1
A Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos reuniuse o 26 de maio de 2016, no Local Sindical da CIG no Edificio Fundición, no Campus de Vigo, co seguinte
Orde do día
1. Aprobación, se procede, da acta das reunión ordinaria do 12/05/16. 2. Informe do presidente.
3. Negociación da RPT.
4. Quenda aberta de intervencións.
Asisten:
Pola CIG: Xan Cebro María José Ríos Mónica Zas Henrique Macías Xoán Xosé Salgado
Por UGT: Alejandro Cadabón
Francisco Navaza
Miguel A. Cabañas
Ruth Velasco
Ás 12:00 h comeza a reunión, o presidente da Xunta PAS F desculpa a asistencia de Fernando Troncoso e de Benedicta Expósito, que delegan nel e Alejandro Cadabón desculpa a asistencia de Mónica Méndez que delega nel.
Orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da reunión ordinaria do 12 de maio de 2016. A acta é aprobada por unanimidade.
2. Informe do presidente.
O Presidente da Xunta PAS informa que por Mónica Zas presentou a renuncia a estar na Comisión de Prevención polo que pasa Benedicta Expósito a estar na mesma e Mónica Zas a substitúe na Mesa de Funcionarización. Segue dicindo que non novidades agás o oficio que acaba de chegar cubrir a praza de Secretaría de Dirección de Enxeñaría Aeroespacial, que a xestión do alumnado desta titulación a levará Enxeñería Informática e a xestión económica, como carecen de orzamento, se fará dende a vicerreitoría que é de quen depende a dotación que van ter.
2 3. Negociación da RPT.
O Presidente da Xunta PAS di que a CIG, nesta reunión e tamén na reunión de mañá, vai presentar a súa proposta para a área de administración, que a de Biblioteca non a presentará ata dentro dunha semana ou algo máis xa que debido ás condicións económicas aínda queda por refundir as 3 propostas que tiñan, e logo presentaremos as funcións dentro da proposta. Segue dicindo que a idea é pendurar na web da Xunta PAS as 2 propostas, a da CIG e a da UGT, de xeito que as e os compañeiros fagan as súas achegas, e logo con todo isto, refundilo todo para presentarlle unha única proposta á xerencia.
Os representantes dos 2 sindicatos intercambias as propostas e o presidente da Xunta PAS comeza informa sobre a proposta da CIG.
Indica que hai recadros que van de cor amarelo e outros de cor verde, isto quere dicir, amarelo os postos de nova creación e os verde os de postos que se reconverten. Indica que a CIG se fixou nos servizos e nos campus onde cren que ten que haber da RPT. Cita que a última modificación foi no Campus de Vigo, sobre todo no xeito de xestión dos centros no que se pasou a facer a xestión por ámbitos e no Servizo de Persoal coa división en PAS e PDI, logo as modificación que houbo foron puntuais e por necesidade de servizo.
Engade que a CIG entende que hai que modificar o Servizo de Alumnado, pero que isto leva a eivas de xestión nos campus e nos centros. Di que non entende como na proposta de xerencia se divide en Grao, Posgrao e Bolsas, e a estas 2 lles asigna 2 xefaturas de sección mentres que a Grao só 1, sendo onde hai máis titulación e maior número de alumnos.
A proposta da CIG é crear a Sección de Títulos e Planos de Estudo, xa que a xestión dos títulos debe ser única e non estar dispersa e no Servizo de Bolsas proponse a reconversión de Xefe/a da Área de Bolsas a Xefe/a de Área de Outras Bolsas.
En canto ao Servizo de Investigación na proposta créase o posto de Xefe/a de Sección de Recursos Humanos do I+D, do que dependen 2 novos negociados, o de Produción Investigadora e Grupos e o de Xestión dos Recursos Humanos do I+D, engade que esta sección se considera necesaria ante o volume de traballo que xera e que hoxe en día o leva persoal contratado. Tamén se crea o posto de Xefe/a de Negociado de Proxectos que vai depender do Xefe/a da Sección de Investigación e Desenvolvemento. Tamén se propón a creación do posto de Xefe/a de Área Económica, polo dificultade da xestión económica neste servizo e do que van depender 2 postos de Responsables de Asuntos Económicos e 1 posto base, estes por reconversión de postos.
En canto ao Servizos de Xestión Económica e Contratación proponse a creación do posto de Xefe/a de Sección de Subministros, Compra Pública e Innovadora e Administrativa Especiais da que penduraría un Xefe/a de Negociado, tal e como o pediron dende o servizo, neste caso mudaría a denominación e a penduración do negociado.
3
En cantos aos centros tecnolóxicos proponse un modelo igual para todos, o que cambiamos é a agrupación dos centros por ámbitos, estarían por un lado Minas e Teleco e polo outro, e debido a propia dimensión que ten, Industriais. Así é que na proposta créanse os postos de Xefe/a de Negociado de Posgrao e o de Xefe/a de Negociado de Calidade para os 2.
Alejandro Cadabón pregunta o por que da Calidade nos centros.
O presidente da Xunta PAS di que agora os centros teñen que facer a avaliación de calidade das titulacións.
En canto aos departamentos, o presidente da Xunta PAS di que a CIG os mantén na súa proposta coa intención de darlles máis funcións como levar investigacións, etc.
En cando ao “Campus Histórico” di que agora hai 2 administradores pero como se aprobou a unificación nun de Industriais agora só queda un centro e non pode haber 2 administradores, así na proposta, como asumimos que os/as administradores de centros pasen a nivel 28, propoñemos a creación dun posto de Xefe/a de Unidade do Campus Histórico, cun nivel 26 e tamén coa creación dun posto de Xefe/a de Posgrao e Calidade do que dependería un Xefe7a de Negociado de Posgrao e Calidade de E.E. Industriais.
En canto aos centros experimentais a creación dos postos de Xefe/a de Grao, Posgrao e Calidade, por centro do que dependerían os postos de nova creación de Xefe/a de Negociado de Posgrao e Xefe/a de Negociado de Calidade, este mesmo modelo para todos os centros polo que tamén sería así no ámbito xurídico-social, pero aquí, e debido ao grande número de estudantes Erasmus que hai na Fac. Filoloxía e Tradución, case o 90% dos Erasmus da Uvigo, proponse a creación dun posto de Xefe/a de Negociado Erasmus.
En canto ao Campus de Ourense, no Campus Norte debido ao gran número de alumnos e titulacións que ten propoñemos a creación dun posto de Xefe/a de Negociado de Grao na Facultade de Ciencias da Educación, este é un posto no que hai unha persoa contratada hai anos por riba da RPT. No Campus Sur créase, aínda que é para dar servizo a todo o campus, o posto de Responsable de Calidade, Servizos Descentralizados e Posgrao do que van depender un posto que se reconverte o de Xefe/a de Negociado de Calidade e Servizos Descentralizados (agora no posto de Xestor) e un de nova creación, Xefe/a de Negociado de Posgrao, e leva aparellado a creación de 2 postos base. Reconvértense os postos de Responsable de Asuntos Económicos de Servizos Centrais (agora da Vicerretoría) e o de Xefe/a de Negociado de Investigación (agora de Apoio á Vicerreitoría)
En canto ao Campus de Pontevedra a proposta é similar á de Ourense, a diferenza é que se crea o posto de Xefe/a de Negociado de Grao en Ciencias da Educación e do Deporte, polo volume de titulacións e alumnos, hai a reconversión dos Asuntos Económicos xa que en Forestais tamén se levarían os da Vicerreitoría e créase un posto base en Fisioterapia.
Remata dicindo que este é o modelo da CIG, que é unha proposta encamiñada a un incremento de 31 postos de traballo, engade que se pode discutir sobre onde deben ir as funcións para dar un servizo e engade que como se van levar máis funcións, isto debe ir
4
aparellado cunha suba de niveis, sobre todo tendo en conta como van ir os niveis da funcionarización, e que tamén hai que dar responsabilidades e incluso pode haber algún complemento a maiores.
Paco Navaza pregunta se todos os xefes de grao son do mesmo nivel.
Ruth Velasco di que non entende que haxa un xefe de área de grao, posgrao e calidade nos centros cando xa na propia proposta de xerencia se separa a xefatura de grao da de posgrao debido a súa responsabilidade.
Alejandro Cadabón di que se elimina a posibilidade de promocionar. Xoán X. Salgado di que hai xefaturas de negociado por baixo.
O presidente da Xunta PAS di que hai compañeiros que o que piden é a suba de nivel.
Ruth Velasco di que o que dixeron nas reunións é que queren ter menos responsabilidade. Di que a UGT falou con compañeiros e lles trasladan que están comprando aos administradores co nivel 28.
O presidente da Xunta PAS di que se non se quere responsabilidade non se pode ter nivel, xa que o nivel marca a responsabilidade que se ten. A quen se lle suba do 22 ao 24 váiselle pagar por esa responsabilidade e é algo que levan tempo pedindo.
Ruth Velasco di que semella que ao presidente da Xunta PAS lle din unha cousa e a ela outra. O presidente da Xunta PAS lembra que o que trasladaron na asemblea que se mantivo cos e coas responsables da área académica e administradores/as é que reclamaban a suba de nivel. Alejandro Cadabón pregunta se na proposta da CIG as vicerreitorías quedan como están. O presidente da Xunta PAS responde que si, que non ve por que cambialas.
Alejandro Cadabón pasa a explicar a proposta de UGT partindo de que manteñen a estrutura da xerencia e que dende o primeiro día dixeron que estaban de acordo con ela, e enumera as diferenzas que hai na súa proposta: o posto de Xefe/a de Equipo de Secretariado de Goberno, coa requisito de B2 de inglés, francés ou alemán. Creación dun posto base no Consello Social. O presidente da Xunta PAS pregunta cantas novas prazas propoñen.
Alejandro Cadabón di que unhas 31 e segue explicando a proposta de UGT. O posto de Viceseretario/a Técnico sería por concurso. Mantense o posto de coordinador/a de Secretaría Xeral, as xefaturas de negociado serían 3 xa que o Rexistro de Torrecedeira non dependería de Secretaria Xeral. No Servizo de Xestión de Estudos de Grao só habería 1 xefatura de sección. No Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento crearíase a Xefatura de Sección de Transferencia, neste servizo habería 3 seccións e debaixo de cada unha delas un negociado, desingularizado en cada sección.
5
Alejandro Cadabón resposta que non, que debaixo de cada sección vai haber un negociado coa mesma denominación.
Mónica Zas pregunta de iso vai ser así en todos os servizos. Paco Navaza responde que si.
Alejandro Cadabón segue expoñendo a proposta de UGT e di que en Xestión Económica e Contratación propoñen 2 sección e 1 área, que están de acordo coa proposta do Xerente. En Contabilidade propoñen a creación dun negociado xa que hoxe en día hai un posto base que está facendo traballo de negociado.
Mónica Zas pregunta como se van poñer os negociados debaixo das seccións.
Alejandro Cadabón di que a proposta aínda está para traballar. Segue expoñendo que o Servizo de Control Interno se mantén como agora. No Servizo de Extensión Universitaria aumenta unha xefatura de negociado e unha xefatura de sección e mantéñense os postos base. En PDI, PAS e Retribucións non hai variacións, en Contratación pasaríase a 4 Responsables de Xestión Económica nivel 21, con 2 sección, 2 áreas e 3 negociados.
Engade que en canto as unidades, na de Apoio á Dirección Técnica de I+D, un posto de Xefe/a de Negociado e un posto base; na de Relacións Internacionais, unha xefatura de área nivel 23 con idioma I2, e unha xefatura de negociado con idioma I1.
En cando as unidades, segundo as funcións que da o xerente, non sabemos se se van poder crear pero se as ofrece a UGT está de acordo con elas.
Segue falando da Unidade de Emprego e Emprendemento di que non hai director de área nin xefe de área.
O presidente da Xunta PAS di que se é así na reunión de mañán se solicitará que se cubra. Alejandro Cadabón segue expoñendo a proposta de UGT e di que en Ciencias Experimentais propoñen 3 postos base por baixo do administrador. Na Área de Apoio á Investigación e á Transferencia propoñen nivel 23 para o posto de Xefe/a de Área pola exixencia de idioma I1. Engade que nas unidades departamentais queren que queden os mesmos efectivos
O Presidente da Xunta PAS pregunta se así se podería facer un concurso.
Alejandro Cadabón di que coa proposta de UGT no Campus Histórico non se movería ninguén e se mantería o Grao. Engade que falta por poñer o Rexistro. A área queda en Torrecedeira e repartiríase o grao nos dous campus, modifican a estrutura e inclúen un posto de Xefe/a de Negociado de Grao e un de Posgrao. A área económica quedaría no antigo Peritos.
Xoán X. Salgado pregunta se UGT xa ten definida idea de que facer co nivel 26 que desaparece en Ourense.
6
Xoán X. Salgado di que isto significa que un ou unha compañeira do Campus de Ourense se quere manter o nivel ten que cambiar de campus ou a baixar de nivel para quedar no campus e sobre iso non aclarades nada. Coa exixencia do idioma tampouco se pode concursar a niveis 23.
O presidente da Xunta PAS di que unificando os centros hai que concursar obligatoriamente. Alejandro Cadabón di que en Pontevedra se crea algún negociado, e engade que de Biblioteca no puido asistir Tita Aboal que é quen podería explicar a proposta.
O presidente da Xunta PAS pregunta cal sería así a folla de ruta.
Miguel A. Cabañas di que a proposta de UGT é provisional, que están dispostos a negociar O presidente da Xunta PAS di que se pode estar de acordo ou non co modelo, pero o problema é se o modelo traspasa a liña vermella.
Alejandro Cadabón di que é imposible negociar con liñas vermellas.
O presidente da Xunta PAS di que sempre que se negocia se poñen as liñas vermellas que se tenta non pasalas.
Miguel A. Cabañas di que se parte dunha proposta que hai que darllo a coñecer aos compañeiros e que pode ter modificacións
O presidente da Xunta PAS di que a reunión da Xunta PAS remata e agora o problema é a imaxe que se lle vai dar ao xerente.
4. Quenda aberta de intervencións.
Francisco Navaza pregunta se houbo resposta sobre a asistencia a médicos privados,.
O Presidente da Xunta PAS di que falou co vicexerente que non sabía nada polo que hai que reenviarlle a queixa.