Resumo.Se na anterior Miscelánea ofreciamos un estudo divulgativo e interpre-tativo do camiño de peregrinos a Santiago, hoxe non recoñecido de maneira oficial, que, procedente de Portugal, vía A Cañiza, pasaba pola vila da Estrada e o seu con-cello, hoxe facemos o mesmo co Camiño do Sudeste, ruta xacobea oficial que, des-pois de deixar atrás o concello de Silleda, fai un breve pero substancioso percorrido polo extremo nordeste do concello estradense, para despois pasar ao concello coruñés de Vedra.
Abstract.The previous Miscelánea provided an informative and interpretative study about the pilgrims’ way to Santiago de Compostela, not officially recognized today, which came from Portugal, through A Cañiza, and went past A Estrada. Now we do the same with the Southeastern Way, an official pilgrimage route which, after leaving Silleda behind, makes a brief but substantive look at the Northeast end of A Estrada, and then go to Vedra city council in A Coruña.
Como comentamos na anterior Miscelánea, á parte do camiño de
peregrinos, na actualidade non oficial, que procedente de Portugal,
vía A Cañiza, pasaba polo concello da Estrada, tamén pasa por este
termo municipal, aínda que sexa tanxencialmente, o chamado
Camiño do Sudeste ou prolongación galega da Vía da Prata, que
antes de entrar en territorio estradense, pasa, un pouco antes da
Bandeira, pola aldea de Chapa, no limítrofe concello de Silleda,
lugar onde está documentada a antiga existencia dun pequeno
hos-pital de peregrinos citado como tal no Catastro del Marqués de la
Ensenada (s. XVIII), que estaba baixo a advocación xacobea de
Nosa Señora da Consolación (Rodríguez, 2010, G. E. C. S.,voz
Chapa, A, t. 5: 51), haxiónimo que, como vimos no artigo anterior,
se repite na parroquia de Santiago de Tabeirós, no devandito
cami-ño de peregrinos, o cal, procedente do norte de Portugal, atravesaba
o concello estradense e a súa capital.
Volvendo ao Camiño do Sudeste ou prolongación da Vía da
Prata, este, despois de abandonar o concello de Silleda pola parro-Fernando Cabeza Quiles
quia de San Xiao (como
veremos outra advocación
xacobea) de Piñeiro, métese
actualmente no concello da
Estrada pola localidade de
Besteiros, pertencente á
parroquia de Orazo, aínda
que en antigo tempo o
Ca-miño do Sudeste, chamemos
histórico, puido pasar pola
localidade, próxima á de
Besteiros, de Castrovite, se
temos en conta que o castro
protohistórico de Castrovite
foi cristianizado coa ermida
de Santa Mariña,
advoca-ción xacobea que atopamos
noutros camiños de
peregri-nos, caso de, tamén no
cami-ño de peregrinos do Sudeste,
pero na provincia de
Ou-rense, Santa Mariña de
Au-gas Santas, no concello de
Allariz, e da parroquia de
Santa Mariña de Xinzo de Limia, no concello ourensán do mesmo
nome (Cabeza Quiles,A toponimia e a haxionimia…).
De volta ao trazado do Camiño do Sudeste na aldea estradense
de Besteiros, este camiño de peregrinos vólvese internar no
conce-llo de Silleda pasando ao pé da magnífica igrexa románica de San
Martiño de Dornelas, haxiónimo que tampouco é produto da
casua-lidade, xa que o santo Martiño de Tours (non san Martiño de
Dumio), que na Idade Media foi o santo máis popular de Francia, é
unha advocación de inspiración e creación francesa moi presente
nos camiños de peregrinos a Santiago, caso, tamén no camiño de
peregrinos do Sudeste, e todos na provincia de Ourense, da
parro-quia de San Martiño da Gudiña, de San Martiño de Rebordondo, no
Sinalización xacobea coa pertinente vieira no lugar estradense de Besteiros.
Peregrinos perante a magnífica portada románica da igrexa de San Martiño de Dornelas.
A ábsida románica, non menos magnífica, da devandita igrexa de San Martiño de Dornelas.
concello de Cualedro, de San Martiño de Abavides, no de
Tras-mirás, de San Martiño de Veigas de Campa, no de Vilariño de Conso
e o san Martiño, o patrón da cidade de Ourense; lugares nos que,
xunto ao san Martiño da parroquia de Dornelas, a presenza de
maneira continuada e repetida desta advocación non nos parece
casual, pois debe obedecer a unha antiga estratexia xacobea
perfec-tamente planificada, que se repite no Camiño Francés, caso de San
Martín de Atapuerca (Burgos), San Martín de Frómista (Palencia)
ou de San Martín del Camino, topónimo viario e xacobeo situado
antes de chegar á localidade leonesa de Hospital de Órbigo (Cabeza
Quiles,A toponimia e a haxionimia…).
A nosa sospeita de que a presenza repetida e continuada da
advo-cación de san Martiño de Tours nos camiños de peregrinos non sexa
casual e obedeza a un plan preestablecido vémola confirmada a
libroLos caminos medievales
de Galicia, escribe: “El culto a
San Martín de Tours, otro
santo [xunto con san Xulián
ou Xiao, etc.] de los caminos
[nós diriamos dos camiños de
peregrinos], fue también
difundido por los peregrinos
desde Francia” (Ferreira
Priegue, 1988: 34).
Despois da igrexa de San
Martiño de Dornelas, cuxo
haxiónimo san Martiño debe ser moi antigo, en consonancia co
fer-moso templo románico ao que dá nome, o camiño de peregrinos do
Sudeste ou prolongación galega da Vía da Prata, asfaltado nesta
parte do seu percorrido, pasa polo lugar chamado O Portiño, onda o
palco da música e abandona a devandita parroquia de Dornelas, para
volverse internar no concello da Estrada, pasando a rentes do lugar
de Penaporrín, no extremo norte da parroquia estradense de Santa
María de Loimil. Despois deste lugar e a carón da N-525 o actual
zado do Camiño do Sudeste volve ser de terra e atravesa un gran
tra-xecto de sombra, percorrendo, case na fronteira da parroquia
estra-dense de Loimil co limítrofe concello de Silleda, zonas arboradas
principalmente de carballos para chegar ao lugar da Carballeira,
aldea estradense que xa pertence á parroquia de San Miguel de
Castro. Neste punto o actual trazado do camiño de peregrinos cruza
a estrada CP-2017, que une a localidade da Estrada coa de Ponte
Ledesma. Dende A Carballeira, cuxo topónimo aínda fai cumprida
referencia aos moitos carballos que alegran esta parte do camiño,
este volve ser de asfalto –condición que non abandonará ata a saída
da Ponte Ulla– e axiña chega ao lugar chamado O Seixo, aldea na
que, por iniciativa da Asociación de Mulleres Rurais de Castro, os
peregrinos poden selar as súas credenciais xacobeas; documento que
levan os romeiros que fan o camiño a pé, da cabalo ou en bicicleta,
para xustificar o seu percorrido co fin de obter, ao chegaren á
cate-dral de Santiago, a chamada Compostela; especie de diploma que se
entrega na Oficina do Peregrino, se
o portador da devandita credencial
xustifica, mediante os selados
perti-nentes conseguidos ao longo de
varios etapas do camiño, ter feito
polo menos os 100 últimos
quiló-metros do Camiño en caso dos
pere-grinos que se desprazaron a pé e da
cabalo; sendo requiridos 200
quiló-metros para os peregrinos que
che-gan a Santiago en bicicleta.
Operación de selado que se pode
facer nunha taberna do lugar do
Seixo. A carón deste
establecemen-to érguese a Capela das Angustias,
que foi trasladada pedra a pedra no
ano 1880 dende o contiguo lugar da
Alberguería; emprazamento onde,
segundo tradicións orais que
puide-mos recoller, durmían os antigos
peregrinos do Camiño do Sudeste,
antes do traslado da devandita capela, que entón estaba baixo a
advocación de Santiago, para o lugar do Seixo; ermida xacobea que
cambiou a súa advocación de Santiago pola actual das Angustias
cremos que desacertadamente, pois, co cambio de advocacións,
des-naturalizouse o carácter xacobeo do Camiño do Sudeste neste punto
da parroquia estradense de San Miguel de Castro; carácter que se
podería recuperar restituíndo o orixinal e xenuíno título de Santiago
–frecuentísimo nos camiños de peregrinos por razóns obvias– para a
citada ermida, que volvería a ser a Capela de Santiago.
Despois do lugar do Seixo e a súa ermida das Angustias, que foi
de Santiago cando estaba no contiguo lugar da Alberguería,
topóni-mo tamén topóni-moi frecuente nos camiños xacobeos por razóns
igual-mente evidentes, pasamos polo Cotiño e Castro, lugar onde hai, á
beira esquerda do camiño, un manancial, chamado A Fonte dos
Carballiños; acuífero recentemente recuperado que serve e/ou
ría en antigo tempo como
lugar de augada e refresco
para os peregrinos e
descen-demos cara ao río Ulla,
aban-donando a parroquia
estra-dense de San Miguel de
Castro para entrar na
parro-quia da Ponte Ulla e pasar
polo lugar de Noveledo, xa no
concello coruñés de Vedra.
Un pouco máis adiante o
actual trazado do Camiño do
Sudeste deixa á dereita e ás costas a ermida e a fonte de Nosa señora de
Gundían, situada, como o devandito lugar de Noveledo, nunha
peque-na cuña territorial do concello coruñés de Vedra, emprazada, contra
toda lóxica territorial, na ribeira sur do río Ulla.
A relación da ermida de Gundián co camiño de peregrinos
des-préndese do feito de pertencer nas súas orixes este pequeno
santua-rio mariano ao desaparecido mosteiro de San Xoán da Cova, o cal,
situado na ourela oposta do Ulla e destruído por unha grande
enchente do río no ano 1571, debeu servir, xunto co tamén
desapa-recido de San Sebastián, no Pico Sacro, como albergue de
peregri-nos, segundo comentaremos tamén cando pasemos pola contigua
localidade da Ponte Ulla. Sobre a devandita pertenza da ermida ao
mosteiro de San Xoán da Cova recollemos do profesor Juan
Fernández Casal que: “Durante a vida activa deste mosteiro os
mon-xes construíron na outra banda do río unha capeliña dedicada á
Virxe coa advocación de “Virxe de Gundián”. Atendían a capela a
través dunha ponte feita con vigas de catorce metros de largo e
cons-truída precisamente no mismo lugar que agora ocupa a ponte do tren
[trátase da xa “antiga” ponte construída nos anos 50 do século
pasa-do]” ( Fernández Casal, 2003: 127).
Un pouco despois da ermida Gundián, estamos no extremo norte
da parroquia estradense de Arnois e aprestámonos a cruzar a ponte
vella da Ponte Ulla para chegármonos á localidade do mesmo nome
e volver entrar no concello coruñés de Vedra, mais, antes de cruzar o
río Ulla reparamos, cos pés aínda no concello da Estrada, no
topóni-mo A Calzada, pertencente á devandita parroquia de San Xiao de
Arnois, o cal, aínda que hoxe dá nome a unha soa casa, é un claro e
evidente nome de lugar viario e xacobeo moi frecuente e repetido nos
camiños de peregrinos a Santiago, o cal, aínda que pode referirse a
outro camiño ou calzada antiga, tamén podería sinalarnos un trazado
alternativo e desaparecido, distinto do actual, do Camiño do Sudeste
que, dende a zona do devandito lugar de Noveledo ou dende outra,
saltase en forma de calzada empedrada ao da Calzada para atravesar
despois o río Ulla, talvez por un antigo paso de barcas situado algo
augas abaixo da actual ponte vella da Ponte Ulla. Así, son
equipara-bles e poden servir de exemplos paralelos ao da Calzada da parroquia
estradense de Arnois outros topónimos idénticos situados de
manei-ra máis clamanei-ra e definitiva noutros camiños de peregrinos; caso dun
lugar chamado así mesmo A Calzada, situado na aldea do Canizo, da
parroquia de Santa María do Canizo, no concello ourensán da
Gudiña, tamén no Camiño do Sudeste. No Camiño Francés temos,
entre outros moitos que sería tedioso enumerar, o nome da coñecida
localidade de Santo Domingo de la Calzada, situada na Rioja. Na
mesma e principal ruta de peregrinos temos igualmente A Calzada,
nome dunha aldea da parroquia de Burres, no concello coruñés de
Arzúa (Cabeza Quiles,A toponimia e a haxionimia…).
En canto a San Xiao de Arnois, o nome da parroquia estradense á
que pertence o devandito lugar da Calzada, amosa unha advocación
de certo moi xacobea cal é a de san Xiao ou san Xulián, un dos santos,
xunto co devandito san Martiño de Tours, viario e avogoso por
exce-lencia de peregrinos e camiñantes. Así, segundo a tradición relixiosa,
san Xulián, que semella, como moi ben di Flaubert, ser a versión
cris-tiá de Edipo, despois do seu involuntario e fatal parricidio, instálase
para facer penitencia á beira dun río onde constrúe un pequeno
hos-pital, poñéndose ao servizo dos peregrinos aos que axuda a atravesar a
corrente fluvial, polo que se converte na figura de San Xillao ou
Xulián hospitaleiro, avogoso de peregrinos e albergueiros (lembremos
o topónimo A Alberguería da parroquia de San Miguel do Castro),
sendo, co citado San Martiño de Tours (lembremos a parroquia de San
A parroquia estradense de San Xiao de Arnois ten, en san Xiao, unha advocación inequivocamente xacobea que se repite adoito noutros camiños de peregrinos.
A ponte vella da Ponte Ulla, por onde transitan os peregrinos, divide os concellos da Estrada e mais Vedra.
estudosos e historiadores, entre os que nos incluímos, indicio da
exis-tencia de camiños medievais (Ferro et alii, 1992: 545), como puido
suceder con relación á parroquia estradense de Arnois, cuxa
advoca-ción de san Xiao podería referirse a un antigo paso de barcas ou a un
vao para atravesar o río Ulla, pertencente a unha variante do Camiño
do Sudeste ou ao trazado orixinal desta ruta de peregrinos. Un caso
similar podería ser, na chamada Verea Vella, tramo alternativo do
Camiño do Sudeste, o dun lugar chamado así mesmo San Xillao
(variante dialectal do san Xiao estradense) da parroquia ourensá de
Xunqueira de Ambía, situado a carón do leito do río Arnoia,
empra-zamento que polas súas características semella sinalar tamén a
presen-za neste lugar da figura xacobea de san Xillao ou Xiao hospitaleiro,
advocación que puido ter na beira do río Arnoia (e na do río Ulla na
parroquia estradense de San Xiao) un hospital e/ou unha capela a
carón do río para controlar un estratéxico e frecuentado vao ou un
varian-te do Camiño do Sudesvarian-te (Cabeza Quiles, A toponimia e a
haxioni-mia…). A este respecto, un pouco río arriba da ponte por onde pasan
actualmente os peregrinos da Verea Vella estivo, segundo recollemos
do profesor E. Rivas, o chamado Porto Vello, desusado dende que no
século XIX se fixo a ponte un pouco máis abaixo. Este hidrónimo
via-rio de Porto Vello, que sinala un antigo vao, porto mollado ou paso
acuático, está a uns escasos 200 metros do devandito monte e lugar de
San Xillao, circunstancia que tamén fai considerar a E. Rivas a
posi-bilidade de que este topónimo San Xillao se refira á figura de San
Xillao ou Xiao hospitaleiro (el prefire chamalo san Xulián o
Peregrino) relacionada neste caso co antigo paso fluvial chamado
Porto Vello sobre o río Arnoia. O texto sobre o citado lugar chamado
San Xillao e o seu contiguo Porto Vello reza así: “Bo testemuño do
paso no río Arnoia, xa romano, é o nome de Porto Vello, desusado
desde que no século XIX se fai a ponte máis abaixo. Habería que
pes-cudar o por qué de se chamar, a 200 metros, sobre o monte, Sansillau
ou San Xillao o lugariño. Acaso San Xulián o Peregrino, polo vao ou
porto no río, cuxo paso protexía?” (Rivas, 2008: 68).
Á parte do San Xillao sobre o río Arnoia e do San Xiao
estra-dense sobre o Ulla, temos outro santo desta titularidade emprazado
á beira doutro río na Vía da Prata. Referímonos a un lugar, situado á
beira do Esla (Zamora), chamado San Julián onde os peregrinos
cru-zaban esta corrente fluvial a carón dun hospital. Ao respecto, unha
lenda di que san Julián e a súa esposa Basilisa, fundadores neste lugar
da igrexa altomedieval de San Pedro de la Nave, hoxe cambiada do
seu emprazamento orixinal por mor da construción dun encoro,
recibiron como penitencia atender, cunha barca e o citado hospital,
os peregrinos que cruzaban o río Esla neste lugar (Cabeza Quiles,A
toponimia e a haxionimia…).
O mesmo santo tamén aparece na advocación do mosteiro de
San Xián ou San Xulián de Samos, importante e significativo punto
do Camiño Francés, o que constitúe, ao noso entender, outro
exem-plo de que o culto a este santo, demostrado polo seu topónimo
haxiográfico, é un sinal inequívoco da existencia de camiños de
peregrinos, que verían en San Xulián hospitaleiro unha advocación
Outro san Xulián emprazado así mesmo á beira dun camiño de
peregrinos a Santiago é o de San Xulián do Camiño, topónimo
situado no Camiño Francés, despois da localidade luguesa de Palas
de Rei. No mesmo camiño de peregrinos, pero fóra de Galicia,
temos, referido a un antigo hospital de peregrinos hoxe
desapareci-do, o topónimo San Julián, situado antes de chegarmos á localidade
navarra de Viana, poboación na que houbo outro hospital de
pere-grinos baixo a advocación de san Julián.
No Camiño Portugués cabe citar a aldea chamada San Xulián da
parroquia de San Xulián de Requeixo, hoxe San Xulián de
Pon-tecesures (Pontevedra), coa súa igrexa románica de San Xulián a
carón do río Ulla, lugar no que, aínda que a tradición oral non o
evoca, puido haber tamén un antigo paso de barcas para peregrinos
baixo a advocación de san Xulián, a non ser –é outra posibilidade–
que esta advocación estivese relacionada coa antiga e actual ponte
sobre o Ulla de fundamentos moi antigos. Sexa como for, o citado
Camiño Portugués pasa, un pouco antes de chegar ao río, xusto ao
pé da igrexa e do cemiterio de San Xulián, que ten a poucos metros
a devandita ponte que, unindo as provincias de Pontevedra e A
Coruña, sufriu varias remodelacións ao longo da súa historia, unha
das cales, a do século XII, se lle atribúe ao mestre Mateo.
Cos devanditos exemplos e outros que temos documentados
(Cabeza Quiles,A toponimia e a haxionimia…) vemos que a
advoca-ción de san Xulián, Xián, Xillao ou Xiao ten unha presenza o
sufi-cientemente abundante nos camiños de peregrinos a Santiago para
non ser considerada como mero produto da casualidade o que
con-corda, como indicamos antes, coa opinión de diversos historiadores,
os cales, e agora citamos o parágrafo de maneira textual: “consideran
a presencia de culto de San Xián como indicio de camiño medieval”
(Ferro et alii, 1992: 545), aínda que, segundo pensamos, sería mellor
matizar e completar que o culto e a atención dispensados a este santo
presente na toponimia son indicio, non só da existencia de camiños
medievais, senón de camiños medievais de peregrinos a Santiago,
preferentemente en lugares en que estes atravesan ríos, o que está de
acordo coa parroquia estradense de San Xiao de Arnois, emprazada
zona da ribeira do río Ulla na que aínda hoxe a tradición oral
recor-da a desaparecirecor-da existencia de barcas fluviais no río Grande,
apela-tivo co que os veciños desta contorna se refiren ao río Ulla, sen
dúbi-da un río caudúbi-daloso, fermosísimo e grande.
Deixamos a parroquia de San Xiao de Arnois e abandonamos
definitivamente o concello da Estrada para, seguindo o trazado do
Camiño do Sudeste, cruzarmos, agora si, a próxima ponte que nos
introduce no lugar da Ponte Ulla, do concello coruñés de Vedra.
Nesta poboación é digna de resaltar a súa igrexa románica de Santa
María Madalena, advocación, como as de san Martiño de Tours e
san Xiao, moi ligada ao mundo xacobeo : “Su iglesia parroquial [a da
A Ponte Ulla], de factura románica, está bajo la advocación de
Santa María Magdalena, muy ligada al mundo jacobeo”
(Roca-monde Iglesias, 2010, G. E. C. S, voz Vedra, t. 18: 58). Así, sen
estendérmonos demasiado, e obviando outros exemplos, que temos
documentados, atopamos, tamén no Camiño do Sudeste, mais na
súa variante ourensá chamada Verea Vella, a parroquia de Santa
María Madalena de Paradiña; En canto ao seu correspondente
ha-xiónimo simple Madalena ou A Madalena, dá nome nos camiños de
peregrinos a Santiago a fundacións relixiosas das que dependían
hospitais para peregrinos e antigas leprosarías, preferentemente para
mulleres; caso, no Camiño Francés, da capela da Madalena da vila
coruñesa de Arzúa, que tivo un hospital para peregrinos, ou, na
mes-ma ruta xacobea, do convento da Madalena da vila luguesa de
Sarria, fundado no século XIII, tamén como hospital de peregrinos
(Cabeza Quiles,A toponimia e a haxionimia…).
Na Vía da Prata existe así mesmo o haxiónimo María Magdalena
referido a templos dedicados a esta santa, caso da igrexa de Santa
María Magdalena da cidade de Zamora, de finais do século XII e
comezos do XIII; a cal, segundo algúns investigadores, foi
construí-da por iniciativa construí-da Orde dos Templarios ou polos seus sucesores
his-tóricos e cronolóxicos, a Orde dos Hospitalarios de Malta, tamén
chamada de San Xoán de Xerusalén; orde relixiosa e militar de
caba-leiros monxes, que tiña a misión de protexer, como A Orde dos
Templarios, os peregrinos dos camiños de Santiago (Cabeza Quiles,
No tocante a antigas
leprosarías baixo a
advoca-ción da santa María
Ma-dalena, no Camiño Francés,
a carón la localidade
nava-rra de Lakuntza, a
documen-tación histórica cita a
desa-parecida ermida de Santa
María Magdalena, a cal, ao
parecer, se utilizou como
leprosaría, e que, segundo a
devandita documentación,
existía no ano 1563. No chamado Camino de Castilla, que ía de
Bayona a Burgos, pasando por Tolosa e moi frecuentado por
pere-grinos, houbo, na devandita localidade de Tolosa, unha leprosaría
coa súa correspondente capela de Santa María Magdalena. No
Camiño do Norte, nos arrabaldes da cidade de Gijón, está a igrexa
de Santa María Magdalena de fundamentos románicos, onde,
segundo diversos indicios e fontes, existiu, no ano 1331, unha
leprosaría da que moi probablemente o citado templo, hoxe moi
desfigurado, formaba parte. No Camiño Portugués existe un lugar
chamado A Madalena na parroquia de Ribadelouro, do concello
pontevedrés de Tui. No mesmo camiño de peregrinación, pero
che-gando a Santiago, está a capela de Santa María Madalena no
Milladoiro, situada nun emprazamento, hoxe rodeado de edificios
modernos, preto do cal puido estar o milladoiro, amilladoiro ou
morea de pedras formado polos peregrinos ao que alude o topónimo
O Milladoiro; exemplos, e existen moitos máis (Cabeza Quiles, A
toponimia e a haxionimia…), que poden ser paralelos e comparables,
segundo pensamos, ao de Santa María Madalena da Ponte Ulla, no
Camiño do Sudeste.
Ao final da localidade da Ponte Ulla e sobre o camiño, hoxe
con-vertido en estrada asfaltada, existe unha artística fonte que ten ao
seu carón un cruceiro, sendo ambos os dous elementos dignos de
resaltar por se atopar moitas veces asociados e formando parte de
camiños de peregrinos.
O cruceiro da Ponte Ulla sinala e baliza o paso do Camiño do Sudeste e forma parte deste.
O capitel románico da Ponte Ulla amosa a figura mitrada e con báculo de san Nicolás de Bari e tres nenos por el resucitados dentro dunha especie de barreño.
A escasos metros da fonte e do cruceiro da Ponte Ulla atopamos
outra pegada xacobea, situada tamén á beira do camiño, cal é un
fer-moso capitel románico, incrustado nunha casa, que representa un
milagre de san Nicolás de Bari co santo resucitando tres nenos que
xacían mortos nunha especie de recipiente ou barreño; advocación
relixiosa que tampouco é gratuíta e inocente, posto que san Nicolás
de Bari, seguramente traído nun principio por peregrinos italianos
ao Camiño Francés, debeu espallarse despois a outras rutas
xacobe-as, como moi ben pode ser o caso da súa citada iconografía no
Camiño do Sudeste na Ponte Ulla. Así, e entre outros, no Camiño
Francés, temos a igrexa de San Nicolás de Bari da cidade de Burgos,
belido exemplar do románico tardío, situado ao pé do camiño e
enfronte da catedral. No mesmo camiño de peregrinos, nas
inme-diacións da ponte de Ponte Fitero, entre as provincias de Burgos e
hoxe rehabilitada como albergue de peregrinos. Así mesmo no
Camiño Francés temos o san Nicolás de Bari patrón da igrexa de
Molinaseca, localidade próxima á cidade de Ponferrada. Tamén no
Bierzo leonés, pero un pouco máis preto de Galicia, a igrexa de
Trabadelo, dedicada a este santo, nado na actual Turquía e
traslada-dopost mortemá localidade italiana de Bari, amosa, segundo
pensa-mos, a gran vinculación de san Nicolás cos camiños de peregrinos;
indubidable, para nós, advocación xacobea que mesmo, segundo nos
conta o capítulo IX do Libro Quinto do Códice Calixtino, tiña un
altar na catedral de Santiago: “Los altares de esta iglesia se
encuen-tran en este orden. En primer término, junto a la puerta Francesa
que se halla al lado izquierdo, está el altar de san Nicolás” (Liber
Sancti Jacobi, “Codex Calixtinus”, lib. V, cap. IX: 563-564).
Volvendo á Ponte Ulla, pensamos que é importante destacar que
o devandito capitel románico coa figura de San Nicolás de Bari
pro-viría, segundo a tradición oral, do contiguo e desaparecido mosteiro
de San Xoán da Cova, as pedras do cal, moito antes de seren
sepul-tadas baixos os entullos da construción da devandita ponte do tren,
foron reutilizadas na construción de moitas casas antigas e algún
pazo da Ponte Ulla e arredores; edificacións entre as cales podería
estar a actual casa portadora do capitel que nos ocupa, sendo
perfec-tamente posible e verosímil, segundo pensamos, que esta peza
for-mase, efectivamente, parte do mosteiro de San Xoán da Cova, que
dada a súa antigüidade –está documentado xa no século IX– e a súa
proximidade e inmediatez ao Camiño do Sudeste, puido servir,
como comentamos antes, como lugar de albergue de peregrinos e
formar parte da antiga infraestrutura hospitalaria deste camiño
xacobeo, como ocorre, de certo, con outros moitos mosteiros
situa-dos á beira ou preto de antigas rutas de peregrinación; teriamos así,
coa reubicación ideal do capitel no seu posible e verosímil contexto
orixinal, formando parte do mosteiro de San Xoán da Cova, a
figu-ra de san Nicolás de Bari perfectamente incardinada no Camiño do
Sudeste. En canto á antigüidade e avoengo do mosteiro, este xa
apa-rece nun documento do ano 883 publicado por López Ferreiro:
“monasterium sancti Ioannis in eremo quod est fundatum in ripa
O Camiño do sudeste conserva a súa antiga pátina na Ponte Ulla converténdose neste fermosísimo camiño empedrado. O sinal toponímico que indica o lugar chamado A Retorta, onde o antigo Camiño do Sudeste describiría unha gran curva ou retorta.
montis quam dicunt Montem sacrum” (López Ferreiro, 1983,
(reed.), ap. 1: 27).
Volvendo á Ponte Ulla, a partir da casa que hoxe amosa o
capi-tel, o Camiño do Sudeste, que durante todo o noso percorrido non
nos amosou tramo ningún do seu aspecto orixinal ou case orixinal,
recobra esa fasquía e durante uns poucos metros costa arriba temos,
por fin, ocasión de camiñar por un fermoso camiño empedrado, o
cal, aínda que non sexa o primeiro ou o orixinal, semella moi
anti-go, desaparecendo o seu piso de pedra moi preto dun sinal
toponí-mico que conduce a un lugar contiguo chamado A Retorta,
topóni-mo viario que fai alusión á antiga curva ou retorta dun camiño
anti-go, que debeu ser o Camiño do Sudeste, pois o nome de lugar A
Retorta aparece noutros camiños de peregrinos; caso da parroquia de
Santa María de Retorta, con cruceiro e templo góticos, situada á
beira do antigo e actual itinerario de peregrinos que une a
localida-de portuguesa localida-de Chaves coa ourensá localida-de Laza (Cabeza Quiles, A
toponimia e a haxionimia…); xa que o devandito lugar chamado A
O lugar chamado O Francés, antes con toda probabilidade *O (Camiño) Francés, alude ao antigo Camiño do Sudeste; obsérvese, ao fondo, o cume do Pico Sacro.
Un Santiago Peregrino dunha casa particular, situada sobre o actual trazado do Camiño do Sudeste, observa o paso dos romeiros preto do devandito lugar da Retorta.
metros do trazado do actual camiño de peregrinos, pensamos que en
antigo tempo este debeu pasar polo citado lugar, onde describiría a
curva ou retorta que hoxe denuncia o topónimo,
Un pouco despois abeiramos a estrada N-525 e as súas
proximi-dades, como fixemos noutros lugares dende que comezamos o noso
tramo do Camiño do Sudeste na localidade estradense de Besteiros,
e chegamos ao lugar de Eiravedra, da parroquia de Santa Cruz de
Ribadulla do concello de Vedra. Dende esta aldea o trazado actual
por onde camiñan os peregrinos chega ao próximo lugar do Outeiro
sen pasar, aínda que si preto, polo lugar chamado O Francés da
parroquia de San Pedro de Vilanova, cando, segundo pensamos,
debería facelo por razóns históricas, pois O Francés é un topónimo
viario e xacobeo, que debeu ser antes *O (Camiño) Francés, en clara
alusión ao Camiño do Sudeste neste punto, moi probablemente, por
non dicir seguro, chamado O Francés ou *O (Camiño) Francés por
analoxía e comparación co verdadeiro Camiño Francés, o cal ao ser
o principal e máis representativo de todos os camiños de peregrinos
a Santiago, emprestoulle o seu prestixioso e afamado nome a outros
camiños xacobeos, como debeu suceder no lugar O Francés do
con-cello de Vedra, nun principio, con toda probabilidade, chamado,
Francés; topónimo que non se refire, xa que logo, ao Camiño
Francés propiamente dito, senón ao Camiño do Sudeste neste
punto; sorte ou especie de metonimia que se repite con relación a
outros camiños de peregrinos. Así, a Verea Vella, o devandito
cami-ño xacobeo alternativo ao Camicami-ño do Sudeste na provincia de
Ourense, tamén foi chamado O Francés ou O Camiño Francés,
como debeu pasar co topónimo O Francés do concello de Vedra
(Cabeza Quiles,A toponimia e a haxionimia…).
Por se o anterior non abondase, o gran prestixio e fama que acadou
o Camiño Francés de peregrinos en antigo tempo non só fixo que o
seu nome lle fose aplicado a outros camiños xacobeos, pois tamén
ser-viu para nomear calquera camiño máis ou menos importante,
espe-cialmente os antigos camiños reais. A este respecto, recollemos da
profesora Elisa Ferreira Priegue, no seu devandito e magnífico libro
Los caminos medievales de Galicia: “Camiño Francés, Francés, Camiño
dos Franceses. Camino a Santiago… aunque a veces venga de
Portugal, de Zamora o de la costa [e non de Francia]. A partir del siglo
XVI, sobre todo, el término se usa con mucha imprecisión [abofé],
para designar un camino real (Ferreira Priegue, 1988: 33). Afirmación
da profesora Ferreira Priegue que se ve confirmada pola
documenta-ción antiga, así, entre outros, nun testemuño escrito do ano 1563 do
Archivo Histórico Diocesano de Santiago, o camiño antigo que ía de
Santiago a Carballo ao seu paso pola actual parroquia carballesa de
Ardaña é chamado “camiño real que va para Santiago y Coruña que
más adelante se llama también “camino francés” (Ferreira Priegue,
1988: 134, n. 276). Todo o anterior sen descartar a posibilidade de que
o actual Camiño do Sudeste no devandito lugar do Francés e
proxi-midades fose nun principio unha vía romana, reutilizada despois, á
parte de cómo vía xacobea, como camiño real.
Pensamos, pois, polas razóns históricas e filolóxicas expostas, que
debería restituírse o actual percorrido do Camiño do Sudeste que
une a localidade de Eiravedra coa do Outeiro no concello de Vedra,
facéndoo pasar polo lugar chamado O Francés, cuxo significado
via-rio e xacobeo así o aconsella.
Dende o lugar do Francés (hoxe o fan dende as súas
A capela do Santiaguiño do concello de Vedra, como a súa case tocaia de Santiago da Alberguería do da Estrada, acolleu antigamente peregrinos.
A belida fonte barroca do Santiaguiño.
lugar do Outeiro, outro fito importante do Camiño do Sudeste, que
aínda amosa sobranceiras pegadas xacobeas, xa que alí atopamos a
capela do Santiaguiño; flagrante advocación xacobea, que se repite,
como vimos, na trasladada capela estradense de Santiago do lugar da
Alberguería; paralelismo que nos incita a pensar que a alberguería de
peregrinos á que alude o topónimo A Alberguería da parroquia
estradense de San Miguel de Castro, á cal nos referimos con
ante-rioridade, fose a propia capela, toda vez que existe constancia
docu-mental de que a capela do Santiaguiño (e outras situadas nos
cami-ños de peregrinaxe) do concello de Vedra, á parte de como lugar de
culto, era utilizada como albergue ou refuxio de peregrinos, segundo
consta na súa carta de fundación, que di (texto actualizado) que o
seu “ermitaño ha de tener y tiene obligación de recoger en dicha
casa [a capela, unha pequena construción pegada a ela ou un cuarto
A atípica fiestra da capela estradense das Angustias, nun principio de Santiago, que puido pertencer ao posible cuarto ou estancia reservado para os peregrinos.
sería preferentemente de noite]” (Quintales, 2002: 190), co que
queda o suficientemente clara a utilización deste pequeno santuario
como alberguería ou refuxio xacobeo, realidade que podería ser
extensible, xa que logo, á capela que houbo no lugar chamado A
Alberguería do concello da Estrada, ante do seu traslado, no ano,
1880, para o contiguo lugar do Seixo.
Volvendo á aldea do Outeiro, a carón da capela do Santiaguiño
existe unha fermosa fonte (trasladada dende un lugar próximo) que
posúe unha inscrición relacionada co traslado do corpo de Santiago.
Na fonte hai unha estatua de Santiago e outras dúas que poderían
representar os seus discípulos Teodoro e Atanasio. Segundo algúns
autores, as figuras procederían do coro románico da catedral de
Santiago, construído baixo o mandato escultórico do mestre Mateo.
Sexa como for, a poucos metros do interesante conxunto xacobeo do
lugar do Outeiro atópase o último e derradeiro albergue moderno de
peregrinos do Camiño do Sudeste ou prolongación da Vía da Prata
ADDENDA: a posibilidade que formulamos de que a alberguería de
peregrinos á que alude o topónimo estradense A Alberguería da
parroquia de San Miguel de Castro fose, polo menos durante algún
tempo, a Capela de Santiago queda definitivamente confirmada.
Así, recollemos de Reimóndez Portela que: “podemos [no lugar da
Carballeira] desviarnos en dirección A Estrada uns 500 metros para
chegar ao lugar da Alberguería, que como o seu nome indica foi un
lugar de albergue e os veciños recordan cómoos peregrinos durmían
alí na capela de Santiago[o subliñado é noso], que en 1880 foi
trasla-dada ao lugar do Seixo” (Reimóndez Portela, 2007: 129), aínda que,
como indicamos antes con relación á capela do Santiaguiño do
con-cello de Vedra, o albergue de peregrinos estradense podería ter sido
a capela propiamente dita, unha pequena construcción unida a ela
ou un pequeno cuarto da mesma; conxectura que non podemos
matizar ao non coñecermos o santuario por dentro, se ben dende o
exterior puidemos ver, na parte de atrás do seu muro sur, unha ventá
que polo seu aspecto e funcionalidade (parece a ventá dunha casa e
non dun edificio relixioso) podería pertencer ao posible cuarto ou
estancia reservado en antigo tempo aos peregrinos.
Bibliografía
CAAMAÑO GESTO, X.M., 1984.As vías romanas, Cadernos do Museo do Pobo galego 3, Caixa Galicia, Santiago de Compostela.
CABEZA QUILES, F., 1992. “El caballo en las peregrinaciones a Compostela”, en
Galicia en Madrid, núm. 3, julio-agosto de 1992
CABEZA QUILES, F., 1992.Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a súa orixe e o seu significado, Edicións Xerais, Vigo.
CABEZA QUILES, F., 2000. Os nomes da terra. Topónimos galegos, Editorial Toxosoutos, Noia.
CABEZA QUILES, F., 2008.Toponimia de Galicia, Editorial Galaxia, Vigo. CABEZA QUILES, F., 2011. “As pegadas xacobeas do concello da Estrada (I)”, en
Miscelánea histórica e cultural, núm. 14, Fundación Cultural da Estrada, Museo do Pobo Estradense “Manuel Reimóndez Portela”.
CABEZA QUILES, F.,A toponimia e a haxionimia galega dos camiños de peregrinos a Santiago, en preparación.
FERREIRA PRIEGUE, E., 1988. “Los caminos medievales de Galicia”,Boletín Auriense, anexo 9, Museo Arqueológico Provincial, Ourense.
FERRO RUIBAL, X. et alii, 1992.Diccionario dos nomes galegos, Ir Indo Edicións, Vigo.
Liber Sancti Jacobi. “Codex Calixtinus”, 1999. Traducción por los profesores A. Moralejo, C. Torres y J. Feo, Xunta de Galicia.
LÓPEZ FERREIRO, A., 1983, (reed.),Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago, ap. 1, Editorial Sálvora, Santiago de Compostela.
POUSA, X. R., 1992.El Camino de Santiago, La Voz de Galicia.
QUINTALES, L. A. M., 2002.Ruta del Camino de Fonseca. De Salamanca a Santiago de Compostela, Amarú Ediciones, Salamanca.
REIMÓNDEZ PORTELA, M., 2007.A Estrada rural, Servizo de Publicacións Deputación de Pontevedra.
RIVAS QUINTAS, E., 2008.Historia arredor do Camiño Meridional de Santiago de Galicia, Promocións Culturais Galegas S.A., A Nosa Terra.
ROCAMONDE IGLESIAS, T., 2010.Gran Enciclopedia del Camino de Santiago. Diccionario de la Cultura Jacobea (G. E. C. S.,), vozVedra, tomo 18. Ediciones Bolanda.
RODRÍGUEZ, M. F., 2010.Gran Enciclopedia del Camino de Santiago. Diccionario de la Cultura Jacobea (G. E. C. S.,), vozChapa, A, tomo 5. Ediciones Bolanda. VALIÑA, E., 1993. EL Camino de Santiago. Guía del peregrino a Compostela,
Editorial Galaxia, Vigo.
VÁZQUEZ DE PARGA, L., LACARRA, J. M. e URÍA RÍUS., 1948.Las peregri-naciones a Santiago de Compostela, 3 tomos, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Escuela de Estudios Medievales, Fondo de Publicaciones Gobierno de Navarra, Pamplona.