspectivas de análise e sistematización (Prado Fernández, 1997).

(5)

probabilida-de probabilida-de artigos preparados probabilida-denantes probabilida-de 1936. Cunha focaxe posibilista reanúdanse os tra-ballos procurando o abeiro dalgúns museos, como o de Ourense a través do Grupo Mar-celo Macías, que se funda en 1941, ou o de Pontevedra. Particular interese terá a crea-ción en 1944 do Instituto “Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, dependente do CSIC, arremedo do SEG e do que recolle parte dos bens e fondos que lle foran espoliados, e no que superadas non poucas e lóxicas reservas e desconfianzas, ingresarán parte dos homes daquel. Alí atoparán un lugar para desenvolver a súa actividade intelectual e investiga-dora.

O centro estruturarase en Seccións de nomenclatura semellante ás do Seminario, pero excluíndo as de ciencias e a denominada de Ciencias Sociais, Xurídicas e Econó-micas. As limitacións impostas reducen o campo de análise ás disciplinas de contidos máis históricos ou etnográficos. Unha das Seccións máis activas será a de Prehistoria e Arqueoloxía, que dirixirá Florentino López Cuevillas.

Na reorganización da arqueoloxía vai xogar un destacado papel o mestre ourensán, referente sobranceiro na súa investigación e sistematización, quen aglutinará ao seu redor a maioría dos nomes atrás referidos. Pola súa banda, o Instituto Padre Sarmiento dará, en certa medida, cobertura institucional ao labor que nesta nova xeira comeza a se realizar. O recuperado da vella biblioteca do SEG, os materiais bibliográficos que veñen incrementala, as relacións que ao seu través se restablecen ou se inician, e a revista, órgano do centro, Cuadernos de Estudios Gallegos, que posibilitará os intercambios con outras publicacións especializadas, conformarán un razoable esteo, que impulsará a investigación, particularmente a arqueolóxica (García Martínez, 2007).

Un outro factor ha ter a súa importancia nesta etapa na historia da arqueoloxía gale-ga: a chamada Comisaría General de Excavaciones Arqueológicas que, dende a súa cre-ación polo réxime franquista en 1939 e até o inicio dos anos sesenta, monopolizará e con-trolará a práctica da arqueoloxía en todo o Estado. Por este organismo do réxime, orga-nizado en Comisarías Locais, Provinciais e Insulares, e no que formaban dende profeso-res universitarios e conservadoprofeso-res de museos até afeccionados, pasará toda a práctica da arqueoloxía, o que obrigaba a ter a designación de Comisario para efectuar calquera tipo de escavación, que incluso a propia Comisaría General podería financiar. Na práctica e pola súa propia estrutura territorial e local, o seu funcionamento foi relativamente des-centralizado. A situación non deixaba moitas opcións para proseguir no labor de estudo das orixes da xénese histórica de Galiza, sen contar co devandito organismo. Nestas cir-cunstancias e cun sentido posibilista foi aproveitada a organización zonal das Comisarías para desenvolver unha importante tarefa de defensa e recuperación do patrimonio histó-rico-cultural e a investigación, a través das escavacións arqueolóxicas, que dependían da súa autorización e que, en casos, aquela patrocinaba (García Martínez, 2007: 56).

(6)

era Carlos Alonso del Real, que se incorpora en 1955 á cátedra de Prehistoria e Histo-ria Universal Antiga e Media da Universidade de Santiago e que xa desempeñara en Madrid o cargo de Secretario da Comisaría General– sumaríase Xosé María Álvarez Blázquez, que é nomeado en 1949 Comisario Local de Vigo. Como tal haberá desenvol-ver unha sobresaínte acción na localización, salvagarda e estudo de didesenvol-versos xacemen-tos da área urbana e do alfoz da cidade, enriquecendo as salas de Arqueoloxía do Museo Quiñones de León. Abonda neste punto mencionar as súas actuacións nas necrópoles romanas da avenida de Beiramar e da rúa do Areal, co descubrimento das magníficas estelas, datables no século III d. de C., na recuperación da ara de Panxón dedicada a Mercurio, no castro de Vigo ou no significativo xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño (Aguirre, 1964).

As investigacións que se realizan neste período, que abrangue os anos corenta e cin-cuenta do século XX, centráronse fundamentalmente na cultura castrexa, ben conti-nuando os traballos encetados denantes da guerra, caso dos castros do Trega, San Cibrao ou Cameixa, ben iniciando novas escavacións nos de San Millán, Medeiros, Outeiro de Baltar, Elviña, Meirás, Torroso; na cultura megalítica, con intervencións novidosas en túmulos da península do Morrazo; ou na arte rupestre, seguindo e actualizando a liña aberta por Sobrino Buhigas. No que fai ás evidencias culturais máis antergas, paleolítico e mesolítico, a primeira escavación cunha focaxe científica será a da estación das Gán-daras de Budiño, en 1963. Non obstante, os traballos anteriores de Bouza Brey e Álvarez Blázquez relativos aos materiais avulsos procedentes dunha ampla área do Baixo Miño, han constituír un fito no coñecemento das industrias e do mundo paleolítico en Galiza, e sen dúbida o noso autor haberá ser un dos seus máis sobranceiros investigadores.

En efecto. Na súa bibliografía arqueolóxica salientan os traballos dedicados ao pale-olítico do Baixo Miño, que asina xunto co seu dilecto amigo Fermín Bouza Brey. En 1949 e 1953 darán ao prelo senllos estudos relativos aos achados líticos prehistóricos recollidos en superficie; o primeiro deles corresponde á zona de Tui (Álvarez Blázquez e Bouza Brey, 1949: 201-250), –materiais que foran recadados nos anos 1933 e 1934, sendo Álvarez Blázquez estudante de bacharelato– e o segundo aos achados, tamén en superficie, producidos ao longo dos anos corenta e inicios dos cincuenta, nos concellos da Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño (Bouza Brey e Álvarez Blázquez, 1953-54: 5-65).

(7)

sobre de núcleos e sobre de lascas de cuarcita, que se corresponderían coas distintas facies culturais do paleolítico inferior, e tamén do asturiense mesolítico, xuntamente con formas de tradición paleolítica, protoasturiense. Suxiren unha secuencia cultural sen solución de continuidade dende o paleolítico inferior, no plistoceno, até o astu-riense, xa no holoceno, na que a ausencia na zona dos característicos complexos cultu-rais do paleolítico medio e superior europeos, sería ocupada por unha cultura local denominada camposanquiense, apoiando esta hipótese nas teorías que ao respecto adiantara H. Breuil. Sobrancean as semellanzas cos materiais das veciñas estacións por-tuguesas, na procura dunha identidade cultural na área galaico-duriense, e confirman a continuidade dos achados cara ao curso alto do Miño que virán ratificar investigacións posteriores. A ausencia de sílex neste territorio propiciaría a utilización do material local de cantos rodados de cuarcita xerando, xa que logo, unhas industrias de caracte-rísticas diferenciadas e xenuínas (García Martínez, 2001: 161,162). A metodoloxía empregada nestes traballos non tiña ren que envexar a outras publicacións contempo-ráneas; o estudo das pezas sitúase no seu contexto xeográfico e xeolóxico, coa análise das terrazas cuaternarias, e faise tendo en conta a técnica da talla, a pátina, os sinais de uso, etc.

Cómpre subliñar que estamos ante dúas investigacións que defrontan por primeira vez estes complexos períodos da nosa prehistoria cunha óptica de análise de conxunto dun territorio. Evidentemente, ao tratarse de achados avulsos as consideracións que se tiran dos mesmos amosan unha serie de limitacións que hai que ter en conta á hora de valorar estas achegas bibliográficas. Non obstante, podemos consideralas como das máis importantes no estudo do paleolítico galego que se realizaron até a publicación das esca-vacións das Gándaras de Budiño.

No que atinxe a esta estación paleolítica, Álvarez Blázquez terá un protagonismo destacado. Budiño converterase na primeira con materiais aparecidos no seu contexto. Como Comisario Local de Escavacións Arqueolóxicas e unha vez que ten noticia dos primeiros útiles recollidos, realizará varias visitas ao lugar no inverno do 1961-1962, nas que recada, nas terras procedentes dos cortes da explotación de arxila e caolín que cau-sou a descuberta, algo máis de douscentos artefactos, que despois de anos abondo se ins-talarán na sala de Arqueoloxía do Museo de Castrelos, pola que tanto se tiña esforzado. Será el quen lle amose a Emiliano Aguirre e a Desmond Collins, en setembro de 1963, o xacemento que será escavado no verán do mesmo ano (Aguirre, 1964). En 1965 escri-birá o noso autor sobre da importancia dos resultados obtidos:

(8)

Álvarez Blázquez saudou con ledicia a iniciativa do P. Aguirre de converter, co apoio do concello do Porriño, parte do escavado nun museo de sitio, no que se podería con-templar o taller de talla asoellado, xunto cos instrumentos del saídos, ao modo do que se tiña feito no xacemento de Torralba, en Soria. Pronto a ledicia se trocaría en decep-ción ao non realizarse o proxecto.

Unha outra importante achega ao coñecemento da prehistoria galega na que parti-cipou Álvarez Blázquez é, sen dúbida, a descuberta da cista e enxoval de Atios. Nesta freguesía do Porriño e no lugar de Tunés, ao achanzar un terreo, no verán de 1967, deuse cun enterramento en cista que acubillaba un interesante enxoval. Do achado dáse conta ao noso autor, quen acomete a súa escavación de urxencia, que fornecerá dous puñais de cobre, dous pequenos cilindros, de 2,9 e 2,3 cm de diámetro, de finísima lámina de ouro con decoración ondulada en entrantes e saíntes horizontais e un arame espiraliforme en cilindro, de sección romboidal, de prata, de 1,5 cm de altura e 2,1 de diámetro. A impor-tancia do enterramento viña dada tanto polo espolio, como polo feito de estar aquel intacto. No ángulo N.O. da cista situábase unha pedra de seixo, que podería indicar a cabeceira do sepulcro. Con algúns paralelos en Galiza e na fachada atlántica, os mate-riais e o xácigo poden enmarcarse nun horizonte cronolóxico correspondente ao Bron-ce Inicial (1800-1500 a. de C.), momento no que as relacións con outras fisterras do atlántico europeo son xa evidentes e darán lugar a interesantes afinidades culturais (Álvarez Blázquez, Acuña Castroviejo, García Martínez, 1970).

No ámbito da cultura castrexa non son moitos os traballos de Xosé María, pero si sig-nificativos, xa que proporcionan informacións sobre xacementos descoñecidos ou pouco tratados nos que fixo intervencións a principios dos anos 30 e dos que nos deixou uns diarios de escavación que, en parte, reflicten as normas de catalogación que por entón o SEG promulgara (Nós1927).

Xa en 1933 intervén con Fernández Costas en Cabeza de Francos (Pazos de Rei, Tui), un castro próximo ao monte Aloia que algúns autores quixeron identificar co famoso monte Medulio. Alí recuperou un abondoso espolio, depositado daquela no Ins-tituto de Segunda Ensinanza de Tui, que a partir dos debuxos e dos textos leva a unha época romana. Por certo, este xacemento foi visitado por Mergelina, o que amosa os contactos que tiña cos arqueólogos da época (Mergelina, 1944-1945).

(9)

enviarlle a un veciño que traballara con el folletos do SEG (Álvarez Blázquez, en Mén-dez Quintas, 216).

Non será ata os anos 70 cando o ilustre homenaxeado volva atoparse coa cultura cas-trexa. Nesta ocasión nunha operación que tentaría salvar o posible do castro e a necró-pole da illa de Toralla, ameazados pola inminente construción das torres que ao final esmagarían todo o contorno. Alí Xosé María descubriu varias casas, un forno de cerá-mica, un bo lote de cerámica cunha decoración moi rica e variada, unha agulla de coser e un anzol de bronce. Na parte central da illa había varias cistas, que xa visitara Ober-maier, e que pensaba escavar (OberOber-maier, 1923).

Nesta mesma época tamén traballaría no castro de Vigo, no que descubriría catro construcións de planta circular e recuperaría moitos fragmentos de cerámica castrexa, ánforas de distinta tipoloxía, sigillata, fíbulas e fusaiolas moitas delas decoradas. Todo ese material foi depositado no Museo Quiñones de León.

Fóra do campo das escavacións, hai que salientar a súa preocupación pola recupera-ción de pezas e materiais, cumprindo así o seu papel como Comisario. A este respecto interesa aquí dar conta das novas que proporciona a Taboada Chivite co gallo da publi-cación da Escultura celto-romana na serie Cuadernos de Arte Gallegodirixida por el sobre os achados escultóricos en Tui e Gaxate (Acuña, 2007).

No que respecta ao mundo romano o seu labor foi notable e unha mostra deste é a recuperación en épocas difíciles –para o que se valeu do seu cargo honorífico de Comi-sario– de testemuños epigráficos da importancia do grupo de estelas da rúa de Ponteve-dra, as aras de Donón, a ara de Panxón e algunha outra peza de non menor interese.

No ano 1953, con motivo dunhas obras na viguesa rúa de Pontevedra, sita no barrio do Areal, descubriuse unha estela, o que ocasionou a pertinente escavación que permi-tiu localizar trinta pezas enteiras ou fragmentadas dun grandísimo valor tanto pola súa morfoloxía e riqueza decorativa como pola epigrafía, que constitúen un conxunto único no ámbito de Gallaecia (Juliá, 1971).

A nova do achado foi presentada á comunidade científica no III Congreso Nacional de Arqueoloxía que tivo lugar en Galicia e Norte de Portugal no mesmo ano (Álvarez Blázquez, 1955: 462-475) e con posterioridade, xunto con Bouza Brey, foi obxecto dun fascículo das Inscripciones romanas de Galicia no que se recollerían todas as inscricións de Vigo e a súa comarca (Álvarez Blázquez e Bouza Brey, 1961: 5-42).

(10)

día na investigación que se facía fóra de Galicia naquela altura, como se pode ver na bibliografía utilizada (Balil, 1960), xa que son pioneiros en recoñecer a importancia do conxunto para o coñecemento da escultura romana provincial de carácter popular.

Constatan a presenza de clunienses en Vigo (García Merino, 1973) e cren na súa influencia sobre dos artistas indíxenas no que se refire á plástica funeraria, o que hoxe en día non parece viable.

Por último, hai que destacar o estudo global que, xunto con Bouza Brey e Massó Bolí-bar, realiza sobre as aras do santuario galaico-romano do Facho, en Donón, Ío, Cangas, xa que non só estudan unha vez máis o contexto, senón que tamén analizan os aspectos folclóricos xunto á epigrafía, cunhas lecturas que hoxe, cos novos achados tras as esca-vacións levadas a cabo nos últimos anos, non son axeitadas no que se refire ás dedica-cións a Baco mais si no resto das lecturas (Bouza Brey, Álvarez Blázquez e Massó Bolí-bar, 1971). Temos que ter en conta a época na que escriben e o material que tiñan á man, mais o fundamental é o recoñecemento da existencia dun santuario galaico roma-no, até entón unha novidade na Galicia antiga. Anos despois desta publicación Isidoro Millán publica o conxunto das aras do Museo Quiñones de León e mais as do Museo Provincial de Pontevedra, chegando a unhas conclusións que hoxe en día están supera-das pero que tiveron a súa importancia naquel momento (Millán González Pardo, 1978). Nos últimos anos realizáronse escavacións no monte do Facho, que tiveron como principais resultados o recoñecemento dun asentamento castrexo e a utilización poste-rior, nunha área diferente, como santuario galaico-romano, xa en tempos serodios sécu-los II-IV (Schattner, Suárez Otero e Koch, 2006).

Nunha recente exposición no Museo Quiñones de León púidose ollar toda a histo-ria deste xacemento e os principais protagonistas da súa descuberta e divulgación (VV.AA., 2005).

Completan este traballo a ara dedicada a Mercurio procedente de Panxón, tres ladri-llos con signos zodiacais que destacan polo novidoso e unha pía hexagonal localizados en Oliveira (Teis).

Por outra banda, como home inquedo que era, sempre andou á procura de docu-mentos e notas que puideran reflectir a nosa historia. E así recuperou as notas manus-critas do século XIX sobre os achados de Panxón, nas que se falaba da descuberta do mosaico con temática mariña, que formou parte da Colección Blanco-Cicerón, das moe-das atopamoe-das e doutros restos romanos.

(11)

O tempo da posguerra, no que realizou parte importante dos seus traballos, non era nada propicio para aqueles que defendían a identidade nacional de Galiza. Con todo, retomaron en circunstancias moi adversas, mesmo para o ámbito das disciplinas men-cionadas, unha laboría que fora drasticamente coutada, e que pode cualificarse como unha arqueoloxía de resistencia. Para desenvolver o seu quefacer naquela complexa etapa resultou fundamental o ter desempeñado o comisariado local de escavacións, xa que dende ese posto puido canalizar as súas inquedanzas investigadoras e grazas a estas e ao seu prestixio intervir, escavar e axudar a recuperar materiais tan importantes coma os das Gándaras de Budiño, Atios, as estelas funerarias de Vigo e tantas outras pezas que hoxe figuran no Museo Quiñones de León en Vigo, que tanto lle debe.

Xosé María Álvarez Blázquez non foi un arqueólogo profesional, a súa formación foi fundamentalmente autodidacta e, como outros moitos investigadores destas disciplinas, moveuse na órbita de Florentino López Cuevillas, paradigmático expoñente da liña galeguista no estudo e valoración dos feitos arqueolóxicos, tentando tirar deles aspectos definidores dunhas específicas culturas, que contribuirían á conformación do feito dife-rencial de Galiza, achándose naquelas o celme da súa identidade. En definitiva,o idea-rio do Grupo Nós: historia e cultura xenuínas, substanciais para afiuzar a conciencia colectiva como pobo.

BIBLIOGRAFÍA

Acuña Castroviejo, Fernando (1987): “Novas pezas campaniformes de Budiño (Porriño-Pontevedra)”, Cas-trelos0, pp. 55-60.

Acuña Castroviejo, Fernando (2007): “Reflexións sobre A escultura celto-romanade D. Xesús Taboada Chivi-te”, B. Avr.XXXVII, pp. 153-162.

Aguirre, E. (1964): Las Gándaras de Budiño, Porriño (Pontevedra). EAE31.

Álvarez Blázquez, José M.ª (1955): “Hallazgo de estelas funerarias romanas en Vigo (Pontevedra)”, III CAN

(Vigo 1953), Zaragoza, pp. 462-475.

Álvarez Blázquez, Xosé M.ª (1953-54): “Estudo da estación Paleolítica das Gándaras de Budiño (Ponteve-dra)”, Grial9, pp. 374-375.

Álvarez Blázquez, José M.ª e Bouza-Brey, Fermín (1949): “Industrias paleolíticas de la comarca de Tuy”, CEG

IV, pp. 201-250.

Álvarez Blázquez, José Mª e Bouza-Brey, Fermín (1961): “Inscripciones romanas de Vigo”, CEGXVI, pp. 5--42.

Álvarez Blázquez, J. Mª, Acuña Castroviejo, Fernando e García Martínez, M. Carlos (1970): “Cista y ajuar funerario de Atios (Porriño)”, CEG XXV, pp. 20-36.

Álvarez Cáccamo, Xosé M.ª (2008): Tempo do pai. Vigo: Galaxia.

Armada Pita, Xosé Lois (2003-2005): “Los orígenes de la arqueología universitaria en Galicia”, in Cabrera Valdés, V. e Ayarzagüena Sanz, M.: El nacimiento de la Prehistoria y de la Arqueología científica. Archaia3, 4 e 5, pp. 257-265.

(12)

Bouza Brey, Fermín e Álvarez Blázquez, Xosé M.ª (1953-54): “Industrias paleolíticas do Baixo Miño (conce-llos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Oia)”, TAE XIV, pp, 5-65.

Bouza Brey, F., Álvarez Blázquez, José M.ª e Massó Bolibar, Enrique (1971): “Las aras del santuario galaico--romano de Donón (Hío-Cangas)”, CEG XXVI, pp. 64-81.

Fernández Costas, Manuel (1929): “As industrias líticas da Guardia. Novas estazóns”, Nós64, 65, 66, passim. Fernández Costas, Manuel (1930): “Notas encol do Asturiense na bisbarra d’A Guardia. Campaña de 1929”,

Nós83, pp. 212-217.

Filgueira Valverde, Xosé (1987): Adral V. Sada: Ediciós do Castro.

García Martínez, Carlos (2001): “Bouza Brey e a prehistoria de Galicia”, in Xornadas sobre Fermín Bouza Brey. Santiago: Xunta de Galicia, pp. 151-166.

García Martínez, Carlos (2007): “Notas arredor de Xesús Taboada, arqueólogo”, B.Avr.XXXVII, pp. 47-76. García Merino, Carmen (1973): “Las tierras del Noroeste de la Península Ibérica: Foco de atracción para los emigrantes de la Meseta en época romana”, HA 3, 9-28.

Julia, Dolores (1971): Étude épigraphique et iconographique des stèles funeraires de Vigo. Heidelberg: F.H. Kerle. Méndez Quintas, Eduardo (coord.) (2008):Homenaxe a X. M. Álvarez Blázquez(1). Escritos sobre arqueoloxía de Xosé María Álvarez Blázquez. Vigo: Instituto de Estudos Miñoranos.

Méndez Quintas, Eduardo (2008): “A arqueoloxía e X. M. Álvarez Blázquez”, Escritos, cit., pp. 19-39. Mergelina, Cayetano de (1943-1944): “La citania de Santa Tecla. La Guardia (Pontevedra)”, BSEAAVXI, pp. 13-54.

Millán González-Pardo, Isidoro (1978):Sobre las aras del santuario de Donón (Hío, Pontevedra): Supuestamente dedicadas a Liber. Vigo: Concello de Vigo.

Seizón de Prehistoria do SEG (1927): “Catálogo dos Castros Galegos. Verbas preliminares”, Nós46, 18. Obermaier, Hugo (1923): “Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia”, BCPMHAOVII, núm. 148-149, 1-23 e 25-48.

Prado Fernández, Otilia (1997): Aportación do Seminario de Estudos Galegos á Arqueoloxía: Unha revisión. I Pre-mio Xesús Ferro Couselo, Valga: Concello de Valga

Schattner, Thomas G., Suárez Otero, José e Koch, Michael (2006): “Monte do Facho (O Hío, Prov. Ponte-vedra) 2004: Bericht über die Ausgrabungen im Heiligtum des Berobreus”, MM47, pp. 169-192.

Referencias

Documento similar

Ángel María Carracedo Álvarez, Paula Sánchez Diz, María José Brión Martínez. Sandra Feijoo

[r]

Compartió que como parte de la estrategia se decidió enfocar la investigación en ocho áreas de enfoque estratégico: Biotecnología y Alimen- tos, Mecatrónica e

Proponemos que en principio se ponga atención a aquellos factores que ya fueron probados como relevantes para el caso de la Reserva Manuripi, que según el estudio de Espinoza

El análisis de redes de interacción ofrece la posibilidad de res- ponder a preguntas muy interesantes en estudios de ecología apli- cada. Los nidales artificiales son una

Estructura de la población bacteriana total (ADN) en la rizosfera de las diferentes especies vegetales y en el control de suelo desnudo..

equiseti, Macrophoma, Stemphylium, Verticillium y Ulo- cladium tan solo fueron aislados en uno de los análisis realizados (Tabla 4). De acuerdo con su expresión a lo largo de

Formación arbolada densa de alcornoques con matorral Con una superficie total de 10 760 ha, para esta estructura de alcornocal se observa en promedio un aumento de 1.98% en el ín-