DATOS
&
INFORMES
CONSELLO DA
CULTURA GALEGA
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA
Web
consellodacultura.org
Twitter: @consellocultura
Facebook: facebook.com/consellocultura
Correo:
Telf: +34 981 95 72 02
►19/04/2018
Datos da edición en Galicia 2006-2016
O seguinte informe ofrece datos da edición de libros en Galicia, a través dunha análise de diferentes aspectos que inflúen de xeito activo neste eido. O traballo elaborouse para presentarse na xornada “A lei do libro 2006 a debate” celebrada o 19 de abril de 2018 e organizada pola a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega co gallo do Día Mundial do Libro e a Lectura, para avaliar o desenvolvemento da Lei do Libro e da Lectura de Galicia.
Nun principio, a partir da Estadística de la Edición Española de Libros con ISBN, amósanse datos en comparativa evolutiva dende o ano 2006 ata 2016 de todos os libros inscritos en ISBN na comunidade galega e, de xeito específico, dos que se publicaron en lingua galega nesa mesma década. Esta mesma fonte fornece información relacionada coas empresas editoras e a produción media destas.
O informe profunda nesta produción editorial de libros e folletos mediante o estudo do número de títulos publicados (sempre no ámbito territorial galego) e a observación daqueles que son publicados en galego, segundo a súa categoría temática. Neste caso a fonte utilizada é o INE, a través da Estadística de produción editorial de libros.
O número de empresas editoriais privadas galegas e agremiadas, así como os títulos e exemplares editados por estas constitúen outro dos aspectos analizados no informe, a través da información da Federación de Gremios de Editores de España, que tamén subministra datos evolutivos sobre facturación e dereitos de autor.
A actividade empresarial do sector é outro dos aspectos valorados neste traballo. Para a confección deste apartado e tras a consulta de diversas fontes, debúllanse os datos relativos aos ingresos de explotación, número de empregados e resultado dos exercicios económicos de librerías, empresas de artes gráficas e editoras.
O informe analiza igualmente a evolución da actitude da cidadanía galega na década 2006-2016 no concernente ao gasto en libros, a través das equivalencias xurdidas entre o gasto global en cultura e o gasto específico en libros, con atención ao gasto medio por fogar e por
persoa, que facilita a Encuesta de Presupuestos familiares do INE.
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
sobre o gasto en adquisicións de libros e folletos, e tamén sobre aqueles orzamentos destinados á programas relacionados co sector do libro.
O libro segundo o ISBN
Os datos que se mostran na seguinte gráfica reflicten a evolución do número de libros inscritos en ISBN en Galicia, tendo en conta os cambios que se produciron na metodoloxía de recollida de datos desta estatística no ano 2015. Así, ata 2014 incluíanse no número de libros inscritos no ISBN as reimpresións, mentres que a partir dese ano exclúense as reimpresións. En liñas xerais, o que se pode observar é unha forte caída no número de libros inscritos no ISBN a partir do ano 2010. No período entre 2011 e 2016, obsérvase unha importante recuperación en 2014, con 336 libros máis inscritos ca en 2013, o que supón unha suba dun 14,8%. Esta cifra volveu descender no ano 2015, acadando a cifra máis baixa de toda a serie histórica. No último ano desta serie histórica, o 2016 vólvese albiscar unha lixeira recuperación cun aumento de 122 libros inscritos no ISBN.
Libros inscritos en ISBN en Galicia
Fonte: Estadística de la Edición Española de Libros con ISBN
Se se analiza a evolución por tipo de soporte, pódese ver que os soportes distintos do papel teñen unha evolución irregular á alza, mentres que o papel ten unha evolución significativamente descendente.
3.229 3.396
3.690 4.069 4.754
3.233
2.528 2.494 2.877 3.006
2.335 2.268 2.604 2.266
2.388
0 500 1.000 1.500 2.000 2.500 3.000 3.500 4.000 4.500 5.000
2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
Libros inscritos en ISBN segundo soporte en Galicia
Fonte: Estadística de la Edición Española de Libros con ISBN
A seguinte gráfica representa a evolución do número de libros inscritos en ISBN publicados en galego. Destes datos pódese concluír que un 50,7% do total de libros inscritos en ISBN en Galicia en 2016 foron publicados en galego. Esta cifra supón unha diferenza de 10,8 puntos porcentuais con respecto á do ano anterior, no que un 61,5% do total de libros inscritos no ISBN en Galicia foron publicados en galego. A evolución global da cifra de libros publicados en galego indica unha caída dun 52,4% de libros inscritos entre 2010 en 2016. O único aumento apreciase no ano 2014 no que se publicaron 337 libros menos (con reimpresións) e 296 (sen reimpresións). No obstante, a proporción de libros en galego sobre o total non mingua significativamente ao longo da serie.
Libros inscritos en ISBN publicados en galego
Fonte: Estadística de la Edición Española de Libros con ISBN
2488
1999
2008 2025
1874
1838 518
336
260
579
392
550
200 250 300 350 400 450 500 550 600
1000 1200 1400 1600 1800 2000 2200 2400 2600
2011 2012 2013 2014 2015 2016
Libros en soporte papel Libros noutros soportes
2.023
1.992 2.482
2.121 2.544
1.997
1.621
1.426 1.763
1.711 1.353
1.143
1.439 1.394 1.211
0 500 1.000 1.500 2.000 2.500 3.000
2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
Esta fonte tamén ofrece información dos editores que solicitaron ISBN e a produción media destes. Como se pode apreciar na gráfica seguinte, pese a que se detecta unha baixada no número de editores, a produción media é estable.
Editores e produción media
Fonte: Estadística de la Edición Española de Libros con ISBN
Estadística de producción editorial de libros
O obxectivo da estatística é dispor de información sobre o número e características dos títulos editados en España a partir dos propios títulos físicos depositados na Biblioteca Nacional de España. Esta estatística compleméntase coa Estadística de la Edición Española de Libros con ISBN. Ambas operacións proporcionan información relativa á edición de títulos pero referida a dous momentos diferentes no tempo e, polo tanto, os seus datos primarios proveñen tamén de fontes diferentes de información: a do ISBN sobre proxectos de edición informados polo propio editor, mentres que a do INE, sobre materiais librarios xa editados e depositados na BNE, e polo que, a información se obtén directamente do propio libro físico.
A unidade de análise desta estatística son os títulos (libros e folletos) editados en todo o territorio nacional e depositados na Biblioteca Nacional de España durante o ano de referencia.
Na táboa e na gráfica seguintes reflíctense datos sobre o número de títulos publicados en Galicia. Na evolución temporal o ano que marca a cifra máis elevada de títulos publicados en Galicia é 2008, tanto na cifra global como en galego. A porcentaxe de libros publicados en galego foi diminuíndo progresivamente dende 2009 ata 2014. En 2015 experimentou unha importante suba de 14,1 puntos porcentuais con respecto a 2013, pero en 2016 volveu reducirse lixeiramente ata un 49%.
166
147
144 149
130 130
18 16 16
17 17 18
0 4 8 12 16 20
90 100 110 120 130 140 150 160 170
2011 2012 2013 2014 2015 2016
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
Número de títulos (libros e folletos) publicados en Galicia
Fonte: INE. Estadística de producción editorial de libros
A edición de libros segundo a FGEE
A FGEE publica cada ano o seu informe Comercio interior del libro en España, onde
se ofrece información das empresas editoriais agremiadas. En Galicia, o número de empresas e o emprego que xeran dentro da Asociación Galega de Editores mingua dende 2007. A evolución presenta o seguinte aspecto:
Empresas editoriais privadas e agremiadas e emprego xerado en Galicia
Fonte: Federación de Gremios de Editores de España
2.444
2.364 3.747
3.180 2.778
2.866
2.660
1.869 2.295
2.171 1.990
1.406 1.472 2.070
1.823
1.429 1.430 1.322
739 860
1.120 976
0 500 1.000 1.500 2.000 2.500 3.000 3.500 4.000
2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
Total En galego
318 308
291
249 236
190 189 181 184
205
43 45 46
45 48
39 40 38
35 37
0 10 20 30 40 50 60
0 50 100 150 200 250 300 350
2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
O número de títulos experimenta unha evolución menos relacionada co ciclo económico. Como se pode ver, o número de títulos ascende ata 2011 e descende sensiblemente despois. En calquera caso obsérvase unha tendencia de certa estabilidade. Pola contra, a produción de exemplares experimenta un recorte moi importante. Entre o punto de maior produción en 2011 e o 2016 reduciuse a produción nun 47%, o que supón máis de 1,5 millóns de exemplares. Como consecuencia, as tiraxes medias tamén descenderon.
Títulos editados segundo lingua e lugar de publicación e exemplares producidos en editoriais agremiadas
Fonte: Federación de Gremios de Editores de España
En relación cos ese descenso da produción, descenden tamén a facturación e as cantidades abonadas en concepto de dereitos de autor. O descenso da facturación ten unha proporción menor que o descenso da produción, e sitúase en 6,5 millóns de euros (-20%) no período 2007-2016. Os dereitos de autor perden 700.000 entre as cifras maior e menor da serie.
1000 1500 2000 2500 3000 3500
2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
Títulos editados en Galicia Titulos editados en galego
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
Facturación e dereitos de autor repartidos nas editoriais agremiadas
Fonte: Federación de Gremios de Editores de España
Indicadores económicos das librerías, artes gráficas e editoras
Para este apartado analízanse datos de actividade empresarial que proveñen da explotación do Directorio de Empresas do Instituto Nacional de Estatística e do Sistema de Análisis de Balances Ibéricos.
No caso das editoriais, obsérvase unha tendencia decrecente no número de empresas con actividade en “Edición de libros, periódicos e outras actividades editoriais”.
Número de empresas con actividade en “Edición de libros, periódicos e outras actividades editoriais”
Fonte: (INE) Explotación do directorio de empresas e unidades locais
31,89
33,04 33,68
30,98 27,17 27,53 24,66 25,42 26,61 25,38 1,8
2,1
2
1,96
1,56 1,49
1,39 1,32 1,63 1,4
0 0,5 1 1,5 2 2,5
0 5 10 15 20 25 30 35 40
2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
Cifra de facturación (millóns de euros) Dereitos de autor (millóns de euros)
332
345 364
359 357
369
351 359
343
324
300 310 320 330 340 350 360 370 380
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
A partir do Sistema de Análisis de Balances Ibéricos obtívose unha mostra das editoriais de libros galegas. Os datos económicos de facturación e empregados tamén debuxan unha tendencia descendente, sen que se observe unha recuperación clara a partir de 2013.
Ingresos de explotación e número de empregados das editoriais de libros de Galicia
Fonte: Sistema de Análisis de Balances Ibéricos
Os resultados dos exercicios das editoras son negativos na maior parte do período estudado, especialmente a partir de 2011.
22.190
29.958 31.636
28.170
24.133 23.874
19.779
15.895 16.539 17.229
16.112
170 165
233 263
254
223
186
161 165 176
184
0 50 100 150 200 250 300
0 5.000 10.000 15.000 20.000 25.000 30.000 35.000
2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
Resultados dos exercicios das editoriais de libros de Galicia
Fonte: Sistema de Análisis de Balances Ibéricos
Segundo o Mapa de Librerías 20161, en Galicia hai 402 librerías en 2016, 9 menos que
en 2015. En números absolutos, Galicia ocupa o cuarto lugar por detrás de Madrid, Cataluña e Andalucía. En librarías por 100.000 habitantes, Galicia ocupa o primeiro lugar, xunto con Castela-A Mancha, con 14,8.
Para poder analizar a tendencia á creación ou cese de actividade das librarías, cómpre estudar o agregado de actividades que hai baixo o epígrafe 4756 da CNAE 2009, “Comercio a retallo de artigos culturais e recreativos en establecementos especializados”. Para este epígrafe observamos a seguinte evolución:
1 Mapa de las librerías en España (2017) CEGAL, Zaragoza
135 1.918
-210 -242
81
-2.936 -3.040 -1.379
-2.769 -2.399
-2.989
-4.000 -3.000 -2.000 -1.000 0 1.000 2.000 3.000
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
Número de empresas con actividade en “Comercio a retallo de artigos culturais e recreativos en establecementos especializados”
Fonte: (INE) Explotación do directorio de empresas e unidades locais
A tendencia non é exclusiva das librarías ou dos comercios de artigos culturais en xeral, xa que pecharon 5.389 comercios a retallo dende 2008.
Realizouse unha mostra das librarías galegas para estudar os seus principais datos económicos. Os ingresos de explotación seguen unha pauta moi condicionada polo ciclo económico, igual que o número de empregados.
Ingresos de explotación e número de empregados das librarías galegas
Fonte: Sistema de Análisis de Balances Ibéricos
2.303
2.240
2.114 2.275
2.224
2.183 2.127
2.073
1.988
1.930
1.700 1.800 1.900 2.000 2.100 2.200 2.300 2.400
2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017
25968 29709
34849 34673 34102
31499 28035
25358 26561
28229 30669
236 242
301290 295
251 234
220 215 255
271
0 50 100 150 200 250 300 350
0 5000 10000 15000 20000 25000 30000 35000 40000
2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
En xeral, os resultados dos exercicios ofrecen perdas, salvo algún ano concreto (2009, 2016).
Resultados dos exercicios das librarías galegas
Fonte: Sistema de Análisis de Balances Ibéricos
En canto ao sector das imprentas e artes gráficas, descende o número de empresas dedicadas a esta actividade entre 2008 e 2017. Con todo, o último ano experiméntase un pequeno reponte.
Número de empresas con actividade en “Artes gráficas e servizos relacionados con estas”
Fonte: Explotación do directorio de empresas e unidades locais
-439 -347
-31 105
-205
-674 -518
-79
-710 -257
307
-800 -600 -400 -200 0 200 400
2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
733
724
723
706 704
678
674
667 669
673
620 640 660 680 700 720 740
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
Realizouse tamén un estudo dos principais datos económicos deste sector a partir dunha mostra de empresas. Tanto os ingresos de explotación como o número de empregados debuxan unha tendencia descendente, cunha ralentización a partir de 2013.
Ingresos de explotación e número de empregados das empresas de artes gráficas de Galicia
Fonte: Sistema de Análisis de Balances Ibéricos
Con todo, as empresas de artes gráficas obteñen beneficios antes da crise de 2009 e dende 2014.
Resultados dos exercicios das empresas de artes gráficas de Galicia 0 500 1.000 1.500 2.000 2.500 3.000
0 50.000 100.000 150.000 200.000 250.000 300.000
2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
Ingresos de explotación Número de empregados
4.804 6.139
2.646
-640 124
-3.785
-10.296 -2.564
1.865 4.162
3.047
-12.000 -10.000 -8.000 -6.000 -4.000 -2.000 0 2.000 4.000 6.000 8.000
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
Gasto dos fogares
Neste apartado realízase unha descrición do gasto privado en libros e en cultura a partir da explotación da Encuesta de presupuestos familiares do Instituto Nacional de Estadística.
O gasto en libros non de texto realizado polos fogares galegos na década 2006-2016 experimentou un decrecemento do 54,5%, o que supón case 47 millóns de euros menos. No bienio 2015-2016 este gasto sitúase por primeira vez por debaixo dos 100 millóns de euros, unha situación que vén condicionada polo descenso global do gasto das familias no ámbito cultural.
Na gráfica de evolución do gasto obsérvase unha baixada máis pronunciada en 2008, coincidindo coa crise económica e, a pesar de que en 2012 dáse un reponte cunha contía que supera os 120 millóns de euros, a tendencia vira de novo ata final da década estudada. Con todo, os fogares galegos gastan en 2016 5,5 millóns de euros máis que en 2015.
Gasto total dos fogares galegos en libros (miles de euros)
Fonte: Instituto Nacional de Estadística. Encuesta de Presupuestos Familiares. Base 2006
O gasto total realizado polas familias galegas a nivel xeral en produtos ou actividades culturais foi debuxando ao longo da década 2006-2016 unha liña evolutiva cíclica, que roza mínimos en 2014, cun desembolso de 548,6 millóns de euros (case 200 millóns de euros menos que en 2006). A partir desa data comeza a aumentar o gasto moderadamente, situándose en máis de 696 millóns de euros en 2016. Como se constata na gráfica de evolución, a fractura ou decaemento do gasto en cultura foi máis acentuado en 2014. A tendencia semella ser positiva cara ao futuro, cun reponte que fixa o gasto de 2016 en cotas próximas ao inicio da década.
133.086,25
128.885,97
102.666,04 111.344,40
113.007,50
113.137,68 120.864,57 107.359,28
102.865,61
80.598,77
86.126,45
0,00 20.000,00 40.000,00 60.000,00 80.000,00 100.000,00 120.000,00 140.000,00
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
Gasto total dos fogares galegos en cultura (miles de euros)
Fonte: Instituto Nacional de Estadística. Encuesta de Presupuestos Familiares. Base 2006
O gasto medio por persoa en libros descendeu, nos dez anos estudados, 17 euros e semella tocar fondo en 2015, cun desembolso per cápita de menos de 30 euros. En 2016 parece recuperarse de xeito moi leve ata os 32 euros por persoa.
Gasto medio en libros (euros)
Fonte: Instituto Nacional de Estadística. Encuesta de Presupuestos Familiares. Base 20062
Os fogares galegos destinaron á merca de libros 57,4 euros menos entre 2006 e 2016, un decrecemento do 42%. A partir de 2014 o gasto baixa por primeira vez dos 100
748,2
811
827,2
816,4
784,5 726
684,7 603,1
548,6
635,8 696,5
0 100 200 300 400 500 600 700 800 900
2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
136,6 130,0
101,8 108,7 108,8 107,7 113,8 100,3 95,6
74,5 79,2
49,0
47,2
37,5 40,5 41,1 41,1 44,0 39,3 37,9
29,8 32,0
0,0 10,0 20,0 30,0 40,0 50,0 60,0
0,0 20,0 40,0 60,0 80,0 100,0 120,0 140,0 160,0
2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
euros, e xa en 2015 acada a cota máis baixa (74,5 euros por familia). Como sucedía co gasto medio por persoa 2016 semella ser un ano de tímida recuperación cunha suba de case 5 euros respecto ao ano anterior.
Adquisicións da Rede de Bibliotecas de Galicia e orzamentos da Comunidade Autónoma
A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia é un conxunto organizado de bibliotecas e servizos bibliotecarios públicos de Galicia. A dirección e coordinación da rede é responsabilidade da Xunta de Galicia. Forman parte desta rede as bibliotecas de titularidade estatal situadas dentro do territorio de Galicia, as 335 bibliotecas de titularidade pública local dependentes de concellos ou entidades públicas locais e 13 bibliotecas públicas e de titularidade privada.
A rede recolle nas súas estatísticas propias o número de adquisicións e o importe gastado. Os resultados son os seguintes:
Adquisicións e gasto en adquisicións da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
Fonte: Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
Como se pode observar, a tendencia é negativa dos dous parámetros, pero presenta unha incipiente recuperacións nos últimos anos. Entre 2008 e 2016 o recorte nas adquisicións ascendeu a case 2,4 millóns de euros, o cal supón un 58% menos.
En canto á evolución dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, aqueles programas de relevancia para o sector do libro experimentan tamén un descenso importante. A partida que descende máis no período é a dedicada á promoción da
0 50.000 100.000 150.000 200.000 250.000 300.000 350.000
0 500.000 1.000.000 1.500.000 2.000.000 2.500.000 3.000.000 3.500.000 4.000.000 4.500.000
2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
lectura e do libro, cun descenso do 82%, e a de promoción a edición do libro en galego, cun 54%. O recorte total sitúase no 52% e supón case 1,5 millóns de euros.
Evolución dalgúns programas relacionados co libro nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia
Fonte: Consellería de Facenda
600.000
758.000
1.120.000
292.000 560.000
348.460
200.000 210.000
0 200.000 400.000 600.000 800.000 1.000.000 1.200.000
Lotes fundacionais e adquisición de
fondos bibliográficos
Promoción a edición do libro
en galego
Promoción da
lectura e do libro promocion, Apoio a produccion e edicion do libro
en galego
DATOS & INFORMES
CONSELLO
DA CULTURA
GALEGA
Conclusións
Despois de anos de descensos moi importantes, o número de libros editados amosa certa estabilidade. Mentres que hai unha recente tendencia irregular á alza dos libros en soportes distintos de papel, os libros en papel cada vez se editan menos. O número de exemplares editados si descende considerablemente e de forma ininterrompida nos últimos 10 anos. Unha das consecuencias é que tamén descende o número de editores e os empregos que xeran.
Os datos económicos dos principais actores do sector vense afectados por esta situación xeral. As editoriais, que sufriron un retroceso importante durante os anos da crise, non se recuperan substancialmente co cambio de ciclo que se experimenta dende 2013-2014. De feito, presentan perdas en case todos os exercicios. As librarías experimentan unha situación similar, pero parecen recuperarse de forma máis clara nos últimos anos, malia a que tamén teñen grandes dificultades para ofrecer beneficios. Pola contra, o sector das artes gráficas non deixa de encoller dende o inicio da crise económica, pero as empresas que quedan son capaces de xerar beneficios a partir de 2014.
Entre as causas desta situación, atópase o descenso no consumo privado de libros. As familias gastan moito menos en libros non de texto que hai 10 anos. A incipiente recuperación do gasto en cultura en consonancia co ciclo económico non repercute na mesma medida no gasto en libros.