• No se han encontrado resultados

Santiago Díaz Lage TEXTO, IMAXE, CIBERTEXTO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Santiago Díaz Lage TEXTO, IMAXE, CIBERTEXTO"

Copied!
31
0
0

Texto completo

(1)

TEXTO, IMAXE, CIBERTEXTO

Santiago Díaz Lage

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2019/2020 FACULTADE DE FILOLOXÍA

DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLAS, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL

(2)

FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLAS, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL

AUTOR: Santiago Díaz Lage Edición electrónica. 2019

ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

(3)

Índice

1. Datos descritivos da materia………...… 5

2. Obxectivos e competencias………... 7

3. Contidos………...…. 9

4. Bibliografía xeral da materia…………...…… 25

5. Metodoloxía………...………...……. 27

6. Sistema de avaliación………... 29

7. Distribución e calendario de actividades…... 31

(4)
(5)

1. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA

NOME

Texto, imaxe, cibertexto.

CÓDIGOS

Grao en Filoloxía Clásica: G5071202. Grao en Lingua e Literatura Españolas:

G5041202. Grao en Lingua e Literatura Galegas: G5051202. Grao en Lingua e Literatura Inglesas: G5061202. Grao en Lingua e Literaturas Modernas: G5081202.

TIPO DE MATERIA

Formación optativa dentro do módulo Aplicacións teórico-comparadas: literatura, cultura, teatro.

CURSO E CUADRIMESTRE

3º ou 4º cursos. Primeiro cuadrimestre.

NÚMERO DE CRÉDITOS 6 ECTS.

LINGUAS QUE SE UTILIZARÁN

Galego e/ou castelán. Nas lecturas, tamén outras linguas románicas e inglés.

SENTIDO DA MATERIA NA TITULACIÓN

Hai un dobre nivel que merece ser destacado: o dos vínculos desta materia con outras da titulación e o da súa función específica no Grao. Referímonos á materia de primeiro curso Teoría e Crítica literarias e á materia Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada de segundo curso. Esta materia presenta ademais una relación co resto das materias que conforman o Minor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e os dous módulos nel integrados, Os Estudos literarios na actualidade (coas materias Cinema e literatura, Traxectorias da literatura europea, Teorías literarias contemporáneas e Literatura comparada) e Aplicacións teórico-comparadas:

literatura, cultura e teatro (coas materias Estudos teatrais, Análise cultural, e Socioloxía da literatura).

Alén disto, esta materia está conectada con calquera outra dos graos impartidos nas Facultades de Filoloxía e Humanidades nas que ocupen algún espazo nocións como ficción, texto, discurso, oralidade, canon, hipertexto, mito, globalización, ideoloxía, interpretación, intermedialidade, transmedialidade, entre moitas outras.

(6)

Canto á función específica de Texto, imaxe, cibertexto no Grao pode expresarse indicando que consiste en promover con rigor e dinamismo intelectual unha ampliación das bases do coñecemento do feito literario alcanzadas nos cursos anteriores. Esa ampliación é no esencial unha apertura á análise comparada das relacións da literatura con outras formas artísticas e culturais, tanto no marco nacional coma no internacional.

Este marco está comenzando a denominarse Digital Humanities e leva uns anos reivindicándose na comunidade académica internacional, especialmente a anglosaxona, como a intersección inevitábel e necesaria entre a informática, os medios dixitais, e os estudos de Humanidades. Vivimos ademais nun tempo de converxencia mediática e cultural –utilizando a expresión de Henry Jenkins–, marcado pola hibridación e integración dos diferentes medios coñecidos até agora, e a aparición de linguaxes que nacen do uso dos vellos e novos soportes por parte dos chamados nativos dixitais. Neste contexto cremos que os estudos teóricos e comparados da literatura e da cultura son moi necesarios para axudar a comprender estes fenómenos emerxentes e para aportar ferramentas de análise, conxugando o uso das metodoloxías máis tradicionais coa elaboración de métodos novos para a investigación.

PROFESORADO Santiago Díaz Lage Despacho 132

O horario de titorías figura en

http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/profesorado.html

(7)

2. OBXECTIVOS

Estabelecer dende un punto de vista teórico e crítico as condicións que determinan o desenvolvemento da literatura, o cinema, a televisión, a narrativa, a poesía, o teatro e a arte na denominada era das Humanidades dixitais. O programa prestará unha atención especial ás relacións entre os textos e as súas representacións editoriais, sen excluír produtos culturais cuxas estratexias de produción e recepción foron transformadas como resultado do seu contacto coas novas tecnoloxías: hipertextualidade e hipermedia, videoxogos, blogues e redes sociais, arte dixital, teatro dixital, cinema, televisión e performance, entre outros.

Este programa presenta un espazo onde se dará cabida á parte non-canónica e antixerárquica da literatura e da cultura, nada atento ás taxonomías xenéricas, un espazo intermedial e híbrido constituído por textos nos que conflúen o verbal, o visual e o sonoro. Veremos, polo tanto, a importancia do que se denomina "literatura e cultura aplicadas", poñendo en execución os elementos promovidos pola UNESCO en canto aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): http://es.unesco.org/sdgs.

COMPETENCIAS Tranversais:

-CT1: Que os estudantes teñan unha visión actualizada dos sistemas teóricos e metodolóxicos no campo dos Estudios Literarios e culturais.

-CT2: Que os estudantes poidan profundizar nos coñecementos xa adquiridos, enriquecéndose desde unha perspectiva interdisciplinar.

-CT3: Que os estudantes posúan os instrumentos metodolóxicos que sirvan para

desenvolver un espíritu crítico e reflexivo, áxil e práctico de cara a distintos fenómenos culturais.

-CT4: Que os estudantes aprendan a desenvolver criterios que atendan á igualdade entre os sexos e á inclusión, así como a diversidade cultural.

-CT5: Que os estudantes adquiran as ferramentas para unha educación á cidadanía para o desenvolvemento sostible.

Específicas

-CE1: Que os estudantes poidan aproximarse, de maneira rigurosa, ao que nos últimos anos se denominó "postliteratura", reflexionando e cuestionando a concepción máis tradicional do termo e concepto Literatura.

-CE2: Que os estudiantes sexan capaces de ampliar a noción de literatura a través da súa relación cos novos medios tecnolóxicos, os medios de comunicación, o cinema, a televisión, o videoxogo, a banda deseñada e as artes, así como a diversidade xenérica, social, cultural, en definitiva.

-CE3: Que os estudantes aborden o concepto de texto e textualidade dun modo aberto, dando cabida a outras formas culturais, non estrictamente literarias, atendendo a distintas artes e á irrupción dos novos medios.

(8)
(9)

3. CONTIDOS

TEMARIO

Proposta dunha educación para un Desenvolvemento sostible. O impacto dos novos medios na cultura, na sociedade e no medio ambiente. Principios da UNESCO.

1. Humanidades dixitais. O problema do texto. Literatura e cibercultura. Conceptos básicos.

2. Imaxe e artes visuais nos séculos XX e XXI. A nova Estética e as súas relacións cos Estudos literarios.

3. A narrativa na era dixital. O transmedia.

4. A Poesía na era dixital. Literatura aplicada.

5. O teatro e a danza na era dixital. O teatro fóra do teatro.

6. Cinema, televisión e novos medios.

(10)
(11)

Desenvolvemento do temario

Tema 1

Humanidades dixitais. Cibercultura e ciberliteratura. Conceptos básicos

Descrición

O tema incorpora unha introdución ás Humanidades dixitais como campo específico emerxente e correlaciónao cos desenvolvementos dunha Estética que nos últimos vinte anos marca diferenzas coas propostas prevalentes durante o século XX. Sen abandonar o concepto literatura electrónica, o tema quere profundar na análise das novas formas creativas desde a relativización da noción de xénero e a asunción da converxencia como recente contexto epistemolóxico. Deste xeito centrarase en tres aspectos chave no que afecta a esta intersección e a esta textualidade: a transmedialidade, a hibridación e a performatividade.

Apartados

1.1. As Humanidades dixitais.

1.2. O problema do texto. Literatura e cibercultura.

1.3. Da literatura oral ao ciberespazo. Poética do medio dixital.

Bibliografía fundamental recomendada

AARSETH, E. (1997). Cybertext: Perspectives on Ergodic Literature. Baltimore, Johns Hopkins UP. Tradución portuguesa de José Augusto Mourão.

BARBOSA, P. (1996). A Ciberliteratura. Criação Literária e Computador. Lisboa, Cosmos.

BERRY, D. M. (2012). Understanding Digital Humanities. Houndmills: Palgrave.

BURDICK, Anne et al. (2012). Digital humanities. Cambridge, Mass.: MIT Press.

JONES, S. E. (2014). The Emergence of Digital Humanities. Nova Yotk: Routledge.

LEVY, P. (1993). Tecnologias da inteligência: o futuro do pensamento na era da informática. São Paulo, Ed. 34. Trad. Carlos Irineu da Costa.

LÉVY, P. (1997). Cibercultura. La cultura de la sociedad digital. Barcelona:

Anthropos, 2007.

MANOVICH, L. (2001). The Language of New Media. Cambridge, MIT Press.

MANOVICH, L. (2001). "New Media From Borges to HTML". In: WARDRIP- FRUIN, N. e N. MONFORT, eds. (2003). The New Media Reader. Cambridge:

MIT Press.

McGANN, J. J. (1992). The textual condition. Princeton, N. J.: Princeton University Press.

McGANN, J. J. (2001). Radiant textuality: literature after the world wide web. New York: Palgrave.

(12)

McGANN, J. J. (2014). A new republic of letters: memory and scholarship in the age of digital reproduction. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.

PACKER, R. & JORDAN, K. (2002). Multimedia: from Wagner to virtual reality.

Norton Publishers. Parcialmente en rede.

RYAN, M.-L. (1999). “Cyberespace, Virtuality and the Text”. En M.-L. Ryan (ed.).

Cyberspace Textuality. Computer Technology and Literary Theory. Bloomington e Indianapolis: Indiana University Press, pp. 78-107.

SÁNCHEZ MESA MARTÍNEZ, D. (2004). Literatura y cibercultura. Madrid: Arco.

SCHREIBMAN, S., SIEMENS, R. & UNSWORTH, J (2004). A Companion to digital humanities, Malden: Blackwell.

VAN LOOY, J. & BAETENS, J. (2003). Close Reading New Media. Analyzing Electronic Literature. Leuven: UP of Leuven.

TURKLE, S. (1997). La vida en la pantalla: la construcción de la identidad en la era de Internet. Barcelona: Paidós.

VILARIÑO PICOS, M. T. (2004). “Literatura e novas tecnoloxías”. En A. Casas (coord.). Elementos de crítica literaria. Vigo: Xerais, pp. 615-650.

VITANZA, Víctor J. (1998). CyberReader. Nova York: Longman.

WARDRIP-FRUIN, N. & MONFORT, N., eds. (2003). The New Media Reader.

Cambridge: MIT Press. Parcialmente en rede.

(13)

Tema 2

Imaxe e artes visuais nos séculos XX e XXI. A nova Estética e as súas relacións cos Estudos literarios.

Descrición

Estamos a vivir nunha era da imaxe na que se evidencia unha radical incidencia das novas artes visuais sobre a experiencia, incluída a dimensión histórica da mesma.

Establécense así dialécticas novas coas tradicionais artes plásticas –pintura, escultura, arquitectura– e mesmo nalgún caso, como o da fotografía, experiméntase a convivencia de tecnoloxías analóxicas e dixitais. Este tema atende a incidencia de todo o anterior sobre a consideración do lugar social, cultural e institucional das artes e abre un espazo para a reflexión estética e política sobre nocións como suxeito, tecnoloxía e poder.

Apartados

2.1. Lugar, corpo, danza, vídeo, instalación. O espectáculo e o museo.

2.2. Tecnoloxía e arte. O caso da fotografía.

2.3. Arte dixital e arte en rede. Perspectivas sistémica e sociolóxica.

2.4. Arte, suxeitos, poder, política. É necesaria outra Estética?

Bibliografía fundamental recomendada

AZNAR ALMAZAN, S. (2006). El arte de acción. 2ª ed. Hondarribia, Nerea.

CARRILLO, J. (2004). Arte en la red. Madrid: Cátedra.

COUCHOT, H. (2003). L’Art Numérique. Comment la technologie vient au monde de l’art. París: Flammarion.

FLUSSER, V. (2009). Una filosofía de la fotografía. Madrid: Síntesis.

GUILBAUT, S. (2009). Los espejismos de la imagen en los lindes del siglo XXI. Tres Cantos: Akal.

MARTÍN PRADA, J. (2012). Otro tiempo para el arte. Cuestiones y comentarios sobre el arte actual. Valencia: Sendemà.

MOLINA, Á. & LANDA, K. (2000). Futuros emergentes. Arte, interactividad y nuevos medios. Diputación de València.

RAMÍREZ, J.A., e CARRILLO, J. (eds.) (2004). Tendencias del arte, arte de tendencias a principios del siglo XXI. Madrid: Cátedra. 11

RIESER, M. (2002). New Screen Media. Cinema/Narrative. Londres: British Film Institute. RUSH, M. (1999). New Media in Late 20th-Century Art. Londres.

Thames and Hudson.Traducido ao castelán por Silvia Komet. Nuevas expresiones artísticas a finales del siglo XX. Barcelona: Destino.

RODRÍGUEZ FONTELA, M. Á. (2004). “Literatura e fotografía”. En A. Casas (coord.). Elementos de crítica literaria. Vigo: Xerais, pp. 533-568.

(14)

SANTACANA i MESTRE, J. & HERNÁNDEZ CARDONA, F. X. (2006). Museología crítica. Gijón: Trea.

SABHARWAL, A. (2015). Digital Curation in the Digital Humanities: Preserving and Promoting Archival and Special Collections. Amsterdam: Elsevier.

VILARIÑO PICOS, M. T. (2011). “Cibercartografías de la ciudad. Arquitecturas líquidas en el ciberespacio”. En Romance Notes. 51.3. Lectura obrigatoria.

VILARIÑO PICOS, M. T. (2012). “Ciudad y Trans-Urbanismo en los espacios virtuales”. en Urbes Europaeae II. Ciudades europeas: Imaginarios culturales ante la globalización. Kiel: Ludwig.

VILARIÑO PICOS, M. T. (2012). “Re-Implacement: The Metamorphosis of Literary Space in the Cyber-Cities”. En Revista de Estudos Literários, vol. 2. Coímbra, Centro de Literatura Portuguesa.

WENDORFF, A. (2010). Vanguardias poéticas en el arte digital en Latinoamérica.

Gobierno Bolivariano de Aragua. 12

(15)

Tema 3

A narrativa na era dixital. O transmedia

Descrición

Designar ó dixital como un novo paradigma é revelador dunha descrición da cultura inscrita aínda na Galaxia Gutemberg. A era dixital hai moito que se converteu en dominante en todos os sentidos, e polo tanto converteuse nun desafío (ou unha oportunidade) para as prácticas culturais e narrativas. No sen ánimo provocador, este tema problematizará as formas literarias dominantes en tanto que anacrónicas e seguirá de cerca os debates historiográficos en torno ás nova(s) narrativa(s) do noso entorno.

Fenómenos como o hipertexto consustancial á estrutura dos medios e as redes dixitais, o multimedia, as hibridacións e remediacións do impreso, o audiovisual e o dixital e as mutacións nos sistemas e plataformas de edición achegaranos a unha postnovela ou a unha narrativa aumentada en consonancia coa realidade aumentada polas –¿novas?–

tecnoloxías.

Apartados

4.1. A transmedialidade narrativa na cultura da converxencia 4.2. A era do post. Postnovela e nova(s) narrativa(s).

4.3. Narrativa aumentada: da novela e o cómic interactivos ó wonderbook.

Bibliografía fundamental recomendada Primaria (lecturas e obras audiovisuais)

Agustín Fernández Mallo, El proyecto Nocilla; Jorge Carrión, Crónica de viaje; Vicente Luis Mora, Alba Cromm, Narr8, MediaEntity, Wonderbooks,

Secundaria

BOLTER, J. D. e R. Grusin (1999). Remediation: Understanding New Media.

Cambridge, Mass., MIT Press.

BORRÀS, L. (2005). “Teorías literarias y retos digitales”. Textualidades electrónicas.

Nuevos escenarios para la literatura. Barcelona: UOC, pp. 23-79.

ELLESTRÖM, L. (2010). Media borders, Multimodality and Intermediality. Palgrave Macmillan 13

ESCANDELL MONTIEL, D. (2012). “El escenario virtual de la blogoficción”.

Construcción avatárica en la narración digital”. En J. Ortega, Nuevos hispanismos.

Para una crítica del lenguaje dominante. Madrid y Frankfurt: Iberoamericana- Vervuert, pp. 107-125.

FERNÁNDEZ PORTA, E. (2007). Afterpop. La literatura de la implosion mediática.

Córdoba: Berenice.

GAUDREAULT, A., e T. GROENSTEEN (eds.) (1998). La transécriture, Angouleme:

Editions Nota Bene-Centre National de la Bande Desinée.

(16)

GENETTE, G.(1989). Palimpsestos. La literatura en segundo grado, Madrid: Taurus GIL GONZÁLEZ, A. J. (2012). “Hacia una (post)novela postnacional”. En J. Ortega,

Nuevos hispanismos. Para una crítica del lenguaje dominante. Madrid e Frankfurt: Iberoamericana-Vervuert, pp. 232-252.

GIL GONZÁLEZ, A. J., “Narrativa aumentada” (2015). 1616. Anuario de Literatura Comparada, 5, pp. 45-74

JENKINS, H. (2008). Convergence culture: la cultura de la convergencia de los medios de comunicación. Barcelona: Paidós.

KUNZ, M. e S. Gómez (eds.) (2014). Nueva narrativa española. Barcelona: Red Ediciones.

LANDOW, G. P. (2006). Hypertext 3.0. Critical Theory and New Media in an Era of Globalization. Baltimore: John Hopkins UP, pp. 250-4.

LANDOW, G. P. (ed.). (1997). Teoría del hipertexto. Trad. P. Ducher. Barcelona:

Paidós.

LANDOW, G. P. (1995). Hipertexto. La convergencia de la teoría crítica contemporánea y la tecnología. Trad. P. Ducher. Barcelona: Paidós.

MENDOZA, A. (ed.) (2012). Leer hipertextos. Del marco hipertextual a la formación del lector literario. Barcelona: Octaedro.

MORA, V. (2007), La luz nueva. Singularidades en la nueva narrativa española.

Córdoba: Berenice.

MORA, V. (2012) El lectoespectador. Barcelona:Seix Barral.

MURRAY, J. (1999). Hamlet en la holocubierta. El futuro de la narrativa en el ciberespacio. Trad. de Susana Pajares. Barcelona, Paidós.

RAJEWSKY, Irina O. (2005). “Intermediality, Intertextuality, and Remediation: A Literary Perspective on Intermediality”. Intermédialités, 6 (automne 2005): 43-64.

En línea en: http://cri.histart.umontreal.ca/cri/fr/intermedialites/p6/pdfs/

p6_rajewsky_text.pdf.

RYAN, M. L. (2006). Avatars of a Story. Minneapolis: University of Minessotta Press.

RYAN, M. L. (2004). La narración como realidad virtual. La inmersión y la interactividad en la literatura y los medios electrónicos. Trad. María Fernández Soto. Barcelona: Paidós.

RYAN, M. L. (2004). Narrative Across Media: The Languages of Storytelling. U of Nebraska Press.

SAINT-GELAIS, Richard (2011). Fictions transfuges. La transfictionnalité et ses enjeux. Paris: Seuil.

VILARIÑO PICOS, Mª. T. (2007). “De la poética del videojuego a los mundos habitados MUDs”. Tecnologías de la creación en la era digital. II Jornadas de Literatura Comparada. Ed. V. Tortosa. Alicante: U de Alicante, 2007. Lectura obrigatoria.

VILARIÑO PICOS, Mª. T. e A. ABUÍN GONZÁLEZ (eds.) (2006). Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco.

VV. AA. Dossier Novela española de la década. Quimera, 313, 2009, pp. 25-65. 15

(17)

Tema 4

A poesía na era dixital. Literatura aplicada

Descrición

O ordenador supuxo para a poesía unha nova localización na súa actividade, caracterizada pola fragmentación, a inmersión e a interactividade. Este tema aborda a propia indefinición dos termos poesía electrónica, poesía dixital, ciberpoesía, holopoesía, videopoesía, poesía performativa, etc. Farase un estudo de autores e obras e proporcionanse ferramentas metodolóxicas para abordar estas novas textualidades.

Apartados

4.1. Hipertexto e poesía.

4.2. Fragmentación, espazo e ciberpoesía.

4.3. Literatura aplicada

Bibliografía fundamental recomendada

CAÑAS, D. & GONZÁLEZ TARDÓN, C. (2010). ¿Puede un computador escribir un poema de amor? Tecnoromanticismo y poesía electrónica. Madrid: Devenir Ensayo.

DONGUY, J. (2002). Terminal Zone. Poésie et nouvelles technologies. Centre d’Art Contemporaine de Basse-Normandie (10-27 de outubro de 2002).

DOS SANTOS, A. L. (1994). «Sur la poésie hypertextuelle Réi (m(nv)agination du langage et du réel dans la poésie (hypertextuelle)». En Alain Vuillemin y Michel Lenoble (comps). Littérature, Informatique, Lecture. Limoges: Presses Universitaires de Limoges, pp. 275-286.

GARRIGUES, P. (1995), Poétiques du fragment. París: Klincksieck.

PEQUEÑO GLAZIER, L. (2002). Dig[it]al Poet(I)(c)s. The Making of E- Poetries.Tuscaloosa y Londres: University of Alabama Press.

SADIN, É. (2004). Poésie atomique. [Écriture & Complexités contemporaines].

Éc/arts.

VILARIÑO PICOS, M. T. (2006). «Redefiniendo la poesía experimental: la holopoesía de Eduardo Kac». En Campus stellae. Haciendo camino en la investigación literaria. Santiago de Compostela : Servicio de Publicacións da Universidade de

Santiago de Compostela, pp. 105-114. Tamén en

<http://www.ekac.org/holofil.html>

VILARIÑO PICOS, M. T. (2008). “Fragmentación, espacio y ciberpoesía”. En Dolores Romero López e Amelia Sanz Cabrerizo (eds.). Literaturas del texto al hipermedia. Barcelona: Anthropos, pp. 228-242.

VILARIÑO PICOS, M. T. (2009). "La cultura digital en los estudios literarios:

ciber/textual/espacialidades poéticas". En A. Sanz Cabrerizo, Teoría literaria española con voz propia. Madrid: Arco, pp. 235-261.

(18)

VUILLEMIN, A. & LENOBLE. M. (comps) (1994). Littérature, Informatique, Lecture.

Limoges: Presses Universitaires de Limoges.

WINDER, W. (1994). «Le robot-poète: littérature et critique dans l’ère électronique».

En Alain Vuillemin y Michel Lenoble (comps) (1994). Littérature, Informatique, Lecture. Limoges: Presses Universitaires de Limoges, pp. 187-213. 17

(19)

Tema 5

O teatro e a danza na era dixital. O teatro fóra do teatro

Descrición

A concepción do teatro como espazo de interacción no que a copresencialidade entre actores e público é un dos seus rasgos definitorios fai difícil unha reformulación asociada ao uso das novas tecnoloxías. Desafiaremos en todo caso o estatuto ontolóxico do xénero dramático a partir da súa vinculación cos novos médicos dixitais e visuais.

Estudaremos a partir das formulacións pioneiras de B. Laurel e M. Causey a denominada postorganic performance para referir un teatro que abandona a inmediatez en beneficio dun campo de representación manipulador de parámetros temporais e espaciais.

Apartados

5.1. ¿Teatro virtual, teatro dixital, ciberdrama?

5.2. Performance e drama interactivo. Teatro, corpo e virtualidade.

Bibliografía fundamental recomendada

ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006). Escenarios del caos. Entre la Performance y la hipertextualidad electrónica. Valencia: Tirant lo Blanch.

ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2007). “Algumas consideraçoes sobre a possibilidade de um teatro virtual”. En Cibertextualidades 02. Ciberdrama e hipermédia, Universidade Fernando Pessoa, pp. 9-17

ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2008). Teatro y nuevas tecnologías: conceptos básicos.

Signa, 17, pp. 29-56.

ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2008). “Consideraciones sobre la posibilidad de un teatro virtual”. En VirgilioTortosa (ed.), Escrituras digitales: tecnologías de la creación en la era virtual. Alicante: Publicaciones de la Universidad de Alicante, pp. 267- 287.

CAUSEY, M. (1999). "Postorganic Performance. The Appearence of Theatre in Virtual Spaces". En M. L. Ryan (ed.). Cyberspace Textuality. Computer Technology and Literary Theory. Bloomington and Indianapolis. Indiana University Press., pp.

182-200. Traducido ao castelán en D. Sánchez Mesa-Martínez "La performance postorgánica. La apariencia del teatro en los espacios virtuales". Literatura y cibercultura. Madrid: Arco Libros, pp. 297-325.

KAYE, N. (1994). Postmodernism and Performance. Nova York. St. Martin's.

LAUFER, R. (eds.) (1987). Le Texte en mouvement. PUV: Saint-Denis.

LAUREL, B. (1993). Computer as Theatre. Addison Wesley Longman.

TRONSTAD, R. (2001). “MudPerformance and Theatrically”. En Computer Games and Digital Textualities.

(20)

VUILLEMIN, A. & LENOBLE. M. (comps) (1994). Littérature, Informatique, Lecture.

Limoges: Presses Universitaires de Limoges.

(21)

Tema 6

Cinema, televisión e novos medios.

Descrición

Os repertorios literarios e narrativos tradicionais pugnan pola centralidade como fontes dos procesos e as prácticas adaptativas tradicionais (de carácter xenético, binario e filmoliterario) a prol dun sistema intermedial conformado en torno as narrativas dominantes da novela, o cinema, a televisión, a banda deseñada e o videoxogo, que se retroalimentan de xeito crecente dando lugar a unha galaxia de fenómenos de ilustración, reescrita, transficcionalidade e transmedialidade: Novelizacións, peliculizacións, telesierializacións, historietizacións, ludonarrativizacións: novela- filmes, cine-series, serie-cómics, ludo-novelas e cine-xogos, ludo-series e cómic-xogos, etc, etc.. Multimedia, cross-media, transmedia, relatos multiplataforma e expansions transficcionais, franquicias narrativas e tie in derivados como remakes, secuelas, precuelas, serializacións, spin-off, crossovers, biopics, fandom e de novo un largo etc.

articulan os universos ou multiversos da agora chamada converxencia cultural (H.

Jenkins), a hipertextualidade, as hipermediacións e o transmedia.

Mentres as diversas prácticas ciberliterarias e ciberculturais inscríbense aínda tentativamente na experimentación e as vangardas máis ou menos consolidadas do subcampo da producción restrinxida, o videoxogo conquistou nas últimas décadas o da gran producción no campo das industrias culturais. Medio(s) mutante entre as primeiras máquinas arcade e computadoras personais, a rede e as videoconsolas domésticas, non parece aínda ter acadado nin unha plataforma estable (o seu campo último neste sentido é o das apps para tabletas e smartphones) nin o seu modo de representación institucional particular. Neste tema abordaremos a súa incipiente consideración teórica decantando o noso interés polo eixo narratolóxico sen esquecer o ludolóxico dos intensos debates nos que vive incurso entre os diversos axentes do medio. Apuntaremos como as súas xenealoxías máis visibles os repertorios temáticos e xenéricos das narrativas literaria e audiovisuais, estudiaremos o proceso de lexitimación simbólica en curso no que adoita empregar expresións como novela, drama ou cine interactivo e nos achegaremos as súas variantes xenéricas máis desenvolvidas dende o punto de vista narrativo, como a aventura gráfica, a experiencia interactiva e a realidade virtual (RV).

Apartados

6.1. O ecosistema adaptativo transmedial: Literatura, cinema, televisión, banda deseñada e videoxogo.

6.2. Ludonarrativa. O videoxogo como primeiro campo cultural do século XXI.

6.3. A experiencia interactiva e a realidade virtual.

(22)

Bibliografía fundamental recomendada

Primaria (lecturas, obras audiovisuais, videoxogos, experiencias interactivas e de realidade virtual)

Javier Fernández, Cero absoluto; David Cronemberg, eXistenZ; Black Mirror; Alan Moore, V de Vendetta; Émilie &Simon, MediaEntity; Examen; Heavy Rain; Dear Esther; The Stanley Parable; The Vanishing of Ethan Carter; The Abbot; The Price of Freedom; L. A. Noir.

Secundaria

ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2002). “O cinema ou a lóxica da remediación: mímese formal e reflexividade”. En Boletín Galego de Literatura. Literatura e cinema, 27, 2002, pp. 13-24.

ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2005). “Flexinarrativas de fin de siglo: estudios de televisión y literatura comparada”. Lecturas, imágenes, 4, pp. 395-408.

BALLÓ, J. E . X. PÉREZ (2005). Yo ya he he estado allí. Ficciones de la repetición.

Barcelona: Anagrama.

BANKS, J. (2013). Co-creating videogames. London/New York: Bloomsbury Academics

CARRIÓN, J. (2011). Teleshakespeare. Madrid: Errata Naturae Editores (2ª edición Tintable, Universidad Autónoma de Nuevo León, 2015.

CASCAJOSA VIRINO, C. (2006). El espejo deformado: versiones, secuelas y adaptaciones en Hollywood, Sevilla, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Sevilla.

FUERTE CARRILLO, S e A. GALISTEO BAENA (2015). Grandes maestros de las aventuras gráficas. Madrid: Síntesis.

GIL GONZÁLEZ, A. J. (2012). + Narrativa(s). Intermediaciones novela, cine, cómic y videojuego en el ámbito hispánico. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca

GIL GONZÁLEZ, A. J. y Javier Pardo (eds.) (2018). Adaptación 2.0. Estudios comparados sobre intermedialidad. Binges: Orbis tertius (en prensa)

JENKINS, H. (2009). Fans, blogueros y videojuegos. La cultura de la colaboración.

Barcelona: Paidós.

JUUL, J. (2006). Half-Real. Videogames between Real Rules and Fictional Worlds.

Cambridge/Londres: MIT.

JUUL, J. (2010). A Casual Revolution. Reinventing Video Games and Their Players.

Cambridge Mass./London: The MIT Press. 21

MANOVICH, L. (2005). El lenguaje de los nuevos medios de comunicación. La imagen en la era digital. Barcelona: Paidós

MARTÍN RODRÍGUEZ, I. (2015). Análisis narrative del guión de videojuego. Madrid:

Síntesis.

MARTÍNEZ CANTUDO, RICARDO (2015). La generación que cambió la historia del videojuego. Madrid: Síntesis.

(23)

NAVARRETE CARDERO, L. e D. ACOSTA (2017). Spain lúdica. La imagen romántica de España en el videojuego. Barcelona: UOC.

NEWMAN, J. (2004). Videogames. London/New York: Routledge.

NEWMAN, J. (2008). Playing with Videogames. London/New York: Routledge.

PARDO, P. J. e J. SÁNCHEZ ZAPATERO (2014). Sobre la adaptación y más allá:

trasvases filmoliterarios. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca.

PÉREZ BOWIE, J. A. (ed.) (2010). Reescrituras fílmicas. Nuevos territorios de la adaptación, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca.

PERRON, B. e M. J. P. Wolf (2003 e 2009). The Video Game Theory Reader (2 vols).

New York/London: Routledge

PLANELLS, A. (2015). Videojuegos y mundos de ficción. De Super Mario a Portal.

Madrid: Cátedra.

ROUSE, R. (2005). Game Design: Theory & Practice. Plano, Texas: Wordware Publishing.

SÁNCHEZ-MESA MARTÍNEZ, D. “¡Jugad, jugad malditos! Videojuegos y cine:

deslindes teóricos para un estudio intermedial”, en J.A. Pérez Bowie (ed.) Reescrituras fílmicas: nuevos territorios de la adaptación. Salamanca, Ediciones de la Universidad de Salamanca, pp. 295-318

SÁNCHEZ-MESA MARTÍNEZ, D. (2004). “Los vigilantes de la metamorfosis. El reto de los estudios literarios ante los nuevos medios y formas de comunicación digital”. Literatura y cibercultura. Madrid: Arco Libros, 2004, pp. 11-34.

SICART, M. (2009). The Ethics of Computer Games, Cambridge (Mass.) / Londres.

SCOLARI, C. (2013). Narrativas transmedia. Barcelona: Deusto.

SWINK, S. (2009). Game Feel. A Game Designer’s Guide to Virtual Sensation.

Amsterdam: Morgan Kaufmann Publishers.

VV.AA (2014) Universos transmedia y convergencias narrativas. Caracteres: 3 22 WARDRIP-FRUIN, N. e P. HARRIGAN (eds.) (2004). First Person: New Media as

Story, Performance and Game. Cambridge: MIT.

WOLF, M. J. P. (2008). The Video Game Explosion. A History from Pong to Playstation and Beyond. Westport/London: Greenwood Press.

(24)
(25)

4. BIBLIOGRAFÍA XERAL DA MATERIA

Para unha bibliografía básica, vid. http://proxectole.es/bibliografia/ e Narrativas cruzadas (https://narrativascruzadas.wordpress.com/).

AARSETH, Espen J. (1997), Cybertext. Perspectives on Ergodic Literature. Baltimore:

The John Hopkins U. P.

ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006). Escenarios del caos. De la hipertextualidad a la performance en la era electrónica. Valencia: Tirant lo Blanch.

BOLTER, J. D. (1991). Writing Space: The Computer, Hypertext, and the History of Writing. Lawrence Erlbaum: Hillsdale.

BORRÀS CASTANYER, L. (ed.) (2005). Textualidades electrónicas. Nuevos escenarios para la literatura. Barcelona: UOC.

DOUGLAS, J. Y. (2000). The End of Books-or Books without End? Reading Interactive Narratives. Michigan: The University of Michigan Press.

JENKINS, H. (2006). Convergence Culture. Where Old and New Media Collide. New York and LonDon: New York University Press.

JOYCE, M., (1995). Of Two Minds: Hypertext Pedagogy and Poetics. Michigan: Ann Arbor: The University of Michigan Press.

LANDOW, G. P. (1992). Hypertext: The Convergence of Contemporary Critical Theory and Technology. Baltimore e Londres: The John Hopkins University Press. Tradución ao castelán de P. Ducher, Hipertexto. La convergencia de la teoría crítica contemporánea y el hipertexto. Paidós: Barcelona, 1995.

LANDOW, G. P. (comp.) (1994). Hyper/Text/Theory. The Johns Hopkins University Press: Baltimore. Tradución ao castelán por P. Ducher, Teoría del hipertexto.

Barcelona: Paidós, 1997. – (2006). Hypertext 3.0. Critical Theory and New Media in an Era of Globalization. The John Hopkins University Press.

MARTÍN PRADA, J. (2015). Prácticas artísticas en Internet en la era de las redes sociales. Akal.

McGANN, J. J. (1992). The textual condition. Princeton, N. J.: Princeton University Press.

McGANN, J. J. (2001). Radiant textuality: literature after the world wide web. New York: Palgrave.

McGANN, J. J. (2014). A new republic of letters: memory and scholarship in the age of digital reproduction. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.

MURRAY, J. H. (1997). Hamlet on the Holodeck. The Future of Narrative in Cyberspace. The Free Press: Nueva York. Tradución ao castelán en http://www.jamillan.com/hamlet.htm.

NELSON, TH. H. (1981). Literary Machines. Swarthmore, Pa, Publicación propia.

PAJARES TOSCA, S. (2004). Literatura digital. El paradigma hipertextual.

Cáceres: Universidad de Extremadura.

RYAN, M.-L. (2001). Narrative as Virtual Reality: Immersion and Interactivity in Literature and Electronic Media. Baltimore: Johns Hopkins University Press, series Parallax.

(26)

RYAN, M.-L. (2006). Avatars of Story. University of Minnesota Press, series Electronic Mediations Sample.

ROMERA CASTILLO, J. et al. (eds.) (1997). Literatura y multimedia. Actas del VI Seminario Internacional del Instituto de Semiótica Literaria, Teatral y de Nuevas Tecnologías de la UNED. Madrid: Visor.

SÁNCHEZ MESA-MARTÍNEZ, D. (comp.) (2004). Literatura y cibercultura. Madrid:

Arco Libros.

VEGA, Mª. J. (ed.) (2003). Literatura hipertextual y Teoría literaria. Madrid: Mare Nostrum.

VILARIÑO PICOS, Mª. T. y Abuín González, A. (comp.) (2006). Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros.

VILARIÑO PICOS, Mª.-T. (2011). Textos a escape: a literatura e a cultura na era dixital. Boletín Galego de Literatura, vol 46.

VILARIÑO PICOS, Mª.-T. (2017). Hibridación, transmedia y performatividad en las Humanidades digitales. Vigo: Academia del Hispanismo. 25

(27)

5. METODOLOXÍA DA ENSINANZA

As sesións expositivas a cargo do profesorado complementaranse cunha grande participación nas clases dos alumnos/as, mediante intervencións individuais, que demanden aclarar dúbidas ou ampliación de contidos, e tamén a través de propostas conxuntas derivadas de intereses específicos do grupo ou dun sector do mesmo. Estas sesións non terán un carácter reservadamente teórico, senón que incorporarán dimensións prácticas e aplicacións concretas do marco conceptual presentado ao grupo.

As sesións de seminario reforzarán o traballo persoal e directo dos estudantes verbo do corpus de textos literarios, visuais, audiovisuais, dixitais e culturais sobre os que gravitarán os conceptos das sesións expositivas.

No fundamental, as liñas de traballo que os alumnos desenvolverán ao longo do curso, de forma individual ou en grupo, consistirán na aplicación dos conceptos e ferramentas metodolóxicas, a análise, crítica e interpretación dos textos e a súa aplicación práctica no entorno máis próximo, orientado claramente a un compromiso social.

Recomendacións para o estudo da materia

Dado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización, recoméndase ao alumno a asistencia regular e puntual á clase, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serea e profunda dos textos de traballo e o uso de todas as canles comunicativas co profesor e coas fontes de aprendizaxe. En particular aconséllase ao alumno o aproveitamento máximo das horas de titoría onde a aprendizaxe pode ser máis persoalizada. A profesora terá entrevistas individuais con cada alumno ao longo do curso, que será convocado ao seu despacho en distintas ocasións para facer un seguimento do seu progreso.

Tempo de estudo e traballo persoal

As horas non presenciais poderán distribuirse do seguinte modo, que son os mínimos requeridos. -Estudo e reflexión sobre as sesións expositivas, interactivas, titoriais;

estudo e reflexión sobre a bibliografía: 28 horas.

-Realización de traballos e de actividades de diversa índole: 37 horas.

-Lectura de textos literarios, acceso ás redes: 37 horas. 26

(28)
(29)

6. SISTEMA DE AVALIACIÓN

No contexto da lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área de Teoría da literatura e Literatura comparada comprende, xunto coa convocatoria das probas oficiais que cada curso efectúa o Decanato, posíbeis probas complementarias acordadas expresamente entre profesorado e alumnado. Ademais, serán factores relevantes con incidencia directa na cualificación a participación activa e continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico.

Un 50% da cualificación final dependerá do exame final da materia, que se realizará na data oficial fixada pola Facultade.

Un 25% dependerá da realización dun traballo obrigatorio, que se entregará por escrito vinte días antes do feche das actas.

Un 25% corresponderá á participación crítica e informada nas clases expositivas e ás tarefas programadas nas sesións interactivas da materia.

É necesario superar todas as partes da avaliación.

A asistencia non computa de seu mais é obrigatoria. Un índice de ausencias non xustificadas superior ao 20% implica a non superación da materia.

Avaliación da segunda oportunidade e convocatorias seguintes: nas seguintes oportunidades non variarán os criterios seguidos na primeira, polo que se refire ao dominio dos contidos teóricos e das estratexias aprendidas e demostradas na práctica crítica. A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos estabelecidos será de “suspenso”. Todas as cualificacións acadadas na realización dos traballos resérvase o curso académico e son válidas para a segunda oportunidade.

Os casos de dispensa académica estarán obrigados a facer o seguimento do curso mediante a entrega de traballos parciais e do traballo obrigatorio, ademais de realizar o exame final. En casos excepcionais de enfermidade debidamente xustificada ou outras razón que impidan a asistencia e a participación nas clases poden contemplarse modalidades de avaliación similares.

Observación importante sobre o plaxio: o plaxio na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación más baixa.

Observacións

No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica e plural, non só en sentido cuantitativo senón tamén cualitativo (multixenérica, multicultural, etc.). Só deste xeito, os contidos teóricos poderán ser contrastados e valorados na súa dimensión hermenéutica e analítica nunha proxección mesmo retrospectiva.

Fomentarase o uso e acceso a certos MOOCs da UNED, como complemento da materia, como o impartido por Juan Martín Prada na UNED.

(30)

Fomentarase e valorarase dunha maneira moi especial a creatividade, a empatía, a tolerancia e o respecto cos demais compañeiros, co profesor e co entorno social.

Resulta de especial incidencia o hábito de ler ensaio e de afacerse á consulta e seguimento de revistas especializadas no campo teórico-comparado. É así mesmo pertinente lembrar aquí o carácter teórico-comparado da materia e a apertura do horizonte textual e discursivo a prácticas artísticas e mediais diversas que serán contrastadas coas literarias (narrativas de transmisión oral, pintura, hipertexto, performance, música, variantes interartísticas, etc.).

Por último, recoméndase vivamente ao alumnado que poña en relación os contidos abordados nesta materia cos doutras materias afíns, en especial con Teoría e Crítica literarias, Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada, Cine e literatura e Análise cultural e cos coñecementos adquiridos sobre as tradicións literarias e culturais propias de cada Grao.

(31)

7. DISTRIBUCIÓN E CALENDARIO DE ACTIVIDADES Horario das clases: http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/horario_cursos.html Datas dos exames: http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/horario_exames.html

Titorías

Cada alumno/a disporá de tres horas de titorías de grupo reducido. As titorías constitúen un reforzo personalizado das sesións expositivas e interactivas. Servirán para profundar nas cuestións que presenten dificultades ou para ampliar sectores que sexan do específico interese do alumnado. Nese labor titorial o profesor/a terá a ocasión de comprobar en que medida progresa cada alumno/a na aprendizaxe, polo que as horas de titoría acaban proxectando unha dimensión didáctica de axuste de posíbeis disfuncións tanto no plano individual como no colectivo. O cronograma da materia e a secuenciación do programa explicarase ao comezo das clases de xeito detallado.

Referencias

Documento similar

OFERTA DE PRODUTOS TURÍSTICOS DESPOIS DA CATÁSTROFE Unha vez analizadas as novas propostas que xurdiron tanto na Costa da Morte coma nos destinos de Nova York, Nova Orleáns e Phuket

Imaxinario colectivo.. Papel da materia no bloque e no conxunto do plano de estudos. O coñecemento das políticas culturais e da interculturalidade constitúe unha materia

g) Unha representación do persoal de administración e servizos censado no centro, nunha proporción do 7% do total da Xunta, cun mínimo de dous membros. b) Adoptar acordos sobre

Deseguido, estudamos as relacións entre os sistemas socioecolóxicos e os ecosistemas mariños, explicando as impli- cacións dun adecuado marco de gobernanza; exploramos as

Artigo 34. Estendida a acta de constitución da mesa electoral, coas súas correspondentes copias, iniciarase a votación ás dez trinta horas, que continuará sen interrupción ata

O estudo amosa que a Universidade de Santiago de Com- postela necesitaría unha extensión de 5.217 ha de bosque galego para asimilar as emisións de CO 2

A presente memoria recolle unha breve descrición de cada unha das enfermidades seleccionadas, as súas características e as características da dieta que deben seguir o paciente,

En el juego, el esquinero de cuarto año Daniel Salinas fue seleccionado por los medios de comunicación como el jugador defensivo más valioso, por sus dos intercepciones: una