• No se han encontrado resultados

Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da USC (PETIC 2004-2006)

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da USC (PETIC 2004-2006)"

Copied!
89
0
0

Texto completo

(1)

Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información e das

Comunicacións da USC (PETIC 2004-2006)

17

(2)

Presentación do reitor

1. As Universidades na Sociedade da Información e do Coñecemento

2. Organización e metodoloxía do Plan 3. PETIC 2004-2006

4. Recursos organizativos 5. As 100 accións do PETIC

Anexo: Comisións e Grupos de Traballo

(3)

Presentación

2004 arrincou como un ano no que numerosas promesas tecnolóxicas levan camiño de converterse en realidade. A banda ancha no peto, o fogar dixital, o acceso ás redes sen fíos, as webs semánticas... van facilitar que dun xeito definitivo a sociedade do século XXI sexa a Sociedade da Información e da Comunicación, e camiñe decididamente cara a unha Sociedade do Coñecemento.

As universidades, e en concreto a Universidade de Santiago de Compostela (USC), non poden permanecer alleas a esta nova sociedade. Aínda máis, teñen que asumir posicións de liderado nela.

Di Marck Malloch, responsable do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, que “a alfabetización dixital é un dos nosos obxectivos prioritarios para o novo milenio”. Pode permanecer allea a universidade a este compromiso? A USC dispón do capital humano e intelectual, do saber facer e do coñecemento, para apoiar esta transformación tanto internamente como na sociedade no seu conxunto, en colaboración co resto das universidades, administracións, empresas e outras institucións.

O presente documento é unha síntese dos traballos e informes desenvolvidos no proceso de elaboración dun Plan Estratéxico para as Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC). Este plan sectorial está incardinado e baseado nas premisas do Plan Estratéxico 2010 da USC, que baixo o lema

“Coñecemento ao servizo da sociedade” recollía xa obxectivos básicos, como a creación dun campus virtual, e numerosos obxectivos instrumentais vinculados ás TIC.

Quero agradecer de forma expresa a participación de todos aqueles que fixeron posible poder presentar hoxe este valioso documento. Comezando por aqueles que conformaron os distintos grupos de traballo e comisións, e rematando coas contribucións de moitos membros da comunidade universitaria que aportaron a súa opinión nos distintos borradores deste documento.

Non debemos esquecer que as tecnoloxías nunca serán un fin en si mesmas.

Da capacidade que teñamos de empregalas, e empregalas ben, para resolver e facilitar a resolución de problemas, dependerá a nosa incorporación ás comunidades e nacións máis avanzadas. Con este Plan Estratéxico das TIC a USC pretende contribuír dun xeito decidido a elo. Axúdanos a logralo.

Senén Barro Ameneiro. Reitor da USC

(4)

1.

As Universidades na Sociedade da Información e do Coñecemento

Di Jeffrey Cole, director do Centro de Política de Comunicación da Universidade de California (Los Angeles), nun artigo que analiza o impacto de internet na vida social, económica e política de Estados Unidos, que un 70% dos habitantes dese país acceden á rede unha media de 12 horas semanais, sendo xa a primeira fonte á que se dirixen para buscar información ou facer un negocio.

Os datos facilitados neste estudo, que se está a desenvolver agora noutros 20 países, tamén amosan que a educación é unha das áreas nas que menor aproveitamento se está facendo, en termos comparativos con outros sectores, da potencialidade de internet:

“O impacto en como aprendemos, tanto formal como informalmente, ten sido mínimo e limitado a aspectos tanxenciais da educación, como cursos para web ou ensinanza a distancia. Nos próximos dez anos, a medida que os rapaces e estudantes que creceron xa na internet se convertan en profesores e responsables das administracións, comezarán a aplicar internet aos fundamentos do ensino”.

Para entón pode incluso que sexa difícil realizar certos labores fóra da rede; polo menos en Estados Unidos a maioría dos cidadáns usarán internet para enviar cartas, pagar impostos e facturas... Non facelo será cada vez máis difícil e custoso.

Resulta doado percibir as novas posibilidades que a rede de redes aporta para comunicarnos, buscar información ou mercar servizos e produtos. É claro observar como afecta incluso ás campañas políticas, á loita contra os crimes ou ao desenvolvemento dos mozos criados nesta nova era. Menos claro, pero moito máis importante, vai ser o impacto a longo prazo nos conceptos de creatividade, colectiva e individual, e na calidade das relacións comerciais e persoais.

Desde esta perspectiva, as universidades españolas en xeral, e a

(5)

os profundos cambios e transformacións que se van producir, e se están a producir xa, liderando e axudando na construción da denominada Sociedade da Información e do Coñecemento (SIC);

transición, en boa medida mixtura entre unha sociedade que se apoia e beneficia das TIC e que fai do seu coñecemento o seu principal elemento estratéxico.

O noso primeiro compromiso é coa realidade e a sociedade galega no seu conxunto, á que nos debemos dun modo máis íntimo; pero tamén, de xeito particular, cos nosos obxectivos fundamentais, a docencia e a investigación.

Por tanto, cómpre facer unha dobre reflexión:

- Sobre a situación do noso contorno e a nosa comunidade autónoma en relación coa SIC;

- Sobre a situación das universidades españolas e galegas, e en particular da USC, para afrontar os novos retos desta.

O Consello Europeo de Lisboa do ano 2000 estableceu como obxectivo estratéxico que a Unión Europea, nun prazo de dez anos, se convertera na primeira economía baseada no coñecemento (“Estratexia de Lisboa”), o que supón un ambicioso programa de creación de infraestruturas para o coñecemento, de aumento da innovación e de reforma económica e modernización do benestar social e dos sistemas educativos. Resulta paradoxal que algúns recentes informes falen agora do obxectivo de que Europa sexa no 2010 unha economía máis competitiva baseada no coñecemento e no pleno emprego. Un simple matiz de tradución ou un recoñecemento implícito de que non imos polo camiño desexado?

Como primeiro plan de acción o Plan eEurope 2002 contiña liñas que impulsaban ao comercio e á administración electrónicas, á informatización das pemes, ao uso de internet na educación básica e na saúde, ou ás tarxetas intelixentes, por citar algunha das liñas máis importantes.

Baixo a presidencia española o Consello de Ministros da Unión Europea aprobou no 2002 en Sevilla o Plan eEurope 2005. Dicíase entón que desde o lanzamento de eEurope 2002 se acadaran

(6)

importantes avances, especialmente na banda ancha e na administración electrónica; e propoñíanse novas liñas de traballo.

Na última xuntanza levada a cabo polos ministros de telecomunicacións da UE no ano 2004, insistíase en que para cumprir os obxectivos de eEurope 2005 nun intento por xeneralizar o emprego de internet en todos os ámbitos, requírese “un compromiso político firme a todos os niveis”; e que ditos obxectivos seguen sendo válidos no contexto da recente ampliación da UE a 25 membros. O Plan “actuou como estímulo de moitos esforzos nacionais e rexionais”.

Os datos revelan que o acceso por internet a servizos administrativos pasou en dous anos do 17% ao 43%; as conexións de banda ancha, no período dun ano, de 10,6 millóns a 19,5 millóns (o 72,5% de alta velocidade); ou que se prevé investir un 3% do gasto sanitario no desenvolvemento TIC da sanidade; á vista destas cifras certamente diríase que o obxectivo vai por bo camiño.

E se cadra, aínda que queda moito por facer (apuntamos aquí cuestións como a universalización do acceso á rede con banda ancha; a extensión de redes alternativas e sen fíos; ou unha plena desregularización do mercado), é certo que no campo das infraestruturas Europa deu pasos importantes. Non obstante, ten chegado o momento dos contidos, xa que doutra maneira reproduciríase o paradoxo das autoestradas polas que apenas circulan automóbiles, ou nas que os que o fan non teñen aínda unha mecánica e unhas prestacións que lle permitan beneficiarse destas vías de alta capacidade.

Os propios ministros da UE manifestan que hai que reorientar os plans para facer máis fincapé na prestación de servizos, sen esquecer o acceso á rede dos usuarios finais. Sinálase tamén a necesidade de xeneralizar unhas prácticas de seguridade na rede e na información, mellorar a interoperabilidade e o control dos datos existentes e avaliar o impacto dos servizos en liña e da banda ancha en termos de eficacia ou de aumento de produtividade.

Retomaremos posteriormente estes argumentos cando tratemos o papel das universidades e os seus ámbitos de actuación, en canto que, sen esquecer as infraestruturas, parece tamén chegado o

(7)

momento de sacarlle partido a estas, con novos servizos, ou mellor, coa aplicación das TIC ás funcións clásicas e básicas das universidades: docencia e investigación.

Se descendemos a nivel nacional a situación de España no panorama europeo adoece dun impulso para achegala aos parámetros do noso contorno.

A última enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) amosa a inexistencia de computador persoal na metade dos fogares españois: un 28,4% considera que non é necesario; a un 22,7% non lle interesa a informática; un 18,7% establece que é caro; e un 14,1% non o quere porque non sabe usalo. Non é de estrañar por tanto que o 82% dos que non teñen PC nin tan sequera contemplen adquirilo nun futuro próximo.

O acceso a internet sitúanos por diante de Irlanda, Italia, Portugal e Grecia (un 37% da poboación ten acceso a internet segundo os últimos datos publicados no Eurobarómetro, fronte ao 50% da media europea). Segundo o estudo de demanda residencial elaborado por red.es no 2004, un 13% dos cidadáns españois non sabe o que é internet, a un 26% non lle interesa e un 11% non sabe usalo ou non dispón de tempo para aprender. Ademais a inquedanza pola seguridade é unha constante – o 50% considera que non hai seguridade algunha - todo o contrario que o interese por desenvolver transaccións comerciais ou comunicarse coa administración pola rede.

Polo que respecta ás empresas españolas, estas son as máis atrasadas da UE, ou polo menos así o amosa o feito de que só inverten o 4,4% do PIB en TIC fronte ao 6,9% de media comunitaria. Neste caso incluso Grecia e Irlanda, ás que superamos no que atinxe ao acceso a internet da poboación en xeral, están por enriba de nós en canto á conectividade das súas empresas.

Neste proceso de aproximación á realidade galega, atopamos na nosa rexión uns indicadores que aínda están máis lonxe de converxer coa UE; se ben é certo que nalgúns deles comeza a producirse un efecto de mellora relativa fronte a outras comunidades e rexións.

(8)

A porcentaxe de vivendas que posúe ordenador está en Galicia oito puntos por debaixo da media nacional, e dez puntos por debaixo se se compara coa conectividade a internet en España. Este acceso, escaso, faise ademais con pouco uso das infraestruturas de alta capacidade. Se ben como poboación ocupamos o antepenúltimo lugar segundo os datos da Enquisa Xeral de Medios (só por diante de Estremadura e Castela-A Mancha), no eido empresarial a nosa posición relativa é significativamente mellor, como amosan os datos do Observatorio das TIC (www.observatoriotic.org).

Nesta situación de contexto é na que se están a desenvolver as nosas universidades. Se a incorporación á SIC é determinante para a posición que a nosa rexión poida desenvolver no futuro inmediato, resulta ineludible un fondo compromiso das universidades en pro da dinamización tecnolóxica da sociedade, facendo fincapé naquelas fortalezas que lle son máis propias (conceptos como a alfabetización dixital, ou “cerounización”, atinxen moi directamente ás nosas institucións); pero facendo tamén un esforzo por achegarse, incluso liderar, e dar pulo á transformación da poboación, das institucións e do tecido empresarial cara á nova sociedade.

Estes aspectos abórdanse con máis detalle no punto 3.9 deste documento, en relación ás accións que a USC pode acometer para evitar o concepto de fenda dixital, pola que individuos, organizacións, e incluso rexións e países enteiros poden quedar dixitalmente afastadas nesta nova sociedade. Ensinar á sociedade en xeral, desenvolver proxectos aplicados das TIC e favorecer a creación de empresas, producir contidos, difundir os novos coñecementos, colaborar coas pemes... son algunhas das propostas que alí se analizan máis polo miúdo, e que non son senón exemplos de como a USC pode implicarse dunha maneira decidida máis alá do seu papel tradicional.

O que resulta incuestionable é que o paradigma de internet está a permitir que a economía funcione como unha unidade en tempo real ao longo de todo o planeta, sustentando unha economía global definida por fluxos de capitais, persoas e información. Un novo modelo de organización en rede onde os factores tradicionais de produción deixan paso á información e ao cambio continuo.

(9)

Mais non só a sociedade se ve afectada. Os movementos sociais, a actividade política e a vida cotiá coñecen novas formas de comunicación que suprimen as barreiras xeográficas e culturais.

A segunda reflexión que as universidades deben necesariamente afrontar atinxe á transformación a acometer para adaptarse na súa función docente e investigadora. Os modelos educativos, organizativos e tecnolóxicos ata hoxe presentes deben evolucionar.

Sen perder a personalidade propia e mantendo unha diferenciación que lles permita incrementar o prestixio e a reputación logrados durante séculos de actividade deben encarar o que Peter Drucker define como “a reforma cualitativa máis radical e profunda dende que reorganizou a súa actividade en función do libro impreso”; nun contexto no que primará a educación e a formación para a vida e o traballo e as necesidades formativas do cidadán serán cada vez maiores.

A incorporación das TIC ás tarefas cotiás das universidades tense que facer dunha forma planificada e meditada, en todos os ámbitos da súa actividade e co fin de dar unha mellor resposta ás demandas que lle fai a sociedade como depositaria e transmisora do coñecemento, como formadora de persoas e futuros profesionais, e como axente de dinamización da sociedade a través do I+D+i+E (Investigación, Desenvolvemento, Innovación e Emprendemento).

Un primeiro aspecto de traballo é a capacidade de medir a evolución deste proceso de cambio e de dispoñer de indicadores de uso das TIC no ámbito universitario. A nivel europeo a principal fonte de información sobre as TIC no que se refire aos aspectos educativos é o Eurobarómetro da Comisión Europea, que de xeito paradoxal non recolle indicador algún referente ao ensino universitario. Similar situación dáse nos instrumentos de observación das TIC nacionais e galegos. Os novos marcos de financiamento (que deberían reflectir, directa ou indirectamente, a utilización eficiente das TIC) ou incluso a natural evolución destes instrumentos de observación actualmente en desenrolo, fai preciso abordar esta carencia.

(10)

A nivel nacional a USC impulsa desde o Grupo TIC da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE_TIC) a elaboración dunha enquisa anual TIC nas universidades españolas, que acaba de coñecer os seus primeiros resultados. A nivel galego vense de asinar recentemente coa Administración autonómica o compromiso da “elaboración dos traballos precisos para definir as métricas e indicadores necesarios para determinar a situación e grao de avance da Sociedade da Información e do Coñecemento nas universidades mediante a creación dun apartado específico...”.

Advertido este aspecto sobre a medición na evolución das TIC, cómpre preguntarse cal está sendo a actitude e o compromiso que as universidades están asumindo.

Un elemento de indubidable valor constátase na elaboración de Plans Estratéxicos das TIC como unha ferramenta específica de referencia nas estratexias universitarias. Este camiño foi xa recorrido por universidades como a Jaume I, a Pompeu Fabra, Las Palmas de Gran Canaria ou mesmo a USC co presente PETIC;

pero son algunhas máis as que teñen xa manifestado o seu interese ou mesmo están elaborando actuacións neste eido (Estremadura, A Rioxa, Castela A-Mancha e Almería son algúns exemplos). Trátase sen dúbida dun elemento de excepcional valor para a toma de conciencia e reflexión dos equipos de goberno e incluso das comunidades universitarias en xeral.

Máis aló dos aspectos de estratexia, constátanse nestes últimos anos numerosos proxectos de implicación e transformación das universidades mediante o emprego das TIC. Mencionaremos só algúns exemplos.

O termino e-learning definido pola Comisión Europea como o emprego de tecnoloxías multimedia e internet para mellorar a calidade do aprendizaxe, facilitando o acceso a recursos e servizos así como a iniciativas de intercambio e colaboración, ten nos Campus Virtuais (CV) un elemento innovador que permite o acceso a distancia, ou sen distancias, á formación regrada. Cada vez son máis as materias dispoñibles nestes Campus, así como a importancia e magnitude das experiencias de CV compartidos entre universidades, entre os que merecen unha mención especial ADA Madrid, Intercampus (universidades catalanas) e o Grupo G9;

(11)

iniciativas, cada unha delas, nas que existen máis de 30 materias compartidas e un número superior aos 200.000 estudantes, parámetros que amosan a demanda existente por este tipo de formación.

O e-learning estase a consolidar como unha nova forma educativa que utiliza canles vinculados coas tecnoloxías da información e as comunicacións. A súa aplicación no ensino universitario presenta moitas variantes (A. Sangrá, director académico da UOC. “La Calidad en las experiencias virtuales de educación superior”.

http://www.uoc.edu/web/esp/art/uoc/0106024/sangra.html), desde a universidade presencial que introduce elementos de virtualidade na súa dinámica educativa, ata as universidades como organizacións virtuais (representadas no modelo da Universidade Oberta de Cataluña, UOC), pasando polos espazos virtuais interuniversitarios comúns como as experiencias de CV compartidos anteriormente reseñados.

A aparición das Secretarías Virtuais representa un salto cara á xestión en internet das universidades e un primeiro paso importante dun novo modelo de eUniversidade. A posibilidade de facer a preinscripción, xestionar a matrícula, consultar notas e expedientes ou solicitar certificados, ten revolucionado o concepto de páxinas web. Exemplos xa clásicos como a London School of Economics (http://www.lse.ac.uk/services) o InfoStud on-line da Sapienza italiana (http://www.amm.uniroma1.it) ou o Sao on-line da Pontificia Universidade de Río de Xaneiro (http://www.puc-rio.br) amosan as posibilidades de utilización.

Algunhas universidades apostaron por crear un espazo virtual máis amplo para prestar servizos e ofrecer recursos en liña. Aos servizos de Secretaría Virtual engádense correo persoal para os alumnos, biblioteca dixital, campus virtual e foros de debate... A eUniversidade dá cabida no seu concepto a calquera servizo ou interacción que a comunidade universitaria poida realizar entre si, máis aló do relacionado coa xestión académica e que se identifican a miúdo co concepto de Secretaría Virtual.

Non se debe esquecer neste ámbito que internet ten aberto para as universidades un novo espazo de participación cidadá. Algunhas universidades avanzaron xa na eDemocracia, ofrecendo a

(12)

posibilidade de interacción e deliberación a través de foros e chats.

É realmente innovador desde o punto de vista educativo contemplar a posibilidade de escribir ao reitor e poder incidir na política da institución. É notable o esforzo da Universidade de Barcelona,

cunha das páxinas web máis participativas

(http://monub.ub.edu/ub_estudants/NoAutenticat.jsp). Hai pouco tempo celebrouse o proceso de elección de Reitor na Universidade do País Vasco utilizando voto electrónico, un paso máis do emprego dos medios telemáticos na vida universitaria.

Estas iniciativas permiten mellorar a xestión universitaria mediante a aplicación das TIC, e comezan cada vez a adquirir maior pulo nos web das universidades. Procesos como a reformulación de procedementos e a introdución da sinatura dixital son elementos que permitirán ver un avance importante neste terreo.

A Comisión Europea afirma que as habilidades desexadas na SIC non son só tecnolóxicas senón tamén de tipo social, relacionadas coa comunicación, a cooperación, o manexo da información e o traballo en novos contornos multiculturais que internet establece para todos. Neste senso é tamén apreciable o esforzo por introducir titulacións máis estreitamente ligadas coas TIC, pero tamén por conseguir perfís académicos con formación nas habilidades TIC.

A dotación de medios para o acceso ás redes e servizos de información á comunidade universitaria representa outro exemplo claro de actuación. Aínda que o rateo de alumnos por ordenador é aínda baixo (algo máis de 25), paradoxalmente moi baixo se se compara co ensino non universitario, as universidades españolas veñen facendo un esforzo sostido de crecemento mediante Aulas de Informática. O impulso ás redes sen fíos, nos que algunhas universidades como a USC apostan pola cobertura integral nun prazo curto, permiten albiscar un modo complementario e razoable de estender de xeito xeneralizado o acceso dos estudantes á SIC.

Case todas as universidades españolas están a desenvolver ou deseñar proxectos neste ámbito, complementados en ocasións cunha activa política de facilitación e axudas de compra de equipos portátiles.

Certamente o grao de implicación é moi desigual. Así o amosan traballos desenvolvidos por varios departamentos, institucións e

(13)

grupos de investigación universitarios (sirvan como exemplos o estudo de Penetración das TIC nas universidades españolas, do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Oviedo, ou os propios resultados que acaban de ser dados a coñecer polo Grupo de Traballo das TIC da CRUE referentes á enquisa TIC do ano 2004).

Como xa foi mencionado, a elaboración de indicadores orientados ás novas dimensións das TIC, a súa adecuada ponderación, procesos de actualización periódicos, así como unha análise destes por distintos expertos, revélanse como accións de grande utilidade para que cada universidade poida compararse cos seus pares e avaliar a súa propia evolución.

Recoñecendo os esforzos feitos ata o de agora, dos que os exemplos mencionados son unha boa proba, ten chegado o momento de abordar unha fonda transformación dos procesos universitarios, nos que as TIC permiten, en boa medida, un redeseño das tarefas e métodos tradicionais.

Na actividade docente as TIC deben estar ao servizo dunha formación de calidade, que dun maior protagonismo ao alumno no proceso de ensino-aprendizaxe. A nosa Universidade é eminentemente presencial e cun alumnado que acaba de abandonar o ensino secundario. Por iso as TIC deben, mantendo as referencias propias da formación presencial, introducir unha maior flexibilidade en canto a tempos e espazos e mellorar a comunicación entre profesores e alumnos.

Esta nova forma de actuación implica que o profesorado debe acometer unha serie de cambios profundos co apoio, a motivación e o recoñecemento por parte das autoridades académicas, que deben velar ademais porque existan os medios tecnolóxicos necesarios e a formación adecuada das TIC na docencia. Tamén se deben establecer sistemas que avalíen e recoñezan o esforzo realizado neste ámbito, tal como existe xa no ámbito investigador, o que redundará na constante mellora da calidade da oferta e a actividade docente. Neste punto requírese un especial esforzo para evitar que no persoal docente xurda unha fenda dixital, que faga

(14)

que parte deste evite o uso das TIC na súa actividade docente por descoñecemento, falta de formación axeitada ou por considerar que non aportarán nada á mellora da súa actividade docente.

Javier Martínez Aldabondo (“Los dos problemas de la universidad:

qué se enseña y cómo se enseña”

http://www.educaweb.com/esp/servizos/monografico/si/7991.asp) pregúntase no seu artigo, “Por que non construír simulacións onde os alumnos poidan coñecer en que consiste traballar para unha consultora ou en un departamento de exportación dunha empresa ou na redacción dun periódico? Poderían practicar nun entorno onde cometer erros está libre de riscos, cun enorme abano de recursos ao seu redor, sendo os verdadeiros protagonistas da súa propia aprendizaxe e ademais estarían engadindo experiencia de cara ao seu acceso ao mundo laboral”.

A formación continua ten cada vez unha maior demanda, fundamentalmente entre persoas con importantes restricións temporais e espaciais. As TIC están permitindo superar, polo menos en parte, estas limitacións, apoiando a docencia presencial e permitindo a docencia semipresencial ou plenamente virtual.

Pódese chegar así a un maior número de alumnos, eliminar a necesidade dunha aula física e trasladar a docencia a unha aula virtual na que os profesores e alumnos non necesiten coincidir no tempo e no espazo para levar a cabo o proceso de ensino- aprendizaxe.

No ámbito investigador, as TIC desempeñaron un papel fundamental no incremento da cantidade e da calidade da produción científico-técnica das universidades. As melloras nas comunicacións permiten que, de facto, as comunidades científicas funcionen coma comunidades de coñecemento en rede, o que unido á dixitalización de gran parte dos fondos documentais e á incorporación das TIC aos servizos bibliotecarios permite que o acervo científico sexa facilmente accesible, o que redunda nunha maior capacidade de documentación por parte dos investigadores.

(15)

Na xestión e na administración a incorporación das TIC pódese identificar en varios campos de actuación. As TIC permiten a automatización de gran parte do proceso administrativo e burocrático das entidades. Este proceso redunda na mellora da calidade dos servizos prestados (matriculación, xestión do persoal...) e das tarefas a desempeñar nos postos de traballo de índole administrativa. As TIC permiten mellorar os servizos existentes e implantar outros novos que redunden na satisfacción dos usuarios, á vez que simplifican os procesos burocráticos. A recepción das cualificacións no móbil, o pago de taxas ou certificados por medios telemáticos, son só algúns exemplos.

Por outra parte, as TIC son unha peza clave no deseño das distintas actividades da Universidade, polo que o establecemento da arquitectura tecnolóxica adecuada e dun servizo de apoio ao usuario son básicos para garantir o bo funcionamento da actividade universitaria.

Pero como di Carol A. Barone, responsable do programa National Learning Infraestruture Initiative (NLII): “no fondo, a transformación universitaria cara á nova sociedade da información non depende unicamente da infraestrutura, senón da incorporación do dixital nos hábitos e na propia cultura universitaria” (“Conditions for Transformation Infrastruture is Not the issue”

http://www.educause.edu/ir/library/pdf/ERM0133.pdf).

O presente plan estratéxico sectorial pretende impulsar estes retos dende o convencemento de que toda a comunidade universitaria fará o que estea nas súas mans para levalo adiante; entendendo que parte do futuro da comunidade universitaria, e incluso da sociedade no seu conxunto, depende do noso compromiso neste senso.

(16)

2. Organización e metodoloxía do Plan

O Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (PETIC) da USC quere conformarse máis aló dun plan estratéxico tradicional para converterse nun plan de acción. A partir do estudo da situación actual da nosa Universidade, tanto no contorno xeral da Sociedade da Información e do Coñecemento como en relación cos que son os seus cometidos esenciais de docencia e investigación, pretende propoñer liñas de acción e recomendacións operativas con obxectivos e prazos concretos.

En definitiva, un plan de acción en materia de TIC para o período 2004-2006 con obxectivos e indicadores que permitan, máis alá da actividade prospectiva e do emprego de metodoloxías clásicas de análise, dar un salto medible no campo das TIC, que consideramos esencial para dispoñer dunha universidade de maior calidade, eficaz, eficiente, moderna e adaptada ás novas demandas da sociedade.

O Plan Estratéxico da USC 2010 rematado hai xa tres anos, comezara a perfilarse en 1998 baixo o lema “Coñecemento ao servizo da Sociedade”, coa misión de facer unha Universidade completa e emprendedora con campus de crecemento equilibrado para dar resposta ás demandas da sociedade a través de servizos de calidade.

O devandito Plan xa recollía que a información e as comunicacións serían sectores nos que se haberían de incrementar as actividades asociadas.

Tanto os obxectivos básicos (por exemplo a creación dun Campus Virtual) como os instrumentais manteñen unha constante referencia ás TIC. Así, o documento elaborado recolle, entre outros, os seguintes aspectos e accións: formación e dedicación do profesorado para desenvolver e utilizar produtos de ensino virtual;

mellora dos servizos informáticos; tecnificación dos servizos bibliotecarios facilitando o acceso electrónico aos documentos;

implantación dun sistema corporativo de información e

(17)

telemática (actualizar a tecnoloxía, desenvolver a rede e reforzar as medidas de seguridade); desenvolvemento da xestión administrativa mediante sistemas informáticos integrados; o web como elemento de información básico; estensión do uso das TIC (mediante formación básica e facilitando a adquisición de equipamento aos estudantes); potenciar as Aulas de Informática;

facilitar ao PDI sistemas de apoio informático; e un longo etc.

En realidade ben podería dicirse que son poucos os obxectivos do Plan 2010 nos que as TIC non xogan un papel de apoio, mesmamente en moitos casos estratéxico.

O PETIC nace por tanto cun antecedente fundamental que, dunha banda, o enmarca como plan de desenvolvemento dunha estratexia xeral da institución; pero que a maiores ofrece referencias, a miúdo moi precisas, dos obxectivos que o propio PETIC ten que abordar.

Esta importante concreción o lexitima, se cabe aínda máis, e permite que accións precisas das recollidas entón aparezan fielmente trasladadas ás accións do PETIC (apartado cinco do presente documento).

A metodoloxía de traballo para a elaboración do PETIC baseouse nos seguintes principios xerais:

- Coordinación. Pola que todos os órganos definidos actúan de forma relacional de acordo con obxectivos xerais.

- Recursos comúns. Polo que se poñen a disposición de todos os órganos de participación recursos e persoal de apoio.

- Xerarquía. Principio de distribución horizontal e vertical das tarefas e liderado e impulsado polo reitor.

- Efectividade. Pola que se procuran xerar e priorizar propostas, accións e indicadores de seguimento.

- Eficiencia. Pola que se busca o mellor aproveitamento dos medios humanos e materiais postos a disposición do proxecto.

A implantación dos anteriores principios reflectiuse mediante o esquema de traballo que a continuación se reproduce.

(18)
(19)

O proceso de Planificación Estratéxica das TIC foi presidido polo reitor, que é o presidente da Comisión de Coordinación e da Comisión de Planificación Estratéxica das TIC. Impulsou e dirixiu o proceso de desenvolvemento do PETIC, definindo e determinando a participación de todas as unidades da USC.

Entre a Presidencia e a Comisión de Planificación Estratéxica, a Comisión de Coordinación (CC) reforzou o papel de dirección, programación e coordinación, articulando as responsabilidades políticas e técnicas.

A Comisión de Planificación Estratéxica (CPE) como ámbito de participación da comunidade universitaria anticipa a formación dun futuro Consello de Tecnoloxías. Incorporou representantes de todos os sectores da comunidade universitaria, centros e departamentos, directores de servizo, etc., discutindo os traballos que a través da CC elaboraron os Grupos de Traballo.

Os Grupos de Traballo (GT; ver relación en Anexo I) aportaron o traballo de base para o PETIC. Foron definidos en función dos obxectivos a abordar polo PETIC; uns de carácter horizontal, asociados aos colectivos principais da comunidade universitaria, e outros de carácter sectorial, relativos a aspectos de relevancia no ámbito das TIC.

Como caso particular dos GT definíronse aqueles denominados de Planificación Urxente, por demandar propostas de actuación de carácter inmediato, aínda que as súas concrecións a máis longo prazo quedan incardinadas no PETIC.

A Secretaría Técnica e Administrativa deu apoio de ambos os dous tipos durante todo o proceso, en especial á CC e aos Grupos de Traballo. Entre os seus labores atópase a busca de documentación, o soporte e mantemento do sitio web, a interlocución con outras institucións e fontes de información, a coordinación das reunións, etc.

(20)

A Comisión de Coordinación definiu a composición dos Grupos de Traballo, coa participación de todas as áreas do Consello de Dirección da USC. Formaron parte deles expertos e usuarios en cada un dos temas a tratar que, trala discusión e estudos oportunos, elevaron propostas que serviron á CC para a formulación do PETIC. Cada Grupo contou cun máximo de dez membros, entre eles un responsable do ámbito do goberno da Universidade e un coordinador de ámbito técnico.

Adicionalmente constituíuse o Grupo de Traballo de Planificación Estratéxica, encargado de planificar a implantación, o seguimento, o financiamento, a organización e os medios necesarios para levar adiante as accións do PETIC. Conforman este Grupo os membros do Consello de Dirección con responsabilidades nos ámbitos de economía e financiamento, organización e xestión de recursos humanos, e calidade e planificación estratéxica así como outras persoas designadas polo reitor.

A dinámica dos Grupos de Traballo seguiu os seguintes pasos:

- Elaboración polo responsable e coordinador de cada Grupo dunha ficha tipo deste (obxectivos, membros, ligazóns con outros Grupos...).

- Xuntanza do Grupo. Consolidación da Ficha e traslado á CC para a coordinación dos traballos dos distintos Grupos e accións comúns (evitar solapamentos, elaborar enquisas...).

- Reunións de traballo do Grupo. Aportación e análise de documentación, elaboración e interpretación dos resultados das enquisas, experiencias doutras entidades...

- Informe de Síntese Final e traslado á CC.

Os documentos dos Grupos de Traballo son á súa vez aportados ao Grupo de Traballo sobre Planificación Estratéxica que, á vista das necesidades e proxectos trazados, eleva á CC proposta de organización, financiamento e persoal para o seu desenvolvemento.

Recibido toda esta información, a CC encargouse de elaborar o borrador do PETIC, asegurando a coherencia e unificación da información recibida e conformando unha estrutura formal este.

(21)

Fig. 2. Procedemento seguido para a elaboración do PETIC a partires dos informes dos Grupos de Traballo

O borrador do PETIC é elevado á CPE para o seu debate e concreción final; téñase presente que durante todo o proceso de elaboración habilitouse como instrumento telemático un sitio web do PETIC que permitiu o seguimento deste e a documentación asociada, polo que os membros da CPE coñecen dita documentación e participan activamente durante todo o proceso.

Para apoiar a elaboración do PETIC desenvolveuse un contorno de colaboración que facilitou a dinámica de traballo de grupos e

Elevación Comisión de Coordinación Informes de

Síntese Final

Presentación á Comisión de

Planificación Estratéxica

Presentación ó Consello de Goberno

Discusión

¿Compre abordar novos

Aspectos?

Grupos de Traballo

Borrador PETIC Non

Outras aportacións

Aprobación e difusión do PETIC

(22)

comisións, ao facer máis doado a distribución de documentación, a realización dos debates e a comunicación en xeral, brindando ao mesmo tempo unha excelente ocasión para probar e familiarizarse coas tecnoloxías deste tipo á comunidade universitaria.

Mediante este instrumento abriuse a participación, estableceuse un fondo documental publicamente accesible, estruturouse o debate, articuláronse redes de apoio ao proxecto, recolléronse valiosas contribucións e amosáronse as posibilidades das tecnoloxías da información e a comunicación nos procesos estratéxicos.

Para coñecer a situación no contorno universitario a nivel xeral manexouse a información obtida dos datos provenientes de:

Universidades españolas: informes dos Servizos de Informática (xa que apenas si existen documentos de estratexia específicos, salvo os Plans de Sistemas e TIC da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria e da Universidade Jaume I); Informes e boletíns da CRUE; traballos específicos sobre TIC (“Aproximación a la calidad de las Universidades españolas mediante indicadores TIC”; Proxecto de Investigación Magister XXI; e outros) e resultados e relatorios de diversas xornadas (Cátedra UNESCO de la UOC, ...)

 Outras universidades. En particular seleccionáronse cinco plans de universidades americanas: Monash, Colorado, Windsor, Massachusetts e Humboldt.

Rematada a elaboración as accións resultantes do PETIC foron elevadas ao Consello de Goberno da USC do 22 de xuño de 2004 para o seu coñecemento e aprobación, procedendo a continuación á súa difusión a todos os sectores da comunidade universitaria e á sociedade en xeral.

(23)

3. PETIC 2004-2006

A información facilitada polos Grupos de Traballo deu lugar, segundo o proceso xa descrito, á redacción do PETIC, organizado en liñas estratéxicas e accións para o período 2004-2006 e poñendo a súa énfase na mellora dos servizos á comunidade universitaria.

É indubidable que a implantación do Plan levará aparellada a toma de opcións tecnolóxicas, que serán en cada momento as que mellor cumpran o compromiso entre prezo, prestacións e usabilidade.

Pero tería sido moi arriscado deixar establecidas esas pautas para proxectos que, incluso nalgúns casos, van máis aló do horizonte temporal do Plan (2006).

Doutra banda, aínda que a temporalidade do Plan abrangue só o medio prazo, estamos seguros que xa neste tempo aparecerán novos usos académicos das TIC que non se contemplan a día de hoxe ou, en todo caso, non é posible formulalos aínda con suficiente precisión.

Isto supón que a posta en marcha do PETIC virá acompañado dun proceso de seguimento e actualización que fagan del un proceso vivo. En particular, e como un dos cometidos específicos da nova Comisión TIC máis adiante referida, producirase un seguimento e revisión das accións e obxectivos propostos.

Tamén, e a través do Vicerreitorado de Calidade e Planificación Estratéxica, planificaranse enquisas que permitan coñecer o grao de satisfacción do usuario en canto á implantación de certas accións.

En todo caso, debemos ter presente que se debe traballar baixo o esquema de que unha determinada tecnoloxía ou unha aplicación non son en si mesmos o fin; seráo o servizo que pretenden prestar aos usuarios, e as facilidades adicionais que introducen sobre os métodos e formas de traballo tradicionais.

De xeito similar, de nada serve impulsar a introdución de melloras tecnolóxicas se non existe a complicidade dos seus usuarios. Dita

(24)

complicidade deberá traducirse, no ámbito de responsabilidade de cada quen, na adquisición de formación, no cambio de procesos e hábitos tradicionais de facer as cousas, máis que na mesma incorporación dos avances tecnolóxicos.

Nun ámbito como o universitario, onde a excelencia docente e investigadora é o referente, cómpre non obstante subliñar que non estamos ante unha cuestión de excelencia tecnolóxica, senón de excelencia nos procesos académicos das nosas institucións.

De pouco serven as TIC no ensino se o profesor non fai máis que adaptar os contidos a novos formatos tecnolóxicos. As TIC poden e deben servir para construír un novo paradigma no proceso de ensino e aprendizaxe.

Pouco poderán mellorar as TIC na xestión e administración se os procesos administrativos non se procedementan, simplifican e racionalizan. De pouco serve permitir a entrada nun Rexistro Telemático dunha documentación (que non cabe dúbida facilita a vida ao cidadán) se despois non existen procesos informatizados que permitan a súa tramitación, resolución e resposta.

As TIC deben apoiar tamén a toma de decisións dos órganos de dirección e goberno, pero primeiro é necesario adoptar accións que permitan uniformar os criterios e a codificación dos datos, definir cales son as series estatísticas que se desexan obter ou a información relevante, identificando as fontes que a xeran e manexan.

Tamén pode ser de grande utilidade unha ferramenta de xestión de contidos de última xeración que permita a introdución dinámica e sinxela da información universitaria, por parte do usuario final, na web institucional. Pero este proceso debe vir acompañado por un redeseño dos fluxos de información internos e externos, e por unha implicación de todas as unidades nesta labor diaria.

A dificultade de comprometer á comunidade universitaria cos cambios necesarios para levar adiante un Plan Estratéxico das TIC explica que en boa medida os Equipos de Goberno sexan remisos a afrontar estes procesos que, por outra parte, hoxe ninguén discute como básicos para as organizacións: a complexidade das

(25)

TIC unida ás dificultades das organizacións para a súa transformación efectiva levan a que se elixan outros obxectivos que requiran un menor grao de compromiso e esforzo; aínda que evidentemente, supoñan tamén un menor grao de avance e transformación.

Por outra parte, a transformación requirida só será posible cun compromiso de máximo nivel por parte dos Órganos de Goberno e, de maneira moi especial, do Consello de Dirección. Cada un dos seus membros debe facer propia e explícita a súa implicación, baixo o principio de unidade técnica coordinadora e unidade máxima de dirección. A experiencia amosa que neste sentido é imprescindible:

- A implicación da máxima autoridade universitaria, o reitor, no impulso e dirección deste proceso; e do seu equipo de goberno na aplicación en cada área da vida universitaria.

- A existencia dunha unidade coordinadora e coñecedora de todas as accións en materia de TIC, con capacidade real de prestar o seu asesoramento, apoiar a dirección e modificar no seu caso aqueles aspectos que non se adapten aos obxectivos definidos.

Estes aspectos organizativos, xunto a unha estrutura dos departamentos e servizos encargados de deseñar e implantar as TIC áxil e adaptada aos requirimentos actuais, conforman un núcleo básico de actuación cara ao futuro.

Esta organización deberá facer fincapé especialmente na necesidade de contar con persoas de alta cualificación, capaces de especificar requisitos, dirixir os proxectos e acollelos. Labores como o desenvolvemento de aplicacións, tarefas de mantemento ou instalacións, ou incluso a xestión de infraestruturas e equipos poden ser xestionadas con medios propios e externos que permitan unha máis alta eficiencia.

A realización dun Plan Estratéxico e de Acción como o presente revélase unha demostración palpable da vontade decidida por recorrer ese camiño do Consello de Dirección da USC.

(26)

Aínda que a metodoloxía adoptada supón a análise individualizada dos temas tratados en cada Grupo de Traballo, existe unha grande interrelación en, polo menos, os seguintes sentidos:

- Obxectivos específicos que afectan a todos os colectivos universitarios e, polo tanto, a todos os Grupos de Traballo que os contemplan (por exemplo os temas de formación afectan a todos os demais).

- Aspectos xerais que supoñen requisitos para todos os grupos (por exemplo os aspectos organizativos e de persoal).

Polo tanto, algúns destes aspectos trataranse no correspondente epígrafe sectorial, facendo meras mencións deles noutros grupos interrelacioados. Tamén, por simplicidade, agrupáronse contidos tratados en diferentes Grupos de Traballo, co que se facilitará o seguimento, evitando as continuas referencias transversais.

Cómpre resaltar dun xeito especial as sinerxías que se poden obter entre as universidades para o desenvolvemento común de accións no ámbito das TIC. Isto maniféstase tanto pola economía de medios e capacidade tecnolóxica común (por exemplo, non cabe dúbida que pode resultar máis abordable desenvolver unha plataforma de ensinanza virtual con ferramentas abertas mediante a colaboración de varias universidades que de xeito illado), como pola propia natureza do colectivo universitario (facilitar a utilización das redes e o acceso á información para profesores ou persoal desprazado da súa universidade). Estes exemplos mostran a necesidade de identificar proxectos comúns e mecanismos de cooperación eficientes. A USC, máis aló da estratexia TIC que aquí se desenvolve, está a impulsar este proceso, mediante a dirección do Grupo TIC da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) e mediante a proposta e xeración de proxectos comúns, para os campus das universidades españolas.

Neste senso, e xa nun nivel rexional, é desexable afondar en mecanismos de colaboración entre as universidades galegas, e en proxectos e accións que ben poden contar coa coordinación e financiamento da Administración autonómica. En tal senso estase tamén a traballar cun papel de fondo compromiso por parte da USC.

(27)

3.1 As TIC nos procesos de ensino e aprendizaxe ; integración de tecnoloxías e servizos na rede de centros O desenrolo das TIC está impresionando fortemente nos sistemas de ensino superior. Ponse en dúbida o sistema tradicional de aprendizaxe, no que o saber concéntrase na aula, á vez que se expande ao acceso para novos colectivos. Como quedou recollido na Conferencia Mundial sobre Educación Superior da UNESCO de 1998, as TIC “reforzarán o desenvolvemento académico, amplialo acceso, lograr unha difusión universal e estender o saber e facilitar a educación durante toda a vida”.

A revolución tecnolóxica que está experimentando o ensino superior está modificando os esquemas clásicos de formación. Os docentes non poden impartir as clases ás costas das novas tecnoloxías da información, o alumnado ten que estar formado nelas e, máis que acumular coñecemento, é cada vez máis importante coñecer onde se atopa a información. Doutra banda a Universidade, en tanto que institución tradicionalmente presencial, ten que saber aproveitar as oportunidades que lle ofrecen, ampliando o mercado sobre a base dunha nova oferta educativa.

Por todo isto é importante recoller de forma expresa a importancia que as tecnoloxías da información e da comunicación teñen á hora de mellorar o desempeño dunha das demandas básicas que a sociedade lle fai á Universidade: a formación dunha parte importante dos seus cidadáns.

Neste senso preténdese poñer a disposición da comunidade universitaria as condicións necesarias para a integración efectiva das TIC nos procesos de ensino-aprendizaxe, promovendo a reflexión e a participación da comunidade universitaria no proceso.

Para elo é preciso que a utilización das TIC non se limite a facer máis do mesmo con outros medios. Aínda que o uso das TIC pode supoñer unha axuda importante para a mellora da docencia desde a perspectiva tradicional, debería aproveitarse a oportunidade que ofrece a coincidencia da elaboración do PETIC co proceso de harmonización europea do ensino superior para impulsar unha reflexión a fondo sobre os propios procesos de ensino-aprendizaxe en cada ámbito e sobre o mellor xeito de favorecelos. As TIC son

(28)

unha ferramenta moi importante para conseguir este obxectivo, xa que se poden empregar para favorecer a aprendizaxe autónoma e flexible, na liña do contemplado no espírito de Boloña.

Fig. 3. As TIC: unha ferramenta clave de apoio á docencia

Na actualidade a escasa valoración das tarefas docentes na traxectoria académica do PDI non axuda a obter unha implicación fonda do profesorado na utilización das TIC, levando a un modelo de compromiso baseado no voluntarismo. As TIC só se veñen incorporando por aqueles docentes especialmente sensibilizados, implicando na maior parte dos casos unha importante dedicación adicional. É preciso proporcionarlle ao profesorado elementos motivacionais que o leven a empregar axeitadamente as TIC na súa labor docente, pero, ao mesmo tempo constátase tamén a necesidade de dotar aos centros de medios materiais e apoio técnico.

Polo tanto trátase de poñer en marcha unha serie de accións coordenadas dirixidas a conseguir que os profesores integren dun xeito progresivo ditas tecnoloxías nas súas actividades docentes.

A dotación das infraestruturas e aplicacións necesarias para os docentes (equipamento portátil, ferramentas de colaboración e de Campus Virtual), e nos centros (proxectores, acceso a redes e equipos); a dispoñibilidade de persoal técnico de apoio mediante equipos multicentro especializados na xestión e emprego docentes das TIC; e unha activa política de formación e soporte, resulten fundamentais.

(29)

A creación dun Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA) terá como obxectivo coordinar e apoiar a integración e o bo uso das tecnoloxías da información e das comunicacións no proceso de ensino e de aprendizaxe. Entre as funcións deste servizo están a coordinación dos recursos e a oferta formativa en liña da USC, proporcionar apoio técnico e pedagóxico para a creación de materiais docentes en soportes multimedia, fomentar o emprego das TIC na actividade docente tanto presencial como a distancia, desenvolver proxectos e prestar servizos externos no ámbito da súa actividade así como impulsar e xestionar o Campus Virtual da USC, que nos últimos anos acadou un crecemento constante de xeito que na actualidade participan nel 350 profesores e uns 9000 alumnos.

Fig. 4. USC Virtual. Exemplo de curso

En paralelo deberá actuarse para recoñecer este tipo de traballo no Plan de Traballo Anual (PTA) do PDI, incentivando o compromiso e recoñecemento da dedicación que isto supón. A existencia de contidos en formato multimedia, de materias que empreguen, nos seus distintos graos, as ferramentas de ensino virtual, ou de programas que introduzan as TIC entre as súas prioridades, por poñer algúns exemplos, deben ser obxecto do recoñecemento e valoración oportunas.

(30)

Neste senso establécense accións para acadar a formación dos docentes e o desenvolvemento de materias con presenza na web e con compoñente virtual, así como dar publicidade das mellores prácticas de aplicación das TIC na docencia, cun especial esforzo na incentivación dos proxectos de innovación educativa vinculados a estas actividades.

3.2 As TIC e os estudantes

A utilización efectiva e habitual das TIC por parte dos estudantes é un elemento esencial na súa formación como profesionais e como cidadáns da denominada Sociedade da Información e a Comunicación, sendo o obxectivo último o de xerar usuarios conscientes e críticos no emprego das TIC e das súas implicacións en todos os ámbitos da súa vida.

Fig. 5. O ordenador persoal como instrumento para a formación do estudante

Un uso intensivo e eficiente das TIC polos estudantes implica que se porán á súa disposición servizos e contidos interesantes;

facilitaránselle recursos materiais para ter acceso aos mesmos; e concibirán a súa formación como fío condutor de todo este proceso.

No aspecto de acceso os últimos anos a USC vén dedicando unha importante cantidade de recursos económicos á adquisición de

(31)

equipamento informático o cal, pola súa natureza, envellece tecnicamente a grande velocidade e, polo tanto, é necesario acometer esta inversión dunha forma constante. Como resultado deste esforzo, tense acadado unha ratio de alumnos por PC que é cinco puntos mellor que a media nacional (21 na USC fronte a 26 a nivel xeral); cómpre non obstante seguir traballando nesta liña e na mellora dos desequilibrios detectados entre distintos centros e campus.

Tamén é importante que a Universidade impulse o lanzamento de instrumentos que posibiliten aos estudantes que así o desexen adquirir equipamento informático axeitado, ofrecéndolle conectividade nos campus pero permitindo ademais estender a súa utilización fóra dos mesmos. Incrementar o esforzo nas aulas e a política de facilitación de equipos persoais dos estudantes permitiralles acceder dun xeito regular tanto ás súas tarefas docentes como aos diferentes contidos e servizos que a Universidade pon a súa disposición.

A realización a través da rede de actividades administrativas como a matrícula, a reserva das prazas de residencia, ou a obtención de certificados permitirá que os estudantes poidan axilizar a súa relación puramente administrativa coa USC, ademais de ser esenciais para que, a través do emprego cotiá, se xere o proceso de incorporación á SIC.

Cómpre evitar polo tanto, na medida do posible, que as ferramentas e servizos que se poñen á súa disposición queden esquecidas ou obsoletas porque non se lles atope un emprego útil. Así, xeneralizar o emprego dos servizos en liña dispoñibles e outros novos, considérase como un piar importante na consolidación do proceso de normalización do emprego das TIC na actividade diaria.

(32)

Fig. 6. Trámites por internet para o estudante. Secretaría Virtual da USC

Tamén é importante que dende a USC se faga un esforzo continuado para que os estudantes teñan a información axeitada e actualizada dos servizos que se poñen á súa disposición, así como para que os distintos axentes implicados potencien o uso das TIC na prestación de servizos á comunidade estudantil.

Por último débese ter en conta que as ferramentas TIC (espazos web especializados, contas de correo electrónico, foros de debate...) non só repercutirán positivamente no seu traballo académico, senón que poderán potenciar a información á que teñen acceso e á interacción con outros membros da comunidade universitaria, o que lles permitirá asumir o rol de emisores de información, rompendo co tradicional papel do estudante como mero receptor, o que supón un reto que vai máis alá da alfabetización tecnolóxica e da dotación de medios.

(33)

3.3 As TIC e a investigación

A USC foi pioneira, xa nos anos 60, na utilización da informática na investigación. A evolución foi rápida tanto nos recursos propios como nos doutros organismos; os recursos de cálculo con que se conta, propios e a través do Centro de Supercomputación de Galicia, ou a súa conectividade e capacidade de interconexión a través da rede de datos da USC, da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e de RedIRIS, son piares sen os que hoxe non sería posible boa parte da investigación desenvolvida por Grupos, Departamentos e Institutos de Investigación da nosa institución.

Fig. 7. A USC acada un posto de cabeceira na investigación universitaria do estado español.

Nesta liña hai que avanzar facilitando a incorporación e o emprego das TIC que permitan unha investigación máis eficiente, avanzada e competitiva.

Nun primeiro estadio haberá que asegurarse a conectividade universal desde dentro e fóra da institución universitaria, con acceso de banda ancha, facendo uso das capacidades da rede interna de comunicacións e da xa mencionada RECETGA, e impulsando a comunicación sen fíos en determinados ambientes.

Fig. 8. Rede de comunicacións da USC

(34)

A capacidade de cálculo intensiva para problemas e simulacións complexos está en xeral resolta a través do CESGA e dos servidores propios da USC, polo que non parecen necesarios esforzos específicos neste terreo (un exemplo de uso intensivo destes recursos é o servizo proporcionado de predición meteorolóxica – MeteoGalicia).

Deberá existir equipamento técnico axeitado para o desenvolvemento de liñas de investigación vinculadas ás TIC; así como a outras áreas, principalmente do ámbito das ciencias experimentais e da saúde, onde resulta imprescindible a existencia de equipos informáticos e electrónicos para a realización de probas, ensaios e medicións, e para o desenvolvemento de simulacións e procesamento masivo de información.

A mellora dos sistemas de traballo en grupo e de colaboración, tanto na USC coma no traballo e intercambio conxunto con outras universidades e centros, permitirá colaborar en proxectos complexos, onde cada vez son máis necesarios os equipos multidisciplinares e interinstitucionais.

Os sistemas de videoconferencia (tanto de sala como persoais) postos a disposición dos grupos de investigación, facilitarán tamén a comunicación a distancia e a relación e o traballo de colaboración con outros equipos e socios tecnolóxicos.

Fig. 9. Equipos de videoconferencia e ferramentas de colaboración

Detéctase a necesidade de consolidar e incrementar a política de adquisición de licencias de software de utilidade para a labor dos investigadores, especialmente daquelas que poden dar soporte a distintos grupos, departamentos ou institutos de investigación:

(35)

desde os paquetes de cálculo estatístico, deseño gráfico asistido por ordenador, tratamento e edición matemática, sistemas de información xeográfico (SIX), etc. Isto, nalgúns casos, permitirá tamén á súa posta a disposición dos estudantes para prácticas e traballos.

Fig. 10. Instalación de software con licencia corporativa

Asegurar o acceso á información bibliotecaria e de arquivos, utilizando intensivamente instrumentos comúns como o Consorcio de Bibliotecas de Galicia, permitirá unha maior eficiencia facilitando un acceso á información cun alto potencial a calquera investigador sen necesidade de desprazamentos e aforrando custos.

O apartado de formación e soporte, aplicable a todos os colectivos universitarios, presenta algunhas singularidades no eido investigador. Entre elas, a grande variedade de liñas de traballo fai impensable consolidar equipos especializados en soporte a aplicacións e tecnoloxías específicas.

Tamén debe intensificarse o apoio específico, na liña na que xa traballa a Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT) do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT), para o acceso á información e a cumprimentación telemática das solicitudes de proxectos de investigación.

Estes instrumentos permiten xa actualmente o acceso a abundante información sobre xestión da produción científica, produción de resultados e patentes, promoción do I+D e mercadotecnia, etc., así

(36)

como recibir asesoría técnica de proxectos e contratos. A inclusión en listas de distribución para fomentar a participación en proxectos, ou a información personalizada son propostas de evidente interese.

No achegamento entre o mundo universitario e empresarial as TIC xogan un papel crucial mediante a elaboración de información precisa das liñas de traballo de departamentos, grupos e institutos de investigación e os medios á súa disposición, accesibles mediante web.

Desde o punto de vista da Política de Investigación debe ser posible obter información fiable, actual, pormenorizada e relevante que facilite a toma de decisións en materia de Política de Investigación. Esta Política, á súa vez, terá que ter en conta e facilitar a realización de proxectos nos que as TIC poidan aportar elementos novidosos no ámbito da I+D+i+E, creando servizos e utilidades baseadas no emprego das TIC útiles para a sociedade en xeral e o tecido empresarial en particular.

3.4 Xestión e administración

Calquera organización de ámbito público ou privado ten que incorporar as TIC na súa xestión ordinaria pola necesidade de recibir, tratar e difundir información masiva interna e externa. Hoxe sería inconcibible o funcionamento dunha universidade sen a automatización de procesos como a xestión académica, económica ou de persoal, sendo este un proceso que se vai estendendo cada vez a máis áreas.

(37)

Neste ámbito establécense dous OBXECTIVOS BÁSICOS:

- Mellorar aquelas aplicacións xa existentes e definir e implantar as novas que dean cobertura ás necesidades actuais.

- Definir un marco no que as TIC sexan o vieiro de comunicación regular tanto interna como externamente (eUniversidade ou Universidade Electrónica).

A xestión académica é hoxe un instrumento básico da prestación duns servizos administrativos eficaces, no que a aplicación das facilidades de acceso web e o control centralizado, xunto á integración co resto dos procesos relacionados con estudos e procesos (terceiro e cuarto ciclo, bolsas, títulos, etc.), son novos referentes a acadar.

En canto á xestión económica, o PETIC establece a realización dunha nova aplicación de xestión da contratación e da económica.

Entre as novas áreas a encarar destacan a xestión de infraestruturas e do patrimonio. A eficiente utilización dos espazos físicos e das infraestruturas da USC pasa por dispoñer de ferramentas informáticas, baseadas en XIS, que a partires da obtención da información gráfica dixitalizada permita unha mellor xestión destas. En proxectos previos xa realizados, como o proxecto de optimización enerxética (POE), estase a amosar a rendibilidade deste tipo de actuacións.

O proxecto de obtención do Manual de Procedementos Administrativos (MAPA) vai permitir a diagramación e descrición correspondente aos procedementos da USC, paso previo para a súa xeral informatización e posibilidade de tramitación electrónica.

Avaliarase a continuación a implantación dun sistema xeral de xestión de procedemento administrativo.

Pero se un elemento diferenciador vai determinar a xestión dos procesos das universidades sen dúbida ese será a capacidade de efectualos na rede.

(38)

Fig. 11. Tramitación electrónica

Baixo distintos epígrafes descritivos, como Universidade Electrónica ou Secretaría Virtual, pretende describirse un novo modelo de funcionamento, tanto entre os membros da comunidade universitaria coma co exterior, polo que a canle telemática chegue a substituír á canle presencial en todos os procesos onde sexa posible. Cando se fala de eUniversidade debería pensarse nun sistema que idealmente permita que tanto a petición como a resposta e calquera intercambio ulterior se realicen por rede, con todas as garantías de autenticidade e confidencialidade legais (sinatura dixital). Para iso será necesario traballar arreo na xa mencionada racionalización e simplificación administrativa.

A educación dos estudantes no manexo ordinario destes sistemas conseguirá así mesmo que unha vez egresados da nosa institución poidan seguir utilizándoos nas súas relacións ordinarias e con outras administracións.

Na primeira etapa, que non require pechar solucións de sinatura electrónica, afrontarase a publicación na web dos actos administrativos de concorrencia competitiva: convocatorias de prazas, procesos selectivos, contratacións de bens e servizos, etc.

Isto facilita en grande medida a difusión aumentando a transparencia e fiabilidade destes procesos. A distribución desta información por perfís permitiría a súa remisión automatizada mediante a subscrición a listas de distribución.

No ámbito de PAS e PDI, cómpre substituír o papel por procesos e formularios electrónicos: as peticións de axudas ou a tramitación de días ou gastos, a xestión dos proxectos e convocatorias de investigación son exemplos incentivadores do cambio de actitude.

En xeral, moitas das peticións empregando este medio (certificados), ou consultas de información persoal (estudantes)

Referencias

Documento similar

1) Coñecemento da tipoloxía e casuística das fontes históricas, artísticas, lingüísticas e literarias, o seu adecuado tratamento, a súa inserción nos contextos

1) Coñecemento da tipoloxía e casuística das fontes históricas, artísticas, lingüísticas e literarias, o seu adecuado tratamento, a súa inserción nos contextos

No entanto, em rigor, a lei inconstitucional (menos favorável), por não ser válida, não consta de uma verdadeira sucessão de leis penais, e, por isso a protecção do caso

A cidade do futuro, distinta desta na qual vivemos nesta segunda década do século xxi , que enfrenta e assimila as mudanças introduzidas pela revolução tecnológica e científica

Como unha iniciativa do Programa A Ponte no Campus de Lugo, e tendo en conta o grave problema dos incendios ferestais en Galicia, que ao comezar o curso 2017/18 tiveron unha

PI-05 Xestión dos recursos materiais e servizos PI-06 Organización e procedementos administrativos PI-05 Xestión documental. PI-07 Medición e mellora dos programas de estudo e

Desde esta perspectiva, a Memoria de Calidade da Facultade de Formación do Profesorado correspondente ao curso académico 2015-2016 foi elaborada pola Comisión de

Memoria de Calidade da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais 2018-19 Novembro - 2020 [Dada a magnitude do impacto da Covid-19 no proceso formativo, algunhas das accións