CAPÍTULO 7
O COMPROMISO CO
DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
259
A USC, e cada un dos centros que a compoñen, debe asumir a súa responsabilidade co desenvolvemento sostible, na súa tripla vertente medioambiental, social e económica. Así, dende hai anos ten adquirido o compromiso de promover comportamentos de protección e conservación do medio natural e de contribuír á creación dunha conciencia ecolóxica colectiva, tanto mediante a xestión dos impactos medioambientais que se xeran nas actividades universitarias (consumo de recursos e xeración de residuos) como a través da ambientalización curricular (inclusión nos plans de estudos dos graos de materias transversais relacionadas co ambiente e potenciación dos programas de doutoramento e posgrao nesta temática) e o fomento da investigación nas áreas medioambientais.
Respondendo a este compromiso, a USC aprobou en novembro de 2003 o Plan de desenvolvemento sostible (PdS). Trátase dun documento estratéxico en que se especifican obxectivos, accións para acadalos, persoas responsables delas e indicadores para avalialas. Para poder desenvolver os contidos abarcados no Plan, creouse en febreiro de 2004 a Coordinación do Plan de desenvolvemento Sostible, que ten como misión principal o deseño, planificación, posta en práctica e avaliación dos diferentes programas que son necesarios para implantar as accións recollidas no documento marco.
As accións desenvolvidas para a implantación do Plan xiran en torno a tres eixes:
Eixe 1. Xeración de coñecemento e educación ambiental Eixe 2. Planificación, xestión e avaliación medioambiental Eixe 3. Divulgación, participación e sensibilización
nos seguintes parágrafos faremos unha breve referencia a cada un dos eixes e das actividades e proxectos que se desenvolveron no ano 2008 e no 2009.
261
1. XERACIÓN DE COÑECEMENTO E EDUCACIÓN AMBIENTAL
o principal obxectivo é a integración do respecto ao ambiente e a sostibilidade na formación das persoas. Para iso promóvese o incremento da oferta de estudos en materia medioambiental e, no campo da investigación, o desenvolvemento de alternativas científicas e tecnolóxicas para xestionar a relación entre a actividade humana e o medio dun xeito sostible.
As principais actividades desenvolvidas neste apartado son as seguintes:
§ Divulgación e fomento de docencia e investigación en materia de enerxías renovables
§ Investigación ambiental
§ Actividades formativas
1.1. Divulgación e fomento da docencia e investigación en materia de enerxías renovables
A Aula de enerxías Renovables, que se atopa na escola Técnica Superior de enxeñaría, ten por obxectivo dar a coñecer as principais características deste tipo de enerxías, impulsar a investigación en temas relacionados con elas e concienciar a comunidade universitaria, e a sociedade en xeral, da súa importancia no marco de establecer modelos de consumo enerxético máis respectuosos co ambiente. dende a Coordinación do Plan de desenvolvemento Sostible colaborouse coa Aula na divulgación dos cursos de formación que se realizaron no curso 2008- 09 e participouse no Foro de enerxías Renovables que se organiza dende a Aula, presentando as principais actuacións enerxéticas acometidas na USC.
A promoción das actuacións da USC en materia de enerxías renovables viuse materializada en dúas iniciativas de carácter interuniversitario. en primeiro lugar, participouse nunha publicación conxunta de diferentes universidades españolas na revista Energías Renovables (número 79, xuño de 2009), onde se ofreceu información sobre actuacións da USC en relación coas enerxías renovables nos ámbitos de docencia, investigación e xestión enerxética.
Posteriormente, elaborouse un panel informativo onde se recolleron as principais actuacións
262
desenvolvidas na USC en relación á optimización enerxética e á diminución das emisións de gases invernadoiro. este panel presentouse en Salamanca, nas Xornadas sobre enerxías Renovables organizadas polo Comité de Calidade Ambiental, desenvolvemento Sostible e Prevención de Riscos da CRUe en maio de 2009 e onde, ademais, se presentou un relatorio sobre o tema.
1.2. Investigación ambiental
neste apartado realizáronse iniciativas cara á difusión da investigación ambiental emprendida dende a USC. Concretamente, na páxina web do Plan de desenvolvemento sostible, creouse un espazo específico onde se recollen datos sobre os principais grupos de investigación en materia ambiental.
1.3. Actividades formativas
A Coordinación do PdS organizou cursos formativos de temática ambiental (validables por créditos de libre configuración) e tamén participou en actividades formativas emprendidas dende a propia USC ou por outras institucións.
Figura 7.1. Evolución das actividades de educación ambiental en que participou o PDS na figura 7.1 amósase a evolución no número de actividades de educación ambiental en que participou a Coordinación do Plan de desenvolvemento Sostible. nos últimos dous anos a participación aumentou debido, principalmente, a que cada vez son máis coñecidas as iniciativas emprendidas dende o PdS e que se presentaron como exemplos en diferentes foros de temática ambiental. As actividades correspondentes aos anos 2008 e 2009 poden consultarse na táboa 7.1.
263
Táboa 7.1. Actividades de educación ambiental
Cursos formativos de temática ambiental organizados pola Coordinación do PDS Participación, Educación e Divulgación Ambiental (marzo de 2009). Organizado en colaboración co Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC
Participación da Coordinación do PDS en actividades organizadas pola USC
Programa de Extensión Cultural de Astronomía: outubro de 2008. Contaminación Luminosa Xornadas de responsabilidade social nas empresas, Cátedra Jaime Vera da USC, xaneiro de 2008. Responsabilidade social e universidades
Presentación da campaña de compostaxe, Colexio Maior Fonseca, Colexio Maior Rodríguez Cadarso e Colexio Maior San Clemente, marzo de 2008. Esta presentación volveuse levar a cabo en novembro de 2008 no Colexio Maior Rodríguez Cadarso.
Participación no Curso Influencias e Consecuencias do Cambio Climático en Galicia. A Xestión de Residuos Urbanos. A Nosa Visión, organizado polo Colexio Maior Fonseca, abril de 2008
“Relatorio sobre Impacto Ambiental na USC. A pegada ecolóxica”, organizada na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo, outubro de 2008
Xornada divulgativa sobre xestión de residuos na USC, organizada no marco da bolsa de Aula Verde da Residencia Universitaria Bal y Gay de Lugo, novembro de 2008
Taller de educación ambiental: A Pegada Ecolóxica na USC. Escola Universitaria de Formación do Profesorado, novembro de 2009
264
Participación da Coordinación do PDS en actividades organizadas por outras institucións Xornada de traballo Unia Responsable, Sevilla, maio de 2008. “O proceso de elaboración da memoria de responsabilidade social da Universidade de Santiago de Compostela”
II Congreso Internacional de Investigación en Indicadores de Sostibilidade, São Carlos, Brasil, xuño e xullo de 2008. “Indicadores de sostibilidade en universidades españolas”
Conferencias na Universidade Federal de São Carlos e na Universidade de São Paulo, Brasil, xullo de 2008. “Desenvolvemento sostible e responsabilidade social na USC”
I Xornada Iberoamericana sobre a Responsabilidade Social das Universidades, Úbeda, Xaén, outubro de 2008. “Dimensión medioambiental da RSU”
Xornadas sobre Biodiversidade e Medio Ambiente, Lugo, marzo de 2009. “Participación e voluntariado ambiental na USC”
III Foro de Educadoras e Educadores Ambientais de Galicia, Ceida, A Coruña, marzo de 2009. “O programa de educación ambiental, a pegada e a débeda ecolóxica na USC”
XXIV Xornadas de Presidentes e Secretarios de Consellos Sociais de Universidades Públicas Españolas, Badajoz, maio de 2009. “Desenvolvemento sostible en universidades”
VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental, Santiago de Compostela, xuño de 2009. “O programa de educación ambiental, a pegada e a débeda ecolóxica na USC” e “Bolsas SPIU:
outra forma de abordar a educación ambiental universitaria”
Xornada A Pegada Ecolóxica no Ámbito Universitario, Universidade de León, León, setembro de 2009. “Avaliación do impacto ambiental na USC a través da pegada ecolóxica”
Curso Ferramentas Técnicas para a Compra Pública Responsable nas Administracións Públicas, Amarante-SETEM-Galicia, Santiago de Compostela, novembro de 2009. “Boas prácticas: o Plan de desenvolvemento sostible da USC”
III Xornadas de Excelencia na Xestión, Universidade de Cádiz, Cádiz, novembro de 2009.
Participación a través do póster Xestión da sostibilidade na USC
Para finalizar, é necesario comentar o compromiso da Coordinación do Plan para promover unha formación continuada do persoal que traballa nela e que permita unha melloría na súa capacitación profesional. durante estes dous anos, ademais das actividades enumeradas na táboa 7.1, asistiuse ás seguintes xornadas formativas:
- IV Seminario Compostela de Investigación en Educación Ambiental e Sostibilidade, outubro de 2008. Neste seminario a Coordinación do PDS colaborou na difusión do material divulgativo e na organización dunha actividade de videofórum enmarcada nel.
- CONAMA 9. IX Congreso Nacional do Ambiente, Madrid, decembro de 2008
265
2. PLANIFICACIÓN, XESTIÓN E AVALIACIÓN AMBIENTAL
o obxectivo principal deste eixe é a promoción e desenvolvemento de prácticas destinadas a maximizar os beneficios e diminuír os riscos ambientais da actividade universitaria. os proxectos desenvolvidos ao longo destes dous anos agrúpanse en nove ámbitos de actuación:
deseño e ordenación urbana, xestión enerxética, xestión da auga, xestión de residuos, xestión ambiental, mobilidade sostible, pegada ecolóxica, sostibilidade nos centros e certificacións e acreditacións.
2.1. Deseño e ordenación urbana
emprendéronse accións en materia de contaminación luminosa e patrimonio natural dos campus da USC. Respecto á contaminación pola luz, en setembro de 2008 realizouse unha revisión do “estudo de contaminación luminosa na USC”, que incluíu actualizacións da normativa existente neste campo e a introdución de novas recomendacións para ter en conta á hora de deseñar as instalacións luminotécnicas da USC. Toda esta información foi compartida coa vicerreitoría de infraestruturas e a oficina de Arquitectura e Urbanismo. Por outra banda, en relación á promoción do patrimonio natural dos campus da USC, colaborouse co Museo de Historia natural Luís iglesias na difusión dun folleto cun itinerario verde a través das especies máis representativas que se atopan nos edificios singulares do campus histórico de Santiago de Compostela.
2.2. Xestión enerxética
Antes de citar as actuacións desenvolvidas no ámbito da xestión enerxética, cómpre facer unha análise da situación enerxética na USC durante estes dous anos, comparando os valores cos de anos anteriores. na USC está implantado un Plan de optimización enerxética (Poe) que ten como obxectivo principal a xestión, respectuosa co ambiente e optimizada, dos sistemas de control e subministración enerxética da institución mediante a aplicación de novas tecnoloxías de telesupervisión e telexestión. Ademais, o Poe fundaméntase no emprego da coxeración
266
como sistema alternativo, pola súa alta eficiencia enerxética, tanto reducindo os custos coma reducindo a emisión de gases contaminantes. o sistema de coxeración está formado por 7 plantas de coxeración no campus de Santiago, onde están instalados un total de 11 motores que empregan gas natural para a produción simultánea de enerxía eléctrica e térmica.
Unha primeira análise por facer neste eido refírese ao consumo de enerxía en forma de electricidade, gasóleo e gas natural. o consumo de electricidade identifícase coa denominación de mix eléctrico porque a enerxía primaria a partir da cal se obtén é un conxunto de produtos que inclúe carbón, enerxías renovables e residuos. deste xeito, a figura 7.2. amosa a distribución modal da enerxía consumida na USC.
Figura 7.2. Distribución modal da enerxía
durante o último ano mudou a distribución do consumo enerxético da USC. o gas natural deixou de ser a principal fonte de obtención de enerxía, debido principalmente a avarías nos
267
motores do sistema de coxeración. isto provocou que a demanda de electricidade tivese que ser satisfeita por unha maior subministración da compañía distribuidora de electricidade.
os datos reflicten esta situación. A táboa 7.2. amosa que no ano 2009 a eficacia da coxeración diminuíu en máis dun 54% respecto ao ano 2008, polo que a porcentaxe de enerxía eléctrica producida respecto do consumo total acada valores próximos ao 14%.
Táboa 7.2. Datos do sistema de coxeración da USC. Comparativa con anos anteriores
SISTEMA COXERACIÓN 2007 2008 2009
Enerxía eléctrica producida e consumida na USC
(kW/h) 7.135.911 6.117.564 3.852.687
Porcentaxe sobre o total de consumo eléctrico 29,06 30,04 13,71 Aproveitamento da coxeración en enerxía
calorífica (gasóleo-litros) 796.687 620.846 366.102
Porcentaxe da cantidade anterior sobre o total
de consumo de enerxía calorífica 33,95 31,13 10,80
Total do consumo de electricidade (kW/h) 24.551.746 20.365.218 28.093.296 Xeración de electricidade (consumida máis
vendida) (kW/h) 9.028.576 7.611.481 4.777.603
Enerxía excedente vendida (kW/h) 1.892.665 1.493.917 924.916 o gasóleo utilízase en caldeiras de calefacción. o gas natural consómese tamén en caldeiras de calefacción e como combustible para a coxeración (que produce electricidade e enerxía calorífica para auga quente sanitaria e calefacción). os datos relativos ao consumo destes dous combustibles reflíctense nas táboas 7.3 e 7.4.
Táboa 7.3. Datos de consumo de gasóleo. Comparativa con anos anteriores
CONSUMO DE GASÓLEO 2007 2008 2009
Total de consumo de gasóleo (litros) 1.549.746 1.643.931 1.663.860 Redución do consumo de gasóleo por
aproveitamento da coxeración (litros) 796.687 620.846 366.102
Táboa 7.4. Datos de consumo de gas natural. Comparativa con anos anteriores
CONSUMO DE GAS NATURAL 2007 2008 2009
Gas natural (kW/h) 31.161.516 27.395.162 17.925.061
268
Figura 7.3. Distribución do uso de gas natural como combustible
Á vista dos resultados amosados pola figura 7.3, vemos como dende o ano 2007 está a aumentar a proporción de gas natural empregado como combustible nas caldeiras dos centros, debido a que á hora de substituír equipos obsoletos se dá prioridade a equipos de calefacción con gas natural, xa que é un combustible con menor impacto ambiental. non obstante, cómpre salientar que o forte incremento que existe entre 2008 e 2009 é debido a que, como se comentou con anterioridade, algúns dos motores de coxeración permaneceron avariados neste último ano.
o consumo enerxético leva asociadas unhas emisións de gases de efecto invernadoiro (Gei), que se recollen na táboa 7.5. Para estimalas empregáronse factores de emisión proporcionados polo inega1 e o iPCC2. na figura 7.4, amósase a distribución modal destas emisións.
Táboa 7.5. Emisións de GEI asociadas ao consumo enerxético. Comparativa con anos anteriores
EMISIÓNS 2007 2008 2009
Gases de efecto invernadoiro (CO2) 20.638 17.051 18.839 Gases de efecto invernadoiro (CH4) 858 681 763
Gases de efecto invernadoiro (N2O) 67 55 61
1 Instituto Enerxético de Galicia, Balance enerxético de Galicia 2007, 2008, 2009 e 2010
2 Intergovernmental Panel on Climate Change; Guidelines for National Greenhouse Gas Inventories. 2006
269
Figura 7.4. Distribución modal das emisións de GEI asociadas ao consumo enerxético
A Coordinación do PdS negociou, en outubro de 2008, un convenio coa dirección Xeral de desenvolvemento Sostible dirixido a financiar proxectos que teñan como obxectivo principal a mitigación das emisións de gases de efecto invernadoiro. neste marco asinouse un convenio para a mellora das instalacións térmicas e enerxéticas na Facultade de dereito.
2.3. Xestión da auga
A auga empregada na USC é subministrada pola rede de abastecemento urbano dos concellos de Lugo e de Santiago de Compostela. Tamén o tratamento das augas residuais é xestionado por estes concellos.
Táboa 7.6. Consumo de auga na USC. Comparativa con anos anteriores
CONSUMO DE AUGA 2007 2008 2009
Campus de Santiago (m3) 326.574 356.641 382.645
Campus de Lugo (m3) 13.812 13.086 19.574
Total da USC (m3) 340.386 369.727 402.219
A táboa 7.6. amosa un incremento progresivo no consumo de auga nos últimos tres anos.
non obstante, se consideramos indicadores de eficiencia, como por exemplo o consumo per capita diario (figura 7.5), vemos como o comportamento é bastante uniforme ao longo do tempo, coa excepción do ano 2006, cando unha avaría prolongada na rede de abastecemento fixo aumentar o consumo.
270
Figura 7.5. Evolución do consumo de auga per capita diario
2.4. Xestión de residuos
Cómpre salientar o traballo de sensibilización, realizado dende a Coordinación do PdS, para concienciar os membros da comunidade universitaria da necesidade dunha correcta xestión dos residuos que se xeran nas dependencias universitarias.
nos centros docentes e edificios administrativos xéranse, principalmente, residuos non perigosos. Para facilitar a súa separación selectiva, promóvese a creación de puntos limpos onde tanto estudantes coma Pdi e PAS poden depositar estes residuos en colectores específicos (táboa 7.7), ofrecéndose información sobre a correcta separación selectiva. dende a Coordinación do PdS dótase anualmente os edificios universitarios da infraestrutura necesaria para o mantemento destes puntos limpos.
Táboa 7.7. Colectores internos distribuídos polo PDS. Comparativa con anos anteriores (acumulativo)
Colectores internos 2007 2008 2009
Papeleiras 3.288 3.744 3.814
Papel 216 256 264
Pilas 54 58 63
Tinta e tóner 64 70 78
Móbiles (colector) 8 8 8
Móbiles (bolsas) 23 26 35
271
Colectores internos 2007 2008 2009
CD e DVD 52 58 64
Composteiro 2 3 3
Envases lixeiros 0 6 8
Ademais, no exterior dos edificios universitarios atópanse colectores de residuos proporcionados polos concellos de Santiago de Compostela e Lugo (táboa 7.8). dende a Coordinación do PdS todos os cursos son revisados o número e localización de colectores, identificando novas necesidades que se trasladan, mediante unha petición formal, aos concellos.
Táboa 7.8. Colectores externos distribuídos polos concellos de Lugo e de Santiago de Compostela. Comparativa con anos anteriores
Campus Colectores externos 2007 2008 2009
Lugo
Envases lixeiros 13 10 14
Papel e cartón 15 13 14
Vidro 8 8 8
Xenéricos 20 19 22
Santiago
Envases lixeiros 12 12 12
Papel e cartón 26 28 28
Vidro 9 9 9
Xenéricos 62 67 74
na táboa 7.9. indícase a cantidade de diferentes tipos de residuos que son xestionados polos concellos de Santiago de Compostela e Lugo. Ademais, inclúense datos dos residuos eléctricos e electrónicos (RAee) e outros tipos de residuos, que son administrados por xestores autorizados contratados pola USC.
Táboa 7.9. Xeración de residuos non perigosos (kg). Comparativa con anos anteriores
Campus Tipo de residuo kg
2007 kg
2008 kg
2009
Lugo
Envases lixeiros 5.754 5.663 ND
Papel 48.334 24.709 ND
RSU 339.738 152.471 ND
Vidro 23.526 10.435 ND
272
Campus Tipo de residuo kg
2007 kg
2008 kg
2009
Santiago
Envases lixeiros 11.807 14.043 18.121
Papel 136.266 150.222 175.984
RSU 335.348 281.973 401.039
Vidro 19.450 23.561 31.413
Ambos RAEE non contaminados 39.000 9.500 30.000
Baterías salinas 487 538 457
CD/DVD --- 86 135
Disquetes --- 51 50
Placas radiográficas --- 30 5
nd: datos non dispoñibles ---: non recollidos nese ano
Por outra banda, a Unidade de Xestión de Residuos Perigosos (dependente do Servizo de Prevención de Riscos) é a encargada de xestionar os residuos deste tipo que se xeran nos centros e laboratorios de investigación. na táboa 7.10. reflíctense os datos de recollida de residuos que son catalogados como tóxicos e perigosos, seguindo as pautas da Lista europea de Residuos (LeR), aprobada na orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro.
Táboa 7.10. Xestión de residuos perigosos (kg). Comparativa con anos anteriores
Tipo de residuo Código LER 2007 2008 2009
Absorbente contaminado 150202 107,0 263,0 337,7
Aceites usados 130208 278,0 221,0 182,3
Auga residual con materia orgánica 160508 20,0 275,0 420,0
Baterías de chumbo 160601 668,0 210,1 1.196,0
Bombona de ácido carbónico 160504 0,0 0,0 20,0
Bombona de dióxido de xofre 160504 0,0 0,0 15,0
Bombona de mestura de gases (O2) 160504 0,0 0,0 15,0
Bombona de nitróxeno 150111 0,0 0,0 20,0
Cerámica contaminada con mercurio 150202 0,0 0,0 3,0
Disolucións acuosas de compostos
orgánicos 160508 3.273,0 3.439,0 3.941,0
Disolucións con metais pesados 160507 3.720,0 3.214,0 4.488,5 Disolucións inorgánicas ácidas 160507 773,0 1.353,5 1.125,1 Disolucións inorgánicas alcalinas 160507 401,0 251,0 575,0
273
Tipo de residuo Código LER 2007 2008 2009
Disolventes haloxenados 140602 4.683,5 4.175,0 5.056,0 Disolventes non haloxenados 140603 5.784,0 6.053,0 7.135,0
Filtros de aceite 160107 303,0 2,0 0,0
Filtros de cabina 150202 45,0 0,0 135,0
Filtros-resina de intercambio iónico 190806 5,0 103,0 38,5
Halón 160504 0,0 370,0 0,0
Líquidos de revelado fotográfico 090102 2.196,0 1.997,0 2.360,0 Material contaminado con fuel óleo 150202 61,0 35,0 40,0
Mercurio metálico 060404 23,7 10,4 12,0
RAEE contaminados 160213 135,5 15,0 52,0
Residuo biosanitario especial 180103 10.814,6 14.314,0 16.334,0
Residuo citotóxico 180108 2.638,0 2.698,0 2.649,5
Residuos de envases baleiros
contaminados 150110 814,0 1.921,0 1.439,0
Residuos de envases de vidro
baleiros e vidro de laboratorio 150110 2.696,5 3.617,0 3.418,0 Residuos de envases plásticos
baleiros 150110 126,0 597,0 1.028,5
Residuos de laboratorio 150110 2.589,5 2.953,1 3.758,7
Xel de sílice contaminado 150202 613,0 569,0 646,1
Tóner e tinta de impresión 080317 1.320,0 1.440,0 1.275,0
Tubos fluorescentes 200121 759,3 1.167,0 798,9
Totais 44.848,0 51.430,1 58.725,0
durante os dous últimos anos aumentou a cantidade total de residuos perigosos xerados na USC, cun incremento no ano 2009 do 30,9% respecto ao 2007. Se analizamos este dato tendo en conta o número de membros da comunidade universitaria (figura 7.6), o incremento é menos pronunciado (25,3%).
274
Figura 7.6. Evolución da xeración anual de residuos perigosos por persoa
2.5. Xestión ambiental
A Coordinación do Plan de desenvolvemento Sostible promove iniciativas para a introdución de criterios de sostibilidade nos pregos de cláusulas técnicas dos contratos de servizos da USC:
a. imprenta Universitaria: colaborouse coa Xerencia na elaboración dos requisitos medioambientais que debe posuír o papel da imprenta, o que se engadiu ao prego de cláusulas técnicas da contrata de papel correspondente ao ano 2008. Tamén se elaborou o informe concluínte sobre a viabilidade ambiental das diferentes ofertas presentadas.
b. Reprografía: colaborouse coa Xerencia na elaboración dos requisitos medioambientais que debe posuír o papel que se oferta nas salas de reprografía do campus de Lugo, que se engadiron ao prego de cláusulas técnicas da licitación que saíu a concurso en maio de 2009.
c. Servizo de limpeza: colaborouse coa Xerencia na elaboración das consideracións ambientais que deben incluírse nos pregos de cláusulas técnicas do servizo de limpeza da USC. estas consideracións foron incluídas na licitación do servizo de limpeza do campus de Lugo e do campus de Santiago, ambos en 2009.
Ademais, realizouse a “Guía de edificación sostible” en que se recollen recomendacións básicas que deberían ser incluídas nos pregos de cláusulas técnicas de edificios de nova construción ou en obras de remodelación. este documento foi remitido á vicerreitoría de economía, Financiamento e infraestruturas3.
3 Actual vicerreitoría de economía e infraestruturas
275
2.6. Mobilidade sostible
neste apartado inclúense os resultados do “estudo de hábitos de mobilidade na USC”, desenvolvido pola Coordinación do PdS nos anos 2007, 2008 e 2009. nel amósanse as preferencias dos membros da comunidade universitaria á hora de realizar os desprazamentos ao seu lugar de estudo ou traballo.
Táboa 7.11. Hábitos de mobilidade na USC (%)
Medio de transporte1 2007 2008 2009
A pé 57,1 56,7 61,1
Autobús 15,1 23,8 19,8
Automóbil 39,4 33,6 29,3
Bicicleta 1,7 3,5 3,9
Tren 1,2 2,1 2,1
Motocicleta 1,0 1,2 1,6
1: As persoas enquisadas tiñan a opción de elixir máis dunha resposta, polo que as porcentaxes suman máis de 100.
Táboa 7.12. Distancias dos desprazamentos en medios motorizados e non motorizados (km)
2007 2008 2009
Medios motorizados 11,70 15,47 16,44
Medios non motorizados 2,10 1,31 1,02
A pé 1,20 1,28 1,01
Bicicleta 2,70 1,69 1,06
276
Figura 7.7. Distribución modal dos medios de transporte por colectivo universitario (As persoas enquisadas tiñan a opción de elixir máis dunha resposta)
Á vista dos resultados da figura 7.7. pódese salientar o feito de que o coche ten menos presenza nos campus universitarios, xa que se reduce o seu uso dun ano para outro en todos os colectivos universitarios en relación cos outros medios de transporte.
Unha iniciativa por salientar no campo da mobilidade sostible é o Programa de préstamo de bicicletas que dende o curso 2006-07 leva organizando a Coordinación do PdS.
Táboa 7.13. Datos do Programa de préstamo de bicicletas no ano 2008
Solicitudes de participación Adxudicacións
Estudante PDI PAS Total Estudante PDI PAS Total
Campus de Santiago 328 12 12 352 220 7 8 235
Campus de Lugo 50 8 2 60 50 8 2 60
Total 378 20 14 412 270 15 10 295
Táboa 7.14. Datos do Programa de préstamo de bicicletas no ano 2009
Solicitudes de participación Adxudicacións
Estudante PDI PAS Total Estudante PDI PAS Total
Campus de Santiago 265 5 15 285 174 4 11 189
Campus de Lugo 92 7 3 102 76 7 2 85
Total 357 12 18 387 250 11 13 274
os/as participantes no Programa de préstamo de bicicletas realizan unha valoración del en relación con diferentes factores que afectan a este medio de transporte. As valoracións fanse nunha escala de 0 a 5, que vai de moi negativa a moi positiva (figura 7.8.). As opinións dos/
as participantes son en xeral moi positivas, destacando como factores máis desfavorables a seguridade, a meteoroloxía e o tráfico urbano.
277
4,16 2,68 3,79 2,36 3,92 2,86 4,15 4,53
4,18 2,62 3,8 2,45 3,98 2,95 4,38 4,76
4,15 2,81 3,74 2,33 3,83 2,79 3,95 4,62
4,19 2,65 3,69 2,39 3,85 2,95 4,17 4,55
0 0,5 1 1,5 2 2,5 3 3,5 4 4,5 5
Rapidez de
desprazamento Seguridade Esforzo físico Meteoroloxía Comodidade
do usuario/a Tráfico urbano Calidade de
vida urbana Saúde do usuario/a
Santiago 2008 Lugo 2008 Santiago 2009 Lugo 2009
Figura 7.8. Valoración dos/as participantes no Programa de préstamo de bicicletas da USC
da análise das enquisas realizadas aos/ás participantes no Programa de préstamo de bicicletas para o ano 2009, pódense obter varias conclusións:
§ En Santiago, conseguiuse diminuír o número de desprazamentos en automóbil, xa que se reduciu a porcentaxe de participantes que empregaban o coche dun 7,6% a un 5,8%. En Lugo a diminución foi maior, xa que pasou dun 16,7% a un 9,2%.
§ O emprego cotián da bicicleta aumentou considerablemente entre os/as participantes no Programa, nas dúas cidades. En Santiago pasou dun 2,7% a un 81,0% e en Lugo dun 1,1% a un 31,0%.
§ Respecto á valoración do emprego da bicicleta, débese salientar que mellorou a opinión dos/as participantes respecto á rapidez de desprazamentos, seguridade, meteoroloxía e comodidade do/da usuario/a, sendo neste último apartado onde se observa unha maior variación. Pola contra, empeora a valoración do uso da bicicleta respecto ao tráfico urbano e calidade de vida urbana.
outra acción desenvolvida no ámbito da mobilidade sostible é o Programa “Comparte coche” na USC, que ten como obxectivo principal fomentar o uso compartido dos vehículos particulares en traxectos longos e frecuentes, para reducir o número de desprazamentos en automóbil e a intensidade do tráfico. en 2008 creouse unha plataforma web que permite establecer contacto aos membros da comunidade universitaria que desexan compartir coche. nesta páxina web pódese atopar información relativa aos desprazamentos e horarios demandados ou ofertados polo persoal da USC.
278
2.7. Pegada ecolóxica
Anualmente realízase un estudo de impacto ambiental da USC, que ten como principal indicador a pegada ecolóxica, que serve para avaliar os custos ambientais dun determinado modelo de vida. dende a Coordinación do Plan de desenvolvemento Sostible da USC deseñouse unha metodoloxía específica para adaptar o seu cálculo ás actividades propias do día a día universitario.
o valor da pegada ecolóxica na USC aumentou nun 18% no ano 2009 con respecto aos valores do 2008. na táboa 7.13, amósanse os principais resultados. no ano 2008 a principal achega ao valor da pegada era a motivada pola mobilidade (24,8%), seguida do consumo eléctrico (21,9%) e de gas natural (17,6%). no ano 2009 esta tendencia cambia e o principal impacto é o asociado ao consumo de electricidade (31,9%) e á mobilidade (22,1%), así como o asociado á construción e rehabilitación de edificios (16,8%)..
Táboa 7.13. Pegada ecolóxica na USC
2007 2008 2009
PE (ha/
ano)
PE (ha/
persoa/
ano)
PE (ha/
ano)
PE (ha/
persoa/
ano)
PE (ha/
ano)
PE (ha/
persoa/
ano)
Construción 802,03 0,025 843,86 0,023 875,52 0,027
Consumo eléctrico 1.579,61 0,049 1.136,09 0,030 1.662,43 0,050 Consumo de gasóleo 712,03 0,022 757,73 0,020 766,88 0,023 Consumo de gas
natural 993,99 0,031 873,37 0,023 571,77 0,017
Consumo de papel 69,90 0,002 58,58 0,002 66,60 0,002
Consumo de auga 27,14 0,001 24,62 0,001 23,57 0,001
Xeración de residuos 66,98 0,002 43,83 0,001 39,55 0,001
Mobilidade 917,04 0,028 1.233,94 0,033 1.153,10 0,035
Superficie ocupada 48,35 0,001 50,88 0,001 52,78 0,002
PE total 5.217,08 0,162 5.022,90 0,134 5.212,22 0,158
279
2.8. Sostibilidade nos centros
no ano 2009 realízaronse avaliacións da sostibilidade en edificios universitarios empregando a ferramenta AiSHe (Ferramenta de auditoría para a sostibilidade na educación superior), deseñada por Roorda (2001)4 e aplicada na USC por iniciativa do investigador Urbano Fra.
Co obxectivo de estudar a viabilidade da aplicación desta ferramenta na USC, realizouse en 2009 a avaliación da Facultade de Ciencias (campus de Lugo). Para a realización desta avaliación convocouse unha bolsa de apoio, que foi cofinanciada pola vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo e a vicerreitoría de Calidade e Planificación5. Posteriormente realizouse a avaliación da sostibilidade na escola Politécnica Superior do campus de Lugo no marco dun proxecto fin de carreira dirixido por profesores/as dese campus.
2.9. Certificacións e acreditacións
Para rematar coas accións relativas a este eixe do Plan de desenvolvemento sostible, cítanse as actividades que realiza a USC e que son motivo de certificación e acreditación por parte de organismos autorizados. É necesario distinguir entre as seguintes:
§ Actividades que afectan a toda a USC: certificáronse, segundo a norma UNE-EN-ISO 14001, os procesos do Servizo de Prevención de Riscos relativos á xestión da prevención de riscos laborais, da vixilancia da saúde do persoal, da vixilancia e seguridade no traballo, do almacenamento, a coordinación e a entrega á unidade xestora autorizada dos residuos perigosos xerados, e da vixilancia e control documental dos aparellos e dispositivos con fonte de radiacións ionizantes existentes na USC.
§ Actividades realizadas polas distintas unidades: no Instituto de Cerámica de Galicia certificáronse, segundo a norma UNE-EN-ISO 14001:1996, as actividades de investigación, desenvolvemento e innovación en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais, a realización de ensaios fisicoquímicos e a determinación de propiedades físicas en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais. Este centro ten, ademais, implantado un sistema de xestión medioambiental que cumpre os requisitos do Esquema europeo de ecoxestión e ecoauditoría (EMAS) para as actividades de investigación, desenvolvemento e innovación, a realización de ensaios fisicoquímicos e a determinación de propiedades físicas en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais.
4 Roorda, N.; AISHE, Auditing Instrument for Sustainability in Higher Education; Dutch Network for Sustainable Development in Higher Education, decembro 2001
5 Actual Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
281
3. DIVULGACIÓN, PARTICIPACIÓN E SENSIBILIzACIÓN
este eixe ten como obxectivo a creación de conciencia ecolóxica para impulsar a participación da comunidade universitaria en actividades ligadas á mellora ambiental da universidade en particular e da sociedade en xeral.
dentro das actuacións incluídas dentro deste eixe, pódese distinguir entre actividades de participación, que procuran a implicación directa de membros da comunidade universitaria no coñecemento e mellora de problemas ambientais, e actividades de divulgación e sensibilización, onde se ofrecen materiais para interpretar e facer máis accesibles aspectos ligados á problemática ambiental, tanto a nivel universitario como global.
3.1. Actividades de participación
neste apartado é necesario salientar o programa de bolsas de sostibilidade, participación e integración universitaria (SPiU), convocado nos cursos 2007-08 e 2008-09 pola vicerreitoría de Calidade e Planificación en colaboración coa vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social6, dirixido a estudantes de grao e posgrao das titulacións xa adaptadas ao eeeS e a estudantes de diplomaturas e licenciaturas.
6 Actuais vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade e vicerreitoría de estudantes, Cultura e Formación Continua
282
3 2
27 27
58
47
0 10 20 30 40 50 60 70
2007/2008 2008/2009
Centros vacantes Becarios Solicitudes
Figura 7.9. Evolución do programa de bolsas SPIU
os/as bolseiros/as seleccionados/as nas respectivas convocatorias realizaron varias actividades que incluían a realización de enquisas, avaliacións ambientais nos centros docentes, auditorías enerxéticas en edificios universitarios, divulgación de información a través de mesas informativas de campañas do PdS, visitas a instalacións enerxéticas e outras. Tamén se organizaron sete actividades dentro dun plan formativo dirixido especialmente a estes/as bolseiros/as e consistentes en charlas, debates, excursións e visitas.
Cómpre salientar a iniciativa posta en marcha en colaboración coa Sociedade Galega de educación Ambiental e coa Federación ecoloxista de Galicia, para desenvolver un programa de educación ambiental dirixido aos/ás bolseiros/as SPiU e centrado no tema da pegada e da débeda ecolóxica. dentro deste programa os/as bolseiros/as realizaron actividades como obradoiros de cociña ecolóxica, itinerarios interpretativos por Lugo, mesas informativas sobre mobilidade sostible, etc.
Por outra banda, a Coordinación do Plan de desenvolvemento Sostible participou no Programa de bolsas Aula verde, convocadas anualmente nos centros do Servizo Universitario de Residencias (SUR) pola vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social7. os/as bolseiros/as de Aula verde desenvolveron, baixo a tutela da Coordinación do PdS, o Programa de compostaxe e a realización de diagnoses ambientais dos centros do SUR, no bienio 2008-2009.
nas actividades de participación é imprescindible citar o traballo que a Coordinación do PdS desenvolve dende 2003 no comité executivo da Comisión Sectorial da CRUe sobre Calidade Ambiental, desenvolvemento Sostible e Prevención de Riscos (Cadep); participou en todas as reunións do comité executivo e reunións de traballo que tiveron lugar durante estes anos. neste contexto, a USC impulsou, xunto coa Universidade Autónoma de Madrid, a creación dun Grupo de Traballo (no seo da Cadep) sobre Avaliación da Sostibilidade Universitaria. neste período, o grupo realizou a primeira fase de definición de indicadores para unha ferramenta de avaliación de sostibilidade. os pasos por seguir implican desenvolver unha autoavaliación que permita mellorar a ferramenta metodolóxica antes de presentala ao resto de universidades.
7 As súas competencias foron asumidas pola actual vicerreitoría de estudantes, Cultura e Formación Continua.
283
3.2. Actividades de divulgación e sensibilización
dende a Coordinación do Plan de desenvolvemento Sostible elaboráronse artigos como o presentado á Fundación Conocimiento y desarrollo titulado “A responsabilidade social e o desenvolvemento sostible na Universidade de Santiago de Compostela: unha aposta de futuro”, que está incluído no “informe CYd 2009”.
durante estes dous anos, as actividades de participación e sensibilización programadas nos centros da USC centráronse no tema do cambio climático. en 2008, a USC participou no proxecto de voluntariado interuniversitario denominado Caravana Universitaria polo Clima, xunto con outras 12 universidades españolas. o obxectivo principal do proxecto foi favorecer a contribución das universidades na loita contra o cambio climático, tentando que membros das comunidades universitarias de trece universidades promovesen o liderado para a acción contra o cambio climático e comportamentos comprometidos coa redución dos gases de efecto invernadoiro. o proxecto consistiu en percorrer as universidades participantes cun autobús en que viaxaban estudantes, para organizar actividades de divulgación, visitas prácticas e unha actividade de participación denominada entroido polo Clima. As actividades que se desenvolveron en Santiago foron as seguintes:
- visita a instalacións enerxéticas e proxectos medioambientais na USC:
almacén de residuos, motores de coxeración do pavillón de deportes, itinerarios verdes, etc.
- Xornadas de divulgación científica: sobre cambio climático e educación ambiental, cambio climático e climatoloxía, cambio climático e enerxía solar, e cambio climático e medio terrestre