• No se han encontrado resultados

2019/2020

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "2019/2020"

Copied!
9
0
0

Texto completo

(1)

TRAXECTORIAS DA LITERATURA EUROPEA

Docentes responsables da materia Fernando Cabo Aseguinolaza

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

2019/2020

FACULTADE DE FILOLOXÍA

DEPARTAMENTO DE LITERATURA ESPAÑOLA, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL

(2)

FACULTADE DE FILOLOXÍA. ÁREA DE TEORÍA DA LITERATURA E LITERATURA COMPARADA

DEPARTAMENTO DE LITERATURA ESPAÑOLA, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Autores/as: Fernando Cabo Aseguinolaza.

ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

(3)

Índice

I. Datos descritivos da materia………...4 II. Sentido na materia no perfil das titulacións………4 III. Obxectivos de contido e competencias relacionadas coa materia

IV. Contidos da materia……….5

V. Indicacións metodolóxicas e crieterios de avaliación………. 7

(4)

GUÍA DOCENTE

I. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA 1. DESCRICIÓN DA MATERIA

Traxectorias da literatura europea é unha materia, integrada no minor "Teoría da literatura e literatura comparada" e no módulo complementario "Os estudos literarios na actualidade", de 6 créditos ECTS. Impártese no segundo cuadrimestre do segundo ano dos Graos Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, Filoloxía Clásica e Lingua e Literaturas Modernas.

2. REQUISITOS

ESENCIAIS. Competencia lectora en, cando menos, dúas linguas europeas, ademais de galego e castelán. Requírese así mesmo unha cultura literaria de nivel medio.

ACONSELLABEIS. Resultará importante para o desenvolvemento do curso unha alta capacidade de lectura e de análise. Tamén é aconsellable o interese polos aspectos históricos e institucionais vinculados coa literatura.

3. PROFESORES DA MATERIA

Fernando Cabo Aseguinolaza.

Facultade de Filoloxía Avda. Castelao s/n

15782 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Despacho 228. Correo electrónico: [email protected]. Extensión telefónica: 11807 Horario de atención: consúltese o sitio web da Facultade de Filoloxía.

II. A MATERIA NO PERFIL DAS TITULACIÓNS 1. IDENTIFICACIÓN DO BLOQUE FORMATIVO

Forma parte do minor "Teoría da literatura e literatura comparada" e do módulo complementario "Os estudos literarios na actualidade".

2. PAPEL NO CONXUNTO DO BLOQUE FORMATIVO E NO PLANO DE ESTUDOS

Traxectorias da literatura europea atende á dimensión comparatista dos estudos literarios que é parte consubstancial do minor e do módulo complementario mencionados. Busca fornecer unha perspectiva analítica e crítica sobre os marcos xeoculturais tanto da literatura coma dos estudos literarios. Contribúe, desde esta perspectiva, a complementar a perspectiva estritamente nacional e filolóxica no estudo da literatura a partir da indagación no concepto histórico de literatura europea.

3. INTERESE DA MATERIA

(5)

xeoculturais, definidos arredor da construción da identidade europea, cunha fonda incidencia na escritura literaria e na propia constitución disciplinar dos estudos literarios.

III. OBXECTIVOS E COMPETENCIAS

a) Obxectivos

O obxectivo básico da materia “Traxectorias da literatura europea” é familiarizar ao estudante dos graos en linguas e literaturas con algúns dos principais problemas asociados á noción de literatura europea. Non se trata de ofrecer unha sinopse dos “clásicos europeos”, senón de introducir ao estudante nunha lectura crítica de obras que susciten una reflexión sobre o sentido da fórmula “literatura europea” baixo enfoque comparatista.

A materia presta especial atención tanto á propia traxectoria histórica da idea de literatura europea coma á súa redefinición actual no marco do proceso de integración europea e ao papel da literatura nas novas identidades.

b) Competencias

• Coñecer as aplicacións da Literatura Comparada ao entendemento crítico do concepto de literatura europea.

• Adquirir os instrumentos básicos para unha reflexión sobre a idea de literatura europea nun contexto mundial.

• Aplicar o instrumental teórico-comparado á análise de textos literarios e outros artefactos culturais.

• Aprehender algúns dos problemas centrais na investigación e análise literario- cultural.

IV. CONTIDOS DA MATERIA 1. ESTRUTURA DA MATERIA

A materia estrutúrase en seis temas, especificados no seguinte apartado, que ocuparán un tempo similar no desenvolvemento do curso.

A temporalización proposta, axustada a un total de 25 horas dedicadas a sesións expositivas e 14 horas a sesións interactivas, é de 4 sesións expositivas e de 2 interactivas dunha hora por tema. Salvo elementos agora mesmo imponderábeis, cada tema ocupará dúas semanas do cuadrimestre, a razón de 3 horas semanais. Ao anterior cómpre engadir unha sesión expositiva e outra interactiva de carácter introdutorio.

2. TEMARIO

1. Introdución. Europa e a Literatura comparada.

Tendo en conta os precedentes da noción de literatura europea, examinaranse

(6)

implica revisar, por exemplo, as conexións entre os conceptos de literatura nacional e de cosmopolitismo e, de maneira máis concreta, algunhas propostas históricas sobre a noción de literatura europea xurdidas no ámbito do comparatismo.

a. A Literatura comparada e a idea de Europa.

b. República literaria e Literatura europea.

c. Paradigmas e eixes definitorios da noción de literatura europea.

d. Literatura europea e Literatura mundial.

2. Historiografía da idea de literatura europea.

A idea de literatura europea constituíuse modernamente en relación estreita co desenvolvemento da historia literaria. Neste sentido, proponse a análise dalgúns dos modelos historiográficos máis relevantes seguindo unha traxectoria cronolóxica.

a. A historia literaria do século XVIII nun contexto europeo.

b. Literatura europea e historia literarias nacionais.

c. Modelos contemporáneos para unha historia de la literatura europea.

d. A superación da historia literaria tradicional.

3. Caso de estudo: novelas como biografías / biografías como novelas.

Como modelo de análise, abordarase unha selección de obras para, partindo destas, desenvolver un proxecto de análise, que permita identificar na práctica algunhas tramas relevantes da literatura e cultura europeas. Proporcionarase unha bibliografía específica

3. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA.

Nas oportunas sesións expositivas e interactivas indicaranse as lecturas recomendadas e obrigatorias, así como os prazos para efectualas. Con todo, e cunha intención fundamentalmente orientativa, anticípase a seguinte bibliografía de referencia mínima:

Anselmi, Gian Mario, ed. Mapas de la literatura europea y mediterránea.

Barcelona: Crítica, 2000.

Backès, Jean-Louis. La Littérature européenne. Paris: Belin, 1996.

Bemong, N., M. Truwant e P. Vermeulen, eds. Re-Thinking Europe.

Literature and (Trans)National Identity. Amsterdam: Rodopi, 2008.

Benoit-Dusausoy, Annick e Guy Fontaine. Histoire de la littérature européenne. Paris: Hachette, 1992.

Benoit-Dusausoy, Annick e Guy Fontaine, eds. Lettres européennes.

Manuel universitaire d’histoire de la littérature europénne. Bruxelles, de Boeck, 2007.

Cabo Aseguinolaza, Fernando. El lugar de la literatura española. Crítica, Barcelona, 2012.

Curtius, Ernst Robert. Ensayos críticos sobre la literatura europea.

Barcelona: Seix Barral, 1972.

Dainotto, Roberto M. Europe (In Theory). Durham: Duke UP, 2007.

D’haen, Theo y Goerlandt, Iannis (eds.). Literature for Europe?

Amsterdam: Rodopi, 2009.

Didier, Béatrice, ed. Précis de littérature européenne. Paris: PUF, 1998.

Domínguez, César, ed. Literatura europea comparada. Madrid:

(7)

Fendler, Susan e Ruth Wittlinger, eds. The Idea of Europe in Literature.

London: MacMillan, 1999.

Fumaroli, Marc et al. Identité littéraire de l’Europe. Paris: Presses Universitaires de France, 2000.

García Picazo, Paloma. La idea de Europa: historia, cultura, política.

Madrid: Tecnos, 2008.

Gnisci, Armando e Dionýz Durišin, eds. Il Mediterraneo. Una rete interletteraria. Roma: Bulzoni, 2000.

Leerssen, J. T. e K. U. Syndram, eds. Europa Provincia Mundi. Essays in Comparative Literature and Europea Studies Offered to Hugo Dyserinck on the Occasion of His Sixty-Fifth Birthday. Amsterdam: Rodopi, 1992.

Lützeler, Paul Michael. Europäische Identität und Multikultur: Fallstudien zur deutschsprachigen Literatur seit der Romantik. Tübingen:

Stauffenburg, 1997.

Marino, Adrian. The Biography of the “Idea of Literature”. From Antiquity to Baroque. New York: State U of New York P, 1996.

Montandon, A., ed. Moeurs et images: études d’imagologie européenne.

Clermont-Ferrand: Université Blaise Pascal, 1997.

Moretti, Franco. Atlas de la novela europea, 1800-1900. Madrid: Trama, 1997.

Sinopoli, Franca. Il mito della letteratura europea. Roma: Meltemi, 1999.

Sinopoli, Franca. La letteratura europea vista dagli altri. Roma: Meltemi, 2003.

Sinopoli, Franca. La dimensione europea nello studio letterario. Milano:

Bruno Mondadori, 2009.

Steiner, George. La idea de Europa. Madrid: Madrid, 2005.

V. INDICACIÓNS METODOLÓXICAS, CARGA ECTS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

1. METODOLOXÍA

A materia implica unha importante dimensión teórica e conceptual que no se desatenderá no desenvolvemento do programa. Porén, a docencia orientarase cara unha dimensión fundamentalmente analítica e crítica tanto desde unha perspectiva histórica coma desde outra moito más ligada á unha situación estritamente contemporánea. Con este propósito, buscarase conciliar equilibradamente a exposición dos marcos de análise e a presentación das ferramentas metodolóxicas oportunas co labor máis práctico e concreto, concentrado sobre todo nas sesións expositivas.

Parte destacada da función do profesor será proporcionar materiais de traballo axeitados aos obxectivos da materia e manter un seguimento do traballo dos alumnos, que é en último termo o elemento central na planificación das materia.

A estes efectos, a aula virtual será un instrumento do que se procurará tirar o mellor partido posible.

Os alumnos deberán desenvolver un traballo persoal constante e sostido o longo do cuadrimestre. Unha primeira dimensión deste traballo se fundamentará na

(8)

elaboración de traballos e a preparación consistente de debates e exposicións, cuxo marco preferente serán as sesións interactivas. A asistencia puntual as sesións expositivas e interactivas, así como as titorías colectivas, é fundamental e inescusable.

2. CARGA ECTS

Esta materia ten oficialmente 6 créditos ECTS. Como xa se indicou, as horas presenciais divídense en 25 horas de sesións expositivas e 15 horas de sesións prácticas interactivas. Engádense a estas sesións as dedicadas as titorías colectivas (tres horas). Como no ensino reglado polos créditos ECTS é protagonista a aprendizaxe do alumno e o seu labor persoal, multiplícase por factores variábeis a presencialidade en horas de traballo asignado aos alumnos. En concreto, aplícase un factor 2 ás sesións expositivas e 1,5 ás interactivas, o que implica que se atribúe ao alumno un traballo adicional de 50 horas en relación ás expositivas e de 30 en relación ás interactivas.

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

1. CONSIDERACIÓNS XERAIS

No contexto da lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área Teoría da literatura e Literatura comparada comprende, xunto coa convocatoria das probas oficiais que cada curso efectúa o Decanato, posíbeis probas complementarias acordadas expresamente entre profesorado e alumnado. Ademais, serán factores relevantes con incidencia directa na cualificación a participación activa e continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico.

2. ELEMENTOS QUE SE VALORARÁN

• Dominio dos contidos teóricos, das estratexias aprendidas e da práctica crítica.

• Asistencia e participación nas clases expositivas, interactivas e nas titorías colectivas que se convoquen.

• Participación dinámica nas distintas actividades e calidade desa participación.

• Participación dinámica nas distintas actividades e calidade desa participación.

• Asistencia regular e puntualidade.

• Realización e boa presentación formal de traballos escritos, así como participación continuada en debates e exposicións orais derivadas da preparación de traballos en grupo.

• Entidade da comprensión crítica, calidade da expresión oral e escrita, orixinalidade e creatividade.

• Boa execución de prácticas por escrito e de breves exposicións orais a partir de traballos realizados en grupo.

Un 50% da cualificación final dependerá da realización dun exame ou doutra proba alternativa acordada entre o equipo docente e o alumnado. O outro 50%

(9)

traballos e outras tarefas asignadas polos docentes, particularmente o desenvolmento en grupo da nálise de caso que se asigne. Este factor estará ligado fundamentalmente á actividade nas sesións interactivas e o desenvolvemento do proxecto proposto. A proporción indicada manterase no caso de que o alumno non aprobe tras o primeiro exame e recorra á segunda oportunidade en xullo. Por tanto, só é recuperable o 50% vinculado ao exame.

Resérvase a posibilidade de ter presente así mesmo como factor de valoración (ate un 5% da nota final) a participación en eventuais actividades complementarias (conferencias, por exemplo), que sexan programadas ao longo do período lectivo.

• Observación importante sobre o plaxio: O plaxio na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación más baixa.

3. AVALIACIÓN DAS SEGUINTES OPORTUNIDADES

Nas seguintes oportunidades non variarán os criterios seguidos na primeira polo que se refire ao dominio dos contidos teóricos e das estratexias aprendidas e demostradas na práctica crítica. En concreto, o 50% da nota que corresponde a participación crítica e informada nas clases e a realización de traballos e outras tarefas asignadas polos docentes non será obxecto de recuperación nin revisión na segunda oportunidade. A cualificación dunha oportunidade na que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos estabelecidos será de “suspenso”.

A asistencia ás clases é obrigatoria e por tanto non computa de seu. Un número de ausencias non xustificadas superior ao 20% implicará o suspenso. En función da normativa vixente, quedan excluídos da obriga indicada só quen obteñan unha dispensa oficial de asistencia a clase notificada ao coordinador da materia polo Decanato da Facultade. No seu caso o exame final queda constituído en elemento único de avaliación.

Referencias

Documento similar

Tras este complejo curso, hoy podemos decir que, en el contexto de la transformación digital actual y gracias al trabajo, esfuerzo y colaboración del personal docente e

– Facilitar  anualmente  á  Comisión  de  Avaliación  de  Estudos  información  de  análise  da  demanda  de estudos  que  fan  os  estudantes,  a  partir 

A Facultade de Química é o Centro da USC encargado da xestión e organización na Universidade de Santiago de Compostela dos estudos conducentes á obtención do título de Graduada/o

Finalmente, unha vez finalizados os trámites para os que precisamos acceder á rede con IP da USC, é recomendábel desactivar a configuración do proxy.. Para iso, volvemos premer

Constitúe unha introdución para a Historia da lingua galega, materia do módulo de Introdución ó estudo da lingua e literatura galegas, que se dispensa no 2º curso, e tamén para

Este trabajo pretende aproximar el cálculo d e la infiltración d e lluvia útil me- diante la aplicación del método de Thornthwaite utilizando datos d e temperatura

10 Los stents metálicos autoexpandibles han presentado una ligera ventaja respecto a los stents de plástico en cuanto a complicaciones y reintervenciones, ya que

Información do título Obxectivos e competencias Plan de estudos Oferta e admisión Outra información. Listaxe de profesores da titulación Memoria