Memoria do proxecto Fitofaladoiro
Curso 2012 – 2013
IES Carlos Casares
Viana do Bolo
Departamento de Bioloxía e Xeoloxía
Proxecto Fitofaladoiro
Introdución
O obxectivo central do proxecto Fitofaladoiro é a recompilación de usos e nomes de plantas silvestres de Galicia. Trátase dun traballo colaborativo no que participan centros de toda Galicia, e que trata de reflexar o patrimonio cultural.
Cando se nos ofreceu a posibilidade de participar no presente curso, os diferentes departamentos xa tiñan programadas as actividades e proxectos que se ían realizar polo que, a pesar de resultarnos moi interesante, ningún se decidiu a levalo a cabo durante este ano académico. O curso foi avanzando e a finais de abril, cando os responsables do proxecto volveron a enviar información sobre o mesmo, decidímonos a intentar poñer en marcha un mini-proxecto encamiñado a sentar as bases coas que poder afrontar o proxecto Fitofaladoiro no curso 2013-2014.
Obxectivos
Como o tempo que lle podiamos adicar era escaso, ao tratarse de finais de curso, centrámonos en 5 obxectivos:
– Dinamizar a comunidade educativa do IES Carlos Casares dando a coñecer o proxecto e animando á participación de alumnos, pais e profesorado.
– Recoller mostras de plantas silvestres representativas da nosa contorna e que presenten nomes ou usos tradicionais.
– Utilizar guías e chaves dicotómicas sinxelas para identificar plantas.
– Realizar un herbario coas mostras recollidas.
– Valorar e preservar o noso patrimonio cultural e biodiversidade.
Ademais, traballamos as seguintes competencias básicas:
• Comunicación Lingüística
• Coñecemento e interacción co mundo físico
• Tratamento da información e competencia dixital
• Aprender a aprender
• Autonomía e iniciativa persoal
Metodoloxía
A nosa idea inicial era valorar como podía funcionar o proxecto durante o vindeiro curso polo que tratamos de implicar a todo o centro mediante un pequeno grupo de alumnos de 3º de ESO. Estos alumnos encargáronse, despois de terlles explicado en que consistía o proxecto e como proceder, de divulgar os obxectivos do programa entre os diferentes cursos.
Cada un dos alumnos encargouse de coordinar a un curso do centro, de maneira que as plantas recollidas voluntariamente por calquer alumno se lle entregaba ao seu coordinador. Éste, a súa vez, preparaba a mostra para o herbario e procedía á indentificación do exemplar (ben na aplicación informática ou ben mediante guías).
Conclusións
A pesar da escasa duración no desenvolvemento do proxecto, a resposta do alumnado foi positiva, destacando especialmente o alumnado de primeiro ciclo de ESO.
Entre as dificultades atopadas destacamos o limitado número de exemplares que aparecen na aplicación web, porén no supuxo un problema crucial xa que o noso obxectivo central era a realización dun herbario. Ademais, decateime que o traballo de identificación e almacenaxe acababa facéndoselle repetitivo e aburrido aos alumnos polo que, para o vindeiro curso, gustaríanos darlle algo máis de percorrido ao proxecto incluíndo algún dos seguintes obxectivos:
• Situar as mostras recollidas/fotografiadas nun mapa online (tipo google maps) e publicalo na web do centro.
• Recoller mostras que reflictan a distribución da vexetación en relación coa altura (pisos de vexetación) e relizar un pequeño estudo sobre a mesma.
• Realizar un traballo de recompilación de información sobre uso tradicional de plantas nos fogares da nosa contorna (aínda que inicialmente non teñamos unha mostra de cada exemplar).
• Realizar un taller, para alumnos de primeiro ciclo de ESO, de manipulación e preparación das plantas cara a realización dun herbario. Os monitores poderían ser os alumnos de 3º ESO que desenvolveron o proxecto este ano.