ARTIGO 131.- CONCEPTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN.
O presente CAPITULO regula as condicións que determinan o emprazamento e ocupación das edificacións dentro das parcelas edificables e se aplicarán as “obras de nova edificación”, así como a tódalas “obras nos edificios” que impliquen modificación dos parámetros de posición ou de ocupación nos edificios existentes, salvo disposición en contra nas Normas Particulares desta Normativa, en cuxo caso, terán que respetarse estas últimas ou no caso de edificios en “fora de ordenación”, en cuxo caso, se respetarán as limitacións establecidas no ARTIGO 190 e ARTIGO 191 desta Normativa.
ARTIGO 132.- ALIÑACIÓNS
O PXOM diferencia as seguintes aliñacións:
1. ALIÑACIÓN EXTERIOR DE PARCELA OU PÚBLICA.
a) É a liña establecida polo presente PXOM, polo planeamento que o desenvolva ou, no seu defecto, polo organismo administrativo actuante, que fixa o límite das parcelas cos solos destinados a viais, espazos libres ou equipamentos de uso público.
b) A aliñación exterior definida considerase obrligatoria e coincidirá coa liña de edificación nas zonas de ordenanza onde nos e esixa retranqueo da edificación respecto á aliñación. Nos demáis casos a aliñación exterior servirá de liña de referencia para a medición do retranqueo esixido.
c) Naquelas circunstancias nas que a conservación dos elementos catalogados entren en conflicto coas novas aliñacións, primará a conservación destos elementos.
2. ALIÑACIÓN INTERIOR DE EDIFICACIÓN OU PRIVADA.
a) É a liña establecida polo presente PXOM, polo planeamento que o desenvolva ou, no seu defecto, polo organismo administrativo actuante que fixa, no interior da parcela edificable, a parte da mesma que pode ser ocupada pola edificación do resto de parcela que debe permanecer libre de edificación.
b) A aliñación interior señalada no planeamento considerase como aliñación máxima.
c) Na tipoloxía de edificación en quinteiro pechada con patio de quinteiro, a aliñación interior define a liña máxima de edificación a nivel de plantas de piso, delimitando o perímetro do patio de quinteiro. No obstante nos patios de quinteiro nos que no se permite cubrir a totalidade do patio a nivel de planta baixa, tamén se establece unha segunda aliñación interior que define a liña máxima de edificación en prolongación de planta baixa.
ARTIGO 133.- RETRANQUEOS
edificación.
2. A efectos do presente PXOM diferencianse os seguintes retranqueos:
a) RETRANQUEO FRONTAL: É a anchura da franxa de terreo comprendida entre a aliñación exterior e a liña de edificación.
b) RETRANQUEO A LINDEIRO: É a anchura da franxa de terreo comprendida entre os lindeiros da parcela e as correspondentes liñas de fachada.
3. A medición do retranqueo realizarase sobre unha recta perpendicular á aliñación de referencia.
ARTIGO 134.- POSICION DA EDIFICACIÓN RESPECTO DAS ALIÑACIÓNS
1. A edificación, en relación coas aliñacións, pode presentar as seguintes posicións: a) EN LIÑA: Cando a liña de edificación é coincidente coa aliñación.
b) FORA DE LIÑA: Cando a liña de edificación é exterior á aliñación. c) RETRANQUEADA: Cando a liña de edificación é interior á aliñación.
2. Salvo os voos ou salientes de fachada que se autoricen expresamente, ningunha parte nin elemento da edificación, sobre o terreo ou subterránea, poderá quedar “fora de liña” respecto da aliñación exterior ou pública, salvo que se autorice expresamente nas ordenanzas particulares ou nesta Normativa.
ARTIGO 135.- RETRANQUEO DA EDIFICACIÓN RESPECTO A SERVIDUMES
1. Os propietarios de parcelas nas que existan servidumes de paso u outras calquera deberán respetalas cando edifiquen, excepto que se estableza un acordo de supresión das mesmas con tódolos propietarios e usuarios afectados e a sometan a información favorable do Concello.
2. Se a servidume é de paso, lindante con instalacións ou edificacións interiores existentes, terá un ancho mínimo de 3 metros en toda a súa lonxitude, excepto que nos Planos de Ordeación se grafiase un ancho maior , en cuxo caso se respetará este último. No caso de que actualmente o ancho sexa inferior o indicado, retranquearase a edificación 1/2 do ancho que falte para chegar a dimensión mínima de 3 metros, no caso de que a servidume se atope no lindeiro de duas parcelas ou solares de distinta propiedade, e a totalidade do ancho se a servidume se atopa situada dentro da propia parcela.
3. Se a servidume é de paso e a fachada medianera colindante no ten ocos de pezas vivideiras ou cociñas, e ademáis se atopa dentro da propiedade que se constrúe, inda que sexa no lindeiro da mesma, poderase edificar sobre dita servidume, deixando unha altura libre mínima de 4 metros e respetando os ocos de ventilación que pudiesen existir na parcela colindante por medio de pozos de ventilación.
ARTIGO 136.- RETRANQUEO DA EDIFICACIÓN RESPECTO AO TERREO U OBSTÁCULOS QUE IMPIDAN A VISTA RECTA
Nos edificios situados en solares nos que polas condicións topográficas resulten plantas vivideiras situadas por baixo da rasante natural do terreo, para poder abrir ocos de ventilación e iluminación ao espazo libre privado, haberá de establecerse unha separación a caixa de desmonte do terreo non inferior á que correspondería en aplicación das disposicións contidas no ARTIGO 163 desta normativa respecto a patios de parcela.
ARTIGO 137.- RASANTES
As rasantes oficiais son os perfiles das vías, rúas ou prazas establecidos neste PXOM, no planeamento que o desenvola ou os que no seu momento expida o Concello.
ARTIGO 138.- OCUPACIÓN DE PARCELA.
1. A “superficie ocupada de parcela" pola edificación, é a comprendida dentro dos límites definidos pola proxección vertical sobre un plano horizontal das liñas externas de toda a construción, incluso a subterránea e os vos.Consideraranse excluidos da superficie ocupada os salientes permitidos como aleiros, cornixas, etc.
2. Nas edificacións nas que a liña de edificación coincida coa aliñación oficial, considerarase que os corpos volados nos que a súa proxección se sitúa fora da parcela, non producen "ocupación".
ARTIGO 139.- OCUPACIÓN MÁXIMA.
1. É a superficie da parcela neta que, como máximo, pode ser ocupada pola edificación.
2. A evaluación da ocupación máxima de parcela expresase polo “coeficiente de ocupación" que pode expresarse tanto polo cociente resultante de dividir a "superficie ocupable máxima" pola superficie da "parcela neta", como polo porcentaxe de "parcela neta" que pode ser ocupada.
CAPITULO III
.- CONDICIÓNS DE VOLUMEN E FORMA DOS EDIFICIOSSección I
Condicións xeraisARTIGO 140.- CONCEPTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
As condicións establecidas neste CAPITULO son aquelas que limitan a dimensión e forma dos edificios e aplicaranse a tódolos tipos de "obras de nova edificación", así como a tódalas "obras nos edificios" ou calquera outra que implique a alteración dos parámetros regulados neste CAPITULO, salvo disposición en contra nas Normas Particulares desta Normativa, en cuxo caso, terán que respetarse estas últimas, o no caso de edificios en “fora de ordenación”, en cuxo caso, respetaranse as limitacións establecidas nos ARTIGO 190 e ARTIGO 191 desta Normativa.
ARTIGO 141.- EDIFICABILIDADE
1. CONCEPTOS.
a) Entendese por "edificabilidade" a relación entre a superficie construida e a superficie neta da parcela.
b) Entendese por superficie construida, a suma das superficies de tódalas plantas dunha edificación, considerada cada unha pola extensión comprendida dentro da proxección horizontal do seu perímetro, definido pola cara exterior dos muros e peches envolventes.
c) Entendese por superficie útil a definida polos perímetros dos espazos tomados respecto ás caras interiores dos muros e tabiques envolventes, descontando a superficie ocupada por elementos de división ouestructurais verticais, así como polas canalizacións ou conductos e polos espazos cuxa altura libre sexa inferior a 1,50 m. 2. CÁLCULO DA EDIFICABILIDADE.
a) A efectos do cálculo da edificabilidade computarán, de acordo co establecido no Art. 46º.6.a) LOUG, tódalas superficies edificables de carácter lucrativo, calquera que sexa o uso o que se destinen, incluidas as construidas no subsolo e os aproveitamentos baixo cuberta, coa única excepción das superficies construidas no subsolo con destino a rochos de superficie inferior a 10 m2 vinculados ás vivendas do edificio, a aparcadoiros ou a instalacións de servizo como as de calefacción, electricidade, gas ou análogas.
b) Non computarán no cálculo da edificabilidade, os espazos baixo cuberta destinados a vivenda con altura libre inferior a 2,40 metros para aquelas edificacións que deban cumplir co indicado no apartado I das NHV-2010, aqueles destinados a vivenda con altura libre inferior a 1,50 metros que deban cumplir co indicado no apartado II das NHV-2010, e aqueles destinados a rochos con altura libre inferior a 2,10 metros. Tampouco computarán no cálculo de edificabilidade as cubertas planas non transitables.