• No se han encontrado resultados

ARTIGO 407 GRADO I PROTECCIÓN ARQUEOLÓXICA INTEGRAL

In document CONCELLOS LÁNCARA. Anuncio (página 192-194)

TITULO VI.- NORMAS DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL

ARTIGO 407 GRADO I PROTECCIÓN ARQUEOLÓXICA INTEGRAL

1. CONCEPTO

Inclúe o xacemento ou elemento arqueolóxico propiamente dito, segundo a delimitación realizada durante a prospección. A mesma protección alcanza aos xacementos declarados oi incoados con base ao establecido na lexislación estatal ou autonómica sobre patrimonio cultural.

2. DELIMITACIÓN

a) A delimitación inclúe toda a superficie ocupada polo xacemento arqueolóxico, quedando fixados os seus límites polas estructuras máis externas do ben en cuestión, ademáis do entorno máis inmediato en todo o seu perímetro.

b) A delimitación grafiase nos planos de ordenación coa denominación correspondente. 3. USOS PERMITIDOS

Nas superficies incluidas nesta delimitación tan só se permitirán realizar actuacións encamiñadas á conservación, mellora ou posta en valor do elemento e o entorno protexido, sempre e cando a Consellería de Cultura otorgue o permiso necesario.

ARTIGO 408.- GRADO II.-PROTECCIÓN ARQUEOLÓXICA CAUTELAR

1. CONCEPTO

a) Refirese ao espazo comprendido por aqueles xacementos o bienes arqueolóxicos catalogados que presentaban altos niveis de alteración, ou en aqueles onde a definición espacial e adscriptiva non puido ser determinada de forma concreta.

b) Recolle igualmente os entornos inmediatos dos outros xacementos catalogados nos que, ainda que non son visibles, poidan existir restos arqueolóxicos, e onde a transformación no uso do solo, suponría ademais un grave impacto sobre as súas condicións ambientaies e espaciais, conformándose aquí como protección complementaria ao Grado I.

2. DELIMITACIÓN

a) Nos seus límites recollense todos aqueles terreos que marcan o entorno circundante do xacemento catalogado, así como as zonas nas que se localizan materiais arqueolóxicos significativos.

b) A delimitación grafiase nos planos de ordenación coa denominación correspondente. 3. USOS PERMITIDOS

a) Nas zonas comprendidas nesta delimitación, admitense todas aquelas actuacións permitidas na presente Normativa para a clase e categoría de solo afectada pola delimitación arqueolóxica cautelar, sempre e cando se cumplan os requisitos establecidos no apartado 4 seguinte. En todo caso, establecese a priori a primacía da conservación das estructuras arqueolóxicas que poidan ser descubertas.

b) Os usos agrícolas poderán realizarse, sen cumplir os requisitos establecidos no apartado 4 seguinte, sempre e cando no alteren o sustrato arqueolóxico, ni precisen da modernización da explotación con novas instalacións. c) Os movementos de terra en xeral (excavacións, recheos, apertura de pistas, etc.), a plantación e arranque de

árbores, as instalacións aéreas ou subterráneas, así como a apertura de pozos e minas deberán igualmente cumplir previamente as pautas establecidas nos requisitos do apartado 4 seguinte.

4. REQUISITOS

a) Calquera intervención no área de protección cautelar por aplicación das condicións establecidas nesta Normativa, requerirá autorización previa ao outorgamento da licenza de A Consellería de Cultura e Turismo. A Consellería de Cultura e Turismo resolverá a conveniencia e viabilidade de ditas solicitudes, que poderán estar condicionadas á realización dunha intervención arqueolóxica previa á concesión da licenza, ou simultánea á realización das obras, e que en todo caso, determinarase no informe da Consellería de Cultura e Turismo.

b) De ser así, a administración competente determinará si procede paralizar as obras e ordenar algún tipo de intervención.

ARTIGO 409.- GRADO III.-PROTECCIÓN ARQUEOLÓXICA PREVENTIVA

1. CONCEPTO

Recolle aquelas zonas ou áreas catalogadas nas que, por referencias uo indicios, poidan existir restos arqueolóxicos actualmente visibles.

2. DELIMITACIÓN

a) Dentro dos seus límites recollense as superficies das zonas nas que existe algunha referencia bibliográfica ou oral á aparición de restos arqueolóxicos e aquelas outras nas que, pola modalidade de emprazamento ou indicios toponímicos, puidera supoñerse a localización dun ben deste tipo.

b) A delimitación grafíase nos planos de ordenación coa denominación correspondente. 3. USOS PERMITIDOS

Nas zonas comprendidas nesta delimitación, permitense todas aquelas actuacións establecidas na presente Normativa, para a clase e categoría de solo afectada pola delimitación arqueolóxica preventiva, así como os usos agropecuarios sempre e cando se cumplan os requisitos establecidos no apartado 4 seguinte.

4. REQUISITOS

Calquera tipo de obra que se pretenda realizar nestas zonas e que supoña o movemento de terras que poida alterar o subsolo ou o sustrato arqueolóxico, requerirá a perceptiva autorización previa ao outorgamento da licenza da Consellería de Cultura e Turismo.

ARTIGO 410.- GRADO IV.- PROTECCIÓN ARQUEOLÓXICA PUNTUAL

1. CONCEPTO

Recolle tódolos elementos soltos e achados varios, catalogados que, pola súa condición moble, requiren trato específico.

2. DELIMITACIÓN

a) Os límites desta modalidade de protección Arqueolóxica veñen marcados polos do propio elemento, clasificado no catálogo como achado, afectando exclusivamente ao obxecto en sí, no caso de acometer calquera tipo de obras ou modificacións no solo do espazo en que se ubican actualmente e, en xeral, de todas aquelas iniciativas que precisen de licenza municipal.

b) A delimitación grafiase nos planos de ordenación coa denominación correspondente. 3. USOS PERMITIDOS

Ante a posible modificación dos usos do solo no espazo en que se ubica o achado, a efectos de salvaguardar e protexer o elemento así catalogado da súa destrucción ou alteración, tanto no caso de que se trate de obxetos hoxe exentos como que se atopen insertos noutra estructura maior , non se permitirá o seu deterioro por razóns de agresións as súas características actuais, ben sexa en tamaño, forma ou aspecto.

4. REQUISITOS

a) No caso de que se produxese calquera tipo de traslado do lugar en que se atopen actualmente, éste deberá ser comunicado e posto en coñecemento tanto do propio Concello como do órgano competente dentro da Consellería de Cultura.

b) Se o elemento catalogado se atopa inserto noutra estructura arquitectónica maior (muro, valado, vivenda, etc) e dita estructura fose demolida o remodelada, tal actuación deberá ser comunicada á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

ARQUEOLÓXICO

1. Calquera clase de obra que afecte ao subsolo terá que ser informada polo Organismo Competente da Consellería de Cultura, quen determinará a viabilidade da mesma e a necesidade de acometer unha intervención arqueolóxica. Esta, salvo excepcións, deberá ser realizada antes da concesión de licenza municipal de edificación. En función dos resultados da intervención arqueolóxica, o Organismo Competente da Consellería de Cultura informará, con carácter vinculante, sobre a viabilidade das obras que afecten aol subsolo (cimentacións, sotos, etc.), o sobre as condicións de conservación de restos arqueolóxicos que terá que reunir o proxecto de edificación, podendo en todo caso, condicionar o proxecto constructivo na súa integridade.

2. En solo urbanizable ademais da aplicación da normativa anterior no seu caso, a redacción de planeamento de desenvolvemento (plans parciais) deberá estar supeditada aos resultados dunha intervención arqueolóxica previa, coa finalidad de delimitar o xacemento e delimitar as áreas que deberán ser obxecto de protección arqueolóxica especial. Os Plans Parciais tratarán que estas zonas sexan incluidas preferentemente nos terreos cedidos ao Concello, e serán sometidos ao informe do Organismo Competente da Consellería de Cultura. En todo caso, os estudios de detalle e proxectos de urbanización e edificación, deberán contar con medidas de protección do xacemento arqueolóxico, se é o caso, e ser informados polo Organismo Competente da Consellería de Cultura, con carácter vinculante, no que afecta ás medidas de conservación dos restos arqueolóxicos.

3. Nas áreas de cautela e respeto destos elementos, deberase ter en conta que os usos non incidan negativamente ou a conservación ou visualización do ben, primando as calificacións de espazos libres e zonas verdes nas áreas afectadas.

In document CONCELLOS LÁNCARA. Anuncio (página 192-194)