Memoria de actividades
ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA 2009
OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Prólogo
A
proposta da Unión Astronómica Internacional (IAU), a UNESCO declarou 2009 como Ano Internacional da Astronomía conmemorando así as primeiras observacións telescópicas realizadas por Galileo Galilei hai catrocentos anos.O anteollo dirixido ao ceo permitiu observar os cráteres lunares, o conglomerado estelar da Vía Láctea, os catro satélites máis brillantes de Xúpiter, as fases de Venus, as manchas solares e a
"rara" forma de Saturno. Todo iso constituíu unha auténtica revolución no coñecemento do universo e contribuíu drasticamente ao avance imparable da astronomía como ciencia.
Non hai que esquecer, sen embrago, que tamén en 1609 viu a luz a ASTRONOMÍA NOVA de Johannes Kepler, obra na que deu a coñecer as dúas primeiras leis que rexen o movemento dos planetas. O pasado ano cumpríronse así mesmo catro décadas da chegada do home á Lúa e nove da creación da IAU.
Como non podía ser doutra forma, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller sumouse a estas celebracións astronómicas con múltiples actividades que abrangueron non só a faceta
profesional, coa organización de dous congresos e a lectura dunha Tese, entre outras cousas, senón tamén o ámbito docente, con xornadas de carácter didáctico e actividades curriculares, e sobre todo, de divulgación, onde puxemos o noso maior empeño, con múltiples actividades tanto en Santiago de Compostela como noutras moitas localidades galegas, ampliando, desta forma se cabe, a oferta habitual do noso Observatorio neste sentido.
No principio do ano trasladaramos á Vicerreitoría de Cultura da nosa Universidade (USC), un ambicioso programa de actividades que, finalmente, conseguimos levar a cabo na súa totalidade malia a complicada situación económica actual e, por iso, estamos máis obrigados aínda a mostrar o noso agradecemento ás distintas institucións que nos apoiaron, empezando pola propia USC e seguindo coa Xunta de Galicia a través das súas Consellerías de Educación e Ordenación Universitaria, e Economía e Industria (Dirección Xeral de I+D+i), ademais do Ministerio de Educación e Innovación, tendo tamén presentes os Concellos de Santiago e Lalín e ata empresas privadas como Óptica Val.
A nosa gratitude esténdese a todos os que grazas ao seu entusiasmo fixeron posible a nosa modesta contribución neste ano tan especial e particularmente aos nosos colaboradores habituais.
Foi un ano realmente duro pois ao traballo diario engadimos todo o que pode verse nesta Memoria, pero consideramos que pagou a pena con fartura. Ver o semblante dun profano observando por vez primeira a Lúa a través do telescopio ou comprobar como unha aldea enteira se agrupa en torno ás ensinanzas dun monitor, é algo que motiva moito e fainos ver que as nosas iniciativas non son baldías.
Remata o Ano Internacional da Astronomía pero a Astronomía como Ciencia e Cultura será eterna, para satisfacción de todos.
José Ángel Docobo Durántez Director
Observatorio Astronómico Ramón María Aller Universidade de Santiago de Compostela.
En portada:
1. Foto do grupo de persoas que participaron nas actividades do OARMA no AIA 2009. De esquerda a dereita: Alberto Lago, María Brea, Manuel Andrade, Leandra Francisco, Iván
Fernández, Lidia González, José Ramón González, Vakhtang Tamazian, Pedro Pablo Campo, José Ángel Docobo, José Manuel Noya, Josefina F. Ling, Andrea Rodríguez, Raquel Martín, Javier Bao e Laura Arrojo.
2. Logo oficial do AIA 2009.
3. Actividades en Ribadeo, Reloxo de Sol d’O Cargadoiro.
4. Pequenos astrónomos.
5. Telescopio de 0,62 m. do OARMA.
6. Placa en honor a R. M. Aller.
7. Escolares en torno ao refractor.
8. Simulación do bólido do 2 de novembro.
9. Un dos selos de Correos.
10. Logo oficial do AIA 2009 da USC.
OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER (OARMA) UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC)
ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA: AIAIYA 2009 Memoria de actividades.
1) INAUGURACIÓN EN PARÍS DO ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA
Desprazamento (por invitación da Unión Astronómica Internacional) do Profesor José Ángel Docobo Durántez á sede da UNESCO en París para acudir aos actos de inauguración do Ano Internacional da Astronomía (IYA2009AIA 2009), os días 15 e 16 de xaneiro.
Intervención desde París por videoconferencia na rolda de prensa organizada pola Vicerreitoría de Cultura da USC para presentar as actividades de divulgación de astronomía en 2009.
Catherine Cesarsky, Presidenta da IAU, na Docobo con "Kepler"
conferencia inaugural do IYA en París
O prof. Docobo na sede da UNESCO en París Participantes na rolda de prensa da Reitoría S. Bará, J. F. Ling, E. Torres (Vicerreitor de Cultura), J. A. Docobo (en pantalla), S.
Mato (director xeral de I+D+i) e J. A. Garzón
2) INAUGURACIÓN EN MADRID DO ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA Desprazamento dos profesores Docobo e Ling á sede
do CSIC en Madrid con obxecto de asistir ao acto presidido por S.A.R. o Príncipe Don Felipe.
A presidenta da IAU, Catherine Cesarsky e o Príncipe Felipe na sede do CSIC antes do comezo do acto.
3) CONFERENCIA INAUGURAL DO AIA 2009 NA USC
Conferencia a cargo de Manuel Moreno Lupiáñez. Título: "Astronomía e cine, ou por que sempre hai lúa chea nos filmes"
Campus de Lugo, 04/02/2009 Presentada por José Ángel Docobo.
Organizada pola Vicerreitoría de Cultura da (USC).
4) FORUM ORIENTA 2009
Iniciativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia en colaboración coas tres universidades
galegas dirixida ao alumnado de secundaria e celebrada en Expocoruña.
Conferencias de Pedro Pablo Campo Díaz os días 11 e 13 de febreiro.
Título: Os astros que podemos ver no ceo.
Tarxetas divulgativas elaboradas para o FORUM
5) RECUPERACIÓN DAS INSTALACIÓNS ASTRONÓMICAS DE LALÍN
A través dun Convenio entre o Concello de Lalín e a USC, o OARMA colaborará na posta en valor do Observatorio Astronómico de Lalín, lugar emblemático onde pode dicirse que nos comezos do pasado século se iniciou a investigación astronómica en Galicia. Por parte da USC, é responsable desta actividade o profesor José Ángel Docobo Durántez.
Retirada da cúpula de Lalín para a súa restauración
6) SEMANA DOS METEORITOS
Conferencias en Santiago e Lugo a cargo de Josep María TrigoRodríguez, coordinador da Rede Española de Bólidos e Meteoritos (9 ao 13 de marzo).
Título: "A orixe do Sistema Solar á luz dos meteoritos"
Presentadas por José Ángel Docobo (Santiago) e Manuel Andrade (Lugo).
Obradoiros de identificación de meteoritos a cargo do mesmo relator.
Póster da actividade
7) SEMINARIO
Impartido polo profesor Docobo no Departamento de Matemática Aplicada da USC.
Data: 24/04/2009 Título: "Algúns resultados de interese en Astrodinámica"
8) CONFERENCIA
Conferencia: "O GRAN TELESCOPIO DE CANARIAS E O FUTURO DA ASTRONOMÍA", a cargo do profesor Dr. D. Francisco Sánchez Martínez, director do Instituto de Astrofísica de Canarias. Aula Aller Ulloa/ Facultade de Matemáticas/ data: 20/04/2009
Presentada por José Ángel Docobo
Póster da conferencia Francisco Sánchez e José A. Docobo
Esta conferencia incluíuse no programa UNHA UNIVERSIDADE, UN UNIVERSO
9) DEFENSA DE TESE DE DOUTORAMENTO
Acto público de lectura da tese de doutoramento: "APROXIMACIÓN HISTÓRICA AO DESENVOLVEMENTO DA ASTRONOMÍA EN ESPAÑA".
Autor: Iván Fernández Pérez.
Director: José Ángel Docobo Durántez.
Data: 20/04/2009.
J. A. Docobo e I. Fernández Tribunal da Tese Portada da Tese
10) PROGRAMA ESTACIONAL PRIMAVERA ASTRONÓMICA:
• Astronomía para nenas e nenos: días 3 e 10 de maio.
• Visitas guiadas ao Observatorio: 28 e 29 de abril, 5, 6, 8 e 9 de maio.
• Curso de iniciación á Astronomía: do 4 ao 7 de maio.
• Obradoiro de manexo de telescopios: 9 de maio.
• Obradoiro de fotografía astronómica con cámara CCD: do 27 ao 30 de abril.
Validación dun crédito de libre configuración, tras a resolución reitoral que avalou a calidade do evento. Financiado pola Vicerreitoría de Cultura da USC.
Director do Programa: José Ángel Docobo Durántez Profesores: María Brea Mato
Pedro Pablo Campo Díaz José Ramón González Romay Alberto Lago Alonso
Josefina FaenFaen Ling Ling Lidia González Lorenzo
Dentro desta iniciativa, Pedro Pablo Campo desprazouse a varias localidades nas que se nos solicitou a nosa presenza na organización de xornadas astronómicas:
Desprazamentos ás seguintes localidades:
• 07/05/2009: Colexio Fingoi, Lugo.
• 22/05/2009: Asociación Cultural Liceo de Noia.
• 28/05/2009: CPI Cova Terreña, Baiona.
• 25/06/2009: Fundación Ortegalia, Ortigueira.
Póster da actividade
Visita dun grupo de escolares
11) ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN CON OPTICA VAL
Durante os meses de maio e xuño, a empresa Óptica Val solicitou colaboración para realizar actividades de astronomía en horario escolar en diversos centros de ensino de Santiago de Compostela, coa seguinte axenda:
• 14, 15, 18, 19 e 20 de maio de 2009: Colexio Junior's. Alberto Lago Alonso.
• 18, 20, 25 de maio de 2009: Colexio Sta. Apolonia. Pedro Pablo Campo Díaz.
• 11 e 15 de xuño de 2009: Colexio Cluny. Pedro Pablo Campo Díaz.
12) PUBLICACIÓN DE: AS TRINTA CONSTELACIÓNS MÁIS SOBRANCEIRAS DO NOSO CEO
Publicación da USC co financiamento do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela.
Autores: José Ángel Docobo Durántez e María Brea Mato
13) PRESENTACIÓN DA CONFERENCIA DO PAI CARREIRA
O día 25 de maio, o astrofísico padre Manuel Carreira S. X. impartiu a conferencia "A orixe do Universo e do home, 400 anos despois de que Galileo observase o ceo por primeira vez cun telescopio" na Aula Magna do Instituto Teolóxico Compostelán. Foi requirido para a súa presentación o profesor J. A. Docobo.
14) ASTRONOMÍA NOVA:
Do 29 ao 30 de maio (http://www.usc.es/astro/astronomianova.htm): Xornadas didácticas a cargo de especialistas, algúns deles vindos desde Zaragoza (A. Elipe), Huelva (J. M. Madiedo) e Santander (X. Barcóns), e que incluíron charlas con nivel de excelencia, obradoiros e observacións nocturnas cos magníficos medios de que dispón o OARMA hoxe en día.
Inauguradas polo Secretario Xeral de
Universidades da Xunta de Galicia, Ilmo. Sr. D.
José Alberto Díez de Castro.
Tamén se validou un crédito de libre configuración.
Relatores:
Manuel Andrade Baliño (OARMA, USC) As cores das estrelas
Javier Bao Cebeiro (IES A Cacheda, Boiro) Manexo do Planisferio
Construción de reloxos de Sol Salvador Bará (EU Optica, USC)
Por favor, non iluminen o ceo Póster da actividade
Xavier Barcons Jáuregui (Instituto de Física de Cantabria) Cuestións relevantes na Astronomía actual
Pedro Pablo Campo Díaz (OARMA, USC) O que podemos observar no ceo Experiencias didácticas en Astronomía Astronomía na rede
José Ángel Docobo Durántez (OARMA, USC)
Momentos clave no desenvolvemento da Astronomía VÍDEO: RAMÓN MARÍA ALLER, ASTRÓNOMO
Antonio Elipe Sanchez (Grupo Mecánica Espacial, Univ. Zaragoza) Misións espaciais
Iván Fernandez Perez (OARMA, USC)
A gran eclosión da Astronomía no estado español Juan Antonio Garzón (Facultade de Física, USC)
Explorando o Universo con Raios Cósmicos José Ramón Gonzalez Romay (OARMA, USC)
Obradoiro de telescopios Josefina F. Ling (OARMA, USC)
Astrónomas: a outra metade do Universo por descubrir
José María Madiedo (Universidad de Huelva) O Sistema Solar
Observación nocturna a cargo de:
Pedro Pablo Campo Díaz María Brea Mato
Alberto Lago Alonso
José Ramón Gonzalez Romay
Algúns dos conferenciantes e participantes
15) XII XORNADAS DE TRABALLO EN MECÁNICA CELESTE Lalín, 13 de xullo de 2009
http://www.usc.es/congresos/12jtmc/index.html
Congreso científico de carácter anual celebrado este ano no marco do AIA2009.
COMITÉ ORGANIZADOR:
• Manuel Andrade Baliño (Secretario)
• Pedro Pablo Campo Díaz
• José Ángel Docobo Durántez (Coordinador)
COMITÉ CIENTÍFICO:
• José Ángel Docobo Durántez Universidade de Santiago de Compostela
• Antonio Elipe Sánchez (Coordinador) Universidad de Zaragoza
• Mercè Ollé Torner
Universitat Politècnica de Catalunya
• Ana Isabel Pascual Lería Universidad de La Rioja
• Jesús Peláez Álvarez Os participantes nas xornadas xunto á estatua de
Universidad Politécnica de Madrid Ramón María Aller
• Patricia Yanguas Sayas
Universidad Pública de Navarra
Conferenciantes invitados:
• Josep Maria TrigoRodríguez
Institut de Ciències de l'Espai (CSICIEEC), Barcelona
''Identificando os corpos proxenitores de meteoritos: a integración das órbitas de NEOs e JFCs''.
• Daniele Mortari
Department of Aerospace Engineering (Texas A M&University), College Station, Texas
"New advances in the flower constellations".
Número de contribucións orais: 21
Houbo ademais dúas conferencias públicas de divulgación:
"RECORDANDO A D. RAMÓN Mª ALLER NO ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA".
Por: José Ángel Docobo Durántez.
"O QUE CONMEMORAMOS NESTE ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA". Por Iván Fernández Pérez.
Póster das xornadas Fotos da inauguración das xornadas
Actividade financiada polo Ministerio de Educación e Innovación.
As Xornadas, que tiveron lugar no Museo Ramón Mª Aller de Lalín, foron inauguradas polo Excmo.
Vicerreitor Adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Sr. D. Jesús A. Casabiell Pintos, contándose tamén coa presenza da Concelleira de Cultura de Lalín, Sra. Dna. Nuria Rodríguez Carral, do coordinador do Comité científico, Prof. Elipe e de José Ángel Docobo polo Comité Organizador.
16) ASEMBLEA XERAL DA UNIÓN ASTRONÓMICA INTERNACIONAL
Na XXVII Asemblea Xeral da Unión Astronómica
Internacional (IAU) celebrada en Rio de Janeiro (Brasil), José Ángel Docobo foi designado Presidente da Comisión 26 (Estrelas Dobres e Múltiples) para o periodo 200912.
O profesor Docobo fora elixido por votación Vicepresidente en 2006 e de acordo coas normas da IAU ao cabo de tres anos debía acceder á presidencia.
O Dr. Vakhtang Tamazian, membro do OARMA, pasou tamén a ocupar un cargo directivo como membro do Comité
Organizador desta Comisión.
Póster da Asemblea
17) ACTIVIDADES ESTIVAIS EN RIBADEO:
Organizáronse unha serie de actividades xunto co Concello de Ribadeo (Lugo) para recuperar as actividades do Observatorio da Casa da Ría logo das reparacións efectuadas así como poñer en valor o reloxo de Sol horizontal de O Cargadoiro.
Programa:
• Obradoiro sobre reloxos de Sol, 10 e 11 de agosto.
• Curso de iniciación á Astronomía "O Ceo de Ribadeo", do 24 ao 28 de agosto.
• Sesión pública de observación na Praza de España, 29 de agosto.
Director: José Ángel Docobo Durántez
Profesores: Pedro Pablo Campo Díaz, Javier Bao Cebeiro e José Ramón González Romay.
Inauguración do curso de iniciación na casa da Ría Observación das constelacións con planisferio a cargo (Ribadeo), coa presenza do alcalde Fernando Suárez, de José Ramón González Romay e Pedro Pablo Campo do concelleiro Horacio Cupeiro e de José Ángel Docobo
18) MES DA ASTRONOMÍA NA BIBLIOTECA PÚBLICA ÁNXEL CASAL
• 4 de setembro: presentación das actividades a cargo da directora da Biblioteca, Dna. Carina Fernández Faya e polo director do Observatorio Astronómico R. M. Aller, José Ángel Docobo Durántez.
• 11 de setembro: xornada para nenos de 47 anos.
• 18 de setembro: sesión para nenos de 814 anos.
• 25 de setembro: charla aberta e xornada pública de observación.
Director da actividade: José Ángel Docobo Durántez
Profesores: Pedro Pablo Campo Díaz, Laura Arrojo Regueira
Laura Arrojo coas nenas e nenos participantes
Tríptico anunciando a actividade
19) PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS "A CIENCIA HOXE"
Datas: 1012 de setembro de 2009
Membros do Observatorio Astronómico Ramón María Aller tiveron unha participación activa nesta iniciativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, dirixida a profesores de ensino secundario.
Impartíronse os seguintes obradoiros:
• Montaxe e utilización de telescopios (José Ramón González Romay)
• Astronomía na rede (Iván Fernández Pérez)
• Manexo do Planisferio (Pedro Pablo Campo Díaz)
• Recursos didácticos para o ensino da Astronomía (María Brea Mato)
Houbo tamén no OARMA dúas sesións nocturnas de observación a cargo de Pedro Pablo Campo
Díaz, José Ramón González Romay e María Brea Mato.
Finalmente, a conferencia de clausura correu a cargo do profesor José Ángel Docobo, quen falou sobre: Un percorrido pola historia da Astronomía
Póster da actividade
20) PARTICIPACIÓN EN ASTROGALICIA 2009 Pedro Pablo Campo Díaz participou como relator nestas Xornadas falando de telescopios en Maceda (Ourense) Datas: 1820 de setembro.
Póster das xornadas
21) ASOCIACION DE ALTAS CAPACIDADES
A petición desta Sociedade, o Observatorio organizou durante seis sábados, obradoiros sobre: O Observatorio e a súa instrumentación, os obxectos que se poden ver no ceo,
telescopios, uso do planisferio, reloxos de sol, determinación da latitude e observación solar, destinados a mozos de distintas idades.
Datas: 10 e 31 de outubro, 14 e 28 de novembro, 12 e 19 de decembro.
Profesores: María Brea Mato e Pedro Pablo Campo Díaz.
Responsable da actividade: José Ángel Docobo Durántez
Inauguración da actividade
22) HOMENAXE A RAMÓN MARÍA ALLER
Os actos centrais do AIA2009 na USC foron, sen dúbida, os organizados polo profesor Docobo en torno á figura do fundador do Observatorio, Ramón María Aller Ulloa.
Iniciáronse o día 19 de outubro con tres acontecementos destacados. Ás 11 da mañá quedou inaugurada na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela unha dobre exposición que se prolongou ata o 15 de novembro.
A primeira constaba de obxectos persoais, fotos, documentos e publicacións de D. Ramón, provenientes tanto do Observatorio da USC, como das institucións lalinenses: Museo Aller Ulloa e I.E.S. R. M. Aller.
Sobre conmemorativo con selos e carimbo deseñados por J. A. Docobo
A segunda foi unha mostra filatélica de temática astronómica con achegas de importantes
coleccionistas da Coruña (David García), Madrid (José Manuel Grandela), Alacante (José Miguel Esteban) e Palma de Mallorca (Antoni Rigo), para a cal se prepararon sobres e selos
conmemorativos así como un carimbo especial.
Exposición sobre Ramón María Aller Exposición filatélica
Ese mesmo día, ás 17 horas, o reitor da USC, profesor Senén Barro Ameneiro, descubriu unha placa no cemiterio de Donramiro (Lalín) ante a presenza de familiares de D. Ramón, representantes da sociedade civil lalinense e membros da USC.
Placa en honor a R. M. Aller O Reitor da USC descubrindo a placa
Ás 19 horas tivo lugar na aula Aller Ulloa da Facultade de Matemáticas o Acto Académico
presidido polo reitor e no que participaron tamén José Ángel Docobo Durántez (director do Observatorio), Victorio Gutiérrez Aller (sobriño de D. Ramón), Mª Vitoria Otero Espinar (decana da Facultade de Matemáticas) e José Crespo Iglesias (alcalde de Lalín). Ao comezo e ao final do mesmo, un cuarteto do Conservatorio de Musica de Lalín interpretou Negra Sombra e o Himno Galego, respectivamente.
Mesa do Acto Académico
No mesmo marco da Galería Sargadelos tivo lugar o día 5 de novembro a conferencia de José Manuel Grandela Durán, enxeñeiro controlador da NASA: "A investigación da Lúa polo home".
Póster da conferencia J. M. Grandela na súa disertación
Xa o día 10 do devandito mes presentouse o facsímil de OS ENSAIOS EN GALEGO, de Ramón María Aller. Reedición que foi cofinanciada conxuntamente polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e a Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia. Neste acto estiveron presentes, Victorino Gutiérrez Aller, en representación da familia do homenaxeado, Uxío Labarta Fernández, coordinador institucional do CSIC en Galicia, Francisco DíazFierros Viqueira, académico e José Ángel Docobo Durántez, promotor da iniciativa e representante da USC.
Foto do acto de presentación do libro e portada do mesmo
23) CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA
Curso de iniciación á Astronomía: "A descuberta do Universo".
Organizado e impartido por Manuel Andrade Baliño en Lugo do 26 ao 29 de outubro.
Póster do curso e nota de prensa sobre o mesmo
24) ACTIVIDADES ASTRONÓMICAS EN ORDES
Coincidindo coa instalación do planetario viaxeiro da CAIXA nesta vila, foi requirido persoal do OARMA para a realización de actividades complementarias, en particular para os máis novos.
Pedro Pablo Campo desprazouse os días 27, 28 e 29 de outubro para atender a un total de 268 participantes.
25) SEMANA DA CIENCIA 2009:
Responsable da actividade: José Ángel Docobo Durántez
Actividades en colaboración coa Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
Astronomía para nenas e nenos: domingos 8 e 15 de novembro.
Atendidos por Lídia Gónzalez Lorenzo, Alberto Lago Alonso, José Ramón Gónzalez Romay e Josefina Ling.
Visitas guiadas ao Observatorio con programas ad hoc segundo as idades e os participantes, comprendendo presentacións e observacións. Nesta ocasión visitáronnos:
11 de novembro:
16:00 CEIP San Xoan (Becerreá), 32 alumnos.
17:30 CEIP de Arzúa, 67 alumnos.
13 de novembro:
12:00 CEIP Agro do Muiño (Ortoño), 18 alumnos.
13:15 IES Xoán Montes (Lugo), 40 alumnos.
17 de novembro:
10:30 CPI Progreso (Catoira), 60 alumnos.
19 de novembro:
12:00 IES A Lagoa (Ourense), 40 alumnos.
20 de novembro:
10:45 Colexio Peleteiro (Santiago de Compostela), 50 alumnos.
23 de novembro:
11:30 IES Monte (Burela), 50 alumnos.
24 de novembro:
18:30 IES Pontepedriña (Santiago de Compostela), 70 alumnos.
25 de novembro:
10:45 Colexio Peleteiro (Santiago de Compostela), 50 alumnos.
27 de novembro:
18:30 IES Laxeiro (Lalín), 32 alumnos.
30 de novembro:
10:45 IES Fernando Blanco (Cee), 30 alumnos.
Os asistentes foron atendidos por: Pedro Pablo Campo Díaz, María Brea Mato, Alberto Lago Alonso e José Ramón González Romay.
Astronomía itinerante. Esta actividade realízase fóra do Observatorio, usualmente a petición de concellos, asociacións, centros ou diversos colectivos. Nesta Semana da Ciencia, Pedro Pablo Campo desprazouse a: Mazaricos, Santiago, Touro e Láncara.
16 de novembro: CPI a Picota (Mazaricos)
18 de novembro: IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) pola mañá, e Colexio Peleteiro (Santiago de Compostela) pola tarde.
26 de novembro: CPI Fonte Díaz (Touro).
30 de novembro: CPI Ramón Piñeiro (Láncara).
Ofertáronse distintos tipos de actividades: charlas divulgativas, obradoiros de telescopios e proxeccións con planetario virtual.
Curso de iniciación á Astronomía. Tivo lugar no Observatorio do 2 ao 12 de novembro e nel tratáronse diferentes temas de Astronomía, dende o Sistema Solar ata as máis recentes hipóteses cosmolóxicas, incluíndo aqueles temas nos que os participantes tiñan particular interese.
Foi impartido por Pedro Pablo Campo Díaz e María Brea Mato (observacións).
Obradoiro de manexo de telescopios. (Impartido por Pedro Pablo Campo Díaz o 14 de novembro) Os participantes normalmente son persoas que acaban de mercar un telescopio ou teñen intención de facelo e queren sacarlle o máximo proveito.
Comprendeu unha presentación sobre aspectos técnicos, montaxe e práctica así como consellos importantes para o uso correcto do telescopio.
Póster da actividade
26) XORNADA ESTALMATGALICIA
Tendo en conta a celebración do AIA2009, a organización do programa de Estimulación de
Talentos Matemáticos (ESTALMAT), solicitou ao OARMA unha xornada a celebrar na provincia de Lugo, na que se tratase a relación das
Matemáticas coa Astronomía. A proposta do Director do OARMA, a actividade tivo lugar en Ribadeo, na Casa da Ría e no reloxo de Sol.
Día: 14 de novembro
Profesores: José Ángel Docobo e Pedro Pablo Campo
Actividades: Charla sobre a astronomía e a súa relación coas matemáticas (Docobo); charla sobre os obxectos que podemos ver no ceo (Campo);
Obradoiros sobre planisferio e telescopios (Campo) e o reloxo de sol de Ribadeo (Docobo).
Obradoiro de telescopios
27) INTERNATIONAL WORKSHOP ON BINARIES
Os días 10 e 11 de decembro, o OARMA organizou o International Workshop, "Double and
Multiple Stars: Dynamics, Physics and Instrumentation", (http://www.usc.es/astro/ds/ds.html) cunha nutrida participación de especialistas de 15 países, fundamentalmente membros da Comisión 26 da IAU, pero tamén con asistentes de Comisións afíns.
O Comité Científico estivo constituído por: Y. Y. Balega (Rusia), J. A. Docobo (Presidente, España), B. Mason (USA), D. Pourbaix (Bélgica), C. Scarfe (Canadá) e V. Tamazian (España). En tanto que o Comité Local formárono: M. Andrade, P. Campo, J. A. Docobo (Presidente), I.
Fernández, J. F. Ling, e V. Tamazian (Secretario).
Contouse co respaldo do Ministerio de Ciencia e Innovación e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e foi inaugurado polo. Sr. vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, Prof. Dr. D. Juan Manuel Viaño Rey.
Presentación do prof. Docobo Algúns dos participantes no Workshop
Entre os actos sociais cabe destacar o concerto de guitarra, piano e folk que así mesmo fixo de clausura do ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA.
Póster do Workshop e concerto de clausura
28) PROGRAMA DE EXTENSIÓN CULTURAL DE ASTRONOMÍA
Dentro do AIA 2009, tiveron tamén lugar as actividades do xa clásico PECAS correspondentes ás edicións 12 (Curso 200809) e 13 (Curso 200910). Nas dúas contouse cunha asistencia que cubriu sobradamente as 400 prazas ofertadas en cada edición, nas que participan non só estudantes de
todas as carreiras, senón tamén membros do PAS e profesores.
Nesta iniciativa docente valídase 1 crédito de libre configuración ao alumnado que ademais de asistir ás distintas observacións e charlas, pasa unha proba final.
Director do PECAS: José Ángel Docobo Durántez
Profesores: Pedro Pablo Campo Díaz, María Brea Mato, Andrea Rodríguez Lalín e Alberto Lago Alonso.
Entrega de diplomas da 12ª edición, coa presenza da vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo
29) ACTIVIDADES RELACIONADAS CO PROGRAMA: ELA É UNHA ASTRÓNOMA Josefina Ling participou nas seguintes actividades, organizadas coa
colaboración da FECYT:
Membro do grupo ELA É UNHA ASTRÓNOMA, proxecto alicerce do AIA 2009.
Coordinadora do calendario ASTRÓNOMAS QUE FIXERON HISTORIA. Versións dixital e impresa en idiomas castelán, catalán, galego, inglés e italiano.
Comisaría da exposición CON A DE ASTRÓNOMAS xunto con Eulalia Pérez Sedeño. Existe en dous formatos diferentes: unha dixital, de descarga gratuíta, en forma de 13 paneis e 7 caderniños pedagóxicos en arquivos .pdf e outra museística que leva ademais 6 módulos interactivos e reproducións da película "Ágora". Inaugurada o 14 de decembro na Casa da Ciencia de Sevilla.
Calendario
Participación na serie de documentais televisivos MULLERES NAS ESTRELAS. Trátase de 8 capítulos de 20 minutos de duración realizados pola Televisión Educativa da UNED. Foi galardoada cunha mención de honra na edición de 2009 dos premios de Ciencia en Acción.
Participación no estudo sociolóxico: AS MULLERES NA ASTRONOMÍA ESPAÑOLA:
ANÁLISE DUNHA SITUACIÓN SINGULAR.
30) ELABORACIÓN DE MATERIAL DIDÁCTICO
En colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, procedeuse á preparación do seguinte material:
Portal de internet Todocosmos. Trátase de ofertar un novidoso espazo web que satisfaga as necesidades docentes e divulgativas relacionadas coa astronomía a todos os niveis. En principio ofertarase en galego e castelán coa idea de facelo tamén en inglés nunha segunda fase onde se incluirán as correspondentes actualizacións.
Autores: José Ángel Docobo e Pedro Pablo Campo.
Texto en galego sobre cuestións actuais de Astronomía. En 25 apartados preténdese facer chegar dunha forma concisa a ciencia astronómica a todos os públicos aínda que a obra preparada é de utilidade como recurso pedagóxico en diferentes niveis educativos.
Autores: José Ángel Docobo Durántez e Pedro Pablo Campo Díaz.
Libro trilingüe sobre as constelacións máis importantes do noso ceo. Nesta publicación innovadora descríbense en galego, castelán e inglés, as trinta constelacións máis importantes que podemos ver no noso ceo xunto con notas acerca da mitoloxía das mesmas. Inclúense mapas estacionais e un xeral.
Autores: José Ángel Docobo e María Brea.
Portada do libro trilingüe
Planisferio celeste. Instrumento cuxo sinxelo uso convérteo en esencial para a práctica astronómica de todas as idades e públicos.
Autores: José Ángel Docobo e Pedro Pablo Campo.
31) CONFERENCIAS PRONUNCIADAS POR MEMBROS DO OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER EN DISTINTAS LOCALIDADES:
12/02/2009: IES Ramón Mª Aller, Lalín. José Ángel Docobo.
18/02/2009: IES Virxe do Mar, Noia. Pedro Pablo Campo.
19/02/2009: CEIP López Ferreiro, Santiago de Compostela. Josefina Ling.
13/03/2009: CEIP Barouta, Ames. Josefina Ling.
13/03/2009: CEIP Bispo Guerra Campos, Bertamiráns. Josefina Ling.
02/04/2009: IES Coroso, Santa Uxía de Ribeira. Pedro Pablo Campo.
Presentación da conferencia de Docobo no IES Porta da Auga (Ribadeo) por parte do director do
Instituto, Alfonso Piñeiro
02/04/2009: Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas, Santiago de Compostela.
Josefina Ling.
03/04/2009: CEIP de Boimorto. Josefina Ling.
15/04/2009: CEIP López Ferreiro, Santiago de Compostela. Pedro Pablo Campo.
17/04/2009: IES Porta da Auga, Ribadeo. José Ángel Docobo.
04/05/2009: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela. Josefina Ling.
14/05/2009: Colexio Maior Arousa. Santiago de Compostela. José Ángel Docobo.
01/07/2009: Museo Aller Ulloa. Lalín. Iván Fernández.
02/07/2009: Museo Aller Ulloa. Lalín. José Ángel Docobo.
18/11/2009: Colexio Peleteiro, Santiago de Compostela. Pedro Pablo Campo.
19/11/2009: Colexio Peleteiro, Santiago de Compostela. José Ángel Docobo.
20/11/2009: Universidade de Oviedo. Josefina Ling
27/11/2009: Colexio Peleteiro, Santiago de Compostela. Josefina Ling.
32) VISITAS GUIADAS AO OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER:
05/03/2009: Colexio Amor de Dios, Vigo.
11/03/2009: CEIP Felipe de Catro, Noia.
16/03/2009: Ceip SobradoNebraPorto do Son.
26/03/2009: IES virxe do Mar, Noia.
27/03/2009: CEIP López Ferreiro, Santiago de Compostela.
27/03/2009: IES Camilo José Cela, Padrón.
01/04/2009: CEIP López Ferreiro, Santiago de Compostela.
02/04/2009: Grupo de xadrez da Universidade de Santiago de Compostela.
20/04/2009: CPI O Feal, Narón.
22/04/2009: CEP de Ventín.
23/04/2009: Colexio Cluny, Santiago de Compostela.
29/04/2009: CEP de Ventín.
30/04/2009: CRA de Teo.
22/05/2009: IES Campos de San Alberto, Noia.
27/05/2009: IES A Cachada, Boiro.
30/05/2009: Persoal do Museo do Pobo Galego.
01/06/2009: IES A Cachada, Boiro.
03/06/2009: CEIP Oca, A Estrada.
18/06/2009: CEIP O Pumar, Urdilde.
19/06/2009: CEIP Manuel Villar Paraná, A
Estrada. Escolares de visita ao Observatorio
19/06/2009: Asociación ASPAS, Santiago de Compostela.
22/06/2009: CEIP Manuel Villar Paraná, A Estrada.
09/07/2009: Programa ESCIVE, Santiago de Compostela.
21/07/2009: Programa ESCIVE, Santiago de Compostela.
Atendidas por Pedro Pablo Campo e María Brea. Accidentalmente tamén por Alberto Lago e José Ramón González.
33) ASESORAMENTO SOBRE A CONSTELACIÓN DE CAPRICORNIO
No barrio compostelán de Conxo inaugurouse un parque no que a asociación de veciños quixo que unhas estatuas que se ían colocar alí se puxeran de xeito que imitasen a posición das estrelas na constelación de Capricornio, debido á relación tradicional que este barrio ten coa cabra.
J. A. Docobo e M. Brea colaboraron nesta actividade.
34) ACTIVIDADES PARA MAIORES DE CINCUENTA ANOS
No Cuarto Ciclo universitario impartíronse as materias de Iniciación á Astronomía (curso 200809 e 200910) e Astronomía (200910), ambas coordinadas polo profesor José Ángel Docobo.
Na primeira delas, a docencia correspondeu maioritariamente a Raquel Martín Romalde, mentres que na de perfeccionamiento foi María Brea Mato a que levou o peso da mesma.
35) OUTRAS INICIATIVAS
O director do Observatorio deu os primeiros pasos ante a Administración Autonómica para dotar a Galicia dunha lei que protexa o seu ceo da contaminación lumínica e contactou así mesmo co Concello de Santiago de Compostela para a construción dun reloxo de Sol nun parque da cidade.
Finalmente, e como colofón do Ano Internacional da Astronomía queremos destacar o traballo realizado por José Ángel Docobo, Manuel Andrade, Pedro Pablo Campo e José María Madiedo (Universidad de Huelva), sobre o bólido diurno do 2 de novembro de 2009, avistado dende Galicia e Portugal ás 7.09 TUC e que, dado o interese social que espertou tal suceso, mereceu a nosa atención e esforzo.
_______________________________________________
Santiago de Compostela, xaneiro de 2010