Sección II Solo Rústico de Protección Agropecuaria
1. USOS PERMITIDOS POLA LICENZA MUNICIPAL DIRECTAMENTE a) ACTIVIDADES E USOS NON CONSTRUCTIVOS
a)-1 Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movementos de terra, tales como dragados, defensa de ríos e rectificación de canles, abancalamentos, desmontes, recheos e outras análogas.
a)-2 Actividades de ocio, tales como práctica de deportes organizados, acampada dun día e actividades comerciais ambulantes.
a)-3 Actividades científicas, escolares e divulgativas. b) ACTIVIDADES E USOS CONSTRUCTIVOS
b)-1 Construcións e instalacións agrícolas en xeral, tales como as destinadas ao apoio de explotacións hortícolas, almacenes agrícolas, talleres, garaxes, parques de maquinaria agrícola, vive viveiros e invernadoiros, ou outras análogas.
b)-2 Construcións e instalacións destinadas ao apoio da gandería extensiva e intensiva, granxas, currais domésticos e establecementos nos que se aloxen, manteñan ou críen animais e instalacións apícolas.
b)-3 Construcións e instalacións forestais destinadas á xestión forestal e as de apoio á explotación forestal, así como as de defensa forestal, talleres, garaxes e parques de maquinaria forestal.
b)-4 Instalacións vencelladas funcionalmente ás estradas e previstas na ordenación sectorial de estas, así como, en todo caso, as de subministro de carburante.
b)-5 Instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicacións, infraestrutura hidráulica e as redes de transporte, distribución e evacuación de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga, saneamento, sempre que non impliquen urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren.
b)-6 Muros de contención, así como peches ou valados de fincas coas características establecidas no ARTIGO 336 desta Normativa.
b)-7 Infraestruturas de abastecemento, tratamento, saneamento e depuración de augas, de xestión e tratamento de residuos, e instalación de xeración ou infraestruturas de produción de enerxía.
b)-8 Actividades extractivas, incluída a explotación mineira, as canteiras e a extracción de áridos ou terras, así como os seus establecementos de beneficio.
2. USOS AUTORIZABLES POLA COMUNIDADE AUTÓNOMA a) ACTIVIDADES E USOS NON CONSTRUCTIVOS
a)-1 Depósito de materiais, almacenamento e parques de maquinaria e estacionamento ou exposición de vehículos ao aire libre.
a)-2 Actividades extractivas, incluída a explotación mineira, as canteiras, a extracción de áridos ou terras, así como os seus establecementos de beneficio.
b) ACTIVIDADES E USOS CONSTRUCTIVOS
b)-1 Construcións e rehabilitacións destinadas ao turismo no medio rural e que sexan potenciadoras do medio onde se sitúen.
rural, como son: os cemiterios, escolas agrarias, centros de investigación e educación ambiental, e os campamentos de turismo e pirotecnias.
b)-3 Construcións destinadas a usos residenciais vinculados á explotación agrícola ou gandeira.
b)-4 Instalacións de praia e actividades de carácter deportivo, cultural, recreativo e de baño que se desenvolvan ao aire libre, coas obras e instalacións mínimas e imprescindibles para o uso de que se trate.
b)-5 Construcións destinadas ás actividades extractivas, incluídas as explotacións mineiras, as canteiras e a extracción de áridos e terras, así como os seus establecementos de beneficio e actividades complementarias de primeira transformación, almacenamento e envasado de produtos do sector primario, sempre que garden relación directa coa natureza, extensión e destino da finca ou da explotación do recurso natural.
b)-6 Construcións e instalacións destinadas a establecementos de acuicultura.
b)-7 Os usos citados poderán establecerse sempre que no leven a transformación urbanística do solo nin lesionen os valores obxecto de protección e os que poidan establecerse a través dos instrumentos de ordenación do territorio.
b)-8 Nos montes públicos de utilidade pública serán autorizables os usos admitidos na súa lexislación sectorial. c) OUTROS USOS AUTORIZABLES POLA COMUNIDADE AUTÓNOMA
Os usos que poidan establecerse a través dos instrumentos previstos na lexislación de ordenación do territorio.
3. USOS PROHIBIDOS Tódolos demáis.
ARTIGO 362.- CONDICIÓNS DAS EDIFICACIÓNS
As edificacións que puideran autorizarse por aplicación das condicións establecidas nesta Sección, cumplirán as condicións establecidas no ARTIGO 333 al ARTIGO 335 desta Normativa, nas condicións adicionais que fosen de aplicación establecidas nos artigos 336 e 337 así como as condicións adicionais que fosen de aplicación establecidas nas NORMAS DE PROTECCIÓN DOS CAUCES E ZONAS HÚMIDAS contidas no ARTIGO 339 e ARTIGO 340 desta Normativa.
ARTIGO 363.- CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E EXPLOTACIÓNS EXISTENTES
Nas construcións, instalacións e explotacións existentes en solo rústico de protección forestal concluidas antes da entrada en vigor da LOUG, será de aplicación o establecido no ARTIGO 342 al ARTIGO 346 desta Normativa.
ARTIGO 364. PATRIMONIO CULTURAL
Nos elementos catalogados e as súas zonas de protección comprendidos no ámbito de solo rústico de protección forestal serán de aplicación, ademais, as NORMAS DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL contidas no TITULO VI das NORMAS-7 desta normativa.
Sección IV
.- Solo Rústico de Protección de AugasARTIGO 365.- ÁMBITO DE APLICACIÓN
1. De conformidade co disposto no Art. 32º.2.d) LOUG, o solo rústico de protección de augas, está constituido polos terreos situados fora dos núcleos rurais e do solo urbano, definidos na lexislación reguladora das augas continentais como cauces naturais, ribeiras e marxees das correntes de auga e, como leito o fondo das lagoas e embalses, terreos inundados e zonas húmidas e as súas zonas de servidume.
2. Así mesmo, incluiranse nesta categoría de solo as zonas de protección que a tal efecto delimitan os instrumentos de planeamento urbanístico e de ordenación do territorio que se extenderán, como mínimo, á zona de policía definida pola lexislación de augas, salvo nas zonas que o presente PXOM xustifica a súa reducción.
aqueles baixo os cales existan augas subterráneas que deban ser protexidas.
ARTIGO 366.- DEFINICIÓNS E CONCEPTOS
A efectos de protección das augas e das súas zonas de servidume, serán de aplicación ás mesmas os seguintes conceptos:
1. CAUCE NATURAL.- Entendese por cauce natural dunha corrente continua o discontinua, ou terreo cubierto polas augas nas máximas crecidas ordinarias (Art. 4 da LA).
2. RIBEIRAS.- Son as franxas laterais dos cauces públicos situados por enriba do nivel de augas baixas. 3. MÁRXES.- Denominanse así os terreos que lindan cos cauces.
4. DOMINIO PRIVADO. Son de dominio privado os cauces polos que ocasionalmente discurran augas pluviais en tanto atravesen dende a súa orixe, únicamente fincas de dominio particular.
O dominio privado de estos cauces non autorizan para realizar neles labores nin construir obras que poidan facer variar o curso natural das augas en perxuicio do interés público ou de tercieros, ou que a destrucción pola forza das avenidas poida ocasionar danos a persoas ou cousas (Art. 5 da LA).
ARTIGO 367.- CONDICIÓNS DE USO
O solo rústico de protección de augas, ademáis das autorizacións que, no seu caso, deban ser otorgadas polo organismo correspondente e das especificacións contidas na LA, estará suxeito, de conformidade co establecido no Art. 38º LOUG, ao seguinte réxime de usos:
1. USOS PERMITIDOS POR LICENZA MUNICIPAL DIRECTAMENTE a) ACTIVIDADES E USOS NON CONSTRUCTIVOS
a)-1 Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movementos de terra, tales como dragados, defensa de ríos e rectificación de canles, abancalamentos, desmontes, recheos e outras análogas.
a)-2 Actividades de ocio, tales como práctica de deportes organizados, acampada dun día e actividades comerciais ambulantes.
a)-3 Actividades científicas, escolares e divulgativas. b) ACTIVIDADES E USOS CONSTRUCTIVOS.
b)-1 Instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicacións, infraestrutura hidráulica e as redes de transporte, distribución e evacuación de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga, saneamento, sempre que non implique a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren e as edificacións non superen os 50m2 edificados .
b)-2 Muros de contención, así como peches ou valados de fincas coas características establecidas no ARTIGO 336 desta Normativa, excepto na zona de servidume, de acordo co regulado no Art. 7.3 do RD 849/1986.
2. USOS AUTORIZABLES POLA COMUNIDADE AUTÓNOMA