• No se han encontrado resultados

Resolución de concesión de axuda

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Resolución de concesión de axuda"

Copied!
11
0
0

Texto completo

(1)

Resolución de concesión de axuda

CONVOCATORIA 2015 DAS AXUDAS ÁS EMPRESAS DO SECTOR TÉXTIL-MODA-CONFECCIÓN PARA A REALIZACIÓN DE ACTUACIÓNS E ESTRATEXIAS DE PROMOCIÓN E INTERNACIONALIZACIÓN EN DESENVOLVEMENTO DO PLAN ESTRATÉXICO DO TÉXTIL, VISIÓN 2020, COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2007- 2013

1. Antecedentes:

Por Resolución do 19 de decembro de 2014 (DOG nº 248, do 29 de decembro) publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013 e procedeuse á súa convocatoria para o exercicio 2015, por trámite anticipado de gasto, en réxime de concorrencia competitiva.

Esta liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 08, actuación 5, polo que a concesión desta axuda supón a aceptación do beneficiario a ser incluído na lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006. Así mesmo, o beneficiario, ademais da obriga de publicidade establecida no artigo 13.6 das bases reguladoras, deberá cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1 apartados 1) e 2) do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009.

Para a avaliación das 44 solicitudes presentadas aplicáronse os seguintes criterios de selección e avaliación de proxectos establecidos nas bases reguladoras da axuda:

a) Execución en 2015 de máis dunha actuación destas bases nos mercados internacionais, ou en España sempre que teñan carácter internacional (segundo calendario de feiras internacionais publicado anualmente pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo), excluídas as actuacións de difusión (apartado 1.1 das bases reguladoras): 30 puntos. Con este criterio trátase de dar máis puntuación a aqueles solicitantes que realizan un esforzo maior de cara ao seu proxecto de internacionalización acudindo a máis dunha feira e realizando polo tanto unha labor de promoción máis intensa.

b) Participación nunha feira internacional, celebrada fóra de España, na que xa se houbese participado durante polo menos unha edición en cada un dos tres anos anteriores, é dicir, 2012, 2013 e 2014: 15 puntos.

c) Realización dunha actividade do tipo das citadas no artigo 1.2.b das bases reguladoras en colaboración con algunha outra empresa solicitante destas axudas: 15 puntos.

d) Esforzo de promoción realizado segundo o tamaño da empresa solicitante: de 10 a 20 puntos. Grandes empresas: 10 puntos, medianas 15 puntos, pequenas 20 puntos microempresas 25 puntos. Para a clasificación das empresas, segundo o seu tamaño, actuarase de acordo coa definición establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento 651/2014, do 17 de xuño (DOUE L 187, do 26 de xuño).

e) Contar cunha páxina web, accesible en inglés, que teña información sobre a empresa, oferta de produtos: 15 puntos.

Unha vez analizados conxuntamente os informes técnicos dos 44 proxectos presentados dentro do prazo establecido,

tendo en conta os anteriores criterios de avaliación e seguindo as dúas fases descritas no artigo 6.3 das bases reguladoras,

e unha vez confeccionada a relación definitiva de puntuacións outorgadas ás solicitudes, a Dirección da Área de

Internacionalización “Galicia@World” do Igape ditou a proposta de resolución correspondente á convocatoria de axudas do

Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e

internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de

(2)

2. Resolvo:

Primeiro.- Aprobar a concesión das subvencións aos 37 beneficiarios que figuran no Anexo I, para os proxectos e polos importes que se citan, con indicación da puntuación alcanzada por cada un deles e que supoñen un total de 521.402,64 euros.

Todas as solicitudes para as que se propón a concesión da subvención cumpren os requisitos establecidos nas correspondentes bases da convocatoria.

Segundo.- Denegar as 6 solicitudes presentadas polos interesados que se sinalan no anexo II polas causas sinaladas no mesmo.

Terceiro.- Arquivar sen máis trámite a solicitude relacionada no anexo III polas causas sinaladas no mesmo.

Cuarto.- Aprobar as condicións particulares para cada beneficiario derivadas das bases da convocatoria de axuda e dos informes técnicos que se establecen en documentos anexos,

Quinto.- Publicar a resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es (apartado “Consulta de resolucións definitivas” http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas), de acordo co establecido no artigo 10.6 das bases reguladoras, que servirá de notificación aos interesados, comezando ao día seguinte ao da publicación os prazos para a aceptación e os recursos. Os interesados poderán descargar a súa notificación individual da parte da resolución que lles afecte introducindo o seu NIF e o código IDE.

3. Recursos:

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Sinatura da resolución:

ÓRGANO EMISOR TITULAR LUGAR DE EMISIÓN DATA

O director xeral do Igape Javier Aguilera Navarro Santiago de Compostela A indicada no pé de

páxina

(3)

ANEXO I

Axudas concedidas

CONVOCATORIA 2015 DAS AXUDAS ÁS EMPRESAS DO SECTOR TÉXTIL-MODA-CONFECCIÓN PARA A REALIZACIÓN DE ACTUACIÓNS E ESTRATEXIAS DE PROMOCIÓN E INTERNACIONALIZACIÓN EN DESENVOLVEMENTO DO PLAN ESTRATÉXICO DO TÉXTIL, VISIÓN 2020, COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2007-2013

Expediente núm. Titular Puntuación Prazo de

execución

Prazo de xustificación

Importe subvencionable

% de

subvención Subvención

IG194.2015.1.17 MINO MORA,S.L. (B36105708) 95,00 30/06/2015 31/07/2015 28.352,86 35,00 9.923,50

IG194.2015.1.44 VIRIATO,S.A. (A15024482) 90,00 30/06/2015 31/07/2015 85.714,29 35,00 30.000,00

IG194.2015.1.1 EDUARDO GUILLÉN, S.L. (B15844806) 85,00 30/06/2015 31/07/2015 23.875,61 40,00 9.550,24

IG194.2015.1.3 CONFECCIONES ESQUIO, S.A. (A15093263) 80,00 30/06/2015 31/07/2015 85.714,29 35,00 30.000,00

IG194.2015.1.5 CONFECCIONES M.R.F., S.A. (A15044852) 80,00 30/06/2015 31/07/2015 11.360,00 35,00 3.976,00

IG194.2015.1.13 OLGA SANTONI,S.L. (B36621969) 80,00 30/06/2015 31/07/2015 56.273,74 35,00 19.695,81

IG194.2015.1.18 STUDIO MASSCOB, S.L. (B15877830) 80,00 30/06/2015 31/07/2015 76.460,60 35,00 26.761,21

(4)

Expediente núm. Titular Puntuación Prazo de execución

Prazo de xustificación

Importe subvencionable

% de

subvención Subvención

IG194.2015.1.34 CREACIONES FOQUE, S.L. (B36621548) 80,00 30/06/2015 31/07/2015 85.714,29 35,00 30.000,00

IG194.2015.1.35 CREACIONES DONA SL. (B36011468) 80,00 30/06/2015 31/07/2015 23.940,45 35,00 8.379,16

IG194.2015.1.10 VICARO CONFECCIÓN, S.L.U. (B70070941) 75,00 30/06/2015 31/07/2015 85.714,29 35,00 30.000,00

IG194.2015.1.27 CREACIONES PAZ RODRIGUEZ, S.L. (B27766708) 75,00 30/06/2015 31/07/2015 85.714,29 35,00 30.000,00

IG194.2015.1.42 FLORENTINO COLECCION, S.L. (B36057933) 75,00 30/06/2015 31/07/2015 85.714,29 35,00 30.000,00

IG194.2015.1.11 ROBERTO VERINO DIFUSIÓN, S.A. (A32005746) 70,00 30/06/2015 31/07/2015 91.541,10 25,00 22.885,28

IG194.2015.1.22 CARMEN VAZQUEZ INDUSTRIA TEXTIL, S.L. (B70366364) 70,00 30/06/2015 31/07/2015 10.498,00 40,00 4.199,20

IG194.2015.1.25 RAMON SANJURJO DESIGN, S.L. (B15882061) 70,00 30/06/2015 31/07/2015 34.662,40 40,00 13.864,96

IG194.2015.1.6 CARMEN MELERO COSTUME,S.L. (B15133093) 65,00 30/06/2015 31/07/2015 19.696,18 35,00 6.893,66

IG194.2015.1.16 PATRICIA AVENDAÑO, S.A. (A36869683) 65,00 30/06/2015 31/07/2015 85.714,29 35,00 30.000,00

(5)

Expediente núm. Titular Puntuación Prazo de execución

Prazo de xustificación

Importe subvencionable

% de

subvención Subvención

IG194.2015.1.23 ROTELPA, S.A. (A36641959) 65,00 30/06/2015 31/07/2015 80.714,92 35,00 28.250,22

IG194.2015.1.33 ARTESANIA GRANLEI, S.L. (B36327658) 65,00 30/06/2015 31/07/2015 7.506,68 35,00 2.627,34

IG194.2015.1.36 ALMACENES MARTÍNEZ, S.L. (B27017235) 65,00 30/06/2015 31/07/2015 11.159,50 35,00 3.905,83

IG194.2015.1.15 KAULI MODA INFANTIL, S. L. (B27751080) 55,00 30/06/2015 31/07/2015 11.423,12 25,00 2.855,78

IG194.2015.1.2 LA ATLÁNTICA CLOTHING, S.L. (B32453839) 40,00 30/06/2015 31/07/2015 5.835,00 40,00 2.334,00

IG194.2015.1.4 MOURIÑO, S.A. (A15231350) 40,00 30/06/2015 31/07/2015 8.813,98 40,00 3.525,59

IG194.2015.1.12 MARGA NOVAS, S.L. UNIPERSONAL (B36809812) 40,00 30/06/2015 31/07/2015 18.243,75 40,00 7.297,50

IG194.2015.1.28 AGUAMARINA NOVA, S.L. (B72200587) 40,00 30/06/2015 31/07/2015 24.518,00 40,00 9.807,20

IG194.2015.1.30 MONICA CORDERA, S.L. (B32426157) 40,00 30/06/2015 31/07/2015 16.976,00 40,00 6.790,40

IG194.2015.1.7 NAFFTA SPORT, S.L. (B36870293) 35,00 30/06/2015 31/07/2015 25.200,00 35,00 8.820,00

(6)

Expediente núm. Titular Puntuación Prazo de execución

Prazo de xustificación

Importe subvencionable

% de

subvención Subvención IG194.2015.1.14 CONFECCIONES HORTENSIA, S.L. (B15068026) 35,00 30/06/2015 31/07/2015 11.027,96 35,00 3.859,79

IG194.2015.1.20 EURO PROSEM, S.L. (B27213875) 35,00 30/06/2015 31/07/2015 12.000,00 35,00 4.200,00

IG194.2015.1.32 SANMAR NIÑOS, S.L (B15908981) 35,00 30/06/2015 31/07/2015 33.397,29 35,00 11.689,05

IG194.2015.1.37 MASLAMAS, S.L. (B15585144) 35,00 30/06/2015 31/07/2015 9.379,59 35,00 3.282,86

IG194.2015.1.39 LADY-BELTY, S.L. (B36655843) 35,00 30/06/2015 31/07/2015 60.820,00 35,00 21.287,00

IG194.2015.1.9 PILI CARRERA,SA (A36016574) 30,00 30/06/2015 31/07/2015 54.935,88 35,00 19.227,56

IG194.2015.1.31 KRACK ZAPATERIAS, S.L. (B36283372) 30,00 30/06/2015 31/07/2015 11.430,00 35,00 4.000,50

IG194.2015.1.21 SOCIEDAD TEXTIL LONIA, S.A. (A32226003) 25,00 30/06/2015 31/07/2015 120.000,00 25,00 30.000,00

IG194.2015.1.43 NOSINVALENTINA, S.L. (B70349733) 25,00 30/06/2015 31/07/2015 8.220,00 40,00 3.288,00

IG194.2015.1.41 INDUSTRIAS LOSAL,S.L. (B27003391) 20,00 30/06/2015 31/07/2015 23.500,00 35,00 8.225,00

(7)

TOTAL:

521.402,64

(8)

ANEXO II

Axudas denegadas

CONVOCATORIA 2015 DAS AXUDAS ÁS EMPRESAS DO SECTOR TÉXTIL-MODA-CONFECCIÓN PARA A REALIZACIÓN DE ACTUACIÓNS E ESTRATEXIAS DE PROMOCIÓN E INTERNACIONALIZACIÓN EN DESENVOLVEMENTO DO PLAN ESTRATÉXICO DO TÉXTIL, VISIÓN 2020, COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2007-2013

Expediente núm. Titular Motivo de denegación

IG194.2015.1.8 MARIAL COSTURA, S.L. (B94078813) Unha vez avaliado o proxecto, detráense os importes relativos as actuacións executadas en setembro do 2014 xa que segundo estas bases, en relación ao ano 2014, só "son subvencionables aquelas actuacións do punto 1.2 do artigo 1º executadas no exercicio 2014, sempre que a data de execución sexa posterior ao 31 de outubro de 2014".

Como consecuencia da detración realizada quedaría un gasto subvencionable de 4.031 Euros polo que, cumprindo co artigo 1.4 destas bases reguladoras, non se pode conceder nin liquidar axuda para o proxecto presentado.

IG194.2015.1.19 CARMEN REY, S.L. (B36128262) O solicitante indica no cuestionario que o proxecto consiste na compra de tecido para a elaboración dos mostruarios para a venda dos produtos. Porén, segundo o artigo 1 destas bases reguladoras, os proxectos obxecto de apoio consisten en actuacións de difusión (mediante a elaboración de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan información da empresa beneficiaria así como campañas ou insercións en prensa, revistas, internet e valos publicitarios) ou actuacións de promoción (participación en ferias, desfiles e outros eventos expositivos sectoriais de carácter profesional que teñan lugar fóra da Comunidade Autónoma de Galicia ou eventos promocionais realizados fóra de España). Polo conseguinte, o proxecto presentado por CARMEN REY, S.L. non é subvencionable.

IG194.2015.1.24 FASHION SHOW, S.L. (B36939585) No cuestionario de solicitude, o solicitante indica que figura dada de alta na agrupación 6512 do IAE (COMERCIO AL POR MENOR DE TODA CLASE DE PRENDAS PARA EL VESTIDO Y TOCADO) e 4751 do CNAE 2009 (COMERCIO A RETALLO DE

TÉXTILES EN ESTABLECEMENTOS ESPECIALIZADOS). Porén, estas bases, no artigo 4.1 establecen que: "Podérán ser

beneficiarios, sen prexuízo de reunir os demáis requisitos establecidos nestas bases, as sociedades mercantís ou outras

sociedades con obxecto empresarial..., que fiquren dadas de alta nas agrupacións 43,44 e/ou 45 do imposto de actividades

económicas ou no grupo 613, en Galicia. Polo conseguinte, o solicitante non pode ser beneficiario desta axuda.

(9)

Expediente núm. Titular Motivo de denegación IG194.2015.1.26 ADOLFO DOMINGUEZ, S.A.

(A32104226)

Incumprimento do artigo 4.3 destas bases reguladoras no que se indica que "Non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121,do 25 de xuño)".

Con data do 13/03/2015 publícase no D.O.G. a relación dos solicitantes da axuda que deben ser obxecto de emenda. No caso de ADOLFO DOMINGUEZ, S.A., faise o seguinte requirimento:

“Segundo a información telemática facilitada ao IGAPE, mediante certificación da AEAT con data do 01/10/2014, figura que o solicitante non ten débedas con este organismo. Porén, dito certificado ten unha validade de 6 meses, ata o 02/04/2015.

Co fin de evitar que unha posible modificación das circunstancias relativas á situación do solicitante coa AEAT poida afectar ao sentido da resolución de concesión, agradeceríamoslle que presentase unha certificación actualizada onde conste que o solicitante se atopa ao corrente do cumprimento das suas obrigas ou non ten débedas con este organismo”

En resposta ao requirimento feito, o 25/03/2015 o beneficiario non presenta unha certificación actualizada de non ter débedas coa AEAT senon que presenta un certificado positivo pero con data do 22/01/2015. Consecuentemente, no momento de tramitar o expediente, o Igape dispón dunha información telemática actualizada cunha certificación con data do 07/04/2015 na que se indica que o beneficiario novamente ten débedas coa AEAT.

Polo conseguinte, á hora de facer a proposta de resolución o beneficiario non cumpre co artigo 4.3 destas bases reguladoras e non pode ser beneficiario desta axuda. Concretamente, e tal e como indica o artigo 10.2.e) da Lei 9/2007 referida no artigo 4.3 destas bases, non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades nas que concorra a seguinte circunstancia: non acharse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos que regulamentariamente se determinen.

IG194.2015.1.29 NISVENTEX, SLU (B27799402) Segundo o artigo 4.2 destas bases reguladoras, os solicitantes que non teñan experiencia exportadora previa terán que dispor dun diagnóstico positivo do potencial de internacionalización da empresa realizado a través de programas de Igape a partir de 2012.

Unha vez publicado o requerimento, no D.O.G do 13/03/2015, solicitando o referido diangóstico, NISVENTEX, S.L.U non presenta

ningún diagnóstico positivo do potencíal de internacionalización polo que non pode ser beneficiario desta axuda.

(10)

Expediente núm. Titular Motivo de denegación IG194.2015.1.40 BORDA Y MAS COMPLEMENTOS

INFANTILES, S.L. (B27773530)

O orzamento do proxecto presentado polo solicitante é de 1.716 Euros. Segundo o artigo 1.4 das bases reguladoras das axudas do

Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección 2015: "Non se concederá nin liquidará axuda a aqueles proxectos que, unha

vez avaliados, presenten un gasto subvencionable inferior a 5.700 Euros (8.000 Euros no caso de grandes empresas). Polo

conseguinte, o proxecto presentado por BORDA Y MAS COMPLEMENTOS INFANTILES, S.L. non é subvencionable.

(11)

ANEXO III

Solicitudes arquivadas

CONVOCATORIA 2015 DAS AXUDAS ÁS EMPRESAS DO SECTOR TÉXTIL-MODA-CONFECCIÓN PARA A REALIZACIÓN DE ACTUACIÓNS E ESTRATEXIAS DE PROMOCIÓN E INTERNACIONALIZACIÓN EN DESENVOLVEMENTO DO PLAN ESTRATÉXICO DO TÉXTIL, VISIÓN 2020, COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2007-2013

Expediente núm. Titular Motivo de arquivo

IG194.2015.1.38 MAKARI, S.A. (A36639813) ARQUIVO POR NON APORTAR DOCUMENTACIÓN

Referencias

Documento similar

Y ello por cuanto a que de dicho relato fáctico se concluye que si el procedimiento anterior a la presente demanda lo era por despido y en el actual por reclamación de cantidad ,

est& en posesión del título superior viene prestando servicios para la Universidad de Santiago de Compostela con antigüedad de 2—11—1998 con la categoría profesional de

SEGUNDO.- la demandante reclama a la demandada la cantidad de 10.678,57 euros en función de las diferencias salariales con la categoría realmente ejercida, conforme al

PRIMERO.- Frente a la sentencia de instancia que estima la demanda interpuesta por la parte actora en reclamación del carácter indefinido de la relación laboral y

En el caso de autos, la actora acredita la existencia de la relación laboral, la categoría y grupo profesional, antigüedad y salario que debió percibir, así como el convenio

QUINTO.— Con base en lo expuesto en los anteriores fundamentos, procede la estimación íntegra de la demanda, declarando el derecho del actor a percibir en concepto de antigüedad

1 º) La actora ostenta la titulación de Especialista Laboratorio de Análisis Clínicos, y en fecha 1 de abril de 2002 es contratada por la Universidad a tiempo

l.- La parte demandante viene prestando servicios para la UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, con la categoría profesional de técnico especialista en