CRUCEIROS
do Concello de Teo
LOCALIZACIÓN: Enfronte á igrexa parroquial de Bamonde. PARROQUIA: Santa María de Bamonde.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Este cruceiro, feito de granito, ten a plataforma cuadrangular dun só grao. O pedestal tamén ten a mesma forma, e nel sobresae a imaxe dunha caveira. No varal encóntrase a imaxe de San Pedro coas chaves na man. O capitel ten a mesma forma que a plataforma e o pedestal. As imaxes que aparecen nel son unhas cabezas de anxos con ás. Na cruz atópanse dúas imaxes, por unha banda está o Cristo crucificado con tres cravos, coas mans pechadas e coa cabeza inclinada lixeiramente cara a dereita. Enriba da cabeza ten unha coroa de espiñas. O seu corpo está lixeiramente tapado por un pano de pureza. Polo reverso do cruceiro atópase a Inmaculada sostendo nos brazos o seu fillo.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Lamas. PARROQUIA: Santa María de Bamonde. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: O material empregado para facer este cruceiro de cruz foi o granito. A plataforma está enterrada, por iso non se pode ver. O pedestal e cuadrangular e remata con chafráns. Neste pedestal atópase unha inscrición do ano 1917. O varal é octogonal pero comeza e remata en cadrado. O capitel tamén é cadrado e a cruz romboide. Esta cruz ten un círculo no medio e dende el saen os brazos con remates florenzados.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Tribaldes. PARROQUIA: Santa María de Bamonde. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro simple feito de granito, que ten a plataforma enterrada. O pedestal é unha pedra con forma cuadrangular e o varal octogonal, aínda que comeza e remata en cadrado, forma que tamén ten o capitel e a cruz. Esta cruz non ten ningunha imaxe. Os remates son florenzados.
LOCALIZACIÓN: Fronte á igrexa parroquial de Cacheiras. PARROQUIA: San Simón de Ons de Cacheiras.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo situado fóra do adro da igrexa parroquial pero, sen dúbida, noutra época estivo dentro dese lugar. Non se coñece con exactitude cando se realizou, pero debe ser da segunda metade do século XVIII. Está feito de granito. A plataforma conta con cinco graos mutilados dende que se construíu a estrada. Esta plataforma é cuadrangular como o pedestal. Nel
atópanse símbolos da Paixón como o sapo ou as caveiras. No varal, de sección octogonal, hai unha imaxe dunha figura en releve dun home que parece camiñar levando un caxato na man. Pode ser unha representación de San Simón ou do chamado “homo viator”, que non é máis ca un peregrino que para esconxurar os perigos, axudábase da protección milagrosa dos cruceiros dos camiños. Esta imaxe está mirando cara a fachada da igrexa. O capitel é cúbico e nel atópanse diferentes motivos xeométricos. A cruz é octogonal pero remata en círculos. Nesta cruz localízanse dúas imaxes, por unha banda está o Cristo crucificado e pola outra a figura da Piedade. O Cristo está crucificado con tres cravos e na cabeza ten unha coroa de espiñas. Ten as mans pechadas e a cabeza ergueita. Por outra banda, na parte que mira ao camiño está a Piedade co corpo morto do seu fillo deitado sobre os seus xeonllos. Esta imaxe está situada sobre unha peaña dun anxo con ás.
LOCALIZACIÓN: No adro da igrexa parroquial de Cacheiras. PARROQUIA: San Simón de Ons. Cacheiras.
TIPOLOXÍA: Viacrucis.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: No adro da igrexa parroquial de San Simón de Ons existe unha viacrucis que noutros tempos tiña catorce cruces, pero hoxe en día fáltalle unha. Estas cruces estás distanciadas dunha maneira equidistante arredor da igrexa. Teñen como fin recordar a paixón de Cristo.
Os varais destas cruces son octogonais e sobre eles aséntanse as cruces simples. É destacable a cruz da zona leste que está máis próxima á cabeceira. Esta cruz está acompañada por dous pináculos rematados en bólas e ergueita sobre un alto pedestal. Neste pedestal distínguese a seguinte inscrición: “VIA SACRA DOLOROSA 1777”. Na zona oeste, un pouquiño trasladada cara á dereita pola entrada das escaleiras de acceso ao adro, están representadas as tres cruces dos tres crucificados de Gólgota. A central é a do Cristo, esta é su
dúas dos ladróns, posto que é a máis importante.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Feros.
PARROQUIA: San Simón de Ons de Cacheiras. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro de cruz feito de granito. Non ten plataforma e o pedestal é cuadrangular. O varal comeza en cadrado pero é octogonal. O capitel e a cruz tamén son cuadrangulares. Na cruz non hai ningunha imaxe representada.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Raxó.
PARROQUIA: San Simón de Ons de Cacheiras. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Situado preto da ermida das Cabezas de Raxó, nunha encrucillada. Consta dunha plataforma cuadrangular de dous graos, un pedestal troncopiramidal, un varal cadrado no que se atopa unha
imaxe dunha virxe nunha das súas frontes. O capitel tamén é cadrado como a cruz, na cal se atopan dúas imaxes, a do Cristo crucificado e a da Virxe da Piedade. O Cristo está crucificado con tres cravos, ten as mans abertas e inclina a cabeza cara a dereita. Enriba da súa cabeza hai unha coroa de espiñas. Unha parte do seu corpo está cuberto por un pano suxeito cunha corda. En canto á Piedade, suxeita nas súas mans a imaxe do seu fillo.
LOCALIZACIÓN: No adro, diante da igrexa parroquial de Calo. PARROQUIA: San Xoán de Calo.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro situado no arboredo do adro da igrexa. Está feito de granito, e consta dunha plataforma de tres graos cuadrangular. Forma que tamén ten o pedestal. O varal é octogonal pero comeza en cuadrangular para unirse ao pedestal. Na cruz hai dúas imaxes, unha en cada lado. No anverso sitúase o Cristo crucificado con tres cravos, coas mans abertas e coa cabeza xirada cara a dereita. Enriba da cabeza ten unha coroa de espiñas. Unha parte do seu corpo está tapado por un pano de pureza anoado á dereita. No reverso está a figura da virxe en
actitude orante, xa que ten os dedos das mans entrelazados. Debaixo desta imaxe está un anxo con ás.
LOCALIZACIÓN: No adro, ao lado da igrexa de Calo. PARROQUIA: San Xoán de Calo.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro feito de granito. A plataforma componse de dous corpos e ten forma triangular como o pedestal, onde pode verse unha inscrición. O varal é octogonal pero comeza en cadrado. Máis ou menos na metade deste varal atópase unha imaxe dunha virxe. O capitel é cilíndrico e conviven nel diferentes formas xeométricas ademais de follas e flores. Na cruz só hai unha imaxe que representa ao Cristo crucificado con tres
cravos, que ten as mans abertas e que inclina a cabeza cara a dereita. Sobre a cabeza ten unha coroa de espiñas e unha parte do seu corpo está tapado por un pano de pureza. Esta imaxe está moi ben conservada.
Ao carón deste cruceiro está unha mesa que fai a función de altar no exterior. Está feita cos mesmos materiais ca o cruceiro.
LOCALIZACIÓN: No acceso ao cemiterio, na estrada, preto da igrexa. PARROQUIA: San Xoán de Calo.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro situado nun lateral dunha finca privada. Este cruceiro xa estaba na finca antes de que se fixera a casa. Hoxe en día está anexado á cancela que bordea á finca. Noutros tempos sinalaba un cruce de camiños. O cruceiro aínda conserva restos de policromía.
Non ten plataforma e o pedestal é circular, aínda que ten a metade mutilada. Enriba do pedestal atópase o varal, que é octogonal aínda que os seus extremos son cadrados. O capitel modulado é octogonal, enriba do mesmo
está a cruz, en forma circular, leñosa. Esta cruz só ten unha imaxe do Cristo crucificado con tres cravos. Ten as mans abertas e inclina a cabeza cara a dereita. Enriba da cabeza non ten unha coroa de espiñas.
LOCALIZACIÓN: Enfronte á capela de Adrán. PARROQUIA: San Xoán de Calo.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de cruz situado na estrada, preto da capela de Adrán, na parte superior da finca. A súa propiedade é privada. Componse dunha plataforma dun grao en forma triangular, dun pedestal con forma tamén triangular que remata en chafráns, no cal hai unha inscrición, dun varal octogonal que comeza e termina en cadrado, dun capitel cuadrangular e dunha cruz octogonal sen imaxes. Esta cruz remata con motivos florenzados.
LOCALIZACIÓN: Na finca do pazo de Adrán. PARROQUIA: San Xoán de Calo.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de cruz situado no alto da parcela do Pazo de Adrán, o cal, hoxe en día é un hotel de catro estrelas. A propiedade deste cruceiro é privada.
Este cruceiro non ten plataforma. O pedestal é unha pedra basta sen labrar. O varal é octogonal pero comeza e termina en cadrado. Enriba sitúase un capitel cuadrangular e unha cruz octogonal sen imaxes.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Ameneiro. PARROQUIA: San Xoán de Calo. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo feito de granito que se compón por unha plataforma enterrada, un pedestal triangular que remata en chafráns, un varal octogonal no cal os seus extremos teñen forma cadrada, un pedestal que tamén é cuadrangular e unha cruz circular en forma leñosa, na cal están dúas imaxes. Por unha cara está a figura do Cristo crucificado con tres cravos coas mans abertas e xira lixeiramente a cabeza cara a dereita e pola outra cara está a Virxe orando coas mans entrelazadas. Esta imaxe está sobre unha peaña dun anxo con ás.
LOCALIZACIÓN: Na finca da capela das Ánimas de Ameneiro. PARROQUIA: San Xoán de Calo.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Situado na finca da Capela das Ánimas de Ameneiro, este cruceiro de cruz está rehabilitado. Consta dunha plataforma cuadrangular dun só grao, dun pedestal tamén cuadrangular, dun varal octogonal, no cal os seus extremos son cadrados, dun capitel cuadrangular e dunha cruz sen ningunha imaxe.
LOCALIZACIÓN: Aldea da Xesta. PARROQUIA: San Xoán de Calo. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Malo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de cruz situado na beira da estrada que vai á Xesta. A súa estrutura é moi simple, consta dun pedestal que está cuberto pola maleza, dun varal e dunha cruz cuadrangular, o cal remata en chafráns.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Casal. PARROQUIA: San Xoán de Calo. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Mala.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo situado nunha finca chea de maleza. Consta dunha plataforma cuadrangular de tres graos, dun pedestal igualmente cuadrangular que remata cun bocel mediacana. Tamén ten un varal que comeza en cadrado, pero despois é octogonal. Este varal vai diminuíndo a medida que chega ao capitel octogonal. Por último, conclúe cunha cruz circular que ten dúas imaxes. Por un lado está o Cristo crucificado con tres cravos, que ten as mans abertas e a cabeza ladeada cara a dereita.
Enriba desta cabeza ten unha coroa de espiñas. Polo outro lado está a Virxe en actitude orante coas mans xuntas e cuberta por un manto. Esta figura está enriba dunha peaña.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Cascalleira. PARROQUIA: San Xoán de Calo. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo ao lado da estrada. Nun emprazamento moi ben coidado. Consta dunha plataforma cuadrangular cun pedestal tamén cuadrangular. Seguidamente está o capitel cuadrangular e, enriba, a cruz octogonal que remata con motivos florenzados. Na cruz hai dúas imaxes, por unha banda está o Cristo crucificado con tres cravos, que ten as mans pechadas e cunha coroa de espiñas na cabeza. Unha parte do seu corpo está cuberto por un pano de pureza anoado á dereita. Por outra banda está a imaxe da Virxe en actitude orante. Ten un manto que lle cubre todo o corpo.
LOCALIZACIÓN: Fronte á capela dos Milagres de Cornide. PARROQUIA: San Xoán de Calo.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo feito de granito. Com dunha plataforma cuadrangular de tres graos, enriba hai u pedestal, tamén cadrado, que remata en chafráns, despois un varal e un capitel, ambos octogonais, e por último está
seu anverso a imaxe do Cristo crucificado con tres cravos. Este inclina levemente a cabeza cara a dereita e ten as mans lixeiramente abertas. Ten unha coroa de espiñas ademais dun pano de pureza
anoado á dereita. Polo reverso da cruz está situada a imaxe dunha virxe que está orando, posto que ten as mans xuntas e o seu corpo está cuberto por unha túnica que comeza na cabeza ata os pés. Esta imaxe está situada sobre unha peaña dun anxo con ás.
ponse n a cruz, que ten no
LOCALIZACIÓN: Aldea de Mouromorto. PARROQUIA: San Xoán de Calo.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro situado entre dúas casas, no medio da aldea. A súa plataforma está enterrada, pero o pedestal si que se pode ver. Este é cuadrangular rematando con chafráns, a continuación está o varal que comeza e remata en cadrado, o resto é octogonal. O capitel ten unha moldura e é cuadrangular, por último está a cruz romboide que non ten imaxe. Ten un círculo no centro do que saen os brazos que rematan con motivos florenzados.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Mouromorto. PARROQUIA: San Xoán de Calo.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro situado nunha finca privada. Non ten plataforma e o pedestal é unha peza basta sen labrar. O varal comeza e remata en cadrado, pero en realidade é octogonal. A continuación do varal está o capitel, que ten forma troncopiramidal invertida. Enriba sitúase a cruz octogonal. Os brazos da mesma rematan cun botón no medio do que saen os motivos floreados.
medio.
to está composto por unha a cuadrangular, sobre a que descansa un pedestal tamén cuadrangular que remata con chafráns. Sobre este pedestal aséntase un varal octogonal de arranque cuadrangular. Vai rematando este cruceiro cun capitel cilíndrico que está formado por molduras. Finalmente arrinca unha cruz rectangular. Nesta cruz hai dúas imaxes: o Cristo crucificado e a Virxe. O Cristo está crucificado con tres cravos e cunha coroa de
espiñas na cabeza, a cal está ladeada cara a dereita. A Virxe ten as mans xuntas con actitude orante, leva un vestido e por riba unha túnica desde a cabeza. Está sobre unha peaña que ten un
querubín. LOCALIZACIÓN: Aldea do Vilar do PARROQUIA: San Xoán de Calo. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Este cruceiro de grani plataforma de dous graos, de form
LOCALIZACIÓN: Rúa de Francos. PARROQUIA: San Xoán de Calo. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro románico do século XIV que sinalaba a antiga vía da ruta de peregrinación. Máis ben é unha cruz gótica levantada e apoiada sobre unha pedra. Hoxe en día é un monumento admirable polos peregrinos que fan a ruta portuguesa do Camiño de Santiago.
A composición deste cruceiro, feito de granito, é dunha pedra basta sen labrar, dun pedestal e un varal cuadrangular.
Non dispón de capitel e finalmente ten unha cruz rectangular onde se atopa a imaxe en releve do Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ademais ten a cabeza ladeada cara a dereita e sobre a cabeza ten unha coroa de espiñas. En ambos os laterais da cruz hai unha imaxe dun peregrino. Unha está mellor conservada ca outra. Na parte de atrás do cruceiro non existe ningún releve.
LOCALIZACIÓN: Enfronte da Capela de San Martiño. Na aldea da Rúa de Francos.
PARROQUIA: San Xoán de Calo. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRIPCIÓN: Cruceiro de crucifixo que se compón por unha plataforma cuadrangular de dous graos. O pedestal é cúbico e o varal octogonal comeza en cadrado. O capitel é cuadrangular e a cruz ten forma circular, máis concretamente leñosa. Hai dúas figuras na cruz, por un lado está o Cristo crucificado e polo outro está a Virxe. O Cristo Crucificado está con tres cravos, ten a cabeza ergueita e sobre ela ten unha coroa de espiñas. As mans tenas
pechadas e un pequeno pano cobre unha parte do seu corpo. Con respecto á Virxe, está en actitude orante, ten as mans sobre o peito e unha gran túnica cóbrelle todo o corpo. Está situada enriba dunha peaña que ten un anxo con ás.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Socastro. PARROQUIA: San Xoán de Calo. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Malo.
DESCRICIÓN: Deste cruceiro só quedan os restos, ademais a parte de abaixo está cuberto pola maleza. A plataforma está enterrada. O pedestal é cúbico rematando en chafráns. O varal é octogonal, comezando e rematando en cadrado. Esta mesma forma tamén a ten o capitel. Non ten cruz.
LOCALIZACIÓN: Na igrexa parroquial de Lampai. Aldea de Mosteiro.
PARROQUIA: Santa María de Lampai. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo feito de granito. A plataforma é cuadrangular de tres graos como o pedestal. O varal é octogonal e vai diminuíndo a medida que chega a cruz. Neste varal hai unha figura pétrea. O capitel é cilíndrico con varios detalles tallados. A cruz é cuadrangular. Os brazos teñen chafráns e remata con motivos florenzados. No anverso
da cruz está o Cristo Crucificado con tres cravos, as mans pechadas e cunha coroa de espiñas. Ademais, ao seu carón, o Cristo, ten a imaxe de San Francisco abrazándoo. No reverso da cruz está a Virxe en actitude orante coas mans xuntas. Leva un vestido e, ademais, desde a cabeza ata os pés leva unha túnica. Enriba dela hai dous anxos coroándoa.
LOCALIZACIÓN: Fronte á igrexa, no campo da festa. Lucí. PARROQUIA: Santa María de Lucí.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo, situado entre a estrada e a igrexa. Está feito de granito, pero ten algunhas reparacións feitas de ferro. A plataforma, que ten tres graos, é triangular como o pedestal. O varal é circular, pero non ten ningunha característica concreta. A cruz é circular, ten a forma dun tronco leñoso.
Nesta cruz hai dúas imaxes. No anverso está o Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza
ergueita e sobre ela está unha coroa de espiñas. A figura do Cristo está moi erosionada. No reverso está a Inmaculada, a cal está orando, posto que ten as mans en cruz sobre o peito. A lúa está sobre os seus pés, e no medio da lúa aparece un anxo con ás.
LOCALIZACIÓN: Aldea da Ramallosa. PARROQUIA: Santa María de Lucí. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro situado na estrada de Santiago á Estrada. A plataforma, con tres graos, é cuadrangular como o pedestal, o cal ten unha inscrición do ano 1679 en cada lado. O varal tamén é cadrado con chafráns. A cruz, como todo o demais, é cuadrangular e finaliza con remates floreados. Hai dúas figuras nesta cruz, por unha banda está o Cristo crucificado con tres cravos, o cal ten a cabeza inclinada cara a dereita. Enriba da cabeza ten unha coroa de espiñas e un pano cúbrelle unha pequena parte do corpo. Esta imaxe
en actitude orante, posto que ten as mans xuntas e un nim unha túnica que lle cubre o corpo dende a cabeza.
está deteriorada. A outra imaxe é a da Virxe bo de raios rodean a súa cabeza. Ten
LOCALIZACIÓN: Ao carón da igrexa parroquial de Luou, cruzando a estrada.
PARROQUIA: Santa María de Luou. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Este cruceiro foi feito no 1761 (data que está tallada no pedestal), pero tivo remodelacións no 1904, ano no que tamén se fixo o enreixado de ferro para protexelo. A plataforma, de tres graos, é cuadrangular como o pedestal. Consta tamén dun estreito varal octogonal, que comeza en cadrado. O capitel é cilíndrico e ten talladas varias formas
xeométricas, no medio de cada lado ten unha cabeza de anxo con ás. A cruz ten forma circular ou leñosa e nela están representadas dúas imaxes, por unha banda sitúase o Cristo crucificado con tres cravos, as mans abertas e cunha coroa de espiñas sobre a cabeza. Abrazando esta imaxe está San Francisco de Asís. Por outra banda está a Virxe en actitude orante, a cal ten as mans xuntas e sobre ela están dous anxos que a están coroando.
Ao carón deste cruceiro hai unha mesa de altar de pedra utilizada para dicir a misa os días de festa a aire libre.
LOCALIZACIÓN: Preto da igrexa, en fronte ao bar A Cantina. PARROQUIA: Santa María de Luou.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRIPCIÓN: Cruceiro denominado cruceiro da cantina.
Antigamente estaba situado nun cruce de camiños. Este cruceiro sufriu dous altercados. O primeiro tivo lugar nos preparativos dunha festa cando un camión quería descargar o viño para a mesma. Este altercado foi reparado no 1941. O outro accidente ocorreu polo choque dun carro de bois o 17 de xaneiro do 1944. Volveuse a inaugurar o 13 de agosto do mesmo ano.
Está feito de granito. A plataforma con dous graos é cuadrangular. O pedestal é cúbico. O varal é octogonal comezando e rematando en forma de cadrado. O capitel ten varias figuras xeométricas. O cruceiro remata cunha cruz romboide que non ten ningunha imaxe.
LOCALIZACIÓN: Aldea de A Igrexa. PARROQUIA: Santa María de Luou. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Este cruceiro chámase da Eirexe. Foi feito no ano 1675, crese que é o máis vello desta parroquia. Antigamente estaba situado xunto á igrexa vella, pero despois de 67 anos, foi trasladado a onde está hoxe en día.
O material empregado para facelo foi o granito, pero está arranxado
con pezas de ferro. Consta dunha plataforma de tres graos cuadrangulares. O pedestal mesma forma, en cambio o varal é octogonal, pero comeza e remata en
cruz son cuadrangulares. Na cruz hai dúas imaxes, a da Virxe e a do Noso Señor. A Virxe é a Inmaculada, coas mans xuntas e cunha túnica que lle cubre todo o corpo con varios pregos. Ten un nimbo de raios que rodea a súa cabeza e debaixo dos seus pés ten unha lúa. O Noso Señor está crucificado con tres cravos e cunha coroa de espiñas sobre a cabeza. Unha parte do seu corpo está cuberto por un pano de pureza anoado á dereita. Ten as mans pechadas e inclina a cabeza cara a dereita.
ten a cadrado. O capitel e a
LOCALIZACIÓN: Aldea de Bustelo. PARROQUIA: Santa María de Luou. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro situado nunha finca privada. Está feito de granito. Non ten plataforma. O pedestal é troncopiramidal e remata con chafráns. O varal é octogonal comezando e rematando en forma de cadrado. O capitel é cuadrangular. O cruceiro remata cunha cruz tamén cadrada que non ten ningunha imaxe. Os brazos desta cruz rematan con motivos floreados.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Caxade. PARROQUIA: Santa María de Luou. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro feito de granito que pertencía a familia Tallón, pero, hoxe en día, é de titularidade pública. A plataforma deste cruceiro está un pouco enterrada. Unicamente se ve un grao cuadrangular. O pedestal é cúbico e remata con chafráns. O capitel é cuadrangular e a cruz ten unha forma romboide. No medio desta cruz hai un círculo de onde saen os brazos que rematan con motivos florenzados.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Espasande. PARROQUIA: Santa María de Luou. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro situado nunha finca privada xunto á casa. Cruceiro feito de granito que se compón por unha plataforma cuadrangular cun grao con voo. Está formado por un pedestal que tamén é cuadrangular, por un varal en forma octogonal que comeza e remata en cadrado e por un capitel cadrado sobre o que se sitúa unha cruz tamén cuadrangular. Nesa cruz non hai ningunha imaxe.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Loureiro. PARROQUIA: Santa María de Luou. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Malo.
DESCRICIÓN: Cruceiro antigo, posto que hai constancia de que xa estaba en proxecto no ano 1741. Consta dunha plataforma cuadrangular dun só grao Esta plataforma está moi deteriorada. O pedestal tamén é cuadrangular e remata cunha roda lisa. O varal é octogonal, pero polos dous extremos é cadrado. O capitel é cuadrangular como a cruz. Non ten ningunha imaxe na cruz.
LOCALIZACIÓN: Aldea do Aído, ao lado da marquesiña. PARROQUIA: Santa María de Luou.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Este cruceiro denominase de Liñares. A plataforma cuadrangular dun só grao está enterrada. Vese o pedestal cúbico que remata con chafráns. De seguido está o varal octogonal que comeza e remata en cadrados. Enriba está o capitel cuadrangular e finalmente está unha cruz romboide, na que non hai ningunha imaxe, só ten un círculo no medio do que saen os diferentes brazos que rematan con motivos florenzados.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Paraxó. PARROQUIA: Santa María de Luou. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Este cruceiro chámase da Angosta. Foi construído a mediados de século XIX. Unha lenda conta que unha muller estaba traballando no monte preto de Loureiro e escoitou as campás da igrexa anunciando lume, entón prometeu que se non era a súa casa facía un cruceiro de pedra. Ao final non era a súa casa e fíxose o cruceiro. Este situase nunha encrucillada de estradas que era a fronteira entre os lugares da Igrexa, Insua e Paraxó.
Consta dunha plataforma cuadrangular de tres graos con voo, dun pedestal cuadrangular que remata con chafráns, dun varal octogonal que comeza e remata en cadrados, dun capitel cuadrangular e dunha cruz romboide, na cal non se atopa ningunha imaxe. Só ten un círculo no medio, do que saen os diferentes brazos que rematan en motivos florenzados.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Regoufe. PARROQUIA: Santa María de Luou. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo que consta dunha plataforma dun só grao cuadrangular mutilado polo muro da finca que está ao seu carón. Enriba da plataforma está o pedestal con forma cúbica. Este pedestal remata con chafráns.. A continuación está o varal octogonal, pero comeza en cadrado. O capitel é octogonal. Ten varias figuras xeométricas e un querubín a cada lado. Finalmente está a cruz cuadrangular, na cal están situadas dúas imaxes, a da
Virxe e a do Noso Señor. A Virxe está en actitude orante, coas mans xuntas sobre o peito. Es situada sobre unha peaña. Esta figura non se pode ver polo peche da finca que linda con el. O Noso Señor está crucificado con tres cravos. Ten as mans pechadas e inclina a cabeza cara a dereita. Unha coroa de espiñas está situada sobre a súa cabeza. Unha parte do seu corpo está cuberto por un pano suxeito cunha corda.
LOCALIZACIÓN: No campo da festa da aldea de Agoso. PARROQUIA: Santa Baia de Oza.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Existe unha inscrición neste cruceiro do ano 1671. Consta dunha plataforma cuadrangular de catro graos. O pedestal é cuadrangular e nas catro esquinas desta parte había unha caveira con tibias en x. Hoxe en día só se conservan tres. No fuste, con forma cadrada, hai dúas imaxes. O capitel cúbico está tallado con follas e volutas. Na
cruz rectangular ten unha imaxe en cada fronte: o Cristo crucificado e a Virxe. O Cristo está crucificado con tres cravos, ten as mans pechadas e a súa cabeza está ladeada cara a dereita. Sobre a súa cabeza ten unha coroa de espiñas. A Virxe está en actitude orante e ten as mans xuntas coas que suxeita un rosario. Leva posto un vestido e unha túnica que lle cubre a cabeza. Está situada sobre unha peaña dun anxo con ás.
LOCALIZACIÓN: No cemiterio. Na aldea de Agoso. PARROQUIA: Santa Baia de Oza.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de cruz feito de granito que está composto por unha plataforma cuadrangular de dous graos con voo, por un pedestal cuadrangular de dous corpos que remata con mediacanas. No segundo corpo hai unha inscrición. Enriba do pedestal está o varal octogonal, o cal, nos seus extremos é cuadrangular. Neste varal hai unha inscrición do ano 1918. Ademais está composto por un capitel cuadrangular con molduras e finalmente por unha cruz rom no medio de onde saen os brazos que rematan con motivos floreados.
LOCALIZACIÓN: Na aldea de Cachóns. PARROQUIA: Santa Baia de Oza. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro de cruz situado nunha finca privada. A plataforma cuadrangular é dun só grao, pero este é moi alto. O pedestal é cúbico. De seguido está o varal octogonal, o cal une directamente coa cruz sen que haxa capitel. A cruz é moi simple, non ten ningunha imaxe.
LOCALIZACIÓN: Na estrada dirección a ermida de Santa Eufemia de Ribas, na aldea de Cepeda.
PARROQUIA: Santa Baia de Oza. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro de cruz constituído por unha plataforma triangular dun só grao, pero moi alto. Encima está o pedestal cuadrangular rematado cun bocel de mediacana que vai seguido por un varal cadrado con chafráns. Este varal e a cruz están unidos por un capitel cuadrangular. A cruz é simple, non ten ningunha imaxe, unicamente ten os remates florenzados.
LOCALIZACIÓN: Aldea do Piro. PARROQUIA: Santa Baia de Oza. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Malo.
DESCRICIÓN: A denominación deste cruceiro é cruz do Patiño. Está feito de granito aínda que os arranxos se fixeron con ferro. A meirande parte do cruceiro está cuberto pola maleza. Este cruceiro non ten plataforma e o pedestal está enterrado. Só se compón dun varal unido directamente a cruz, a cal é octogonal. Os brazos desta cruz rematan cunhas pequenas bolas adxacentes.
LOCALIZACIÓN: Aldea do Piro. PARROQUIA: Santa Baia de Oza. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro situado nunha finca privada pertencente á familia Garabal. A plataforma deste cruceiro é cuadrangular con dous graos, en cambio o pedestal é circular, rematando cunha moldura. A continuación está o varal octogonal que comeza e remata en cadrado. Unindo este varal coa cruz, está o capitel, o cal ten figuras xeométricas, ademais de querubíns e caveiras moi ben conservados. A cruz con forma circular, ten dúas imaxes, unha a cada lado. Por unha banda está o Cristo cruci
cravos e cunha coroa de espiñas sobre a cabeza, a cal inclina cara a dereita. Unha parte do seu corpo está cuberto por un pano de pureza suxeito cunha corda. Por outra banda está a Virxe en actitude orante, coas mans xuntas e cunha túnica que lle cubre todo o corpo con varios pregos. Ten un nimbo de raios rodeando a súa cabeza e debaixo dos seus pés hai tres cabezas de anxos. ficado con tres
LOCALIZACIÓN: Ao lado da Ermida de Santa Eufemia de Oza, na carballeira. Aldea de Ribas.
PARROQUIA: Santa Baia de Oza. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Situado nas proximidades da ermida de Santa Eufemia. Este cruceiro de cruz está feito de granito. Non está situado no seu lugar orixinario, xa que a comezos da década de 1980 foi trasladado da súa zona primitiva, por ser ese o lugar elixido para construír o palco da festa que hai na actualidade na carballeira de Santa Eufemia.
Este cruceiro barroco está composto por unha plataforma cuadrangular de dous graos, sobre a que descansa un pedestal tamén cuadrangular coas arestas superiores rebaixadas, e sobre o que se asenta un varal octogonal de arranque e remate cuadrangular. No inicio desta atópase unha inscrición onde figura o nome do doante e o ano: “GOMEZ A[NO] 1768”. Vai rematado este cruceiro cun capitel cuadrangular formado por molduras, do que arrinca unha cruz de sección octogonal e remates floreados.
LOCALIZACIÓN: Nun cruce de camiños na aldea de Ribas. PARROQUIA: Santa Baia de Oza.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro situado nun cruce de camiños. Foi restaurado no 1977 por só algúns veciños da propia aldea, posto que había outros que non querían arranxalo.
As partes que compoñen este cruceiro son: unha plataforma troncopiramidal de formigón, un pedestal cuadrangular, un varal octogonal que comeza e remata en cadrado, un capital cuadrangular con molduras, e unha cruz circular feita de formigón que non ten ningunha imaxe integrada.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Vilanova. PARROQUIA: Santa Baia de Oza. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Este cruceiro fíxose por un accidente mortal no ano 1821. A plataforma está enterrada. O pedestal apenas se pode ver, xa que está case cuberto pola maleza. O varal é octogonal aínda que comeza e remata en cadrado. Este varal e a cruz están unidos por un capitel cuadrangular con molduras. A cruz, na cal non se atopa ningunha imaxe, pódense admirar os remates con motivos floreados.
LOCALIZACIÓN: Na estrada, enfronte da igrexa parroquial de Rarís.
PARROQUIA: San Miguel de Rarís. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo datado no 1898. O material empregado para a súa construción foi o granito. No pasado debía estar pintado posto que aínda conserva restos de policromía.
Consta dunha plataforma cuadrangular de tres
inscrición en cada lado. O varal ten a mesma forma ca o pedestal, capitel é cilíndrico e nel hai varias figuras xeométricas destacando
cabezas de anxo con ás. Unha delas levanta a cabeza mirando ao Cristo que ten enriba del. A cruz é leñosa e nela están dúas figuras.
No anverso está o Cristo crucificado con tres cravos, que ten as mans abertas e inclina a cabeza cara á dereita. Enriba da súa cabeza ten unha coroa de espiñas, e no medio do seu corpo ten un pano anoado á dereita. A diferenza con outras imaxes do Cristo Crucificado e que esta ten un anxo ao carón recolléndolle o sangue.
No reverso encóntrase a Virxe María cunha túnica, coas mans abertas cara arriba e sobre súa cabeza hai un nimbo de ferro. A figura está situada sobre un anxo con ás.
Fai uns anos este cruceiro estaba protexido cunha varanda de ferro, pero agora hai unhas cadeas, tamén de ferro, unidas con catro columnas de pedra en cada extremo.
graos e dun pedestal circular que ten unha pero comeza en cadrado. O
LOCALIZACIÓN: Aldea da Florida. PARROQUIA: San Miguel de Rarís. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Malo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de cruz feito de granito. Este cruceiro é moi simple posto que a plataforma e o pedestal están enterrados. O varal é octogonal e a cruz cuadrangular. Esta cruz non ten ningún elemento decorativo.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Casal de Reis. PARROQUIA: San Miguel de Rarís. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Malo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de cruz de propiedade privada. Está feito de granito. A plataforma ten dous graos, aínda que non están moi ben conservados xa que están integrados na cancela da finca da casa. Non ten pedestal, nin tampouco capitel, por iso está directamente unido ao varal coa cruz, a cal é octogonal. Non ten ningunha imaxe.
LOCALIZACIÓN: Na estrada que vai desde Rarís ata o cemiterio, está a esquerda, preto do camposanto. Na aldea de Salgueiros.
PARROQUIA: San Miguel de Rarís. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Malo.
DESCRIPCIÓN: Cruceiro de cruz localizado nunha finca de arboredo. Está feito de granito, aínda que os arranxos son de formigón. Non conta con plataforma. O pedestal é circular e o varal octogonal, pero comeza en cadrado. Non posúe capitel, a cruz de forma cuadrangular está unida ao varal directamente.
LOCALIZACIÓN: Dentro do cemiterio. Na estrada entre Rarís e Sestelo. PARROQUIA: San Miguel de Rarís.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo que consta dunha plataforma cuadrangular de dous graos. O pedestal cúbico remata con molduras. O varal ten forma cadrada. O capitel cuadrangular ten tallado diversas formas como follas ou volutas, ademais ten un querubín a cada lado. A cruz circular ten unha imaxe en cada fronte: o Cristo crucificado e a Virxe. O Cristo está
crucificado con tres cravos e ten as mans pechadas. Sobre a súa cabeza ten unha coroa de espiñas. A Virxe está en actitude orante. Ten as mans xuntas cos dedos entrelazados. Leva posto un vestido e unha túnica que lle cubre todo o corpo desde a cabeza.
LOCALIZACIÓN: Na aldea de Sestelo. PARROQUIA: San Miguel de Rarís. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRIPCIÓN: Cruceiro situado nunha finca privada. A súa plataforma está enterrada. O pedestal é cuadrangular e nel atópase unha inscrición: “AÑO DE 1900”. A continuación está o varal octogonal. O capitel cuadrangular ten unha moldura. Sobre este capitel aséntase a cruz, a cal non ten imaxe.
LOCALIZACIÓN: Enfronte da igrexa parroquial de Recesende. Na aldea de Seoane.
PARROQUIA: San Xoán de Recesende. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Este cruceiro de crucifixo está composto por unha plataforma cuadrangular de dous graos, sobre o que descansa un pedestal cúbico que ten tallados símbolos da Paixón como as caveiras, un sapo, unha salamántiga.., e sobre o que se asenta un varal octogonal de arranque e remate cuadrangular. Vai rematado este cruceiro cun capitel cuadrangular formado por molduras, do que arrinca unha cruz de sección octogonal e remates floreados con botón central nos extremos. Nesta cru
imaxes. Polo anverso está a figura do Cristo crucificado con tres cravos coas mans pechadas. Esta imaxe ten a cabeza ladeada cara a dereita, e enriba desta cabeza ten unha coroa de espiñas. Unha pequena parte do seu corpo está tapada por un pano de pureza anoado á dereita. Polo reverso da cruz está a Piedade, que ten o seu fillo suxeito cos brazos. A Virxe está cuberta cun manto con ten diversos pregos. Ao lado do cruceiro hai unha pequena mesa cun chanzo.
LOCALIZACIÓN: Na aldea de Seoane. Ao lado do pequeno palco da música. PARROQUIA: San Xoán de Recesende.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de cruz, feito de granito, composto por unha plataforma cuadrangular de dous graos. Enriba da plataforma está o pedestal tamén cuadrangular. Seguidamente está o varal octogonal que se une directamente coa cruz. Esta cruz ten a mesma forma ca o varal, e non ten ningunha imaxe.
LOCALIZACIÓN: Detrás da igrexa parroquial de Reis. PARROQUIA: San Cristovo de Reis.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro de tipo cruz, o cal consta dunha pequena plataforma sen pedestal. O varal, pequeno e octogonal, finaliza coa cruz sen haber un capitel que as une. Non ten elementos decorativos en ningunha das partes que compoñen o cruceiro. O material empregado é o granito.
LOCALIZACIÓN: No campo da festa da aldea da Igrexa.. PARROQUIA: San Cristovo de Reis.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de granito que ten unha plataforma cuadrangular de tres graos. Enriba dela está un pedestal cuadrangular que remata con chafráns, no que se apoia o varal que empeza en cadrado pero segue en forma circular. Este vara,l a medida que chega ao capitel, vai diminuíndo de tamaño. O capitel é
cilíndrico e neste lugar hai varios detalles ademais dunha imaxe en cada cara do mesmo. Finalmente está a cruz que ten un círculo no medio, do que saen os brazos que rematan con motivos florenzados.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Freixeiro. PARROQUIA: San Cristovo de Reis. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo feito de granito. A plataforma ten catro graos e é cuadrangular como o pedestal no que hai tallada unha figura dunha caveira. O varal é octogonal e segue co capitel que é troncopiramidal invertido. Este capitel e a cruz, non son, en realidade, deste cruceiro. No capitel pódese observar unha imaxe en cada lado, unha delas é San Xulián e outra San Francisco. A cruz é cuadrangular e
remata con motivos florenzados, ademais consta de dúas figuras, por un lado está a do Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas. A cabeza tena lixeiramente ladeada cara a dereita, e sobre ela ten unha coroa de espiñas. Por outro lado está a Virxe en actitude orante, a cal ten as mans en cruz sobre o peito. O seu corpo está cuberto cunha túnica que tamén lle tapa a súa cabeza.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Pontevea. PARROQUIA: San Cristovo de Reis. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo feito de granito. Conta cunha plataforma cuadrangular de tres graos. Segue co pedestal cuadrangular que ten unha inscrición ademais dos símbolos da Paixón coma a serpe ou as caveiras. Apoiado no pedestal está o varal con forma octogonal, excepto nos extremos que son cadrados. Non ten capitel e enriba do varal vai directamente a cruz cuadrangular. Esta
cruz ten os brazos ornamentados e ademais ten dúas imaxes. Polo anverso está o Cristo crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Este ten a cabeza xirada cara a dereita, e enriba dela ten unha coroa de espiñas. Polo reverso está a Virxe en actitude orante, posto que ten as mans xuntas cos dedos entrelazados. Unha túnica cóbrelle todo o corpo ademais da cabeza. Esta Virxe está sobre unha peaña dun anxo con ás.
LOCALIZACIÓN: Aldea de Samar. PARROQUIA: San Cristovo de Reis. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Este cruceiro de crucifixo está resgardado por un muro de pedra. Está feito de granito, pero hoxe en día está moi erosionado. Consta dunha plataforma cuadrangular con catro graos. O pedestal tamén é cuadrangular, nel atópanse símbolos da Paixón: as caveiras, unha serpe,
unha abella ou unha salamántiga. Sobre o pedestal está o varal circular que ten unha imaxe de San Francisco no purgatorio sacando as ánimas co seu cordón. O capitel é cilíndrico e nas catro caras ten unha imaxe. A cruz é cuadrangular con remates florenzados. Nesa cruz aparecen dúas imaxes. Por unha banda está o Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas, a súa cabeza está ladeada lixeiramente cara á dereita e ten unha coroa de espiñas sobre ela. Por outra banda está a Virxe orando coas mans xuntas. Esta Virxe está sobre unha peaña dun anxo con ás, e sobre ela están dous anxos coroándoa.
LOCALIZACIÓN: No adro da igrexa, na aldea de Vilachaíño. PARROQUIA: Santa María de Teo.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo feito de granito excepto a plataforma que é de formigón. Esta plataforma ten tres graos e é cuadrangular como o pedestal, no cal aparecen os símbolos da Paixón como son as caveiras ou o sapo. O varal comeza en cadrado pero en realidade é circular. O seu tamaño vai diminuíndo a medida que ascende. Case no remate do varal encóntrase unha figura. Este cruceiro ten un raro capitel graduado con estrías. A cruz é circular e só ten unha imaxe do
Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas. Esta figura inclina lixeiramente a cabeza cara a dereita e sobre ela ten unha coroa de espiñas. Unha parte do seu corpo está tapado por un pano de pureza.
LOCALIZACIÓN: No cruce de acceso á igrexa de Santa María de Teo. Na aldea de Vilachaíño.
PARROQUIA: Santa María de Teo. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro de tipo cruz cunha plataforma cuadrangular dun só grao. O pedestal ten a mesma forma que a plataforma. Neste pedestal hai tibias en forma de X, simbolizando a Paixón. Enriba do pedestal está o varal circular que comeza en cadrado. Despois continua co capitel cilíndrico ornamentado con perlas. A cruz é circular e non ten ningunha imaxe.
LOCALIZACIÓN: Fronte á ermida de Santa Marta, na aldea de Vilar. PARROQUIA: Santa María de Teo.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN:
Este cruceiro de granito está composto por unha plataforma cuadrangular de dous graos, sobre os que descansa un pedestal tamén cuadrangular con moita moldura e unha gran escocia, e sobre o que se asenta un varal circular con estrías de arranque cuadrangular. Vai rematando este cruceiro cun capitel cilíndrico con varios detalles como follas, flores, volutas e, ademais, as esquinasrematan cunhas cabezas de anxos con ás. Deste capitel arrinca unha cruz cuadrangular con brazos floreados. Nela atópase unha imaxe por cada lado. O Cristo Crucificado está no anverso encravado con tres puntas e as mans abertas. Esta imaxe está inclinando a cabeza cara a dereita e ten unha coroa de espiñas nela. Ao lado da figura do Cristo está un pequeno anxo recolléndolle o sangue. Noutro lado está a Virxe en actitude orante, posto que ten as mans xuntas. Sobre ela hai uns anxos que a están coroando. Debaixo del, sobre a peaña, tamén hai un anxo con ás.
LOCALIZACIÓN: Pista cara a ermida de Santa Marta. Aldea de Vilar.
PARROQUIA: Santa María de Teo. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular.
DESCRICIÓN: Cruceiro de granito moi erosionado que se compón por unha plataforma cuadrangular de dous graos. O pedestal ten a mesma forma que a plataforma. Este remata con chafráns. O varal é octogonal pero comeza en cadrado. No varal pódense ver dúas imaxes case chegando ao capitel, o cal é cilíndrico. Nel atópanse varias formas xeométricas, ademais de cabezas de anxo con ás e dúas imaxes. Sobre o capitel está a cruz con forma octogonal e remates
hai dúas imaxes. No anverso está o Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza levemente xirada cara a dereita e nela ten unha coroa de espiñas. Unha parte do seu corpo está cuberto por un pano de pureza anoado á dereita. No reverso atopamos a Inmaculada coas mans xuntas e cun manto que descende dende a cabeza. Está enriba dunha lúa sobre unha peaña dun anxo con ás.
LOCALIZACIÓN: Na estrada principal da aldea de Vilar. PARROQUIA: Santa María de Teo.
TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro situado nunha finca privada. Este cruceiro, feito de granito, é de tipo cruz. Conta cunha plataforma cuadrangular de dous graos. O pedestal tamén é cuadrangular. O varal octogonal comeza circular. O capitel, con molduras é cuadrangular. A cruz é octogonal e nela non se atopa ningunha imaxe.
LOCALIZACIÓN: No adro da igrexa de Santo Tomé de Vilariño. Na aldea de Vilariño.
PARROQUIA: Santo Tomé de Vilariño. TIPOLOXÍA: Cruceiro.
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Bo.
DESCRICIÓN: Cruceiro de crucifixo feito de granito, pero reparado con pezas de ferro. Ten unha plataforma cuadrangular de dous graos. O pedestal tamén é cuadrangular e o varal circular. O capitel é cilíndrico e a cruz cuadrangular. Os brazos da cruz teñen mediacana. Remata con motivos florenzados. Dúas imaxes
están nesta cruz: a do Cristo crucificado e a da Inmaculada. O Cristo está crucificado con tres cravos. Ten as mans abertas e a cabeza ergueita, na cal ten unha coroa de espiñas. En canto á Inmaculada, ten as mans xuntas. Ademais está cuberta por un manto e na cabeza ten unha coroa. Aos pés desta imaxe hai unha lúa. Toda a figura está sobre unha peaña dun anxo con ás.