PROPOSTA DE ORDENANZA DE USOS LINGÜÍSTICOS
NO CONCELLO DE CEE, ELABORADA POR GALICIA BILINGÜE
Os artigos desta ordenanza respectan os dereitos dos cidadáns, falen galego ou español, e son acordes á lexislación vixente:A Lei de Normalizacion Lingüística de Galica di:
Artigo 2
Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal do galego e do castelán, linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
Artigo 3
Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que nin-guén sexa discriminado por razón de lingua.
Asimesmo o Estatuto de Autonomia establece no referente ao dereitos lingüisticos dos galegos o seguinte:
Artigo 5
2. A lingua propia de Galicia é o galego
3. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de
os coñecer e usar.
4. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous
idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñece-mento.
5. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
Galego si,
Español
tamén
Gallego sí,
Español
también
Bilingüe, como Galicia
Quero un concello Quiero un ayuntamiento
Doctrina no TC respecto do Estatuto de Cataluña. STC 31/2010, moi especialmente nos fun-damentos xurídicos 14 e 23:
“Só os particulares, en tanto que titulares do dereito de opción lingüística garantido polo propio art. 33.1 EAC, poden preferir unha ou outra de ambas as dúas linguas nas súas rela-cións co poder público radicado en Cataluña. E facelo, ademais, en perfecta igualdade de condicións por canto fai ás formalidades e requisitos do seu exercizo, o que exclúe que, como puidese resultar dunha interpretación literal do apartado 5 do art. 50 EAC, quen prefiran que a súa lingua de comunicación coas Administracións sexa o castelán teñan que pedilo expresamente. O precepto, porén, é conforme coa Constitución xa que pode interpretarse no sentido de que, no marco da política de fomento e difusión do catalán, as entidades públi-cas, institucións e empresas a que o precepto se refire, poden utilizar a lengua catalana con normalidade, sen prexuízo de poder utilizar tamén con normalidade o castelán, nas súas relacións internas, nas relacións entre elas e nas súas comunicacións cos particulares, sem-pre que se arbitren os mecanismos pertinentes para que o dereito dos ciudadáns a recibiren tales comunicacións en castelán poida facerse efectivo sen formalidades nin condicións que redunden para eles nunha carga ou obriga que os constitúa na posición de suxeito activo nas súas relacións coa Administración pública.”
Preámbulo
Nun estado democrático un dos principios de actuación fundamentais dos poderes públi-cos é tratar de acadar para os cidadáns aos que representan o maior grao de liberdade e benestar dentro das posibilidades orzamentarias existentes. A aplicación deste principio ao ámbito dos dereitos lingüísticos implica adoptar todas as medidas que permitan que, onde haxa dúas linguas oficiais, os cidadáns poidan relacionarse cos citados poderes e recibiren os servizos públicos na lingua oficial da súa escolla. O dereito comparado é abrumador en favor da aplicación deste principio. Por outra banda, o respecto deste principio é un factor de capital importancia para que os falantes dunha lingua non renuncien a seguir usándoa ao veren que é unha lingua válida para a comunicación en todos os ámbitos da súa vida, incluído o oficial, de especial relevancia nestes tempos nos que a prestación de servizos públicos abarca moitos e variados ámbitos imprescindibles para o desenvolvemento dunha vida normal.
Esta ordenanza está inspirada no citado principio, ao que hai que engadir que os poderes públicos deben amosarse absolutamente respectuosos coa opción lingüística dos cidadáns, aos que representan e serven, sen que en ningún momento poidan dar a entender que é moralmente mellor usar unha lingua ou outra. En consoancia co establecido na Declaración
dos Dereitos Culturais de Friburgo de 2007, especialmente co disposto no seu artigo 4, os poderes públicos no poden pretender determinar a identidade lingüístico cultural dos cida-dáns e moito menos discriminalos, dun ou doutro xeito, en función da opción escollida por estes. Neste punto os cidadáns son soberanos no pleno sentido desta palabra.
Por outra banda, nesta ordenanza, e precisamente por ser unha norma de carácter regu-lamentario, debe recollerse expresamente a doutrina máis XXXrecente do Tribunal Cons-titucional que, no que afecta aos dereitos lingüísticos, está reflectida na STC 31/2010, moi especialmente nos fundamentos xurídicos 14 e 23, nos que, por resumir, establécese a inconstiticionalidade de normas que pretendan dar un uso preferente dunha das linguas oficiais nos territorios onde hai dúas recoñecidas como tales, e xa moito menos excluír da calquera ámbito oficial o uso dunha delas. Respecto ao dereito de opción lingüística dos cidadáns, o Tribunal Constitucional non ve contradicción algunha entre o feito de que se fomente ou promova o uso da lingua cooficial co castelán co respecto pleno ao dereito de opción lingüística dos cidadáns á hora de se relacionaren coa administración ou recibir a prestación dos servizos públicos.
Procede, pois, aprobar unha ordenanza que garanta os dereitos lingúísticos dos cidadáns nas súas relacións cos poderes municipais deste Concello de Cee, que sexa respectuosa cos principios enunciados e coa doutrina establecida poro Tribunal Constitucional, máximo intérprete da Constitución do noso país.
Capítulo I. Uso das linguas oficiais
Artigo 1
1. O galego e o castelán, linguas oficiais en Galicia, serán as linguas de uso normal en todas as actividades do concello de Cee.
2. O Concello de Cee empregará o galego e o castelán en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas internas, na comunicación social e nas rela-cións cos cidadáns e con todas as entidades públicas situadas en Galicia e no resto de España
4. Todas as actuacións administrativas realizadas en galego ou en castelán no te-rritorio municipal terán plena validez e eficacia.
5. Os cidadáns teñen dereito a seren atendidos e a obteren ou recibiren toda a
Capítulo II. Ámbito de aplicación
Artigo 2
1. O Concello de Cee e os organismos dependentes del – padroados, organismos
autónomos, sociedades, centros de formación, escolas, gardarías, etc.-rexeranse polos criterios establecidos nesta ordenanza.
2. Igualmente, as empresas adxudicatarias ou concesionarias rexeranse pola
pre-sente ordenanza cando actúen por conta deste Concello, o cal se fará explicita-mente constar nos documentos correspondentes (concursos públicos, pregos de cláusulas, contratos, etc.).
O Concello de Cee velará para que nas actividades, organismos, etc., en que partici-pe e/ou teña representación, sexan aplicados os principios desta ordenanza.
Capítulo III. Atención ao público
Artigo 3
1. Os servizos da oficina do Rexistro e demais unidades administrativas que teñan
relación co público utilizarán a lingua da súa elección agás se o administrado ma-nifesta que prefire ser atendido na outra lingua oficial.
2. A atención ao público mediante mecanismos automáticos (contestadores de
te-léfonos ou outros medios telefónicos ou medios informáticos) daránlles aos cida-dans a opción de elixir ser atendidos en galego ou en castelán.
Capítulo IV. Documentación e actuación administrativa
Artigo 4
1. As actuacións do Concello poderanse facer en calquera das dúas linguas oficiais,
2. Será redactada en galego e en castelán a seguinte documentación:
a) As convocatorias de sesións de todos os órganos do Concello de Cee, así como
as ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, ditames das comisións informativas, rogos, preguntas e as actas dos citados órganos muni-cipais.
b) As resolucións de todos os órganos municipais.
c) Toda a documentación xerada polo Concello que forme parte dos
expedien-tes administrativos que teñan que someterse á decisión ou coñecemento dos devanditos órganos.
d) As actas e acordos de todos os órganos dos consellos e entidades con
perso-nalidade xurídica dependente deste Concello.
e) As notificacións, recursos, escrituras públicas e, en xeral, todos os actos de
carácter público ou administrativos que se realicen por escrito en nome do Con-cello de Cee.
3. Todos os modelos de documentación da Administración municipal de Cee serán
elaborados e difundidos en galego e castelán.
Artigo 5
1. Os estudos, proxectos e traballos análogos que o Concello lles encargue a
ter-ceiros poderán estar realizados en calquera das dúas linguas oficiais de Galicia,
galego ou castelán.
2. No tocante ao uso das linguas oficiais no rexistro publico do concello,
seguira-se o establecido no artigo 9. 1 da lei de Normalización Lingüística para os rexis-tros públcios dependentes da administración autonómica:
Nos Rexistros Públicos dependentes da Administración autonómica, os asen-tamentos faranse na lingua oficial en que estea redactado o documento ou se faga a manifestación. Se o documento é bilingüe, inscribirase na lingua que in-dique quen o presenta no Rexistro. Nos Rexistros Públicos non dependentes da Comunidade Autónoma, a Xunta de Galicia promoverá, de acordo cos órganos competentes, o uso normal do galego. 2. As certificacións literais expediranse na lingua na que se efectuase a inscrición reproducida. Cando non sexa transcrición literal do asentamento, empregarase a lingua oficial interesada polo solicitante. 3. No caso de documentos inscritos en dobre versión lingüística pódense obter certificacións en calquera das versións, a vontade do solicitante.
Nos rexistros administrativos das oficinas do Concello de Cee os asentos fa-ranse na lingua na que estean escritos sempre que sexa unha das dúas linguas oficiais de Galicia, galego ou castelán.
Capítulo V. Publicacións, accións informativas,
formativas e actividades públicas
Artigo 6
1. Os anuncios oficiais da Corporación que se publiquen no Boletín Oficial da
Pro-vincia, Diario Oficial de Galicia, ou calquera outro medio de comunicación radica-do no territorio da nosa Comunidade autónoma serán redactaradica-dos en galego e en
castelán.
2. As publicacións editadas polo Concello, xa sexan en papel ou dixitais,
realizaran-se polo menos en galego e castelán.
3. Os libros, as revistas e en xeral, todos os carteis e publicacións que edite o
Con-cello de Cee, así como as mensaxes a través dos medios de comunicación, faranse en galego e castelán, agás os destinados especialmente no resto do territorio na-cional, que se farán polo menos en castelán.
4. Nos casos nos que pola súa natureza sexa conveniente, poderán empregarse
linguas non oficiais en Galicia.
Artigo 7
1. As campañas publicitarias e de promoción de todas as actividades do Concello
faranse polo menos en ambas as dúas linguas oficiais, galego e castelán.
2. As campañas publicitarias e de promoción de actividades (cursos, xornadas,
con-ferencias, festas, espectáculos, actividades deportivas, festivais, campionatos, etc.) doutras entidades nas que colabore o Concello faranse en todos os soportes polo menos en galego e castelán.
3. A publicidade que se difunda en instalacións propiedade do Concello estará
polo menos en galego e castelán.
4. Nos casos nos que pola súa natureza sexa conveniente, por tratarse de
infor-macións dirixidas a comunidades lingüísticas non galegas, poderán empregarse linguas non oficiais en Galicia.
Artigo 8
1. As accións formativas organizadas polo Concello poderán desenvolverse, en
galego ou en castelán, dependendo das preferencias dos profesionais que as im-partan, respectando no posible a liberdade de elección lingüística dos usuarios. O mesmo acontecerá coa actividade xeral ofertada regularmente polo Concello nos seus distintos centros (centros de formación, aulas de informática, gardaría, escola de música, biblioteca, etc.)
Artigo 9
1. Os cargos públicos do concello expresaranse nos actos públicos na lingua oficial
que eles elixan, galego ou castelán.
2. As actividades culturais, deportivas, divulgativas, etc. (intervencións públicas,
charlas, coloquios, xornadas, congresos, etc.) organizadas polo concello, poderan-se depoderan-senvolver en galego ou en castelán. O uso de unha ou outra destas linguas non será obstáculo para recibir subvencións ou axudas oficiais.
3. Nos casos nos que pola súa natureza sexa conveniente, poderán empregarse
linguas non oficiais en Galicia.
Capítulo VII. Sinalización e rotulación
Artigo 10
1. Os rótulos e sinalizacións da Casa do Concello e dos outros predios e servizos
públicos e da rede viaria municipal, dependentes do concello ou instalados polas súas empresas adxudicatarias ou concesionarias ou calquera outra entidade, esta-rán en galego e castelán.
2. Todos os vehículos do parque móbil municipal, dos organismos autónomos,
em-presas municipais, policía, etc, levarán a súa rotulación en galego e castelán.
3. O establecido no artigo anterior tamén será de aplicación a todo o vestiario
mu-nicipal e material semellante.
Capítulo VIII. Relacións con outras administracións
Artigo 11
1. A documentación que o concello dirixa a calquera das administracións públicas
sitas no territorio galego, redactaranse en galego e en castelán.
2. As comunicacións do concello dirixidas á Administración civil ou militar do
Es-tado e á Xustiza dentro de Galicia redactaranse en ambas as dúas linguas oficiais,
Artigo 12
1. A documentación do concello dirixida ás administracións públicas do resto de
España se redactará e expedirá en castelán.
Artigo 13
1. Con respecto aos documentos dirixidos directamente a persoas xurídicas,
dife-rentes de calquera das administracións, o Concello de Cee aterase ao previsto nas disposicións vixentes, e con carácter xeral redactaranse en galego e castelán.
Capítulo IX. Relación coas empresas privadas
Artigo 14
1. Os estudos, proxectos e traballos semellantes que o Concello encargue a
tercei-ros dentro do ámbito territorial galego, poderán ser redactados en calquera das
dúas linguas oficiais, galego ou castelán.
Capítulo X. Persoal ao servizo da administración
Artigo 15
1. A declaración de oficialidade do idioma galego esixe que os cidadáns teñan
de-reito a reclamar seren atendidos na súa lingua de preferencia, sexa esta galego ou
castelán. O Concello deberá ter persoal ao seu servizo en condicións de empregar as linguas nos dous niveis, na comunicación oral e na escrita, de acordo coa natu-reza do seu posto de traballo.
Artigo 16
1. En todos os textos, documentos e comunicacións do Concello de Cee coidarase
especialmente a calidade e corrección lingüística tanto en galego como en castelán. No caso do galego usarase o galego normativo RAG, e animarase ao persoal do concello a utilizar o servizos se asesoramento lingüístico da Secretaría Xeral de Política Lingüísitica da Xunta de Galicia.
A CONTINUACIÓN COPIAMOS LA ORDENANZA
PROPUESTA POR EL ALCALDE DE CEE PARA SU
APROBACIÓN Y QUE NO RESPETA NI LA LEGISLACIÓN
VIGENTE NI LA COOFICIALIDAD LINGÜÍSTICA
Artigos do Regulamento para o impulso social da lingua
galega no Concello de Cee
Capítulo I. O uso oficial do idioma galego
Artigo 11. O galego, lingua propia de Galicia, é tamén a lingua propia do Concello de Cee sendo ademais o idioma de uso normal en todas as súas actividades.
2. En consecuencia, o galego será o idioma oficial do Concello de Cee, como tamén o castelán, lingua oficial en todo o Estado.
3. O Concello de Cee empregará o galego en todas as súas accións, nas súas actua-cións administrativas internas, na comunicación social e nas relaactua-cións cos cidadáns e con todas as entidades públicas situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas.
4. Todas as actuacións administrativas realizadas en galego no territorio municipal terán plena validez e eficacia.
5. Os cidadáns teñen dereito a seren atendidos e a obteren ou recibiren toda a documentación e notificacións en lingua galega.
Capítulo II. Ámbito de aplicación
Artigo 21. O Concello de Cee e os organismos dependentes del – padroados, organismos autónomos, sociedades, centros de formación, escolas, gardarías, etc.-rexeranse polos criterios establecidos nesta ordenanza.
2. Igualmente, as empresas adxudicatarias ou concesionarias rexeranse pola presente ordenanza cando actúen por conta deste Concello, o cal se fará explicita-mente constar nos documentos correspondentes (concursos públicos, pregos de cláusulas, contratos, etc.).
O Concello de Cee velará para que nas actividades, organismos, etc., en que participe e/ou teña representación, sexan aplicados os principios desta ordenanza.
4. Todos os servizos, departamentos, oficinas e organismos dependentes do Concello de Cee terán en conta a necesidade da normalización da lingua galega, polo que asumirán o desenvolvemento desta ordenanza en todas e cada unha das accións do seu funcionamento cotián.
Capítulo III. Atención ao público
Artigo 31. Os servizos da oficina do Rexistro e demais unidades administrativas que teñan relación co público promoverán o uso do idioma galego mediante a súa utilización como lingua normal de comunicación, tanto oral como escrita, practicando a oferta positiva en lingua galega.
2. A atención ao público mediante mecanismos automáticos (contestadores de teléfonos ou outros medios telefónicos ou informáticos) usarán por defecto o galego, e así se especificará cando sexan comprados, contratados e/ou programados.
Capítulo IV. Documentación e actuación administrativa
Artigo 41. Como criterio xeral, todas as actuacións do Concello faranse en lingua galega ou, cando sexa requisito legalmente establecido, en ambas as dúas linguas oficiais do Estado.
2. Será redactada en lingua galega, en cumprimento da lexislación vixente, a seguinte documentación:
a) As convocatorias de sesións de todos os órganos do Concello de Cee, así como as ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, difames das co-misións informativas, rogos, preguntas e as actas dos citados órganos municipais. b) As resolucións de todos os órganos municipais.
c) Toda a documentación xerada polo Concello que forme parte dos expedientes administrativos que teñan que someterse á decisión ou coñecemento dos devanditos órganos.
d) As actas e acordos de todos os órganos dos consellos e entidades con perso-nalidade xurídica dependente deste Concello.
e) As notificacións, recursos, escrituras públicas e, en xeral, todos os actos de carácter público ou administrativos que se realicen por escrito en nome do Concello de Cee. 3. Todos os modelos de documentación da Administración municipal de Cee serán elaborados e difundidos prioritariamente en galego e, verbo disto, nos plans e pro-cesos de informatización e racionalización administrativa deberase ter presente o establecido neste artigo, sen que isto signifique que nalgúns casos non se poida incorporar tamén a outra lingua oficial para cando unha persoa expresamente a poida requirir.
Artigo 5
5.1 Os estudos, proxectos e traballos análogos que o Concello lles encargue a terceiros deberán estar realizados en lingua galega.
Artigo 6
Sen prexuízo do que para os rexistros públicos establece o artigo 9 da Lei 3/1983, nos rexistros administrativos das oficinas do Concello de Cee os asentos sempre se farán en galego, independentemente da lingua na que estean escritos.
Capítulo V. Publicacións, accións informativas,
formativas e actividades públicas
Artigo 7
1. Os anuncios oficiais da Corporación que se publiquen no Boletín Oficial da Pro-vincia, Diario Oficial de Galicia, ou calquera outro medio de comunicación radicado no territorio da nosa Comunidade autónoma serán redactados en galego.
2. As publicacións editadas polo Concello, xa sexan en papel ou dixitais, realizaranse en lingua galega.
3. Os libros, as revistas e en xeral, todos os carteis e publicacións que edite o Concello de Cee, así como as mensaxes a través dos medios de comunicación, faranse en lingua galega agás os destinados especialmente ao exterior, que se poderán facer ademais na lingua dos destinatarios.
Artigo 8
1. As campañas publicitarias e de promoción de todas as actividades do Concello faranse, sexa no soporte que sexa, en galego.
2. As campañas publicitarias e de promoción de actividades (cursos, xornadas, conferencias, festas, espectáculos, actividades deportivas, festivais, campionatos, etc.) doutras entidades nas que colabore o Concello faranse en todos os soportes en galego.
3. A publicidade que se difunda en instalacións propiedade do Concello deberá estar en galego, sen prexuízo de que tamén se poida facer noutras linguas sempre que sexan accións publicitarias ou de difusión dirixidas a comunidades lingüísticas fóra da galega.
Artigo 9
1. As accións formativas organizadas polo Concello desenvolveranse, en xeral, en lingua galega, sempre que teñan lugar no territorio lingüístico galego e que o persoal encargado de intervir nesas accións sexa natural ou residente habitual do territorio lingüístico galego.
2. A formación puntual e actividade xeral ofertada regularmente polo Concello nos seus distintos centros (centros de formación, aulas de informática, gardaría, escola de música, biblioteca, etc.) desenvolverase utilizando normalmente o galego
como lingua de comunicación. O establecido neste punto terase en conta e farase referencia expresa ao seu contido nos seguintes casos:
a) Na contratación de persoal para os distintos centros. b) Na organización de actividades nos distintos centros.
c) Nos pregos de condicións, no caso de contratacións de empresas. d) Nos regulamentos dos distintos centros, de os haber.
3. Naqueles casos en que o Concello de Cee colabore en accións formativas organi-zadas por outras entidades, será requisito indispensable que estas se desenvolvan, en xeral, en lingua galega, sempre que teñan lugar no territorio lingüístico galego e que o persoal encargado de intervir nesas accións sexa natural ou residente ha-bitual do territorio lingüístico galego. Este requisito transmitiráselle á entidade ou entidades organizadoras e explicitarase nos acordos de colaboración, convocato-rias de subvencións, contratos, etc.
Artigo 10
1. Os cargos públicos do concello expresaranse en galego nos actos públicos que teñan lugar no ámbito lingüístico galego, e nos que interveñan en virtude do seu cargo, a non ser que as circunstancias do acto aconsellen, conto co galego, o em-prego doutras linguas.
2. As actividades culturais, deportivas, divulgativas, etc. (intervencións públicas, charlas, coloquios, xornadas, congresos, etc.) organizadas polo concello, desenvol-veranse en lingua galega, sempre que teñan lugar no territorio lingüístico galego e que o persoal encargado do desenvolvemento e intervencións sexa natural ou residente habitual deste territorio lingüístico galego.
3. En caso de que o Concello de Cee colabore nas ditas actividades, será requisito indispensable que se realicen en lingua galega. Este requisito transmitiráselle á entidade ou entidades organizadoras e explicitarase nos acordos de colaboración, convocatorias de subvencións, contratos, etc.
Artigo 11
1.Os textos que vaian ser difundidos polo concello en calquera soporte (xornais, revistas, folletos informativos, guías turísticas, etc.) deben ser revisados antes polo Servizo de Normalización Lingüística, que dará o visto e prace para a súa publicación.
Capítulo VII. Sinalización e rotulación
Artigo 121. Os rótulos e sinalizacións da Casa do Concello e dos outros predios e servizos públicos e da rede viaria municipal, dependentes do concello ou instalados po-las súas empresas adxudicatarias ou concesionarias ou calquera outra entidade, estarán en galego. Cando a normativa ou interese xeral o requira, as sinalizacións viarias tamén poderán incorporar outra(s) lingua(s).
2. Todos os vehículos do parque móbil municipal, dos organismos autónomos, em-presas municipais, policía, etc, levarán a súa rotulación en galego. Isto mesmo será de aplicación para o parque móbil daquelas empresas adxudicatarias ou concesio-narias, e así se establecerá nos correspondentes pregos de condicións.
3. O establecido no artigo anterior tamén será de aplicación a todo o vestiario mu-nicipal e material semellante.
4. En calquera caso, os textos dos rótulos e sinalizacións deben ser revisados polo Ser-vizo de Normalización Lingüística, quen dará o visto e prace para a súa publicación.
Capítulo VIII. Relacións con outras administracións
Artigo 131. A documentación que o concello dirixa a calquera das administracións públicas sitas no territorio galego, o unas áreas limítrofes de fala galega, redactaranse en lingua galega.
2. As comunicacións do concello dirixidas á Administración civil ou militar do Esta-do e á Xustiza dentro Esta-do ámbito lingüístico galego redactaranse en lingua galega, independentemente do feito de que esta documentación ou os expedientes que con ela se relacionen teñan o seu efecto fóra deste ámbito.
Artigo 14
1.A documentación do concello dirixida ás administracións públicas de fóra do ám-bito lingüístico galego, tamén se redactarán en galego e expedirase – se cómpre – unha copia en castelán facendo constar que é tradución do orixinal redactado en galego.
2. As copias dos documentos do Concello de Cee redactados en galego que haxa que enviar ás administracións públicas de fóra do ámbito lingüístico galego tra-mitaranse en lingua galega. Se cómpre, achegarase tradución a outra(s) lingua(s), facendo constar que é tradución do orixinal en galego.
Artigo 15
1. Con respecto aos documentos dirixidos directamente a persoas xurídicas, dife-rentes de calquera das administracións, o Concello de Cee aterase ao previsto nas disposicións vixentes, aínda que se redactarán en galego sempre que sexa posible.
Capítulo IX. Relación coas empresas privadas
Artigo 161. Os estudos, proxectos e traballos semellantes que o Concello encargue a tercei-ros dentro do ámbito territorial galego terán que ser redactados en galego, aínda que a súa finalidade esixa a redacción noutra lingua.
Capítulo X. Persoal ao servizo da administración
Artigo 171. A declaración de oficialidade do idioma galego esixe que todo o persoal ao ser-vizo da Corporación estea en condicións de empregalo nos dous niveis, oral e na escrita, en igualdade co castelán e de acordo coa natureza do seu posto de traba-llo. O persoal do Concello que atenda ao público dirixirase aos cidadáns en galego, agás nos casos nos que estes soliciten ser atendidos en castelán.
2. Para acadar este obxectivo establécense as seguintes regras:
a) Nos procedementos de selección de persoal incluirase unha proba de capaci-tación para o desenvolvemento en galego do traballo que o persoal vai realizar habitualmente no concello. Esta proba será adecuada ao nivel e contido das pra-zas convocadas e, de acordo coas funcións do posto, poderá ser oral e/ou escrita. Quedarían exentos desta proba aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme á normativa vixente.
b) Nos procedementos de provisión de postos de traballo, a acreditación do co-ñecemento da lingua galega terá, ademais, consideración de mérito puntuable, sempre que haxa concurso, para o que en cada convocatoria se fará un baremo axeitado ao posto para puntuar acreditacións Celga e/ou títulos oficiais de lin-guaxes específicas, como administrativa ou xurídica.
c) Sempre que for posible, o persoal do Servizo de Normalización Lingüística con titulación suficiente formará parte dos tribunais cualificadores – ben como membro deste, ben como persoal asesor -, para facer a avaliación do coñecemento do idioma galego na selección de persoal e na provisión dos postos de traballo e colaborará, así mesmo, na confección das correspondentes bases e probas.
d) As probas selectivas para a provisión de prazas de funcionarios/as e persoal la-boral ao servizo do Concello faranse en lingua galega e distribuiranse por defecto nesta lingua a todas as persoas candidatas, sen prexuízo de que os/as participantes nas probas poidan realizar os seus exercicios noutra lingua oficial. As persoas que queiran copia das probas noutra lingua oficial poderán solicitala expresamente con antelación ao desenvolvemento da proba.
e) O persoal que actualmente traballa ao servizo da Corporación e non estea capa-citado para o correcto desenvolvemento do seu traballo en galego de acordo co disposto no apartado 1 do presente artigo deberá adquirir tal capacidade. Para es-tes efectos, o Concello, desde o Servizo de Normalización Lingüística, desenvolverá programas de formación lingüística.
f) O Concello de Cee, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e en co-laboración con outras administracións ou entidades, organizará cursos específicos para todo o persoal que non teña os coñecementos necesarios para exercer as súas funcións en galego e así melloren o seu nivel de linguaxe, tanto desde o punto de vista lingüístico como estilístico.
Artigo 18
1. A formación profesional en todos os ámbitos de todo o persoal do Concello de Cee farase en lingua galega, sempre que a programación e organización dependa do Concello. De non depender directamente del, o Concello de Cee demandará que se faga en galego.
Capítulo X. Toponimia e nomes drúas, emprazamentos ou edificios
Artigo 191. Segundo se dispón no artigo 10 da Lei 3/1983 de normalización lingüística, a úni-ca forma oficial dos topónimos do termo municipal do Concello de Cee é a galega, igual cá dos demais topónimos de Galicia.
2. O Concello de Cee promoverá a recuperación, coñecemento e uso da toponimia do territorio municipal, e preservará as formas tradicionais dos lugares como parte integrante da memoria colectiva do patrimonio cultural.
3. As formas dos topónimos empregadas polo concello e por todos os organismos dependentes del serán sempre as establecidas legalmente.
4. O Concello de Cee demandaralles a todas as entidades beneficiarias de calquera tipo de subvención, axuda, colaboración ou contrato por parte do concello o uso legalmente correcto da toponimia. Esta demanda figurará expresamente en todas as convocatorias de axudas e subvencións, acordos e contratos do concello.
Artigo 20
1. Para darlles nome ás rúas, prazas, edificios, etc., de titularidade pública en Cee, teranse en conta os criterios establecidos na declaración asinada pola Comisión de Toponimia en 2002, en que se sinala:
1. Na denominación oficial das diferentes realidades xeográficas (entidades de poboación, urbanizacións, prazas, rúas, complexos urbanísticos, bloques de edi-ficios, etc.), ha de preferirse sempre un topónimo tradicional antes que fórmulas de nova invención.
2. No caso de realidades xeográficas de nova creación realizarase un inventario das denominacións tradicionais do territorio afectado e empregaranse nomes tomados dese repertorio para a denominación oficial das novas realidades. 3. Cando nunha área determinada os topónimos tradicionais superan en núme-ro as novas realidades xeográficas creadas, de preferencia han de preservarse os topónimos de maior interese histórico, arqueolóxico ou filolóxico.
4. Só se empregará o recurso á imposición de “topónimos honoríficos” (nomes de persoas ou institucións, de conceptos abstractos, de cidades ou países, etc.) en casos en que a nova denominación non sepulte un topónimo tradicional.
Capítulo XI. Impulso institucional do idioma galego
Artigo 211. De acordo co establecido no artigo 25 da Lei 3/1983 de normalización lingüísti-ca, o Concello de Cee fomentará a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, asociativas, culturais, deportivas e calquera outra do ám-bito municipal.
2. Todos os órganos do Concello de Cee impulsarán a normalización lingüística no seu ámbito de actuación, e o Servizo de Normalización Lingüística asesorará á Cor-poración municipal nesta materia.
3. Para a concesión de subvencións e axudas municipais (de promoción econó-mica, servizos sociais, culturais, xuvenís, deportivas, para festas, para actividades formativas e de calquera outro tipo) valorarase como criterio que se terá en conta que as actividades realizadas contribúan á normalización e ao incremento do uso e prestixio da lingua galega. Do mesmo xeito, as publicacións, a cartelaría, a pu-blicidade e toda produción de todas as actividades das entidades que vaian estar subvencionadas polo Concello de Cee deberán estar en lingua galega. En todas as convocatorias de subvencións figurará expresamente este requisito.
4. O Concello de Cee poderá outorgar subvencións para actuacións que procuren a normalización lingüística e, segundo sinala o artigo 25 da Lei 3/1983 de normalización lingüística, para fomentar dentro do seu ámbito a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras, por actos singulares, poderá outorgar reducións ou exencións das obrigas fiscais.
Capítulo XII. Calidade lingüística e linguaxe democrática e inclusiva
Artigo 221. En todos os textos, documentos e comunicacións do Concello de Cee coidarase especialmente a calidade e corrección lingüística xa que os textos emitidos desde a administración pública adoitan ser interpretados como modelos de lingua. 2. En todos os textos serán aplicados os criterios da linguaxe administrativa galega moderna, procurando sempre a súa máxima calidade, democratización, persona-lización, claridade dos contidos (modernización das formas, concisión e precisión, sinxeleza e ordenación) e uniformidade.
3. En toda comunicación e documentación municipal usarase unha linguaxe inclu-siva, evitando así as fórmulas sexistas e posibles ambigüidades.
4. O Concello de Cee velará para que nos textos e comunicacións das accións dou-tras entidades nas que colabore ou participe se sigan estes mesmos criterios de calidade lingüística e linguaxe moderna, democrática e inclusiva.
Artigo 23
1. O Concello de Cee contará cun Servizo de Normalización Lingüística (SNL) esta-ble dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais, e de coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza.
2. As tarefas que desenvolva este Servizo de Normalización Lingüística configu-raranse en tres áreas: dinamización sociolingüística, formación sociolingüística e asesoramento lingüístico.
3. As funcións xerais do SNL serán: 1. Xerais:
1. Asesorar á administración municipal en todo o relacionado coa política lin-güística.
2. Facer seguimento do cumprimento da lexislación en materia lingüística por parte da institución.
3. Informar sobre a conveniencia, oportunidade, método, etc., de incorporar ac-cións con obxectivos normalizadores en programas ou acac-cións do Concello de índole diversa, e colaborar na súa especificación, deseño e materialización. 4. Emitir informes sobre a oportunidade, conveniencias, etc., de accións do Conce-llo con respecto ao fomento do uso e prestixio da lingua galega.
5. Colaborar coa administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte dos/as aspirantes.
2. Dinamización sociolingüística:
1. Fomentar o uso do galego no conxunto da sociedade.
2. Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega nos diver-sos ámbitos e contextos sociais: para a transmisión interxeracional, na mocidade, na onomástica, no deporte, nas novas tecnoloxías, na creación e difusión cultu-ral, no ámbito empresarial e comercial, na comunicación, na xustiza, no lecer, na educación, na sanidade, no ámbito relixioso, no turismo, na integración social, na música, no asociacionismo, etc.
3. Propor programas dinamizadores e accións concretas que conciencien á socie-dade respecto ao uso e prestixio da lingua galega, e a impliquen no proceso nor-malizador.
4. Propiciar e xestionar liñas de información, colaboración, coordinación e axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial, educativa, xuvenil, etc., para fomentar o uso e prestixio do galego.
5. Promover e coordinar grupos de persoas interesadas no proceso de normali-zación lingüística para que funcionen como axentes normalizadores na sociedade. 3. Formación sociolingüística:
1. Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, tanto para o persoal da administración como para di-ferentes sectores sociais.
2. Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos, etc.
3. Colaborar no deseño de programas de formación non lingüística para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas. 4. Asesoramento lingüístico:
1. Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración.
2. Normalizar a imaxe lingüística, fixar criterios lingüísticos para a organización e establecer modelos de documentos.
3. Revisar e validar lingüisticamente aqueles textos que vaian ter maior difusión, impacto ou permanencia (carteis, folletos, rotulación, anuncios, impresos, publi-cacións, etc.), para garantir a calidade lingüística e o uso dunha linguaxe moderna, democrática e inclusiva.
4. Resolver dúbidas lingüísticas.
Capítulo XIV. Cumprimento e seguimento da ordenanza
Artigo 241. Para darlle cumprimento, velar pola aplicación e facer seguimento, o concello creará unha comisión político-técnica de aplicación e seguimento desta ordenanza. 2. Esta comisión de aplicación e seguimento reunirase polo menos unha vez ao ano para analizar o cumprimento e desenvolvemento da ordenanza e propor medidas para a súa aplicación, e extraordinariamente cando a convoque a Alcaldía por ini-ciativa propia ou a petición dalgún dos seus membros.
3. A actualización, ampliación ou revisión progresiva desta ordenanza tamén lle corresponde a esta comisión, que lle fará a proposta ao Pleno do concello para que, se procede, se aprobe a modificación.
Disposición adicional
Para favorecer a participación social no impulso e dinamización do uso do galego en to-dos os ámbitos, o Concello de Cee poderá crear un Consello Social da Lingua, no que esta-rán representados os grupos políticos que forman parte da Corporación e as organización e colectivos máis representativos implicados no proceso de normalización lingüística.
Disposición final
De conformidade co disposto polo artigo 70 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, esta norma entrará en vigor unha vez que o seu texto sexa publicado integramente no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e teña transcorrido o prazo sinalado no artigo 65.2 da Lei 7/1985 citada.
En Cee, 20 de outubro de 2015
O alcalde