• No se han encontrado resultados

Curso monográfico de latín 2

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Curso monográfico de latín 2"

Copied!
10
0
0

Texto completo

(1)

 

Curso monográfico de latín 2

 

Manuel E. Vázquez Buján

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

 

2019/2020

 

 

FACULTADE DE FILOLOXÍA

DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA CLÁSICA, FRANCESA E ITALIANA

(2)

                                         

FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA CLÁSICA, FRANCESA E ITALIANA 

AUTOR: Manuel E. Vázquez Buján Edición electrónica. 2019 

ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito do autor. 

(3)

I. DATOS DA MATERIA

NOME : Curso monográfico de latín 2 (código G5071442)

TIPO: Materia optativa específica do grao en Filoloxía Clásica (4º curso) CRÉDITOS ECTS: 6

CUADRIMESTRE: Primeiro

DURACIÓN E HORARIO: 3 horas por semana, os martes de 11 a 12 e os mércores de 12 a 14 n0 seminario D01.

DESCRITOR: Estudo de textos latinos correspondentes ás variantes máis representativas desde o punto de vista diastrático e diacrónico.

SENTIDO NO CADRO DE ESTUDOS: Partindo do suposto de que o curriculum de Textos latinos que seguen os estudantes nas materias obrigatorias está centrado nas modalidades estándar do latín desde o punto de vista diacrónico —arcaico, clásico e posclásico—, este curso monográfico está destinado a ofrecerlles unha visión panorámica da variante máis relevante do latín desde o punto de vista diastrático, o chamado Latín vulgar, e das dúas fases que, desde a perspectiva diacrónica, seguen ao Latín posclásico, o Latín tardío e o Latín da Idade Media.

II. DATOS DO PROFESOR

NOME: Manuel Enrique VÁZQUEZ BUJÁN (manuele.vazquez.bujan@usc.es) DEPARTAMENTO: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana (área de Filoloxía Latina) DESPACHOS: 425 da Facultade de Filoloxía

HORARIO DE TITORÍAS:

Martes de 9,30 a 10,30; mércores e xoves de 9:30 a 12 horas, no despacho 425 da Facultade de Filoloxía

LINGUAS NAS QUE SE IMPARTE: Galego e español

III. OBXECTIVOS

(a) Acadar un coñecemento avanzado dos problemas históricos e conceptuais que presentan as latinidades vulgar, tardía e medieval.

(b) Adquirir un dominio fluído dos mecanismos lingüísticos característicos dos textos do latín vulgar, tardío e medieval.

(4)

(c) Familiarizarse coas peculiaridades lexicográficas dos textos do latín vulgar, tardío e medieval, especialmente no que atinxe ás diferenzas cos estadios anteriores do latín.

IV. COMPETENCIAS

(a) Capacidade metodolóxica para a comprensión directa de textos do latín vulgar, tardío e medieval.

(b) Competencia para o manexo da gramática e do léxico dos textos das variantes do latín abordadas na materia, así como das peculiaridades da súa descrición.

(c) Capacidade de caracterización dos textos en función da súa diversidade cronolóxica e xeográfica.

(d) Habilidade na utilización dos instrumentos filolóxicos: léxicos e diccionarios, bases de datos, estudos históricos e gramaticais.

V. CONTIDOS A) Contidos teóricos:

Discusión dos problemas de tipo conceptual das tres “latinidades” que, con criterios diastráticos e diacrónicos, abarca a materia, segundo o seguinte esquema:

(1) O concepto de «Latín vulgar» e a súa historia. Tipos de fontes.

(2) Grandes liñas dos cambios fonéticos e morfolóxicos. Orde de palabras. O léxico.

Diferenciacións locais do latín.

(3) Movementos históricos que marcan o desenvolvemento do Latín tardío e medieval:

as vagas de invasións bárbaras, o chamado Renacemento carolinxio e o do século XII.

(4) Latín tardío e latín medieval como conceptos cronolóxicos e/ou lingüísticos.

Elementos que interveñen na súa configuración: latín “vulgar”, latín dos cristiáns, elementos gregos e románicos.

(5) Escolas e erudición. Lingua formular e lingua viva. Diversidade no Latín medieval.

(6) O latín da Península Ibérica. Rasgos peculiares. Momentos cronolóxicos.

B) Traballo práctico:

Lectura e comentario dos textos que de seguido se indican:

(1) Exeria, Itinerarium (selecta) (b) Historia Compostellana (selecta)

(5)

(c) Martiño de Dumio, De correctione rusticorum (selecta)

(d) Outros textos poderán ser propostos en función do desenvolvemento do curso, especialmente textos representativos das variación locais e cronolóxicas no paso do latín tardío ao latín medieval.

VI. BIBLIOGRAFÍA

En función da diversidade das perspectivas interesadas, resulta imposible recoller unha

“bibliografía” convencional; irase facilitando progresivamente na clase. Con todo, e de xeito resumido, débense consultar as obras seguintes:

A) Edicións e traducións dos textos propostos para o traballo na clase:

Égérie, Journal de voyage. Introduction, texte critique, traduction, notes, index et cartes par Pierre Maraval. / Valérius du Bierzo, Lettre sur la Bienheureuse Egérie.

Introduction, texte et traduction par Manuel C. Díaz y Díaz, Paris, 1982 Itinerario de la Virgen Egeria (381-384), por A. Arce, Madrid, 1980.

Exeria, Viaxe a Terra Santa. Traducción, introducción e notas de X. E. López Pereira, Vigo, 1991.

Historia Compostellana, ed. E. Falque, Turnholti, 1988 (CC-CM 70).

Historia Compostelana. Introducción, traducción, notas e índices de E. Falque, Madrid, 1994.

Martini episcopi bracarensis opera omnia, ed. C. W. Barlow, New Haven, 1950.

J. E. López Pereira, Cultura, relixión e supersticións na Galicia sueva: Martiño de Braga «De correctione rusticorum», A Coruña, 1996.

B) Antoloxías:

M. C. Díaz y Díaz, Antología del latín vulgar, Madrid, 1962.

A. Fontán-A. Moure Casas, Antología del latín medieval, Madrid, 1987.

C) Estudos:

J. N. Adams, The Regional Diversification of Latin 200 BC-AD 600, Cambridge, 2007.

J. Bastardas Parera, “El latín de la península ibérica, 4: El latín medieval”, Enciclopedia lingüística hispánica, I, Madrid, 1959, p. 251-290.

M. Banniard, Viva voce. Communication écrite et communication orale du IVe au IXe siècle en Occident latin, Paris, 1992.

(6)

M. C. Díaz y Díaz, “El latín de la península ibérica, 1: Rasgos lingüísticos; 3:

Dialectalismos”, Enciclopedia lingüística hispánica, I, Madrid, 1959, p. 153-197;

237-250.

M. C. Díaz y Díaz, “El cultivo del latín en el siglo X”, Anuario de Estudios Filológicos, 4, 1981, p. 71-81.

M. C. Díaz y Díaz, “El latín de España en el siglo VII: Lengua y escritura según los textos documentales”, Le septième siècle. Changements et continuités. Actes du Colloque bilatéral franco-britannique tenu au Warburg Institut les 8-9 juillet 1988, ed. J. Fontaine-J. N. Hillgarth, London, 1992, p. 25-40.

M. C. Díaz y Díaz, “La transición del latín al romance en perspectiva hispana”, La transizione dal latino alle lingue romanze. Atti della Tavola Rotonda di Lingüística Storica. Università Ca’ Foscari di Venezia, 14-15 giugno 1996, a cura di J. Herman, Tübingen, 1998, p. 155-172.

J. Gil, “El latín tardío y medieval (siglos VI-XIII”, R. Cano (coord.), Historia de la lengua española, Barcelona, 2004, p. 149-182.

F. González Muñoz, Latinidad mozárabe, A Coruña, 1996.

M. Goullet-M. Parisse (eds.), Les Historiens et le latin médiéval. Colloque tenu à la Sorbonne les 9, 10 et 11 septembre 1999, Paris, 2001.

J. Herman, El latín vulgar. Edición española reelaborada y ampliada por C. Arias Abellán, Barcelona, 1997.

E. Löfstedt, Late Latin, Oslo, 1959 (trad. italiana: Il latino tardo, Brescia, 1980).

F. A. C. Mantello-A. G. Rigg (eds.), Medieval Latin. An Introduction and Bibliographical Guide, Washington, 1996.

Ch. Mohrmann, Études sur le latin des chrétiens, vol. I-IV, Roma, 1961-1977.

D. Norberg, Manuel pratique de latin médiéval, Paris, 1968.

P. Stotz, Handbuch zur lateinischen Sprache des Mittelalters, Bd.2: Bedeutungswandel und Wortbildung -- Bd.3: Lautlehre -- Bd.4: Formenlehre, Syntax und Stilistik, München, 1996-1998.

V. Väänänen, Introducción al latín vulgar, Madrid, 1975 (edición orixinal francesa, Paris, 1967)

V. Väänänen, “Le problème de la diversification du latin”, Aufstieg und Niedergang der Römischen Welt, II Principat 29, herausgeben von W. Haase, Berlin-New York, 1983.

(7)

V. Väänänen, Le journal-épître d'Égérie (Itinerarium Egeriae). Étude linguistique, Helsinki, 1987.

I. Velázquez Soriano, Las pizarras visigodas (Entre el latín y su disgregación. La lengua hablada en Hispania, siglos VI-VIII), Real Academia Española, Instituto de la Lengua castellano y leonés, 2004.

R. Wright, Latín tardío y romance temprano en España y la Francia carolingia, Madrid, 1989 (versión original inglesa, Liverpool, 1982).

VII. METODOLOXÍA DA ENSINANZA:

A actividade presencial incluirá os seguintes apartados:

(a) Explicación por parte do Profesor dos temas propostos no apartado V.A.

(b) Lectura de textos escollidos para ilustrar as peculiaridades de cada variante do latín.

No traballo sobre os textos, prestarase atención aos procedementos da súa configuración sobre a base da gramática, das fórmulas, da erudición ou de calquera outro elemento.

(c) Nas horas de titoría, que se planificarán ao longo do semestre, os alumnos traballarán na técnica de preparación e codificación de traballos. Tamén se prestará atención á utilización de instrumentos lexicográficos e de bibliotecas virtuais.

Na actividade dirixida non presencial, o profesor tutelará a elaboración dun traballo de aplicación práctica dos coñecementos a un texto libremente elixido por cada estudante.

Utilizarase o Campus Virtual da USC para a presentación de materiais e contidos, e para a realización dalgunhas actividades.

VIII. SISTEMA DE AVALIACIÓN:

Nas dúas oportunidades oficiais, os criterios de avaliación serán os seguintes:

(a) O 50% da cualificación corresponderá á asistencia e participación activa nas clases presenciais e nas actividades delas derivadas. Tomarase en consideración a regularidade da asistencia e as intervencións mediante preguntas e comentarios, así como a preparación dos textos utilizados na aula.

(b) O traballo persoal realizado sobre un texto representará o 50%. Este traballo deberá ter unha estruturación formal adecuada e terá por obxecto a aplicación a un texto de latín tardío ou medieval das competencias contempladas no apartado IV.

(8)

N. B.: Os alumnos que, por calquera razón, teñan dispensa de asistencia, someteranse a unha proba final, que permitirá acadar o 100% da cualificación e que terá dúas partes: (a) Unha pregunta relacionada cos temas teóricos, que se valorará como o 40%; (b) Exame de verificación da comprensión de textos de calquera das tres variantes do latín que abrangue o curso. Asemade, deberán identificar sobre o texto obxecto da proba a súa capacidade de recoñecemento das especificidades que caracterizan o texto proposto; esta parte valorarase ata o 60%.

IX. DISTRIBUCIÓN DO TRABALLO

Segundo o sistema de computo establecido, os alumnos dedicarán a esta materia de 6 créditos ECTS un tempo total de 150 horas, coa distribución que a seguir se indica:

Actividades Horas presenciais

Horas de TD non presencial

Horas de Traballo autónomo

Total

Clases expositivas 26 0 49 75

Clases interactivas 16 15 29 60

Titorías en grupo 3 0 0 3

Proba de avaliación 3 9 0 12

Total 48 24 78 150

X. CALENDARIO APROXIMADO DE ACTIVIDADES PRESENCIAIS

CLAVE DOS TIPOS DE ACTIVIDADE: CE = Clase expositiva; CI = Clase interactiva; S = Seminario; PA = Proba de avaliación

SETEMBRO 2019 (9 horas)

ACTIVIDADE Nº DE HORAS E

TIPO

Presentación da materia e exposición de temas teóricos sobre Latín vulgar (V.A.1-2)

4 CE

Traballo interactivo sobre o texto da Peregrinación de 4 CI

(9)

Exeria.

Exposición de temas teóricos sobre Latín tardío (V.A.2- 3)

1 CE

OUTUBRO 2019 (15 horas)

ACTIVIDADE Nº DE HORAS E TIPO

Exposición de temas teóricos sobre Latín tardío (V.A.2-3) e traballo interactivo sobre o texto da Peregrinación de Exeria

7 CE + 4 CI

Exposición de temas teóricos sobre Latín tardío (V.A.2-3) e traballo interactivo sobre textos representativos das

variacións locais e cronolóxicas do latín 2 CE + 2 CI

NOVEMBRO 2019 (12 horas)

Exposición de temas teóricos sobre Latín medieval (V.A.3-5) e traballo interactivo sobre o texto da Historia Compostellana

8 CE + 4 CI

DECEMBRO 2019 (6 horas)

ACTIVIDADE Nº DE HORAS E

TIPO

Presentación do tema teórico V. A. 6 2 CE

Traballo expositivo e interactivo sobre textos de Martiño de Dumio

2 CE + 2 CI

(10)

XANEIRO 2020 (3 horas)

ACTIVIDADE Nº DE HORAS E

TIPO

Proba de avaliación 3 - PA

Nota: ao longo do semestre académico planificarase a realización das titorías (3 horas), que terán por finalidade introducir aos alumnos no manexo de materiais instrumentais, tanto de biblioteca tradicional como de bibliotecas electrónicas, así como orientalos nalgunha disciplina complementario dos estudos lingüísticos.

 

Referencias

Documento similar

Se incluye el promedio ponderado por los créditos del porcentaje de alumnos que superan las diferentes materias en cada curso del grado y curso académico.. La

En el caso de autos, la actora acredita la existencia de la relación laboral, la categoría y grupo profesional, antigüedad y salario que debió percibir, así como el convenio

3.. Se prorroga el contrato de la actora para la actividad de Investigación Realización do Programa de Investigación histórica sobre a represión en Galicia “As victimas, os nomes,

l.- La parte demandante viene prestando servicios para la UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, con la categoría profesional de técnico especialista en

DE JUSTICIA 1) La sentencia del Juzgado de 20/12/2013, estimó parcialmente la demanda de la trabajadora y declaró la improcedencia del despido, con condena a la

Este trabajo pretende aproximar el cálculo d e la infiltración d e lluvia útil me- diante la aplicación del método de Thornthwaite utilizando datos d e temperatura

Alén disto, segundo deixa ver a formulación do programa da materia, esta materia de segundo curso está conectada con calquera outra dos graos impartidos nas

No ámbito aplicado podemos destacar o de Torres Delgado (2010), onde se utiliza un sistema de indicadores de sostibilidade a catro munici- pios que se caracterizan por