TITULO VI.- NORMAS DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL
1. NIVEIS DE PROTECCIÓN
Para os edificios, conxuntos e elementos protexidos, o PXOM establece tres niveis de protección en función dos valores a protexer.
a) NIVEL I.- PROTECCIÓN INTEGRAL b) NIVEL II.- PROTECCIÓN ESTRUCTURAL c) NIVEL III.-PROTECCIÓN AMBIENTAL 2. ÁREAS DE PROTECCIÓN
a) Os bens incluidos no Catálogo deste PXOM que sexan declarados B.I.C o que se inclúan no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia ao que se refiere o Art. 17 da LPCG, aplicaraselles as determinacións legais aplicables para ditos bens.
De acordo co establecido no art. 44.5 da lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia, no caso de entornos de monumentos declarados BIC, integrados nun conxunto historico que conten cun Plan Especial de Proteccion, rexirase, polas determinacións establecidas no art.47.2 da citada lei, en consecuencia o Concello será competente en autorizar as obras nos entornos de ditos monumentos, dando conta á Conselleria de Cultura e Deporte.
b) Para o resto de elementos inventariados recollidos no catalogo do presente PXOM establecense unhas áreas de protección arredor de cada un dos bens non incluidos nas categoría anterior sen perxuicio de que calquera intervención que lles afecte directamente, requera, previa a calquera licenza, a autorización do Órgano Competente da Consellería de Cultura.
As áreas de protección para os elementos puntuais, dentro das cales é necesaria, previa a calquera solicitude de licenza, a autorización previa da Conselleria de Cultura e Deporte, grafianse nos planos de ordenación específicamente para cada elemento, adaptándose, para os elementos protexidos en solo de núcleo rural á trama existente e para os elementos protexidos en solo rústico, os elementos naturais (camiños, ríos, parcelario…).
b)-1 Para establecer a delimitación do “área de protección”, partese dunha delimitación previa que estará constituida por unha franxa cunha profundidade (de referencia) medida dende o elemento o vestixio máis exterior do ben que se protexe de:
50 metros, cando se trate de elementos etnográficos (hórreos, cruceiros, petos, muíños, etc).
100 metros, cando se trate de elementos arquitectónicos (monasterios, igrexas, capelas, santuarios, cemiterios, pazos, edificios sinalados, castelos, pontes, fontes, etc).
Cando varios elementos singulares se articulen nun conxunto, ou área de protección trazarase a partir dos elementos máis exteriores do conxunto e abarcando á totalidade daquel.
b)-2 Posteriormente a delimitación previa reaxustase, en solo urbano e en solo de núcleo rural, ás zonas de ordenanza establecidas, parcelas, viario, etc e, en solo rústico ás referencias físicas, elementos xeográficos e naturais (camiños, ríos, parcelario…).
c) Ademáis, os bens de carácter etnográfico que constitúen restos físicos do pasado tecnolóxico, son susceptibles de ser estudados con metodoloxía arqueolóxica, polo que lles será de aplicación o disposto na Lei 8/95, do Patrimonio Cultural de Galicia.
ARTIGO 398.- INTERVENCIÓN E CONDICIÓNS DAS ACTUACIÓNS NAS ÁREAS DE PROTECCIÓN
1. Calquera intervención que afecte a un ben catalogado ou á súa “área de protección”, necesitará o informe preceptivo e vinculante da Consellería de Cultura e Deporte, conforme ao establecido nos Arts. 37, 52 e 54 da Lei 8/95 de Patrimonio Cultural de Galicia.
2. Nas “áreas de protección” definidas no artigo anterior, serán de aplicación as condicións establecidas na zona ou zonas de ordenanza establecidas nas distintas clases e categorías de solo, comprendidas no interior da delimitación do área de protección, coas limitacións seguintes:
a) EDIFICACIÓNS E construciÓNS
a)-1 Fachadas: As fachadas deberán ser acordes coas características do entorno de protección en que se atopan en canto a; materiais, tipoloxía, ocos, etc.
a)-2 Alturas: As alturas das edificacións, nos casos non definidos nos planos de ordenación, ou remitidos a planeamento posterior, deberán permitir a consecución dun entorno visual coherente en especial cando exista pendente no terreo e en ningún caso poderán dificultar ou impedir a contemplación dos elementos protexidos. a)-3 Elementos e corpos saíntes das edificacións: Cando non estén expresamente prohibidos, deberán ser
coherentes e armónicos en canto a dimensións, formas e materiais co entorno de protección no que se atopen.
a)-4 Escaparates, e elementos de publicidade e outros: A tipoloxía e materiais dos escaparates, marquesinas, toldos e publicidade serán coherentes e armónicos en canto as súas dimensións, formas, materiais e contido co entorno de protección no que se atopen.
b) CERCAS E PECHES
b)-1 Os peches poderán ser opacos ata unha altura de 1,50 m, con materiais e formas tradicionais do lugar que non impidan a contemplación dos elementos protexidos.
b)-2 Na formación de portais de acceso, poderase chegar ata unha altura máxima de 2,50 metros, en unha lonxitude que non supere os 3,00 metros de frente., para evitar a rotura co entorno visual do ben protexido e o seu entorno.
b)-3 Nos peches perimetrais dos lindeiros que non sexan frente de parcela, a altura do peche no poderá sobrepasar 1,50 metros, para evitar a rotura con o entorno visual do ben protexido e su entorno.
b)-4 Prohibense nas novas construcións, as bufardas e elementos alleos á tipoloxía da zona. c) VÍAS E CAMIÑOS
c)-1 Ampliación de camiños: No caso de ampliación de camiños existentes, nas áreas de protección de elementos catalogados, que afecten ao solo de núcleo rural, manterase o carácter tradicional de estos viais.
c)-2 Firmes: Calquera intervención no firme dos viais existentes no área de protección dos elementos catalogados, en solo de núcleo rural, responderá en canto a pavimentos e trazado ás características tradicionais da zona. d) INFRAESTRUTURAS DE SERVIZOS, EN ÁREAS DE PROTECCIÓN DE ELEMENTOS CATALOGADOS
d)-1 Minimizarase o impacto das infraestruturas de servizo, prohibíndose os tendidos aéreos.
d)-2 Con carácter xeral prohíbense nos entornos dos bens protexidos as instalacións eléctricas, telefónicas, e calesqueira outras de carácter exterior, tanto aéreas como apegadas a fachadas, que terán que ser soterradas. Poderán exceptuarse desta prohibición aqueles casos nos que o soterramento presente dificultades técnicas insalvables ou poidan supor danos no conxunto ou ben a protexer.
d)-3 As pantallas de recepción de ondas, antenas de televisión e dispositivos similares situaranse en lugares que non distorsionen a imaxe do conxunto ou poñan en perigo o entorno do ben protexido.
Sección II
.- Obras Admitidas Conforme ao Nivel de ProtecciónARTIGO 399. DEFINICIÓN XERAL DOS TIPOS DE ACTUACIÓNS E OBRAS PERMITIDAS NOS EDIFICIOS E SU ENTORNO
1. Dentro das obras nos edificios consideranse os seguintes tipos, que poderán presentarse individualmente ou asociados entre sí:
2. OBRAS DE RESTAURACIÓN: Teñen por obxecto a restitución dun edificio ou parte do mesmo as sus condicións ou estado orixinal. Poderá comprender asimismo as obras complementarias que contribúan a dito fin.
3. OBRAS DE CONSERVACIÓN: Son aquelas cuxa finalidade é a de manter o edificio en correctas condicións de salubridade, habitabilidade, confortabilidade e ornato, sen alterar as súas características morfolóxicas ou de distribución.
4. OBRAS DE CONSOLIDACIÓN: Son aquelas obras que teñen por finalidade o afianzamiento, reforzo ou sustitución de elementos danados para asegurar a estabilidade do edificio ou elemento.
5. OBRAS DE REHABILITACIÓN: Serán consideradas como rehabilitación todas aquelas intervencións sobre un edificio que melloren as súas condicións de salubridade, habitabilidade, confortabilidade, seguridade e ornato, ou modifiquen a súa distribución interna.
En canto ás fachadas, manterase a tipoloxía e singularidade da construcion e con respecto aointerior manteranse os elementos máis relevantes cando o edificio este catalogado ou incluido nos entornos de protección dalgun ben catalogado.
Dentro das obras de rehabilitación atopanse as seguintes:
a) OBRAS DE ACONDICIONAMENTO: Son aquelas que melloran as condicións de habitabilidade dun edificio ou parte do mesmo mediante a introducción de novas instalacións, a modernización das existentes ou a redistribución do seu espazo interior, non podendo variar o número de vivendas ou locais existentes nin intervir sobre as características morfolóxicas ou estructura portante, nin alterar a envolvente do edificio.
Poderá autorizarse a apertura de ocos e a modificación dos existentes, sempre que así o contemple a normativa específica de aplicación.
b) OBRAS DE REESTRUCTURACIÓN: Son aquelas que afectan as súas condicións morfolóxicas, podendo variar o número de vivendas ou locais existentes, e poden ser:
b)-1 Reestructuración parcial: Inclúense con carácter indicativo as seguintes obras: Cambios na distribución mediante a apertura puntual de ocos de paso en muros, construción de pasos e vías de evacuación para o cumprimento da normativa contra incendios, instalación de ascensores, construción de entreplantas, demolición e nova construción de núcleos de comunicación vertical, obras de adaptación á Regulamentación
e Normativa vixente: contraincendios, barreiras arquitectónicas, etc.
A execución destas obras queda sempre condicionada ao cumprimento das condicións de catalogación e a non sobrepasar a edificabilidade máxima permitida.
b)-2 Reestructuración xeral. Terán este carácter todas aquelas obras nos edificios que excedan do anteriormente exposto, sendo consideradas de reestructuración total no caso de vaciado do edificio con mantemento de fachada a vía ou a espazo libre de uso público.
c) OBRAS EXTERIORES: Son as obras que afectan, de forma puntual ou limitada, ás fachadas e cubertas dos edificios, modificando a súa configuración exterior sen afectar á volumetría. Comprenda modificación de ocos, ritmos, tratamentos ou materiais, a sustitución dos elementos de peche ou aos seus materiais, a implantación de elementos fixos exteriores, mostras, marquesiñas e escaparates.
ARTIGO 400.- INTERVENCIÓN EN ENTORNOS DOS (B.I.C), EN INMOBLES CATALOGADOS E EN BENS
INVENTARIADOS
1. De conformidade coas disposicións contidas na lei 8/95 de Patrimonio Cultural de Galicia (LPCG), Art.44, a intervención en de cada un dos Bens de Interés Cultural (BIC) e nos seus entornos de protección, declarados ou incoados, deberá recabarse Informe da Dirección Xeral de Patrimonio, previo á concesión de calquera licenza de obra a realizar en ditos entornos. Os únicos delacarados como Ben de Interés Cultural son aqueles en virtude do decreto 449/1973 de 22 de febreiro polo que se colocan baixo a protección do Estado os Hórreos e Cabazos existentes en Asturias e Galicia, ademáis dos declarados en virtude do Decreto 571/1963, de 14 de Marzo, sobre protección de escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interess histórico-artístico e do Decreto do 22 de Abril de 1949 sobre os castelos españois.
2. En aplicación do disposto no Art. 54 e no Art. 56 da LPCG, calquera obra ou intervención en un ben incluido no Inventario Xeral de Patrimonio Cultural de Galicia (declarado BIC, catalogado ou inventariado) no seu entorno precisarán autorización previa da Consellería de Cultura. (Art.37 da lei 8/1995)
3. A tramitación de solicitudes de licenzas para a intervención de elementos incluidos no catalogo do presente PXOM e os seus entornos de protección cumplirán tódolos requisitos establecidos nas NORMAS II, capitulo III e IV, desta normativa.
ARTIGO 401.- PROTECCIÓN INTEGRAL
1. ÁMBITO DE APLICACIÓN
a) O nivel de protección integral será de aplicación aos elementos catalogados aos que se asigna este nivel de protección na ficha correspondente do catálogo.
b) Comprende aqueles edificios, construcións e bens inmobles de natureza semellante que reúnen un excepcional valor arquitectónico ou unha relevante significación cultural ou cidadá. A mesma protección alcanza aos monumentos declarados ou incoados con base ao establecido na lexislación estatal ou autonómica sobre patrimonio cultural.
c) Correspondese con aqueles bens culturais insustituibles, que poseen valores obxectivos de carácter arquitectónico, histórico, artístico ou tradicional, calquera que sexa o seu estado de conservación.