• No se han encontrado resultados

Proxecto de innovación. Convocatoria Memoria final.

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Proxecto de innovación. Convocatoria Memoria final."

Copied!
7
0
0

Texto completo

(1)

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Proxecto de innovación. Convocatoria 2015.

Memoria final.

Título do proxecto ENTRENADOR PARA INSTALADORES DE FIBRA ÓPTICA EN ICT2

Coordinador/a JOSÉ M. COSTA VALIÑO Centro educativo IES MONTE NEME

Proxecto de innovación premiado na resolución do 6 de abril de 2015 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se conceden os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución do 24 de novembro de 2014).

(2)

Índice

1.- MEMORIA XUSTIFICATIVA

A) Historia do proxecto. Xustificación.

PAX 3

B) Relación de participantes.

PAX 3

C) Actividades realizadas.

PAX 4

D) Avaliación final: Cumprimento do plan de avaliación.

Valoración mediante os indicadores establecidos.

PAX 5

E) Conclusións. Valoración global do proxecto e

previsións de futuro.

PAX 5

2.- MEMORIA DE XUSTIFICACIÓN ECONÓMICA.

A) Gastos xerais.

PAX 6

B) Xustificación de gastos individuais.

PAX 6

(3)

1.- Memoria xustificativa

A) Historia do proxecto. Xustificación.

Este proxecto de Innovación Didáctica é unha proposta para abordar a mellora da práctica educativa na aula. Os nosos alumnos e alumnas dos módulos de ICT nos ciclos formativos onde se imparten deben non só adquirir coñecementos teóricos no tema da fibra óptica, senón tamén interiorizar procedementos, eficientes e seguros, de actuación nas instalacións. O espazo dos talleres e o costo do material e instrumentación requirido nos fixo pensar en solucións para rendibilizar o seu uso e para poder simular no taller ambientes reais de traballo. Estas intencións nos levaron á idea de construír un

entrenador doado de transportar dun taller a outro, pero que ao tempo permitise traballar con el en condicións parecidas ao traballo nun edificio real.

Por outro lado, pensamos que a participación dos alumnos tanto no deseño como na xestión da realización en fábrica do entrenador, permitiría a estes adquirir experiencia e capacidades para desenvolverse en entornos laborais, lles permitiría contrastar e asentar os seus coñecementos, asumir responsabilidades, traballar colaborativamente... É dicir, pensamos que poñernos como obxectivo que os alumnos e alumnas fosen quen de deseñar e fabricar un entrenador para o traballo de fibra óptica no taller, era moito máis interesante que facer nós o entrenador.

B) Relación de participantes.

José M. Costa Valiño e_mail: [email protected] profesor Alfonso Valeiro Domínguez profesor Santiago Gómez Cambón Cristalería La Plateadora SL Empresa Antonio García Lavandeira CMIT Alumno Rubén Darío Pérez Cancela CMIT Alumno Alexis Rodríguez Rey CMIT Alumno Jorge Varela Tasende CMIT Alumno

Adrián Vázquez Rojo CMIT Alumno

Rai Reborido Rodríguez CMIEA Alumno Martín Suárez Varela CMIEA Alumno Christian Ordóñez García CMIEA Alumno

(4)

C) Actividades realizadas.

ACTIVIDADE 0:

Presentación do proxecto. Fixación de obxectivos e asunción de responsabilidades.

Decidiuse facer dous grupos de traballo en paralelo: O grupo 1 encargado de deseño da estrutura do entrenador, ao que pertencen os alumnos do CMIT e serán cordinados polo profesor Xis Costa; O grupo 2 cos alumnos do CMIEA cordinados por Alfonso Valeiro e encargados da búsqueda e selección de elementos necesarios para a instalación: rexistros, cables, instrumentación.

Os progresos e dificultades de cada grupo póñense en común, e debátense, con xuntanzas quincenais durante os meses de abril, maio, xuño. Os resultados destas xuntanzas adxúntanse nas actas nº 1, 2, 3 e 4.

ACTIVIDADE 1:

En xuño Consensuanse as especificacións do prototipo para entregar a fábrica. Visita e reunión cos traballadores de “CRISTALERÍA LA PLATEADORA SA”.

Son os alumnos os que levan a xestión inicial desta parte. Pero foron os profesores quenes xestionamos os pequenos cambios, desviacións e aclaracións no proceso cando xurdiron dificultades na fabricación que se realizou no mes de xullo. Os resultados reflexanse na acta nº 5

ACTIVIDADE 2:

Xestión da merca dos elementos da instalación. E deseño da serigrafía. Os alumnos repártense esta tarefa: O grupo 2 adicouse a esta tarefa durante setembro e outubro (non se finalizou ata decembro), mentres o grupo 1 en base aos apuntamentos teóricos de clase elixen a información e debuxos a serigrafiar no entrenador.

Engádense o boceto no arquivo “SERIGRAFÍA.odp” na carpeta “material”

(5)

D) Avaliación final: Cumprimento do plan de

avaliación. Valoración mediante os indicadores

establecidos.

1. Tendo en conta os indicadores elixidos pódese dicir que se acadaron os obxectivos do proxecto nun 100%

2. Valorase positivamente a idoneidade da metodoloxía empregada e dos instrumentos utilizados.

3. Valorase positivamente os recursos destinados ao proxecto.

4. Valorase positivamente a coordinación interna e externa do proxecto.

E) Conclusións. Valoración global do proxecto e

previsións de futuro.

Unha vez rematado o proxecto obtemos as seguintes conclusións

1. Gran implicación de todos os participantes tanto no deseño inicial como nas posteriores modificacións ou adecuacións realizadas ata a conclusión do proxecto. 2. Constatouse a gran importancia das sinerxías creadas entre o centro educativo, en

concreto do departamento de Electricidade e Electrónica, e a empresa colaboradora, proporcionando a ambas partes un coñecemento das distintas realidades, a educativa e a empresarial.

3. Pódese concluír así mesmo que a realización técnica do Entrenador de F.O axustase ás especificacións orixinais, feito observable tanto na estrutura e remate final como na súa adecuación aos obxectivos de mobilidade e de realización das prácticas por parte do alumnado.

4. O Entrenador de F.O. É doado de ampliar a un maior número de vivendas instaladas, así como a súas posibilidades de integración nunha futura instalación que teña en conta a acometida exterior mediante distintos spliters.

(6)

2.-

Memoria de xustificación económica.

A) Gastos xerais do proxecto.

Na fabricación da estrutura destináronse 1106,77 Euros

Serigrafía 127,84 Euros

Iinstrumentación, cables, elementos da ICT 4696,35 Euros Elementos de protección 83,25 Euros

TOTAL 6014,21 Euros

(7)

3.- Resultados ou produtos do proxecto

Adxuntamos na carpeta “material” todo o material elaborado. Ralación de arquivos:

• estrutura1 Boceto inicial do proxecto • estrutura2 Boceto definitivo

• serigrafia Esquemas e debuxos para impresión

• fibra optica_teoria Presentación en OpenOffice Impress e pdf dos contidos teóricos

• Audiovisual Carpeta con fotos de distintas etapas do proxecto • Presentación Prezi do proxecto

• Tarifa prezos proveedor maioritario • Taboa excel da xustificación económica.

Asdo.:

Profesor: J. M. Costa Javier Pérez Couto

Referencias

Documento similar

d) Potenciar el trabajo conjunto entre centros educativos con proyectos comunes y compartidos, estableciendo hermanamientos entre centros, fomentando la reflexión y

La presente convocatoria de Proyectos de Innovación Educativa tiene como objetivo impulsar la innovación educativa en la universidad a través del desarrollo de proyectos propuestos

 Presentaciones en powerpoint (trabajos de carácter individual), sobre celebración de eventos de carácter cultural, sobre memoria mediática e historia de los medios. 

Para medir la implicación del estudiante en el aprendizaje se ha utilizado el número de estudiantes que han optado por el ejercicio colectivo de organización (‘aprendizaje

prorrogado su contrato en fecha 18 de septiembre de 2014 para la realización de “traballos de monitora de cursos de formación na actividade formativa da @PL dentro do proxecto

Los contenidos de esta Unidad Didáctica están centrados en la muerte como parte esencial de la vida y elemento seguro en el final de ella.. Se pretende que los alumnos y

La realización de estos seminarios interdisciplinares con alumnos de primer y segundo curso de distintas asignaturas del Grado en Derecho para analizar, desde la perspectiva de

Evento de relevante prestigio en materia de innovación educativa y tecnología educativa: PONENCIA - Experiencias de innovación educativa empleando tecnologías